Xa chegou a interacción entre cerebros. Como o fixemos?
-
0:00 - 0:04Vouvos contar o que ocorreu
o 12 de xuño de 2014. -
0:04 - 0:06Aconteceu xustamente ás 15:33.
-
0:07 - 0:11Nunha morna tarde de inverno
en São Paulo, Brasil, -
0:11 - 0:14a típica tarde
de inverno suramericana, -
0:15 - 0:19este rapaz que vedes celebrando
coma se anotara un gol, -
0:19 - 0:21Juliano Pinto, de 29 anos de idade,
-
0:22 - 0:25acadou unha magnífica fazaña.
-
0:26 - 0:28É unha persoa de mobilidade reducida
-
0:28 - 0:33que perdeu a sensibilidade dende a parte
media do tórax ata as dedas -
0:33 - 0:37por un accidente de coche hai seis anos
que provocou a morte do seu irmán -
0:38 - 0:44e causoulle unha lesión medular completa
que o deixou nunha cadeira de rodas. -
0:45 - 0:49A pesar de todo, aproveitou a oportunidade
e xusto aquel día, -
0:49 - 0:51Juliano protagonizou un suceso
-
0:52 - 0:56que case todos os que o viran
neses seis anos coidaran imposible. -
0:57 - 1:02Juliano Pinto foi quen de xutar o balón
no lanzamento de apertura -
1:02 - 1:08da cerimonia de inauguración da Copa
do Mundo de Fútbol de Brasil en 2014 -
1:09 - 1:10só co pensamento.
-
1:10 - 1:12Non podía mover o corpo,
-
1:13 - 1:15pero podía imaxinar os movementos
-
1:15 - 1:18necesarios para xutar o balón.
-
1:18 - 1:21Antes era deportista
e agora é paraatleta. -
1:21 - 1:24Espero que participe
nos Xogos Paraolímpicos nun par de anos. -
1:24 - 1:29Porén, o que a lesión de medula
non lle arrebatou a Juliano -
1:29 - 1:31foi a capacidade de soñar.
-
1:32 - 1:35O seu soño fíxose realidade
aquela tarde -
1:35 - 1:38nun estadio con case 75 000 persoas
-
1:38 - 1:42e cunha audiencia de case mil millóns
de espectadores na televisión. -
1:43 - 1:48E ese tiro coroou, principalmente,
30 anos de investigación básica, -
1:49 - 1:51na que estudamos como o cerebro,
-
1:51 - 1:55este marabilloso universo
que temos entre as orellas, -
1:55 - 1:59que só se pode comparar co universo
que temos enriba das nosas cabezas -
1:59 - 2:01e ten sobre 100 mil millóns
de elementos -
2:02 - 2:04que se comunican mediante
impulsos eléctricos. -
2:04 - 2:09O que Juliano conseguiu, imaxinámolo
durante 30 anos nos laboratorios -
2:10 - 2:12e deseñámolo durante uns 15.
-
2:13 - 2:16Cando John Chapin e mais eu,
hai 15 anos, propuxemos nun artigo -
2:17 - 2:21que construiriamos un aparello
chamado interface cerebro-máquina, -
2:22 - 2:25grazas ao que se conectaría
un cerebro a uns dispositivos -
2:25 - 2:28de xeito que animais
e humanos puideran movelos -
2:28 - 2:30sen importar o lonxe
que estiveran dos seus corpos -
2:30 - 2:33só imaxinando o que querían facer,
-
2:33 - 2:37os nosos colegas dixéronnos
que necesitabamos axuda profesional -
2:37 - 2:39da especialidade psiquiátrica.
-
2:41 - 2:46E a pesar de todo, un escocés
e un brasileiro teimaron en facelo, -
2:46 - 2:50porque así foi como nos aprenderon
nos nosos respectivos países -
2:50 - 2:53e durante 12 ou 15 anos,
-
2:53 - 2:56demostramos ensaio tras ensaio
que era posible. -
2:56 - 2:59A interface cerebro-máquina
non é física cuántica. -
2:59 - 3:01Só é investigación do cerebro.
-
3:01 - 3:04Non é máis ca usar sensores
-
3:04 - 3:08para ler os impulsos eléctricos
que produce o cerebro -
3:08 - 3:10ao xerar as ordes locomotoras
-
3:10 - 3:12que deben ser transmitidas
á medula espiñal, -
3:12 - 3:15de xeito que proxectamos sensores
-
3:15 - 3:18que poden ler centos e agora miles
destas células cerebrais á vez -
3:19 - 3:22e achar a partir destes sinais
-
3:22 - 3:24o plan de movemento que produce o cerebro
-
3:24 - 3:27para conseguir
que nos despracemos no espazo. -
3:27 - 3:31E facéndoo, convertemos
os sinais en ordes dixitais -
3:31 - 3:36que calquera dispositivo mecánico,
electrónico ou virtual pode entender. -
3:36 - 3:37Deste xeito,
-
3:37 - 3:42o suxeito imaxina
o movemento que el ou ela desexa realizar -
3:42 - 3:45e o dispositivo obedece
a orde do seu cerebro. -
3:46 - 3:50Ao empregarmos diferentes tipos
de sensores no dispositivo, -
3:50 - 3:52como veredes nuns intres,
-
3:52 - 3:55o cerebro recibe unha resposta
que confirma -
3:55 - 3:59que o movemento voluntario
se efectuará nalgures: -
3:59 - 4:04preto do suxeito, no cuarto contiguo
ou nalgún lugar do planeta. -
4:04 - 4:07E cando o cerebro recibe a resposta
-
4:08 - 4:12consegue o seu obxectivo:
a acción de movemento. -
4:12 - 4:15Este só é un experimento
que publicamos hai uns anos, -
4:15 - 4:18no que lle aprendemos a un mono
a controlar, -
4:18 - 4:22sen mover o seu corpo,
os movementos dun brazo avatar, -
4:22 - 4:24unha extremidade virtual que non existe.
-
4:24 - 4:27O que estades a escoitar
é o son do cerebro dun mono -
4:27 - 4:31mentres examina tres esferas diferentes
coa mesma aparencia -
4:31 - 4:33nun espazo virtual.
-
4:33 - 4:36Se quere obter a recompensa,
un trago de zume de laranxa, -
4:36 - 4:41que lles encanta aos monos,
debe seleccionar un destes obxectos, -
4:41 - 4:43mais o que ten que facer é tocalo
-
4:43 - 4:44non o ten que mirar, senón tocar,
-
4:44 - 4:47xa que cada vez que esta man virtual
toca un destes obxectos, -
4:48 - 4:50un impulso eléctrico é enviado
ao seu cerebro -
4:51 - 4:55e describe a textura precisa
da súa superficie -
4:55 - 4:59para que o animal poida xulgar
cal é o obxecto que ten que apañar -
4:59 - 5:02e se o fai ben, consegue a recompensa
-
5:02 - 5:04sen sequera mover un dedo.
-
5:04 - 5:06O aperitivo brasileiro perfecto:
-
5:06 - 5:09non mover un dedo e conseguir
un zume de laranxa. -
5:11 - 5:13De feito, cando o logramos,
-
5:13 - 5:16viñemos e propuxemos a idea
-
5:16 - 5:18que publicaramos 15 anos antes.
-
5:18 - 5:22Retomamos a investigación.
Recuperámola do caixón -
5:22 - 5:26e suxerimos probar
cun ser humano con parálise -
5:26 - 5:28a interface cerebro-máquina
-
5:28 - 5:30para que recuperase a mobilidade.
-
5:30 - 5:34A lesión de paraplexía
podería sufrila calquera de nós, -
5:34 - 5:37permitídeme que volo diga, é de súpeto.
-
5:37 - 5:39Pode producila un choque de 1 ms,
-
5:39 - 5:42un accidente de automóbil
que cambia totalmente a nosa vida. -
5:42 - 5:44Se tiverdes unha lesión na medula espiñal,
-
5:45 - 5:48non poderedes desprazarvos: os impulsos
cerebrais non chegarán aos músculos. -
5:48 - 5:52Non obstante, estes impulsos
seguen xerándose nas vosas cabezas. -
5:53 - 5:56Os pacientes parapléxicos ou tetrapléxicos
soñan con moverse todas as noites. -
5:56 - 5:58Téñeno nas súas cabezas.
-
5:59 - 6:02O problema é como extraer
o código da cabeza -
6:02 - 6:04e conseguir que se efectúe o movemento.
-
6:05 - 6:08O que propuxemos
foi crear un corpo novo: -
6:08 - 6:10imos deseñar un colete robótico!
-
6:10 - 6:14E por iso Juliano puido xutar o balón
co pensamento, -
6:14 - 6:18porque levaba o primeiro colete
robótico controlado polo cerebro -
6:19 - 6:22que pode ser empregado por pacientes
parapléxicos ou tetrapléxicos -
6:22 - 6:24para moverse
e obter un sinal de resposta. -
6:24 - 6:26Esta foi a idea orixinal hai 15 anos.
-
6:27 - 6:32O que vos vou mostrar
é como 156 persoas de 25 países -
6:32 - 6:35dos cinco continentes
deste marabilloso planeta Terra -
6:35 - 6:38deixaron as súas vidas
e os seus contratos, -
6:38 - 6:42tamén os seus cans, parellas,
fillos, escolas e traballos -
6:42 - 6:47e reuníronse para vir a Brasil
durante 18 meses para desenvolvela, -
6:47 - 6:51xa que dous anos despois de saber
que a Copa sería en Brasil, -
6:51 - 6:55oímos que o goberno
quería facer algo significativo -
6:55 - 6:58na cerimonia de apertura
no país no que se reinventou -
6:59 - 7:02e perfeccionou o fútbol,
ata que coñecemos aos alemáns, claro. -
7:02 - 7:04(Risas)
-
7:04 - 7:05Mais ese é outro tema
-
7:05 - 7:09e outro neurocientífico
deberá falarvos diso noutra conferencia. -
7:09 - 7:10(Risas)
-
7:10 - 7:12Mais o que Brasil
quería facer era exhibir -
7:13 - 7:17un país moi diferente
que valora a ciencia e a tecnoloxía -
7:17 - 7:21e pode agasallar a 25 millóns de persoas
de todo o mundo -
7:21 - 7:23que perderon a mobilidade
por unha lesión na medula. -
7:23 - 7:27Pois acudimos ao goberno brasileiro
e á FIFA e propuxemos o seguinte: -
7:27 - 7:30Por que non fai o saque inicial
da Copa do Mundo -
7:31 - 7:33unha persoa brasileira
de mobilidade reducida -
7:33 - 7:38usando un exoesqueleto
que lle permita xutar o balón -
7:38 - 7:40e que lle axude a sentilo?
-
7:40 - 7:43Quedaron mirando para nós
coidando que estabamos tolos -
7:43 - 7:44e responderon: "Veña, intentémolo".
-
7:44 - 7:45(Risas)
-
7:46 - 7:50Tivemos un prazo de 18 meses
para facelo todo, dende o principio. -
7:50 - 7:53Non tiñamos nin exoesqueleto
nin pacientes. -
7:53 - 7:56Non tiñamos nada feito.
Todos eles viñeron xuntos -
7:56 - 8:01e en 18 meses, oito pacientes
realizaron unha rutina de adestramento -
8:01 - 8:04e practicamente construímos
desde cero este colega -
8:04 - 8:08que bautizamos como
"Brasil Santos Dumont 1". -
8:09 - 8:14O primeiro exoesqueleto controlado
polo cerebro construído -
8:14 - 8:17ten o nome do científico brasileiro
máis afamado que existiu, -
8:17 - 8:22Alberto Santos Dumont,
quen o día 19 de outubro de 1901, -
8:22 - 8:27inventou e el mesmo pilotou
o primeiro dirixible aéreo -
8:27 - 8:31á vista dun millón de persoas
na cidade de París. -
8:31 - 8:35Síntoo, meus amigos norteamericanos,
vivo en Carolina do Norte, -
8:35 - 8:39mais foi dous anos antes
de que o fixeran os irmáns Wright, -
8:39 - 8:42de que despegaran
na costa de Carolina do Norte. -
8:42 - 8:44(Aplausos)
-
8:45 - 8:49O control aéreo inventámolo nós,
os brasileiros. -
8:49 - 8:50(Risas)
-
8:51 - 8:53Así que, da man destes rapaces,
-
8:53 - 8:56puxémonos a armar o exoesqueleto,
-
8:56 - 9:00unha máquina hidráulica
de 15 graos de liberdade -
9:00 - 9:03que pode ser dirixida
polos sinais eléctricos do cerebro -
9:03 - 9:07captados por unha tecnoloxía non invasiva
chamada electroencelografía -
9:07 - 9:11que lle permite ao paciente
imaxinar os movementos -
9:11 - 9:15e enviar as ordes motrices aos controis
para executar unha tarefa. -
9:15 - 9:19O exoesqueleto foi cuberto
cunha pel artificial -
9:19 - 9:23inventada en Múnic por Gordon Cheng,
un dos meus mellores amigos, -
9:23 - 9:27que favorece que a sensibilidade
das articulacións e dos pés no chan -
9:27 - 9:31lle chegue ao paciente
a través dun colete. -
9:31 - 9:33É unha camisiña, unha peciña de roupa
-
9:33 - 9:35cuns microvibradores.
-
9:35 - 9:40Envía os sinais de resposta ao paciente
enganando ao seu cerebro -
9:40 - 9:44e orixinando a sensación
de que non é a maquina a que o leva -
9:44 - 9:46senón que é el
o que está camiñando de novo. -
9:46 - 9:48E puxémolo en marcha.
-
9:48 - 9:53O que vedes foi a primeira vez que Bruno,
un dos nosos pacientes, camiñou. -
9:54 - 9:57E lévalle uns intres,
xa que temos que poñelo todo a punto. -
9:57 - 10:00Veredes unha luz azul
na parte dianteira do casco, -
10:00 - 10:04pois Bruno vai imaxinar
o movemento que vai executar, -
10:04 - 10:07o ordenador vai analizalo
e el vai confirmalo. -
10:07 - 10:09Unha vez que o confirme,
-
10:09 - 10:12o dispositivo comezará a moverse
seguindo as ordes do cerebro de Bruno. -
10:13 - 10:15E como o fixo todo ben,
-
10:15 - 10:17agora comeza a camiñar.
-
10:17 - 10:21Tras nove anos sen poder moverse,
está andando por si mesmo. -
10:21 - 10:23(Aplausos)
-
10:23 - 10:24É máis ca iso.
-
10:24 - 10:26(Aplausos)
-
10:27 - 10:31Máis ca só camiñar,
Bruno está a sentir o chan -
10:31 - 10:34e se a velocidade do exoesqueleto aumenta
-
10:34 - 10:38dinos que está camiñando de novo
na area de Santos, -
10:38 - 10:42a praia onde adoitaba ir
antes de sufrir o accidente. -
10:42 - 10:46O motivo é que o seu cerebro
produce unha sensación na cabeza de Bruno. -
10:46 - 10:49Así que camiñou e ao rematar a andaina
--xa me estou pasando do tempo-- -
10:49 - 10:55díxonos: "Oídes, rapaces?,
tendes que mo emprestar para a miña voda -
10:55 - 10:58porque quero camiñar cara ao cura,
ver á miña moza -
10:59 - 11:04e estar alí por min mesmo de verdade".
Abofé que poderá usalo cando quixer. -
11:04 - 11:08E isto foi o que quixemos mostrar
na Copa do Mundo e non puidemos. -
11:08 - 11:13Por algunha misteriosa razón,
a FIFA cortou a emisión á metade. -
11:13 - 11:18O que ides ver rapidamente
é a Juliano Pinto co exoesqueleto -
11:18 - 11:23executando o lanzamento
uns minutos antes de que foramos ao campo -
11:24 - 11:26e xutase o balón perante o público.
-
11:26 - 11:30As luces que ides ver
describen a operación. -
11:30 - 11:35As luces azuis intermitentes
indican que o exoesqueleto está listo. -
11:35 - 11:37Pode recibir os pensamentos
e entregar unha resposta. -
11:38 - 11:41E cando Bruno
toma a decisión de xutar o balón, -
11:41 - 11:44veredes dúas correntes de luz,
unha verde e outra amarela, -
11:44 - 11:47que proveñen do casco
e se dirixen ás pernas -
11:47 - 11:50e representan as ordes mentais
que foron recollidas polo exoesqueleto -
11:51 - 11:52para conseguir que ocorra.
-
11:53 - 11:57Finalmente, a Juliano lévalle
uns 13 s conseguir facelo. -
11:57 - 11:59Podedes ver as ordes no vídeo.
-
11:59 - 12:03Juliano prepárase,
colócase perante o balón e xútao. -
12:03 - 12:05Vouvos dicir o máis emocionante:
-
12:05 - 12:0810 s despois de que o fixera
mirando para nós no estadio -
12:08 - 12:11exclamou mentres o celebraba,
como vistes: -
12:11 - 12:13"Sentín o balón!".
-
12:13 - 12:15E iso non ten prezo.
-
12:16 - 12:17(Aplausos)
-
12:17 - 12:21E ata onde imos chegar?
Teño 2 min para contárvolo. -
12:21 - 12:24Supera os límites da vosa imaxinación.
-
12:24 - 12:26A tecnoloxía controlada pola mente
xa está aquí. -
12:27 - 12:31O máis recente publicámolo hai un ano:
a primeira interface cerebro-cerebro. -
12:31 - 12:35Permítelles a dous animais
intercambiar mensaxes mentais -
12:35 - 12:38de xeito que se algún deles
detecta que un elemento xorde no contorno -
12:39 - 12:42pode enviarlle un SMS mental,
é dicir, unha mensaxe curta co cerebro, -
12:43 - 12:46un torpedo neurofisiolóxico,
ao outro animal -
12:46 - 12:49e este realiza a acción
que precisa efectuar -
12:50 - 12:55sen sequera ter coñecemento ningún
de qué foi o que xurdiu no contorno. -
12:55 - 12:57Mais a mensaxe proveu da mente
doutro animal. -
12:58 - 13:02Esta é a primeira demostración. Vou apurar
para mostrarvos a última investigación. -
13:03 - 13:05Describirei o que ides ver.
-
13:06 - 13:10É a primeira rata que será informada
por un indicador lumínico -
13:10 - 13:12que se prenderá
na parte esquerda da gaiola -
13:13 - 13:16de que debe premer esa zona
para obter unha recompensa. -
13:16 - 13:18Vai para aí e faino.
-
13:18 - 13:21Ao mesmo tempo,
mándalle unha mensaxe mental á outra rata, -
13:21 - 13:23quen non percibe ningunha luz.
-
13:23 - 13:27E a outra rata, o 70% dos casos,
preme a panca esquerda -
13:28 - 13:33e consegue a recompensa
sen sequera percibir a luz na retina. -
13:34 - 13:38Quixemos dar un paso máis
na investigación -
13:38 - 13:41coa colaboración mental
entre monos -
13:41 - 13:42nunha rede cerebral
-
13:43 - 13:46coa que compartir
a actividade cerebral e combinala -
13:46 - 13:48para mover o brazo virtual
que vos ensinei antes. -
13:48 - 13:53O que estades a ver é a primeira vez
que dous monos coordinan os seus cerebros -
13:53 - 13:57e sincronízanos perfectamente
para mover o brazo virtual. -
13:57 - 14:02Un mono controla o eixe das abscisas
e o outro o das ordenadas. -
14:03 - 14:07Tórnase un pouquiño máis interesante
cando o teñen que facer tres monos. -
14:07 - 14:13Pídeslle ao primeiro que controle
"x" e "y", ao segundo "y" e "z" -
14:14 - 14:16e ao terceiro que dirixa "x" e "z",
-
14:16 - 14:19de xeito que participan
no xogo xuntos -
14:19 - 14:22e moven o brazo en 3D
cara a un obxectivo -
14:22 - 14:24para obter o afamado
zume de laranxa brasileiro. -
14:25 - 14:27E, de feito, conségueno.
-
14:27 - 14:32O punto negro representa a media
destes cerebros traballando en paralelo -
14:33 - 14:34e en tempo real.
-
14:34 - 14:37Esta é a definición
dunha computadora biolóxica: -
14:37 - 14:41interacción da actividade cerebral
para conseguir unha acción de movemento. -
14:42 - 14:44E ata onde imos chegar?
Non temos nin idea. -
14:45 - 14:46(Risas)
-
14:46 - 14:48Só somos científicos.
-
14:48 - 14:49(Risas)
-
14:49 - 14:51Págannos por ser rapaces.
-
14:52 - 14:56Por levalo todo ao límite
e descubrir que hai aí fóra. -
14:56 - 14:59Mais sei de certo que un día
dentro duns decenios, -
15:00 - 15:03cando os nosos netos
naveguen por Internet co pensamento, -
15:03 - 15:07unha nai doe a súa vista
ao seu fillo autista cego -
15:07 - 15:10ou alguén fale
grazas a un by-pass cerebro-cerebro, -
15:10 - 15:12algún de vos lembrará
-
15:13 - 15:16que todo comezou unha tarde de inverno
-
15:16 - 15:20nun estadio de fútbol brasileiro
cun lanzamento imposible. -
15:20 - 15:22Graciñas.
-
15:22 - 15:23(Aplausos)
-
15:32 - 15:33Grazas.
-
15:34 - 15:36Grazas.
-
15:46 - 15:48-Grazas.
Bruno Giussani: -Imos aló. -
15:50 - 15:54Grazas por axustarse ao tempo.
Concederiámoslle uns minutiños máis -
15:54 - 15:55para resolver un par de cuestións.
-
15:55 - 15:59Semella que precisamos cerebros conectados
para achar onde imos chegar. -
15:59 - 16:00(Risas)
-
16:00 - 16:03Así que, por que non os conectamos?
-
16:03 - 16:07Se o entendín ben,
un mono recibirá o sinal -
16:07 - 16:09e o outro reaccionará a ela
-
16:09 - 16:13dado que o primeiro lle transmitirá
o impulso neurolóxico tras recibila. -
16:13 - 16:15Miguel Nicolelis: Non é así exactamente.
-
16:15 - 16:19Ningún mono sabe que hai outros dous.
BG: Xa. -
16:20 - 16:24MN: Reciben impresións visuais en 2D,
mais teñen que realizar unha tarefa en 3D. -
16:24 - 16:27Deben mover o brazo
tendo en conta tres dimensións. -
16:27 - 16:31Porén, cada mono só ve as dúas dimensións
que controla na pantalla. -
16:32 - 16:35E para cumprir o seu cometido,
precísase polo menos -
16:35 - 16:38que dous monos sincronicen
cadanseus cerebros, -
16:38 - 16:39mais o óptimo é que o fagan tres.
-
16:39 - 16:43O que achamos
foi que se un mono se relaxa -
16:43 - 16:48os outros dous esfórzanse máis
para facelo reaccionar, -
16:48 - 16:54así que se produce un axuste dinámico
e a sincronía xeral segue sendo a mesma. -
16:54 - 16:59Se invertemos as dimensións que controlan
os monos sen llelo advertir, -
17:00 - 17:04por exemplo, este mono dirixe "x" e "y",
mais debería dirixir "y" e "z", -
17:04 - 17:09instantaneamente o cerebro do animal
esquece as dimensións antigas -
17:09 - 17:11e comeza a concentrarse nas novas.
-
17:11 - 17:15O que quero dicir
é que ningunha máquina de Turing, -
17:15 - 17:18ningunha computadora pode predicir
o funcionamento dunha rede cerebral. -
17:19 - 17:21Se absorbemos a tecnoloxía
coma se for parte de nós, -
17:22 - 17:24a tecnoloxía endexamais
nos absorberá a nós. -
17:24 - 17:26É sinxelamente imposible.
-
17:27 - 17:30BG: Cantas veces o probastes?
-
17:30 - 17:33Cantas tivestes éxito
e cantas fracasastes? -
17:33 - 17:37MN: Decenas de veces.
Cos tres monos? Abofé que si. -
17:37 - 17:41Non sería quen de falar disto aquí
a non ser que o tivese probado. -
17:41 - 17:44Esquecín mencionar,
pola falta de tempo, -
17:44 - 17:47que hai só tres semanas,
un grupo europeo -
17:48 - 17:53demostrou a primeira conexión cerebral
entre seres humanos. -
17:53 - 17:55BG: E como participaron?
MN: Foi cunha mensaxe curtiña. -
17:56 - 17:58As grandes ideas comezan
modestamente. -
17:59 - 18:05Así e todo, basicamente,
a actividade cerebral dun suxeito -
18:06 - 18:09foi transmitida a un segundo obxecto,
mediante tecnoloxía non invasiva, -
18:09 - 18:12de xeito que o primeiro percibiu
unha mensaxe visual, -
18:12 - 18:16coma no caso das ratas,
e comunicoulla ao segundo, -
18:16 - 18:20quen recibiu un impulso magnético
no córtex visual -
18:21 - 18:24ou outro impulso:
foron dous diferentes en total. -
18:25 - 18:29Cun impulso veu unha cousa
e co outro algo diferente -
18:29 - 18:34e foi quen de indicar verbalmente
a mensaxe que lle foi enviada -
18:34 - 18:37a través de Internet
e en diferentes continentes. -
18:37 - 18:39BG: Vaia! Entón esa é a meta.
-
18:39 - 18:42Será o seguinte relatorio TED
na próxima conferencia. -
18:42 - 18:44Miguel Nicolelis, grazas.
MN: Grazas, Bruno.
- Title:
- Xa chegou a interacción entre cerebros. Como o fixemos?
- Speaker:
- Miguel Nicolelis
- Description:
-
Seguro que lembras ao neurocientífico Miguel Nicolelis, o que construíu o exoesqueleto dirixido polo cerebro que lle permitiu a un home con mobilidade reducida xutar o saque inicial da Copa do Mundo no ano 2014. En que está traballando agora? En como conectar dous cerebros, de ratas e monos, polo de agora, para que se transmitan mensaxes dun ao outro co pensamento. Con este vídeo, poderás coñecer o experimento que, como el mesmo di, supera os límites da túa imaxinación.
- Video Language:
- English
- Team:
- closed TED
- Project:
- TEDTalks
- Duration:
- 18:57