Return to Video

A dieta asasina estadounidense que está aniquilando o planeta

  • 0:00 - 0:04
    A pesar da lexítima preocupación
    pola sida e a gripe aviaria
  • 0:04 - 0:07
    --da que máis tarde nos falará
    o brillante Dr. Brilliant--
  • 0:07 - 0:09
    quérolles falar doutra pandemia:
  • 0:09 - 0:12
    as enfermidades cardiovasculares,
    a diabetes e a hipertensión,
  • 0:12 - 0:15
    todas as cales
    se poden previr
  • 0:15 - 0:16
    polo menos no 95% dos casos
  • 0:16 - 0:18
    só cambiando a dieta
    e o estilo de vida.
  • 0:19 - 0:21
    Estamos vivindo unha
    'globalización das doenzas',
  • 0:21 - 0:25
    porque a xente está comezando a comer,
    vivir e morrer coma os americanos,
  • 0:25 - 0:27
    Por exemplo, nunha soa xeración,
  • 0:27 - 0:29
    Asia pasou das taxas máis baixas do mundo
  • 0:29 - 0:31
    en enfermidades do corazón,
    obesidade e diabetes
  • 0:31 - 0:32
    ás máis altas.
  • 0:33 - 0:35
    E en África,
    as enfermidades cardiovasculares
  • 0:35 - 0:38
    igualan as mortes
    por VIH e SIDA en moitos países.
  • 0:38 - 0:40
    Así pois, temos unha decisiva
    xanela de oportunidade
  • 0:40 - 0:42
    para facer un cambio importante
  • 0:42 - 0:44
    que pode afectar
    a vida de millóns de persoas
  • 0:44 - 0:47
    e practicar a medicina preventiva
    a escala global.
  • 0:47 - 0:50
    As enfermidades cardiovasculares
    seguen matando máis xente
  • 0:50 - 0:52
    --tanto nos Estados Unidos
    como no resto do mundo--
  • 0:52 - 0:54
    que todas as outras xuntas,
  • 0:54 - 0:57
    a pesar de que case sempre
    se poden previr.
  • 0:57 - 1:00
    E non só podemos previlas,
    senón tamén revertelas.
  • 1:00 - 1:01
    Nos últimos case 29 anos,
  • 1:01 - 1:03
    puidemos demostralo
    cun simple cambio
  • 1:03 - 1:06
    de dieta e estilo de vida,
    usando estas ferramentas
  • 1:06 - 1:09
    sofisticadas, tecnolóxicas e custosas
  • 1:09 - 1:12
    para demostrar o poderosas
    que poden accións simples e baratas.
  • 1:12 - 1:14
    Isto é unha arteriografía cuantitativa,
  • 1:14 - 1:15
    antes e despois dun ano,
  • 1:15 - 1:17
    e tomografías PET do corazón.
  • 1:17 - 1:19
    Amosámolo hai uns meses,
    cando publicamos
  • 1:19 - 1:21
    o primeiro estudo que demostra
    que se pode deter
  • 1:21 - 1:23
    ou reverter o avance
    do cancro de próstata
  • 1:23 - 1:25
    con cambios na dieta
    e no estilo de vida;
  • 1:25 - 1:28
    e unha regresión do 70%
    ou unha inhibición
  • 1:28 - 1:30
    no crecemento do tumor,
  • 1:30 - 1:32
    comparado con só un 9%
    no grupo de control.
  • 1:32 - 1:34
    Na resonancia magnética e
    na espectroscopia de RM amósase
  • 1:34 - 1:37
    que a actividade do tumor
    de próstata - en vermello-
  • 1:37 - 1:39
    diminuíu despois dun ano,
    como poden ver.
  • 1:39 - 1:43
    Agora ben, hai unha epidemia de
    obesidade: os dous terzos dos adultos
  • 1:43 - 1:45
    e o 15% de nenos.
    O que en realidade me preocupa
  • 1:45 - 1:49
    é que a diabetes creceu
    nun 70% nos últimos 10 anos,
  • 1:49 - 1:50
    e esta pode ser a primeira xeración
  • 1:50 - 1:53
    en que os fillos vivan
    menos ca os pais.
  • 1:53 - 1:55
    Isto é lamentable e pódese previr.
  • 1:55 - 1:57
    Estes non son resultados electorais,
  • 1:57 - 2:00
    son persoas: o número de
    persoas obesas por estado
  • 2:00 - 2:05
    comezando en 1985, 86, 87
    --son do web dos CDC--
  • 2:05 - 2:08
    88, 89, 90, 91
    --aparece unha nova categoría--
  • 2:08 - 2:11
    92, 93, 94, 95, 96,
  • 2:11 - 2:16
    97, 98, 99, 2000,
    2001, e empeora.
  • 2:16 - 2:18
    Estamos involucionando.
  • 2:18 - 2:21
    (Risos)
  • 2:22 - 2:23
    Que podemos facer con isto?
  • 2:23 - 2:26
    Ben, descubrimos
    que a dieta asiática pode reverter
  • 2:26 - 2:27
    o cancro e as enfermidades cardíacas.
  • 2:27 - 2:30
    Pero como en Asia
    están comezando a comer coma nós
  • 2:30 - 2:31
    están enfermando coma nós.
  • 2:31 - 2:34
    Pero eu traballei
    con multinacionais alimentarias.
  • 2:34 - 2:36
    E poden facer que comer
    alimentos máis sans
  • 2:36 - 2:38
    pareza divertido, sexy, moderno,
    crocante e cómodo.
  • 2:38 - 2:40
    Presido os comités consultivos
  • 2:40 - 2:42
    de McDonald's, Pepsico,
    Conagra e Safeway,
  • 2:42 - 2:44
    e axiña o de Del Monte,
    e todos cren
  • 2:44 - 2:45
    que é un bo negocio.
  • 2:45 - 2:46
    As ensaladas de McDonald's
  • 2:46 - 2:48
    saen dese labor --van ter
    ensalada asiática.
  • 2:48 - 2:50
    En Pepsi, dous terzos
    do aumento de ingresos
  • 2:50 - 2:52
    vén dos seus mellores alimentos.
  • 2:52 - 2:54
    Se podemos facer isto,
    entón conseguiremos
  • 2:54 - 2:57
    liberar recursos para comprar
    medicamentos que de verdade
  • 2:57 - 3:00
    necesitamos: para tratar a SIDA
    e o VIH e para previr a gripe aviaria.
  • 3:00 - 3:01
    Moitas grazas
Title:
A dieta asasina estadounidense que está aniquilando o planeta
Speaker:
Dean Ornish
Description:

Deixemos de lamentarnos pola sida, o cancro e a gripe aviaria. As enfermidades cardiovasculares matan máis persoas ca todas as outras combinadas —e normalmente pódense previr. O doutor Dean Ornish explícanos como cambiar os nosos hábitos alimentarios ha salvar as nosas vidas.

more » « less
Video Language:
English
Team:
closed TED
Project:
TEDTalks
Duration:
03:01
Dimitra Papageorgiou approved Galician subtitles for The killer American diet that's sweeping the planet
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for The killer American diet that's sweeping the planet
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela accepted Galician subtitles for The killer American diet that's sweeping the planet
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for The killer American diet that's sweeping the planet
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for The killer American diet that's sweeping the planet
Xusto Rodriguez edited Galician subtitles for The killer American diet that's sweeping the planet
Xusto Rodriguez edited Galician subtitles for The killer American diet that's sweeping the planet
Xusto Rodriguez edited Galician subtitles for The killer American diet that's sweeping the planet
Show all

Galician subtitles

Revisions

  • Revision 14 Edited
    Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela