De que xeito o racismo dana as embarazadas e como se pode atallar
-
0:01 - 0:05Coido que a maioría ides comprender
o que estou a sentir. -
0:05 - 0:08O corazón latexa forte.
-
0:08 - 0:11As mans están un chisco pegañentas.
-
0:11 - 0:12Súo.
-
0:13 - 0:15Non respiro moi profundo.
-
0:15 - 0:20A causa destas sensacións familiares
é estar fronte a miles de vós -
0:21 - 0:25e dar unha charla que quizais
vexan na rede un millón máis. -
0:25 - 0:30Mais isto físico que sinto deriva
dun mecanismo mente-corpo -
0:30 - 0:32moito máis básico.
-
0:32 - 0:36O sistema nervioso envíalle
unha morea de hormonas -
0:36 - 0:39á corrente sanguínea,
coma cortisol e adrenalina. -
0:39 - 0:45Unha resposta ben antiga e necesaria
para enviarlles aos órganos e músculos -
0:45 - 0:49o sangue e o osíxeno precisos
de ter que responder a unha ameaza. -
0:49 - 0:54Mais a resposta ten un problema:
podería activarse demais. -
0:54 - 0:58Se acotío teño que enfrontar
estes estresantes -
0:58 - 1:00e isto se estende no tempo,
-
1:01 - 1:04poderíase sobrecargar o sistema.
-
1:04 - 1:07É dicir, que pase de cando en vez
-
1:07 - 1:10é moi necesario para
o benestar e a supervivencia. -
1:10 - 1:13Porén, de darse decote,
pode facerme mal. -
1:14 - 1:18Cada vez se investiga máis a relación
entre o estrés crónico e as doenzas, -
1:19 - 1:24demostrando a conexión deste
coas doenzas cardíacas e mesmo co cancro, -
1:24 - 1:29xa que, ao activarse demasiado,
co tempo pode interferir -
1:29 - 1:32cos procesos que nos manteñen sas.
-
1:33 - 1:36Imos imaxinar por un intre
que estou embarazada. -
1:37 - 1:41Como podería impactar
o estrés durante o embarazo -
1:41 - 1:45na saúde do feto?
-
1:46 - 1:49Acho que non vos vai sorprender que
-
1:49 - 1:52este estrés non sexa bo
durante o embarazo. -
1:52 - 1:56Mesmo pode provocar
un parto prematuro, -
1:56 - 1:58pois, basicamente, comunica que
-
1:58 - 2:02o útero xa non é un lugar seguro
para o feto. -
2:02 - 2:05O estrés no embarazo está ligado
-
2:05 - 2:08á tensión alta e
ao déficit de peso do feto -
2:08 - 2:11e pode derivar nun alude
de problemas de saúde que volvan -
2:11 - 2:15o parto moito máis perigoso
para a nai e o bebé. -
2:15 - 2:18Co estilo de vida moderno,
-
2:18 - 2:20o estrés é case
algo universal, non é? -
2:20 - 2:23Inda que non falarades en TED,
-
2:23 - 2:25afrontastes unha exposición
importante no traballo, -
2:25 - 2:27a perda súbita de emprego,
-
2:27 - 2:28un exame crucial
-
2:28 - 2:31ou un conflito grave
cun parente ou cunha amizade. -
2:32 - 2:35Mais o estrés que experimentamos
-
2:35 - 2:38e ser quen de ficar
relaxadas tempo dabondo -
2:38 - 2:40para que o corpo traballe ben,
-
2:40 - 2:43depende moito de quen sexamos.
-
2:43 - 2:46Tamén se está a investigar máis
-
2:46 - 2:50como é máis probábel que as persoas
que experimentan máis discriminación -
2:50 - 2:52teñan máis problemas de saúde.
-
2:52 - 2:54Ata a ameaza de seren discriminadas,
-
2:54 - 2:58como a preocupación de que
te pare a policía mentres conduces, -
2:58 - 3:02che pode afectar
a saúde de xeito negativo. -
3:03 - 3:05David Williams, profesor en Harvard,
-
3:05 - 3:09doutor e pioneiro nas ferramentas
que demostran estas conexións, -
3:09 - 3:12di que os grupos
máis marxinalizados na sociedade -
3:12 - 3:16experimentan máis discriminación
e impactos na saúde. -
3:17 - 3:20Levo máis de dez anos interesada
na saúde materna, -
3:20 - 3:25dende que me foi mal nos
estudos preparatorios de medicina -
3:25 - 3:29e decidín procurar alternativas
para axudar persoas encintas. -
3:29 - 3:33Torneime doula, persoa non profesional,
formada para dar apoio -
3:33 - 3:35no embarazo e no parto.
