Return to Video

Por que non funcionan as dietas

  • 0:00 - 0:02
    Hai tres anos e medio,
  • 0:02 - 0:05
    tomei unha das mellores decisións
    da miña vida:
  • 0:05 - 0:08
    como propósito para o novo ano,
  • 0:08 - 0:12
    deixei de facer dietas,
    de preocuparme polo meu peso
  • 0:12 - 0:15
    e aprendín a comer
    de maneira consciente.
  • 0:15 - 0:19
    Agora como cando teño fame,
  • 0:19 - 0:22
    e perdín 4'5 kg.
  • 0:22 - 0:24
    Esta son eu con 13 anos,
  • 0:24 - 0:27
    cando comecei a miña primeira dieta.
  • 0:27 - 0:30
    Cando vexo esa foto penso:
  • 0:30 - 0:32
    "non precisabas poñerte a réxime,
  • 0:32 - 0:34
    o que precisabas era aprender a vestir".
  • 0:34 - 0:37
    (Risas)
  • 0:37 - 0:40
    Pero eu estaba convencida
    de que necesitaba perder peso
  • 0:40 - 0:41
    e cando o recuperaba,
  • 0:41 - 0:44
    culpábame a min mesma, madía leva.
  • 0:45 - 0:48
    E durante as tres décadas seguintes,
  • 0:48 - 0:50
    probei e probei distintos réximes.
  • 0:50 - 0:53
    Daba igual o que fixese,
  • 0:53 - 0:55
    despois de perder peso, volvía gañalo.
  • 0:55 - 0:59
    Estou segura de que moitos de vós
    compartides ese sentimento.
  • 0:59 - 1:01
    Como neurocientífica
  • 1:01 - 1:03
    preguntábame "por que é tan difícil?".
  • 1:03 - 1:06
    Obviamente, o noso peso depende
  • 1:06 - 1:08
    do que comemos e da enerxía que queimamos.
  • 1:08 - 1:11
    O que a maioría da xente non sabe
  • 1:11 - 1:13
    é que o cerebro controla
  • 1:13 - 1:15
    a fame e o consumo de enerxía,
  • 1:15 - 1:18
    sobre todo, de maneira inconsciente.
  • 1:18 - 1:22
    O noso cerebro fai este traballo
    entre bastidores,
  • 1:22 - 1:24
    e iso é unha boa noticia,
  • 1:24 - 1:26
    xa que a nosa mente consciente
  • 1:26 - 1:28
    --como dicir isto de maneira educada?--
  • 1:28 - 1:31
    distráese con facilidade.
  • 1:31 - 1:34
    Está ben o de non ter
    que acordarse de respirar
  • 1:34 - 1:37
    mentres estamos a ver unha película.
  • 1:37 - 1:39
    Ou o de non esquecernos de como camiñar
  • 1:39 - 1:42
    mentres pensamos no que imos cear.
  • 1:42 - 1:44
    O noso cerebro ten o seu propio concepto
  • 1:44 - 1:45
    do que debemos pesar,
  • 1:45 - 1:48
    sen importarlle o que opine
    o noso ser consciente.
  • 1:48 - 1:50
    A isto chámaselle "punto de partida",
  • 1:50 - 1:52
    pero é un termo enganoso,
  • 1:52 - 1:54
    xa que realmente comprende un rango
  • 1:54 - 1:56
    de entre 4,5 e 7 kg.
  • 1:56 - 1:59
    Podemos cambiar o noso estilo de vida
  • 1:59 - 2:02
    para subir ou baixar de peso
    dentro dese rango,
  • 2:02 - 2:05
    pero é moitísimo máis difícil
    manterse fóra del.
  • 2:06 - 2:08
    No hipotálamo, a parte do cerebro
  • 2:08 - 2:10
    que regula a masa corporal,
  • 2:10 - 2:12
    hai máis dunha ducia de sinais químicos
  • 2:12 - 2:15
    que lle indican ao corpo que gañe peso,
  • 2:15 - 2:19
    e máis doutra ducia
    que lle indican que o perda.
  • 2:19 - 2:22
    Este sistema funciona como un termóstato,
  • 2:22 - 2:24
    responde aos sinais do corpo
  • 2:24 - 2:28
    con axustes nos niveis de fame,
    na actividade e no metabolismo,
  • 2:28 - 2:32
    co fin de manter o noso peso estable
    mentres que as condicións cambian.
  • 2:32 - 2:34
    Iso é o que fai un termóstato, non si?
