Return to Video

Why Shakespeare loved iambic pentameter - David T. Freeman and Gregory Taylor

  • 0:09 - 0:12
    Para alguén que non estea familiarizado
    coas obras de Shakespeare,
  • 0:12 - 0:15
    a linguaxe resultaralle rara.
  • 0:15 - 0:18
    Mais hai un segredo para apreciala.
  • 0:18 - 0:22
    Se ben famoso polas súas obras teatrais,
    Shakespeare foi principalmente un poeta.
  • 0:23 - 0:26
    Un dos elementos fundamentais da linguaxe
    de Shakespeare
  • 0:26 - 0:28
    é o seu uso do acento.
  • 0:28 - 0:31
    Non o tipo de acento no que
    estás a pensar,
  • 0:31 - 0:34
    senón a forma na que enfatizamos
    certas sílabas dentro dunha palabra.
  • 0:34 - 0:38
    Estamos tan acostumados a facelo que case
    non o percibimos nun primeiro momento.
  • 0:38 - 0:42
    Porén, se pronuncias unha palabra despacio
    poderalo identificar con facilidade.
  • 0:42 - 0:47
    Dramaturgo, ordenador, teléfono.
  • 0:48 - 0:51
    Os poetas teñen estes acentos
    moi presentes,
  • 0:51 - 0:53
    e a miúdo experimentan coa cantidade
  • 0:53 - 0:56
    e a orde das sílabas átonas e tónicas,
  • 0:56 - 1:00
    combinándoas de xeitos distintos
    para crearen o ritmo dos seus poemas.
  • 1:00 - 1:02
    Así como os compositores,
  • 1:02 - 1:06
    os poetas adoitan expresar as súas ideas
    a través da repetición destes ritmos
  • 1:06 - 1:09
    ou métrica poética.
  • 1:09 - 1:10
    Así coma a música,
  • 1:10 - 1:14
    a poesía ten o seu propio conxunto
    de termos para describir isto.
  • 1:14 - 1:16
    Nun verso,
  • 1:16 - 1:19
    un pé é un número determinado de
    sílabas átonas e tónicas
  • 1:19 - 1:21
    que forman unha unidade distintiva.
  • 1:21 - 1:26
    Asimesmo, unha unidade de medida musical
    é o número de pulsacións.
  • 1:26 - 1:30
    Un verso componse a miúdo de varios pés.
  • 1:30 - 1:34
    Por exemplo, un dáctilo é un pé métrico formado
    por tres sílabas,
  • 1:34 - 1:38
    a primeira tónica e a segunda
    e a terceira átonas.
  • 1:38 - 1:41
    Os pés dáctilos poden dar lugar a versos
    máis fluídos e de maior forza
  • 1:41 - 1:45
    como, por exemplo, no poema
    ''The Lost Leader'' de Robert Browning.
  • 1:45 - 1:52
    "Just for a handful of silver he left us.
    Just for a rib and to stick in his coat."
  • 1:52 - 1:54
    Outro tipo de pé é o trocaico,
    composto por dúas sílabas:
  • 1:54 - 1:58
    unha tónica seguida dunha átona.
  • 1:58 - 2:00
    O pé trocaico nestas liñas do ''Macbeth''
    de Shakespeare
  • 2:00 - 2:04
    outórganlle un ton ominoso e terrorífico
    ao canto das bruxas.
  • 2:04 - 2:11
    "Double, double, toil and trouble;
    fire burn and cauldron bubble."
  • 2:11 - 2:14
    Porén, na poesía de Shakespeare
    predomina o pé iámbico.
  • 2:14 - 2:17
    Este pé de dúas sílabas é unha especie de
    troqueo invertido.
  • 2:17 - 2:20
    Polo tanto, a primeira sílaba é átona
    e a segunda tónica, como en, por exemplo,
  • 2:20 - 2:24
    ''To be, or not to be''.
  • 2:24 - 2:28
    Concretamente, o metro favorito de
    Shakespeare era o pentámetro iámbico,
  • 2:28 - 2:32
    formado por cinco iambos de dúas sílabas,
  • 2:32 - 2:35
    facendo un total de dez sílabas por verso.
  • 2:35 - 2:38
    Emprégase nalgúns dos versos máis
    famosos de Shakespeare:
  • 2:38 - 2:43
    ''Shall I compare thee
    to a summer's day?''
  • 2:43 - 2:47
    ''Arise fair sun,
    and kill the envious moon''
  • 2:47 - 2:51
    Fíxate como os iambos sobrepasan
    a puntuación e a separación das palabras
  • 2:51 - 2:56
    A métrica céntrase no son,
    e non na escrita.
  • 2:56 - 2:58
    O pentámetro iámbico pode parecer técnico,
  • 2:58 - 3:01
    pero hai unha forma fácil de recordar
    o que significa.
  • 3:01 - 3:06
    A palabra ''iamb'' é pronunciada en inglés
    como ''I am'' (eu son)
  • 3:06 - 3:08
    Agora vexamos isto nunha oración
  • 3:08 - 3:11
    escrita en pentámetro iámbico.
  • 3:11 - 3:15
    "Eu son un pirata cunha pata de pau"
  • 3:15 - 3:18
    O pirata só pode camiñar en iambos,
  • 3:18 - 3:21
    a viva imaxe do pé
    favorito de Shakespeare.
  • 3:21 - 3:24
    O pentámetro iámbico
    créase cando el dá dez pasos.
  • 3:24 - 3:28
    O noso amigo pirata mesmo podenos axudar
    a lembrar como marcalo correctamente
  • 3:28 - 3:32
    se imaxinamos as pegadas que deixa
    ao camiñar por unha praia deserta:
  • 3:32 - 3:38
    unha curva para as sílabas átonas
    é unha pegada para as tónicas.
  • 3:38 - 3:42
    ''If music be the food of love
    play on''
  • 3:42 - 3:45
    Por suposto, a maioría
    das pezas de Shakespeare
  • 3:45 - 3:47
    están escritas en prosa.
  • 3:47 - 3:48
    Mais se les con atención,
  • 3:48 - 3:51
    notarás que os personaxes de
    Shakespeare empregan a poesía,
  • 3:51 - 3:53
    particularmente o pentámetro iámbico,
  • 3:53 - 3:58
    polas mesmas razóns polas que
    usamos a poesía nas nosas vidas:
  • 3:58 - 4:03
    para expresar a paixón,
    a introspección, ou o transcendental.
  • 4:03 - 4:07
    Ben sexa cando Hamlet reflexiona
    sobre a súa existencia,
  • 4:07 - 4:09
    ou cando Romeo profesa o seu amor,
  • 4:09 - 4:13
    os personaxes recorren ao pentámetro
    iámbico para falaren das súas emocións
  • 4:13 - 4:15
    e o seu lugar no mundo.
  • 4:15 - 4:18
    O que dá lugar a unha última pregunta:
  • 4:18 - 4:22
    Por que Shakespeare escolleu
    o pentámetro iámbico para estes momentos,
  • 4:22 - 4:27
    no canto do hexámetro trocaico
    ou o hexámetro dactílico?
  • 4:27 - 4:30
    Dise que o pentámetro iámbico era
    fácil de memorizar para os actores
  • 4:30 - 4:32
    e para o público de comprender
  • 4:32 - 4:36
    porque se adapta de maneira natural
    ao inglés.
  • 4:36 - 4:38
    Pero é posible que haxa outra razón.
  • 4:38 - 4:41
    Cando estés nunha situación moi emocional,
  • 4:41 - 4:44
    coma as que fan que os personaxes de
    Shakespeare cambien de súpeto a verso,
  • 4:44 - 4:48
    pon a man sobre o lado esquerdo
    do teu peito.
  • 4:48 - 4:49
    Qué sentes?
  • 4:49 - 4:52
    Ese é o teu corazón latindo en iambos.
  • 4:52 - 4:55
    pum-PUM, pum-PUM,
    pum-PUM, pum-PUM, pum-PUM
  • 4:58 - 5:02
    Os versos máis poéticos de Shakespeare
    non só falan sobre cousas do corazón,
  • 5:02 - 5:06
    senón que tamén seguen o seu ritmo.
Title:
Why Shakespeare loved iambic pentameter - David T. Freeman and Gregory Taylor
Description:

more » « less
Video Language:
English
Team:
closed TED
Project:
TED-Ed
Duration:
05:22

Galician subtitles

Revisions