WEBVTT 00:00:00.674 --> 00:00:02.656 Vou incrementar a complexidade 00:00:02.680 --> 00:00:05.014 da situación en que nos atopamos. 00:00:05.270 --> 00:00:09.242 Ao tempo que procuramos solucións ao cambio climático, 00:00:09.620 --> 00:00:13.291 imos construír cidades para tres mil millóns de persoas. 00:00:14.577 --> 00:00:17.185 É dicir, imos duplicar o contorno urbano. 00:00:17.907 --> 00:00:19.580 Se non o facemos ben, 00:00:19.604 --> 00:00:24.003 non sei se tódalas solucións climáticas do mundo salvarán a humanidade, 00:00:24.807 --> 00:00:28.582 porque moito depende de como configuremos as nosas cidades: 00:00:28.606 --> 00:00:30.436 non só os impactos ambientais, 00:00:30.456 --> 00:00:32.496 senón tamén o noso benestar social, 00:00:32.520 --> 00:00:34.802 a nosa vitalidade económica, 00:00:34.826 --> 00:00:37.625 o noso sentido de comunidade e vinculación. NOTE Paragraph 00:00:38.024 --> 00:00:41.325 En esencia, o modo en que configuramos as cidades é unha manifestación 00:00:41.349 --> 00:00:43.805 do tipo de humanidade que profesamos. 00:00:44.032 --> 00:00:47.142 Así que penso que facelo ben 00:00:47.166 --> 00:00:48.812 está na orde do día. 00:00:48.836 --> 00:00:52.464 E ata certo punto, facelo ben pode axudarnos a resolver o cambio climático, 00:00:52.488 --> 00:00:53.850 porque en última instancia 00:00:53.850 --> 00:00:56.796 é a nosa conduta a que parece estar aumentando o problema. 00:00:57.116 --> 00:00:58.994 Non se trata dun problema sen causas 00:00:59.018 --> 00:01:02.739 e non son só ExxonMobil e as compañías petrolíferas. 00:01:02.948 --> 00:01:04.661 Somos nós, é o xeito en que vivimos. 00:01:06.341 --> 00:01:07.560 O xeito en que vivimos. NOTE Paragraph 00:01:08.044 --> 00:01:09.609 Hai un vilán nesta historia. 00:01:09.633 --> 00:01:13.146 Chámase dispersión urbana e vou falar dela sen rodeos. 00:01:13.170 --> 00:01:16.955 Pero non é o tipo de dispersión que pensades ou que moitos pensan, 00:01:16.979 --> 00:01:18.829 ese desenvolvemento de baixa densidade 00:01:18.829 --> 00:01:21.281 que se produce na periferia da área metropolitana. 00:01:22.132 --> 00:01:26.652 De feito, a dispersión pode ocorrer en calquera lugar e grao de densidade. 00:01:27.340 --> 00:01:30.497 O atributo clave é que illa a xente. 00:01:31.054 --> 00:01:34.668 Segrega as persoas en enclaves económicos 00:01:34.668 --> 00:01:36.560 e enclaves de explotación do solo. 00:01:36.584 --> 00:01:38.405 Sepáraas da natureza. 00:01:38.704 --> 00:01:41.735 Impide o intercambio fecundo, 00:01:41.882 --> 00:01:43.146 a interacción, 00:01:43.170 --> 00:01:45.593 que fai das cidades grandes lugares 00:01:45.617 --> 00:01:47.863 e fai que a sociedade prospere. 00:01:48.389 --> 00:01:53.131 Así que no que temos que pensar é no antídoto contra a dispersión, 00:01:53.155 --> 00:01:57.514 sobre todo cando estamos poñendo en marcha este inmenso proxecto de construción. NOTE Paragraph 00:01:58.105 --> 00:02:00.590 Vouvos explicar un exercicio que fixemos. 00:02:00.614 --> 00:02:04.215 Desenvolvemos este modelo para o estado de California 00:02:04.215 --> 00:02:07.298 para que puidesen seguir reducindo as emisións de carbono. 