  • 2:34 - 2:37
    Mantén a temperatura da casa
  • 2:37 - 2:40
    mentres que o tempo fóra cambia.
  • 2:40 - 2:44
    Podemos intentar cambiar
    a temperatura da casa
  • 2:44 - 2:46
    abrindo unha ventá no inverno,
  • 2:46 - 2:50
    pero iso non vai cambiar
    os axustes do termóstato,
  • 2:50 - 2:52
    co que a súa resposta será
    avivar a caldeira
  • 2:52 - 2:55
    para que o espazo queza de novo.
  • 2:55 - 2:58
    O noso cerebro funciona do mesmo xeito,
  • 2:58 - 3:01
    responde ao enfraquecemento
    con ferramentas moi poderosas
  • 3:01 - 3:03
    que o forzan a recuperar o peso
  • 3:03 - 3:06
    que considera normal.
  • 3:06 - 3:08
    Se perdemos moito peso,
  • 3:08 - 3:13
    o cerebro reaccionará
    como se estivésemos a morrer de fame,
  • 3:13 - 3:15
    e tanto se eramos gordos como fracos,
  • 3:15 - 3:18
    a resposta vai ser idéntica.
  • 3:18 - 3:20
    Encantaríanos que o noso cerebro soubese
  • 3:20 - 3:22
    se precisamos gañar peso ou non,
  • 3:22 - 3:24
    pero non o sabe.
  • 3:24 - 3:27
    Se perdemos moito peso,
  • 3:27 - 3:29
    teremos moita fame,
  • 3:29 - 3:32
    e os nosos músculos queimarán
    menos enerxía.
  • 3:32 - 3:35
    O Dr. Rudy Leibel
    da Universidade de Columbia
  • 3:35 - 3:37
    descubriu que as persoas que perderon
  • 3:37 - 3:39
    un 10% do seu peso corporal
  • 3:39 - 3:42
    queimaban entre 250 e 400 calorías menos
  • 3:42 - 3:44
    por teren o seu metabolismo suprimido.
  • 3:44 - 3:46
    Iso é moita comida!
  • 3:46 - 3:49
    E implica que o que siga esa dieta
  • 3:49 - 3:52
    debe comer iso de menos toda a vida
  • 3:52 - 3:54
    en comparación con alguén do mesmo peso
  • 3:54 - 3:55
    que sempre foi delgado.
  • 3:55 - 3:57
    Dende unha perspectiva evolutiva,
  • 3:57 - 4:00
    a resistencia do noso corpo
    a perder peso ten sentido.
  • 4:00 - 4:03
    Cando a comida era escasa,
    a supervivencia dos nosos antepasados
  • 4:03 - 4:05
    dependía da conservación da enerxía,
  • 4:05 - 4:08
    e mais da recuperación
    do peso tras a escaseza,
  • 4:08 - 4:11
    xa o que os protexería
    nas vindeiras penurias.
  • 4:11 - 4:13
    No transcurso da historia da humanidade,
  • 4:13 - 4:16
    a falta de alimento
    foi un problema máis grave
  • 4:16 - 4:18
    que o abuso no seu consumo.
  • 4:18 - 4:22
    Isto pode explicar un feito moi triste:
  • 4:22 - 4:25
    os "puntos de partida" poden incrementar,
  • 4:25 - 4:28
    pero case nunca decrecen.
  • 4:28 - 4:30
    Se a túa nai algunha vez menciona
  • 4:30 - 4:32
    que a vida non é xusta,
  • 4:32 - 4:35
    esta é a clase de cousas ás que se refire.
  • 4:35 - 4:38
    (Risas)
  • 4:38 - 4:42
    Facer dieta de maneira correcta
    non vai diminuír o teu "punto de partida".
  • 4:42 - 4:44
    Incluso cando consegues manter teu peso
  • 4:44 - 4:45
    durante 7 anos,
  • 4:45 - 4:49
    o teu cerebro segue loitando
    para que o volvas recuperar.
  • 4:49 - 4:51
    Esta resposta sería axeitada
  • 4:51 - 4:54
    se a perda de peso se debese
    a unha longa época de fame.
  • 4:54 - 4:57
    No mundo actual,
    no que existen hamburguesas para levar,
  • 4:57 - 5:01
    este sistema non funciona
    tan ben para moitos de nós.
