WEBVTT 00:00:00.921 --> 00:00:02.918 Este é o meu tío avó, 00:00:02.918 --> 00:00:05.936 o irmán máis novo do pai de meu pai. 00:00:05.936 --> 00:00:07.902 Chamábase Joe McKenna. 00:00:08.141 --> 00:00:13.089 Era un marido mozo e un xogador de baloncesto semiprofesional 00:00:13.089 --> 00:00:16.417 e un bombeiro en Nova York. 00:00:17.407 --> 00:00:20.007 A historia familiar di que adoraba ser bombeiro, 00:00:20.007 --> 00:00:23.542 así que en 1938, nun dos seus días libres, 00:00:23.542 --> 00:00:26.319 decidiu ir pasa-lo tempo á estación de bombeiros. 00:00:27.019 --> 00:00:31.218 Para facer algo útil aquel día, empezou a sacarlle brillo ó latón, 00:00:31.218 --> 00:00:34.612 ás varandas dos camións, ós accesorios das paredes, 00:00:34.612 --> 00:00:36.957 e unha das boquillas das mangueiras, 00:00:36.957 --> 00:00:39.465 un enorme e pesado anaco de metal, 00:00:39.465 --> 00:00:43.074 caeu dun estante e golpeouno. 00:00:43.574 --> 00:00:47.382 Uns días despois, comezou a doerlle o ombro. 00:00:47.382 --> 00:00:50.656 Dous días despois, empezou a ter febre. 00:00:50.656 --> 00:00:53.141 A febre subía e subía. 00:00:53.141 --> 00:00:55.091 A súa muller coidaba del, 00:00:55.091 --> 00:00:59.393 pero nada semellaba dar resultado, e cando chegou o médico, 00:00:59.393 --> 00:01:01.679 nada do que el fixo importou tampouco. 00:01:02.149 --> 00:01:05.459 Colleron un taxi e levárono ó hospital. 00:01:05.911 --> 00:01:09.905 Alí as enfermeiras souberon decontado que tiña unha infección, 00:01:09.905 --> 00:01:14.061 o que daquela chamarían "intoxicación do sangue" 00:01:14.061 --> 00:01:16.174 e aínda que probablemente non o dixeron, 00:01:16.174 --> 00:01:18.031 daríanse conta ó instante 00:01:18.031 --> 00:01:21.430 de que non podían facer nada por el. 00:01:21.770 --> 00:01:24.788 Non podían facer nada porque as cousas que usamos agora 00:01:24.788 --> 00:01:27.437 para curar infeccións aínda non existían daquela. 00:01:27.737 --> 00:01:31.173 A primeira proba da penicilina, o primeiro antibiótico, 00:01:31.173 --> 00:01:33.843 tivo lugar tres anos despois. 00:01:33.843 --> 00:01:38.547 A xente que collía infeccións ou ben se recuperaba, se tiñan sorte, 00:01:38.547 --> 00:01:40.042 ou morrían. 00:01:40.322 --> 00:01:42.411 O meu tío avó non tivo sorte. 00:01:42.411 --> 00:01:45.708 Estivo no hospital unha semana, tremendo cos calafríos, 00:01:45.708 --> 00:01:47.566 deshidratado e delirando, 00:01:47.566 --> 00:01:50.468 afundíndose nun coma a medida que os seus órganos fallaban. 00:01:50.468 --> 00:01:52.604 O seu estado era tan desesperado 00:01:52.604 --> 00:01:57.234 que os seus compañeiros bombeiros se aliñaban para facerlle transfusións 00:01:57.234 --> 00:02:01.097 coa esperanza de diluír a infección que invadía o seu sangue. 00:02:01.497 --> 00:02:04.603 Nada funcionou. Morreu. 00:02:05.143 --> 00:02:07.705 Tiña 30 anos. 00:02:08.115 --> 00:02:10.088 Se lle botamos unha ollada á historia, 00:02:10.088 --> 00:02:13.362 a maioría da xente morría do mesmo xeito que o meu tío avó. 00:02:13.362 --> 00:02:16.032 A maioría non morría de cáncer ou do corazón, 00:02:16.032 --> 00:02:20.120 as enfermidades que nos afectan hoxe en Occidente. 00:02:20.490 --> 00:02:24.229 Non morrían desas enfermidades porque non vivían o tempo suficiente 00:02:24.229 --> 00:02:26.225 para desenvolvelas. 00:02:26.225 --> 00:02:28.338 Morrían por feridas... 