O meu fillo foi un tiroteador en Columbine. Esta é a miña historia.
-
0:01 - 0:04A derradeira vez que oín
a voz do meu fillo -
0:04 - 0:06foi cando saíu pola porta da casa
-
0:06 - 0:07para ir ao instituto.
-
0:08 - 0:11Na escuridade, dixo unha palabra:
-
0:11 - 0:12"Adeus".
-
0:13 - 0:16Era o 20 de abril de 1999.
-
0:17 - 0:20Máis tarde aquela mañá,
no instituto de Columbine -
0:20 - 0:23o meu fillo Dylan e o seu amigo Eric
-
0:23 - 0:25mataron a 12 estudantes e a un profesor
-
0:26 - 0:30e feriron a outras 20 persoas máis,
antes de quitarse a vida. -
0:31 - 0:34Trece persoas inocentes foron asasinadas,
-
0:34 - 0:37deixando aos seus seres queridos
nun estado de dó e trauma. -
0:38 - 0:40Outros recibiron feridas,
-
0:40 - 0:44que desfiguraron a uns e deixaron
a outros con discapacidade permanente. -
0:46 - 0:48Pero a gravidade da traxedia
-
0:48 - 0:52non pode medirse só polo número
de mortes e feridos. -
0:53 - 0:56Non hai xeito de medir
os danos psicolóxicos -
0:56 - 0:58daqueles que estaban no instituto,
-
0:58 - 1:01ou dos que participaron
nos esforzos de rescate e limpeza. -
1:02 - 1:06Non hai maneira de calcular a magnitude
dunha traxedia como a de Columbine, -
1:07 - 1:09especialmente cando
pode servir de modelo -
1:09 - 1:12para outros tiradores
que deciden cometer atrocidades. -
1:14 - 1:15Columbine foi coma un maremoto,
-
1:16 - 1:17e cando a colisión rematou,
-
1:17 - 1:21pasaron anos ata que a comunidade
e a sociedade foron capaces -
1:21 - 1:23de comprender o seu impacto.
-
1:25 - 1:29Tardei moitos anos en intentar aceptar
o legado do meu fillo. -
1:30 - 1:33O comportamento cruel
que marcou o final da súa vida -
1:33 - 1:36fíxome ver que era unha persoa
completamente distinta da que eu coñecía. -
1:38 - 1:40Despois, a xente preguntábame,
-
1:40 - 1:42"Como puideches non darte conta?
-
1:43 - 1:44Que clase de nai eras?"
-
1:45 - 1:48Aínda me fago esas mesmas preguntas.
-
1:49 - 1:52Antes do tiroteo, eu pensaba
que era unha boa nai. -
1:53 - 1:55Axudarlles aos meus fillos
a converterse en adultos -
1:55 - 1:58xenerosos, sans e responsables
-
1:58 - 2:01era o papel máis importante da miña vida.
-
2:02 - 2:05Pero a traxedia convenceume
de que fracasei como nai, -
2:06 - 2:10e en parte é este sentimento de fracaso
o que me trae hoxe aquí. -
2:11 - 2:12Á parte de seu pai,
-
2:13 - 2:16eu era a persoa que máis coñecía
e quería a Dylan. -
2:17 - 2:19Se alguén puidese saber o que pasaba,
-
2:19 - 2:21debería ser eu, non si?
-
2:22 - 2:23Pero non o sabía.
-
2:25 - 2:27Estou aquí para compartir a experiencia
-
2:27 - 2:31do que é ser a nai de alguén
que mata e causa dor. -
2:32 - 2:36Durante anos despois da traxedia
repasei moitos recordos -
2:36 - 2:40intentando atopar en que fallara como nai.
-
2:40 - 2:43Pero non hai respostas simples.
-
2:43 - 2:45Non podo darvos ningunha solución.
-
2:46 - 2:47Todo o que podo facer
-
2:48 - 2:50é compartir o que aprendín.
-
2:51 - 2:55Cando falo con xente
que non me coñecía antes do tiroteo -
2:55 - 2:57enfróntome a tres desafíos.