  • 5:01 - 5:04
    Esa diferenza entre o pasado
    no que viviron os nosos antepasados
  • 5:04 - 5:07
    e o noso presente de abundancia
  • 5:07 - 5:09
    é a razón pola que o Dr. Yoni Freedhoff
  • 5:09 - 5:11
    da Universidade de Ottawa
  • 5:11 - 5:14
    querería levar algún dos seus pacientes
  • 5:14 - 5:16
    a un pasado no que a comida era limitada,
  • 5:16 - 5:18
    e esa tamén é a razón
  • 5:18 - 5:20
    pola que cambiar
    a dispoñibilidade dos alimentos,
  • 5:20 - 5:26
    é a solución máis efectiva
    para combater a obesidade.
  • 5:26 - 5:29
    Por desgraza,
    unha ganancia temporal de peso
  • 5:29 - 5:31
    pode converterse en permanente.
  • 5:31 - 5:34
    Se mantemos un peso elevado
    durante moito tempo,
  • 5:34 - 5:37
    falo de anos para a maioría de nós,
  • 5:37 - 5:40
    pode que o noso cerebro decida
    que ese é o peso normal.
  • 5:41 - 5:45
    Os psicólogos clasifican
    as persoas en dous grupos:
  • 5:45 - 5:47
    os que se fían da súa fame
  • 5:47 - 5:50
    e os que intentan controlar o que comen
    con forza de vontade,
  • 5:50 - 5:52
    como a maioría dos que seguen dietas.
  • 5:58 - 6:01
    Referireime a eles como
    "comedores intuitivos" e "controlados".
  • 6:02 - 6:04
    O interesante dos "comedores intuitivos"
  • 6:04 - 6:07
    é que teñen
    unha menor tendencia ao sobrepeso
  • 6:07 - 6:10
    e pasan menos tempo pensando na comida.
  • 6:10 - 6:14
    Os "comedores controlados"
    son máis vulnerables
  • 6:14 - 6:17
    a comer de máis
    motivados pola publicidade,
  • 6:17 - 6:21
    piden as racións máis grandes
    e sucumben aos bufetes libres.
  • 6:21 - 6:22
    Un pequeno capricho,
  • 6:22 - 6:26
    como comer
    unha soa cullerada de xeado,
  • 6:26 - 6:30
    fai aos "comedores controlados"
  • 6:30 - 6:33
    máis propensos á farta de comida.
  • 6:33 - 6:35
    Os nenos son moito máis sensibles
  • 6:35 - 6:38
    a este ciclo de facer dieta
    e logo comer a fartar.
  • 6:38 - 6:41
    Numerosos estudos mostran
  • 6:41 - 6:45
    que as rapazas que fixeron dieta
    durante o comezo da adolescencia
  • 6:45 - 6:49
    teñen unha probabilidade 3 veces maior
    de padeceren sobrepeso
  • 6:49 - 6:50
    cinco anos despois,
  • 6:50 - 6:53
    incluso cando partían dun peso normal,
  • 6:53 - 6:56
    e todos estes estudos atoparon
  • 6:56 - 6:58
    que os mesmos factores
  • 6:58 - 7:01
    que predín a ganancia de peso
  • 7:01 - 7:04
    serven para predicir tamén
    trastornos alimentarios.
  • 7:04 - 7:06
    O outro factor, por certo,
  • 7:06 - 7:07
    para aqueles que sodes pais,
  • 7:07 - 7:10
    son as burlas
    por parte dos membros da familia
  • 7:10 - 7:12
    sobre o seu peso.
  • 7:12 - 7:14
    Así que non fagades iso.
  • 7:14 - 7:16
    (Risas)
  • 7:16 - 7:18
    Deixei na casa
    case todas as miñas gráficas,
  • 7:18 - 7:20
    pero non me puiden resistir a traer esta,
  • 7:20 - 7:23
    porque son unha "friki" e iso é o meu.
  • 7:23 - 7:25
    (Risas)
  • 7:25 - 7:28
    Este é un estudo sobre o risco de morte
  • 7:28 - 7:30
    ao longo de 14 anos
  • 7:30 - 7:32
    baseado en catro hábitos saudables:
  • 7:32 - 7:34
    comer suficiente froita e verdura,
  • 7:34 - 7:36
    facer exercicio tres veces á semana,
  • 7:36 - 7:38
    non fumar,
  • 7:38 - 7:40
    e beber con moderación.
  • 7:40 - 7:42
    Comecemos analizando os participantes
  • 7:42 - 7:43
    de peso normal.
  • 7:43 - 7:45
    A altura das barras indica
    o risco de morte,
  • 7:45 - 7:48
    e os números 0, 1, 2, 3 e 4
  • 7:48 - 7:49
    no eixo horizontal
  • 7:49 - 7:51
    representan a cantidade destes hábitos
  • 7:51 - 7:52
    que presenta unha persoa dada.
  • 7:52 - 7:55
    Como podedes imaxinar,
    canto máis san é o estilo de vida,
  • 7:55 - 7:58
    menor é a probabilidade de morte
    destes individuos durante o estudo.
  • 7:58 - 8:00
    Agora vexamos o que pasa
  • 8:00 - 8:01
    coas persoas con sobrepeso.
  • 8:01 - 8:04
    As que non teñen hábitos saudables
  • 8:04 - 8:05
    teñen un maior risco de morte.
  • 8:05 - 8:07
    Ao cambiar soamente un dos hábitos,
  • 8:07 - 8:11
    as persoas con sobrepeso
    entrarían no rango normal.
  • 8:11 - 8:13
    Para as persoas obesas
    sen hábitos saudables,
  • 8:13 - 8:16
    o risco é moi alto,
    incluso 7 veces maior
  • 8:16 - 8:18
    que o dos grupos máis sans do estudo.
  • 8:18 - 8:22
    Pero un estilo de vida saudable
    axúdalles tamén ás persoas obesas.
  • 8:22 - 8:25
    De feito, se atendemos soamente ao grupo
  • 8:25 - 8:27
    cos catro hábitos saudables,
  • 8:27 - 8:29
    vemos que o peso
    ten un efecto moi pequeno.
  • 8:29 - 8:32
    Podemos controlar a nosa saúde
  • 8:32 - 8:33
    controlando o noso estilo de vida,
  • 8:33 - 8:37
    incluso sen sermos capaces
    de perder peso e mantelo.
  • 8:37 - 8:41
    As dietas son pouco fiables.
  • 8:41 - 8:43
    Cinco anos despois dunha dieta,
  • 8:43 - 8:45
    a maioría da xente volve recuperar o peso.
  • 8:45 - 8:48
    O 40% deles incluso gañan máis.
  • 8:48 - 8:49
    Se pensades nisto,
  • 8:49 - 8:52
    o resultado habitual dunha dieta
  • 8:52 - 8:54
    é ter maior facilidade para gañar peso
  • 8:54 - 8:56
    que para perdelo.
  • 8:56 - 8:59
    Se xa vos convencín de que facer dieta
  • 8:59 - 9:01
    pode ser un problema,
  • 9:01 - 9:04
    a seguinte pregunta é:
    que se pode facer entón?
  • 9:04 - 9:08
    E a miña resposta, en dúas palabras, é
    "pensamento consciente".
  • 9:08 - 9:11
    Non estou falando de aprender a meditar
  • 9:11 - 9:13
    ou a facer ioga.
  • 9:13 - 9:15
    Falo de comer de maneira consciente:
  • 9:15 - 9:19
    aprender a interpretar
    os sinais corporais,
  • 9:19 - 9:21
    e comer só cando temos fame
  • 9:21 - 9:24
    e parar cando estamos cheos,
  • 9:24 - 9:26
    porque moitas veces a ganancia de peso
  • 9:26 - 9:29
    débese a que comemos sen fame.
  • 9:29 - 9:30
    Como podemos facelo?
  • 9:30 - 9:33
    Permítete comer tanto como queiras,
  • 9:33 - 9:34
    e logo trata de recoñecer
  • 9:34 - 9:36
    que fai que o teu corpo se sinta ben.
  • 9:36 - 9:40
    Para as comidas principais
    senta a comer sen distraccións.
  • 9:40 - 9:42
    Pensa en como se sente o teu corpo
  • 9:42 - 9:44
    cando comezas a comer e cando rematas,
  • 9:44 - 9:46
    e deixa que a túa fame decida
  • 9:46 - 9:47
    cando debes facelo.
  • 9:48 - 9:50
    A min levoume máis ou menos
    un ano aprender iso
  • 9:50 - 9:52
    pero merece moito a pena.
  • 9:52 - 9:55
    Estou moito máis cómoda
    en relación coa comida
  • 9:55 - 9:57
    do que o estiven xamais na vida.
  • 9:58 - 10:01
    Polo xeral, non penso nela.
  • 10:01 - 10:03
    Esquézome de que temos chocolate na casa.
  • 10:03 - 10:07
    É como se os extraterrestres
    se fixesen co meu cerebro.
  • 10:07 - 10:08
    Completamente distinto.
