Return to Video

Que facemos cando os antibióticos xa non funcionan?

  • 0:01 - 0:03
    Este é o meu tío avó,
  • 0:03 - 0:06
    o irmán máis novo do pai de meu pai.
  • 0:06 - 0:08
    Chamábase Joe McKenna.
  • 0:08 - 0:13
    Era un marido mozo e un
    xogador de baloncesto semiprofesional
  • 0:13 - 0:16
    e un bombeiro en Nova York.
  • 0:17 - 0:20
    A historia familiar di
    que adoraba ser bombeiro,
  • 0:20 - 0:24
    así que en 1938, nun dos seus días libres,
  • 0:24 - 0:26
    decidiu ir pasa-lo tempo á
    estación de bombeiros.
  • 0:27 - 0:31
    Para facer algo útil aquel día,
    empezou a sacarlle brillo ó latón,
  • 0:31 - 0:35
    ás varandas dos camións,
    ós accesorios das paredes,
  • 0:35 - 0:37
    e unha das boquillas das mangueiras,
  • 0:37 - 0:39
    un enorme e pesado anaco de metal,
  • 0:39 - 0:43
    caeu dun estante e golpeouno.
  • 0:44 - 0:47
    Uns días despois,
    comezou a doerlle o ombro.
  • 0:47 - 0:51
    Dous días despois,
    empezou a ter febre.
  • 0:51 - 0:53
    A febre subía e subía.
  • 0:53 - 0:55
    A súa muller coidaba del,
  • 0:55 - 0:59
    pero nada semellaba dar resultado,
    e cando chegou o médico,
  • 0:59 - 1:02
    nada do que el fixo importou tampouco.
  • 1:02 - 1:05
    Colleron un taxi e levárono ó hospital.
  • 1:06 - 1:10
    Alí as enfermeiras souberon
    decontado que tiña unha infección,
  • 1:10 - 1:14
    o que daquela chamarían
    "intoxicación do sangue"
  • 1:14 - 1:16
    e aínda que probablemente non o dixeron,
  • 1:16 - 1:18
    daríanse conta ó instante
  • 1:18 - 1:21
    de que non podían facer nada por el.
  • 1:22 - 1:25
    Non podían facer nada
    porque as cousas que usamos agora
  • 1:25 - 1:27
    para curar infeccións
    aínda non existían daquela.
  • 1:28 - 1:31
    A primeira proba da penicilina,
    o primeiro antibiótico,
  • 1:31 - 1:34
    tivo lugar tres anos despois.
  • 1:34 - 1:39
    A xente que collía infeccións
    ou ben se recuperaba, se tiñan sorte,
  • 1:39 - 1:40
    ou morrían.
  • 1:40 - 1:42
    O meu tío avó non tivo sorte.
  • 1:42 - 1:46
    Estivo no hospital unha semana,
    tremendo cos calafríos,
  • 1:46 - 1:48
    deshidratado e delirando,
  • 1:48 - 1:50
    afundíndose nun coma
    a medida que os seus órganos fallaban.
  • 1:50 - 1:53
    O seu estado era tan desesperado
  • 1:53 - 1:57
    que os seus compañeiros bombeiros
    se aliñaban para facerlle transfusións
  • 1:57 - 2:01
    coa esperanza de diluír
    a infección que invadía o seu sangue.
  • 2:01 - 2:05
    Nada funcionou. Morreu.
  • 2:05 - 2:08
    Tiña 30 anos.
  • 2:08 - 2:10
    Se lle botamos unha ollada á historia,
  • 2:10 - 2:13
    a maioría da xente morría
    do mesmo xeito que o meu tío avó.
  • 2:13 - 2:16
    A maioría non morría de cáncer
    ou do corazón,
  • 2:16 - 2:20
    as enfermidades que nos
    afectan hoxe en Occidente.
  • 2:20 - 2:24
    Non morrían desas enfermidades
    porque non vivían o tempo suficiente
  • 2:24 - 2:26
    para desenvolvelas.
  • 2:26 - 2:28
    Morrían por feridas...
  • 2:28 - 2:31
    turrábaos un boi,
  • 2:31 - 2:33
    disparábanlles no campo de batalla,
  • 2:33 - 2:37
    ou esmagábaos unha máquina nalgunha das
    novas fábricas da Revolución Industrial...
