1 00:00:00,921 --> 00:00:02,918 Este é o meu tío avó, 2 00:00:02,918 --> 00:00:05,936 o irmán máis novo do pai de meu pai. 3 00:00:05,936 --> 00:00:07,902 Chamábase Joe McKenna. 4 00:00:08,141 --> 00:00:13,089 Era un marido mozo e un xogador de baloncesto semiprofesional 5 00:00:13,089 --> 00:00:16,417 e un bombeiro en Nova York. 6 00:00:17,407 --> 00:00:20,007 A historia familiar di que adoraba ser bombeiro, 7 00:00:20,007 --> 00:00:23,542 así que en 1938, nun dos seus días libres, 8 00:00:23,542 --> 00:00:26,319 decidiu ir pasa-lo tempo á estación de bombeiros. 9 00:00:27,019 --> 00:00:31,218 Para facer algo útil aquel día, empezou a sacarlle brillo ó latón, 10 00:00:31,218 --> 00:00:34,612 ás varandas dos camións, ós accesorios das paredes, 11 00:00:34,612 --> 00:00:36,957 e unha das boquillas das mangueiras, 12 00:00:36,957 --> 00:00:39,465 un enorme e pesado anaco de metal, 13 00:00:39,465 --> 00:00:43,074 caeu dun estante e golpeouno. 14 00:00:43,574 --> 00:00:47,382 Uns días despois, comezou a doerlle o ombro. 15 00:00:47,382 --> 00:00:50,656 Dous días despois, empezou a ter febre. 16 00:00:50,656 --> 00:00:53,141 A febre subía e subía. 17 00:00:53,141 --> 00:00:55,091 A súa muller coidaba del, 18 00:00:55,091 --> 00:00:59,393 pero nada semellaba dar resultado, e cando chegou o médico, 19 00:00:59,393 --> 00:01:01,679 nada do que el fixo importou tampouco. 20 00:01:02,149 --> 00:01:05,459 Colleron un taxi e levárono ó hospital. 21 00:01:05,911 --> 00:01:09,905 Alí as enfermeiras souberon decontado que tiña unha infección, 22 00:01:09,905 --> 00:01:14,061 o que daquela chamarían "intoxicación do sangue" 23 00:01:14,061 --> 00:01:16,174 e aínda que probablemente non o dixeron, 24 00:01:16,174 --> 00:01:18,031 daríanse conta ó instante 25 00:01:18,031 --> 00:01:21,430 de que non podían facer nada por el. 26 00:01:21,770 --> 00:01:24,788 Non podían facer nada porque as cousas que usamos agora 27 00:01:24,788 --> 00:01:27,437 para curar infeccións aínda non existían daquela. 28 00:01:27,737 --> 00:01:31,173 A primeira proba da penicilina, o primeiro antibiótico, 29 00:01:31,173 --> 00:01:33,843 tivo lugar tres anos despois. 30 00:01:33,843 --> 00:01:38,547 A xente que collía infeccións ou ben se recuperaba, se tiñan sorte, 31 00:01:38,547 --> 00:01:40,042 ou morrían. 32 00:01:40,322 --> 00:01:42,411 O meu tío avó non tivo sorte. 33 00:01:42,411 --> 00:01:45,708 Estivo no hospital unha semana, tremendo cos calafríos, 34 00:01:45,708 --> 00:01:47,566 deshidratado e delirando, 35 00:01:47,566 --> 00:01:50,468 afundíndose nun coma a medida que os seus órganos fallaban. 36 00:01:50,468 --> 00:01:52,604 O seu estado era tan desesperado 37 00:01:52,604 --> 00:01:57,234 que os seus compañeiros bombeiros se aliñaban para facerlle transfusións 38 00:01:57,234 --> 00:02:01,097 coa esperanza de diluír a infección que invadía o seu sangue. 39 00:02:01,497 --> 00:02:04,603 Nada funcionou. Morreu. 