Return to Video

Depresión, o segredo que compartimos

  • 0:04 - 0:08
    "Sentín un funeral no meu cerebro,
  • 0:08 - 0:10
    e os parentes ían e viñan
  • 0:10 - 0:13
    camiñando, camiñando
    ata que, pareceu,
  • 0:13 - 0:16
    que o sentido crebaba totalmente.
  • 0:16 - 0:18
    E cando todos estiveron sentados,
  • 0:18 - 0:20
    unha liturxia, como un tambor,
  • 0:20 - 0:23
    comezou a bater, a bater
    ata que pensei
  • 0:23 - 0:25
    que a miña mente adormecía
  • 0:26 - 0:30
    E logo oínos erguer o caixón
    e renxer a través da miña alma
  • 0:30 - 0:33
    coas mesmas botas de chumbo, outra vez,
  • 0:33 - 0:35
    e o espazo comezou a tanxer,
  • 0:36 - 0:40
    Coma se os ceos fosen unha campá,
    e a existencia só un oído,
  • 0:40 - 0:43
    e eu, e o silencio, unha raza estraña
  • 0:43 - 0:46
    desfeita, solitaria, aquí.
  • 0:46 - 0:50
    E entón un baleiro na razón, rompeu
  • 0:50 - 0:53
    e caín máis e máis abaixo
  • 0:53 - 0:56
    e dei cun mundo, a cada mergullo,
  • 0:56 - 0:58
    e acabei sabendo, daquela"
  • 1:00 - 1:03
    Coñecemos a depresión
    a través de metáforas.
  • 1:03 - 1:07
    Emily Dickinson foi capaz
    de expresalo con palabras,
  • 1:07 - 1:10
    Goya, nunha imaxe.
  • 1:10 - 1:15
    A metade do propósito da arte
    é describir estes estados icónicos.
  • 1:16 - 1:20
    Canto a min, sempre me vin
    como unha persoa dura,
  • 1:20 - 1:22
    unha das que poderían sobrevivir
  • 1:22 - 1:24
    se me enviasen
    a un campo de concentración.
  • 1:25 - 1:27
    En 1991, sufrín unha serie de perdas.
  • 1:27 - 1:29
    A miña nai morreu,
  • 1:29 - 1:31
    rematou a relación na que estaba,
  • 1:31 - 1:35
    volvín para os Estados Unidos
    despois duns anos no estranxeiro
  • 1:35 - 1:38
    e pasei por estas experiencias intacto.
  • 1:38 - 1:42
    Pero en 1994, tres anos despois,
  • 1:42 - 1:46
    atopeime perdendo o interese en case todo,
  • 1:46 - 1:50
    non quería facer nada
    do que antes si quería,
  • 1:50 - 1:52
    e non sabía o porqué.
  • 1:52 - 1:57
    O contrario da depresión
    non é a felicidade, senón a vitalidade.
  • 1:57 - 1:58
    E era a vitalidade
  • 1:58 - 2:02
    a que se esvaecía
    para min naquel momento.
  • 2:02 - 2:06
    Todo o que había para facer
    era demasiado traballo.
  • 2:06 - 2:08
    Volvía á casa
  • 2:08 - 2:11
    e vía pestanexar a luz
    vermella do contestador
  • 2:11 - 2:14
    e en vez de aledarme por
    saber dos meus amigos,
  • 2:14 - 2:15
    pensaba:
  • 2:15 - 2:18
    "Vaia morea de xente á que lle
    teño que devolver a chamada"
  • 2:18 - 2:21
    Ou decidía que tiña que comer
  • 2:21 - 2:23
    pero despois pensaba:
    teño que coller a comida,
  • 2:23 - 2:25
    poñela no prato
  • 2:25 - 2:29
    e cortala e mastigala e tragala,
  • 2:29 - 2:33
    e sentía que eran
    as estacións do Viacrucis.
  • 2:33 - 2:37
    E algo que a miúdo se esquece
    ao falar de depresión
  • 2:37 - 2:40
    é que ti sabes que é absurdo.
  • 2:40 - 2:43
    Sabes que é absurdo
    mentres o experimentas.
  • 2:43 - 2:45
    Sabes que a maioría da xente é quen
  • 2:45 - 2:47
    de escoitar as menxases e xantar
  • 2:47 - 2:49
    e organizarse para ducharse
  • 2:49 - 2:50
    e saír pola porta
  • 2:50 - 2:52
    e que non é gran cousa,
  • 2:52 - 2:55
    e aínda así estás nas súas gadoupas,
  • 2:55 - 2:59
    e es incapaz de idear unha saída.
  • 2:59 - 3:03
    Así que comecei a sentir que facía menos
  • 3:03 - 3:05
    e pensaba menos
  • 3:05 - 3:07
    e sentía menos.
  • 3:08 - 3:10
    Era unha especie de nulidade.
  • 3:10 - 3:12
    E despois chegou a ansiedade.
  • 3:12 - 3:16
    Se me dis que teño que estar
    deprimido o próximo mes,
  • 3:16 - 3:19
    diría: "Se está rematado
    en novembro, podo facelo."
  • 3:19 - 3:21
    Pero se me dis:
  • 3:21 - 3:24
    "Tes que ter ansiedade aguda
    durante o próximo mes"
  • 3:24 - 3:26
    Preferiría cortar as veas
    antes de pasar por iso.
  • 3:26 - 3:28
    Era sentir continuamente
  • 3:28 - 3:31
    coma cando vas andando
  • 3:31 - 3:33
    e esvaras ou tropezas
    e o chan achégase a ti,
  • 3:34 - 3:36
    pero en vez de durar medio segundo como é,
  • 3:36 - 3:38
    dura seis meses.
  • 3:38 - 3:41
    É a sensación de estar sempre asustado,
  • 3:41 - 3:45
    pero sen sequera saber
    de que estás asustado.
  • 3:45 - 3:47
    E foi nese punto cando comecei a pensar
  • 3:47 - 3:51
    que estar vivo era
    sinxelamente demasiado doloroso,
  • 3:51 - 3:54
    e que a única razón para non suicidarme
  • 3:54 - 3:57
    era non ferir outra xente.
  • 3:57 - 4:00
    E finalmente un día espertei
  • 4:00 - 4:02
    e pensei que quizais sufrira un ataque,
  • 4:02 - 4:05
    porque estaba na cama
    totalmente inmobilizado,
  • 4:05 - 4:07
    mirando o teléfono, pensando:
  • 4:07 - 4:10
    "Algo vai mal e debería chamar
    para pedir axuda"
  • 4:10 - 4:12
    e non podía estirar o brazo
  • 4:12 - 4:15
    e agarrar o teléfono e marcar.
  • 4:15 - 4:19
    E finalmente, despois de catro horas
    deitado mirándoo
  • 4:19 - 4:20
    o teléfono soou,
  • 4:20 - 4:22
    e dalgún xeito conseguín contestar
  • 4:22 - 4:25
    e era o meu pai e dixen:
  • 4:25 - 4:29
    "Teño un problema serio,
    Temos que facer algo."
  • 4:30 - 4:35
    O día seguinte comecei
    coa medicación e a terapia.
  • 4:35 - 4:39
    E tamén empecei a considerar
    esta terrible cuestión:
  • 4:39 - 4:41
    Se non son a persoa dura,
  • 4:41 - 4:44
    que podería sobrevivir
    a un campo de concentración,
  • 4:44 - 4:46
    entón quen son?
  • 4:46 - 4:48
    E se tiña que tomar medicación,
  • 4:48 - 4:51
    esa medicación facíame
    ser completamente eu,
  • 4:51 - 4:54
    ou convertíame noutra persoa?
  • 4:54 - 4:58
    E que me parecía se me convertía noutro?
  • 4:58 - 5:01
    Tiña dúas vantaxes nesta travesía.
  • 5:01 - 5:04
    A primeira é que eu sabía que,
    falando obxectivamente,
  • 5:04 - 5:06
    tiña unha boa vida,
  • 5:06 - 5:08
    e que se era capaz de poñerme ben
  • 5:08 - 5:11
    había algo ao final
    polo que valía a pena vivir.
  • 5:11 - 5:14
    E a outra é que tiña acceso
    a un bo tratamento.
  • 5:14 - 5:18
    Pero aínda así saín e recaín,
  • 5:18 - 5:20
    e saín e recaín,
  • 5:20 - 5:23
    e saín e recaín,
  • 5:23 - 5:25
    e finalmente entendín
  • 5:25 - 5:29
    que tería que medicarme
    e ir a terapia para sempre.
  • 5:29 - 5:31
    E pensei:
  • 5:31 - 5:34
    "Pero é un problema químico
    ou psicolóxico?
  • 5:34 - 5:37
    E precisa dunha cura química
    ou unha cura filosófica?"
  • 5:37 - 5:40
    E non fun quen de saber a resposta.
  • 5:40 - 5:42
    E logo entendín que en realidade
  • 5:42 - 5:46
    non estamos tan avanzados nesas
    áreas como para explicalo todo.
  • 5:46 - 5:49
    Tanto a cura química
    como a cura psicolóxica
  • 5:49 - 5:51
    teñen un papel que cumprir,
  • 5:51 - 5:55
    e tamén souben que a depresión era
  • 5:55 - 5:58
    algo entretecido tan profundamente en nós
  • 5:58 - 6:01
    que non se podía separar
    do noso carácter e personalidade.
  • 6:01 - 6:06
    Quero decir que os tratamentos
    para a depresión son terribles.
  • 6:06 - 6:08
    Non son moi efectivos.
  • 6:08 - 6:10
    Son moi caros.
  • 6:10 - 6:12
    Teñen innumerables efectos secundarios.
  • 6:12 - 6:14
    Son un desastre.
  • 6:14 - 6:19
    Pero estou tan agradecido por vivir
    agora e non hai 50 anos,
  • 6:19 - 6:21
    cando non se podería facer case nada.
  • 6:21 - 6:24
    Espero que dentro de 50 anos,
  • 6:24 - 6:26
    a xente oia falar dos meus tratamentos
  • 6:26 - 6:30
    e se arrepíe de que alguén soportara
    unha ciencia tan primitiva.
  • 6:31 - 6:35
    A depresión é a imperfección do amor.
  • 6:35 - 6:39
    Se estás casado con alguén e pensas:
  • 6:39 - 6:42
    "Ben, se a miña muller morre,
    atoparei outra"
  • 6:42 - 6:45
    non sería amor tal como o coñecemos.
  • 6:45 - 6:50
    Non existe o amor
    sen a anticipación da perda,
  • 6:50 - 6:56
    e o espectro da desesperación
    pode ser o motor da intimidade.
  • 6:56 - 6:59
    Hai tres cousas que
    a xente tende a confundir:
  • 6:59 - 7:03
    depresión, dor e tristeza.
  • 7:03 - 7:06
    A dor é explicitamente reactiva.
  • 7:06 - 7:09
    Se sofres unha perda
    e te sentes moi infeliz,
  • 7:09 - 7:11
    e logo, 6 meses despois,
  • 7:11 - 7:14
    estás aínda moi triste,
    pero xa empezas a funcionar mellor,
  • 7:14 - 7:16
    probablemente sexa dor,
  • 7:16 - 7:19
    e probablemente se resolva
    por si mesma en certa medida.
  • 7:19 - 7:22
    Se experimentas unha perda catastrófica,
  • 7:22 - 7:23
    e te sentes fatal,
  • 7:23 - 7:26
    e seis meses despois
    case non podes funcionar,
  • 7:26 - 7:29
    probablemente se desencadeou
    unha depresión
  • 7:29 - 7:31
    polas circunstancias catastróficas.
  • 7:31 - 7:35
    A traxectoria dinos moito.
  • 7:35 - 7:38
    A xente pensa na depresión
    simplemente como estar triste.
  • 7:38 - 7:41
    É moita, moita, demasiada tristeza,
  • 7:41 - 7:42
    moita, demasiada dor,
  • 7:42 - 7:45
    por algo tan lixeiro.
  • 7:45 - 7:48
    Cando comezaba a comprender a depresión
  • 7:48 - 7:51
    e a entrevistar persoas que a sufriran,
  • 7:51 - 7:56
    atopei que había xente que tiña
    a primeira vista o que parecía
  • 7:56 - 7:58
    unha relativamente leve depresión
  • 7:58 - 8:01
    e que estaban aínda así
    totalmente incapacitados por ela.
  • 8:01 - 8:03
    E había outra xente que parecía ter,
  • 8:03 - 8:07
    segundo a describía, unha depresión grave
  • 8:07 - 8:09
    que tiña porén boas vidas
  • 8:09 - 8:12
    nos intervalos entre episodios depresivos.
  • 8:12 - 8:15
    E comecei a descubrir o que
    causaba que certas persoas
  • 8:15 - 8:18
    fosen máis resilientes que outras.
  • 8:18 - 8:21
    Cales son os mecanismos
    que lle permiten á xente sobrevivir?
  • 8:22 - 8:25
    E saín entrevistar unha tras outra
  • 8:25 - 8:27
    persoas que estaban sufrindo depresión.
  • 8:27 - 8:29
    Unha das primeiras ás que entrevistei
  • 8:29 - 8:34
    describiu a depresión como
    un xeito máis lento de estar morto
  • 8:34 - 8:37
    e para min foi unha boa cousa
    oílo ao principio
  • 8:37 - 8:40
    porque me recordou
    que ese xeito lento de estar morto
  • 8:40 - 8:41
    pode levar a unha morte real,
  • 8:41 - 8:43
    que é un asunto serio.
  • 8:43 - 8:46
    É o líder mundial da discapacidade,
  • 8:46 - 8:48
    e a xente morre diso cada día.
  • 8:49 - 8:53
    Unha das persoas coas que falei
    cando intentaba entender isto
  • 8:53 - 8:57
    era unha querida amiga
    coñecida desde había moitos anos,
  • 8:57 - 9:01
    e que sufrira un episodio psicótico
    no primeiro ano da facultade
  • 9:01 - 9:04
    e que despois caeu de golpe
    nunha depresión terrible.
  • 9:04 - 9:06
    Tiña síndrome bipolar,
  • 9:06 - 9:08
    ou enfermidade maníaco-depresiva,
    como se dicía daquela,
  • 9:08 - 9:12
    e foille moi ben co litio
    durante moitos anos,
  • 9:12 - 9:15
    e logo, co tempo, quitáronlle o litio
  • 9:15 - 9:17
    para ver como estaba sen el,
  • 9:17 - 9:19
    e tivo outra psicose
  • 9:19 - 9:23
    e logo caeu na peor depresión
    que vin na miña vida,
  • 9:23 - 9:26
    durante a que sentaba no
    apartamento dos pais
  • 9:26 - 9:29
    mais ou menos catatónica,
    basicamente sen moverse,
  • 9:29 - 9:32
    día tras día tras día.
  • 9:32 - 9:35
    E cando lle preguntei
    sobre esta experiencia anos despois,
  • 9:35 - 9:38
    -é unha poeta e psicoterapeuta
    chamada Maggie Robbins-
  • 9:38 - 9:42
    cando a entrevistei, díxome:
  • 9:42 - 9:45
    "Estaba cantando 'A onde foron as flores'
  • 9:45 - 9:48
    unha e outra vez para ocupar a mente.
  • 9:48 - 9:51
    Cantaba para bloquear
    as cousas que dicía a miña mente,
  • 9:51 - 9:56
    que eran 'Non es nada. Non es ninguén.
  • 9:56 - 9:59
    Non mereces nin vivir.'
  • 9:59 - 10:01
    E aí foi cando de verdade comecei a pensar
  • 10:01 - 10:03
    en suicidarme".
  • 10:03 - 10:07
    Durante a depresión non pensas
    que che puxeron un veo gris
  • 10:07 - 10:11
    e que ves o mundo a través
    dunha néboa de mal humor.
  • 10:11 - 10:14
    Pensas que che quitaron o veo,
  • 10:14 - 10:16
    o veo da felicidade,
  • 10:16 - 10:18
    e que agora ves a verdade.
  • 10:18 - 10:21
    É máis fácil axudar
    esquizofrénicos que perciben
  • 10:21 - 10:25
    que hai algo alleo dentro deles
    que precisa ser exorcizado,
  • 10:25 - 10:27
    pero é difícil cos depresivos,
  • 10:27 - 10:31
    porque cremos que estamos vendo a verdade.
  • 10:31 - 10:33
    Pero a verdade mente.
  • 10:34 - 10:36
    Obsesioneime con esa frase:
  • 10:36 - 10:38
    "Pero a verdade mente"
  • 10:38 - 10:41
    E descubrín, ao falar
    con persoas deprimidas,
  • 10:41 - 10:43
    que teñen moitas percepcións ficticias.
  • 10:43 - 10:45
    Eles diranche "Ninguén me quere"
  • 10:45 - 10:47
    e ti dislles "Eu quérote,
  • 10:47 - 10:49
    a túa muller quérete, a túa nai quérete".
  • 10:49 - 10:53
    Podes contestar sen problemas
    polo menos a maioría da xente.
  • 10:53 - 10:55
    Pero a xente deprimida tamén che dirá:
  • 10:55 - 10:59
    "Tanto ten o que fagamos,
    ao final imos morrer."
  • 10:59 - 11:02
    Ou dirán: "Non pode haber
    auténtica comunión
  • 11:02 - 11:03
    entre dous seres humanos.
  • 11:03 - 11:06
    Cada un está atrapado no seu propio corpo"
  • 11:06 - 11:07
    Ao que tes que responder
  • 11:07 - 11:09
    "Iso é certo,
  • 11:09 - 11:13
    pero creo que agora deberiamos
    centrarnos en qué imos almorzar".
  • 11:13 - 11:15
    (Risos)
  • 11:15 - 11:16
    Gran parte do tempo,
  • 11:16 - 11:19
    o que expresan non é tristura,
    senón perspicacia,
  • 11:19 - 11:22
    e isto lévame a pensar
    que é extraordinario
  • 11:22 - 11:25
    que a maioría de nós
    coñece estas preguntas existenciais
  • 11:25 - 11:27
    sen que nos distraian moito.
  • 11:27 - 11:29
    Había un estudo que
    me gustaba especialmente
  • 11:29 - 11:33
    no cal a un grupo de xente deprimida e
    a un de xente non deprimida
  • 11:33 - 11:36
    se lles pide que xoguen
    a un videoxogo durante unha hora,
  • 11:36 - 11:37
    e ao final desa hora,
  • 11:37 - 11:41
    preguntábaselles cantos monstruíños
    pensaban que mataran.
  • 11:41 - 11:45
    O grupo deprimido normalmente acertaba
    cunha marxe dun 10 por cento,
  • 11:45 - 11:47
    e o grupo de non deprimidos
  • 11:47 - 11:51
    supoñía entre 15 e 20 veces máis
    monstruíños
  • 11:51 - 11:52
    (Risos)
  • 11:52 - 11:55
    dos que realmente mataran.
  • 11:56 - 11:59
    Moita xente dixo, cando decidín
    escribir sobre a miña depresión,
  • 11:59 - 12:03
    que debía ser moi difícil expoñerse así,
  • 12:03 - 12:04
    que a xente o soubese.
  • 12:04 - 12:07
    Dicían: "A xente fálache distinto?"
  • 12:07 - 12:09
    e eu dicía: "Si, a xente
    fálame distinto.
  • 12:09 - 12:10
    Fálanme distinto desde o momento
  • 12:10 - 12:13
    en que comezan a falarme
    da súa experiencia,
  • 12:13 - 12:15
    ou da experiencia da súa irmá,
  • 12:15 - 12:16
    ou da experiencia do seu amigo.
  • 12:16 - 12:19
    A cousas son diferentes porque agora sei
  • 12:19 - 12:23
    que a depresión é o segredo familiar
    que todo o mundo ten.
  • 12:24 - 12:27
    Hai uns anos fun a unha conferencia
  • 12:27 - 12:30
    e o venres da conferencia de tres días
  • 12:30 - 12:33
    unha das participantes
    levoume á parte e díxome:
  • 12:33 - 12:39
    "Teño depresión
    e dáme un pouco de vergoña,
  • 12:39 - 12:42
    pero estiven tomando esta medicación,
  • 12:42 - 12:44
    e só quería preguntarche que opinas".
  • 12:44 - 12:47
    Así que me esforcei en darlle
    o mellor consello que puiden.
  • 12:47 - 12:52
    E entón díxome: "Sabes?
    o meu home nunca entendería isto.
  • 12:52 - 12:54
    É o tipo de persoa para o que
    isto non tería sentido,
  • 12:54 - 12:57
    así que, xa sabes, que quede entre nós."
  • 12:57 - 12:59
    E díxenlle: "Si, está ben."
  • 12:59 - 13:01
    No domingo da mesma conferencia,
  • 13:01 - 13:03
    o seu home chamoume á parte
  • 13:03 - 13:04
    (Risos)
  • 13:04 - 13:06
    e díxome "A miña muller non me vería
  • 13:06 - 13:09
    como o home que son se o soubese
  • 13:09 - 13:12
    pero estou loitando cunha depresión
    e estou tomando esta medicación
  • 13:12 - 13:14
    e preguntábame que opinabas".
  • 13:14 - 13:17
    Estaban agochando a mesma medicación
  • 13:17 - 13:19
    en dous sitios distintos do mesmo cuarto.
  • 13:19 - 13:20
    (Risos)
  • 13:20 - 13:24
    E díxenlle que pensaba
    que a comunicación no matrimonio
  • 13:24 - 13:27
    podía estar desencadeando
    algúns dos problemas.
  • 13:27 - 13:28
    (Risos)
  • 13:31 - 13:32
    Pero tamén quedei abraiado
  • 13:32 - 13:36
    pola incómoda natureza do segredo mutuo.
  • 13:36 - 13:38
    A depresión tamén é extenuante,
  • 13:38 - 13:41
    Requíreche tanto tempo e enerxía,
  • 13:41 - 13:42
    e o silencio ao respecto
  • 13:42 - 13:45
    realmente empeora a depresión.
  • 13:45 - 13:47
    E despois comecei a pensar
  • 13:47 - 13:49
    en todos os xeitos cos
    que a xente se sente mellor.
  • 13:49 - 13:51
    Comecei como un conservador da medicina.
  • 13:51 - 13:54
    Pensaba que un par
    de tipos de terapia funcionaban,
  • 13:54 - 13:55
    estaba claro que o facían,
  • 13:55 - 13:57
    estaba a medicación,
  • 13:57 - 13:58
    algúns tipos de psicoterapia,
  • 13:58 - 14:01
    estaba posiblemente
    a terapia electroconvulsiva,
  • 14:01 - 14:04
    e todo o demais non tiña sentido.
  • 14:04 - 14:05
    Pero entón descubrín algo.
  • 14:05 - 14:07
    Se tes un tumor cerebral
  • 14:07 - 14:10
    e dis que facer o pino
    20 minutos cada mañá
  • 14:10 - 14:12
    fai que te sintas mellor,
  • 14:12 - 14:15
    se cadra faino,
    pero segues tendo un tumor cerebral,
  • 14:15 - 14:17
    e probablemente vaias morrer igual.
  • 14:17 - 14:20
    Pero se dis que tes unha depresión,
  • 14:20 - 14:22
    e que facer o pino 20 minutos cada día
  • 14:22 - 14:24
    fai que te sintas mellor, entón funcionou,
  • 14:24 - 14:27
    porque a depresión é unha
    doenza de como te sentes,
  • 14:27 - 14:28
    e se te sentes mellor,
  • 14:28 - 14:31
    entón efectivamente
    xa non estás deprimido.
  • 14:31 - 14:33
    Así que me volvín moito máis tolerante
  • 14:33 - 14:36
    co amplo mundo
    dos tratamentos alternativos.
  • 14:36 - 14:38
    E recibo cartas, recibo centos de cartas
  • 14:38 - 14:41
    de xente que me conta
    o que lles funcionou.
  • 14:41 - 14:45
    Alguén me preguntou hoxe
    entre bastidores, sobre a meditación.
  • 14:45 - 14:49
    A miña carta favorita,
    entre as que recibín, era dunha muller
  • 14:49 - 14:51
    que escribiu e me dixo que
    probara terapia, medicación,
  • 14:51 - 14:53
    que probara case de todo,
  • 14:53 - 14:56
    pero atopou a solución, e quería
    que eu llo dixese ao mundo,
  • 14:56 - 15:00
    e era facer cousiñas de fío.
  • 15:00 - 15:01
    (Risos)
  • 15:03 - 15:05
    Envioume algunhas.
  • 15:05 - 15:06
    (Risos)
  • 15:06 - 15:08
    E non as levo postas agora mesmo.
  • 15:08 - 15:09
    (Risos)
  • 15:10 - 15:12
    Suxerinlle que debería mirar tamén
  • 15:12 - 15:16
    trastorno obsesivo compulsivo no DSM.
  • 15:17 - 15:20
    E así, cando miraba
    os tratamentos alternativos,
  • 15:20 - 15:22
    gañaba perspectiva respecto
    aos outros tratamentos.
  • 15:22 - 15:25
    Pasei por un exorcismo tribal en Senegal
  • 15:25 - 15:27
    que incluía bastante
    sangue de año
  • 15:27 - 15:29
    e do que non vou dar detalles agora mesmo,
  • 15:29 - 15:31
    pero uns anos despois estaba en Ruanda,
  • 15:31 - 15:33
    traballando nun proxecto distinto,
  • 15:33 - 15:36
    E resulta que lle describín
    a miña experiencia a alguén,
  • 15:36 - 15:37
    e díxome:
  • 15:37 - 15:40
    Ben, iso é o oeste de África,
    estamos no leste
  • 15:40 - 15:42
    e os nosos rituais son distintos
    nalgúns aspectos,
  • 15:42 - 15:43
    pero temos algúns rituais
  • 15:43 - 15:45
    que teñen algo en común co que describes."
  • 15:45 - 15:47
    E dixo:
  • 15:47 - 15:50
    "Pero temos moitos problemas cos
    traballadores occidentais de saúde mental,
  • 15:50 - 15:52
    especialmente cos que
    viñeron tralo xenocidio."
  • 15:52 - 15:55
    E dixen: "Que tipo de problemas tedes?
  • 15:55 - 15:59
    E díxome: "Ben, fan cousas moi estrañas.
  • 15:59 - 16:01
    Non levan a xente ao sol,
  • 16:01 - 16:03
    cando comezan a estar mellor,
  • 16:03 - 16:06
    non inclúen percusión ou música
    que fai que o sangue se mova.
  • 16:06 - 16:08
    Non implican toda a comunidade.
  • 16:08 - 16:11
    Non externalizan a depresión
    como un espírito invasor.
  • 16:11 - 16:16
    En vez diso, o que fan é levar a xente
    unha por unha a uns cuartiños sórdidos
  • 16:16 - 16:18
    e teñenos falando unha hora
  • 16:18 - 16:20
    sobre as cousas malas que lles pasaron."
  • 16:20 - 16:22
    (Risos)
  • 16:22 - 16:24
    (Aplausos)
  • 16:25 - 16:27
    Díxome: "Pedímoslles
    que marchasen do país."
  • 16:27 - 16:29
    (Risos)
  • 16:30 - 16:33
    Na outra esquina dos
    tratamentos alternativos,
  • 16:33 - 16:35
    deixádeme falarvos de Frank Russakoff.
  • 16:35 - 16:41
    Frank Russakoff tiña probablemente
    a peor depresión que vin nun home.
  • 16:41 - 16:43
    Estaba continuamente deprimido,
  • 16:43 - 16:45
    Estaba, cando o coñecín, nun punto no que
  • 16:45 - 16:48
    cada mes recibía un
    tratamento de electroshock.
  • 16:48 - 16:51
    Sentíase desorientado unha semana,
  • 16:51 - 16:53
    despois sentíase ben unha semana,
  • 16:53 - 16:54
    despois tiña unha semana de caída,
  • 16:54 - 16:57
    e despois recibía outro
    tratamento de electroshock.
  • 16:57 - 16:58
    E cando o coñecín díxome:
  • 16:58 - 17:01
    "É insufrible pasar as
    semanas deste xeito,
  • 17:01 - 17:03
    non podo seguir así,
  • 17:03 - 17:05
    e xa sei como vou acabar
  • 17:05 - 17:06
    se non melloro.
  • 17:06 - 17:10
    Pero -díxome- oín falar dun protocolo
    no Mass General
  • 17:10 - 17:14
    para unha cirurxía chamada cingulotomía
    que é unha operación cerebral,
  • 17:14 - 17:16
    e creo que o vou tentar."
  • 17:16 - 17:19
    E lembro estar fascinado nese momento
    ao pensar que alguén
  • 17:19 - 17:22
    que claramente pasou por
    tantas malas experiencias
  • 17:22 - 17:24
    con tantos tratamentos diferentes
  • 17:24 - 17:27
    aínda tivese nalgún sitio
    do seu interior o optimismo
  • 17:27 - 17:30
    suficiente para buscar outro máis.
  • 17:30 - 17:34
    E pasou por esta cirurxía
    e tivo moito éxito.
  • 17:34 - 17:35
    Agora é amigo meu,
  • 17:35 - 17:39
    ten unha esposa adorable
    e dous preciosos fillos.
  • 17:39 - 17:42
    Escribiume unha carta
    o Nadal posterior á operación
  • 17:42 - 17:43
    e díxome:
  • 17:43 - 17:46
    "O meu pai mandoume dous regalos este ano,
  • 17:46 - 17:48
    primeiro, unha torre de CD
    automática de The Sharper Image
  • 17:48 - 17:50
    que eu non precisaba,
  • 17:50 - 17:52
    pero sei que ma estaba dando para celebrar
  • 17:52 - 17:55
    que eu vivise só e tivese un traballo
    que parecía encantarme.
  • 17:55 - 17:59
    E o outro regalo,
    era unha foto da miña avoa,
  • 17:59 - 18:01
    que se suicidou.
  • 18:01 - 18:04
    Cando o desenvolvín, comecei a chorar,
  • 18:04 - 18:06
    e veu a miña nai e díxome:
  • 18:06 - 18:09
    "Estás chorando por parentes
    que non coñeciches?"
  • 18:09 - 18:13
    e eu díxenlle: "Tiña a mesma
    enfermidade ca min".
  • 18:13 - 18:16
    Choro agora mentres che escribo.
  • 18:16 - 18:19
    Non é que estea triste,
    senón sobrecollido.
  • 18:19 - 18:21
    Porque creo que eu puiden suicidarme
  • 18:21 - 18:25
    pero meus pais termaron de min,
    e tamén os doutores
  • 18:25 - 18:27
    e a cirurxía.
  • 18:27 - 18:29
    Estou vivo e agradecido.
  • 18:30 - 18:34
    Vivimos no momento correcto,
    aínda que ás veces non o pareza."
  • 18:36 - 18:38
    Estaba sorprendido porque a depresión
  • 18:38 - 18:43
    é maiormente percibida como unha cousa
    moderna, occidental, da clase media,
  • 18:43 - 18:47
    e fun mirar como funcionaba
    nunha variedade de contextos,
  • 18:47 - 18:49
    e unha das cousas que
    máis interese me causou
  • 18:49 - 18:51
    foi a depresión entre os indixentes.
  • 18:51 - 18:53
    Así que intentei saber
  • 18:53 - 18:55
    que se facía polas persoas
    pobres con depresión,
  • 18:55 - 18:57
    E o que descubrín foi
    que as persoas pobres
  • 18:57 - 19:00
    maioritariamente non son tratadas
    para a depresión.
  • 19:00 - 19:03
    A depresión é o resultado
    da vulneralidade xenética,
  • 19:03 - 19:06
    que en principio está distribuída
    igualitariamente entre a poboación,
  • 19:06 - 19:08
    e as circunstancias desencadeantes,
  • 19:08 - 19:12
    que adoitan ser máis graves
    para a xente empobrecida.
  • 19:12 - 19:15
    E aínda así resulta que se tes
    unha vida estupenda
  • 19:15 - 19:17
    pero sempre te sentes miserable
  • 19:17 - 19:19
    pensas: "Por que me sinto así?
  • 19:19 - 19:20
    Debo ter unha depresión."
  • 19:20 - 19:22
    E decides buscar un tratamento.
  • 19:22 - 19:24
    Pero se tes unha vida desastrosa,
  • 19:24 - 19:26
    e sénteste miserable todo o tempo,
  • 19:26 - 19:29
    o teu sentimento concorda coa túa vida,
  • 19:29 - 19:30
    e non se che ocorre pensar,
  • 19:30 - 19:32
    "Se cadra isto pódese tratar."
  • 19:32 - 19:36
    Así que temos unha epidemia neste país
  • 19:36 - 19:38
    de depresión entre persoas empobrecidas
  • 19:38 - 19:41
    que non se detecta, que non se trata
  • 19:41 - 19:43
    e que non se aborda,
  • 19:43 - 19:45
    e é unha traxedia de gran magnitude.
  • 19:45 - 19:47
    Así que atopei una académica
  • 19:47 - 19:50
    que facía un proxecto de investigación
    nos arrabaldes pobres de D.C.,
  • 19:50 - 19:53
    onde seleccionaba mulleres
    que foran por outros problemas de saúde
  • 19:53 - 19:55
    e eran diagnosticadas de depresión
  • 19:55 - 19:58
    e proporcionáballes seis meses
    baixo o protocolo experimental.
  • 19:58 - 20:00
    Unha delas, Lolly, veu
  • 20:00 - 20:03
    e díxome isto o día que veu.
  • 20:03 - 20:07
    Díxome, e era unha muller que, por certo,
    tiña sete fillos.
  • 20:07 - 20:11
    Díxome: "Tiña un traballo,
    pero tiven que deixalo porque
  • 20:11 - 20:13
    non era capaz de saír da casa.
  • 20:13 - 20:15
    Non tiña nada que
    dicirlles aos meus fillos.
  • 20:15 - 20:18
    Pola maña, estou desexando que marchen,
  • 20:18 - 20:21
    para meterme na cama e
    tapar a cabeza coas mantas,
  • 20:21 - 20:23
    e as tres, cando volven,
  • 20:23 - 20:24
    chegan tan rápido".
  • 20:24 - 20:27
    Díxome: "Tomaba moito Tylenol,
  • 20:27 - 20:29
    calquera cousa coa que
    puidese durmir máis,
  • 20:29 - 20:33
    o meu marido dicíame
    que era estúpida, fea.
  • 20:33 - 20:36
    Oxalá puidese parar a dor".
  • 20:37 - 20:39
    Ben, trouxérona a este
    protocolo experimental,
  • 20:39 - 20:42
    e cando a entrevistei
    seis meses despois,
  • 20:42 - 20:46
    tiña un traballo coidando nenos
  • 20:46 - 20:50
    para o exército americano,
    deixara o marido violento,
  • 20:50 - 20:52
    e díxome:
  • 20:52 - 20:54
    "Os meus fillos son
    moito máis felices agora."
  • 20:54 - 20:57
    Dixo: "Hai un cuarto na miña nova casa
    para os rapaces
  • 20:57 - 20:59
    e un para as rapazas,
  • 20:59 - 21:01
    pero pola noite, saltan á miña cama,
  • 21:01 - 21:04
    e facemos os deberes xuntos e todo.
  • 21:04 - 21:06
    Un deles quere ser predicador,
  • 21:06 - 21:07
    outro quere ser bombeiro,
  • 21:07 - 21:10
    e unha das nenas di que vai ser avogada.
  • 21:10 - 21:12
    Xa non choran como antes,
  • 21:12 - 21:15
    nin pelexan como facían.
  • 21:15 - 21:19
    Iso é todo o que preciso, os meus fillos.
  • 21:19 - 21:21
    As cousas seguen cambiando,
  • 21:21 - 21:26
    como me visto, como me sinto, como actúo.
  • 21:26 - 21:29
    Xa podo saír sen ter medo,
  • 21:29 - 21:33
    e non creo que eses malos
    sentimentos vaian volver,
  • 21:33 - 21:36
    e se non fora pola doutora Miranda e isto,
  • 21:36 - 21:39
    estaría aínda na casa,
    coas mantas enriba da cabeza,
  • 21:40 - 21:42
    no caso de estar aínda viva.
  • 21:42 - 21:46
    Pedinlle ao Señor que me enviase un anxo,
  • 21:46 - 21:49
    e escoitou as miñas pregarias."
  • 21:50 - 21:53
    Estaba realmente conmovido
    por estas experiencias,
  • 21:53 - 21:56
    e decidín que quería escribir sobre elas,
  • 21:56 - 21:59
    non só no libro que escribía
    senón tamén nun artigo,
  • 21:59 - 22:01
    así que me encargaron
    da revista New York Times,
  • 22:01 - 22:03
    escribir sobre a depresión
    entre os indixentes.
  • 22:03 - 22:05
    E entreguei a miña historia,
  • 22:05 - 22:09
    e o meu editor chamoume e díxome:
    "Non podemos publicar isto."
  • 22:09 - 22:10
    E díxenlle: "Por que?"
  • 22:10 - 22:12
    E díxome: "É demasiado rebuscado.
  • 22:12 - 22:16
    Esta xente está
    como no máis baixo da sociedade
  • 22:16 - 22:18
    e cun par de meses de tratamento
  • 22:18 - 22:20
    xa están virtualmente listas
    para manexar Morgan Stanley?
  • 22:20 - 22:22
    É demasiado imposible."
  • 22:22 - 22:24
    Díxome: "Nunca oín nada igual."
  • 22:24 - 22:27
    E díxenlle: "O feito de que nunca o oíras
  • 22:27 - 22:30
    é un indicativo de que son 'noticias'."
  • 22:30 - 22:32
    (Risas)
  • 22:32 - 22:33
    (Aplausos)
  • 22:37 - 22:40
    "E vós sodes unha revista de noticias."
  • 22:40 - 22:43
    Despois dunha serie de
    negociacións accederon.
  • 22:43 - 22:47
    Pero penso moito en que o que dixo
    estaba dalgún xeito conectado
  • 22:47 - 22:51
    co desprezo que a xente aínda ten
    pola idea do tratamento,
  • 22:51 - 22:52
    a noción de que dalgún xeito se saímos
  • 22:52 - 22:55
    e tratamos moita xente
    en comunidades de indixentes
  • 22:55 - 22:57
    sería un tipo de explotación,
  • 22:57 - 22:59
    porque os estariamos cambiando.
  • 22:59 - 23:02
    Hai un imperativo da falsa moral
    que parece rodearnos,
  • 23:02 - 23:05
    de que o tratamento da depresión,
  • 23:05 - 23:07
    os medicamentos e demais,
    son un artificio,
  • 23:07 - 23:09
    e que non é natural.
  • 23:09 - 23:12
    E eu penso que é un erro.
  • 23:12 - 23:16
    É natural que á xente lle caian os dentes,
  • 23:16 - 23:19
    pero non hai ninguén militando
    contra a pasta de dentes,
  • 23:19 - 23:21
    polo menos non nos meus círculos.
  • 23:22 - 23:23
    A xente di:
  • 23:23 - 23:26
    "Pero a depresión non é algo que se
    supón que hai que experimentar?
  • 23:26 - 23:28
    Non evolucionamos para ter depresión?
  • 23:28 - 23:30
    Non é parte da personalidade?"
  • 23:30 - 23:32
    Ao que debo dicir, o humor é adaptable,
  • 23:32 - 23:36
    ser quen de sentir tristura e medo,
  • 23:36 - 23:37
    e alegría e pracer,
  • 23:37 - 23:41
    e todos os outros estados de ánimo
    que temos, é incriblemente valioso.
  • 23:41 - 23:43
    E unha depresión grave
  • 23:43 - 23:46
    é algo que ocorre
    cando o sistema creba.
  • 23:46 - 23:48
    É falta de adaptación.
  • 23:48 - 23:50
    A xente virá e dirame:
  • 23:50 - 23:52
    "Creo, aínda así, que
    se aguantara outro ano,
  • 23:52 - 23:54
    podería superalo."
  • 23:54 - 23:56
    E sempre lles digo: "Quizais o superaras,
  • 23:56 - 23:59
    pero nunca volverás a ter 37 anos.
  • 23:59 - 24:04
    A vida é curta, e é un ano enteiro
    do que estás a falar.
  • 24:04 - 24:05
    Pénsao ben."
  • 24:06 - 24:08
    É estraña a pobreza da lingua inglesa,
  • 24:08 - 24:10
    e de feito de moitas outras linguas,
  • 24:10 - 24:13
    que utilizamos a mesma palabra, depresión,
  • 24:13 - 24:16
    para describir como se sente un neno
    cando chove no seu aniversario,
  • 24:16 - 24:21
    e para describir como se sente unha persoa
    o minuto antes de suicidarse.
  • 24:21 - 24:25
    A xente dime: "Ben, é unha
    continuación da tristeza normal?"
  • 24:25 - 24:28
    E eu digo, en certo modo, é
    unha continuación da tristeza normal.
  • 24:28 - 24:30
    Hai un certo grao de continuidade,
  • 24:30 - 24:32
    pero é o mesmo tipo de continuación
  • 24:32 - 24:34
    entre ter un valo de ferro arredor da casa
  • 24:34 - 24:35
    que ten un puntiño de ferruxe
  • 24:35 - 24:38
    que tes que lixar e pintar un pouco
  • 24:38 - 24:41
    e o que sucede se
    abandonas a casa 100 anos
  • 24:41 - 24:45
    e se enferruxou tanto que
    só é unha morea de po laranxa.
  • 24:45 - 24:47
    E é esa morea de po laranxa,
  • 24:47 - 24:49
    ese problema do po laranxa,
  • 24:49 - 24:52
    o que estamos tentando abordar.
  • 24:52 - 24:54
    E agora a xente di:
  • 24:54 - 24:57
    "Tomas estas pastillas da
    felicidade, e xa es feliz?"
  • 24:57 - 24:58
    E non.
  • 24:59 - 25:02
    Pero non me sinto triste
    por ter que xantar,
  • 25:02 - 25:04
    e non me sinto triste
    polo contestador,
  • 25:04 - 25:07
    e non me sinto triste
    por ter que ducharme.
  • 25:07 - 25:10
    De feito, penso que sinto máis,
  • 25:10 - 25:12
    porque podo sentir tristeza
    sen sentir nulidade.
  • 25:12 - 25:17
    Sintome triste polas
    decepcións profesionais,
  • 25:17 - 25:19
    polas relacións danadas,
  • 25:19 - 25:21
    e polo quecemento global.
  • 25:21 - 25:24
    Esas son as cousas polas
    que me sinto triste agora.
  • 25:24 - 25:27
    E díxenme a min mesmo,
    cal é a conclusión?
  • 25:27 - 25:29
    Como conseguiu esta
    xente que ten vidas mellores,
  • 25:29 - 25:32
    aínda con peores depresións,
    seguir adiante?
  • 25:32 - 25:34
    Cal é o mecanismo da resiliencia?
  • 25:34 - 25:37
    E o que aparecía continuamente
  • 25:37 - 25:39
    era que a xente que nega a experiencia,
  • 25:39 - 25:42
    e din "Tiven depresión hai moito tempo,
  • 25:42 - 25:43
    e non quero volver pensar nela,
  • 25:43 - 25:44
    e non quero mirala,
  • 25:44 - 25:46
    simplemente vou seguir coa miña vida",
  • 25:46 - 25:51
    ironicamente, son as persoas que
    están máis escravizadas polo que teñen.
  • 25:51 - 25:54
    Silenciar a depresión refórzaa.
  • 25:54 - 25:57
    Mentres a escondes, medra.
  • 25:57 - 26:00
    E a xente que mellor o fai,
  • 26:00 - 26:04
    e a que é tolerante
    co feito de ter esa condición.
  • 26:04 - 26:08
    Aquela que pode aceptar a súa depresión,
    é quen acada a resiliencia.
  • 26:08 - 26:10
    Frank Russakoff díxome:
  • 26:10 - 26:14
    "Se tivese que facelo de novo,
    supoño que non o faría deste xeito,
  • 26:14 - 26:17
    pero dun modo estraño,
    estou agradecido pola experiencia.
  • 26:17 - 26:21
    Estou contento por
    ter que estar 40 veces no hospital.
  • 26:21 - 26:24
    Ensinoume tanto sobre o amor,
  • 26:24 - 26:27
    e a miña relación
    cos meus pais e doutores,
  • 26:27 - 26:31
    foi tan valiosa, e sempre o será".
  • 26:31 - 26:33
    E Maggie Robbins dixo:
  • 26:33 - 26:36
    "Adoitaba ser voluntaria
    nunha clínica de SIDA
  • 26:36 - 26:39
    e simplemente falaba e falaba e falaba
  • 26:39 - 26:43
    e a xente coa que trataba
    non era moi receptiva, e pensaba:
  • 26:43 - 26:46
    'Isto non é moi amable
    nin útil pola súa parte'
  • 26:46 - 26:47
    (Risos)
  • 26:47 - 26:48
    "E despois deime de conta,
  • 26:48 - 26:50
    deime de conta de
    que non ían facer máis,
  • 26:50 - 26:53
    que eses escasos primeiros
    minutos de conversa.
  • 26:53 - 26:55
    Ía simplemente ser un momento
  • 26:55 - 26:58
    no que eu non tiña SIDA
    e non estaba morrendo,
  • 26:58 - 27:01
    pero podía aceptar o feito
    de que eles si o estiveran,
  • 27:01 - 27:02
    e estábano.
  • 27:02 - 27:06
    As nosas necesidades son
    os nosos maiores activos.
  • 27:06 - 27:11
    Resulta que aprendín a dar
    todo o que preciso."
  • 27:12 - 27:16
    Valorar a depresión propia
    non evita unha recaída,
  • 27:16 - 27:19
    pero pode facer a perspectiva
    dunha recaída
  • 27:19 - 27:23
    e mesmo a recaída
    máis fácil de aceptar.
  • 27:23 - 27:27
    A pregunta non é tanto
    atopar un gran significado
  • 27:27 - 27:29
    e decidir que a túa depresión tivo moito
    significado.
  • 27:29 - 27:33
    Está en buscar ese significado
    e pensar, cando volve:
  • 27:33 - 27:37
    "Isto vai ser infernal,
    pero vou aprender algo."
  • 27:37 - 27:40
    Aprendín da miña propia depresión
  • 27:40 - 27:42
    o grande que pode ser unha emoción,
  • 27:42 - 27:44
    como pode ser máis real que os feitos,
  • 27:45 - 27:48
    e descubrín que esta experiencia
  • 27:48 - 27:51
    me permitiu experimentar
    emocións positivas
  • 27:51 - 27:54
    dun modo máis intenso e máis centrado.
  • 27:54 - 27:58
    O oposto á depresión non é a felicidade,
  • 27:58 - 27:59
    senón a vitalidade,
  • 27:59 - 28:02
    e estes días, a miña vida é vital,
  • 28:02 - 28:05
    aínda nos días que estou triste.
  • 28:05 - 28:08
    Sentín ese funeral no meu cerebro,
  • 28:08 - 28:11
    e senteime preto do Coloso,
    no bordo do mundo,
  • 28:12 - 28:16
    e descubrín algo dentro de min
  • 28:16 - 28:18
    que debería chamar alma
  • 28:18 - 28:22
    que nunca formulara
    ata ese día hai 20 anos
  • 28:22 - 28:26
    cando o inferno me fixo
    unha visita sorpresa.
  • 28:27 - 28:31
    Creo que aínda que odiaba estar deprimido
  • 28:31 - 28:33
    e que odiaría estar deprimido de novo,
  • 28:33 - 28:36
    atopei un xeito de amar a miña depresión.
  • 28:36 - 28:41
    Ámoa porque me obrigou
    a buscar e aferrarme á alegría.
  • 28:41 - 28:44
    Ámoa porque cada día decido,
  • 28:44 - 28:46
    ás veces valentemente,
  • 28:46 - 28:48
    e ás veces contra a lóxica do momento,
  • 28:48 - 28:51
    pegarme ás razóns para vivir.
  • 28:51 - 28:55
    E iso, creo, é unha grande
    e privilexiada alegría.
  • 28:55 - 28:56
    Grazas.
  • 28:56 - 28:59
    (Aplausos)
  • 28:59 - 29:00
    Grazas.
  • 29:00 - 29:04
    (Aplausos)
Title:
Depresión, o segredo que compartimos
Speaker:
Andrew Solomon
Description:

"O oposto á depresión non é a felicidade, senón a vitalidade, e era a vitalidade o que parecía fuxir de min naquel momento". Nunha conferencia a partes iguais elocuente e devastadora, o escritor Andrew Solomon lévate ás esquinas máis escuras da súa mente durante os anos que pelexou contra a depresión. Isto levouno a unha esclarecedora viaxe a través do mundo para entrevistar outras persoas con depresión e a descubrir, para a súa sorpresa, que canto máis falaba el, máis querían as outras persoas contar as súas propias historias. (Gravado en TEDxMet).

more » « less
Video Language:
English
Team:
closed TED
Project:
TEDTalks
Duration:
29:21

Galician subtitles

Revisions Compare revisions