  • 10:09 - 10:11
    Debo dicir que
  • 10:12 - 10:14
    este enfoque non che fará perder peso
  • 10:14 - 10:17
    a non ser que esteas a comer sen fame,
  • 10:18 - 10:21
    pero os médicos non coñecen
    ningún outro enfoque
  • 10:21 - 10:25
    que faga que moita xente perda peso
    de maneira significativa,
  • 10:26 - 10:29
    e ese é o motivo polo que actualmente
    moita xente se centra
  • 10:29 - 10:31
    en previr a ganancia de peso
  • 10:31 - 10:34
    en vez de en promover a súa perda.
  • 10:35 - 10:36
    Sexamos sinceros:
  • 10:36 - 10:40
    se as dietas funcionasen,
    xa estaríamos todos fracos.
  • 10:40 - 10:41
    (Risas)
  • 10:42 - 10:43
    Por que seguimos facendo o mesmo
  • 10:43 - 10:46
    pero esperamos resultados distintos?
  • 10:46 - 10:48
    As dietas poden parecer inofensivas,
  • 10:48 - 10:51
    pero en realidade,
    provocan danos colaterais.
  • 10:52 - 10:54
    O peor é que arruínan vidas:
  • 10:54 - 10:57
    a obsesión polo peso
    conduce a trastornos alimentarios
  • 10:57 - 10:59
    sobre todo nos máis novos.
  • 10:59 - 11:04
    Nos EUA, o 80% das rapazas de 10 anos
  • 11:04 - 11:06
    din que fixeron dieta algunha vez.
  • 11:06 - 11:08
    As nosas fillas aprenderon
    a medir a súa valía
  • 11:08 - 11:11
    coa escala equivocada.
  • 11:12 - 11:14
    Na mellor das hipóteses,
  • 11:14 - 11:16
    facer dieta é
    unha perda de tempo e de enerxía.
  • 11:16 - 11:20
    Malgasta unha forza de vontade
    que poderiamos utilizar
  • 11:20 - 11:23
    en axudar aos nosos fillos coas tarefas
  • 11:23 - 11:26
    ou en acabar ese proxecto tan importante,
  • 11:27 - 11:30
    e como a forza de vontade é limitada,
  • 11:30 - 11:34
    calquera estratexia que a precise
  • 11:35 - 11:38
    é ben seguro
  • 11:38 - 11:39
    que vai fallar
  • 11:40 - 11:43
    en canto a túa atención se desvíe
    deica outra cousa.
  • 11:44 - 11:47
    Déixovos cun último pensamento:
  • 11:47 - 11:50
    que pasaría se lles dixésemos
    a esas rapazas que fan dieta
  • 11:50 - 11:53
    que está ben comer cando teñen fame?
  • 11:53 - 11:56
    que tal se lles ensinamos
    a traballar o seu apetito
  • 11:56 - 11:57
    en vez de a terlle medo?
  • 11:58 - 12:01
    Supoño que a maioría delas serían
    máis felices e máis sas,
  • 12:01 - 12:03
    e como adultas,
  • 12:03 - 12:06
    moitas delas serían máis fracas.
  • 12:07 - 12:09
    Encantaríame que alguén
    me contase isto
  • 12:09 - 12:11
    canto eu tiña 13 anos.
  • 12:13 - 12:13
    Grazas.
  • 12:14 - 12:19
    (Aplausos)
Title:
Por que non funcionan as dietas
Speaker:
Sandra Aamodt
Description:

Nos EE.UU., o 80% das rapazas someteuse a algunha dieta antes dos 10 anos. Nesta charla, dura e sincera, a neurocientífica Sandra Aamodt emprega a súa experiencia persoal para ensinarnos como o noso cerebro controla os nosos corpos. Tamén nos mostra como a ciencia explica por que as dietas non funcionan e como poden ser máis prexudiciais do que pensamos. Suxírenos ideas para conseguirmos vivir menos obsesionados coas dietas, botando man da nosa intuición.

more » « less
Video Language:
English
Team:
closed TED
Project:
TEDTalks
Duration:
12:42
Xusto Rodriguez approved Galician subtitles for Why dieting doesn't usually work
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela accepted Galician subtitles for Why dieting doesn't usually work
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for Why dieting doesn't usually work
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for Why dieting doesn't usually work
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for Why dieting doesn't usually work
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for Why dieting doesn't usually work
Sara Vázquez Mera edited Galician subtitles for Why dieting doesn't usually work
Sara Vázquez Mera edited Galician subtitles for Why dieting doesn't usually work
Show all

Galician subtitles

Revisions

  • Revision 11 Edited
    Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela