Arte de rúa cunha mensaxe de paz e esperanza
-
0:01 - 0:05En 2012, cando pintei o minarete
da mesquita de Jara -
0:05 - 0:08na miña cidade natal de Gabés,
ao sur de Tunisia, -
0:08 - 0:13nunca imaxinei que o graffiti puidese
atraer tanta atención a unha cidade. -
0:13 - 0:17Ao principio, só buscaba un muro
na miña cidade, -
0:17 - 0:20e o minarete construírase no 94.
-
0:21 - 0:26E durante 18 anos, eses 57 metros de
formigón permaneceron grises. -
0:27 - 0:30Cando coñecín o imán por primeira vez,
e lle dixen o que quería facer, -
0:30 - 0:32respondeu: "Grazas a Deus
que apareciches por fin", -
0:33 - 0:36e contoume que levaba anos esperando
que chegara alguén -
0:36 - 0:37que fixese algo con el.
-
0:37 - 0:41O máis sorprendente deste imán
foi que non me pediu nada, -
0:42 - 0:45nin un bosquexo nin o que ía escribir.
-
0:46 - 0:49En cada traballo que creo,
escribo mensaxes -
0:49 - 0:53con meu estilo de "caligraffiti", unha
mestura de caligrafía e graffiti. -
0:54 - 0:55Uso citas ou poesía.
-
0:56 - 0:59Para o minarete, pensei
que a mensaxe máis relevante -
0:59 - 1:01para unha mesquita
debería proceder do Corán, -
1:02 - 1:03así que escollín esta estrofa:
-
1:03 - 1:06"Oh, humanos, creámosvos
dun home e dunha muller, -
1:06 - 1:10e fixémosvos pobos e tribos
para que vos puiderades coñecer." -
1:10 - 1:13Era unha chamada universal á paz,
á tolerancia e á aceptación, -
1:13 - 1:17partindo de que non acostumamos ter
unha boa imaxe nos medios. -
1:18 - 1:21Sorprendeume ver como reaccionou
a comunidade local perante a pintura, -
1:21 - 1:26e o orgullo que sentían ao ver
que o minarete recibía tanta atención -
1:26 - 1:28da prensa internacional do mundo enteiro.
-
1:29 - 1:32Para o imán, non era só unha pintura;
-
1:32 - 1:33era más profundo que iso.
-
1:33 - 1:37Esperaba que este minarete fose
un monumento para a cidade, -
1:37 - 1:40e atraese xente
a este lugar esquecido de Tunisia. -
1:41 - 1:43A universalidade da mensaxe,
-
1:43 - 1:45o contexto político de Tunisia
nese momento, -
1:45 - 1:49o feito de que estaba escribindo
o Corán en estilo de graffiti -
1:49 - 1:50non carecían de significado.
-
1:50 - 1:52Reuniu a comunidade.
-
1:54 - 1:57Reunir xente, futuras xeracións,
-
1:57 - 2:00a través da caligrafía árabe
-
2:00 - 2:01é o que fago.
-
2:01 - 2:04Escribir mensaxes é a esencia
do meu traballo. -
2:05 - 2:08O que é gracioso é que
incluso a xente que fala árabe -
2:08 - 2:12precisa concentrarse moito para
descifrar o que estou a escribir. -
2:13 - 2:15Non fai falla coñecer o significado
para sentir a peza. -
2:16 - 2:20Creo que a grafía árabe toca a alma
antes de chegar aos ollos. -
2:20 - 2:23Hai beleza nela que non precisa tradución.
-
2:24 - 2:26A grafía árabe fálalles a todos, creo;
-
2:26 - 2:29a ti, a ti, a ti, a todo o mundo,
-
2:29 - 2:31e cando entendes o significado,
-
2:31 - 2:33sénteste conectado con ela.
-
2:33 - 2:36Sempre me aseguro de escribir mensaxes
-
2:36 - 2:38que sexan relevantes
para o lugar onde pinto, -
2:38 - 2:41pero que sexan mensaxes
cunha dimensión universal, -
2:41 - 2:44para que o mundo enteiro
poida conectar con elas. -
2:45 - 2:47Nacín e crieime en Francia, en París,
-
2:47 - 2:51e comecei a aprender a ler e escribir
árabe aos 18 anos. -
2:52 - 2:55Hoxe só escribo mensaxes en árabe.
-
2:55 - 2:58Unha das razóns polas que isto
é tan importante para min -
2:58 - 3:02é por todas as reaccións
que recibín polo mundo. -
3:04 - 3:08No Río de Xaneiro, traducín
este poema portugués -
3:08 - 3:10de Gabriela Tôrres Barbosa,
-
3:10 - 3:13que é unha homenaxe
á xente pobre da favela, -
3:13 - 3:15e despois pinteino nunha terraza.