00:02:28.338 --> 00:02:30.823 turrábaos un boi, 00:02:30.823 --> 00:02:32.607 disparábanlles no campo de batalla, 00:02:32.607 --> 00:02:36.565 ou esmagábaos unha máquina nalgunha das novas fábricas da Revolución Industrial... 00:02:36.765 --> 00:02:39.846 e a maior parte do tempo por infeccións, 00:02:39.846 --> 00:02:43.352 que acababan o que esas feridas comezaran. 00:02:44.492 --> 00:02:48.024 Todo iso cambiou coa chegada dos antibióticos. 00:02:48.599 --> 00:02:52.198 De súpeto, infeccións que antes eran unha sentenza de morte 00:02:52.198 --> 00:02:55.588 convertéronse en algo do que te recuperabas en días. 00:02:55.588 --> 00:02:58.630 Parecía un milagre, 00:02:58.630 --> 00:03:04.954 e dende entón, estamos vivindo na época dourada dos medicamentos milagre. 00:03:05.294 --> 00:03:09.241 E agora... estamos chegando á súa fin. 00:03:09.241 --> 00:03:14.303 O meu tío avó morreu nos últimos días da era preantibióticos. 00:03:14.303 --> 00:03:19.457 Hoxe estamos no limiar da era postantibióticos, 00:03:19.457 --> 00:03:23.219 nos primeiros días dun tempo no que infeccións tan simples 00:03:23.219 --> 00:03:27.928 como a que tivo Joe matarán á xente outra vez. 00:03:28.884 --> 00:03:32.015 De feito, xa o están facendo. 00:03:32.375 --> 00:03:35.758 A xente está morrendo por infeccións outra vez por causa dun fenómeno 00:03:35.758 --> 00:03:37.961 chamado resistencia ós antibióticos. 00:03:38.381 --> 00:03:40.119 En resumo, funciona así. 00:03:40.119 --> 00:03:45.091 As bacterias compiten entre elas polos recursos, polo alimento, 00:03:45.091 --> 00:03:49.758 creando compostos letais que unhas dirixen contra outras. 00:03:49.758 --> 00:03:52.103 Outras bacterias, para protexerse, 00:03:52.103 --> 00:03:55.354 evolucionan creando defensas contra ese ataque químico. 00:03:55.354 --> 00:03:57.676 A primeira vez que creamos antibióticos, 00:03:57.676 --> 00:04:01.878 levamos eses compostos ó laboratorio e creamos as nosas propias versións deles, 00:04:01.878 --> 00:04:06.336 e as bacterias responderon ó noso ataque igual que o fixeron sempre. 00:04:07.674 --> 00:04:09.898 Isto é o que pasou a continuación: 00:04:10.098 --> 00:04:13.488 A penicilina distribuíuse en 1943, 00:04:13.488 --> 00:04:18.619 e a resistencia xeneralizada á penicilina chegou en 1945. 00:04:18.619 --> 00:04:21.567 A vancomicina chegou en 1972, 00:04:21.567 --> 00:04:24.668 e a resistencia á vancomicina en 1988. 00:04:25.028 --> 00:04:27.150 O imipenem apareceu en 1985, 00:04:27.150 --> 00:04:29.922 e a resistencia a este en 1998. 00:04:30.192 --> 00:04:33.860 A daptomicina, un dos medicamentos máis recentes, apareceu en 2003, 00:04:33.860 --> 00:04:38.225 e a resistencia a este só un ano máis tarde, en 2004. 00:04:38.575 --> 00:04:42.335 Durante 70 anos, xogamos a superar a súa resistencia 00:04:42.335 --> 00:04:45.261 cun novo medicamento, 00:04:45.261 --> 00:04:48.906 e despois outro medicamento, e outra resistencia máis... 00:04:48.906 --> 00:04:51.217 e agora o xogo está rematando. 00:04:51.437 --> 00:04:55.477 As bacterias desenvolven resistencias tan rápido que as compañías farmacéuticas 00:04:55.477 --> 00:04:59.842 decidiron que facer antibióticos non lles convén, 00:04:59.842 --> 00:05:02.652 así que hai infeccións movéndose por todo o mundo 00:05:02.652 --> 00:05:06.111 para as que, dos máis de 100 antibióticos 00:05:06.111 --> 00:05:08.340 dispoñibles no mercado, 00:05:08.340 --> 00:05:11.754 dous poden funcionar con efectos secundarios, 00:05:11.754 --> 00:05:14.238 ou un, 00:05:14.238 --> 00:05:15.646 ou ningún. 00:05:16.096 --> 00:05:17.668 Esta é a pinta que ten. 00:05:18.278 --> 00:05:22.458 No ano 2000, o Centro para a Prevención e o Control de Enfermidades, o CDC, 00:05:22.458 --> 00:05:24.501 identificou un único caso 00:05:24.501 --> 00:05:26.753 nun hospital en Carolina do Norte 00:05:26.753 --> 00:05:30.486 dunha infección resistente a tódolos antibióticos excepto dous. 00:05:30.886 --> 00:05:35.205 Hoxe, esa infección chamada KPC, 00:05:35.205 --> 00:05:37.805 xa se estendeu a tódolos estados, con tres excepcións, 00:05:37.805 --> 00:05:40.150 e a América do Sur, Europa 00:05:40.150 --> 00:05:42.357 e Oriente Medio. 00:05:42.867 --> 00:05:45.189 En 2008, en Suecia os médicos 00:05:45.189 --> 00:05:47.975 diagnosticaron un home da India cunha infección distinta 00:05:47.975 --> 00:05:51.690 resistente a tódolos medicamentos excepto a un. 00:05:51.690 --> 00:05:53.919 O xene que crea esa resistencia, 00:05:53.919 --> 00:06:00.444 coñecido como NDM, xa se estendeu dende a India ata China, Asia, África, 00:06:00.444 --> 00:06:04.809 Europa, Canadá e os Estados Unidos. 00:06:05.129 --> 00:06:07.688 Sería normal esperar 00:06:07.688 --> 00:06:11.287 que estas infeccións fosen casos extraordinarios, 00:06:11.287 --> 00:06:13.145 pero de feito, 00:06:13.145 --> 00:06:15.606 nos Estados Unidos e Europa, 00:06:15.606 --> 00:06:18.322 50.000 persoas morren cada ano 00:06:18.322 --> 00:06:22.446 de infeccións que ningún medicamento pode curar. 00:06:22.966 --> 00:06:26.008 Un proxecto encargado polo goberno británico 00:06:26.008 --> 00:06:29.746 coñecido como a Análise da Resistencia Antimicrobiana 00:06:29.746 --> 00:06:37.118 estimou que pagamos un prezo global de 700.000 mortes ao ano. 00:06:38.291 --> 00:06:42.655 Iso son moitas mortes, 00:06:42.655 --> 00:06:45.767 e con todo, é moi probable que non te sintas en perigo, 00:06:45.767 --> 00:06:48.995 que imaxines que esa xente eran pacientes hospitalizados 00:06:48.995 --> 00:06:50.713 en unidades de coidados intensivos 00:06:50.713 --> 00:06:54.660 ou residentes de asilos preto do fin das súas vidas, 00:06:54.660 --> 00:06:57.841 xente cuxas infeccións nos son remotas, 00:06:57.841 --> 00:07:01.045 en situacións coas que non nos sentimos identificados. 00:07:02.455 --> 00:07:05.852 No que non pensaches, ningún de nós o fai, 00:07:05.852 --> 00:07:10.818 é en que os antibióticos manteñen case toda a vida moderna. 00:07:11.721 --> 00:07:13.932 Se perderamos os antibióticos, 00:07:13.932 --> 00:07:15.516 isto é o que perderiamos tamén: 00:07:15.836 --> 00:07:20.015 Primeiro, calquera protección para xente con sistemas inmunes debilitados 00:07:20.015 --> 00:07:23.475 pacientes con cancro, con SIDA, 00:07:23.475 --> 00:07:27.979 pacientes con transplantes, bebés prematuros. 00:07:27.979 --> 00:07:32.391 Despois, calquera tratamento que introduza obxectos estraños no corpo: 00:07:32.391 --> 00:07:36.269 stents para os infartos, bombas para a diabetes, 00:07:36.269 --> 00:07:40.193 a diálise, as próteses. 00:07:40.193 --> 00:07:43.908 Canta xente atlética de mediana idade precisa novas cadeiras e xeonllos? 00:07:43.908 --> 00:07:46.717 Un estudo recente estima que sen os antibióticos, 00:07:46.717 --> 00:07:50.234 un de cada seis morrería. 00:07:50.664 --> 00:07:53.869 Deseguido, probablemente perderiamos a cirurxía. 00:07:53.869 --> 00:07:56.191 Moitas operacións van precedidas 00:07:56.191 --> 00:07:59.139 de doses profilácticas de antibióticos. 00:07:59.139 --> 00:08:00.811 Sen esa protección, 00:08:00.811 --> 00:08:05.015 perderiamos a capacidade de abrir os espazos escondidos do corpo. 00:08:05.015 --> 00:08:07.848 Así que nada de operacións cardíacas, 00:08:07.848 --> 00:08:10.680 nada de biopsias de próstata, 00:08:10.680 --> 00:08:13.382 nada de cesáreas. 00:08:13.792 --> 00:08:18.444 Teriamos que aprender a temer infeccións que agora semellan menores. 00:08:18.784 --> 00:08:22.592 As infeccións de gorxa adoitaban causar fallos cardíacos. 00:08:22.592 --> 00:08:25.239 As infeccións cutáneas levaban a amputacións. 00:08:25.819 --> 00:08:28.722 Dar a luz mataba, nos hospitais máis limpos, 00:08:28.722 --> 00:08:31.397 a case unha de cada 100 mulleres. 00:08:31.717 --> 00:08:36.549 A pneumonía levaba 3 de cada 10 nenos. 00:08:37.220 --> 00:08:39.332 Sobre todo, 00:08:39.332 --> 00:08:43.707 perderiamos a confianza coa que vivimos o noso día a día. 00:08:44.836 --> 00:08:48.563 Se souberas que calquera ferida podería matarte, 00:08:48.563 --> 00:08:52.289 subiríaste nunha moto, 00:08:52.289 --> 00:08:55.500 esquiarías por unha pista empinada, 00:08:55.500 --> 00:08:58.976 subirías a unha escada para poñer as luces de Nadal, 00:08:58.976 --> 00:09:02.643 deixarías que os teus fillos xogasen ó béisbol? 00:09:03.573 --> 00:09:06.638 Despois de todo, a primeira persoa que recibiu penicilina, 00:09:06.638 --> 00:09:10.516 un policía británico chamado Albert Alexander, 00:09:10.516 --> 00:09:14.858 que estaba tan devastado pola infección que o seu coiro cabeludo supuraba pus 00:09:14.858 --> 00:09:17.783 e os médicos tiveron que extirparlle un ollo, 00:09:17.783 --> 00:09:21.162 infectouse facendo algo moi simple. 00:09:22.172 --> 00:09:26.988 Rabuñou a cara cunha espiña no seu xardín. 00:09:28.831 --> 00:09:32.481 O proxecto británico que mencionei que estima unha mortalidade global 00:09:32.481 --> 00:09:36.358 de 700.000 persoas ó ano na actualidade 00:09:36.358 --> 00:09:42.535 tamén predí que se non conseguimos controlar a situación para o 2050, 00:09:42.535 --> 00:09:50.127 non tan lonxe, a mortalidade global será de 10 millóns ó ano. 00:09:50.127 --> 00:09:52.829 Como chegamos ata este punto 00:09:52.829 --> 00:09:54.864 onde podemos ter que enfrontar 00:09:54.864 --> 00:09:58.347 eses aterradores números? 00:09:58.347 --> 00:10:02.535 A difícil resposta é que nolo causamos nós mesmos. 00:10:02.875 --> 00:10:05.847 A resistencia é un proceso biolóxico inevitable, 00:10:05.847 --> 00:10:09.900 pero nós somos os responsables de aceleralo. 00:10:10.490 --> 00:10:14.043 Fixémolo malgastando antibióticos 00:10:14.043 --> 00:10:18.131 cunha despreocupación que agora nos parece sorprendente. 00:10:19.408 --> 00:10:23.494 A penicilina vendeuse sen receita ata a década dos 50. 00:10:23.494 --> 00:10:26.829 En moitos países en desenvolvemento, isto aínda pasa coa maioría dos antibióticos. 00:10:27.209 --> 00:10:30.971 Nos Estados Unidos, o 50% 00:10:30.971 --> 00:10:34.663 dos antibióticos que se dan nos hospitais son innecesarios. 00:10:34.663 --> 00:10:39.037 O 45% das receitas feitas polos médicos 00:10:39.037 --> 00:10:43.010 son para enfermidades que os antibióticos non poden curar. 00:10:44.577 --> 00:10:47.247 E iso é só na asistencia sanitaria. 00:10:47.247 --> 00:10:52.100 Por todo o planeta, os animais de carne reciben antibióticos a diario, 00:10:52.100 --> 00:10:54.376 non para curar enfermidades, 00:10:54.376 --> 00:10:57.835 senón para engordalos e para protexelos contra 00:10:57.835 --> 00:11:01.806 as condicións nas que son criados. 