Return to Video

Que ocorrería se non durmísemos? - Claudia Aguirre

  • 0:07 - 0:12
    En 1965, o estudante de 17 anos,
    Randy Gardner
  • 0:12 - 0:16
    permaneceu esperto durante 264 horas.
  • 0:16 - 0:20
    Once días para coñecer como reaccionaba
    sen durmir.
  • 0:20 - 0:23
    O segundo día, a concentración visual
    diminuíu.
  • 0:23 - 0:27
    Logo, perdeu a capacidade de
    recoñecer obxectos co tacto.
  • 0:27 - 0:31
    O terceiro día, estaba agresivo
    e desorientado.
  • 0:31 - 0:34
    Ao final do experimento, tivo dificultades
    coa concentración,
  • 0:34 - 0:36
    coa memoria a curto prazo,
  • 0:36 - 0:37
    volveuse paranoico
  • 0:37 - 0:39
    e tiña alucinacións.
  • 0:39 - 0:42
    Aínda que se recuperou
    sen dano psicolóxico
  • 0:42 - 0:43
    nin físico,
  • 0:43 - 0:47
    para outras persoas, o insomnio pode
    provocar desaxustes hormonais,
  • 0:47 - 0:48
    enfermidades
  • 0:48 - 0:51
    e incluso a morte.
  • 0:51 - 0:55
    Aínda estamos empezando a entender
    por que precisamos durmir,
  • 0:55 - 0:57
    mais sabemos que é esencial.
  • 0:57 - 1:00
    As persoas adultas precisan durmir
    de 7 a 8 horas
  • 1:00 - 1:02
    e os adolescentes preto de 10 horas.
  • 1:02 - 1:05
    Precisamos durmir cando o noso corpo
    envía sinais
  • 1:05 - 1:07
    de que o noso cerebro está canso
  • 1:07 - 1:11
    e cando vemos que está escuro fóra.
  • 1:11 - 1:13
    O aumento de substancias químicas
    que inducen o sono,
  • 1:13 - 1:15
    coma a adenosina ou a melatonina,
  • 1:15 - 1:18
    axúdanos a ter un soño lixeiro
    que se fai máis profundo
  • 1:18 - 1:21
    mentres a respiración e a frecuencia
    cardíaca diminúen
  • 1:21 - 1:24
    e os nosos músculos se relaxan.
  • 1:24 - 1:27
    O ADN repárase na etapa non REM
  • 1:27 - 1:30
    e o corpo recupera a enerxía para
    o día seguinte.
  • 1:30 - 1:32
    Nos Estados Unidos de América,
  • 1:32 - 1:37
    estímase que o 30 % dos adultos
    e o 66 % dos adolescentes
  • 1:37 - 1:39
    sofren de insomnio.
  • 1:39 - 1:42
    Isto é sumamente importante.
  • 1:42 - 1:45
    Estar tantas horas esperto pode causar
    danos corporais graves.
  • 1:45 - 1:46
    Cando durmimos pouco,
  • 1:46 - 1:47
    a aprendizaxe,
  • 1:47 - 1:48
    a memoria,
  • 1:48 - 1:49
    o ánimo
  • 1:49 - 1:51
    e o tempo de reacción vense afectados.
  • 1:51 - 1:53
    A falta de sono pode causar inflamación,
  • 1:53 - 1:55
    alucinacións,
  • 1:55 - 1:56
    alta presión sanguínea
  • 1:56 - 2:00
    e relaciónase tamén coa diabetes e
    coa obesidade.
  • 2:00 - 2:04
    En 2014, un afeccionado ao fútbol morreu
  • 2:04 - 2:08
    despois de pasar 48 horas esperto
    para mirar o Mundial.
  • 2:08 - 2:11
    Aínda que a causa da morte
    foi un ataque ao corazón,
  • 2:11 - 2:15
    os estudos din que durmir menos
    de 6 horas cada noite
  • 2:15 - 2:19
    incrementa o risco dun derramo cerebral
  • 2:19 - 2:23
    comparado con durmir entre 6 ou 7 horas.
  • 2:23 - 2:28
    Para quen herdou unha mutación xenética,
  • 2:28 - 2:30
    a falta de sono é unha realidade diaria.
  • 2:30 - 2:34
    Coñécese como «insomnio familiar fatal».
  • 2:34 - 2:38
    O corpo mantense
    nun estado de vixilia constante,
  • 2:38 - 2:41
    que lle impide durmir placidamente.
  • 2:41 - 2:43
    Co paso dos meses ou anos,
  • 2:43 - 2:47
    a enfermidade pode agravarse
    dando lugar á demencia ou á morte.
  • 2:47 - 2:51
    Como pode o insomnio causar isto?
  • 2:51 - 2:55
    Os científicos sinalan que se debe
    á acumulación de residuos químicos
  • 2:55 - 2:57
    no cerebro.
  • 2:57 - 2:58
    Cando estamos espertos,
  • 2:58 - 3:02
    as células consomen as fontes de enerxía,
  • 3:02 - 3:04
    que se descompoñen en varios produtos,
  • 3:04 - 3:07
    coma a adenosina.
  • 3:07 - 3:08
    Coa acumulación da adenosina,
  • 3:08 - 3:13
    aumenta a necesidade de durmir,
    coñecida como presión do sono.
  • 3:13 - 3:18
    A cafeína actúa bloqueando as vías
    dos receptores da adenosina.
  • 3:18 - 3:21
    Tamén se xeran outros residuos no cerebro
  • 3:21 - 3:25
    que, ao non eliminarse,
    sobrecargan o cerebro
  • 3:25 - 3:30
    e son a causa
    dos síntomas negativos do insomnio.
  • 3:30 - 3:34
    Que ocorre no cerebro cando durmimos
    para evitar isto?
  • 3:34 - 3:37
    Os científicos descubriron
    o chamado sistema glinfático,
  • 3:37 - 3:40
    un mecanismo de limpeza
    que elimina esa acumulación
  • 3:40 - 3:43
    e que é máis activo cando durmimos.
  • 3:43 - 3:49
    A través do líquido cefalorraquídeo,
    drénanse as substancias tóxicas
  • 3:49 - 3:51
    que se acumulan entre as células.
  • 3:51 - 3:55
    Os vasos linfáticos, que serven
    de ruta de acceso ás células inmunes,
  • 3:55 - 3:58
    descubríronse recentemente no cerebro
  • 3:58 - 4:04
    e parece que tamén axudan ao cerebro
    a limpar estes residuos diarios.
  • 4:04 - 4:09
    Continúase investigando os procesos
    rexenerativos con respecto ao sono.
  • 4:09 - 4:13
    Podemos estar seguros
    de que durmir é unha necesidade
  • 4:13 - 4:17
    para manter a nosa saúde física e mental.
Title:
Que ocorrería se non durmísemos? - Claudia Aguirre
Speaker:
Claudia Aguirre
Description:

Pode visualizar a lección enteira aquí: http://ed.ted.com/lessons/what-would-happen-if-you-didn-t-sleep-claudia-aguirre

Estímase que nos Estados Unidos de América o 30 % das persoas adultas e o 66 % dos adolescentes sofren de insomnio. Isto é sumamente importante, xa que permanecer esperto pode provocar danos serios no teu corpo. Claudia Aguirre móstranos que lle ocorre ao noso corpo e ao noso cerebro se non durmimos.

Lesson de Claudia Aguirre, animación de TED-Ed.

more » « less
Video Language:
English
Team:
closed TED
Project:
TED-Ed
Duration:
04:35
TED Translators admin approved Galician subtitles for What would happen if you didn't sleep?
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela accepted Galician subtitles for What would happen if you didn't sleep?
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for What would happen if you didn't sleep?
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for What would happen if you didn't sleep?
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for What would happen if you didn't sleep?
Natalia Outerelo edited Galician subtitles for What would happen if you didn't sleep?
Natalia Outerelo edited Galician subtitles for What would happen if you didn't sleep?
Natalia Outerelo edited Galician subtitles for What would happen if you didn't sleep?

Galician subtitles

Revisions

  • Revision 6 Edited
    Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela