A luz do Sol é moito máis antiga do que pensas - Sten Odenwald
-
0:07 - 0:10Se cadra sabes que á luz
fanlle falta só 8 minutos -
0:10 - 0:13para chegar a nós
desde a superficie do Sol. -
0:13 - 0:15Pero, ¿canto pensas
que lle leva á luz -
0:15 - 0:18viaxar desde o núcleo do Sol
ata a súa superficie? -
0:18 - 0:22¿Uns poucos segundos, ou un minuto
como moito? -
0:22 - 0:26Ben, por raro que pareza, a resposta é:
moitos miles de anos. -
0:26 - 0:27E velaí o porqué.
-
0:27 - 0:32Os fotóns son producidos por reaccións
nucleares profundas no núcleo solar. -
0:32 - 0:38Ao saíren do núcleo, os fotóns interactúan
con materia e perden enerxía, -
0:38 - 0:41converténdose en formas de luz
de maiores lonxitudes de onda. -
0:41 - 0:44Comezan como raios gamma no núcleo,
-
0:44 - 0:50e terminan como raios X, luz ultravioleta
ou visible, ao achegárense á superficie. -
0:50 - 0:54Así e todo, esa viaxe
non é nin sinxela nin directa. -
0:54 - 1:02Ao nacer, o fotón viaxa a unha velocidade
de 300 000 km por segundo -
1:02 - 1:07ata que choca cun protón
e é desviado noutra dirección, -
1:07 - 1:12actuando como un proxectil que rebota en
cada partícula cargada con que impacta. -
1:12 - 1:15Saber a que distancia chega ese fotón
desde o centro do Sol -
1:15 - 1:17logo de cada colisión,
-
1:17 - 1:20coñécese como 'problema
de paseo aleatorio'. -
1:20 - 1:23A resposta dáa
seguinte fórmula: -
1:23 - 1:28a distancia é igual ao tamaño do paso
pola raíz cadrada do número de pasos. -
1:28 - 1:31Así, se dás un paseo aleatorio
desde a porta da túa casa -
1:31 - 1:34cun ritmo de pasos dun metro por segundo,
-
1:34 - 1:38tardarías un millón de pasos e 11 días
-
1:38 - 1:41en andar só un quilómetro.
-
1:41 - 1:45Entón, ¿canto tempo lle leva a un
fotón xerado no centro do Sol -
1:45 - 1:47chegar ata ti?
-
1:47 - 1:49Coñecemos a masa solar
-
1:49 - 1:53e podemos usala para calcular
a cantidade de protóns que ten. -
1:53 - 1:58Supoñamos por un segundo que
estes protóns teñen distribución uniforme, -
1:58 - 2:05e que a distancia media entre eles
é de 1 x 10^-10 metros. -
2:05 - 2:11Un paseo aleatorio de 690 000 km
desde o núcleo ata a superficie do Sol -
2:11 - 2:18requiriría 3,9 x 10^37 pasos,
-
2:18 - 2:22o que dá un tempo total de viaxe
de 400 000 millóns de anos. -
2:22 - 2:25Hum, iso non pode estar ben.
-
2:25 - 2:29O Sol ten só 4600 millóns
de anos... ¿onde está logo o erro? -
2:29 - 2:30En dúas cousas:
-
2:30 - 2:33En realidade, o Sol non ten
densidade uniforme -
2:33 - 2:38e os fotóns van perder bastantes
protóns entre cada colisión. -
2:38 - 2:41En realidade, é a enerxía dun fotón,
-
2:41 - 2:44que cambia no transcurso da súa viaxe,
-
2:44 - 2:47a que determina a probabilidade
de que interactúe cun protón. -
2:47 - 2:49E sobre a cuestión da densidade,
-
2:49 - 2:52os nosos modelos mostran que
o Sol ten un núcleo quente, -
2:52 - 2:54onde ocorren as reaccións de fusión.
-
2:54 - 2:57Ao redor del está a zona de radiación,
-
2:57 - 3:01seguida pola zona de convección,
que se estende ata a superficie. -
3:01 - 3:05O material do núcleo é
moito máis denso que o chumbo, -
3:05 - 3:10mentres que o plasma quente superficial
é un millón de veces menos denso -
3:10 - 3:12cun continuo de densidades
no medio. -
3:12 - 3:16E está a relación fotóns-enerxía.
-
3:16 - 3:19Para un fotón que contén
unha pequena cantidade de enerxía, -
3:19 - 3:21un protón é realmente enorme,
-
3:21 - 3:25e ten moita máis probabilidade
de facer que o fotón rebote nel. -
3:25 - 3:29E para un fotón de alta enerxía,
é ao revés. -
3:29 - 3:31Os protóns son realmente
minúsculos. -
3:31 - 3:34Os fotóns empezan con moi altas enerxías
-
3:34 - 3:37comparados coas que teñen cando
son irradiados desde a superficie do Sol. -
3:37 - 3:42Se usamos unha computadora e un modelo
sofisticado do interior do Sol -
3:42 - 3:46para calcular a ecuación do paseo
aleatorio con esas cantidades cambiantes -
3:46 - 3:52obténse como resultado: 170 000 anos.
-
3:52 - 3:57Descubertas futuras sobre o Sol
poden afinar aínda máis este resultado, -
3:57 - 4:00pero por agora, segundo o que sabemos,
-
4:00 - 4:02a luz que chega hoxe aos teus ollos
-
4:02 - 4:08botou 170 000 anos rebotando na busca
do seu camiño cara á superficie do Sol, -
4:08 - 4:11e mais 8 breves minutos no espazo.
-
4:11 - 4:16Noutras palabras, ese fotón empezou
a súa viaxe hai dúas idades do xeo, -
4:16 - 4:20pola mesma época en que os seres humanos
comezaron a usar roupa.
- Title:
- A luz do Sol é moito máis antiga do que pensas - Sten Odenwald
- Description:
-
Podes ver a lección completa en http://ed.ted.com/lessons/sunlight-is-way-older-than-you-think-sten-odenwald
Á luz lévalle só 8 minutos chegar á Terra desde a superfície do Sol. Pero ¿canto tarda a mesma luz en viaxar desde o núcleo do Sol ata a súa superfície? Por moi estraño que pareza, a resposta é: moitos millares de anos. Sten Odenwald explica o porqué, ilustrando o 'problema do paseo aleatorio'.
Lección de Sten Odenwald, animación de TOTEM Studio. - Video Language:
- English
- Team:
- closed TED
- Project:
- TED-Ed
Dimitra Papageorgiou approved Galician subtitles for Sunlight is way older than you think - Sten Odenwald | ||
Alicia Ferreiro edited Galician subtitles for Sunlight is way older than you think - Sten Odenwald | ||
Alicia Ferreiro accepted Galician subtitles for Sunlight is way older than you think - Sten Odenwald | ||
Alicia Ferreiro edited Galician subtitles for Sunlight is way older than you think - Sten Odenwald | ||
Alicia Ferreiro edited Galician subtitles for Sunlight is way older than you think - Sten Odenwald | ||
Xusto Rodriguez edited Galician subtitles for Sunlight is way older than you think - Sten Odenwald | ||
Xusto Rodriguez edited Galician subtitles for Sunlight is way older than you think - Sten Odenwald | ||
Xusto Rodriguez edited Galician subtitles for Sunlight is way older than you think - Sten Odenwald |