Trucos simples para a vida con párkinson
-
0:01 - 0:04Na India temos familias enormes
-
0:04 - 0:06-aposto a que moitos de vostedes
teñen oído falar diso- -
0:06 - 0:09o que implica que hai
moitas xuntanzas familiares. -
0:10 - 0:14E de nena, os meus pais adoitaban
arrastrarme a estas xuntanzas. -
0:14 - 0:17Pero polo único
que eu sempre devecía -
0:17 - 0:19era xogar cos meus primos.
-
0:20 - 0:22E sempre estaba este tío meu
-
0:22 - 0:24que acostumaba estar aí
-
0:24 - 0:26sempre disposto a brincar con nós,
-
0:26 - 0:27a facernos xogos,
-
0:27 - 0:30para que os rapaces
o pasásemos en grande. -
0:31 - 0:33Este home tiña un éxito tremendo:
-
0:33 - 0:35era moi seguro de si e forte.
-
0:36 - 0:40Pero vin como se lle deterioraba
a saúde a esta persoa sa e robusta. -
0:41 - 0:44Diagnosticáronlle párkinson.
-
0:45 - 0:49A enfermidade de párkinson causa
a dexeneración do sistema nervioso, -
0:49 - 0:52o que implica que para esta persoa
noutrora independente -
0:52 - 0:57de súbito tarefas coma tomar café,
por mor dos tremores, son dificilísimas. -
0:58 - 1:00O meu tío comezou a usar
un andador para camiñar, -
1:00 - 1:02e para virarse,
-
1:02 - 1:06literalmente tiña que dar
un paso de cada vez, así, -
1:06 - 1:07e leváballe unha eternidade.
-
1:08 - 1:11Así a todo, esta persoa afeita
a ser o centro de atención -
1:11 - 1:13en todas as reunións familiares,
-
1:14 - 1:16repentinamente agachábase
detrás da xente. -
1:16 - 1:20Agochábase da mirada compasiva
dos ollos da xente. -
1:20 - 1:23E el non é o único do mundo.
-
1:23 - 1:29Cada ano, diagnostícanse unhas
60.000 persoas máis con párkinson, -
1:29 - 1:31e esta cantidade vai en aumento.
-
1:32 - 1:38Os deseñadores soñamos con arranxar
estes problemas poliédricos, -
1:38 - 1:41cunha solución que o resolva todo,
-
1:41 - 1:43pero non ten que ser sempre así.
-
1:44 - 1:46Podemos centrarnos
en problemas simples -
1:47 - 1:50e crearlles unha pequena solución
e acadar á fin unha mellora de impacto. -
1:51 - 1:54Por iso o meu obxectivo
non era curar o párkinson, -
1:55 - 1:58senón facer as súas tarefas cotiás
moito máis doadas, -
1:58 - 1:59para logo acadar unha mellora.
-
2:00 - 2:04Ben, o primeiro que acoutei
foron os tremores, non é? -
2:04 - 2:09O meu tío díxome que deixara
de tomar café ou té en público -
2:09 - 2:10só pola vergoña que pasaba,
-
2:11 - 2:14así é que eu deseñei
a cunca antiderrame. -
2:15 - 2:18É simplemente a súa forma
a que a fai funcionar. -
2:18 - 2:23A curva do bordo desvía o líquido
cara dentro cando hai tremores -
2:23 - 2:26e mantén o líquido dentro,
ao revés dunha cunca normal. -
2:27 - 2:32Pero o importante aquí
é non etiquetala para o párkinson. -
2:32 - 2:36Parece unha cunca para ser usada
por ti, por min, por calquera torpe, -
2:36 - 2:40e iso fai moito máis reconfortante
o seu uso, a integración. -
2:42 - 2:45Moi ben, un problema resolto,
-
2:45 - 2:46aínda queda moito que facer.
-
2:47 - 2:49En todo este tempo
estiven a entrevistalo, -
2:49 - 2:51a preguntarlle,
-
2:51 - 2:54e decateime de que obtiña
información moi superficial -
2:54 - 2:57ou só respostas ás miñas preguntas.
-
2:57 - 3:00Pero eu necesitaba certamente
afondar ata unha nova perspectiva. -
3:01 - 3:05Por iso pensei, ben, observemos
as súas tarefas cotiás, -
3:05 - 3:07mentres come, mentres mira a televisión.
-
3:08 - 3:12E entón, cando estaba a observar
como ía cara á mesa de xantar -
3:12 - 3:17dixen: como este home,
que ten dificultades co piso chairo, -
3:17 - 3:19pode subir polas escaleiras?
-
3:19 - 3:23Posto que na India non temos
cadeiras elevadoras para subir -
3:23 - 3:25coma nos países desenvolvidos,
-
3:25 - 3:27un ten que ascender
de feito polas escaleiras. -
3:28 - 3:29E nisto díxome el:
-
3:29 - 3:31“Ben, vouche ensinar como o fago.”
-
3:32 - 3:34Vexamos o que vin.
-
3:37 - 3:40Levoulle moito tempo
adoptar esta posición -
3:40 - 3:41e no entanto, eu estaba a pensar
-
3:42 - 3:43“Meu deus, vaino facer realmente?
-
3:43 - 3:46Vaino facer realmente sen o andador?”
-
3:46 - 3:48E logo...
-
3:50 - 3:53(Risas)
-
3:57 - 3:59el vírase, e súbeas moi facilmente.
-
4:01 - 4:02Así é que... abraiados?
-
4:03 - 4:04Ben, eu tamén.
-
4:07 - 4:10Ou sexa que esta persoa
que non camiñaba polo chairo -
4:10 - 4:12de súpeto podía subir as escaleiras.
-
4:14 - 4:18Durante a investigación vin
que era polo movemento continuo. -
4:18 - 4:22Tamén temos este outro home
que sofre os mesmos síntomas -
4:22 - 4:23e emprega un andador
-
4:23 - 4:25pero cando senta nunha bicicleta
-
4:25 - 4:27esfúmanse tódolos síntomas
-
4:27 - 4:29porque é un movemento continuo.
-
4:30 - 4:34Así que eu só tiña de trasladar
a sensación de andar polas escaleiras -
4:34 - 4:35ao piso chairo.
-
4:36 - 4:39E probamos e puxemos en práctica
moitas ideas con el, -
4:39 - 4:42pero a que funcionou ao final
foi esta. Botémoslle unha ollada! -
4:45 - 4:48(Risas)
-
4:49 - 4:53(Aplausos)
-
4:53 - 4:54Andou máis rápido, non si?
-
4:54 - 4:58(Aplausos)
-
4:59 - 5:02Eu chámolle a isto
"ilusión das escaleiras" -
5:02 - 5:07e de feito, cando a ilusión das escaleiras
acabou de súpeto, el paralizouse -
5:07 - 5:09e isto chámase "conxelación da marcha".
-
5:09 - 5:10Como isto acontece moito,
-
5:10 - 5:14por que non ter a ilusión das escaleiras
ao longo de tódolos seus cuartos, -
5:14 - 5:16para facer que se sintan máis seguros?
-
5:17 - 5:20Saben? A tecnoloxía non o é todo.
-
5:20 - 5:23O que nós precisamos son solucións
centradas no ser humano. -
5:23 - 5:25Eu ben puiden crear unha proxección,
-
5:25 - 5:27ou unhas gafas Google ou algo parecido.
-
5:28 - 5:30Pero fiquei cun simple debuxo no chan.
-
5:30 - 5:33Este debuxo podería levarse aos hospitais
-
5:33 - 5:36para facelos sentir máis benvidos.
-
5:37 - 5:40A min o que me gustaría acadar
para os pacientes de párkinson -
5:40 - 5:42é que se sentisen coma o meu tío hoxe.
-
5:42 - 5:46Díxome que eu lle permitira
sentirse el mesmo outra vez. -
5:47 - 5:51“Intelixente” no mundo de hoxe en día
é sinónimo de última tecnoloxía, -
5:52 - 5:55e o mundo é máis e máis intelixente
día a día. -
5:56 - 5:59Pero por que non pode ser intelixente
algo tan sinxelo e tamén efectivo? -
6:00 - 6:04O que precisamos é algunha empatía
e algo de curiosidade. -
6:04 - 6:07para saír aí, para observar.
-
6:07 - 6:08Mais non o deixemos aí!
-
6:09 - 6:12Atopemos estes problemas complexos.
Non lles teñamos medo. -
6:12 - 6:16Quebrémolos, reduzámolos
a problemas máis pequenos -
6:16 - 6:18e logo atopémoslles solucións simples.
-
6:18 - 6:21Comprobemos estas solucións,
erremos se é preciso, -
6:21 - 6:24pero con novos coñecementos para mellorar.
-
6:24 - 6:28Imaxinen o que poderiamos acadar
con todas as nosas solucións simples. -
6:29 - 6:32Como sería o mundo se combinásemos
todas as nosas solucións simples? -
6:33 - 6:36Fagamos un mundo máis intelixente,
pero con simplicidade. -
6:36 - 6:37Grazas.
-
6:37 - 6:40(Aplausos)
- Title:
- Trucos simples para a vida con párkinson
- Speaker:
- Mileha Soneji
- Description:
-
As solucións simples son a miúdo as mellores, incluso cando hai que tratar con algo tan complicado coma o párkinson. Nesta charla inspiradora, Mileha Soneji describe deseños accesibles que fan máis doadas as tarefas cotiás de quen vive co párkinson. "A tecnoloxía non o é sempre a resposta", di ela. "O que precisamos son solucións centradas no ser humano".
- Video Language:
- English
- Team:
- closed TED
- Project:
- TEDTalks
- Duration:
- 06:57
Dimitra Papageorgiou approved Galician subtitles for Simple designs that make life with Parkinson's easier | ||
Pablo Figueiredo Palacios accepted Galician subtitles for Simple designs that make life with Parkinson's easier | ||
Pablo Figueiredo Palacios edited Galician subtitles for Simple designs that make life with Parkinson's easier | ||
Pablo Figueiredo Palacios edited Galician subtitles for Simple designs that make life with Parkinson's easier | ||
Pablo Figueiredo Palacios edited Galician subtitles for Simple designs that make life with Parkinson's easier | ||
M. Carmen Losada edited Galician subtitles for Simple designs that make life with Parkinson's easier | ||
M. Carmen Losada edited Galician subtitles for Simple designs that make life with Parkinson's easier | ||
M. Carmen Losada edited Galician subtitles for Simple designs that make life with Parkinson's easier |