-
2:58 - 3:01O primeiro, cando entro nunha sala
coma esta, -
3:01 - 3:05nunca sei se alguén que está aquí
sufriu a falta dun ser querido -
3:05 - 3:07por culpa do que fixo o meu fillo.
-
3:08 - 3:12Sinto que debo recoñecer o sufrimento
que un membro da miña familia causou -
3:12 - 3:14xa que el non está aquí para facelo.
-
3:15 - 3:18Así que, con todo o meu corazón,
-
3:18 - 3:22pídovos perdón pola dor que o meu fillo
vos puido causar. -
3:24 - 3:25O segundo desafío ó que me enfronto
-
3:26 - 3:30é que debo pedir comprensión
e incluso compaixón -
3:31 - 3:34cando falo sobre a morte do meu fillo
coma un suicidio. -
3:34 - 3:36Dous anos antes de morrer
-
3:37 - 3:39escribiu nun caderno
-
3:39 - 3:40que se estaba cortando.
-
3:41 - 3:43Dicía que estaba angustiado
-
3:43 - 3:45e que quería unha pistola
para acabar coa súa vida. -
3:46 - 3:50Non souben nada disto
ata meses despois da súa morte. -
3:51 - 3:54Cando falo da súa morte coma un suicidio,
-
3:54 - 3:58non pretendo minimizar a maldade
que mostrou ao fin da súa vida. -
3:59 - 4:01Estou intentando entender
-
4:01 - 4:03como o seu pensamento suicida
-
4:03 - 4:04o levou a asasinar.
-
4:05 - 4:08Despois de ler moito e falar con expertos,
-
4:08 - 4:10cheguei á conclusión
-
4:10 - 4:15de que a súa participación no tiroteo
xurdía non dun desexo de matar, -
4:15 - 4:17senón dun desexo de morrer.
-
4:18 - 4:23O terceiro desafío que teño cando falo
da morte-suicidio do meu fillo -
4:24 - 4:26é que estou falando de saúde mental,
-
4:28 - 4:29--perdón--
-
4:29 - 4:31é que estou falando de saúde mental
-
4:32 - 4:35ou saúde cerebral, como prefiro
chamarlle, porque é máis concreto. -
4:36 - 4:39E ao mesmo tempo,
estou a falar de violencia. -
4:40 - 4:43O último que quero facer
é contribuír á incomprensión -
4:43 - 4:46que xa existe arredor
das enfermidades mentais. -
4:46 - 4:51Só unha pequena porcentaxe da xente
que pacede unha enfermidade mental -
4:51 - 4:53actúa de xeito violento
contra outras persoas, -
4:55 - 4:58pero daqueles que se suicidan,
-
4:58 - 5:02estímase que entre o 75
e talvez máis do 90 por cento -
5:02 - 5:06teñen algún tipo
de problema mental diagnosticable. -
5:07 - 5:08Como ben sabedes,
-
5:08 - 5:11o noso sistema de saúde
non está preparado para axudar a todos -
5:12 - 5:14e non todo o mundo
con pensamentos destrutivos -
5:15 - 5:16cumpre os criterios
-
5:16 - 5:18para un diagnóstico específico.
-
5:19 - 5:21Moita xente que ten pensamentos constantes
-
5:21 - 5:25de medo, enfado ou desesperanza
-
5:25 - 5:27nunca é avaliada ou tratada.
-
5:28 - 5:32A miúdo, só reciben a nosa atención
se chegan a ter unha crise. -
5:33 - 5:35Se son correctos os cálculos que din
-
5:35 - 5:38que entre o 1 e o 2% dos suicidios
-
5:38 - 5:41supoñen o asasinato doutra persoa,
-
5:42 - 5:46cando as taxas de suicidio soben,
como está pasando nalgúns lugares, -
5:47 - 5:49as taxas de asasinato e suicidio
tamén subirán. -
5:51 - 5:56Eu quería entender o que pasaba pola
cabeza do meu fillo antes da súa morte, -
5:56 - 6:00así que busquei respostas daqueles
que sufriran unha perda por suicidio. -
6:02 - 6:06Investiguei e axudei
na recadación de fondos, -
6:06 - 6:08e sempre que podía,
-
6:08 - 6:12falaba con persoas que sobreviviran
á súa propia crise suicida -
6:13 - 6:14ou intento de suicidio.
-
6:15 - 6:17Unha das conversas que máis me axudaron
-
6:17 - 6:19foi cunha compañeira
-
6:19 - 6:20que me oíu falando con outra persoa
-
6:20 - 6:22na oficina.
-
6:23 - 6:26Oíume dicir que non podía ser
que Dylan me quixera -
6:26 - 6:29se puidera facer algo
tan horrible coma o que fixera. -
6:30 - 6:32Máis tarde, cando me atopou soa,
-
6:33 - 6:35desculpouse por escoitar a conversa,
-
6:35 - 6:37pero díxome que estaba enganada.
-
6:38 - 6:40Contoume que cando era unha
nai nova e solteira -
6:41 - 6:42con tres fillos pequenos,
-
6:43 - 6:47tivera depresión e fora hospitalizada
pola súa propia seguridade. -
6:48 - 6:50Naquel momento, ela estaba segura
-
6:50 - 6:53de que os seus fillos estarían mellor
se ela morrese, -
6:54 - 6:56así que decidira acabar coa súa vida.
-
6:57 - 7:01Aseguroume que o amor dunha nai
é o vínculo máis forte que hai na Terra -
7:01 - 7:04e que lles quería aos seus fillos
máis que a nada no mundo, -
7:05 - 7:07pero debido á súa enfermidade,
-
7:07 - 7:10estaba segura de que estarían
mellor sen ela. -
7:12 - 7:14O que me contou e o que aprendín
doutros -
7:14 - 7:18é que non tomamos a decisión ou elección
-
7:19 - 7:20de suicidarnos
-
7:20 - 7:23do mesmo xeito que escollemos
qué coche conducimos -
7:23 - 7:25ou a onde ir un sábado á noite.
-
7:26 - 7:29Cando alguén se encontra
nun estado suicida extremo, -
7:29 - 7:34trátase dunha emerxencia médica.
-
7:35 - 7:39A súa forma de pensar vese alterada
e perde os mecanismos de autocontrol. -
7:40 - 7:43Aínda que poden facer un plan
e actuar con lóxica, -
7:44 - 7:47a súa percepción
vese distorsionada por un filtro de dor -
7:47 - 7:50a través do cal interpretan
a súa realidade. -
7:51 - 7:54A algunhas persoas dáselles moi ben
esconder este estado, -
7:55 - 7:57e a miúdo teñen bos motivos para facelo.
-
7:59 - 8:02Moitos de nós temos pensamentos suicidas
nun momento ou noutro, -
8:02 - 8:05pero os pensamentos suicidas persistentes,
-
8:06 - 8:08e planear a propia morte
-
8:08 - 8:10son síntomas dunha patoloxía,
-
8:10 - 8:12e como moitas enfermidades,
-
8:12 - 8:15o problema debe ser recoñecido e tratado
-
8:16 - 8:17antes de que se perda unha vida.
-
8:19 - 8:21Mais a morte do meu fillo
non foi só un suicidio. -
8:22 - 8:24Foi un asasinato masivo.
-
8:25 - 8:31Eu buscaba comprender como o seu
pensamento suicida se volveu homicida. -
8:32 - 8:35Pero hai poucas investigacións
e non hai respostas sinxelas. -
8:36 - 8:39Si, seguro que tiña depresión.
-
8:41 - 8:46A súa personalidade era
perfeccionista e autosuficiente, -
8:47 - 8:51e iso facía que non acostumase
a pedir axuda a outra xente. -
8:52 - 8:55No colexio sufriu experiencias traumáticas
-
8:55 - 9:01que lle fixeron sentirse insignificante,
humillado e enfadado. -
9:02 - 9:05E tiña unha amizade complicada
-
9:05 - 9:10cun rapaz que compartía
os seus sentimentos de rabia e alienación, -
9:10 - 9:13e que estaba moi perturbado,
era controlador -
9:13 - 9:15e tiña instinto homicida.
-
9:16 - 9:19E por riba de todo isto
-
9:19 - 9:22neste período de vulnerabilidade
e fraxilidade -
9:23 - 9:25Dylan tivo acceso a armas de fogo,
-
9:26 - 9:28aínda que nunca tiveramos unha na casa.
-
9:29 - 9:34Foi moi fácil para un rapaz de 17 anos
comprar armas, -
9:34 - 9:39tanto legal como ilegalmente,
sen que eu o soubera ou lle dera permiso. -
9:40 - 9:44E por algunha razón, 17 anos
e moitos tiroteos en escolas despois, -
9:45 - 9:47aínda é espantosamente fácil.
-
9:49 - 9:52O que Dylan fixo ese día
rompeume o corazón, -
9:53 - 9:55e como pasa co trauma a miúdo,
-
9:55 - 9:58causou estragos no meu corpo
e na miña mente -
9:59 - 10:02Dous anos despois do tiroteo,
tiven cáncer de mama, -
10:03 - 10:07e dous anos despois diso,
comecei a ter problemas mentais. -
10:08 - 10:11Ademais da tristeza constante
-
10:12 - 10:15aterrábame atoparme con algún familiar
-
10:16 - 10:18de alguén que Dylan matara,
-
10:18 - 10:20ou que me abordase a prensa
-
10:20 - 10:21ou algún cidadán anoxado.
-
10:23 - 10:25Tiña medo de poñer as noticias,
-
10:26 - 10:30medo de que dixeran que era
unha mala nai ou unha persoa noxenta. -
10:33 - 10:35Comecei a sufrir ataques de pánico.
-
10:37 - 10:41A primeira vez foi catro anos
despois do tiroteo, -
10:41 - 10:44cando me estaba preparando para testificar
-
10:44 - 10:47e ía ter que ver ás familias
das vítimas cara a cara. -
10:48 - 10:51A segunda vez comezou seis anos
despois do tiroteo, -
10:51 - 10:54cando me estaba preparando para falar
en público sobre o suicidio -
10:54 - 10:56por primeira vez, nunha conferencia.
-
10:58 - 11:00Ambos episodios duraron varias semanas.
-
11:02 - 11:04Os ataques dábanme en calquera lugar:
-
11:04 - 11:08na ferraxería, na oficina,
-
11:08 - 11:10ou incluso cando estaba na cama lendo.
-
11:11 - 11:15A miña mente bloqueábase
nun círculo de terror -
11:16 - 11:18e por moito que intentase calmarme
-
11:18 - 11:22ou razoar o que me pasaba,
-
11:22 - 11:23non o conseguía.
-
11:24 - 11:27Era coma se o meu cerebro
estivese intentando matarme, -
11:28 - 11:30e naquel momento, ter medo de ter medo
-
11:31 - 11:32consumía todos os meus pensamentos.
-
11:33 - 11:35Daquela aprendín de primeira man
-
11:35 - 11:38o que se sente cando a mente
non che funciona ben -
11:39 - 11:42e foi cando me convertín nunha verdadeira
defensora da saúde cerebral. -
11:44 - 11:47Con terapia, medicación e autocoidados,
-
11:47 - 11:49co tempo a vida volveu
-
11:49 - 11:52ao que podería considerase normal
nestas circunstancias. -
11:53 - 11:55Cando volvín a vista atrás
-
11:55 - 11:59puiden ver que a espiral disfuncional
na que caeu o meu fillo -
12:00 - 12:03probablemente lle ocorrera ao longo
dun período de dous anos, -
12:03 - 12:06tempo abondo para conseguirlle axuda,
-
12:06 - 12:09se alguén se dera conta de que a precisaba
-
12:09 - 12:11e soubera qué facer.
-
12:16 - 12:18Cada vez que alguén me pregunta,
-
12:18 - 12:20"Como é que non o sabías?",
-
12:21 - 12:23síntome coma se me pegasen no estómago.
-
12:24 - 12:28Parece unha acusación,
e cáusame un sentimento de culpa -
12:28 - 12:31que, a pesar de toda a terapia que fixen,
-
12:31 - 12:33nunca se borra de todo.
-
12:34 - 12:36Mais hai algo que aprendín:
-
12:37 - 12:38se o amor abondara
-
12:39 - 12:41para evitar que as persoas suicidas
-
12:41 - 12:42se fixesen dano,
-
12:43 - 12:45os suicidios nunca ocorrerían.
-
12:46 - 12:48Pero o amor non basta,
-
12:49 - 12:51e o suicidio é frecuente.
-
12:52 - 12:54É a segunda causa de morte
-
12:55 - 12:57na xente de entre 10 e 34 anos,
-
12:58 - 13:00e o 15 % da mocidade estadounidense
-
13:00 - 13:03di que planeou o seu suicidio
-
13:03 - 13:04no último ano.
-
13:06 - 13:10Aprendín que por moito
que queiramos crer o contrario -
13:11 - 13:14non podemos saber ou controlar
-
13:14 - 13:16o que senten os nosos seres queridos,
-
13:17 - 13:20e a crenza teimuda de que somos distintos,
-
13:21 - 13:24de que alguén que nós queremos
nunca pensaría en facerse dano -
13:24 - 13:25ou facerllo a outra persoa,
-
13:26 - 13:28pode provocar que non vexamos
-
13:28 - 13:30o que está escondido a simple vista.
-
13:32 - 13:35E se a peor das posibilidades sucede,
-
13:37 - 13:40temos que aprender a perdoarnos
por non saber -
13:40 - 13:43ou por non facer as preguntas correctas
-
13:43 - 13:46ou por non atopar o tratamento adecuado.
-
13:47 - 13:48Sempre debemos asumir
-
13:49 - 13:51que alguén que queremos
pode estar sufrindo, -
13:52 - 13:54a pesar do que diga
-
13:55 - 13:56ou de como actúe.
-
13:57 - 13:59Debemos escoitar con todo o noso ser,
-
14:00 - 14:01sen xulgar,
-
14:02 - 14:04e sen ofrecer solucións.
-
14:07 - 14:10Sei que vivirei con esta traxedia,
-
14:11 - 14:13con estas traxedias múltiples,
-
14:13 - 14:14durante o resto da miña vida.
-
14:15 - 14:17Sei que para moitos,
-
14:21 - 14:25o que eu perdín non se pode comparar
co que perderon o resto das familias. -
14:26 - 14:29Sei que o meu sufrimento
non fai o deles máis sinxelo. -
14:31 - 14:36Sei que hai incluso xente que pensa
que non teño dereito a sufrir, -
14:36 - 14:39só a unha vida de penitencia permanente.
-
14:42 - 14:44Ó final, o que sei resúmese nisto:
-
14:45 - 14:51a tráxica realidade é que incluso
os máis responsables e atentos de nós -
14:52 - 14:53podemos non ser capaces de axudar,
-
14:55 - 14:57pero en nome do amor,
-
14:57 - 14:59non debemos deixar de intentar
-
14:59 - 15:01saber o que non se pode saber.
-
15:02 - 15:03Grazas.
-
15:03 - 15:04(Aplausos)
- Title:
- O meu fillo foi un tiroteador en Columbine. Esta é a miña historia.
- Speaker:
- Sue Klebold
- Description:
-
Sue Klebold é a nai de Dylan Klebold, un dos dous tiroteadores que mataron a 12 estudantes e un profesor na masacre do instituto Columbine. Sue pasou anos escarvando en cada detalle da súa vida familiar, intentando comprender se puido ter feito algo para previr a violencia do seu fillo. Nesta charla difícil e dolorosa, Klebold explora a intersección entre a saúde mental e a violencia, pedíndolles a pais e profesionais que examinen a relación entre os pensamentos suicidas e os homicidas.
- Video Language:
- English
- Team:
- closed TED
- Project:
- TEDTalks
- Duration:
- 15:18
Xusto Rodriguez edited Galician subtitles for My son was a Columbine shooter. This is my story | ||
Xusto Rodriguez approved Galician subtitles for My son was a Columbine shooter. This is my story | ||
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela accepted Galician subtitles for My son was a Columbine shooter. This is my story | ||
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for My son was a Columbine shooter. This is my story | ||
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for My son was a Columbine shooter. This is my story | ||
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for My son was a Columbine shooter. This is my story | ||
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for My son was a Columbine shooter. This is my story | ||
Alba Verea edited Galician subtitles for My son was a Columbine shooter. This is my story |