-
3:35 - 3:38Ao ser latina e falar español,
no primeiro voluntariado -
3:38 - 3:41nun hospital público de Carolina do Norte
-
3:41 - 3:44vin ben claro como a raza e a clase
afectaban as experiencias -
3:44 - 3:47das mulleres ás que lles daba apoio.
-
3:47 - 3:52As taxas de doenzas
durante o embarazo e o parto -
3:52 - 3:55evidencian o patrón do Dr. Williams.
-
3:55 - 4:01No tocante á saúde dos bebés ao nacer,
a experiencia das afroamericanas é -
4:01 - 4:04completamente diferente á das brancas.
-
4:05 - 4:08Nalgúns lugares do país,
sobre todo no sueste, -
4:08 - 4:12a taxa de mortalidade materna e infantil
para as mulleres negras -
4:12 - 4:15achégase á taxa da África subsahariana.
-
4:15 - 4:20Nas mesmas zonas, esa taxa
para as mulleres brancas é case nula. -
4:21 - 4:24A nivel nacional,
é catro veces máis probábel -
4:24 - 4:27que unha muller negra morra
no embarazo ou no parto -
4:27 - 4:29ca unha muller branca.
-
4:29 - 4:31Catro veces.
-
4:31 - 4:33É o dobre de probábel
-
4:33 - 4:37que os bebés delas morran
antes do primeiro ano, -
4:37 - 4:42e entre dúas e tres veces máis probábel
que nazan prematuros ou moi fracos, -
4:42 - 4:45sinal de falta de desenvolvemento.
-
4:45 - 4:49As indíxenas teñen tamén máis
probabilidade cás mulleres brancas -
4:49 - 4:53de seren afectadas por estes problemas,
así coma algúns grupos de latinas. -
4:53 - 4:56Nos últimos dez anos,
como doula e xornalista -
4:56 - 4:59tentei chamar a atención no
diferente das experiencias -
4:59 - 5:02das mulleres racializadas,
sobre todo, negras, -
5:02 - 5:06no embarazo e no parto nos EE.UU.
-
5:06 - 5:08Malia estes datos abominábeis,
-
5:08 - 5:11a xente adoita crer que
se debe á pobreza ou -
5:11 - 5:14á falla de acceso á saúde.
-
5:14 - 5:17Mais iso non abonda
para comprender o problema. -
5:17 - 5:21As mulleres negras de clase media
-
5:21 - 5:25teñen resultados moito peores
cás brancas de clase media. -
5:25 - 5:28De feito, a fenda é meirande.
-
5:29 - 5:32Aínda que o acceso á saúde
segue a ser un problema, -
5:32 - 5:36as mulleres racializadas que
reciben o coidado prenatal recomendado -
5:36 - 5:38padecen tamén estas taxas.
-
5:38 - 5:44Daquela, pasamos da discriminación
ao estrés, á saúde feble, -
5:44 - 5:48e desvélase unha realidade que
coñecen ben moitas persoas racializadas: -
5:49 - 5:52o racismo estanos a enfermar.
-
5:52 - 5:54Credes que esaxero?
-
5:54 - 5:59Reparade: as persoas que migran,
en especial, negras e latinas, -
5:59 - 6:02están máis sas ao chegar.
-
6:02 - 6:06Porén, canto máis fican nos EE.UU.
máis lles empeora a saúde. -
6:06 - 6:10Nós, nacidas nos EE.UU. de pais cubanos,
-
6:11 - 6:15somos máis propensas a ter
peor saúde cós nosos avós. -
6:15 - 6:18Na academia chámeselle
"paradoxo de quen migra", -
6:18 - 6:22e esclarece aínda máis que nos EE.UU.
hai algo que nos fai dano. -
6:22 - 6:26Mais que o racismo estea a enfermar
persoas racializadas, -
6:26 - 6:30sobre todo, mulleres e bebés negros,
é un problema inmenso. -
6:30 - 6:33Pasaría toda a charla con iso,
mais non o farei, -
6:33 - 6:36porque vos quero falar dunha solución.
-
6:36 - 6:41O bo é que non é moi cara e
non require fármacos sofisticados, -
6:41 - 6:43nin tecnoloxía nova.
