Return to Video

7 principios para construír cidades mellores

  • 0:01 - 0:03
    Vou incrementar a complexidade
  • 0:03 - 0:05
    da situación en que nos atopamos.
  • 0:05 - 0:09
    Ao tempo que procuramos solucións
    ao cambio climático,
  • 0:10 - 0:13
    imos construír cidades
    para tres mil millóns de persoas.
  • 0:15 - 0:17
    É dicir, imos duplicar o contorno urbano.
  • 0:18 - 0:20
    Se non o facemos ben,
  • 0:20 - 0:24
    non sei se tódalas solucións climáticas
    do mundo salvarán a humanidade,
  • 0:25 - 0:29
    porque moito depende de como
    configuremos as nosas cidades:
  • 0:29 - 0:30
    non só os impactos ambientais,
  • 0:30 - 0:32
    senón tamén o noso benestar social,
  • 0:33 - 0:35
    a nosa vitalidade económica,
  • 0:35 - 0:38
    o noso sentido
    de comunidade e vinculación.
  • 0:38 - 0:41
    En esencia, o modo en que configuramos
    as cidades é unha manifestación
  • 0:41 - 0:44
    do tipo de humanidade que profesamos.
  • 0:44 - 0:47
    Así que penso que facelo ben
  • 0:47 - 0:49
    está na orde do día.
  • 0:49 - 0:52
    E ata certo punto, facelo ben pode
    axudarnos a resolver o cambio climático,
  • 0:52 - 0:54
    porque en última instancia
  • 0:54 - 0:57
    é a nosa conduta a que parece
    estar aumentando o problema.
  • 0:57 - 0:59
    Non se trata dun problema sen causas
  • 0:59 - 1:03
    e non son só ExxonMobil e
    as compañías petrolíferas.
  • 1:03 - 1:05
    Somos nós, é o xeito en que vivimos.
  • 1:06 - 1:08
    O xeito en que vivimos.
  • 1:08 - 1:10
    Hai un vilán nesta historia.
  • 1:10 - 1:13
    Chámase dispersión urbana
    e vou falar dela sen rodeos.
  • 1:13 - 1:17
    Pero non é o tipo de dispersión
    que pensades ou que moitos pensan,
  • 1:17 - 1:19
    ese desenvolvemento de baixa densidade
  • 1:19 - 1:21
    que se produce na periferia
    da área metropolitana.
  • 1:22 - 1:27
    De feito, a dispersión pode ocorrer
    en calquera lugar e grao de densidade.
  • 1:27 - 1:30
    O atributo clave é que illa a xente.
  • 1:31 - 1:35
    Segrega as persoas en enclaves económicos
  • 1:35 - 1:37
    e enclaves de explotación do solo.
  • 1:37 - 1:38
    Sepáraas da natureza.
  • 1:39 - 1:42
    Impide o intercambio fecundo,
  • 1:42 - 1:43
    a interacción,
  • 1:43 - 1:46
    que fai das cidades grandes lugares
  • 1:46 - 1:48
    e fai que a sociedade prospere.
  • 1:48 - 1:53
    Así que no que temos que pensar
    é no antídoto contra a dispersión,
  • 1:53 - 1:58
    sobre todo cando estamos poñendo en marcha
    este inmenso proxecto de construción.
  • 1:58 - 2:01
    Vouvos explicar un exercicio que fixemos.
  • 2:01 - 2:04
    Desenvolvemos este modelo
    para o estado de California
  • 2:04 - 2:07
    para que puidesen seguir reducindo
    as emisións de carbono.
  • 2:08 - 2:13
    Formulamos distintas hipóteses sobre
    como podería crecer o estado
  • 2:14 - 2:17
    e esta é só unha moi simplificada.
  • 2:17 - 2:20
    Combinamos distintos prototipos
    de desenvolvemento
  • 2:20 - 2:23
    e dixemos que nos servirían
    ata o ano 2050,
  • 2:23 - 2:28
    con 10 millóns máis de tripulantes
    no noso estado de California
  • 2:28 - 2:30
    Un deles era a dispersión.