00:11:01.806 --> 00:11:04.824 Nos Estados Unidos, posiblemente o 80% 00:11:04.824 --> 00:11:11.527 dos antibióticos vendidos anualmente van a animais de granxa, non a humanos, 00:11:11.527 --> 00:11:15.203 creando bacterias resistentes que saen das granxas 00:11:15.203 --> 00:11:17.827 na auga, no po, 00:11:17.827 --> 00:11:20.695 na carne na que se converten os animais. 00:11:20.985 --> 00:11:23.910 A acuicultura tamén depende dos antibióticos, 00:11:23.910 --> 00:11:25.559 particularmente en Asia, 00:11:25.559 --> 00:11:28.902 e o cultivo de froitas depende dos antibióticos 00:11:28.902 --> 00:11:33.801 para protexer mazás, peras, cítricos, contra enfermidades. 00:11:34.491 --> 00:11:40.117 E dado que as bacterias poden pasar o seu ADN dunhas a outras 00:11:40.117 --> 00:11:44.552 como un viaxeiro pasando unha maleta nun aeroporto, 00:11:44.552 --> 00:11:49.360 unha vez que fomentamos a existencia desta resistencia, 00:11:49.360 --> 00:11:51.587 é imposible saber ata onde se espallará. 00:11:53.723 --> 00:11:55.294 Isto era predicible. 00:11:55.674 --> 00:11:58.506 De feito, prediciuno 00:11:58.506 --> 00:12:02.941 Alexander Fleming, o home que descubriu a penicilina. 00:12:02.941 --> 00:12:06.935 Gañou o Premio Nobel en 1945, 00:12:06.935 --> 00:12:11.282 e nunha entrevista pouco despois, isto é o que dixo: 00:12:11.282 --> 00:12:15.549 "A persoa inconsciente que xogue cun tratamento de penicilina 00:12:15.549 --> 00:12:18.823 é moralmente responsable pola morte do home 00:12:18.823 --> 00:12:21.147 que sucumba á infección 00:12:21.147 --> 00:12:24.050 por un organismo resistente á penicilina." 00:12:24.050 --> 00:12:28.335 Engadiu, "espero que este mal poida ser evitado." 00:12:28.986 --> 00:12:31.842 Podemos evitalo? 00:12:31.842 --> 00:12:35.510 Hai empresas traballando en novos antibióticos, 00:12:35.510 --> 00:12:39.086 cousas que os supermicrobios nunca viron antes. 00:12:39.086 --> 00:12:41.803 Necesitamos eses novos medicamentos con urxencia, 00:12:41.803 --> 00:12:44.055 e necesitamos incentivos: 00:12:44.055 --> 00:12:46.586 bolsas para os descubrimentos, patentes prolongadas, 00:12:46.586 --> 00:12:53.343 premios que atraian a outras empresas para volver facer antibióticos. 00:12:53.343 --> 00:12:55.709 Pero probablemente non abondará. 00:12:56.059 --> 00:13:00.163 Polo seguinte motivo: a evolución sempre gaña. 00:13:00.703 --> 00:13:04.627 As bacterias crean unha nova xeración cada 20 minutos. 00:13:04.627 --> 00:13:09.410 Á química farmacéutica lévalle 10 anos crear un novo medicamento. 00:13:09.410 --> 00:13:12.266 Cada vez que usamos un antibiótico, 00:13:12.266 --> 00:13:15.540 dámoslle ás bacterias miles de millóns de oportunidades 00:13:15.540 --> 00:13:17.281 para descifrar os códigos 00:13:17.281 --> 00:13:20.486 das defensas que construímos. 00:13:20.486 --> 00:13:22.877 Ata agora nunca existiu un medicamento 00:13:22.877 --> 00:13:25.431 que non puidesen vencer. 00:13:25.431 --> 00:13:28.961 Trátase dunha guerra asimétrica, 00:13:28.961 --> 00:13:32.969 pero podemos cambiar o resultado. 00:13:33.929 --> 00:13:40.334 Poderiamos crear sistemas que recompilen datos que nos digan de xeito automático 00:13:40.334 --> 00:13:43.263 e específico como se están usando os antibióticos. 