0:00:08.180,0:00:11.112 O azucre está a xogar [br]ás escondidas contigo. 0:00:11.112,0:00:13.417 Poderías pensar que é doado gañarlle, 0:00:13.417,0:00:14.833 tendo en conta o azucre 0:00:14.833,0:00:19.607 que hai en refrescos, xeados, [br]doces e nas bolsas de azucre. 0:00:19.647,0:00:21.843 A metade do azucre engadido que consumimos 0:00:21.843,0:00:23.329 vén desas bebidas e lambetadas. 0:00:23.329,0:00:24.833 Así, parecería que o azucre 0:00:24.863,0:00:25.973 se agacha ben á vista 0:00:26.443,0:00:28.849 Pero como nun programa[br]de protección de testemuñas, 0:00:28.849,0:00:32.559 a outra metade ocúltase en lugares [br]moito menos sospeitosos. 0:00:32.739,0:00:34.970 Mira os ingredientes [br]do ketchup, da mortadela, 0:00:34.970,0:00:38.067 da salsa de espaguetes, o leite de soia, [br]as bebidas deportivas, 0:00:38.067,0:00:40.356 os paus de peixe [br]e a manteiga de cacahuete. 0:00:40.356,0:00:43.115 Atoparás azucre oculto[br]na maioría deses produtos. 0:00:43.115,0:00:45.016 De feito, atoparás azucres engadidos 0:00:45.016,0:00:48.030 nas tres cuartas partes [br]dos máis de 600 000 artigos 0:00:48.030,0:00:50.284 dispoñibles nos supermercados. 0:00:50.284,0:00:51.784 Pero, como se agocha o azucre? 0:00:51.804,0:00:54.131 Non abonda con mirar [br]as etiquetas dos alimentos? 0:00:54.131,0:00:55.700 Non é tan doado. 0:00:55.700,0:00:57.301 Igual que o teu amigo Robert, 0:00:57.301,0:01:00.512 pode ser coñecido como[br]Bob, Robby, Rob, Bobby ou Roberto, 0:01:00.512,0:01:02.966 o azucre engadido ten moitos alcumes. 0:01:02.966,0:01:05.802 E moitos non son 5 ou 6, 0:01:05.822,0:01:06.775 son 56. 0:01:06.775,0:01:09.975 Está o xarope de arroz integral, [br]a cebada malteada, 0:01:09.975,0:01:12.797 o azucre moreno, o azucre [br]da Florida, o mascavado, 0:01:12.797,0:01:15.396 e, por suposto, o xarope [br]de millo de alta frutosa, 0:01:15.396,0:01:19.399 tamén coñecido como azucre de millo. 0:01:19.399,0:01:23.107 Incluso os alcumes enganosos [br]do azucre teñen alcumes. 0:01:23.107,0:01:26.051 O concentrado de uva ou de mazá[br]ten os mesmos efectos no corpo 0:01:26.051,0:01:27.911 que os seus 55 xemelgos azucrados. 0:01:27.911,0:01:31.120 E aínda que “zume de cana orgánico [br]evaporado” soa saudable, 0:01:31.120,0:01:32.595 ao evaporalo... 0:01:32.595,0:01:34.045 quédache azucre! 0:01:34.045,0:01:36.337 Qumicamente falando, é todo o mesmo. 0:01:36.337,0:01:37.652 E máis trampulleiro aínda: 0:01:37.652,0:01:39.656 cando múltiples tipos de azucres engadidos 0:01:39.656,0:01:41.166 se usan nun só tipo de produto, 0:01:41.166,0:01:43.947 quedan soterrados [br]nunha longa lista de ingredientes, 0:01:43.947,0:01:46.470 polo que o contido de azucre [br]pode parecer adecuado, 0:01:46.470,0:01:47.925 pero se os xuntamos todos, 0:01:47.925,0:01:50.685 o azucre pode ser[br]o maior ingrediente individual. 0:01:51.015,0:01:53.430 Por agora, a Administración [br]dos EE. UU. non suxire 0:01:53.430,0:01:55.329 un tope diario recomendado de azucre, 0:01:55.329,0:01:58.228 por iso é difícil saber [br]se os 65 gramos deste refresco 0:01:58.228,0:02:00.398 son pouco ou moito. 