40 00:02:05,143 --> 00:02:07,705 Tiña 30 anos. 41 00:02:08,115 --> 00:02:10,088 Se lle botamos unha ollada á historia, 42 00:02:10,088 --> 00:02:13,362 a maioría da xente morría do mesmo xeito que o meu tío avó. 43 00:02:13,362 --> 00:02:16,032 A maioría non morría de cáncer ou do corazón, 44 00:02:16,032 --> 00:02:20,120 as enfermidades que nos afectan hoxe en Occidente. 45 00:02:20,490 --> 00:02:24,229 Non morrían desas enfermidades porque non vivían o tempo suficiente 46 00:02:24,229 --> 00:02:26,225 para desenvolvelas. 47 00:02:26,225 --> 00:02:28,338 Morrían por feridas... 48 00:02:28,338 --> 00:02:30,823 turrábaos un boi, 49 00:02:30,823 --> 00:02:32,607 disparábanlles no campo de batalla, 50 00:02:32,607 --> 00:02:36,565 ou esmagábaos unha máquina nalgunha das novas fábricas da Revolución Industrial... 51 00:02:36,765 --> 00:02:39,846 e a maior parte do tempo por infeccións, 52 00:02:39,846 --> 00:02:43,352 que acababan o que esas feridas comezaran. 53 00:02:44,492 --> 00:02:48,024 Todo iso cambiou coa chegada dos antibióticos. 54 00:02:48,599 --> 00:02:52,198 De súpeto, infeccións que antes eran unha sentenza de morte 55 00:02:52,198 --> 00:02:55,588 convertéronse en algo do que te recuperabas en días. 56 00:02:55,588 --> 00:02:58,630 Parecía un milagre, 57 00:02:58,630 --> 00:03:04,954 e dende entón, estamos vivindo na época dourada dos medicamentos milagre. 58 00:03:05,294 --> 00:03:09,241 E agora... estamos chegando á súa fin. 59 00:03:09,241 --> 00:03:14,303 O meu tío avó morreu nos últimos días da era preantibióticos. 60 00:03:14,303 --> 00:03:19,457 Hoxe estamos no limiar da era postantibióticos, 61 00:03:19,457 --> 00:03:23,219 nos primeiros días dun tempo no que infeccións tan simples 62 00:03:23,219 --> 00:03:27,928 como a que tivo Joe matarán á xente outra vez. 63 00:03:28,884 --> 00:03:32,015 De feito, xa o están facendo. 64 00:03:32,375 --> 00:03:35,758 A xente está morrendo por infeccións outra vez por causa dun fenómeno 65 00:03:35,758 --> 00:03:37,961 chamado resistencia ós antibióticos. 66 00:03:38,381 --> 00:03:40,119 En resumo, funciona así. 67 00:03:40,119 --> 00:03:45,091 As bacterias compiten entre elas polos recursos, polo alimento, 68 00:03:45,091 --> 00:03:49,758 creando compostos letais que unhas dirixen contra outras. 69 00:03:49,758 --> 00:03:52,103 Outras bacterias, para protexerse, 70 00:03:52,103 --> 00:03:55,354 evolucionan creando defensas contra ese ataque químico. 71 00:03:55,354 --> 00:03:57,676 A primeira vez que creamos antibióticos, 72 00:03:57,676 --> 00:04:01,878 levamos eses compostos ó laboratorio e creamos as nosas propias versións deles, 73 00:04:01,878 --> 00:04:06,336 e as bacterias responderon ó noso ataque igual que o fixeron sempre. 74 00:04:07,674 --> 00:04:09,898 Isto é o que pasou a continuación: 75 00:04:10,098 --> 00:04:13,488 A penicilina distribuíuse en 1943, 76 00:04:13,488 --> 00:04:18,619 e a resistencia xeneralizada á penicilina chegou en 1945. 77 00:04:18,619 --> 00:04:21,567 A vancomicina chegou en 1972, 78 00:04:21,567 --> 00:04:24,668 e a resistencia á vancomicina en 1988. 79 00:04:25,028 --> 00:04:27,150 O imipenem apareceu en 1985, 80 00:04:27,150 --> 00:04:29,922 e a resistencia a este en 1998. 