  • 2:37 - 2:40
    e a maior parte do tempo por infeccións,
  • 2:40 - 2:43
    que acababan o que esas feridas comezaran.
  • 2:44 - 2:48
    Todo iso cambiou
    coa chegada dos antibióticos.
  • 2:49 - 2:52
    De súpeto, infeccións que antes
    eran unha sentenza de morte
  • 2:52 - 2:56
    convertéronse en algo
    do que te recuperabas en días.
  • 2:56 - 2:59
    Parecía un milagre,
  • 2:59 - 3:05
    e dende entón, estamos vivindo na
    época dourada dos medicamentos milagre.
  • 3:05 - 3:09
    E agora... estamos chegando á súa fin.
  • 3:09 - 3:14
    O meu tío avó morreu nos
    últimos días da era preantibióticos.
  • 3:14 - 3:19
    Hoxe estamos no limiar
    da era postantibióticos,
  • 3:19 - 3:23
    nos primeiros días dun tempo
    no que infeccións tan simples
  • 3:23 - 3:28
    como a que tivo Joe
    matarán á xente outra vez.
  • 3:29 - 3:32
    De feito, xa o están facendo.
  • 3:32 - 3:36
    A xente está morrendo por infeccións
    outra vez por causa dun fenómeno
  • 3:36 - 3:38
    chamado resistencia ós antibióticos.
  • 3:38 - 3:40
    En resumo, funciona así.
  • 3:40 - 3:45
    As bacterias compiten entre elas
    polos recursos, polo alimento,
  • 3:45 - 3:50
    creando compostos letais
    que unhas dirixen contra outras.
  • 3:50 - 3:52
    Outras bacterias, para protexerse,
  • 3:52 - 3:55
    evolucionan creando defensas
    contra ese ataque químico.
  • 3:55 - 3:58
    A primeira vez que
    creamos antibióticos,
  • 3:58 - 4:02
    levamos eses compostos ó laboratorio
    e creamos as nosas propias versións deles,
  • 4:02 - 4:06
    e as bacterias responderon ó noso
    ataque igual que o fixeron sempre.
  • 4:08 - 4:10
    Isto é o que pasou a continuación:
  • 4:10 - 4:13
    A penicilina distribuíuse en 1943,
  • 4:13 - 4:19
    e a resistencia xeneralizada
    á penicilina chegou en 1945.
  • 4:19 - 4:22
    A vancomicina chegou en 1972,
  • 4:22 - 4:25
    e a resistencia á vancomicina en 1988.
  • 4:25 - 4:27
    O imipenem apareceu en 1985,
  • 4:27 - 4:30
    e a resistencia a este en 1998.
  • 4:30 - 4:34
    A daptomicina, un dos medicamentos
    máis recentes, apareceu en 2003,
  • 4:34 - 4:38
    e a resistencia a este só
    un ano máis tarde, en 2004.
  • 4:39 - 4:42
    Durante 70 anos, xogamos
    a superar a súa resistencia
  • 4:42 - 4:45
    cun novo medicamento,
  • 4:45 - 4:49
    e despois outro medicamento,
    e outra resistencia máis...
  • 4:49 - 4:51
    e agora o xogo está rematando.
  • 4:51 - 4:55
    As bacterias desenvolven resistencias
    tan rápido que as compañías farmacéuticas
  • 4:55 - 5:00
    decidiron que facer
    antibióticos non lles convén,
  • 5:00 - 5:03
    así que hai infeccións
    movéndose por todo o mundo
  • 5:03 - 5:06
    para as que, dos
    máis de 100 antibióticos
  • 5:06 - 5:08
    dispoñibles no mercado,
  • 5:08 - 5:12
    dous poden funcionar
    con efectos secundarios,
  • 5:12 - 5:14
    ou un,
  • 5:14 - 5:16
    ou ningún.
  • 5:16 - 5:18
    Esta é a pinta que ten.
  • 5:18 - 5:22
    No ano 2000, o Centro para a Prevención
    e o Control de Enfermidades, o CDC,
  • 5:22 - 5:25
    identificou un único caso
  • 5:25 - 5:27
    nun hospital en Carolina do Norte
  • 5:27 - 5:30
    dunha infección resistente a
    tódolos antibióticos excepto dous.
  • 5:31 - 5:35
    Hoxe, esa infección chamada KPC,
  • 5:35 - 5:38
    xa se estendeu a tódolos
    estados, con tres excepcións,
  • 5:38 - 5:40
    e a América do Sur, Europa
  • 5:40 - 5:42
    e Oriente Medio.
  • 5:43 - 5:45
    En 2008, en Suecia os médicos
  • 5:45 - 5:48
    diagnosticaron un home
    da India cunha infección distinta
  • 5:48 - 5:52
    resistente a tódolos
    medicamentos excepto a un.
  • 5:52 - 5:54
    O xene que crea esa resistencia,
  • 5:54 - 6:00
    coñecido como NDM, xa se estendeu
    dende a India ata China, Asia, África,
  • 6:00 - 6:05
    Europa, Canadá e os Estados Unidos.
  • 6:05 - 6:08
    Sería normal esperar
  • 6:08 - 6:11
    que estas infeccións
    fosen casos extraordinarios,
  • 6:11 - 6:13
    pero de feito,
  • 6:13 - 6:16
    nos Estados Unidos e Europa,
  • 6:16 - 6:18
    50.000 persoas morren cada ano
  • 6:18 - 6:22
    de infeccións que ningún
    medicamento pode curar.
  • 6:23 - 6:26
    Un proxecto encargado
    polo goberno británico
  • 6:26 - 6:30
    coñecido como a Análise
    da Resistencia Antimicrobiana
  • 6:30 - 6:37
    estimou que pagamos un prezo global
    de 700.000 mortes ao ano.
  • 6:38 - 6:43
    Iso son moitas mortes,
  • 6:43 - 6:46
    e con todo, é moi probable
    que non te sintas en perigo,
  • 6:46 - 6:49
    que imaxines que esa xente
    eran pacientes hospitalizados
  • 6:49 - 6:51
    en unidades de
    coidados intensivos
  • 6:51 - 6:55
    ou residentes de asilos
    preto do fin das súas vidas,
  • 6:55 - 6:58
    xente cuxas infeccións nos son remotas,
  • 6:58 - 7:01
    en situacións coas que
    non nos sentimos identificados.
  • 7:02 - 7:06
    No que non pensaches,
    ningún de nós o fai,
  • 7:06 - 7:11
    é en que os antibióticos
    manteñen case toda a vida moderna.
  • 7:12 - 7:14
    Se perderamos os antibióticos,
  • 7:14 - 7:16
    isto é o que perderiamos tamén:
  • 7:16 - 7:20
    Primeiro, calquera protección para
    xente con sistemas inmunes debilitados
  • 7:20 - 7:23
    pacientes con cancro, con SIDA,
  • 7:23 - 7:28
    pacientes con transplantes,
    bebés prematuros.
  • 7:28 - 7:32
    Despois, calquera tratamento que
    introduza obxectos estraños no corpo:
  • 7:32 - 7:36
    stents para os infartos,
    bombas para a diabetes,
  • 7:36 - 7:40
    a diálise, as próteses.
  • 7:40 - 7:44
    Canta xente atlética de mediana idade
    precisa novas cadeiras e xeonllos?
  • 7:44 - 7:47
    Un estudo recente
    estima que sen os antibióticos,
  • 7:47 - 7:50
    un de cada seis morrería.
  • 7:51 - 7:54
    Deseguido, probablemente
    perderiamos a cirurxía.
  • 7:54 - 7:56
    Moitas operacións van precedidas
  • 7:56 - 7:59
    de doses profilácticas de antibióticos.
  • 7:59 - 8:01
    Sen esa protección,
  • 8:01 - 8:05
    perderiamos a capacidade de abrir
    os espazos escondidos do corpo.
  • 8:05 - 8:08
    Así que nada de operacións cardíacas,
  • 8:08 - 8:11
    nada de biopsias de próstata,
  • 8:11 - 8:13
    nada de cesáreas.
  • 8:14 - 8:18
    Teriamos que aprender a temer
    infeccións que agora semellan menores.
  • 8:19 - 8:23
    As infeccións de gorxa
    adoitaban causar fallos cardíacos.