00:02:08.046 --> 00:02:13.428 Formulamos distintas hipóteses sobre como podería crecer o estado 00:02:13.566 --> 00:02:16.554 e esta é só unha moi simplificada. 00:02:16.713 --> 00:02:19.509 Combinamos distintos prototipos de desenvolvemento 00:02:19.533 --> 00:02:23.344 e dixemos que nos servirían ata o ano 2050, 00:02:23.368 --> 00:02:27.963 con 10 millóns máis de tripulantes no noso estado de California 00:02:28.441 --> 00:02:29.943 Un deles era a dispersión. 00:02:29.967 --> 00:02:33.499 É simplemente máis do mesmo: centros comerciais, parcelas, 00:02:33.523 --> 00:02:34.707 parques empresariais. 00:02:34.731 --> 00:02:38.345 No outro predominaba o feito de que non todos marchaban para a cidade, 00:02:38.345 --> 00:02:40.228 o desenvolvemento era máis compacto, 00:02:40.252 --> 00:02:42.810 iso que chamabamos periferia de tranvía, 00:02:42.834 --> 00:02:44.333 barrios que invitan a camiñar, 00:02:44.333 --> 00:02:48.146 contornos con edificios de pouca altura, integrados e de usos mixtos. 00:02:48.969 --> 00:02:51.405 E os resultados son impresionantes. 00:02:51.429 --> 00:02:54.592 Son impresionantes non só pola escala da diferenza 00:02:54.616 --> 00:02:58.743 que supón este cambio no noso hábito de construír cidades 00:02:58.875 --> 00:03:03.589 senón tamén porque cada un representa un grupo de interés especial, 00:03:04.233 --> 00:03:08.622 un grupo que adoitaba defender os seus intereses 00:03:08.646 --> 00:03:09.811 cada un por separado. 00:03:09.835 --> 00:03:14.765 Non eran quen de ver o que eu chamo os "co-beneficios" da forma urbana 00:03:14.958 --> 00:03:17.433 que lles permiten xuntarse con outros. NOTE Paragraph 00:03:17.457 --> 00:03:19.045 Por exemplo, o consumo de terras: 00:03:19.069 --> 00:03:21.883 os ecoloxistas están moi preocupados por isto, 00:03:21.907 --> 00:03:23.092 tamén os agricultores; 00:03:23.696 --> 00:03:25.918 hai toda unha serie de persoas, 00:03:25.942 --> 00:03:29.329 e, por suposto, grupos de veciños, que queren espazos abertos preto. 00:03:29.861 --> 00:03:31.947 A versión dispersa de California 00:03:31.971 --> 00:03:35.597 case duplica o alcance físico da pegada urbana. NOTE Paragraph 00:03:36.429 --> 00:03:39.104 Enorme aforro en gases de efecto invernadoiro, 00:03:39.128 --> 00:03:43.458 dado que en California a nosa maior emisión de carbono provén dos coches, 00:03:43.967 --> 00:03:47.498 e as cidades, que non dependen tanto do coche, 00:03:47.691 --> 00:03:50.626 obviamente xeran un aforro enorme. NOTE Paragraph 00:03:51.601 --> 00:03:54.677 Quilómetros percorridos, diso é do que estou a falar. 00:03:54.701 --> 00:03:59.590 Simplemente reducindo unha media de 16.000 kms por familia e ano, 00:03:59.710 --> 00:04:04.870 desde ao redor dos 40.000 por familia, 00:04:05.064 --> 00:04:09.944 ten un impacto enorme non só na calidade do aire e no carbono 00:04:09.968 --> 00:04:12.359 senón tamén na economía das familias. 00:04:12.563 --> 00:04:15.556 Resulta moi caro conducir tanto, 00:04:15.580 --> 00:04:16.972 e, como vimos, 00:04:16.996 --> 00:04:19.511 a clase media está a pasar apuros. NOTE Paragraph 00:04:20.313 --> 00:04:24.298 Sanidade: falabamos de amañar o que estragamos, 00:04:24.322 --> 00:04:25.481 de limpar o aire. 00:04:25.505 --> 00:04:27.636 Por que non deixar simplemente de contaminar? 00:04:27.636 --> 00:04:30.948 Por que non usar máis os pés e a biblicleta? 00:04:30.972 --> 00:04:34.163 E esa é unha das funcións das cidades que construímos. NOTE Paragraph 00:04:35.314 --> 00:04:36.706 Gasto doméstico: 00:04:37.243 --> 00:04:39.541 O ano 2008 foi un punto de inflexión. 00:04:39.565 --> 00:04:42.913 Non só porque a industria financeira perdese o control. 00:04:43.643 --> 00:04:48.069 Foi que tratabamos de vender demasiadas vivendas do tipo erróneo: 00:04:48.326 --> 00:04:51.277 grandes parcelas, unifamiliares, distantes, 00:04:51.301 --> 00:04:55.502 demasiado caras para a típica familia de clase media 00:04:55.526 --> 00:04:58.910 e, con franqueza, agora pouco axeitadas para o seu estilo de vida. 00:04:59.152 --> 00:05:01.068 Pero para darlle saída ás existencias, 00:05:01.466 --> 00:05:04.476 podes descontar no financiamento para lograr vender. 00:05:04.476 --> 00:05:06.544 Penso que iso foi en boa medida o que pasou. 00:05:06.568 --> 00:05:09.234 Reducir os gastos nuns 10.000 dólares 00:05:09.258 --> 00:05:12.095 --lembrade que en California a mediana está en 50.000 -- 00:05:12.119 --> 00:05:13.764 este é un compoñente importante. 00:05:13.764 --> 00:05:16.336 Iso é só os coches e as facturas dos servizos. 00:05:16.677 --> 00:05:20.877 Os defensores da vivenda económica, que a miúdo actúan pola súa conta, 00:05:20.901 --> 00:05:25.014 á marxe de ecoloxistas e de políticos, 00:05:25.389 --> 00:05:27.367 todos loitando uns contra os outros, 00:05:27.391 --> 00:05:29.309 comezan a ver agora unha causa común, 00:05:29.333 --> 00:05:32.785 e penso que esa causa común é o que vai supoñer un verdadeiro cambio. NOTE Paragraph 00:05:33.837 --> 00:05:36.717 Como resultado destes esforzos, 00:05:36.741 --> 00:05:39.765 Los Angeles decidiu transformarse 00:05:39.789 --> 00:05:43.161 nun medio máis orientado cara ao transporte público. 00:05:43.185 --> 00:05:44.919 De feito, desde 2008, 00:05:44.943 --> 00:05:48.892 aprobaron 400 mil millóns de dólares en bonos para financiar o transporte 00:05:48.916 --> 00:05:51.535 e cero dólares para novas autoestradas. 00:05:51.789 --> 00:05:52.911 Que transformación: 00:05:52.911 --> 00:05:56.196 LA convértese nunha cidade para camiñar e usar o transporte público, 00:05:56.196 --> 00:05:57.575 e non para os coches. NOTE Paragraph 00:05:57.575 --> 00:05:58.506 (Aplausos) NOTE Paragraph 00:05:58.506 --> 00:05:59.620 Como é isto posible? 00:05:59.620 --> 00:06:01.755 Colles a zona menos útil, 00:06:01.755 --> 00:06:04.162 onde hai espazo, engades transporte público, 00:06:04.212 --> 00:06:08.289 e incorporas urbanización de usos mixtos, 00:06:08.313 --> 00:06:10.496 satisfás as demandas de vivenda 00:06:10.520 --> 00:06:12.511 e fas os barrios existentes no contorno 00:06:12.535 --> 00:06:14.000 máis complexos, 00:06:14.024 --> 00:06:16.693 máis interesantes e máis aptos para percorrer camiñando. NOTE Paragraph 00:06:17.440 --> 00:06:19.073 Este é outro tipo de dispersión: 00:06:19.787 --> 00:06:23.118 China, dispersión de alta densidade, que é unha especie de oxímoro, 00:06:23.319 --> 00:06:26.467 pero cos mesmos problemas, todo illado en superbloques, 00:06:26.777 --> 00:06:30.264 e por suposto ese incrible smog do que vimos de falar. 00:06:30.329 --> 00:06:33.352 O 12% do PIB de China gástase hoxe 00:06:33.352 --> 00:06:35.492 nos efectos diso sobre a saúde. 00:06:35.713 --> 00:06:38.822 As cidades chinesas, por suposto, teñen unha historia consolidada. 00:06:38.822 --> 00:06:40.344 Como a de calquera outro sitio. 00:06:40.368 --> 00:06:43.380 A comunidade formábase a partir de pequenas tendas locais 00:06:43.404 --> 00:06:47.309 e servizos locais, desprazamentos a pé e interacción cos veciños. 00:06:47.571 --> 00:06:49.695 Se cadra soa utópico, pero non o é. 00:06:49.719 --> 00:06:51.396 É o que a xente quere de verdade. 00:06:51.710 --> 00:06:53.257 Os novos superbloques 00:06:53.281 --> 00:06:57.201 --bloques dunhas 5.000 unidades-- 00:06:57.225 --> 00:07:00.487 son pechados, porque ninguén coñece a ninguén. 00:07:01.061 --> 00:07:04.561 E por suposto non hai sequera beirarrúa nin tendas nos baixos -- 00:07:04.585 --> 00:07:06.449 un medio moi estéril. 00:07:07.758 --> 00:07:11.634 Atopeime cun caso nun destes superbloques 00:07:11.658 --> 00:07:14.742 en que os veciños puxeran tendas ilegais nos garaxes 00:07:14.908 --> 00:07:18.336 para poder dispor desa economía de servizos local. 00:07:18.630 --> 00:07:23.387 O desexo da xente de facer as cousas ben está aí. 00:07:23.411 --> 00:07:26.485 Só temos que facer que os planificadores e os políticos se sumen. NOTE Paragraph 00:07:27.162 --> 00:07:30.623 Ben, agora algunhas cuestións técnicas de planificación. 00:07:30.993 --> 00:07:34.008 Chongqing é unha cidade de 30 millóns de habitantes. 00:07:34.190 --> 00:07:36.488 É case tan grande coma California. 00:07:36.488 --> 00:07:38.318 Esta é unha pequena zona de expansión. 00:07:38.397 --> 00:07:41.664 Querían que probásemos a alternativa á dispersión 00:07:41.927 --> 00:07:44.583 en varias cidades de China. 00:07:45.072 --> 00:07:47.964 Isto é para catro millóns e medio de persoas. 00:07:48.378 --> 00:07:50.439 Cada un deses círculos que vemos nesta imaxe 00:07:50.439 --> 00:07:52.852 é a zona abarcable andando nun radio 00:07:52.852 --> 00:07:54.957 arredor dunha estación de transporte público. 00:07:55.280 --> 00:07:58.465 Un enorme investimento en metro e unha rede rápida de autobuses, 00:07:58.704 --> 00:08:01.176 e unha estrutura que permite 00:08:01.176 --> 00:08:04.091 que todos poidan ir á parada a pé desde o seu traballo. NOTE Paragraph 00:08:04.091 --> 00:08:06.232 Esta é unha ampliación da zona vermella. 00:08:06.256 --> 00:08:09.413 De repente, os nosos principios esixían espazos verdes 00:08:09.437 --> 00:08:12.929 que conservasen os elementos ecolóxicos importantes. 00:08:13.151 --> 00:08:16.918 E por esoutras rúas que se ven aí non poden circular coches. 00:08:17.502 --> 00:08:20.814 Así que no canto de meter a escavadora e achaiar o espazo 00:08:21.149 --> 00:08:22.904 e construír ata a beira do río, 00:08:23.236 --> 00:08:27.322 esta banda verde non estaba nas normas en China 00:08:27.484 --> 00:08:29.823 ata que esta serie de prácticas 00:08:30.079 --> 00:08:32.633 comezaron a probarse alí. 00:08:33.063 --> 00:08:35.018 Unha trama urbana de bloques pequenos, 00:08:35.042 --> 00:08:37.658 se cadra dunhas 500 familias cada un. 00:08:37.682 --> 00:08:38.951 Coñécense todos. 00:08:38.975 --> 00:08:41.284 No perímetro da rúa hai tendas 00:08:41.362 --> 00:08:43.284 e, polo tanto, destinos locais. 00:08:43.308 --> 00:08:45.663 E as propias rúas son máis pequenas, 00:08:45.687 --> 00:08:47.217 porque hai máis. 00:08:47.241 --> 00:08:48.792 Un deseño urbano 00:08:48.816 --> 00:08:51.109 moi simple e claro. NOTE Paragraph 00:08:51.395 --> 00:08:54.605 Isto que vedes aquí encántame. 00:08:54.629 --> 00:08:55.903 Pensade na lóxica disto. 00:08:56.352 --> 00:08:58.499 Se só un terzo das persoas teñen coche, 00:08:58.523 --> 00:09:02.173 por que lles cedemos o 100% da rúa aos coches? 00:09:02.928 --> 00:09:06.107 E se nos libramos do 70% dos coches, 00:09:06.131 --> 00:09:08.306 para todos os demais, 00:09:08.330 --> 00:09:10.575 facilitándolles o movemento 00:09:10.599 --> 00:09:12.454 aos que van a pé ou en bicicleta? NOTE Paragraph 00:09:12.948 --> 00:09:14.346 Por que non incorporamos... NOTE Paragraph 00:09:14.370 --> 00:09:15.823 (Aplausos) NOTE Paragraph 00:09:15.847 --> 00:09:18.000 a equidade xeográfica 00:09:18.024 --> 00:09:20.204 ao noso sistema de circulación? 00:09:20.698 --> 00:09:23.941 Con franqueza, as cidades funcionarían mellor. 00:09:24.480 --> 00:09:25.684 Fagan o que fagan, 00:09:25.684 --> 00:09:28.545 á marxe das circunvalacións que constrúan ao redor de Pekín, 00:09:28.565 --> 00:09:30.992 non poden evitar a paralización total do tráfico. 00:09:31.200 --> 00:09:34.509 Esta é unha rúa sen coches, coas beiras para usos mixtos 00:09:35.436 --> 00:09:37.525 e a zona central para transporte público. 00:09:37.549 --> 00:09:40.562 Ese transporte podería ser con vehículos sen condutor, 00:09:40.677 --> 00:09:43.434 pero se cadra terei ocasión de falar diso máis tarde. NOTE Paragraph 00:09:43.611 --> 00:09:47.334 Hai sete principios que veñen de adoptar 00:09:47.358 --> 00:09:50.058 as máis altas instancias do goberno chinés, 00:09:50.082 --> 00:09:52.027 e van xa camiño de poñelos en práctica. 00:09:52.027 --> 00:09:53.563 Trátase de principios sinxelos 00:09:53.563 --> 00:09:55.700 e, na miña opinión, universais. 00:09:55.724 --> 00:09:59.287 O primeiro é conservar o medio natural, a historia 00:09:59.401 --> 00:10:01.368 e a agricultura indispensable. NOTE Paragraph 00:10:02.306 --> 00:10:03.629 O segundo é mesturar. 00:10:03.653 --> 00:10:06.410 O uso mixto é moi popular pero ao dicir mixto eu refírome 00:10:06.410 --> 00:10:08.633 a rendas mixtas, idades mixtas, 00:10:08.657 --> 00:10:11.149 ademais do uso mixto do terreo. NOTE Paragraph 00:10:12.190 --> 00:10:13.104 Camiñar. 