  • 2:30 - 2:33
    É simplemente máis do mesmo:
    centros comerciais, parcelas,
  • 2:34 - 2:35
    parques empresariais.
  • 2:35 - 2:38
    No outro predominaba o feito de que
    non todos marchaban para a cidade,
  • 2:38 - 2:40
    o desenvolvemento era máis compacto,
  • 2:40 - 2:43
    iso que chamabamos periferia de tranvía,
  • 2:43 - 2:44
    barrios que invitan a camiñar,
  • 2:44 - 2:48
    contornos con edificios de pouca altura,
    integrados e de usos mixtos.
  • 2:49 - 2:51
    E os resultados son impresionantes.
  • 2:51 - 2:55
    Son impresionantes non só
    pola escala da diferenza
  • 2:55 - 2:59
    que supón este cambio
    no noso hábito de construír cidades
  • 2:59 - 3:04
    senón tamén porque cada un representa
    un grupo de interés especial,
  • 3:04 - 3:09
    un grupo que adoitaba defender
    os seus intereses
  • 3:09 - 3:10
    cada un por separado.
  • 3:10 - 3:15
    Non eran quen de ver o que eu chamo
    os "co-beneficios" da forma urbana
  • 3:15 - 3:17
    que lles permiten xuntarse con outros.
  • 3:17 - 3:19
    Por exemplo, o consumo de terras:
  • 3:19 - 3:22
    os ecoloxistas están moi preocupados
    por isto,
  • 3:22 - 3:23
    tamén os agricultores;
  • 3:24 - 3:26
    hai toda unha serie de persoas,
  • 3:26 - 3:29
    e, por suposto, grupos de veciños,
    que queren espazos abertos preto.
  • 3:30 - 3:32
    A versión dispersa de California
  • 3:32 - 3:36
    case duplica o alcance físico
    da pegada urbana.
  • 3:36 - 3:39
    Enorme aforro en gases
    de efecto invernadoiro,
  • 3:39 - 3:43
    dado que en California a nosa maior
    emisión de carbono provén dos coches,
  • 3:44 - 3:47
    e as cidades, que non dependen tanto
    do coche,
  • 3:48 - 3:51
    obviamente xeran un aforro enorme.
  • 3:52 - 3:55
    Quilómetros percorridos, diso é
    do que estou a falar.
  • 3:55 - 4:00
    Simplemente reducindo unha media
    de 16.000 kms por familia e ano,
  • 4:00 - 4:05
    desde ao redor dos 40.000 por familia,
  • 4:05 - 4:10
    ten un impacto enorme non só
    na calidade do aire e no carbono
  • 4:10 - 4:12
    senón tamén na economía das familias.
  • 4:13 - 4:16
    Resulta moi caro conducir tanto,
  • 4:16 - 4:17
    e, como vimos,
  • 4:17 - 4:20
    a clase media está a pasar apuros.
  • 4:20 - 4:24
    Sanidade: falabamos de amañar
    o que estragamos,
  • 4:24 - 4:25
    de limpar o aire.
  • 4:26 - 4:28
    Por que non deixar simplemente
    de contaminar?
  • 4:28 - 4:31
    Por que non usar máis os pés
    e a biblicleta?
  • 4:31 - 4:34
    E esa é unha das funcións das cidades
    que construímos.
  • 4:35 - 4:37
    Gasto doméstico:
  • 4:37 - 4:40
    O ano 2008 foi un punto de inflexión.
  • 4:40 - 4:43
    Non só porque a industria financeira
    perdese o control.
  • 4:44 - 4:48
    Foi que tratabamos de vender demasiadas
    vivendas do tipo erróneo:
  • 4:48 - 4:51
    grandes parcelas, unifamiliares,
    distantes,
  • 4:51 - 4:56
    demasiado caras
    para a típica familia de clase media
  • 4:56 - 4:59
    e, con franqueza, agora pouco axeitadas
    para o seu estilo de vida.
  • 4:59 - 5:01
    Pero para darlle saída ás existencias,
  • 5:01 - 5:04
    podes descontar no financiamento
    para lograr vender.
  • 5:04 - 5:07
    Penso que iso foi en boa medida
    o que pasou.
  • 5:07 - 5:09
    Reducir os gastos nuns 10.000 dólares
  • 5:09 - 5:12
    --lembrade que en California a mediana
    está en 50.000 --
  • 5:12 - 5:14
    este é un compoñente importante.
  • 5:14 - 5:16
    Iso é só os coches e as facturas
    dos servizos.
  • 5:17 - 5:21
    Os defensores da vivenda económica,
    que a miúdo actúan pola súa conta,
  • 5:21 - 5:25
    á marxe de ecoloxistas e de políticos,
  • 5:25 - 5:27
    todos loitando uns contra os outros,
  • 5:27 - 5:29
    comezan a ver agora unha causa común,
  • 5:29 - 5:33
    e penso que esa causa común é
    o que vai supoñer un verdadeiro cambio.
  • 5:34 - 5:37
    Como resultado destes esforzos,
  • 5:37 - 5:40
    Los Angeles decidiu transformarse
  • 5:40 - 5:43
    nun medio máis orientado
    cara ao transporte público.
  • 5:43 - 5:45
    De feito, desde 2008,
  • 5:45 - 5:49
    aprobaron 400 mil millóns de dólares
    en bonos para financiar o transporte
  • 5:49 - 5:52
    e cero dólares para novas autoestradas.
  • 5:52 - 5:53
    Que transformación:
  • 5:53 - 5:56
    LA convértese nunha cidade para camiñar
    e usar o transporte público,
  • 5:56 - 5:58
    e non para os coches.
  • 5:58 - 5:59
    (Aplausos)
  • 5:59 - 6:00
    Como é isto posible?
  • 6:00 - 6:02
    Colles a zona menos útil,
  • 6:02 - 6:04
    onde hai espazo, engades
    transporte público,
  • 6:04 - 6:08
    e incorporas urbanización de usos mixtos,
  • 6:08 - 6:10
    satisfás as demandas de vivenda
  • 6:11 - 6:13
    e fas os barrios existentes no contorno
  • 6:13 - 6:14
    máis complexos,
  • 6:14 - 6:17
    máis interesantes e máis aptos
    para percorrer camiñando.
  • 6:17 - 6:19
    Este é outro tipo de dispersión:
  • 6:20 - 6:23
    China, dispersión de alta densidade,
    que é unha especie de oxímoro,
  • 6:23 - 6:26
    pero cos mesmos problemas,
    todo illado en superbloques,
  • 6:27 - 6:30
    e por suposto ese incrible smog
    do que vimos de falar.
  • 6:30 - 6:33
    O 12% do PIB de China
    gástase hoxe
  • 6:33 - 6:35
    nos efectos diso sobre a saúde.
  • 6:36 - 6:39
    As cidades chinesas, por suposto,
    teñen unha historia consolidada.
  • 6:39 - 6:40
    Como a de calquera outro sitio.
  • 6:40 - 6:43
    A comunidade formábase a partir de
    pequenas tendas locais
  • 6:43 - 6:47
    e servizos locais, desprazamentos a pé
    e interacción cos veciños.
  • 6:48 - 6:50
    Se cadra soa utópico, pero non o é.
  • 6:50 - 6:51
    É o que a xente quere de verdade.
  • 6:52 - 6:53
    Os novos superbloques
  • 6:53 - 6:57
    --bloques dunhas 5.000 unidades--
  • 6:57 - 7:00
    son pechados, porque
    ninguén coñece a ninguén.
  • 7:01 - 7:05
    E por suposto non hai sequera beirarrúa
    nin tendas nos baixos --
  • 7:05 - 7:06
    un medio moi estéril.
  • 7:08 - 7:12
    Atopeime cun caso nun destes superbloques
  • 7:12 - 7:15
    en que os veciños puxeran tendas ilegais
    nos garaxes
  • 7:15 - 7:18
    para poder dispor desa economía
    de servizos local.
  • 7:19 - 7:23
    O desexo da xente
    de facer as cousas ben está aí.
  • 7:23 - 7:26
    Só temos que facer que os planificadores
    e os políticos se sumen.
  • 7:27 - 7:31
    Ben, agora algunhas cuestións técnicas
    de planificación.
  • 7:31 - 7:34
    Chongqing é unha cidade
    de 30 millóns de habitantes.
  • 7:34 - 7:36
    É case tan grande coma California.
  • 7:36 - 7:38
    Esta é unha pequena zona de expansión.
  • 7:38 - 7:42
    Querían que probásemos
    a alternativa á dispersión
  • 7:42 - 7:45
    en varias cidades de China.
  • 7:45 - 7:48
    Isto é para catro millóns e medio
    de persoas.
  • 7:48 - 7:50
    Cada un deses círculos
    que vemos nesta imaxe
  • 7:50 - 7:53
    é a zona abarcable andando nun radio
  • 7:53 - 7:55
    arredor dunha estación
    de transporte público.
  • 7:55 - 7:58
    Un enorme investimento en metro
    e unha rede rápida de autobuses,
  • 7:59 - 8:01
    e unha estrutura que permite
  • 8:01 - 8:04
    que todos poidan ir á parada a pé
    desde o seu traballo.
  • 8:04 - 8:06
    Esta é unha ampliación da zona vermella.
  • 8:06 - 8:09
    De repente, os nosos principios
    esixían espazos verdes
  • 8:09 - 8:13
    que conservasen os elementos
    ecolóxicos importantes.
  • 8:13 - 8:17
    E por esoutras rúas que se ven aí
    non poden circular coches.
  • 8:18 - 8:21
    Así que no canto de meter a escavadora
    e achaiar o espazo
  • 8:21 - 8:23
    e construír ata a beira do río,
  • 8:23 - 8:27
    esta banda verde non estaba
    nas normas en China
  • 8:27 - 8:30
    ata que esta serie de prácticas
  • 8:30 - 8:33
    comezaron a probarse alí.
  • 8:33 - 8:35
    Unha trama urbana de bloques pequenos,
  • 8:35 - 8:38
    se cadra dunhas 500 familias cada un.
  • 8:38 - 8:39
    Coñécense todos.
  • 8:39 - 8:41
    No perímetro da rúa hai tendas
  • 8:41 - 8:43
    e, polo tanto, destinos locais.
  • 8:43 - 8:46
    E as propias rúas son máis pequenas,
  • 8:46 - 8:47
    porque hai máis.
  • 8:47 - 8:49
    Un deseño urbano
  • 8:49 - 8:51
    moi simple e claro.
  • 8:51 - 8:55
    Isto que vedes aquí encántame.
  • 8:55 - 8:56
    Pensade na lóxica disto.
  • 8:56 - 8:58
    Se só un terzo das persoas teñen coche,
  • 8:59 - 9:02
    por que lles cedemos o 100%
    da rúa aos coches?
  • 9:03 - 9:06
    E se nos libramos do 70% dos coches,
  • 9:06 - 9:08
    para todos os demais,
  • 9:08 - 9:11
    facilitándolles o movemento
  • 9:11 - 9:12
    aos que van a pé ou en bicicleta?
  • 9:13 - 9:14
    Por que non incorporamos...
  • 9:14 - 9:16
    (Aplausos)
  • 9:16 - 9:18
    a equidade xeográfica
  • 9:18 - 9:20
    ao noso sistema de circulación?
  • 9:21 - 9:24
    Con franqueza, as cidades
    funcionarían mellor.
  • 9:24 - 9:26
    Fagan o que fagan,
  • 9:26 - 9:29
    á marxe das circunvalacións
    que constrúan ao redor de Pekín,
  • 9:29 - 9:31
    non poden evitar a paralización
    total do tráfico.
  • 9:31 - 9:35
    Esta é unha rúa sen coches,
    coas beiras para usos mixtos
  • 9:35 - 9:38
    e a zona central para transporte público.
  • 9:38 - 9:41
    Ese transporte podería ser
    con vehículos sen condutor,
  • 9:41 - 9:43
    pero se cadra terei ocasión
    de falar diso máis tarde.
  • 9:44 - 9:47
    Hai sete principios que veñen de adoptar
  • 9:47 - 9:50
    as máis altas instancias
    do goberno chinés,
  • 9:50 - 9:52
    e van xa camiño de poñelos en práctica.
  • 9:52 - 9:54
    Trátase de principios sinxelos
  • 9:54 - 9:56
    e, na miña opinión, universais.
  • 9:56 - 9:59
    O primeiro é conservar
    o medio natural, a historia
  • 9:59 - 10:01
    e a agricultura indispensable.
  • 10:02 - 10:04
    O segundo é mesturar.
  • 10:04 - 10:06
    O uso mixto é moi popular
    pero ao dicir mixto eu refírome
  • 10:06 - 10:09
    a rendas mixtas, idades mixtas,
  • 10:09 - 10:11
    ademais do uso mixto do terreo.
  • 10:12 - 10:13
    Camiñar.
  • 10:13 - 10:16
    Non é unha gran cidade
    se non desfrutamos camiñando por ela.
  • 10:16 - 10:18
    Se non é así, non imos.
  • 10:18 - 10:20
    Imos de vacacións a sitios
    onde se pode camiñar.
  • 10:20 - 10:22
    Por que non facelo en todas partes?
  • 10:23 - 10:26
    A bicicleta é o medio de transporte
    máis eficiente que coñecemos.
  • 10:26 - 10:30
    China vén de adoptar medidas
    para que todas as rúas dispoñan
  • 10:30 - 10:32
    de seis metros de carril bici.
  • 10:32 - 10:36
    Toman moi en serio o de recuperar
    a súa historia de uso da bicicleta.
  • 10:36 - 10:37
    (Aplausos)
  • 10:37 - 10:39
    Un aspecto complicado da planificación:
  • 10:39 - 10:40
    Conectar.
  • 10:41 - 10:44
    Velaquí un plano urbano
    que permite múltiples rutas
  • 10:44 - 10:46
    no canto de rutas únicas
  • 10:46 - 10:50
    e ofrece distintos tipos de rúas.
  • 10:51 - 10:52
    Transporte.
  • 10:52 - 10:54
    Temos que investir máis
    en transporte público.
  • 10:54 - 10:56
    Nisto non hai bala de prata.
  • 10:56 - 10:59
    Os vehículos sen condutor
    non van resolver isto por nós.
  • 10:59 - 11:05
    De feito, van xerar máis tráfico,
    máis quilómetros percorridos,
  • 11:05 - 11:06
    cá alternativa.
  • 11:06 - 11:07
    E finalmente, priorizar.
  • 11:07 - 11:11
    Temos a cidade xerarquizada
    en función do transporte público
  • 11:11 - 11:14
    no canto da antiga armazón de autovías.
  • 11:15 - 11:17
    Supón un gran cambio de paradigma,
  • 11:17 - 11:20
    pero é necesario reconectar
    esas dúas cousas
  • 11:20 - 11:24
    de xeitos que dean forma
    á estrutura da cidade.
  • 11:25 - 11:28
    Son moi optimista.
  • 11:28 - 11:32
    En California, Estados Unidos, China,
    estes cambios teñen boa acollida.
  • 11:32 - 11:35
    Son optimista por dous motivos.
  • 11:35 - 11:37
    Un é que a maioría enténdeo.
  • 11:37 - 11:39
    Comprenden de forma intrínseca
  • 11:39 - 11:42
    como pode e debe ser unha gran cidade.
  • 11:42 - 11:46
    O segundo é que a clase de análise
    que podemos levar a cabo agora
  • 11:47 - 11:49
    permítelle á xente unir os puntos,
  • 11:50 - 11:53
    permítelle configurar coalicións políticas
  • 11:53 - 11:54
    que non existían antes.
  • 11:55 - 11:58
    E iso permítelle crear a clase
    de comunidades que todos necesitamos.
  • 11:58 - 12:00
    Grazas.
  • 12:00 - 12:03
    (Aplausos)
  • 12:08 - 12:11
    Chris Anderson: De acordo entón,
    coches autónomos, sen condutor.
  • 12:11 - 12:15
    A moitos dos que están aquí entusiásmanos.
  • 12:15 - 12:18
    Que te preocupa deles
    ou que problemas lles ves?
  • 12:18 - 12:22
    Peter Calthorpe: Penso que hai
    excesivo alboroto con este tema
  • 12:22 - 12:25
    En primeiro lugar, moitos din
    que nos imos librar de moitos coches.
  • 12:25 - 12:28
    O que non din é que van aumentar moito
    os quilómetros percorridos.
  • 12:29 - 12:31
    Imos ter moitos máis coches polas rúas.
  • 12:31 - 12:33
    Haberá máis atascos.
  • 12:33 - 12:35
    CA: É que son moi interesantes...
  • 12:35 - 12:37
    podes conducir mentres les ou dormes.
  • 12:37 - 12:39
    PC: Ben, hai un par de razóns.
  • 12:39 - 12:43
    Unha é que se son privados,
    percorreranse maiores distancias.
  • 12:43 - 12:45
    Darán nova forza á dispersión urbana.
  • 12:45 - 12:47
    Se podes traballar de camiño ao traballo,
  • 12:47 - 12:49
    podes vivir en lugares máis apartados.
  • 12:49 - 12:51
    Revitalizará a dispersión
  • 12:52 - 12:54
    dun xeito que me aterra.
  • 12:54 - 12:56
    Por exemplo, os taxis.
  • 12:56 - 13:00
    Máis da metade das enquisas din
    que a xente non quere compartilos.
  • 13:00 - 13:01
    Se non os comparten,
  • 13:01 - 13:06
    podemos chegar a un incremento do 90%
    en quilómetros percorridos.
  • 13:07 - 13:08
    Mesmo se os comparten,
  • 13:08 - 13:11
    aínda así andaremos polo 30%
    de incremento.
  • 13:11 - 13:14
    CA: Con compartilos refíreste
    a moitos usuarios á vez
  • 13:14 - 13:16
    en sistemas intelixentes
    de viaxes compartidas?
  • 13:16 - 13:19
    PC: Si, polo estilo de Uber
    pero sen volante.
  • 13:19 - 13:23
    A realidade é a eficiencia
    enerxética dos vehículos,
  • 13:23 - 13:25
    independentemente de se teñen
    volante ou non.
  • 13:25 - 13:28
    Afirman que van ser os únicos
    cun consumo eléctrico eficiente,
  • 13:28 - 13:29
    pero non é certo.
  • 13:30 - 13:33
    O realmente importante é que
    a pé, na bici ou no transporte público
  • 13:34 - 13:37
    é como prosperan as cidades
    e as comunidades.
  • 13:37 - 13:40
    Pechar a xente en burbullas privadas,
  • 13:40 - 13:42
    con ou sen volante,
  • 13:42 - 13:44
    é a dirección equivocada.
  • 13:44 - 13:45
    E sinceramente,
  • 13:45 - 13:50
    a imaxe dun coche autónomo indo
    recoller un pedido ao McDonald's
  • 13:51 - 13:52
    sen o seu dono,
  • 13:52 - 13:56
    facendo esa clase de mandados arbitrarios,
  • 13:56 - 13:57
    resulta aterradora.
  • 13:57 - 14:00
    CA: Ben, grazas.
    Debo dicir que as imaxes que amosaches
  • 14:01 - 14:04
    desas rúas con zonas de usos mixtos
    foron moi inspiradoras e fermosas.
  • 14:04 - 14:06
    PC: Grazas.
    CA: Grazas polo teu traballo.
  • 14:06 - 14:08
    (Aplausos)
Title:
7 principios para construír cidades mellores
Speaker:
Peter Calthorpe
Description:

Máis da metade da poboación mundial vive xa en cidades, e calcúlase que para 2050 outros 2.500 millóns teranse mudado a áreas urbanas. O xeito en que construímos as novas cidades será a clave de moito do que nos importa, desde o cambio climático e a vitalidade económica ata o noso propio benestar e o noso sentido de conexión. Peter Calthorpe leva tempo traballando na planificación urbana do futuro e defendendo un deseño de comunidade que priorice a interacción humana. Nesta charla, preséntanos sete principios universais para resolver o problema da dispersión urbana e para construír cidades máis intelixentes e sostibles.

more » « less
Video Language:
English
Team:
closed TED
Project:
TEDTalks
Duration:
14:20

Galician subtitles

Revisions