-
3:15 - 3:18A comunidade local estaba intrigada
co que estaba a facer, -
3:18 - 3:22mais tan axiña como lles dei
o significado da caligrafía, -
3:22 - 3:25agradecéronmo porque
se sentiron conectados coa peza. -
3:27 - 3:29En Suráfrica, en Cidade do Cabo,
-
3:29 - 3:32a comunidade local de Philippi
-
3:32 - 3:35ofreceume o único muro
de formigón do suburbio. -
3:35 - 3:37Era unha escola e escribín nela
-
3:37 - 3:39unha cita de Nelson Mandela,
-
3:39 - 3:41que dicía: [en árabe],
-
3:41 - 3:44que significa
"Parece imposible ata que se fai." -
3:44 - 3:48Un día, achegóuseme un tipo e díxome:
"Por que non escribes en inglés?" -
3:48 - 3:52e eu respondinlle: "Consideraría lexítima
a túa preocupación se me preguntases -
3:52 - 3:54por que non escribo en zulú".
-
3:55 - 3:57Unha vez, nun acto en París
-
3:57 - 4:01alguén ofreceu o seu muro para pintalo.
-
4:02 - 4:04Cando viu que eu estaba a pintar en árabe,
-
4:04 - 4:08toleou, --de feito, púxose histérico--
e pediu que se borrase a parede. -
4:08 - 4:10Eu estaba enfadado e decepcionado.
-
4:10 - 4:14Mais, unha semana despois, o organizador
do acto pediume que regresara, -
4:14 - 4:18e díxome que había un muro
xusto en fronte da casa dese tipo. -
4:18 - 4:19Así que, ese tipo...
-
4:19 - 4:21(Risas)
-
4:21 - 4:24ía ter que velo á forza todos os días.
-
4:24 - 4:27Ao comezo, ía escribir: [en árabe],
-
4:27 - 4:29que significa "Na túa cara", pero...
-
4:29 - 4:31(Risas)
-
4:31 - 4:35Decidín ser máis elegante
e escribín "[en árabe]", -
4:35 - 4:36que significa
"Abre o teu corazón." -
4:37 - 4:40Estou moi orgulloso da miña cultura,
-
4:40 - 4:46e tento ser un embaixador
a través da miña arte. -
4:46 - 4:51Espero poder romper os estereotipos
que todos coñecemos, -
4:51 - 4:52coa beleza da grafía árabe.
-
4:53 - 4:59Hoxe en día, xa non escribo
a tradución da mensaxe no muro. -
4:59 - 5:03Non quero romper a poesía da caligrafía.
-
5:03 - 5:06e como é arte podes apreciala
sen coñecer o significado, -
5:06 - 5:09igual que podes gozar
da música doutros países. -
5:10 - 5:13Hai xente que o ve como
un rexeitamento ou unha porta pechada, -
5:13 - 5:16mais, para min, é máis unha invitación
-
5:16 - 5:19á miña lingua, á miña cultura,
á miña arte. -
5:19 - 5:20Grazas.
-
5:20 - 5:23(Aplausos)
- Title:
- Arte de rúa cunha mensaxe de paz e esperanza
- Speaker:
- eL Seed
- Description:
-
Nacido en Francia, fillo de pais tunisianos, a eL Seed encántalle facer malabares entre múltiples culturas, linguas e identidades. Tamén na súa obra, que introduce poesía árabe nun estilo inspirado na arte urbana e o graffiti. Nesta apaixonada charla, o artista, que tamén é Membro TED, describe a súa ambición central: crear arte tan fermosa que non requira tradución.
- Video Language:
- English
- Team:
- closed TED
- Project:
- TEDTalks
- Duration:
- 05:39
Xusto Rodriguez approved Galician subtitles for Street art with a message of hope and peace | ||
Xusto Rodriguez edited Galician subtitles for Street art with a message of hope and peace | ||
Carme Paz accepted Galician subtitles for Street art with a message of hope and peace | ||
Carme Paz edited Galician subtitles for Street art with a message of hope and peace | ||
Carme Paz edited Galician subtitles for Street art with a message of hope and peace | ||
Carme Paz edited Galician subtitles for Street art with a message of hope and peace | ||
Carme Paz edited Galician subtitles for Street art with a message of hope and peace | ||
Carme Paz edited Galician subtitles for Street art with a message of hope and peace |