00:10:13.368 --> 00:10:16.365 Non é unha gran cidade se non desfrutamos camiñando por ela. 00:10:16.412 --> 00:10:17.874 Se non é así, non imos. 00:10:17.874 --> 00:10:20.176 Imos de vacacións a sitios onde se pode camiñar. 00:10:20.176 --> 00:10:22.372 Por que non facelo en todas partes? NOTE Paragraph 00:10:22.561 --> 00:10:26.133 A bicicleta é o medio de transporte máis eficiente que coñecemos. 00:10:26.416 --> 00:10:29.888 China vén de adoptar medidas para que todas as rúas dispoñan 00:10:29.888 --> 00:10:31.607 de seis metros de carril bici. 00:10:31.631 --> 00:10:35.573 Toman moi en serio o de recuperar a súa historia de uso da bicicleta. NOTE Paragraph 00:10:35.597 --> 00:10:37.053 (Aplausos) NOTE Paragraph 00:10:37.077 --> 00:10:39.380 Un aspecto complicado da planificación: 00:10:39.404 --> 00:10:40.397 Conectar. 00:10:40.757 --> 00:10:44.269 Velaquí un plano urbano que permite múltiples rutas 00:10:44.293 --> 00:10:46.104 no canto de rutas únicas 00:10:46.128 --> 00:10:49.675 e ofrece distintos tipos de rúas. NOTE Paragraph 00:10:50.752 --> 00:10:52.096 Transporte. 00:10:52.120 --> 00:10:54.430 Temos que investir máis en transporte público. 00:10:54.454 --> 00:10:56.229 Nisto non hai bala de prata. 00:10:56.253 --> 00:10:59.317 Os vehículos sen condutor non van resolver isto por nós. 00:10:59.341 --> 00:11:04.507 De feito, van xerar máis tráfico, máis quilómetros percorridos, 00:11:04.531 --> 00:11:05.893 cá alternativa. NOTE Paragraph 00:11:05.917 --> 00:11:07.131 E finalmente, priorizar. 00:11:07.155 --> 00:11:11.311 Temos a cidade xerarquizada en función do transporte público 00:11:11.335 --> 00:11:14.498 no canto da antiga armazón de autovías. 00:11:14.522 --> 00:11:16.672 Supón un gran cambio de paradigma, 00:11:17.245 --> 00:11:19.912 pero é necesario reconectar esas dúas cousas 00:11:19.936 --> 00:11:24.325 de xeitos que dean forma á estrutura da cidade. 00:11:25.443 --> 00:11:27.587 Son moi optimista. 00:11:27.700 --> 00:11:32.473 En California, Estados Unidos, China, estes cambios teñen boa acollida. NOTE Paragraph 00:11:32.497 --> 00:11:35.132 Son optimista por dous motivos. 00:11:35.156 --> 00:11:37.235 Un é que a maioría enténdeo. 00:11:37.259 --> 00:11:39.141 Comprenden de forma intrínseca 00:11:39.165 --> 00:11:41.807 como pode e debe ser unha gran cidade. 00:11:41.831 --> 00:11:46.243 O segundo é que a clase de análise que podemos levar a cabo agora 00:11:46.696 --> 00:11:49.230 permítelle á xente unir os puntos, 00:11:49.936 --> 00:11:52.776 permítelle configurar coalicións políticas 00:11:52.929 --> 00:11:54.358 que non existían antes. 00:11:54.719 --> 00:11:58.325 E iso permítelle crear a clase de comunidades que todos necesitamos. NOTE Paragraph 00:11:58.483 --> 00:11:59.672 Grazas. NOTE Paragraph 00:11:59.696 --> 00:12:03.472 (Aplausos) NOTE Paragraph 00:12:08.018 --> 00:12:11.455 Chris Anderson: De acordo entón, coches autónomos, sen condutor. 00:12:11.479 --> 00:12:14.824 A moitos dos que están aquí entusiásmanos. 00:12:15.443 --> 00:12:18.096 Que te preocupa deles ou que problemas lles ves? NOTE Paragraph 00:12:18.426 --> 00:12:21.568 Peter Calthorpe: Penso que hai excesivo alboroto con este tema 00:12:21.592 --> 00:12:24.922 En primeiro lugar, moitos din que nos imos librar de moitos coches. 00:12:25.190 --> 00:12:28.451 O que non din é que van aumentar moito os quilómetros percorridos. 00:12:28.508 --> 00:12:31.055 Imos ter moitos máis coches polas rúas. 00:12:31.079 --> 00:12:32.948 Haberá máis atascos. NOTE Paragraph 00:12:32.972 --> 00:12:35.280 CA: É que son moi interesantes... 00:12:35.304 --> 00:12:37.212 podes conducir mentres les ou dormes. NOTE Paragraph 00:12:37.212 --> 00:12:38.659 PC: Ben, hai un par de razóns. 00:12:38.709 --> 00:12:42.874 Unha é que se son privados, percorreranse maiores distancias. 00:12:42.898 --> 00:12:44.839 Darán nova forza á dispersión urbana. 00:12:44.863 --> 00:12:46.878 Se podes traballar de camiño ao traballo, 00:12:46.902 --> 00:12:48.969 podes vivir en lugares máis apartados. 00:12:48.993 --> 00:12:51.450 Revitalizará a dispersión 00:12:51.559 --> 00:12:53.644 dun xeito que me aterra. 00:12:53.916 --> 00:12:55.663 Por exemplo, os taxis. 00:12:55.794 --> 00:12:59.521 Máis da metade das enquisas din que a xente non quere compartilos. 00:12:59.566 --> 00:13:00.940 Se non os comparten, 00:13:00.964 --> 00:13:05.577 podemos chegar a un incremento do 90% en quilómetros percorridos. 00:13:06.597 --> 00:13:07.918 Mesmo se os comparten, 00:13:07.942 --> 00:13:11.472 aínda así andaremos polo 30% de incremento. NOTE Paragraph 00:13:11.496 --> 00:13:14.028 CA: Con compartilos refíreste a moitos usuarios á vez 00:13:14.028 --> 00:13:16.244 en sistemas intelixentes de viaxes compartidas? NOTE Paragraph 00:13:16.244 --> 00:13:18.929 PC: Si, polo estilo de Uber pero sen volante. 00:13:18.929 --> 00:13:22.962 A realidade é a eficiencia enerxética dos vehículos, 00:13:22.986 --> 00:13:25.127 independentemente de se teñen volante ou non. 00:13:25.127 --> 00:13:28.038 Afirman que van ser os únicos cun consumo eléctrico eficiente, 00:13:28.038 --> 00:13:29.247 pero non é certo. 00:13:29.766 --> 00:13:33.456 O realmente importante é que a pé, na bici ou no transporte público 00:13:33.790 --> 00:13:36.767 é como prosperan as cidades e as comunidades. 00:13:36.978 --> 00:13:39.557 Pechar a xente en burbullas privadas, 00:13:39.809 --> 00:13:41.711 con ou sen volante, 00:13:42.130 --> 00:13:43.701 é a dirección equivocada. 00:13:43.725 --> 00:13:44.876 E sinceramente, 00:13:44.900 --> 00:13:49.640 a imaxe dun coche autónomo indo recoller un pedido ao McDonald's 00:13:50.603 --> 00:13:52.016 sen o seu dono, 00:13:52.311 --> 00:13:55.851 facendo esa clase de mandados arbitrarios, 00:13:56.045 --> 00:13:57.323 resulta aterradora. NOTE Paragraph 00:13:57.466 --> 00:14:00.382 CA: Ben, grazas. Debo dicir que as imaxes que amosaches 00:14:00.588 --> 00:14:03.955 desas rúas con zonas de usos mixtos foron moi inspiradoras e fermosas. NOTE Paragraph 00:14:04.048 --> 00:14:06.207 PC: Grazas. CA: Grazas polo teu traballo. NOTE Paragraph 00:14:06.231 --> 00:14:07.690 (Aplausos)