Return to Video

Confesións dun cómico deprimido

  • 0:00 - 0:02
    Durante moito tempo,
  • 0:02 - 0:08
    sentía que estaba a vivir dúas vidas:
  • 0:08 - 0:11
    a vida que a xente ve,
  • 0:11 - 0:15
    e logo a que só vexo eu.
  • 0:15 - 0:17
    Na primeira delas
  • 0:17 - 0:20
    eu son un amigo.
  • 0:20 - 0:22
    un fillo, un irmán,
  • 0:22 - 0:26
    un cómico e un adolescente.
  • 0:26 - 0:28
    Esa é a vida que todo o mundo ve.
  • 0:28 - 0:29
    De describirme amigos e familia
  • 0:29 - 0:31
    isto é o que dirían.
  • 0:31 - 0:33
    E iso é gran parte do que son.
  • 0:33 - 0:36
    E se me describise a min mesmo,
  • 0:36 - 0:39
    de seguro que diría algo parecido.
  • 0:39 - 0:42
    E non estaría mentindo,
  • 0:42 - 0:46
    nin tampouco a dicir toda a verdade,
  • 0:46 - 0:48
    porque a verdade é,
  • 0:48 - 0:51
    que iso só é a vida que os demais ven.
  • 0:51 - 0:53
    E na vida que só eu vexo,
  • 0:53 - 0:56
    na que realmente son eu,
  • 0:56 - 1:01
    vexo alguén que lida coa depresión
  • 1:01 - 1:04
    desde hai xa seis anos.
  • 1:04 - 1:09
    e así, todos os días.
  • 1:09 - 1:11
    Para quen nunca a sufriu
  • 1:11 - 1:12
    ou non sabe ben o que é,
  • 1:12 - 1:14
    isto pode sorprendelo,
  • 1:14 - 1:16
    porque é habitual o mito
  • 1:16 - 1:18
    de que a depresión é estar triste
  • 1:18 - 1:21
    cando algo na túa vida vai mal:
  • 1:21 - 1:22
    cando cortas coa moza,
  • 1:22 - 1:24
    ou perdes un ser querido,
  • 1:24 - 1:26
    ou non obtés o traballo que querías.
  • 1:26 - 1:28
    Pero iso é tristura: é algo normal.
  • 1:28 - 1:30
    Son emocións humanas naturais.
  • 1:30 - 1:34
    A depresión real non é estar triste
  • 1:34 - 1:36
    cando algo na túa vida vai mal.
  • 1:36 - 1:38
    A depresión real é estar triste
  • 1:38 - 1:41
    cando todo na túa vida vai ben.
  • 1:41 - 1:44
    Iso é a depresión real, a que eu sufro.
  • 1:44 - 1:46
    E para ser completamente sincero,
  • 1:46 - 1:49
    resúltame duro estar aquí e dicilo.
  • 1:49 - 1:51
    Resúltame duro falar do tema,
  • 1:51 - 1:53
    e parece que ao resto da xente tamén:
  • 1:53 - 1:56
    tanto que ninguén está a falalo.
  • 1:56 - 1:58
    E ninguén está a falalo, pero é necesario,
  • 1:58 - 2:02
    porque está a ser un problema enorme.
  • 2:02 - 2:03
    É un problema enorme.
  • 2:03 - 2:05
    Pero non está nas redes sociais,
  • 2:05 - 2:07
    nin en Facebook, nin en Twitter,
  • 2:07 - 2:09
    nin nas noticias porque non é alegre,
  • 2:09 - 2:11
    non é divertido, non é fácil.
  • 2:11 - 2:14
    E como non o vemos,
    tampouco vemos o grave que é.
  • 2:14 - 2:18
    Pero a gravidade e seriedade é esta:
  • 2:18 - 2:20
    cada 30 segundos,
  • 2:20 - 2:22
    cada 30 segundos, en algures,
  • 2:22 - 2:24
    alguén acaba coa súa vida
  • 2:24 - 2:25
    por mor da depresión,
  • 2:25 - 2:28
    e pode que a dúas rúas, a dous países
  • 2:28 - 2:29
    ou a dous continentes de aquí.
  • 2:29 - 2:32
    Pero está a pasar todos os días.
  • 2:32 - 2:35
    E adoitamos, como sociedade,
  • 2:35 - 2:40
    velo e dicir: "E que?"
  • 2:40 - 2:44
    "E que?" Vémolo e pensamos:
  • 2:44 - 2:45
    "É problema teu."
  • 2:45 - 2:47
    "É problema seu."
  • 2:47 - 2:49
    Dános mágoa e sentímolo,
  • 2:49 - 2:50
    pero tamén dicimos, "E que?"
  • 2:50 - 2:55
    Pois hai dous anos era problema meu,
  • 2:55 - 2:59
    porque sentei ao bordo da cama
  • 2:59 - 3:02
    como un millón de veces antes
  • 3:02 - 3:05
    e tiña pensamentos suicidas.
  • 3:05 - 3:09
    Era suicida, pero de mirar para min,
  • 3:09 - 3:11
    non verías un rapaz que era suicida:
  • 3:11 - 3:13
    verías o capitán do equipo de baloncesto,
  • 3:13 - 3:15
    o mellor estudante de teatro
  • 3:15 - 3:16
    o mellor en inglés,
  • 3:16 - 3:18
    sempre na lista de honores
  • 3:18 - 3:22
    e en todas as festas.
  • 3:22 - 3:24
    Non dirías que estaba deprimido,
  • 3:24 - 3:26
    nin suicida, pero estarías errado.
  • 3:26 - 3:28
    Moi errado. Sentei esa noite
  • 3:28 - 3:32
    de lado dun bote de pílulas
    cun bolígrafo e papel na man
  • 3:32 - 3:34
    e pensei en acabar coa vida
  • 3:34 - 3:37
    e estiven así de preto de facelo.
  • 3:37 - 3:39
    Así de preto.
  • 3:39 - 3:42
    Non o fixen, así que son dos afortunados,
  • 3:42 - 3:44
    deses que sentan na repisa,
  • 3:44 - 3:46
    miran para abaixo pero non saltan,
  • 3:46 - 3:48
    un dos afortunados que sobreviven.
  • 3:48 - 3:51
    E iso déixame coa miña historia,
  • 3:51 - 3:53
    e a miña historia é esta:
  • 3:53 - 3:56
    en dúas palabras: sufro depresión.
  • 3:56 - 3:59
    Sufro depresión,
  • 3:59 - 4:06
    e durante moito tempo, creo,
  • 4:06 - 4:08
    estaba a vivir dúas vidas diferentes
  • 4:08 - 4:11
    en que unha persoa sempre temía a outra.
  • 4:11 - 4:13
    Temía que se vise quen era realmente,
  • 4:13 - 4:16
    non o rapaz perfecto e popular
    de instituto que todos crían,
  • 4:16 - 4:18
    que tras o meu sorriso había dor,
  • 4:18 - 4:20
    e tras a miña luz había escuridade,
  • 4:20 - 4:25
    tras a miña gran personalidade,
    unha meirande dor.
  • 4:25 - 4:27
    Algúns temerán non gustarlles ás mozas,
  • 4:27 - 4:30
    algúns ás quenllas e outros á morte.
  • 4:30 - 4:34
    Pero eu, por moito tempo,
    teminme a min mesmo:
  • 4:34 - 4:37
    á miña verdade, honestidade
    e vulnerabilidade,
  • 4:37 - 4:39
    e ese temor facíame sentir
  • 4:39 - 4:41
    como se estivese acantoado,
  • 4:41 - 4:45
    acantoado e cunha soa saída.
  • 4:45 - 4:48
    Así que pensaba niso todos os días,
  • 4:48 - 4:50
    todos os días.
  • 4:50 - 4:51
    E se vos digo a verdade,
  • 4:51 - 4:55
    volvín pensalo,
    porque así é a enfermidade,
  • 4:55 - 4:57
    así é a loita, a depresión;
  • 4:57 - 4:58
    non é como a varicela,
  • 4:58 - 5:00
    non se supera unha vez para sempre.
  • 5:00 - 5:02
    É algo co que vives, en que vives.
  • 5:02 - 5:06
    É o compañeiro que non podes botar,
    a voz que non cala,
  • 5:06 - 5:08
    os sentimentos que te apresan.
  • 5:08 - 5:13
    E o máis aterrador é que, ao cabo,
  • 5:13 - 5:16
    te volves insensible, vólvese normal,
  • 5:16 - 5:19
    e o que máis temes
  • 5:19 - 5:21
    non é o sufrimento dentro
  • 5:21 - 5:23
    senón o estigma dos demais,
  • 5:23 - 5:25
    a vergoña, o desacougo,
  • 5:25 - 5:28
    a mirada de desaprobación dun amigo,
  • 5:28 - 5:31
    os rumores no corredor de que es débil.
  • 5:31 - 5:33
    os comentarios de que estás tolo.
  • 5:33 - 5:35
    Iso é o que che impide pedir axuda.
  • 5:35 - 5:38
    e o que fai que o aguantes e o agoches.
  • 5:38 - 5:40
    É o estigma: aguántalo e agóchalo,
  • 5:40 - 5:42
    aguántalo e agóchalo.
  • 5:42 - 5:43
    Se ben te atrapa na cama a diario
  • 5:43 - 5:46
    e baleira a túa vida, por moito
    que fagas por enchela,
  • 5:46 - 5:49
    escóndelo, porque o estigma social
  • 5:49 - 5:51
    en canto á depresión, é real.
  • 5:51 - 5:55
    Moi real, e se pensas que non, pregúntate:
  • 5:55 - 5:56
    preferirías publicar no Facebook
  • 5:56 - 5:58
    que che custa saír da cama
  • 5:58 - 6:00
    porque che doe o lombo,
  • 6:00 - 6:02
    ou que che custa erguerte polas mañás
  • 6:02 - 6:04
    por estares deprimido?
  • 6:04 - 6:07
    Ese é o estigma, porque desafortunadamente
  • 6:07 - 6:09
    no noso mundo, se rompes o brazo,
  • 6:09 - 6:12
    todos corren asinarche a escaiola,
  • 6:12 - 6:15
    pero se dis que tes depresión,
    escapan correndo.
  • 6:15 - 6:17
    Ese é o estigma.
  • 6:17 - 6:22
    Aceptamos que falle
    calquera parte do corpo
  • 6:22 - 6:25
    menos o cerebro. E iso é ignorancia:
  • 6:25 - 6:27
    ignorancia pura que creou un mundo
  • 6:27 - 6:29
    que non entende de depresión,
  • 6:29 - 6:31
    nin de saúde mental.
  • 6:31 - 6:33
    E iso resúltame irónico,
    pois a depresión
  • 6:33 - 6:36
    é dos problemas máis documentados
  • 6:36 - 6:38
    pero dos menos comentados.
  • 6:38 - 6:40
    Apartámolo e esquecémolo
    nunha esquina
  • 6:40 - 6:44
    coa esperanza que se arranxe só.
  • 6:44 - 6:47
    Pero non, non o fixo nin o fará,
  • 6:47 - 6:49
    porque isto é ilusorio,
  • 6:49 - 6:52
    e non serve de nada: é procrastinar
  • 6:52 - 6:57
    e non se pode procrastinar
    sobre algo tan importante.
  • 6:57 - 7:00
    Primeiro, para resolver un problema
  • 7:00 - 7:02
    hai que recoñecer que existe.
  • 7:02 - 7:04
    E como non o fixemos,
    non podemos pretender
  • 7:04 - 7:08
    unha resposta se se teme a pregunta.
  • 7:08 - 7:11
    E eu non sei cal é a solución.
  • 7:11 - 7:14
    Oxalá si, pero non a teño –-pero penso,
  • 7:14 - 7:16
    penso que ten que comezar aquí.
  • 7:16 - 7:18
    Ten que comezar comigo, contigo,
  • 7:18 - 7:22
    coa xente que está a sufrir,
  • 7:22 - 7:23
    que está escondida na sombra.
  • 7:23 - 7:25
    Debemos alzar a voz e rachar o silencio.
  • 7:25 - 7:27
    Debemos defender con valentía
    o que cremos
  • 7:27 - 7:31
    porque se de algo me dei de conta,
  • 7:31 - 7:34
    se hai algo que para min
    é o problema máis grande
  • 7:34 - 7:37
    non é construír un mundo
  • 7:37 - 7:41
    en que eliminemos a ignorancia dos outros,
  • 7:41 - 7:44
    senón un en que se ensine a aceptarse,
  • 7:44 - 7:45
    a estar ben consigo,
  • 7:45 - 7:47
    porque cando nos abrimos,
  • 7:47 - 7:50
    vemos que todos loitamos e sufrimos.
  • 7:50 - 7:52
    Ben sexa con isto ou con outra cousa,
  • 7:52 - 7:55
    todos sabemos o que é sufrir.
  • 7:55 - 7:56
    Porque a todos nos doe o corazón,
  • 7:56 - 7:59
    e sabemos a importancia de recuperarse.
  • 7:59 - 8:02
    Pero neste momento a depresión
    é unha ferida social
  • 8:02 - 8:05
    que tapamos cun apósito,
    coma se nada.
  • 8:05 - 8:10
    Pero segue aí. E sabedes que?
    Non pasa nada.
  • 8:10 - 8:13
    A depresión é lícita.
    Se a tes, que saibas que o é.
  • 8:13 - 8:16
    que estás enfermo, non débil,
  • 8:16 - 8:18
    que é un problema, non unha identidade,
  • 8:18 - 8:21
    porque cando superas o medo e a mofa
  • 8:21 - 8:22
    e o prexuízo e o estigma dos demais,
  • 8:22 - 8:25
    verás a depresión polo que realmente é:
  • 8:25 - 8:28
    só unha parte da vida,
  • 8:28 - 8:31
    só unha parte da vida,
    e por moito que odie,
  • 8:31 - 8:34
    que odie algúns dos lugares,
  • 8:34 - 8:37
    algunhas das partes da vida
    ás que me arrastrou,
  • 8:37 - 8:40
    de moitos xeitos, agradézoo.
  • 8:40 - 8:41
    Porque se me meteu nun val,
  • 8:41 - 8:43
    foi para mostrarme os cumios,
  • 8:43 - 8:44
    e se me arrastrou polas tebras
  • 8:44 - 8:47
    foi para lembrarme que había luz.
  • 8:47 - 8:51
    A miña dor, máis que nada en 19 anos,
  • 8:51 - 8:53
    deume perspectiva. A miña dor
  • 8:53 - 8:55
    obrigoume a ter esperanza,
  • 8:55 - 8:58
    esperanza e confianza en min mesmo,
  • 8:58 - 9:01
    nos demais, en que pode mellorar,
  • 9:01 - 9:03
    que podemos cambialo, denuncialo
  • 9:03 - 9:05
    denuncialo e loitar contra a ignorancia,
  • 9:05 - 9:08
    loitar contra a intolerancia,
  • 9:08 - 9:10
    e máis que nada
  • 9:10 - 9:13
    aprender a querernos a nós mesmos,
  • 9:13 - 9:15
    a aceptarnos por quen somos:
  • 9:15 - 9:19
    quen somos, non quen o mundo quere.
  • 9:19 - 9:21
    Porque o mundo en que creo é onde
  • 9:21 - 9:25
    abrazar a túa luz non implica
    ignorar a túa escuridade.
  • 9:25 - 9:27
    Un mundo en que se nos valore
  • 9:27 - 9:31
    a capacidade de vencer a adversidade,
    non esquivala.
  • 9:31 - 9:36
    Un mundo en que podo mirar alguén,
  • 9:36 - 9:37
    dicirlle: "Estou a vivir un inferno."
  • 9:37 - 9:41
    E que me miren e digan: "Eu tamén."
    E non pasa nada.
  • 9:41 - 9:45
    Porque a depresión é lícita.
    Somos persoas.
  • 9:45 - 9:47
    Somos persoas, e sufrimos e loitamos,
  • 9:47 - 9:50
    sangramos e choramos.
    Se pensas que ser forte
  • 9:50 - 9:52
    é nunca mostrar debilidades, estou aquí
  • 9:52 - 9:55
    para dicirche que estás equivocado.
  • 9:55 - 9:59
    Estás equivocado porque é o oposto.
  • 9:59 - 10:02
    Somos persoas e temos problemas.
  • 10:02 - 10:03
    Non somos perfectos, non pasa nada.
  • 10:03 - 10:06
    Así que debemos parar a ignorancia,
  • 10:06 - 10:09
    a intolerancia, o estigma,
  • 10:09 - 10:13
    parar o silencio e eliminar os tabús,
  • 10:13 - 10:18
    mirar a verdade e comezar a falar:
  • 10:18 - 10:23
    o único xeito de vencer o problema,
  • 10:23 - 10:26
    que a xente está a combater soa,
  • 10:26 - 10:30
    é sermos fortes xuntos,
  • 10:30 - 10:33
    sermos fortes xuntos.
  • 10:33 - 10:36
    E eu creo que somos quen.
  • 10:36 - 10:38
    Si que o creo.
    Moitísimas grazas a todos.
  • 10:38 - 10:41
    Isto é un soño feito realidade. Grazas.
    (Aplausos)
  • 10:41 - 10:43
    Grazas.
    (Aplausos)
Title:
Confesións dun cómico deprimido
Speaker:
Kevin Breel
Description:

Kevin Breel non aparentaba ser un rapaz deprimido: capitán do equipo, presente en todas as festas, gracioso e seguro de si mesmo. Pero cóntanos a historia da noite en que se decatou de que, para salvar a súa vida, debía dicir dúas simples palabras.

more » « less
Video Language:
English
Team:
closed TED
Project:
TEDTalks
Duration:
11:00
Xusto Rodriguez approved Galician subtitles for Confessions of a depressed comic
Xusto Rodriguez edited Galician subtitles for Confessions of a depressed comic
Xusto Rodriguez edited Galician subtitles for Confessions of a depressed comic
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela accepted Galician subtitles for Confessions of a depressed comic
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for Confessions of a depressed comic
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for Confessions of a depressed comic
Argantael Kerdudo Baxter edited Galician subtitles for Confessions of a depressed comic
Argantael Kerdudo Baxter edited Galician subtitles for Confessions of a depressed comic
Show all

Galician subtitles

Revisions