-
6:43 - 6:46A solución chámase "Fórmula JJ".
-
6:47 - 6:52Preséntovos a Jennie Joseph,
unha matrona de Orlando, Florida, -
6:52 - 6:55que leva máis dunha década
acompañando embarazadas. -
6:55 - 6:59Co seu equipo, nas chamadas
clínicas de acceso doado, -
6:59 - 7:03ofrécelles coidado prenatal
a máis de 600 mulleres ao ano. -
7:03 - 7:07As clientas, na maioría
negras, haitianas e latinas, -
7:07 - 7:10paren nos hospitais locais.
-
7:10 - 7:14Mais ao ofrecer un coidado prenatal
accesíbel e respectuoso, -
7:14 - 7:16Jennie logrou algo excepcional:
-
7:16 - 7:21case todos os bebés nacen
a termo e están sans. -
7:21 - 7:24O método parece ben sinxelo.
-
7:24 - 7:27Os compromisos
comezan na recepción. -
7:27 - 7:31Cada integrante do equipo
apoia o máximo posible -
7:31 - 7:33a cada muller que vaia á clínica.
-
7:33 - 7:36Non se rexeita por falla de recursos.
-
7:36 - 7:40Malia as trabas, as contas dan.
-
7:40 - 7:43Non se penaliza por chegar tarde.
-
7:43 - 7:46Non se menospreza nin denigra.
-
7:46 - 7:50A sala de espera semella
o salón dunha tía de teu. -
7:50 - 7:53Chámalle "clase de disfraces".
-
7:54 - 7:57Agardan en cadeiras nun círculo,
-
7:57 - 8:00falando de unha a unha cunha educadora,
-
8:00 - 8:03ou nunha clase prenatal grupal.
-
8:03 - 8:05Cando te chaman,
-
8:05 - 8:09Alexis ou Trina, asistentes médicas,
danche a benvida. -
8:09 - 8:12As dúas son novas, afroamericanas e nais.
-
8:13 - 8:15Achéganse de xeito atento e relaxado.
-
8:15 - 8:17Nunha visita que observei,
-
8:17 - 8:20Trina falaba cunha rapaza,
a piques de ser nai, -
8:20 - 8:22mentres lle miraba a tensión.
-
8:22 - 8:26Custáballe reter o alimento polas náuseas.
-
8:26 - 8:29Trina, desinflando o aparello, dixo:
-
8:29 - 8:34"Imos mudar a receita, si?
Temos que lograr que comas". -
8:34 - 8:38Falar en plural, dun "nós", é
crucial no modelo de Jennie. -
8:38 - 8:42Ve o persoal como parte dun equipo que,
xunto coa clienta e a familia, -
8:43 - 8:44ten unha meta:
-
8:44 - 8:47que chegue ao parto cun bebé san.
-
8:47 - 8:51Cre que Trina e Alexis son
o piar do seu modelo de coidados -
8:51 - 8:55e que o seu rol como axente
só consiste en apoialas. -
8:55 - 8:58Trina está case sempre ao teléfono,
-
8:58 - 9:00falando coas clientas de múltiples cousas.
-
9:00 - 9:04Unha muller preguntoulle
se o que lle receitaran no hospital -
9:04 - 9:06era axeitado no embarazo.
-
9:06 - 9:08Non o era.
-
9:08 - 9:12Outra envioulle fotos dun bebé nacido
baixo os coidados de Jennie. -
9:13 - 9:16Cando te chaman para
ver á especialista, -
9:16 - 9:21xa te pesaches ti mesma e
xa preparaches a proba de urina. -
9:21 - 9:24Isto afástase do modelo tradicional,
-
9:24 - 9:27pois volve pór
a información e a responsabilidade -
9:27 - 9:29nas mans das mulleres.
-
9:29 - 9:32A diferenza das clínicas
nas que quizais te reprenden -
9:32 - 9:34por non seguir as recomendacións,
-
9:34 - 9:38en xeral máis accesíbeis
para mulleres con ingresos baixos, -
9:38 - 9:41no modelo de Jennie dáse
o máximo apoio posíbel. -
9:42 - 9:44Ese apoio amortece de xeito crucial
-
9:44 - 9:50o estrés que resulta do racismo e
da discriminación que enfrontan acotío. -
9:50 - 9:53Mais velaquí vai o mellor:
-
9:53 - 9:56hai moito que é un éxito total.
-
9:56 - 9:58Lembrades as estatísticas?
-
9:58 - 10:02É máis probábel que as mulleres negras
teñan partos prematuros, -
10:02 - 10:04que os bebés nazan moi fracos,
-
10:04 - 10:07que morran por complicacións
no embarazo ou parto. -
10:07 - 10:10Ben, a Fórmula JJ case erradicou
eses problemas, -
10:11 - 10:13comezando polo que ela chama
"bebés fracos". -
10:14 - 10:19Conseguiu que case todas as súas clientas
teñan bebés sas e gordiñas coma esta. -
10:19 - 10:22(Público) Ah!
-
10:22 - 10:27(Miriam) É a filla dunha clienta
de Jennie que naceu en xuño. -
10:28 - 10:30As mulleres coma ela,
-
10:30 - 10:34que parían nos mesmos hospitais
cás clientas de Jennie, -
10:34 - 10:36eran tres veces máis propensas
a ter o bebé -
10:36 - 10:39con menos peso do recomendábel.
-
10:39 - 10:42Jennie está a avanzar
no que durante décadas -
10:42 - 10:45se considerou case irresolúbel.
-
10:45 - 10:48Se cadra pensades que
esta atención persoal -
10:48 - 10:51é demasiado custosa para expandirse.
-
10:52 - 10:53Estariades errados.
-
10:54 - 10:57A visita coa especialista
non é o piar do modelo, -
10:57 - 10:58e con razón.
-
10:58 - 11:01As visitas son caras,
e para que o modelo continúe, -
11:01 - 11:04ten que ver moitas clientas
para cubrir custos. -
11:04 - 11:07Mais non ten que pasar
moito tempo con cada unha, -
11:07 - 11:11se todo o persoal lles pode dar
o apoio, a información -
11:11 - 11:14e o coidado que precisan.
-
11:14 - 11:18O fermoso é que cre que
case se pode implementar -
11:18 - 11:20en calquera contorno médico.
-
11:21 - 11:25Unha revolución nos coidados que
está no forno, agardando a saír. -
11:25 - 11:27Estes problemas son inmensos.
-
11:27 - 11:31Veñen de historias interminábeis
de racismo e clasismo; -
11:31 - 11:34dunha sociedade estratificada
segundo a raza e a clase. -
11:34 - 11:38Comprenden mecanismos fisiolóxicos
que deberan protexernos, -
11:38 - 11:41mais ao sobreestimularse,
fannos mal. -
11:41 - 11:43Mais se algo aprendín de ser doula
-
11:43 - 11:47é que un pouquiño
de apoio incondicional pode facer moito. -
11:48 - 11:50A historia ensinounos
o moito que resisten as persoas. -
11:51 - 11:53Aínda que non podemos
erradicar o racismo de socato, -
11:53 - 11:55nin o estrés que causa,
-
11:55 - 11:57podemos crear contornos para amortecer
-
11:57 - 12:01o que as persoas racializadas
experimentan decote. -
12:01 - 12:04No embarazo, iso é
unha ferramenta ben efectiva -
12:04 - 12:08para mudar o impacto do racismo
nas xeracións futuras. -
12:08 - 12:09Grazas.
- Title:
- De que xeito o racismo dana as embarazadas e como se pode atallar
- Speaker:
- Miriam Zoila Pérez
- Description:
-
O racismo está a enfermar as persoas, sobre todo as mulleres e os bebés negros, di Miriam Zoila Pérez. A xornalista que virou doula explora a relación entre a raza, a clase e as doenzas e presenta un programa de coidados prenatais ben empático para as embarazadas co que amortecer o estrés que as persoas racializadas enfrontan acotío.
- Video Language:
- English
- Team:
- closed TED
- Project:
- TEDTalks
- Duration:
- 12:25
Xusto Rodriguez approved Galician subtitles for How racism harms pregnant women -- and what can help | ||
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela accepted Galician subtitles for How racism harms pregnant women -- and what can help | ||
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for How racism harms pregnant women -- and what can help | ||
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for How racism harms pregnant women -- and what can help | ||
Cristina Marey Castro edited Galician subtitles for How racism harms pregnant women -- and what can help | ||
Cristina Marey Castro edited Galician subtitles for How racism harms pregnant women -- and what can help | ||
Cristina Marey Castro edited Galician subtitles for How racism harms pregnant women -- and what can help | ||
Cristina Marey Castro edited Galician subtitles for How racism harms pregnant women -- and what can help |