1 00:00:00,000 --> 00:00:04,216 A pesar da lexítima preocupación pola sida e a gripe aviaria 2 00:00:04,216 --> 00:00:07,016 --da que máis tarde nos falará o brillante Dr. Brilliant-- 3 00:00:07,016 --> 00:00:09,334 quérolles falar doutra pandemia: 4 00:00:09,358 --> 00:00:12,406 as enfermidades cardiovasculares, a diabetes e a hipertensión, 5 00:00:12,406 --> 00:00:14,993 todas as cales se poden previr 6 00:00:15,000 --> 00:00:16,340 polo menos no 95% dos casos 7 00:00:16,340 --> 00:00:18,246 só cambiando a dieta e o estilo de vida. 8 00:00:18,716 --> 00:00:21,416 Estamos vivindo unha 'globalización das doenzas', 9 00:00:21,416 --> 00:00:25,346 porque a xente está comezando a comer, vivir e morrer coma os americanos, 10 00:00:25,426 --> 00:00:26,976 Por exemplo, nunha soa xeración, 11 00:00:27,000 --> 00:00:28,976 Asia pasou das taxas máis baixas do mundo 12 00:00:29,000 --> 00:00:31,363 en enfermidades do corazón, obesidade e diabetes 13 00:00:31,363 --> 00:00:32,470 ás máis altas. 14 00:00:32,760 --> 00:00:35,070 E en África, as enfermidades cardiovasculares 15 00:00:35,070 --> 00:00:37,836 igualan as mortes por VIH e SIDA en moitos países. 16 00:00:38,000 --> 00:00:40,456 Así pois, temos unha decisiva xanela de oportunidade 17 00:00:40,456 --> 00:00:42,256 para facer un cambio importante 18 00:00:42,256 --> 00:00:44,396 que pode afectar a vida de millóns de persoas 19 00:00:44,396 --> 00:00:46,856 e practicar a medicina preventiva a escala global. 20 00:00:47,150 --> 00:00:49,871 As enfermidades cardiovasculares seguen matando máis xente 21 00:00:49,895 --> 00:00:52,491 --tanto nos Estados Unidos como no resto do mundo-- 22 00:00:52,491 --> 00:00:53,976 que todas as outras xuntas, 23 00:00:54,000 --> 00:00:56,834 a pesar de que case sempre se poden previr. 24 00:00:57,470 --> 00:00:59,866 E non só podemos previlas, senón tamén revertelas. 25 00:00:59,866 --> 00:01:01,373 Nos últimos case 29 anos, 26 00:01:01,373 --> 00:01:03,406 puidemos demostralo cun simple cambio 27 00:01:03,430 --> 00:01:05,976 de dieta e estilo de vida, usando estas ferramentas 28 00:01:06,000 --> 00:01:08,774 sofisticadas, tecnolóxicas e custosas 29 00:01:08,774 --> 00:01:11,766 para demostrar o poderosas que poden accións simples e baratas. 30 00:01:11,880 --> 00:01:13,856 Isto é unha arteriografía cuantitativa, 31 00:01:13,860 --> 00:01:15,048 antes e despois dun ano, 32 00:01:15,072 --> 00:01:16,726 e tomografías PET do corazón. 33 00:01:16,830 --> 00:01:18,746 Amosámolo hai uns meses, cando publicamos 34 00:01:18,746 --> 00:01:21,086 o primeiro estudo que demostra que se pode deter 35 00:01:21,086 --> 00:01:23,043 ou reverter o avance do cancro de próstata 36 00:01:23,043 --> 00:01:25,116 con cambios na dieta e no estilo de vida; 37 00:01:25,116 --> 00:01:28,060 e unha regresión do 70% ou unha inhibición 38 00:01:28,060 --> 00:01:29,590 no crecemento do tumor, 39 00:01:29,590 --> 00:01:31,620 comparado con só un 9% no grupo de control. 40 00:01:31,620 --> 00:01:34,364 Na resonancia magnética e na espectroscopia de RM amósase 41 00:01:34,364 --> 00:01:36,850 que a actividade do tumor de próstata - en vermello- 42 00:01:36,850 --> 00:01:39,216 diminuíu despois dun ano, como poden ver. 43 00:01:39,430 --> 00:01:42,806 Agora ben, hai unha epidemia de obesidade: os dous terzos dos adultos 44 00:01:42,806 --> 00:01:45,246 e o 15% de nenos. O que en realidade me preocupa 45 00:01:45,300 --> 00:01:48,506 é que a diabetes creceu nun 70% nos últimos 10 anos, 46 00:01:48,506 --> 00:01:50,476 e esta pode ser a primeira xeración 47 00:01:50,476 --> 00:01:52,666 en que os fillos vivan menos ca os pais. 48 00:01:52,816 --> 00:01:54,566 Isto é lamentable e pódese previr. 49 00:01:54,650 --> 00:01:57,310 Estes non son resultados electorais, 50 00:01:57,310 --> 00:02:00,346 son persoas: o número de persoas obesas por estado 51 00:02:00,346 --> 00:02:04,706 comezando en 1985, 86, 87 --son do web dos CDC-- 52 00:02:04,750 --> 00:02:08,136 88, 89, 90, 91 --aparece unha nova categoría-- 53 00:02:08,136 --> 00:02:10,976 92, 93, 94, 95, 96, 54 00:02:11,000 --> 00:02:15,976 97, 98, 99, 2000, 2001, e empeora. 55 00:02:16,000 --> 00:02:18,000 Estamos involucionando. 56 00:02:18,000 --> 00:02:21,360 (Risos) 57 00:02:21,870 --> 00:02:23,220 Que podemos facer con isto? 58 00:02:23,220 --> 00:02:25,646 Ben, descubrimos que a dieta asiática pode reverter 59 00:02:25,646 --> 00:02:27,446 o cancro e as enfermidades cardíacas. 60 00:02:27,446 --> 00:02:29,836 Pero como en Asia están comezando a comer coma nós 61 00:02:29,846 --> 00:02:31,120 están enfermando coma nós. 62 00:02:31,120 --> 00:02:33,526 Pero eu traballei con multinacionais alimentarias. 63 00:02:33,526 --> 00:02:35,756 E poden facer que comer alimentos máis sans 64 00:02:35,756 --> 00:02:38,245 pareza divertido, sexy, moderno, crocante e cómodo. 65 00:02:38,245 --> 00:02:39,976 Presido os comités consultivos 66 00:02:40,000 --> 00:02:42,116 de McDonald's, Pepsico, Conagra e Safeway, 67 00:02:42,116 --> 00:02:43,987 e axiña o de Del Monte, e todos cren 68 00:02:43,987 --> 00:02:44,976 que é un bo negocio. 69 00:02:45,000 --> 00:02:46,236 As ensaladas de McDonald's 70 00:02:46,236 --> 00:02:48,346 saen dese labor --van ter ensalada asiática. 71 00:02:48,346 --> 00:02:50,456 En Pepsi, dous terzos do aumento de ingresos 72 00:02:50,460 --> 00:02:52,146 vén dos seus mellores alimentos. 73 00:02:52,146 --> 00:02:54,113 Se podemos facer isto, entón conseguiremos 74 00:02:54,131 --> 00:02:56,960 liberar recursos para comprar medicamentos que de verdade 75 00:02:56,960 --> 00:03:00,266 necesitamos: para tratar a SIDA e o VIH e para previr a gripe aviaria. 76 00:03:00,266 --> 00:03:01,134 Moitas grazas