Por que facer exercicio lles resulta máis difícil a uns ca a outros
-
0:01 - 0:03A vista é o sentido máis importante
-
0:03 - 0:06e fundamental que temos.
-
0:06 - 0:07Estamos constantemente mirando
-
0:07 - 0:09ao mundo que nos rodea,
-
0:09 - 0:11e rapidamente identificamos e
-
0:11 - 0:14comprendemos o que estamos vendo.
-
0:14 - 0:16Comecemos cun exemplo
-
0:16 - 0:17disto que comento.
-
0:17 - 0:19Vouvos ensinar
a fotografía dunha persoa, -
0:19 - 0:21tan só durante un ou
dous segundos, -
0:21 - 0:23gustaríame que identificarades
-
0:23 - 0:25cal é a emoción
da súa cara. -
0:25 - 0:26Estades listos?
-
0:26 - 0:29Veña! Dicide o primeiro
que pensedes. -
0:29 - 0:31Vale. Que vistes?
-
0:31 - 0:33Nós preguntámoslles
-
0:33 - 0:36a máis de 120 persoas,
-
0:36 - 0:37e os resultados foron variados.
-
0:37 - 0:40A xente non se poñía de acordo
-
0:40 - 0:43en cal era a emoción
que vían. -
0:43 - 0:44Quizais, vistes malestar.
-
0:44 - 0:46Esa é a resposta máis común
-
0:46 - 0:48que recibimos.
-
0:48 - 0:50Pero, a persoa
da vosa esquerda -
0:50 - 0:52puido dicir arrepentimento
ou escepticismo, -
0:52 - 0:54e a da vosa dereita
-
0:54 - 0:57se cadra dixo algo
completamente distinto, -
0:57 - 1:00como esperanza ou empatía.
-
1:00 - 1:02Todos estamos vendo
-
1:02 - 1:05a mesma cara.
-
1:05 - 1:06E podemos ver algo
-
1:06 - 1:09totalmente diferente,
-
1:09 - 1:12porque a percepción é subxectiva.
-
1:12 - 1:14O que pensamos que vemos
-
1:14 - 1:15en realidade pasa polo filtro
-
1:15 - 1:18da nosa propia mente.
-
1:18 - 1:20Por suposto, hai moitos máis exemplos
-
1:20 - 1:22de como vemos o mundo
desde a nosa perspectiva. -
1:22 - 1:24Imos ver algúns.
-
1:24 - 1:27As persoas que están a dieta,
por exemplo, -
1:27 - 1:29ven as mazás máis grandes
-
1:29 - 1:32que os que non están contando calorías.
-
1:32 - 1:35Os xogadores de sóftbol ven
a pelota máis pequena -
1:35 - 1:38se pasan unha mala racha
-
1:38 - 1:41en comparación
cos que tiveron éxito. -
1:41 - 1:44De feito, as nosas
conviccións políticas tamén -
1:44 - 1:46afectan á forma na que vemos á xente,
-
1:46 - 1:49incluídos aos políticos.
-
1:49 - 1:52O meu equipo de investigación e mais eu
decidimos probar esta hipótese. -
1:52 - 1:56En 2008, Barack Obama
era candidato á presidencia -
1:56 - 1:57por primeira vez,
-
1:57 - 2:00e levamos a cabo un estudo
con centos de estadounidenses -
2:00 - 2:02un mes antes das eleccións.
-
2:02 - 2:04A enquisa mostrou
-
2:04 - 2:06que algúns estadounidenses pensan
-
2:06 - 2:08que fotos coma estas
-
2:08 - 2:11reflicten o aspecto real de Obama.
-
2:11 - 2:14Desas persoas, o 75%
-
2:14 - 2:17votaron por el nas eleccións.
-
2:17 - 2:20Outros, porén,
pensaban que fotos coma estas -
2:20 - 2:22reflectían mellor
o verdadeiro aspecto de Obama. -
2:22 - 2:25O 89% destas persoas
votaron por McCain. -
2:27 - 2:31Mostramos moitas fotos de Obama
unha de cada vez, -
2:31 - 2:34de modo que a xente non se daba conta
de que o que cambiábamos -
2:34 - 2:35dunha foto a outra
-
2:35 - 2:37era que aclaráramos ou
escurecéramos -
2:37 - 2:39artificialmente o ton da pel.
-
2:40 - 2:42Como é isto posible?
-
2:42 - 2:45Como pode ser que cando
miramos a unha persoa, -
2:45 - 2:46un obxecto ou un acontecemento
-
2:46 - 2:48vexamos algo completamente diferente
-
2:48 - 2:50de como o ven os demais?
-
2:50 - 2:53Hai moitas razóns,
-
2:53 - 2:55pero unha require que entendamos
-
2:55 - 2:57un pouco mellor o funcionamento
dos nosos ollos. -
2:58 - 3:00Os especialistas en visión saben
-
3:00 - 3:01que a cantidade de información
-
3:01 - 3:04que podemos percibir nun momento dado,
-
3:04 - 3:05que podemos enfocar,
-
3:05 - 3:07en realidade é moi pequena.
-
3:07 - 3:10O que podemos ver con gran nitidez,
-
3:10 - 3:11claridade e precisión
-
3:11 - 3:13é equivalente
-
3:14 - 3:16á superficie do noso polgar
-
3:16 - 3:18tendo o brazo estendido.
-
3:18 - 3:20Todo o demais é borroso,
-
3:21 - 3:23o que fai que o resto
da información -
3:23 - 3:24se presente como ambigua
-
3:24 - 3:26para os nosos ollos.
-
3:26 - 3:28Pero hai que aclarar
-
3:28 - 3:30e dar sentido ao que vemos,
-
3:31 - 3:34e é a nosa mente a que nos axuda
a completar os espazos baleiros -
3:34 - 3:37Como consecuencia, a percepción
é unha experiencia subxectiva -
3:37 - 3:40e é así como acabamos vendo
desde o noso punto de vista. -
3:41 - 3:43Son psicóloga social,
-
3:43 - 3:46son estes temas os que espertan
en min verdadeiro interese. -
3:46 - 3:50Fascínanme estes casos nos que
as persoas non ven o mesmo. -
3:50 - 3:51Por que alguén pode ver
-
3:51 - 3:53o vaso medio cheo
-
3:53 - 3:55mentres que outros, literalmente,
-
3:55 - 3:57o ven medio baleiro?
-
3:57 - 3:59Que pensamentos e sentimentos
-
3:59 - 4:01os leven a ver o mundo
-
4:01 - 4:04dunha maneira completamente diferente?
-
4:05 - 4:06E acaso importa?
-
4:07 - 4:09Para responder a estas preguntas
-
4:09 - 4:13o meu equipo de investigación e máis eu
decidimos investigar a fondo -
4:13 - 4:14un tema que recibiu
-
4:14 - 4:16moita atención internacional:
-
4:16 - 4:18a saúde e a condición física.
-
4:18 - 4:20En todo o mundo
-
4:20 - 4:22a xente loita por controlar o seu peso,
-
4:22 - 4:24e hai unha serie de estratexias
-
4:24 - 4:27que nos axudan a evitar
eses quilos de máis. -
4:28 - 4:31Por exemplo, poñemos moito empeño
-
4:31 - 4:33en facer exercicio despois das vacacións,
-
4:33 - 4:36pero a maioría de estadounidenses
-
4:36 - 4:37descobren que
-
4:37 - 4:38os seus propósitos
de aninovo -
4:38 - 4:40quedan en nada o día de San Valentín.
-
4:41 - 4:42Falámonos
-
4:42 - 4:45e dámonos ánimo,
-
4:45 - 4:46prometéndonos que este é o ano
-
4:46 - 4:48para poñerse en forma,
-
4:48 - 4:50pero non é suficiente para que volvamos
-
4:50 - 4:51ao noso peso ideal.
-
4:51 - 4:52Por que?
-
4:53 - 4:55Claro que non hai unha resposta simple,
-
4:56 - 4:57pero unha das razóns
que sosteño, -
4:57 - 5:00é que o noso punto de vista
-
5:00 - 5:01traballa contra nós.
-
5:02 - 5:05Algunhas persoas ven
o exercicio físico -
5:05 - 5:06como algo difícil,
-
5:06 - 5:09mentres que outras o ven
-
5:09 - 5:10como algo moi fácil.
-
5:11 - 5:12Como primeiro paso
-
5:12 - 5:14para comprobar estas cuestións
-
5:14 - 5:16reunimos datos obxectivos
-
5:16 - 5:18sobre a condición física dos candidatos.
-
5:19 - 5:21Medimos a súa cintura,
-
5:21 - 5:24comparámola coa circunferencia
das súas cadeiras. -
5:24 - 5:26Un índice cintura-cadeira alto
-
5:26 - 5:29indica unha peor forma física
-
5:29 - 5:31que un índice cintura-cadeira baixo.
-
5:31 - 5:33Despois de tomar estas medidas,
-
5:33 - 5:34pedímoslles aos participantes
-
5:34 - 5:36que camiñaran ata unha liña de meta
-
5:36 - 5:38levando peso,
-
5:38 - 5:39como nunha carreira.
-
5:40 - 5:41Pero antes de facelo,
-
5:41 - 5:43pedímoslles que estimaran a distancia
-
5:43 - 5:44ata a liña de meta.
-
5:45 - 5:48Pensamos que a súa condición física
-
5:48 - 5:50podería cambiar a forma
na que percibían esa distancia. -
5:51 - 5:52Que encontramos?
-
5:52 - 5:55Ben, a proporción entre cintura e cadeira
-
5:55 - 5:58predixo a percepción da distancia.
-
5:58 - 6:01A xente que non estaba en forma
-
6:01 - 6:03veu a distancia á liña de meta
-
6:03 - 6:04considerablemente maior
-
6:04 - 6:06que os que estaban en mellor forma.
-
6:06 - 6:08A súa condición física
-
6:08 - 6:11afectaba á maneira na que
percibían o seu contorno. -
6:12 - 6:13O cerebro tamén é capaz de facelo.
-
6:14 - 6:16De feito, os nosos corpos e mentes
-
6:16 - 6:17actúan conxuntamente
-
6:17 - 6:20para cambiar a forma na que vemos
o mundo que nos rodea. -
6:20 - 6:22Isto levounos a pensar que tal vez
-
6:22 - 6:24a xente moi motivada
-
6:24 - 6:26e coa seria intención de facer exercicio,
-
6:26 - 6:28podería ver a liña de meta máis achegada
-
6:28 - 6:32que as persoas menos motivadas.
-
6:32 - 6:35Para comprobar se a motivación
-
6:35 - 6:37afecta á nosa percepción desta maneira,
-
6:37 - 6:39realizamos un segundo estudo.
-
6:40 - 6:42Unha vez máis, recollimos datos obxectivos
-
6:42 - 6:44acerca da condición física das persoas,
-
6:44 - 6:46medindo a circunferencia da cintura
-
6:46 - 6:48e da cadeira,
-
6:48 - 6:51e realizámoslles outras probas físicas.
-
6:52 - 6:54Baseándose na información que lles demos
-
6:54 - 6:56algúns participantes dixéronnos
-
6:56 - 6:58que non estaban motivados
para facer máis exercicio. -
6:58 - 7:00Sentían que xa alcanzaran
os seus obxectivos -
7:00 - 7:02e non tiñan intención de facer máis.
-
7:02 - 7:04Non estaban motivados.
-
7:04 - 7:06Porén, outros, polos nosos comentarios,
-
7:06 - 7:09dixeron que estaban máis motivados
para exercitarse. -
7:09 - 7:11Tiñan un grande interese en chegar á meta.
-
7:11 - 7:15Pero, unha vez máis,
antes de poñerse a camiñar -
7:15 - 7:16pedímoslles que estimaran a distancia.
-
7:16 - 7:18A canto estaba a liña de meta?
-
7:18 - 7:20E, de novo, coma no estudo previo,
-
7:20 - 7:22encontramos que a relación
cintura-cadeira -
7:22 - 7:24predixo a percepción da distancia.
-
7:24 - 7:28A xente en baixa forma
observou unha distancia maior -
7:28 - 7:30e sentiu que a meta estaba máis lonxe
-
7:30 - 7:33que as persoas en mellor forma.
-
7:33 - 7:35O importante e que isto só lles ocorría
-
7:35 - 7:37a persoas que non estaban motivadas
-
7:37 - 7:38para facer exercicio.
-
7:38 - 7:40Fronte a estes,
-
7:40 - 7:42os que estaban
moi motivados para adestrar -
7:42 - 7:44vían a distancia máis curta.
-
7:45 - 7:47Incluso os participantes en peor forma
-
7:47 - 7:49viron a liña de meta
-
7:49 - 7:52tan cerca ou incluso
máis cerca -
7:52 - 7:54que os que estaban en mellor forma.
-
7:55 - 7:56Así que o noso corpo
pode cambiar -
7:56 - 7:59a distancia aparente ata a liña de meta,
-
7:59 - 8:03pero a xente comprometida
cunha meta alcanzable, -
8:03 - 8:05á que se pode ater nun futuro próximo,
-
8:05 - 8:07e que cre que é capaz
-
8:07 - 8:09de logralo,
-
8:09 - 8:11en realidade ve a proba máis fácil.
-
8:12 - 8:14Isto fixo que nos preguntáramos se
-
8:14 - 8:16haberá algunha estratexia que
-
8:16 - 8:17poidamos utilizar,
-
8:17 - 8:18e que lle ensine á xente,
-
8:18 - 8:21que axudara a cambiar
as súas percepcións da distancia, -
8:21 - 8:24e que lles fixera ver
que facer exercicio pode ser máis fácil? -
8:24 - 8:26Así que buscamos
na literatura especializada -
8:26 - 8:28para determinar o que debíamos facer,
-
8:28 - 8:31e a partir do que limos,
desenvolvemos unha estratexia -
8:31 - 8:33que chamamos "Mantén os ollos
na meta". -
8:34 - 8:36Este non é un slogan
-
8:36 - 8:38dalgún cartel motivacional.
-
8:38 - 8:40É realmente unha directriz
-
8:40 - 8:42para saber como ver o contorno.
-
8:43 - 8:45Ás persoas que adestraban
con esta estratexia -
8:45 - 8:49dixémoslles que puxeran a súa atención
na liña de meta, -
8:49 - 8:50que evitaran mirar ao redor,
-
8:50 - 8:52que se imaxinaran un punto
-
8:52 - 8:54brillando na meta
-
8:54 - 8:56e que deixaran todo ao seu redor
borroso -
8:56 - 8:58e difícil de ver.
-
8:58 - 9:00Criamos que esta estratexia
-
9:00 - 9:02axudaría a que o exercicio
parecese máis fácil. -
9:03 - 9:05Comparouse este grupo
-
9:05 - 9:06cun grupo de control.
-
9:06 - 9:08Dixémoslle a este último grupo
-
9:08 - 9:09que seguise observando o seu contorno
-
9:09 - 9:10como xa facía.
-
9:10 - 9:12Que viran a liña de meta,
-
9:12 - 9:13pero que tamén observaran
-
9:13 - 9:15o caldeiro do lixo da dereita
-
9:15 - 9:18ou a xente e o farol da esquerda.
-
9:18 - 9:20Pensabamos que a xente
que ía utilizar esta estratexia -
9:20 - 9:22percibiría a súa meta
a unha maior distancia. -
9:24 - 9:25Que encontramos?
-
9:25 - 9:27Cando lles pedimos
que estimaran a distancia, -
9:27 - 9:29tivo éxito a estratexia
-
9:29 - 9:31que lles axudaba a cambiar
a percepción do contorno? -
9:31 - 9:32Si.
-
9:32 - 9:35As persoas que mantiveron
os ollos fixos na meta -
9:35 - 9:38viron a liña de meta
un 30% máis cerca que a xente -
9:38 - 9:40que á vez observaba o seu contorno
como de costume. -
9:40 - 9:42Pensamos que era fantástico.
-
9:42 - 9:44Estábamos moi contentos
porque iso significaba -
9:44 - 9:46que esta estratexia
axudaba a que facer exercicio -
9:46 - 9:47parecese máis fácil.