81 00:04:30,192 --> 00:04:33,860 A daptomicina, un dos medicamentos máis recentes, apareceu en 2003, 82 00:04:33,860 --> 00:04:38,225 e a resistencia a este só un ano máis tarde, en 2004. 83 00:04:38,575 --> 00:04:42,335 Durante 70 anos, xogamos a superar a súa resistencia 84 00:04:42,335 --> 00:04:45,261 cun novo medicamento, 85 00:04:45,261 --> 00:04:48,906 e despois outro medicamento, e outra resistencia máis... 86 00:04:48,906 --> 00:04:51,217 e agora o xogo está rematando. 87 00:04:51,437 --> 00:04:55,477 As bacterias desenvolven resistencias tan rápido que as compañías farmacéuticas 88 00:04:55,477 --> 00:04:59,842 decidiron que facer antibióticos non lles convén, 89 00:04:59,842 --> 00:05:02,652 así que hai infeccións movéndose por todo o mundo 90 00:05:02,652 --> 00:05:06,111 para as que, dos máis de 100 antibióticos 91 00:05:06,111 --> 00:05:08,340 dispoñibles no mercado, 92 00:05:08,340 --> 00:05:11,754 dous poden funcionar con efectos secundarios, 93 00:05:11,754 --> 00:05:14,238 ou un, 94 00:05:14,238 --> 00:05:15,646 ou ningún. 95 00:05:16,096 --> 00:05:17,668 Esta é a pinta que ten. 96 00:05:18,278 --> 00:05:22,458 No ano 2000, o Centro para a Prevención e o Control de Enfermidades, o CDC, 97 00:05:22,458 --> 00:05:24,501 identificou un único caso 98 00:05:24,501 --> 00:05:26,753 nun hospital en Carolina do Norte 99 00:05:26,753 --> 00:05:30,486 dunha infección resistente a tódolos antibióticos excepto dous. 100 00:05:30,886 --> 00:05:35,205 Hoxe, esa infección chamada KPC, 101 00:05:35,205 --> 00:05:37,805 xa se estendeu a tódolos estados, con tres excepcións, 102 00:05:37,805 --> 00:05:40,150 e a América do Sur, Europa 103 00:05:40,150 --> 00:05:42,357 e Oriente Medio. 104 00:05:42,867 --> 00:05:45,189 En 2008, en Suecia os médicos 105 00:05:45,189 --> 00:05:47,975 diagnosticaron un home da India cunha infección distinta 106 00:05:47,975 --> 00:05:51,690 resistente a tódolos medicamentos excepto a un. 107 00:05:51,690 --> 00:05:53,919 O xene que crea esa resistencia, 108 00:05:53,919 --> 00:06:00,444 coñecido como NDM, xa se estendeu dende a India ata China, Asia, África, 109 00:06:00,444 --> 00:06:04,809 Europa, Canadá e os Estados Unidos. 110 00:06:05,129 --> 00:06:07,688 Sería normal esperar 111 00:06:07,688 --> 00:06:11,287 que estas infeccións fosen casos extraordinarios, 112 00:06:11,287 --> 00:06:13,145 pero de feito, 113 00:06:13,145 --> 00:06:15,606 nos Estados Unidos e Europa, 114 00:06:15,606 --> 00:06:18,322 50.000 persoas morren cada ano 115 00:06:18,322 --> 00:06:22,446 de infeccións que ningún medicamento pode curar. 116 00:06:22,966 --> 00:06:26,008 Un proxecto encargado polo goberno británico 117 00:06:26,008 --> 00:06:29,746 coñecido como a Análise da Resistencia Antimicrobiana 118 00:06:29,746 --> 00:06:37,118 estimou que pagamos un prezo global de 700.000 mortes ao ano. 119 00:06:38,291 --> 00:06:42,655 Iso son moitas mortes, 120 00:06:42,655 --> 00:06:45,767 e con todo, é moi probable que non te sintas en perigo, 121 00:06:45,767 --> 00:06:48,995 que imaxines que esa xente eran pacientes hospitalizados 122 00:06:48,995 --> 00:06:50,713 en unidades de coidados intensivos 123 00:06:50,713 --> 00:06:54,660 ou residentes de asilos preto do fin das súas vidas, 124 00:06:54,660 --> 00:06:57,841 xente cuxas infeccións nos son remotas, 125 00:06:57,841 --> 00:07:01,045 en situacións coas que non nos sentimos identificados. 126 00:07:02,455 --> 00:07:05,852 No que non pensaches, ningún de nós o fai, 127 00:07:05,852 --> 00:07:10,818 é en que os antibióticos manteñen case toda a vida moderna. 128 00:07:11,721 --> 00:07:13,932 Se perderamos os antibióticos, 129 00:07:13,932 --> 00:07:15,516 isto é o que perderiamos tamén: 130 00:07:15,836 --> 00:07:20,015 Primeiro, calquera protección para xente con sistemas inmunes debilitados 131 00:07:20,015 --> 00:07:23,475 pacientes con cancro, con SIDA, 132 00:07:23,475 --> 00:07:27,979 pacientes con transplantes, bebés prematuros. 133 00:07:27,979 --> 00:07:32,391 Despois, calquera tratamento que introduza obxectos estraños no corpo: 134 00:07:32,391 --> 00:07:36,269 stents para os infartos, bombas para a diabetes, 135 00:07:36,269 --> 00:07:40,193 a diálise, as próteses. 136 00:07:40,193 --> 00:07:43,908 Canta xente atlética de mediana idade precisa novas cadeiras e xeonllos? 137 00:07:43,908 --> 00:07:46,717 Un estudo recente estima que sen os antibióticos, 138 00:07:46,717 --> 00:07:50,234 un de cada seis morrería. 139 00:07:50,664 --> 00:07:53,869 Deseguido, probablemente perderiamos a cirurxía. 140 00:07:53,869 --> 00:07:56,191 Moitas operacións van precedidas 141 00:07:56,191 --> 00:07:59,139 de doses profilácticas de antibióticos. 142 00:07:59,139 --> 00:08:00,811 Sen esa protección, 143 00:08:00,811 --> 00:08:05,015 perderiamos a capacidade de abrir os espazos escondidos do corpo. 144 00:08:05,015 --> 00:08:07,848 Así que nada de operacións cardíacas, 145 00:08:07,848 --> 00:08:10,680 nada de biopsias de próstata, 146 00:08:10,680 --> 00:08:13,382 nada de cesáreas. 147 00:08:13,792 --> 00:08:18,444 Teriamos que aprender a temer infeccións que agora semellan menores. 148 00:08:18,784 --> 00:08:22,592 As infeccións de gorxa adoitaban causar fallos cardíacos. 149 00:08:22,592 --> 00:08:25,239 As infeccións cutáneas levaban a amputacións. 150 00:08:25,819 --> 00:08:28,722 Dar a luz mataba, nos hospitais máis limpos, 151 00:08:28,722 --> 00:08:31,397 a case unha de cada 100 mulleres. 152 00:08:31,717 --> 00:08:36,549 A pneumonía levaba 3 de cada 10 nenos. 153 00:08:37,220 --> 00:08:39,332 Sobre todo, 154 00:08:39,332 --> 00:08:43,707 perderiamos a confianza coa que vivimos o noso día a día. 155 00:08:44,836 --> 00:08:48,563 Se souberas que calquera ferida podería matarte, 156 00:08:48,563 --> 00:08:52,289 subiríaste nunha moto, 157 00:08:52,289 --> 00:08:55,500 esquiarías por unha pista empinada, 158 00:08:55,500 --> 00:08:58,976 subirías a unha escada para poñer as luces de Nadal, 159 00:08:58,976 --> 00:09:02,643 deixarías que os teus fillos xogasen ó béisbol? 160 00:09:03,573 --> 00:09:06,638 Despois de todo, a primeira persoa que recibiu penicilina, 161 00:09:06,638 --> 00:09:10,516 un policía británico chamado Albert Alexander, 162 00:09:10,516 --> 00:09:14,858 que estaba tan devastado pola infección que o seu coiro cabeludo supuraba pus 163 00:09:14,858 --> 00:09:17,783 e os médicos tiveron que extirparlle un ollo, 164 00:09:17,783 --> 00:09:21,162 infectouse facendo algo moi simple. 165 00:09:22,172 --> 00:09:26,988 Rabuñou a cara cunha espiña no seu xardín. 166 00:09:28,831 --> 00:09:32,481 O proxecto británico que mencionei que estima unha mortalidade global 167 00:09:32,481 --> 00:09:36,358 de 700.000 persoas ó ano na actualidade 168 00:09:36,358 --> 00:09:42,535 tamén predí que se non conseguimos controlar a situación para o 2050, 169 00:09:42,535 --> 00:09:50,127 non tan lonxe, a mortalidade global será de 10 millóns ó ano. 170 00:09:50,127 --> 00:09:52,829 Como chegamos ata este punto 171 00:09:52,829 --> 00:09:54,864 onde podemos ter que enfrontar 172 00:09:54,864 --> 00:09:58,347 eses aterradores números? 173 00:09:58,347 --> 00:10:02,535 A difícil resposta é que nolo causamos nós mesmos. 174 00:10:02,875 --> 00:10:05,847 A resistencia é un proceso biolóxico inevitable, 175 00:10:05,847 --> 00:10:09,900 pero nós somos os responsables de aceleralo. 176 00:10:10,490 --> 00:10:14,043 Fixémolo malgastando antibióticos 177 00:10:14,043 --> 00:10:18,131 cunha despreocupación que agora nos parece sorprendente. 178 00:10:19,408 --> 00:10:23,494 A penicilina vendeuse sen receita ata a década dos 50. 179 00:10:23,494 --> 00:10:26,829 En moitos países en desenvolvemento, isto aínda pasa coa maioría dos antibióticos. 180 00:10:27,209 --> 00:10:30,971 Nos Estados Unidos, o 50% 181 00:10:30,971 --> 00:10:34,663 dos antibióticos que se dan nos hospitais son innecesarios. 182 00:10:34,663 --> 00:10:39,037 O 45% das receitas feitas polos médicos 183 00:10:39,037 --> 00:10:43,010 son para enfermidades que os antibióticos non poden curar. 184 00:10:44,577 --> 00:10:47,247 E iso é só na asistencia sanitaria. 185 00:10:47,247 --> 00:10:52,100 Por todo o planeta, os animais de carne reciben antibióticos a diario, 186 00:10:52,100 --> 00:10:54,376 non para curar enfermidades, 187 00:10:54,376 --> 00:10:57,835 senón para engordalos e para protexelos contra 188 00:10:57,835 --> 00:11:01,806 as condicións nas que son criados. 189 00:11:01,806 --> 00:11:04,824 Nos Estados Unidos, posiblemente o 80% 190 00:11:04,824 --> 00:11:11,527 dos antibióticos vendidos anualmente van a animais de granxa, non a humanos, 191 00:11:11,527 --> 00:11:15,203 creando bacterias resistentes que saen das granxas 192 00:11:15,203 --> 00:11:17,827 na auga, no po, 193 00:11:17,827 --> 00:11:20,695 na carne na que se converten os animais. 194 00:11:20,985 --> 00:11:23,910 A acuicultura tamén depende dos antibióticos, 195 00:11:23,910 --> 00:11:25,559 particularmente en Asia, 196 00:11:25,559 --> 00:11:28,902 e o cultivo de froitas depende dos antibióticos 197 00:11:28,902 --> 00:11:33,801 para protexer mazás, peras, cítricos, contra enfermidades. 198 00:11:34,491 --> 00:11:40,117 E dado que as bacterias poden pasar o seu ADN dunhas a outras 199 00:11:40,117 --> 00:11:44,552 como un viaxeiro pasando unha maleta nun aeroporto, 200 00:11:44,552 --> 00:11:49,360 unha vez que fomentamos a existencia desta resistencia, 201 00:11:49,360 --> 00:11:51,587 é imposible saber ata onde se espallará. 