0:02:00.398,0:02:02.677 Pero a Organización Mundial [br]da Saúde recomenda 0:02:02.677,0:02:05.981 limitar o azucre a só o 5 %[br]das calorías totais, 0:02:05.981,0:02:08.145 uns 25 gramos por día. 0:02:08.145,0:02:12.121 65 gramos é moito máis [br]do dobre desa cantidade. 0:02:12.121,0:02:14.204 Pero, que é o azucre? 0:02:14.204,0:02:17.907 Cal é a diferenza [br]entre a glicosa e a frutosa? 0:02:17.907,0:02:19.730 Ben, os dous son hidratos de carbono 0:02:19.730,0:02:21.297 coa mesma composición química 0:02:21.297,0:02:23.647 de carbono, hidróxeno e osíxeno. 0:02:23.647,0:02:25.644 Pero teñen estruturas moi diferentes 0:02:25.644,0:02:28.258 e compórtanse de maneira moi distinta[br]nos nosos corpos. 0:02:28.258,0:02:30.681 A glicosa é a mellor fonte de enerxía 0:02:30.681,0:02:33.155 para case todos os organismos da Terra. 0:02:33.155,0:02:36.018 Pode ser metabolizada [br]por todos os órganos do corpo. 0:02:36.018,0:02:38.103 A frutosa, pola súa banda, 0:02:38.103,0:02:40.815 metabolízase principalmente no fígado, 0:02:40.815,0:02:42.775 e cando o fígado se sobrecarga 0:02:42.775,0:02:44.422 con frutosa moi moi doce, 0:02:44.422,0:02:47.562 metaboliza o exceso en graxa. 0:02:47.562,0:02:49.824 A froita fresca tamén ten frutosa, 0:02:49.824,0:02:51.479 pero é de orixe natural 0:02:51.479,0:02:52.910 e non provoca sobrecarga 0:02:52.910,0:02:55.702 porque a fibra da froita [br]fai máis lenta a súa absorción. 0:02:55.702,0:02:57.816 Isto dálle ao teu fígado [br]o tempo que precisa 0:02:57.816,0:02:59.421 para facer o seu traballo. 0:02:59.421,0:03:01.805 O azucre fai que as galletas sexan[br]boas de mastigar 0:03:01.805,0:03:03.506 e as lambetadas crocantes. 0:03:03.506,0:03:06.408 Mesmo lle dá á codia do pan [br]un fermoso ton dourado. 0:03:06.408,0:03:08.468 É tamén un gran conservante; 0:03:08.468,0:03:10.345 non se estraga nin se evapora, 0:03:10.345,0:03:11.870 e os alimentos aos que se engade 0:03:11.870,0:03:14.454 son doados de almacenar[br]e enviar a grandes distancias, 0:03:14.454,0:03:15.738 e adoitan ser máis baratos. 0:03:15.798,0:03:18.483 Por iso o azucre agóchase[br]por todos os lados. 0:03:18.483,0:03:21.333 En realidade, sería máis fácil [br]enumerar os alimentos 0:03:21.333,0:03:23.480 que non teñen agochado azucre engadido, 0:03:23.480,0:03:25.858 como vexetais, ovos, carnes, 0:03:25.858,0:03:29.963 peixe, froita, froitos secos, [br]incluso no lavalouza. 0:03:29.963,0:03:33.366 Elixir auga no canto de refrescos, [br]zumes ou bebidas deportivas 0:03:33.366,0:03:35.938 é unha gran forma de evitar [br]o azucre engadido oculto. 0:03:35.938,0:03:37.586 Polo menos, 0:03:37.586,0:03:39.219 trata de fixarte nas etiquetas 0:03:39.219,0:03:42.587 para manter o consumo [br]de azucre nun nivel saudable. 0:03:42.587,0:03:44.856 Porque neste xogo das agachadas, 0:03:44.856,0:03:46.980 cada vez que non atopas [br]o azucre engadido, 0:03:46.980,0:03:48.965 gañas!!