Return to Video

Azucre: agochado a simple vista - Robert Lustig

  • 0:08 - 0:11
    O azucre está a xogar
    ás escondidas contigo.
  • 0:11 - 0:13
    Poderías pensar que é doado gañarlle,
  • 0:13 - 0:15
    tendo en conta o azucre
  • 0:15 - 0:20
    que hai en refrescos, xeados,
    doces e nas bolsas de azucre.
  • 0:20 - 0:22
    A metade do azucre engadido que consumimos
  • 0:22 - 0:23
    vén desas bebidas e lambetadas.
  • 0:23 - 0:25
    Así, parecería que o azucre
  • 0:25 - 0:26
    se agacha ben á vista
  • 0:26 - 0:29
    Pero como nun programa
    de protección de testemuñas,
  • 0:29 - 0:33
    a outra metade ocúltase en lugares
    moito menos sospeitosos.
  • 0:33 - 0:35
    Mira os ingredientes
    do ketchup, da mortadela,
  • 0:35 - 0:38
    da salsa de espaguetes, o leite de soia,
    as bebidas deportivas,
  • 0:38 - 0:40
    os paus de peixe
    e a manteiga de cacahuete.
  • 0:40 - 0:43
    Atoparás azucre oculto
    na maioría deses produtos.
  • 0:43 - 0:45
    De feito, atoparás azucres engadidos
  • 0:45 - 0:48
    nas tres cuartas partes
    dos máis de 600 000 artigos
  • 0:48 - 0:50
    dispoñibles nos supermercados.
  • 0:50 - 0:52
    Pero, como se agocha o azucre?
  • 0:52 - 0:54
    Non abonda con mirar
    as etiquetas dos alimentos?
  • 0:54 - 0:56
    Non é tan doado.
  • 0:56 - 0:57
    Igual que o teu amigo Robert,
  • 0:57 - 1:01
    pode ser coñecido como
    Bob, Robby, Rob, Bobby ou Roberto,
  • 1:01 - 1:03
    o azucre engadido ten moitos alcumes.
  • 1:03 - 1:06
    E moitos non son 5 ou 6,
  • 1:06 - 1:07
    son 56.
  • 1:07 - 1:10
    Está o xarope de arroz integral,
    a cebada malteada,
  • 1:10 - 1:13
    o azucre moreno, o azucre
    da Florida, o mascavado,
  • 1:13 - 1:15
    e, por suposto, o xarope
    de millo de alta frutosa,
  • 1:15 - 1:19
    tamén coñecido como azucre de millo.
  • 1:19 - 1:23
    Incluso os alcumes enganosos
    do azucre teñen alcumes.
  • 1:23 - 1:26
    O concentrado de uva ou de mazá
    ten os mesmos efectos no corpo
  • 1:26 - 1:28
    que os seus 55 xemelgos azucrados.
  • 1:28 - 1:31
    E aínda que “zume de cana orgánico
    evaporado” soa saudable,
  • 1:31 - 1:33
    ao evaporalo...
  • 1:33 - 1:34
    quédache azucre!
  • 1:34 - 1:36
    Qumicamente falando, é todo o mesmo.
  • 1:36 - 1:38
    E máis trampulleiro aínda:
  • 1:38 - 1:40
    cando múltiples tipos de azucres engadidos
  • 1:40 - 1:41
    se usan nun só tipo de produto,
  • 1:41 - 1:44
    quedan soterrados
    nunha longa lista de ingredientes,
  • 1:44 - 1:46
    polo que o contido de azucre
    pode parecer adecuado,
  • 1:46 - 1:48
    pero se os xuntamos todos,
  • 1:48 - 1:51
    o azucre pode ser
    o maior ingrediente individual.
  • 1:51 - 1:53
    Por agora, a Administración
    dos EE. UU. non suxire
  • 1:53 - 1:55
    un tope diario recomendado de azucre,
  • 1:55 - 1:58
    por iso é difícil saber
    se os 65 gramos deste refresco
  • 1:58 - 2:00
    son pouco ou moito.
  • 2:00 - 2:03
    Pero a Organización Mundial
    da Saúde recomenda
  • 2:03 - 2:06
    limitar o azucre a só o 5 %
    das calorías totais,
  • 2:06 - 2:08
    uns 25 gramos por día.
  • 2:08 - 2:12
    65 gramos é moito máis
    do dobre desa cantidade.
  • 2:12 - 2:14
    Pero, que é o azucre?
  • 2:14 - 2:18
    Cal é a diferenza
    entre a glicosa e a frutosa?
  • 2:18 - 2:20
    Ben, os dous son hidratos de carbono
  • 2:20 - 2:21
    coa mesma composición química
  • 2:21 - 2:24
    de carbono, hidróxeno e osíxeno.
  • 2:24 - 2:26
    Pero teñen estruturas moi diferentes
  • 2:26 - 2:28
    e compórtanse de maneira moi distinta
    nos nosos corpos.
  • 2:28 - 2:31
    A glicosa é a mellor fonte de enerxía
  • 2:31 - 2:33
    para case todos os organismos da Terra.
  • 2:33 - 2:36
    Pode ser metabolizada
    por todos os órganos do corpo.
  • 2:36 - 2:38
    A frutosa, pola súa banda,
  • 2:38 - 2:41
    metabolízase principalmente no fígado,
  • 2:41 - 2:43
    e cando o fígado se sobrecarga
  • 2:43 - 2:44
    con frutosa moi moi doce,
  • 2:44 - 2:48
    metaboliza o exceso en graxa.
  • 2:48 - 2:50
    A froita fresca tamén ten frutosa,
  • 2:50 - 2:51
    pero é de orixe natural
  • 2:51 - 2:53
    e non provoca sobrecarga
  • 2:53 - 2:56
    porque a fibra da froita
    fai máis lenta a súa absorción.
  • 2:56 - 2:58
    Isto dálle ao teu fígado
    o tempo que precisa
  • 2:58 - 2:59
    para facer o seu traballo.
  • 2:59 - 3:02
    O azucre fai que as galletas sexan
    boas de mastigar
  • 3:02 - 3:04
    e as lambetadas crocantes.
  • 3:04 - 3:06
    Mesmo lle dá á codia do pan
    un fermoso ton dourado.
  • 3:06 - 3:08
    É tamén un gran conservante;
  • 3:08 - 3:10
    non se estraga nin se evapora,
  • 3:10 - 3:12
    e os alimentos aos que se engade
  • 3:12 - 3:14
    son doados de almacenar
    e enviar a grandes distancias,
  • 3:14 - 3:16
    e adoitan ser máis baratos.
  • 3:16 - 3:18
    Por iso o azucre agóchase
    por todos os lados.
  • 3:18 - 3:21
    En realidade, sería máis fácil
    enumerar os alimentos
  • 3:21 - 3:23
    que non teñen agochado azucre engadido,
  • 3:23 - 3:26
    como vexetais, ovos, carnes,
  • 3:26 - 3:30
    peixe, froita, froitos secos,
    incluso no lavalouza.
  • 3:30 - 3:33
    Elixir auga no canto de refrescos,
    zumes ou bebidas deportivas
  • 3:33 - 3:36
    é unha gran forma de evitar
    o azucre engadido oculto.
  • 3:36 - 3:38
    Polo menos,
  • 3:38 - 3:39
    trata de fixarte nas etiquetas
  • 3:39 - 3:43
    para manter o consumo
    de azucre nun nivel saudable.
  • 3:43 - 3:45
    Porque neste xogo das agachadas,
  • 3:45 - 3:47
    cada vez que non atopas
    o azucre engadido,
  • 3:47 - 3:49
    gañas!!
Title:
Azucre: agochado a simple vista - Robert Lustig
Speaker:
Robert Lustig
Description:

Para ver a lección completa: http://ed.ted.com/lessons/sugar-hiding-in-plain-sight-robert-lustig

Aínda que o azucre é doado de detectar en doces, refrescos e xeados, agóchase tamén en alimentos onde non o esperarías --como a manteiga de cacahuete, a salsa para a pasta e incluso a mortadela! Robert Lustig descifra etiquetas confusas e moitos alcumes do azucre para axudarnos a determinar canto dese doce carbohidrato entra nas nosas dietas.

Lección elaborada por Robert Lustig, animación elaborada por The Tremendousness Collective.

more » « less
Video Language:
English
Team:
closed TED
Project:
TED-Ed
Duration:
04:04
Xusto Rodriguez approved Galician subtitles for Sugar: Hiding in plain sight
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela accepted Galician subtitles for Sugar: Hiding in plain sight
Xusto Rodriguez edited Galician subtitles for Sugar: Hiding in plain sight
Xusto Rodriguez edited Galician subtitles for Sugar: Hiding in plain sight
Xusto Rodriguez edited Galician subtitles for Sugar: Hiding in plain sight
Xusto Rodriguez edited Galician subtitles for Sugar: Hiding in plain sight

Galician subtitles

Revisions