A guerra moderna de Damien Mander en TEDx Sydney
-
0:14 - 0:17A miña historia comeza en Zimbawe
-
0:17 - 0:19...con Orpheus,
un garda forestal moi valente... -
0:19 - 0:22...e un búfalo ferido.
-
0:23 - 0:27Orpheus mirouno no chan,
e miroume... -
0:27 - 0:31...e cando os nosos ollos se cruzaron,
sentimos unha aflición que non se pode expresar. -
0:31 - 0:36Era fermosa, inocente e salvaxe...
-
0:36 - 0:42...e Orpheus ergueu a boca do rifle
ata súa orella. (Disparo) -
0:42 - 0:46Nese intre, comezou a parir.
-
0:47 - 0:51Mentres o cachorro prematuro perdía a vida,
examinabamos as súas feridas. -
0:51 - 0:56Cortou a pata traseira
nunha trampa de arame. -
0:56 - 0:59Loitou moitísimo e tanto tempo
pola súa liberdade... -
0:59 - 1:02...que se lle desgarrou
a pelves pola metade. -
1:02 - 1:05Pero conseguiu liberarse.
-
1:05 - 1:09Señoras e señores, hoxe sento
unha gran responsabilidade -
1:09 - 1:14de falar en nome de
aqueles que non poden. -
1:14 - 1:18O seu sufrimento é
a miña aflición e motivación. -
1:21 - 1:26Luther King resume
o meu chamado ás armas: -
1:26 - 1:30«Chega un momento en que unha persoa
debe adoptar unha postura que non é nin segura... -
1:30 - 1:32...nin politicamente aceptable,
nin popular... -
1:32 - 1:38pero debe adoptala
porque é o correcto». -
1:38 - 1:42Porque a conciencia dinos
que é o correcto. -
1:43 - 1:46Ao final desta charla
preguntareilles algo. -
1:46 - 1:49Esta pregunta é a única razón
pola que estou aquí, -
1:49 - 1:51pola que viaxei dende a Sabana.
-
1:51 - 1:54Esta pregunta liberou a miña alma.
-
1:54 - 1:59Como respondades esta pregunta
será sempre cosa vosa. -
1:59 - 2:02Recordo ver o filme
«O mago de Oz» de neno. -
2:02 - 2:06Nunca tiven medo da bruxa
ou dos monos voadores. -
2:06 - 2:11O meu maior medo era medrar
coma o león, sen coraxe. -
2:11 - 2:15E crecín preguntándome
se tería coraxe. -
2:15 - 2:19Anos despois de que Dorothy
volvera a Kansas... -
2:19 - 2:21...e o león atopara a coraxe...
-
2:21 - 2:24...entrei nun local de tatuaxes...
-
2:24 - 2:27...e tatueime no peito
«Seek and Destroy (atopar e destruír)». -
2:28 - 2:30Pensei que isto faríame
máis forte e valente. -
2:31 - 2:34Con todo, levoume un decenio
aplicar estas palabras. -
2:34 - 2:37Aos 20 anos, fun mergullador
profesional da mariña. -
2:37 - 2:41Aos 25, francotirador de operacións especiais.
-
2:41 - 2:45Sabía axustar con exactitude
a mira do meu rifle... -
2:45 - 2:48...para acertar un tiro á cabeza
dun obxectivo a 700 m. -
2:49 - 2:52Sabía con exactitude cantos gramos
de explosivos fan falla... -
2:52 - 2:54...para voar unha porta de aceiro,
dende uns metros máis lonxe, -
2:54 - 2:58sen que o meu equipo e mais eu
estouparamos no intento. -
2:58 - 3:02Sabía que Bagdad era un lugar de merda
e cando as cosas estoupan... -
3:02 - 3:04... a xente morre.
-
3:05 - 3:07Naquel entón, non tiña nin idea
do que facían os ecoloxistas, -
3:07 - 3:12fóra de abrazar árbores e
tocar os collóns ás empresas. (Risas) -
3:12 - 3:17Sabía que eran can-frautas
e que fumaban porros. (Risas) -
3:17 - 3:19Non me importaba unha merda
o medio ambiente. Por que ía preocuparme? -
3:19 - 3:25Era un parvo a toda velocidade no meu coche
intentando ferir aos paxaros da rúa. -
3:25 - 3:28Estaba moi lonxe do ecoloxismo.
-
3:28 - 3:30Estiven 9 anos facendo
cousas na vida real... -
3:30 - 3:33...que a maioría nin soñaría
con facelas na consola. -
3:34 - 3:40Tras 12 misións en Iraq como «mercenario»,
as miñas habilidades eran boas para unha cousa: -
3:40 - 3:44estaba programado para destruír.
-
3:45 - 3:49Mirando atrás, a pesar de todo o que fixen
e os lugares nos que estiven... -
3:49 - 3:54...no meu corazón, só protagonicei
un acto de coraxe. -
3:54 - 3:58E foi unha simple elección:
decidir si ou non. -
3:58 - 4:01Pero este acto defíneme totalmente...
-
4:01 - 4:07...e garante que nunca será diferente
o que fago e o que son. -
4:07 - 4:09Cando deixei Iraq estaba perdido.
-
4:09 - 4:13Sentín que non tiña nin idea
do que me deparaba a vida... -
4:13 - 4:17...ou a onde tiña que ir
e cheguei a África en 2009. -
4:17 - 4:20Tiña 29 anos.
-
4:20 - 4:22Sempre souben que encontraría
unha meta entre toda a desorde... -
4:22 - 4:24...e foi o que pasou.
-
4:24 - 4:30Porén, non tiña nin idea que a atoparía
nun lugar remoto do bosque de Zimbabue. -
4:30 - 4:33Patrullabamos sos,
os voitres trazaban círculos no ar. -
4:33 - 4:38Achegándonos, o fedor da morte afogábanos,
no ar coma un veo sufocante e escuro... -
4:38 - 4:41...que aspiraba o osíxeno
dos nosos pulmóns. -
4:41 - 4:45Achegándonos, vislumbramos
un elefante xigante.... -
4:45 - 4:50...descansando, coa cara arrincada.
-
4:50 - 4:52E o mundo ao meu redor detívose.
-
4:53 - 4:57Unha tristeza profunda
e conmovedora inundoume. -
4:57 - 5:00Ver unha criatura inocente asasinada así,
afectoume coma nunca antes. -
5:00 - 5:05Practiquei a caza furtiva de rapaz
e moitos recordos levareinos á tumba. -
5:05 - 5:10O tempo fíxome cambiar de parecer;
algo dentro de min xa non era o mesmo. -
5:10 - 5:13E nunca o será.
-
5:14 - 5:18Pregunteime, "¿este elefante
necesita a súa face... -
5:18 - 5:21...máis ca algún neno en Asia
un canino no seu escritorio?" -
5:21 - 5:25Por suposto que si, pero
isto é irrelevante. -
5:25 - 5:27O importante alí e entón foi:
-
5:27 - 5:30¿serei tan valente como para renunciar
a todo na vida... -
5:30 - 5:33...e intentar deter
o sufrimentos dos animais? -
5:33 - 5:36Este foi un momento decisivo
na miña vida: -
5:36 - 5:38¿si ou non?
-
5:39 - 5:43Contactei coa miña familia
e vendín todas as miñas casas. -
5:43 - 5:47Estes son os bens que adquire un mercenario
ben aconsellado cos seus ingresos da guerra. -
5:47 - 5:50Os meus aforros destináronse
á fundación e crecemento... -
5:50 - 5:54...da International Anti-Poachung Foundation
(Fundación Internacional contra a Caza Furtiva). -
5:54 - 5:57A IAPF é unha organización de
acción directa e aplicación da lei. -
5:58 - 6:02Dende drones de combate,
ata certificacións internacionais para gardas forestais, -
6:02 - 6:05combatemos todos os días
co fin de obter solucións militares -
6:05 - 6:08para preservar a fina liña verde.
-
6:08 - 6:11Quizais a miña historia singular,
-
6:12 - 6:15mais non a empregarei para falarlles
sobre a organización que dirixo... -
6:15 - 6:19...na que podería ser un bo
recadador de fondos. -
6:19 - 6:24(Risas e aplausos)
-
6:27 - 6:32Recordade, o importante é a pregunta
que vos formularei ao final. -
6:33 - 6:36Non son capaz de estar aquí hoxe
falándolles sobre a protección da fauna salvaxe... -
6:36 - 6:42...cando sei que o benestar dos animais,
vai máis aló da nosa sociedade. -
6:43 - 6:47Uns anos despois de ver aquel elefante
erguinme moi cedo unha mañá. -
6:47 - 6:51Xa sabía a resposta da pregunta
que me fixera a min mesmo, -
6:51 - 6:54pero era a primeira vez
que a dicía en voz alta. -
6:56 - 7:02¿Unha vaca valora a súa vida
máis do que eu desfruto un churrasco? -
7:05 - 7:09Fun culpable todo este tempo
do que se denomina «especismo». -
7:09 - 7:12Isto é semellante ao racismo ou sexismo.
-
7:13 - 7:16Supón a asignación dun
conxunto diferente de valores, -
7:16 - 7:18dereitos ou consideracións
con respecto aos individuos... -
7:18 - 7:21...baseada unicamente
en quen ou que son. -
7:22 - 7:24Ao entender que me escudara
nunha moral flexible... -
7:24 - 7:28...para encaixar as comodidades cotiás,
revolvéuseme o estómago -
7:28 - 7:33Prefería culpar rexións de Asia pola demanda
insaciable de marfil e cornos de rinoceronte.. -
7:33 - 7:35...e o modo no que o seu boom
de crecemento económico... -
7:35 - 7:39...aumentou radicalmente
o comercio ilegal de fauna salvaxe. -
7:39 - 7:41Cando espertei aquela mañá,
decateime de que... -
7:41 - 7:45...aínda que dedicara a miña vida
a salvar aos animais, -
7:45 - 7:47eu non era mellor
ca un cazador furtivo... -
7:48 - 7:50...ou o neno en Asia cun
corno no seu escritorio. -
7:52 - 7:59Debido ao consumo desenfreado de carne animal,
referíame a estes animais como "bestas"... -
7:59 - 8:04...cando en realidade eu fora a besta:
destrutivamente obediente, -
8:04 - 8:09un escravo dos costumes,
dinlle as costas a miña conciencia. -
8:10 - 8:14Todos temos contacto con mascotas
ou outros animais o longo da nosas vidas. -
8:14 - 8:17Non podemos negar que entendemos
os seus sentimentos. -
8:17 - 8:20A capacidade de sufrir dor ou soidade...
-
8:20 - 8:22...e de ter medo.
-
8:22 - 8:26Así coma nós, os animais teñen
a capacidade de expresar alegría, -
8:26 - 8:32de construír unha familia e de satisfacer
os seus desexos e instintos básicos. -
8:32 - 8:34En cambio, moitos de nós...
-
8:34 - 8:37...non permitimos que
a nosa imaxinación divague máis aló... -
8:37 - 8:40...para que a verdade
non incomode os nosos hábitos. -
8:41 - 8:43A desvinculación que existe
entre o consumo dun produto... -
8:43 - 8:47...e a realidade que supón traelo
ao mercado é un fenómeno en si mesmo. -
8:47 - 8:51Os animais trátanse como materias primas
e referímonos a eles como a nosa propiedade. -
8:51 - 8:56Chamamos «asasinato» a matar seres humanos
mais creamos industrias legais e ilegais... -
8:56 - 8:58...nas que, se os humanos estiveran involucrados,
se considerarían de tortura. -
8:58 - 9:04E pagamos traballadores para facerlles cousas
aos animais que ningún sería capaz de facer. -
9:04 - 9:10Tan só porque non o vexamos preto,
non significa que non sexamos responsables. -
9:10 - 9:13Peter Singer, o home que popularizou
o termo «especismo» escribiu: -
9:14 - 9:18«Aínda que existen diferenzas entre
os animais e os seres humanos... -
9:18 - 9:21...todos compartimos a capacidade de sufrir».
-
9:21 - 9:25E debemos darlle a mesma
consideración ao seu sufrimento. -
9:25 - 9:29Calquera postura na que casos similares
se traten cunha tendencia diferente... -
9:29 - 9:33...non se considera
unha teoría moral aceptable. -
9:34 - 9:40Este ano matáronse 65 mil millóns de animais
en granxas industriais en todo o mundo. -
9:40 - 9:44¿Cantas vidas animais merece
un so ser humano? -
9:44 - 9:50Un carnívoro consume unha media de
8 000 animais ao longo da súa vida. -
9:51 - 9:54A contaminación do mar,
o quecemento global e a deforestación... -
9:54 - 9:57...condúcenos á próxima extinción masiva...
-
9:57 - 10:02...e a industria cárnica é o factor negativo
máis influente deste fenómeno. -
10:02 - 10:07O tráfico ilegal da fauna salvaxe está considerado unha das industrias criminais máis grandes do mundo...
-
10:07 - 10:10...xunto co tráfico de drogas, armas e seres humanos.
-
10:10 - 10:12A capacidade de frear este estrago...
-
10:12 - 10:14...radica na disposición
dunha comunidade internacional... -
10:14 - 10:17...de dar un paso e preservar
o último hálito do tesouro mundial. -
10:19 - 10:21O emprego de animais para a experimentación.
-
10:21 - 10:25Se son tan parecidos a nós que podemos
experimentar con eles en lugar de con humanos... -
10:25 - 10:28...entón, eles terán os mesmos atributos...
-
10:28 - 10:32...polo que merecen ser protexidos do sufrimento.
-
10:33 - 10:37Tanto se falamos da gandería intensiva ou exportación de animais como da caza furtiva ou o comercio de pel,
-
10:37 - 10:41loxicamente, todo está no mesmo saco.
-
10:41 - 10:43O sufrimento é sufrimento,
-
10:43 - 10:45o asasinato é asasinato...
-
10:45 - 10:47...e canto máis indefensa sexa a vítima,
-
10:47 - 10:50máis espantoso será o crime.
-
10:51 - 10:55A próxima vez que penses que
un amante dos animais e demasiado sensible, -
10:55 - 10:57demasiado vehemente
ou mesmo tolo, recorda: -
10:57 - 11:01vemos as cousas dende unha perspectiva diferente.
-
11:03 - 11:06En poucos días,
nacerá o meu fillo. -
11:06 - 11:10Pregúntome:
¿a que clase de mundo o vou traer? -
11:11 - 11:15¿Seremos a xeración que determine
o noso fracaso como especie? -
11:15 - 11:18Penso que a nosa xeración será xulgada...
-
11:18 - 11:21...pola coraxe para protexer o correcto...
-
11:21 - 11:26...e que cada acción que pague a pena,
require un grao de sacrificio. -
11:26 - 11:31Ofrézome sen reservas aos animais.
-
11:31 - 11:35Cando me quito as vestiduras,
-
11:35 - 11:38decátome de que tamén son un animal.
-
11:38 - 11:43Somos familia. Xuntos no mesmo planeta.
-
11:43 - 11:45Porén, de entre os cinco millóns
de especies deste planeta... -
11:45 - 11:49...só unha ten o poder para decidir
que nivel de sufrimento é aceptable... -
11:49 - 11:53...para que sobrevivan o resto dos seres vivos.
-
11:54 - 11:55Sexa comendo menos carne,
-
11:55 - 11:59ou contribuindo na loita contra o furtivismo ou falando polos que non teñen voz
-
11:59 - 12:02todos tomamos decisións.
-
12:02 - 12:06E pequenos cambios na nosa vida significan grandes cambios para outros
-
12:06 - 12:09Volvendo ó principio
-
12:09 - 12:12O motivo polo que estou aquí é facervos esta pregunta
-
12:13 - 12:17a próxima vez que teñades a oportunidade
de marcar unha diferenza polos animais... -
12:17 - 12:19...¿seredes quen de facelo?
-
12:19 - 12:20¿Si ou non?
-
12:20 - 12:22Moitas grazas.
-
12:22 - 12:24(Aplausos)
Tradución: Uxía Rocha Fernández
Revisión:
- Title:
- A guerra moderna de Damien Mander en TEDx Sydney
- Description:
-
Sinopse:
Damien Mander, un home de 33 anos, serviu en Australia como francotirador de operacións especiais e mergullador profesional. Estableceuse en Iraq e dirixiu o proxecto Iraq Special Police Training (Academia de formación especial da policía de Iraq) supervisando a formación de ao redor de 700 cadetes ao mesmo tempo. Despois de tres anos no fronte da guerra de Iraq, en 2008 regresou sen saber que facer da súa vida. Unha viaxe a África permitiulle encontrarse cara a cara cos horrores aos que se enfronta a fauna salvaxe. Vendeu o patrimonio que adquirira en 12 misións de servizo para fundar a Anti-Poaching Foundation (Fundación contra a caza furtiva). Esta organización céntrase na formación de gradas forestais, nas operacións e na integración da tecnoloxía moderna para preservar o planeta.
- Video Language:
- English
- Team:
- closed TED
- Project:
- TEDxTalks
- Duration:
- 12:34
TED Translators admin edited Galician subtitles for Modern Warrior: Damien Mander at TEDxSydney | ||
Dimitra Papageorgiou approved Galician subtitles for Modern Warrior: Damien Mander at TEDxSydney | ||
Alicia Ferreiro accepted Galician subtitles for Modern Warrior: Damien Mander at TEDxSydney | ||
Alicia Ferreiro edited Galician subtitles for Modern Warrior: Damien Mander at TEDxSydney | ||
Alicia Ferreiro edited Galician subtitles for Modern Warrior: Damien Mander at TEDxSydney | ||
Alicia Ferreiro edited Galician subtitles for Modern Warrior: Damien Mander at TEDxSydney | ||
Alicia Ferreiro edited Galician subtitles for Modern Warrior: Damien Mander at TEDxSydney | ||
Alicia Ferreiro edited Galician subtitles for Modern Warrior: Damien Mander at TEDxSydney |