00:13:43.263 --> 00:13:46.096 Poderiamos crear filtros nos pedidos de medicamentos 00:13:46.096 --> 00:13:49.811 para que cada receita sexa revisada dúas veces. 00:13:49.811 --> 00:13:55.920 Poderiamos esixirlle á agricultura que renuncie ó uso de antibióticos. 00:13:56.243 --> 00:13:59.275 Poderiamos crear sistemas de vixilancia 00:13:59.275 --> 00:14:03.501 que nos digan onde vai emerxer a próxima resistencia. 00:14:03.501 --> 00:14:05.814 Esas son as solucións tecnolóxicas. 00:14:06.264 --> 00:14:08.888 É probable que tampouco abonden, 00:14:08.888 --> 00:14:12.117 a menos que nós axudemos. 00:14:15.785 --> 00:14:18.099 A resistencia ós antibióticos é un hábito. 00:14:18.479 --> 00:14:21.567 Todos sabemos o difícil que é cambiar un hábito. 00:14:21.567 --> 00:14:26.097 Pero como sociedade, xa o fixemos no pasado. 00:14:26.397 --> 00:14:29.972 A xente adoitaba tirar lixo nas rúas, 00:14:29.972 --> 00:14:31.737 non poñía o cinto de seguridade, 00:14:31.737 --> 00:14:35.994 fumaba dentro dos edificios públicos. 00:14:36.404 --> 00:14:38.624 Xa non facemos esas cousas. 00:14:39.144 --> 00:14:41.466 Non estragamos o medio ambiente 00:14:41.466 --> 00:14:44.623 nin buscamos devastadores accidentes 00:14:44.623 --> 00:14:47.595 nin expoñemos a outros á posibilidade dun cancro, 00:14:47.595 --> 00:14:51.102 porque decidimos que esas cousas saían caras, 00:14:51.102 --> 00:14:55.175 que eran destrutivas, non nos conviñan. 00:14:55.815 --> 00:14:58.715 Cambiamos as normas sociais. 00:14:59.135 --> 00:15:03.279 Tamén poderiamos cambiar as normas sociais sobre o uso dos antibióticos. 00:15:05.499 --> 00:15:07.774 Sei que a dimensión da resistencia dos antibióticos 00:15:07.774 --> 00:15:09.678 semella abafante, 00:15:09.678 --> 00:15:13.138 pero se algunha vez mercaches unha lámpada fluorescente 00:15:13.138 --> 00:15:15.854 porque te preocupaba o cambio climático, 00:15:15.854 --> 00:15:18.989 ou liches a etiqueta dunha caixa de galletas 00:15:18.989 --> 00:15:23.470 porque pensas na deforestación debida ó aceite de palma, 00:15:23.470 --> 00:15:26.349 xa sabes o que se sente 00:15:26.349 --> 00:15:31.349 ó dar un pequeno paso para resolver un enorme problema. 00:15:31.829 --> 00:15:36.310 Tamén poderiamos tomar esa clase de medidas no uso dos antibióticos. 00:15:36.310 --> 00:15:43.947 Poderiamos renunciar a dar un antibiótico se non estamos certos de que é o correcto. 00:15:44.251 --> 00:15:50.564 Poderiamos non insistir nunha receita para a infección de oído do noso neno 00:15:50.564 --> 00:15:52.462 antes de estar seguros de qué a causou. 00:15:53.678 --> 00:15:57.045 Poderiamos preguntar a cada restaurante, 00:15:57.045 --> 00:15:58.856 a cada supermercado, 00:15:58.856 --> 00:16:00.476 de onde vén a súa carne. 00:16:00.806 --> 00:16:02.640 Poderiamos prometernos 00:16:02.640 --> 00:16:06.745 non volver mercar polo ou gambas ou froita 00:16:06.745 --> 00:16:09.629 criados co uso rutineiro de antibióticos, 00:16:09.629 --> 00:16:12.323 e se fixeramos esas cousas, 00:16:12.323 --> 00:16:16.815 poderiamos retrasar a chegada do mundo postantibióticos. 00:16:17.547 --> 00:16:21.680 Pero temos que facelo axiña. 00:16:21.680 --> 00:16:26.185 A penicilina deu comezo á era dos antibióticos en 1943. 00:16:26.185 --> 00:16:31.891 En só 70 anos, camiñamos ata a beira do desastre. 00:16:32.291 --> 00:16:34.613 Non imos ter 70 anos 00:16:34.613 --> 00:16:38.339 para atopar unha saída outra vez. 00:16:38.769 --> 00:16:40.279 Moitas grazas. 00:16:40.789 --> 00:16:46.640 (Aplausos)