Return to Video

A idade da Terra en medidas que podes entender - Joshua M. Sneideman

  • 0:07 - 0:09
    Cal é a idade da Terra?
  • 0:09 - 0:11
    A ver, contando a cantidade de isótopos
  • 0:11 - 0:12
    nunha mostra de roca
  • 0:12 - 0:14
    que sufriu desintegración radioactiva,
  • 0:14 - 0:17
    os xeólogos estimaron
    os anos da Terra,
  • 0:17 - 0:19
    cando se formou a partir
    dunha nebulosa solar,
  • 0:19 - 0:22
    en 4.600 millóns de anos.
  • 0:22 - 0:24
    Pero, canto tempo é iso en realidade?
  • 0:24 - 0:25
    Velaquí unhas analoxías
  • 0:25 - 0:27
    que poden axudarche a entendelo.
  • 0:27 - 0:31
    Por exemplo, imaxinemos que toda
    a historia da Terra,
  • 0:31 - 0:32
    ata hoxe,
  • 0:32 - 0:34
    como un só ano.
  • 0:34 - 0:37
    O 1 de xaneiro a Terra comeza a formarse.
  • 0:37 - 0:39
    O 3 de marzo aparece a primeira evidencia
  • 0:39 - 0:41
    dunha bacteria unicelular.
  • 0:41 - 0:45
    A vida segue incriblemente unicelular
    ata o 11 de novembro
  • 0:45 - 0:47
    cando xorden os primeiros
    organismos multicelulares
  • 0:47 - 0:50
    coñecidos como "biota ediacariana".
  • 0:50 - 0:54
    Pouco despois, o 16 de novembre ás 18:08
  • 0:54 - 0:56
    acontece a explosión cámbrica da vida,
  • 0:56 - 0:58
    un fito importante,
  • 0:58 - 1:01
    cando empezaron a aparecer
    os filos modernos.
  • 1:01 - 1:04
    O 10 de decembro ás 13:26
  • 1:04 - 1:06
    apareceron os dinosauros
  • 1:06 - 1:07
    pero un asteroide exterminounos
  • 1:07 - 1:09
    só dúas semanas despois.
  • 1:09 - 1:12
    O 31 de decembro o poderoso Imperio romano
  • 1:12 - 1:15
    érguese e cae en menos de catro segundos.
  • 1:15 - 1:16
    E Colón levanta áncoras
  • 1:16 - 1:18
    na busca do que pensaba seren as Indias
  • 1:18 - 1:20
    tres segundos antes da medianoite.
  • 1:20 - 1:22
    Se intentas escribir a historia da Terra
  • 1:22 - 1:24
    usando só unha páxina por ano,
  • 1:24 - 1:27
    o teu libro tería 232 km de grosor,
  • 1:27 - 1:28
    máis da metade da distancia
  • 1:28 - 1:31
    ata a Estación Espacial Internacional.
  • 1:31 - 1:33
    A historia do fósil de australopiteco
  • 1:33 - 1:36
    de 3,2 millóns de anos, coñecido como Lucy
  • 1:36 - 1:38
    estaría no kilómetro 231,
  • 1:38 - 1:41
    a 150 metros do remate do libro.
  • 1:42 - 1:45
    A Declaración de Independencia
    dos Estados Unidos de América
  • 1:45 - 1:47
    asinaríase no último centímetro.
  • 1:47 - 1:49
    Ou senón, comparando o tempo xeolóxico
  • 1:49 - 1:51
    cunha muller cos brazos estirados
  • 1:51 - 1:52
    a unha amplitude de 1,80 m,
  • 1:52 - 1:54
    o simple acto de limar as unllas
  • 1:54 - 1:57
    barrería de vez
    a historia humana rexistrada.
  • 1:57 - 2:01
    Por último, imaxinemos a historia
    da Terra como a túa vida:
  • 2:01 - 2:02
    dende o momento en que naces
  • 2:02 - 2:04
    ata que entras no instituto.
  • 2:04 - 2:05
    A túa primeira palabra,
  • 2:05 - 2:06
    a primeira ves que sentaches
  • 2:06 - 2:08
    e os primeiros pasos:
  • 2:08 - 2:10
    todo iso ocorre mentres a vida na Terra
  • 2:10 - 2:13
    estaba composta por
    organismos unicelulares.
  • 2:13 - 2:15
    De feito, o primeiro ser multicelular
  • 2:15 - 2:17
    non evolucionará ata os teus 12 anos,
  • 2:17 - 2:19
    ao comezar a ESO,
  • 2:19 - 2:19
    xusto cando
  • 2:19 - 2:21
    o teu profesor de ciencias lle di á clase
  • 2:21 - 2:23
    como se forman os fósiles.
  • 2:23 - 2:25
    Os dinosaurios non aparecerían
  • 2:25 - 2:27
    ata o terceiro mes de 2º da ESO
  • 2:27 - 2:30
    e extinguiranse ao acabar
    as vacacións de primavera.
  • 2:30 - 2:31
    Tres días antes de comezar 3º
  • 2:31 - 2:33
    cando te decatas de que acabou o verán
  • 2:33 - 2:35
    e precisas novo material escolar,
  • 2:35 - 2:39
    Lucy, a pequena australopiteco,
    está camiñando por África.
  • 2:39 - 2:40
    Ao terminar o almorzo
  • 2:40 - 2:42
    e saír para coller o bus,
  • 2:42 - 2:44
    44 minutos antes da clase,
  • 2:44 - 2:47
    os homes de Neandertal estanse
    extinguindo en toda Europa.
  • 2:48 - 2:49
    O período glacial máis recente
  • 2:49 - 2:51
    termina cando baixas do bus,
  • 2:51 - 2:53
    16 minutos antes da clase.
  • 2:53 - 2:56
    Colón levanta áncoras
    50 segundos antes da clase
  • 2:56 - 2:58
    mentres buscas a túa aula.
  • 2:58 - 3:01
    A Declaración de Independencia
    dos EE.UU. asínase
  • 3:01 - 3:02
    28 segundos despois
  • 3:02 - 3:04
    mentres buscas onde sentar.
  • 3:04 - 3:08
    E ti naces 1,3 segundos antes
    de que soe o timbre.
  • 3:09 - 3:11
    Como ves, a Terra é sumamente
  • 3:11 - 3:12
    e incriblemente antiga,
  • 3:12 - 3:14
    comparada cos seres humanos,
  • 3:14 - 3:15
    con fósiles
  • 3:15 - 3:18
    que gardan historias incribles
    que contarnos sobre o pasado
  • 3:18 - 3:20
    e posiblemente sobre o futuro tamén.
  • 3:20 - 3:22
    Pero, no pouco tempo que levamos aquí
  • 3:22 - 3:23
    aprendemos moito
  • 3:23 - 3:25
    e seguro que aprenderemos máis
  • 3:25 - 3:27
    nas próximas décadas e séculos,
  • 3:27 - 3:29
    momentos próximos en termos xeolóxicos.
Title:
A idade da Terra en medidas que podes entender - Joshua M. Sneideman
Description:

Pode ver a lección completa en http://ed.ted.com/lessons/the-earth-s-age-in-measurements-you-can-understand-joshua-m-sneideman

A Terra ten 4.600 millóns de anos; pero como podemos os seres humanos comprender números tan colosais e onde nos colocamos na liña do tempo xeolóxico?
Comparando a vida da Terra cun ano natural, feitos como a extinción dos dinosauros e a viaxe de Colón aconteceron hai relativamente pouco tempo.
Joshua M. Sneideman lémbranos o noso tempo e lugar no Universo.
Lección de Joshua M. Sneideman, animación de Powerhouse Animation Studios Inc.

more » « less
Video Language:
English
Team:
closed TED
Project:
TED-Ed
Duration:
03:45

Galician subtitles

Revisions