-
9:47 - 9:49Pero a gran pregunta era:
-
9:49 - 9:52podería isto axudar
a mellorar o adestramento? -
9:52 - 9:54Podería tamén
mellorar a calidade -
9:54 - 9:55do adestramento?
-
9:55 - 9:58A continuación, dixémoslles
aos nosos participantes -
9:58 - 10:00que ían ir á liña de meta
-
10:00 - 10:02levando unha carga adicional.
-
10:02 - 10:04Puxémoslles pesos nos nocellos
-
10:04 - 10:07equivalentes
ao 15% do seu peso corporal. -
10:07 - 10:08Dixémoslles que levantaran os xeonllos
-
10:08 - 10:11e que camiñaran máis
rápido á liña de meta. -
10:11 - 10:13Deseñamos este exercicio en particular
-
10:13 - 10:15para que fora moderadamente difícil
-
10:15 - 10:17pero non imposible,
-
10:17 - 10:18como a maioría de exercicios
-
10:18 - 10:21que realmente melloran a condición física.
-
10:22 - 10:23A gran pregunta era:
-
10:23 - 10:25manter os ollos na meta,
-
10:25 - 10:28ben enfocados na liña de meta,
-
10:28 - 10:30cambiou a súa experiencia
ao facer exercicio? -
10:31 - 10:32Así foi.
-
10:32 - 10:34Os que centraron os seus ollos na meta
-
10:34 - 10:36indicaron máis tarde que tiveron
-
10:36 - 10:39que facer un 17% menos de esforzo
-
10:39 - 10:40para realizar os mesmos exercicios
-
10:40 - 10:43que a xente que observaba
o seu contorno con naturalidade. -
10:43 - 10:46Isto modificou a súa
experiencia subxectiva -
10:46 - 10:47do exercicio.
-
10:47 - 10:50Tamén cambiou o carácter obxectivo
-
10:50 - 10:51do exercicio.
-
10:51 - 10:54Os que mantiveron os seus
ollos na meta -
10:54 - 10:57movéronse un 23% máis rápido
-
10:57 - 11:00que os demais.
-
11:00 - 11:01Para que se fagan unha idea,
-
11:01 - 11:03un aumento do 23%
-
11:03 - 11:07e como intercambiar
o seu Chevy Citation de 1980 -
11:07 - 11:10por un Chevrolet Corvette de 1980.
-
11:12 - 11:14Estabamos moi contentos
-
11:14 - 11:16porque significaba que unha estratexia
-
11:16 - 11:18que non custa nada
-
11:18 - 11:20e que é fácil de utilizar,
-
11:20 - 11:22tanto para os que están en forma
-
11:22 - 11:24como para os que lles costa chegar,
-
11:24 - 11:25tiña un grande impacto.
-
11:25 - 11:27Manter os ollos na meta
-
11:27 - 11:30facía que o exercicio parecera
e fora máis fácil, -
11:30 - 11:32incluso aínda cando
a xente se esforzaba máis, -
11:32 - 11:34ao ir máis rápido.
-
11:35 - 11:37Xa sei que a boa saúde é algo máis
-
11:37 - 11:39que simplemente ir un pouco
máis de présa, -
11:39 - 11:41pero manter os ollos na meta
-
11:41 - 11:44pode ser unha estratexia adicional,
-
11:44 - 11:45útil para promover
-
11:45 - 11:46un estilo de vida saudable.
-
11:47 - 11:49Se aínda non están convencidos
-
11:49 - 11:52de que todos vemos o mundo
desde o noso punto de vista, -
11:52 - 11:54déixenme darlles un último exemplo.
-
11:54 - 11:56Esta é unha foto dunha fermosa rúa
de Estocolmo -
11:56 - 11:57na que se ven dous coches.
-
11:57 - 11:59O coche de atrás parece máis grande
-
11:59 - 12:01que o coche de diante.
-
12:01 - 12:02Porén, en realidade,
-
12:02 - 12:05estes coches son do mesmo tamaño,
-
12:05 - 12:08pero esa non é a forma na que os vemos.
-
12:08 - 12:10Significa iso
-
12:10 - 12:12que o noso ollo non funciona ben
-
12:12 - 12:14e que o noso cerebro é un desastre?
-
12:14 - 12:16Non, en absoluto.
-
12:16 - 12:18É só como funcionan
os nosos ollos. -
12:19 - 12:21Podemos ver o mundo de maneira diferente,
-
12:22 - 12:24e ás veces non coincide
-
12:24 - 12:25coa realidade,
-
12:25 - 12:27pero iso non quere dicir
que un de nós teña a razón -
12:27 - 12:28e o outro non.
-
12:29 - 12:31Todos vemos o mundo
desde o noso punto de vista -
12:31 - 12:34pero podemos aprender
a velo dunha maneira diferente. -
12:35 - 12:36Podo pensar en días
-
12:36 - 12:38nos que todo me saíu mal.
-
12:38 - 12:41Estou farta, irritable, cansada,
-
12:41 - 12:42vou atrasada no traballo,
-
12:42 - 12:45e hai unha gran nube negra
-
12:45 - 12:46por riba da miña cabeza;
-
12:46 - 12:47e neses días,
-
12:47 - 12:49paréceme que todos
ao meu redor -
12:49 - 12:51tamén están deprimidos.
-
12:51 - 12:54O meu compañeiro de traballo
parece irritado -
12:54 - 12:56cando lle pido unha prórroga
da data límite, -
12:56 - 12:58e o meu amigo parece frustrado
-
12:58 - 13:01cando chego tarde ao xantar
porque unha reunión se prolongou, -
13:01 - 13:02e cara ao final do día
-
13:02 - 13:04o meu home está decepcionado,
-
13:04 - 13:06porque eu prefiro ir
durmir que ao cine. -
13:07 - 13:10E en días coma estes,
cando todo o mundo parece -
13:10 - 13:12molesto e enfadado comigo,
-
13:12 - 13:15trato de recordar
que hai outra maneira de velo. -
13:15 - 13:18Quizais o meu compañeiro
estaba confundido, -
13:18 - 13:20talvez, o meu amigo estaba preocupado,
-
13:20 - 13:23e talvez o meu home
estaba sendo comprensivo. -
13:24 - 13:26Todos vemos o mundo
-
13:26 - 13:28desde o noso punto de vista,
-
13:28 - 13:30e algúns días, o mundo
-
13:30 - 13:32pode parecer un lugar perigoso,
-
13:32 - 13:34difícil e insuperable,
-
13:34 - 13:36pero non ten por que parecer
así todo o tempo. -
13:36 - 13:39Podemos aprender a velo
dunha maneira diferente, -
13:39 - 13:42e cando encontremos unha maneira
de facer que o mundo -
13:42 - 13:44se vexa máis agradable
e todo pareza máis fácil, -
13:44 - 13:46tal vez, entón, se converta niso.
-
13:46 - 13:47Grazas.
-
13:47 - 13:48(Aplausos)
- Title:
- Por que facer exercicio lles resulta máis difícil a uns ca a outros
- Speaker:
- Emily Balcetis
- Description:
-
Por que algunhas persoas teñen que facer un esforzo moito maior ca outros para evitar os quilos de máis? A psicologa social Emily Balcetis preséntanos resultados de investigacións nas que se aborda un dos múltiples factores implicados: a visión. Nunha charla moi instrutiva demóstranos como, no que fai á nosa condición física, uns ven o mundo de forma moi distinta a outros, e proponnos unha solución sorprendentemente simple para superar esas diferencias.
- Video Language:
- English
- Team:
- closed TED
- Project:
- TEDTalks
- Duration:
- 14:08
Dimitra Papageorgiou approved Galician subtitles for Why some people find exercise harder than others | ||
Dimitra Papageorgiou approved Galician subtitles for Why some people find exercise harder than others | ||
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela accepted Galician subtitles for Why some people find exercise harder than others | ||
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for Why some people find exercise harder than others | ||
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for Why some people find exercise harder than others | ||
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for Why some people find exercise harder than others | ||
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for Why some people find exercise harder than others | ||
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for Why some people find exercise harder than others |