202 00:11:53,723 --> 00:11:55,294 Isto era predicible. 203 00:11:55,674 --> 00:11:58,506 De feito, prediciuno 204 00:11:58,506 --> 00:12:02,941 Alexander Fleming, o home que descubriu a penicilina. 205 00:12:02,941 --> 00:12:06,935 Gañou o Premio Nobel en 1945, 206 00:12:06,935 --> 00:12:11,282 e nunha entrevista pouco despois, isto é o que dixo: 207 00:12:11,282 --> 00:12:15,549 "A persoa inconsciente que xogue cun tratamento de penicilina 208 00:12:15,549 --> 00:12:18,823 é moralmente responsable pola morte do home 209 00:12:18,823 --> 00:12:21,147 que sucumba á infección 210 00:12:21,147 --> 00:12:24,050 por un organismo resistente á penicilina." 211 00:12:24,050 --> 00:12:28,335 Engadiu, "espero que este mal poida ser evitado." 212 00:12:28,986 --> 00:12:31,842 Podemos evitalo? 213 00:12:31,842 --> 00:12:35,510 Hai empresas traballando en novos antibióticos, 214 00:12:35,510 --> 00:12:39,086 cousas que os supermicrobios nunca viron antes. 215 00:12:39,086 --> 00:12:41,803 Necesitamos eses novos medicamentos con urxencia, 216 00:12:41,803 --> 00:12:44,055 e necesitamos incentivos: 217 00:12:44,055 --> 00:12:46,586 bolsas para os descubrimentos, patentes prolongadas, 218 00:12:46,586 --> 00:12:53,343 premios que atraian a outras empresas para volver facer antibióticos. 219 00:12:53,343 --> 00:12:55,709 Pero probablemente non abondará. 220 00:12:56,059 --> 00:13:00,163 Polo seguinte motivo: a evolución sempre gaña. 221 00:13:00,703 --> 00:13:04,627 As bacterias crean unha nova xeración cada 20 minutos. 222 00:13:04,627 --> 00:13:09,410 Á química farmacéutica lévalle 10 anos crear un novo medicamento. 223 00:13:09,410 --> 00:13:12,266 Cada vez que usamos un antibiótico, 224 00:13:12,266 --> 00:13:15,540 dámoslle ás bacterias miles de millóns de oportunidades 225 00:13:15,540 --> 00:13:17,281 para descifrar os códigos 226 00:13:17,281 --> 00:13:20,486 das defensas que construímos. 227 00:13:20,486 --> 00:13:22,877 Ata agora nunca existiu un medicamento 228 00:13:22,877 --> 00:13:25,431 que non puidesen vencer. 229 00:13:25,431 --> 00:13:28,961 Trátase dunha guerra asimétrica, 230 00:13:28,961 --> 00:13:32,969 pero podemos cambiar o resultado. 231 00:13:33,929 --> 00:13:40,334 Poderiamos crear sistemas que recompilen datos que nos digan de xeito automático 232 00:13:40,334 --> 00:13:43,263 e específico como se están usando os antibióticos. 233 00:13:43,263 --> 00:13:46,096 Poderiamos crear filtros nos pedidos de medicamentos 234 00:13:46,096 --> 00:13:49,811 para que cada receita sexa revisada dúas veces. 235 00:13:49,811 --> 00:13:55,920 Poderiamos esixirlle á agricultura que renuncie ó uso de antibióticos. 236 00:13:56,243 --> 00:13:59,275 Poderiamos crear sistemas de vixilancia 237 00:13:59,275 --> 00:14:03,501 que nos digan onde vai emerxer a próxima resistencia. 238 00:14:03,501 --> 00:14:05,814 Esas son as solucións tecnolóxicas. 239 00:14:06,264 --> 00:14:08,888 É probable que tampouco abonden, 240 00:14:08,888 --> 00:14:12,117 a menos que nós axudemos. 241 00:14:15,785 --> 00:14:18,099 A resistencia ós antibióticos é un hábito. 242 00:14:18,479 --> 00:14:21,567 Todos sabemos o difícil que é cambiar un hábito. 243 00:14:21,567 --> 00:14:26,097 Pero como sociedade, xa o fixemos no pasado. 244 00:14:26,397 --> 00:14:29,972 A xente adoitaba tirar lixo nas rúas, 245 00:14:29,972 --> 00:14:31,737 non poñía o cinto de seguridade, 246 00:14:31,737 --> 00:14:35,994 fumaba dentro dos edificios públicos. 247 00:14:36,404 --> 00:14:38,624 Xa non facemos esas cousas. 248 00:14:39,144 --> 00:14:41,466 Non estragamos o medio ambiente 249 00:14:41,466 --> 00:14:44,623 nin buscamos devastadores accidentes 250 00:14:44,623 --> 00:14:47,595 nin expoñemos a outros á posibilidade dun cancro, 251 00:14:47,595 --> 00:14:51,102 porque decidimos que esas cousas saían caras, 252 00:14:51,102 --> 00:14:55,175 que eran destrutivas, non nos conviñan. 253 00:14:55,815 --> 00:14:58,715 Cambiamos as normas sociais. 254 00:14:59,135 --> 00:15:03,279 Tamén poderiamos cambiar as normas sociais sobre o uso dos antibióticos. 255 00:15:05,499 --> 00:15:07,774 Sei que a dimensión da resistencia dos antibióticos 256 00:15:07,774 --> 00:15:09,678 semella abafante, 257 00:15:09,678 --> 00:15:13,138 pero se algunha vez mercaches unha lámpada fluorescente 258 00:15:13,138 --> 00:15:15,854 porque te preocupaba o cambio climático, 259 00:15:15,854 --> 00:15:18,989 ou liches a etiqueta dunha caixa de galletas 260 00:15:18,989 --> 00:15:23,470 porque pensas na deforestación debida ó aceite de palma, 261 00:15:23,470 --> 00:15:26,349 xa sabes o que se sente 262 00:15:26,349 --> 00:15:31,349 ó dar un pequeno paso para resolver un enorme problema. 263 00:15:31,829 --> 00:15:36,310 Tamén poderiamos tomar esa clase de medidas no uso dos antibióticos. 264 00:15:36,310 --> 00:15:43,947 Poderiamos renunciar a dar un antibiótico se non estamos certos de que é o correcto. 265 00:15:44,251 --> 00:15:50,564 Poderiamos non insistir nunha receita para a infección de oído do noso neno 266 00:15:50,564 --> 00:15:52,462 antes de estar seguros de qué a causou. 267 00:15:53,678 --> 00:15:57,045 Poderiamos preguntar a cada restaurante, 268 00:15:57,045 --> 00:15:58,856 a cada supermercado, 269 00:15:58,856 --> 00:16:00,476 de onde vén a súa carne. 270 00:16:00,806 --> 00:16:02,640 Poderiamos prometernos 271 00:16:02,640 --> 00:16:06,745 non volver mercar polo ou gambas ou froita 272 00:16:06,745 --> 00:16:09,629 criados co uso rutineiro de antibióticos, 273 00:16:09,629 --> 00:16:12,323 e se fixeramos esas cousas, 274 00:16:12,323 --> 00:16:16,815 poderiamos retrasar a chegada do mundo postantibióticos. 275 00:16:17,547 --> 00:16:21,680 Pero temos que facelo axiña. 276 00:16:21,680 --> 00:16:26,185 A penicilina deu comezo á era dos antibióticos en 1943. 277 00:16:26,185 --> 00:16:31,891 En só 70 anos, camiñamos ata a beira do desastre. 278 00:16:32,291 --> 00:16:34,613 Non imos ter 70 anos 279 00:16:34,613 --> 00:16:38,339 para atopar unha saída outra vez. 280 00:16:38,769 --> 00:16:40,279 Moitas grazas. 281 00:16:40,789 --> 00:16:46,640 (Aplausos)