  • 8:23 - 8:25
    As infeccións cutáneas
    levaban a amputacións.
  • 8:26 - 8:29
    Dar a luz mataba,
    nos hospitais máis limpos,
  • 8:29 - 8:31
    a case unha de cada 100 mulleres.
  • 8:32 - 8:37
    A pneumonía levaba 3 de cada 10 nenos.
  • 8:37 - 8:39
    Sobre todo,
  • 8:39 - 8:44
    perderiamos a confianza
    coa que vivimos o noso día a día.
  • 8:45 - 8:49
    Se souberas que
    calquera ferida podería matarte,
  • 8:49 - 8:52
    subiríaste nunha moto,
  • 8:52 - 8:56
    esquiarías por unha pista empinada,
  • 8:56 - 8:59
    subirías a unha escada
    para poñer as luces de Nadal,
  • 8:59 - 9:03
    deixarías que os teus
    fillos xogasen ó béisbol?
  • 9:04 - 9:07
    Despois de todo, a primeira
    persoa que recibiu penicilina,
  • 9:07 - 9:11
    un policía británico
    chamado Albert Alexander,
  • 9:11 - 9:15
    que estaba tan devastado pola infección
    que o seu coiro cabeludo supuraba pus
  • 9:15 - 9:18
    e os médicos tiveron
    que extirparlle un ollo,
  • 9:18 - 9:21
    infectouse facendo algo moi simple.
  • 9:22 - 9:27
    Rabuñou a cara cunha espiña no seu xardín.
  • 9:29 - 9:32
    O proxecto británico que mencionei
    que estima unha mortalidade global
  • 9:32 - 9:36
    de 700.000 persoas ó ano na actualidade
  • 9:36 - 9:43
    tamén predí que se non conseguimos
    controlar a situación para o 2050,
  • 9:43 - 9:50
    non tan lonxe, a mortalidade
    global será de 10 millóns ó ano.
  • 9:50 - 9:53
    Como chegamos ata este punto
  • 9:53 - 9:55
    onde podemos ter que enfrontar
  • 9:55 - 9:58
    eses aterradores números?
  • 9:58 - 10:03
    A difícil resposta é que
    nolo causamos nós mesmos.
  • 10:03 - 10:06
    A resistencia é un
    proceso biolóxico inevitable,
  • 10:06 - 10:10
    pero nós somos
    os responsables de aceleralo.
  • 10:10 - 10:14
    Fixémolo malgastando antibióticos
  • 10:14 - 10:18
    cunha despreocupación
    que agora nos parece sorprendente.
  • 10:19 - 10:23
    A penicilina vendeuse sen
    receita ata a década dos 50.
  • 10:23 - 10:27
    En moitos países en desenvolvemento,
    isto aínda pasa coa maioría dos antibióticos.
  • 10:27 - 10:31
    Nos Estados Unidos, o 50%
  • 10:31 - 10:35
    dos antibióticos que se dan
    nos hospitais son innecesarios.
  • 10:35 - 10:39
    O 45% das receitas feitas polos médicos
  • 10:39 - 10:43
    son para enfermidades que
    os antibióticos non poden curar.
  • 10:45 - 10:47
    E iso é só na asistencia sanitaria.
  • 10:47 - 10:52
    Por todo o planeta, os animais de carne
    reciben antibióticos a diario,
  • 10:52 - 10:54
    non para curar enfermidades,
  • 10:54 - 10:58
    senón para engordalos
    e para protexelos contra
  • 10:58 - 11:02
    as condicións nas que son criados.
  • 11:02 - 11:05
    Nos Estados Unidos, posiblemente o 80%
  • 11:05 - 11:12
    dos antibióticos vendidos anualmente
    van a animais de granxa, non a humanos,
  • 11:12 - 11:15
    creando bacterias resistentes
    que saen das granxas
  • 11:15 - 11:18
    na auga, no po,
  • 11:18 - 11:21
    na carne na que se converten os animais.
  • 11:21 - 11:24
    A acuicultura tamén
    depende dos antibióticos,
  • 11:24 - 11:26
    particularmente en Asia,
  • 11:26 - 11:29
    e o cultivo de froitas
    depende dos antibióticos
  • 11:29 - 11:34
    para protexer mazás, peras,
    cítricos, contra enfermidades.
  • 11:34 - 11:40
    E dado que as bacterias poden
    pasar o seu ADN dunhas a outras
  • 11:40 - 11:45
    como un viaxeiro pasando
    unha maleta nun aeroporto,
  • 11:45 - 11:49
    unha vez que fomentamos
    a existencia desta resistencia,
  • 11:49 - 11:52
    é imposible saber ata onde se espallará.
  • 11:54 - 11:55
    Isto era predicible.
  • 11:56 - 11:59
    De feito, prediciuno
  • 11:59 - 12:03
    Alexander Fleming,
    o home que descubriu a penicilina.
  • 12:03 - 12:07
    Gañou o Premio Nobel en 1945,
  • 12:07 - 12:11
    e nunha entrevista
    pouco despois, isto é o que dixo:
  • 12:11 - 12:16
    "A persoa inconsciente que xogue
    cun tratamento de penicilina
  • 12:16 - 12:19
    é moralmente responsable
    pola morte do home
  • 12:19 - 12:21
    que sucumba á infección
  • 12:21 - 12:24
    por un organismo resistente á penicilina."
  • 12:24 - 12:28
    Engadiu, "espero que
    este mal poida ser evitado."
  • 12:29 - 12:32
    Podemos evitalo?
  • 12:32 - 12:36
    Hai empresas traballando
    en novos antibióticos,
  • 12:36 - 12:39
    cousas que os supermicrobios
    nunca viron antes.
  • 12:39 - 12:42
    Necesitamos eses novos
    medicamentos con urxencia,
  • 12:42 - 12:44
    e necesitamos incentivos:
  • 12:44 - 12:47
    bolsas para os descubrimentos,
    patentes prolongadas,
  • 12:47 - 12:53
    premios que atraian a outras empresas
    para volver facer antibióticos.
  • 12:53 - 12:56
    Pero probablemente non abondará.
  • 12:56 - 13:00
    Polo seguinte motivo:
    a evolución sempre gaña.
  • 13:01 - 13:05
    As bacterias crean unha
    nova xeración cada 20 minutos.
  • 13:05 - 13:09
    Á química farmacéutica lévalle
    10 anos crear un novo medicamento.
  • 13:09 - 13:12
    Cada vez que usamos un antibiótico,
  • 13:12 - 13:16
    dámoslle ás bacterias miles
    de millóns de oportunidades
  • 13:16 - 13:17
    para descifrar os códigos
  • 13:17 - 13:20
    das defensas que construímos.
  • 13:20 - 13:23
    Ata agora nunca existiu un medicamento
  • 13:23 - 13:25
    que non puidesen vencer.
  • 13:25 - 13:29
    Trátase dunha guerra asimétrica,
  • 13:29 - 13:33
    pero podemos cambiar o resultado.
  • 13:34 - 13:40
    Poderiamos crear sistemas que recompilen
    datos que nos digan de xeito automático
  • 13:40 - 13:43
    e específico como se están
    usando os antibióticos.
  • 13:43 - 13:46
    Poderiamos crear filtros
    nos pedidos de medicamentos
  • 13:46 - 13:50
    para que cada receita
    sexa revisada dúas veces.
  • 13:50 - 13:56
    Poderiamos esixirlle á agricultura
    que renuncie ó uso de antibióticos.
  • 13:56 - 13:59
    Poderiamos crear sistemas de vixilancia
  • 13:59 - 14:04
    que nos digan onde vai
    emerxer a próxima resistencia.
  • 14:04 - 14:06
    Esas son as solucións tecnolóxicas.
  • 14:06 - 14:09
    É probable que tampouco abonden,
  • 14:09 - 14:12
    a menos que nós axudemos.
  • 14:16 - 14:18
    A resistencia ós antibióticos é un hábito.
  • 14:18 - 14:22
    Todos sabemos o difícil
    que é cambiar un hábito.
  • 14:22 - 14:26
    Pero como sociedade,
    xa o fixemos no pasado.
  • 14:26 - 14:30
    A xente adoitaba tirar lixo nas rúas,
  • 14:30 - 14:32
    non poñía o cinto de seguridade,
  • 14:32 - 14:36
    fumaba dentro dos edificios públicos.
  • 14:36 - 14:39
    Xa non facemos esas cousas.
  • 14:39 - 14:41
    Non estragamos o medio ambiente
  • 14:41 - 14:45
    nin buscamos devastadores accidentes
  • 14:45 - 14:48
    nin expoñemos a outros
    á posibilidade dun cancro,
  • 14:48 - 14:51
    porque decidimos que
    esas cousas saían caras,
  • 14:51 - 14:55
    que eran destrutivas, non nos conviñan.
  • 14:56 - 14:59
    Cambiamos as normas sociais.
  • 14:59 - 15:03
    Tamén poderiamos cambiar as normas
    sociais sobre o uso dos antibióticos.
  • 15:05 - 15:08
    Sei que a dimensión da
    resistencia dos antibióticos
  • 15:08 - 15:10
    semella abafante,
  • 15:10 - 15:13
    pero se algunha vez
    mercaches unha lámpada fluorescente
  • 15:13 - 15:16
    porque te preocupaba
    o cambio climático,
  • 15:16 - 15:19
    ou liches a etiqueta
    dunha caixa de galletas
  • 15:19 - 15:23
    porque pensas na deforestación
    debida ó aceite de palma,
  • 15:23 - 15:26
    xa sabes o que se sente
  • 15:26 - 15:31
    ó dar un pequeno paso para
    resolver un enorme problema.
  • 15:32 - 15:36
    Tamén poderiamos tomar esa clase
    de medidas no uso dos antibióticos.
  • 15:36 - 15:44
    Poderiamos renunciar a dar un antibiótico
    se non estamos certos de que é o correcto.
  • 15:44 - 15:51
    Poderiamos non insistir nunha receita
    para a infección de oído do noso neno
  • 15:51 - 15:52
    antes de estar seguros de qué a causou.
  • 15:54 - 15:57
    Poderiamos preguntar a cada restaurante,
  • 15:57 - 15:59
    a cada supermercado,
  • 15:59 - 16:00
    de onde vén a súa carne.
  • 16:01 - 16:03
    Poderiamos prometernos
  • 16:03 - 16:07
    non volver mercar polo ou gambas ou froita
  • 16:07 - 16:10
    criados co uso rutineiro de antibióticos,
  • 16:10 - 16:12
    e se fixeramos esas cousas,
  • 16:12 - 16:17
    poderiamos retrasar a chegada
    do mundo postantibióticos.
  • 16:18 - 16:22
    Pero temos que facelo axiña.
  • 16:22 - 16:26
    A penicilina deu comezo á
    era dos antibióticos en 1943.
  • 16:26 - 16:32
    En só 70 anos,
    camiñamos ata a beira do desastre.
  • 16:32 - 16:35
    Non imos ter 70 anos
  • 16:35 - 16:38
    para atopar unha saída outra vez.
  • 16:39 - 16:40
    Moitas grazas.
  • 16:41 - 16:47
    (Aplausos)
Title:
Que facemos cando os antibióticos xa non funcionan?
Speaker:
Maryn McKenna
Description:

A penicilina cambiouno todo. Infeccións que antes mataban, de súpeto podíanse curar con rapidez. Mais como explica Maryn McKenna nesta charla que invita á reflexión, estragamos as vantaxes que tanto este como os antibióticos posteriores nos proporcionaron. As bacterias resistentes ós medicamentos indican que estamos entrando na era postantibióticos -e non vai ser bonita. Hai, no entanto, cousas que podemos facer... se comezamos xa.

more » « less
Video Language:
English
Team:
closed TED
Project:
TEDTalks
Duration:
16:59
Dimitra Papageorgiou approved Galician subtitles for What do we do when antibiotics don't work any more?
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela accepted Galician subtitles for What do we do when antibiotics don't work any more?
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for What do we do when antibiotics don't work any more?
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for What do we do when antibiotics don't work any more?
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for What do we do when antibiotics don't work any more?
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for What do we do when antibiotics don't work any more?
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for What do we do when antibiotics don't work any more?
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for What do we do when antibiotics don't work any more?
Show all

Galician subtitles

Revisions

  • Revision 39 Edited
    Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela