Return to Video

A luz do Sol é moito máis antiga do que pensas - Sten Odenwald

  • 0:07 - 0:10
    Se cadra sabes que á luz
    fanlle falta só 8 minutos
  • 0:10 - 0:13
    para chegar a nós
    desde a superficie do Sol.
  • 0:13 - 0:15
    Pero, ¿canto pensas
    que lle leva á luz
  • 0:15 - 0:18
    viaxar desde o núcleo do Sol
    ata a súa superficie?
  • 0:18 - 0:22
    ¿Uns poucos segundos, ou un minuto
    como moito?
  • 0:22 - 0:26
    Ben, por raro que pareza, a resposta é:
    moitos miles de anos.
  • 0:26 - 0:27
    E velaí o porqué.
  • 0:27 - 0:32
    Os fotóns son producidos por reaccións
    nucleares profundas no núcleo solar.
  • 0:32 - 0:38
    Ao saíren do núcleo, os fotóns interactúan
    con materia e perden enerxía,
  • 0:38 - 0:41
    converténdose en formas de luz
    de maiores lonxitudes de onda.
  • 0:41 - 0:44
    Comezan como raios gamma no núcleo,
  • 0:44 - 0:50
    e terminan como raios X, luz ultravioleta
    ou visible, ao achegárense á superficie.
  • 0:50 - 0:54
    Así e todo, esa viaxe
    non é nin sinxela nin directa.
  • 0:54 - 1:02
    Ao nacer, o fotón viaxa a unha velocidade
    de 300 000 km por segundo
  • 1:02 - 1:07
    ata que choca cun protón
    e é desviado noutra dirección,
  • 1:07 - 1:12
    actuando como un proxectil que rebota en
    cada partícula cargada con que impacta.
  • 1:12 - 1:15
    Saber a que distancia chega ese fotón
    desde o centro do Sol
  • 1:15 - 1:17
    logo de cada colisión,
  • 1:17 - 1:20
    coñécese como 'problema
    de paseo aleatorio'.
  • 1:20 - 1:23
    A resposta dáa
    seguinte fórmula:
  • 1:23 - 1:28
    a distancia é igual ao tamaño do paso
    pola raíz cadrada do número de pasos.
  • 1:28 - 1:31
    Así, se dás un paseo aleatorio
    desde a porta da túa casa
  • 1:31 - 1:34
    cun ritmo de pasos dun metro por segundo,
  • 1:34 - 1:38
    tardarías un millón de pasos e 11 días
  • 1:38 - 1:41
    en andar só un quilómetro.
  • 1:41 - 1:45
    Entón, ¿canto tempo lle leva a un
    fotón xerado no centro do Sol
  • 1:45 - 1:47
    chegar ata ti?
  • 1:47 - 1:49
    Coñecemos a masa solar
  • 1:49 - 1:53
    e podemos usala para calcular
    a cantidade de protóns que ten.
  • 1:53 - 1:58
    Supoñamos por un segundo que
    estes protóns teñen distribución uniforme,
  • 1:58 - 2:05
    e que a distancia media entre eles
    é de 1 x 10^-10 metros.
  • 2:05 - 2:11
    Un paseo aleatorio de 690 000 km
    desde o núcleo ata a superficie do Sol
  • 2:11 - 2:18
    requiriría 3,9 x 10^37 pasos,
  • 2:18 - 2:22
    o que dá un tempo total de viaxe
    de 400 000 millóns de anos.
  • 2:22 - 2:25
    Hum, iso non pode estar ben.
  • 2:25 - 2:29
    O Sol ten só 4600 millóns
    de anos... ¿onde está logo o erro?
  • 2:29 - 2:30
    En dúas cousas:
  • 2:30 - 2:33
    En realidade, o Sol non ten
    densidade uniforme
  • 2:33 - 2:38
    e os fotóns van perder bastantes
    protóns entre cada colisión.
  • 2:38 - 2:41
    En realidade, é a enerxía dun fotón,
  • 2:41 - 2:44
    que cambia no transcurso da súa viaxe,
  • 2:44 - 2:47
    a que determina a probabilidade
    de que interactúe cun protón.
  • 2:47 - 2:49
    E sobre a cuestión da densidade,
  • 2:49 - 2:52
    os nosos modelos mostran que
    o Sol ten un núcleo quente,
  • 2:52 - 2:54
    onde ocorren as reaccións de fusión.
  • 2:54 - 2:57
    Ao redor del está a zona de radiación,
  • 2:57 - 3:01
    seguida pola zona de convección,
    que se estende ata a superficie.
  • 3:01 - 3:05
    O material do núcleo é
    moito máis denso que o chumbo,
  • 3:05 - 3:10
    mentres que o plasma quente superficial
    é un millón de veces menos denso
  • 3:10 - 3:12
    cun continuo de densidades
    no medio.
  • 3:12 - 3:16
    E está a relación fotóns-enerxía.
  • 3:16 - 3:19
    Para un fotón que contén
    unha pequena cantidade de enerxía,
  • 3:19 - 3:21
    un protón é realmente enorme,
  • 3:21 - 3:25
    e ten moita máis probabilidade
    de facer que o fotón rebote nel.
  • 3:25 - 3:29
    E para un fotón de alta enerxía,
    é ao revés.
  • 3:29 - 3:31
    Os protóns son realmente
    minúsculos.
  • 3:31 - 3:34
    Os fotóns empezan con moi altas enerxías
  • 3:34 - 3:37
    comparados coas que teñen cando
    son irradiados desde a superficie do Sol.
  • 3:37 - 3:42
    Se usamos unha computadora e un modelo
    sofisticado do interior do Sol
  • 3:42 - 3:46
    para calcular a ecuación do paseo
    aleatorio con esas cantidades cambiantes
  • 3:46 - 3:52
    obténse como resultado: 170 000 anos.
  • 3:52 - 3:57
    Descubertas futuras sobre o Sol
    poden afinar aínda máis este resultado,
  • 3:57 - 4:00
    pero por agora, segundo o que sabemos,
  • 4:00 - 4:02
    a luz que chega hoxe aos teus ollos
  • 4:02 - 4:08
    botou 170 000 anos rebotando na busca
    do seu camiño cara á superficie do Sol,
  • 4:08 - 4:11
    e mais 8 breves minutos no espazo.
  • 4:11 - 4:16
    Noutras palabras, ese fotón empezou
    a súa viaxe hai dúas idades do xeo,
  • 4:16 - 4:20
    pola mesma época en que os seres humanos
    comezaron a usar roupa.
Title:
A luz do Sol é moito máis antiga do que pensas - Sten Odenwald
Description:

Podes ver a lección completa en http://ed.ted.com/lessons/sunlight-is-way-older-than-you-think-sten-odenwald

Á luz lévalle só 8 minutos chegar á Terra desde a superfície do Sol. Pero ¿canto tarda a mesma luz en viaxar desde o núcleo do Sol ata a súa superfície? Por moi estraño que pareza, a resposta é: moitos millares de anos. Sten Odenwald explica o porqué, ilustrando o 'problema do paseo aleatorio'.
Lección de Sten Odenwald, animación de TOTEM Studio.

more » « less
Video Language:
English
Team:
closed TED
Project:
TED-Ed

Galician subtitles

Revisions