Return to Video

Por que todos necesitamos practicar primeiros auxilios emocionais

  • 0:03 - 0:07
    Crecín co meu xemelgo,
  • 0:07 - 0:09
    que era un irmán incriblemente cariñoso.
  • 0:09 - 0:14
    Ora ben, o que ten ser xemelgo
    é que te fai un experto
  • 0:14 - 0:17
    en detectar favoritismos.
  • 0:17 - 0:23
    Se a súa galleta era un algo máis grande
    ca a miña, eu cuestionábao.
  • 0:23 - 0:27
    E por suposto, non é
    que estivera esfameado.
  • 0:27 - 0:29
    (Risas)
  • 0:29 - 0:34
    Cando me fixen psicólogo, dei en reparar
    nun tipo distinto de favoritismo:
  • 0:34 - 0:40
    o de canto máis valoramos
    o corpo ca a mente.
  • 0:40 - 0:46
    Botei nove anos na universidade para
    conseguir o doutoramento en Psicoloxía,
  • 0:46 - 0:50
    e nin imaxinan canta xente
    mira a miña tarxeta e di:
  • 0:50 - 0:56
    "Oh, un psicólogo. Entón
    non é un doutor de verdade",
  • 0:56 - 0:59
    como se iso debera figurar na tarxeta.
  • 0:59 - 1:03
    (Risas)
  • 1:03 - 1:09
    Este favoritismo que lle damos ao corpo
    sobre a mente, véxoo por todos os lados.
  • 1:09 - 1:11
    Hai pouco estaba na casa dun amigo,
  • 1:11 - 1:14
    e o seu neno de cinco anos
    preparábase para ir durmir.
  • 1:14 - 1:18
    Estaba subido a un tallo no lavabo
    a cepillar os dentes, cando esvarou,
  • 1:18 - 1:22
    e rabuñou unha perna
    co tallo ao caer.
  • 1:22 - 1:26
    Chorou durante un minuto, e despois
    ergueuse, volveu ao tallo
  • 1:26 - 1:31
    e acadou unha caixa de tiras adhesivas
    para poñer unha no corte.
  • 1:31 - 1:36
    Este neno case non podía amalloar
    os zapatos, pero sabía
  • 1:36 - 1:39
    que hai que tapar os cortes
    para que non se infecten,
  • 1:40 - 1:43
    e que hai que coidar os dentes
    cepillándoos dúas veces ao día.
  • 1:43 - 1:46
    Todos sabemos como coidar
    a nosa saúde física
  • 1:46 - 1:49
    e como practicar hixiene bucal, non si?
  • 1:49 - 1:52
    Sabémolo desde que tiñamos cinco anos.
  • 1:52 - 1:58
    Mais que sabemos de coidar
    a nosa saúde psicolóxica?
  • 1:58 - 2:00
    Nadiña.
  • 2:00 - 2:04
    Que lles ensinamos aos nosos fillos
    sobre hixiene emocional?
  • 2:05 - 2:06
    Ren.
  • 2:07 - 2:11
    Como pode ser que botemos máis tempo
    coidando os nosos dentes
  • 2:11 - 2:14
    ca as nosas mentes?
  • 2:14 - 2:19
    Por que a saúde física
    é moito máis importante para nós
  • 2:19 - 2:21
    ca a saúde psicolóxica?
  • 2:21 - 2:27
    Padecemos feridas psicolóxicas
    incluso máis a miúdo ca físicas.
  • 2:27 - 2:31
    Feridas coma o fracaso,
    o rexeitamento ou a soidade.
  • 2:31 - 2:34
    E estas tamén poden empeorar,
    se as ignoramos,
  • 2:34 - 2:37
    e poden afectar as nosas vidas
    de xeito dramático.
  • 2:37 - 2:43
    E malia estaren cientificamente
    demostradas técnicas que podemos empregar
  • 2:43 - 2:46
    para tratar este tipo
    de afeccións psicolóxicas,
  • 2:46 - 2:47
    non o facemos.
  • 2:47 - 2:50
    Nin sequera se nos ocorre
    que deberiamos facelo.
  • 2:50 - 2:55
    "Vaia, estás deprimido? Esquéceo;
    está todo na túa cabeza".
  • 2:55 - 2:58
    Imaxinades dicirlle iso
    a alguén cunha perna rota?
  • 2:58 - 3:01
    "Oh, tira para adiante;
    está todo na túa perna".
  • 3:02 - 3:03
    (Risas)
  • 3:03 - 3:09
    É hora de enchermos a fenda entre
    a saúde física e a psicolóxica.
  • 3:09 - 3:12
    É hora de facérmolas máis iguais,
  • 3:12 - 3:14
    máis coma xemelgas.
  • 3:15 - 3:19
    Falando diso, o meu irmán
    tamén é psicólogo.
  • 3:19 - 3:21
    Así que tampouco é un doutor de verdade.
  • 3:22 - 3:23
    (Risas)
  • 3:24 - 3:26
    Porén, non estudamos xuntos.
  • 3:26 - 3:30
    De feito, o máis difícil
    que fixen na miña vida,
  • 3:30 - 3:33
    foi cruzar o Atlántico ata Nova York
  • 3:33 - 3:36
    para obter o meu doutoramento
    en Psicoloxía.
  • 3:36 - 3:39
    Daquela estivemos separados
    por primeira vez nas nosas vidas,
  • 3:39 - 3:42
    e o afastamento foi brutal para os dous.
  • 3:42 - 3:45
    Pero mentres que el ficou
    entre a familia e os amigos,
  • 3:45 - 3:48
    eu estaba só nun novo país.
  • 3:48 - 3:50
    Estrañabámonos terriblemente,
  • 3:50 - 3:53
    mais as chamadas internacionais
    eran realmente caras daquela,
  • 3:53 - 3:58
    e só podiamos aforrar para falarmos
    durante cinco minutos á semana.
  • 3:58 - 4:00
    Cando chegou o noso aniversario,
  • 4:00 - 4:02
    --o primeiro que non
    puidemos pasar xuntos.
  • 4:02 - 4:07
    Decidimos desbaldir, e esa semana
    iamos falar dez minutos.
  • 4:07 - 4:11
    Pasei a mañá dando voltas polo cuarto,
    esperando a que chamara,
  • 4:12 - 4:18
    esperando e esperando,
    pero o teléfono non soou.
  • 4:18 - 4:20
    Dada a diferenza horaria, supuxen:
  • 4:20 - 4:23
    "Vale, está por aí cos amigos,
    xa chamará máis tarde".
  • 4:23 - 4:24
    Non había móbiles daquela.
  • 4:25 - 4:26
    Pero non o fixo.
  • 4:27 - 4:32
    E eu comecei a darme conta de que despois
    de estar fóra máis de dez meses,
  • 4:32 - 4:36
    xa non me estrañaba da mesma
    maneira en que eu o facía.
  • 4:36 - 4:38
    Sabía que chamaría pola mañá,
  • 4:38 - 4:44
    pero esa noite foi unha das máis tristes
    e longas da miña vida.
  • 4:45 - 4:47
    Espertei á mañá seguinte.
  • 4:47 - 4:51
    Boteille unha ollada ao teléfono,
    e deime conta de que o descolgara
  • 4:51 - 4:55
    sen querer mentres paseaba o día anterior.
  • 4:55 - 4:56
    Saín a tombos da cama,
  • 4:56 - 5:00
    colgueino ben,
    e soou un segundo despois,
  • 5:00 - 5:03
    e era o meu irmán, e meus,
    estaba moi cabreado.
  • 5:03 - 5:05
    (Risas)
  • 5:05 - 5:09
    Fora a máis triste e longa noite
    da súa vida tamén.
  • 5:09 - 5:12
    Intentei explicarlle
    o que acontecera, pero dixo:
  • 5:12 - 5:15
    "Non o entendo. Se viches que non chamaba,
  • 5:15 - 5:19
    por que non colliches o teléfono
    e me chamaches ti a min?"
  • 5:19 - 5:23
    Levaba razón. Por que non o chamei eu?
  • 5:23 - 5:27
    Non tiven a resposta xacando,
    mais si a teño hoxe.
  • 5:27 - 5:28
    E é simple:
  • 5:30 - 5:31
    Soidade.
  • 5:32 - 5:36
    A soidade crea unha profunda
    ferida psicolóxica,
  • 5:36 - 5:40
    unha que distorsiona as nosas percepcións
    e embarulla o noso pensamento.
  • 5:40 - 5:46
    Fainos crer que a aqueles que nos rodean
    lles importamos moito menos do que é.
  • 5:46 - 5:48
    Iso fainos ter medo a abrirnos aos demais,
  • 5:48 - 5:53
    pois por que expoñerte ao rexeitamento
    e á angustia cando o corazón
  • 5:53 - 5:56
    xa está padecendo máis
    do que podes aturar?
  • 5:56 - 5:59
    Eu estiven ao bordo
    da verdadeira soidade daquela,
  • 5:59 - 6:04
    mais estaba rodeado de xente todo o día,
    polo que non chegou a pasarme.
  • 6:04 - 6:08
    Mais a soidade defínese
    en termos estritamente subxectivos.
  • 6:08 - 6:12
    Depende unicamente de se te sentes
  • 6:12 - 6:15
    emocional ou socialmente desconectado
    dos que están ao teu redor.
  • 6:15 - 6:17
    E eu sentíame así.
  • 6:17 - 6:23
    Hai unha morea de investigacións sobre
    a soidade, e todas elas son arrepiantes.
  • 6:23 - 6:28
    A soidade non só te fará infeliz,
    tamén te matará.
  • 6:28 - 6:29
    Non estou de chanza.
  • 6:29 - 6:32
    A soidade crónica incrementa a
    probabilidade de morte prematura
  • 6:32 - 6:35
    nun 14 por cento.
  • 6:35 - 6:37
    Un 14 por cento!
  • 6:37 - 6:40
    A soidade provoca hipertensión
    sanguínea e colesterol alto.
  • 6:40 - 6:45
    Incluso inhibe o funcionamento
    do sistema inmunitario,
  • 6:45 - 6:49
    facéndoo a un vulnerable a todo tipo
    de enfermidades e doenzas.
  • 6:49 - 6:52
    De feito, científicos concluíron
    que en conxunto,
  • 6:52 - 6:56
    a soidade crónica causa
    un risco tan significativo
  • 6:56 - 7:00
    para a saúde a longo prazo
    e a lonxevidade coma fumar.
  • 7:00 - 7:03
    Agora os paquetes de cigarros veñen
    con advertencias que din:
  • 7:03 - 7:05
    "Isto podería matarte".
  • 7:05 - 7:07
    Pero a soidade non.
  • 7:07 - 7:12
    E por iso é tan importante que
    prioricemos a saúde psicolóxica,
  • 7:12 - 7:16
    que practiquemos hixiene emocional.
  • 7:16 - 7:18
    Porque non podes tratar
    unha ferida psicolóxica
  • 7:18 - 7:20
    se nin sequera sabes que estás ferido.
  • 7:20 - 7:22
    [Préstalle atención á dor emocional]
  • 7:22 - 7:26
    A soidade non é a única ferida psicolóxica
    que distorsiona as nosas percepcións
  • 7:26 - 7:28
    e nos confunde.
  • 7:28 - 7:31
    O fracaso tamén o fai.
  • 7:32 - 7:37
    Unha vez visitei unha gardería,
    onde vin tres cativos a brincar
  • 7:37 - 7:39
    con xoguetes de plástico idénticos.
  • 7:39 - 7:44
    Había que mover o botón vermello
    e saía un cadeliño.
  • 7:44 - 7:50
    Unha neniña tentou tirar do botón morado,
    logo premelo e despois simplemente sentou
  • 7:50 - 7:53
    e mirou para a caixa,
    co beizo inferior tremendo.
  • 7:53 - 7:57
    O meniño do lado viu o que aconteceu,
    logo volveuse para a súa caixa
  • 7:57 - 8:01
    e deu en chorar sen tan sequera tocala.
  • 8:01 - 8:05
    Mentres tanto, outra rapaciña probou
    todo canto se lle ocorreu,
  • 8:05 - 8:10
    ata que desprazou o botón vermello,
    o cadeliño saltou, e ela reloucou.
  • 8:10 - 8:14
    Ou sexa, tres cativos con
    xoguetes de plástico idénticos,
  • 8:14 - 8:18
    pero con moi distintas
    reaccións ao fracaso.
  • 8:18 - 8:20
    Os dous primeiros nenos
    eran perfectamente capaces
  • 8:20 - 8:22
    de mover o botón vermello.
  • 8:22 - 8:28
    O único que lles impediu facelo
    foi que a súa mente os enganou,
  • 8:28 - 8:30
    facéndolles crer que non poderían.
  • 8:30 - 8:34
    Aos adultos tamén
    nos enganan así, todo o tempo.
  • 8:34 - 8:39
    De feito, todos nós temos un xogo
    de sentimentos e crenzas predeterminado
  • 8:39 - 8:43
    que se desencadea cando nos atopamos
    con frustracións e reveses.
  • 8:43 - 8:47
    Son conscientes de como
    a súa mente reacciona ao fracaso?
  • 8:47 - 8:48
    Necesitan selo.
  • 8:48 - 8:54
    Porque se a mente trata de convencelos
    de que son incapaces de algo e o cren,
  • 8:54 - 8:57
    entón, como aqueles dous cativos,
    comezarán a sentirse impotentes
  • 8:57 - 9:01
    e pronto deixarán de intentalo tamén,
    ou nin sequera probarán en absoluto.
  • 9:01 - 9:04
    E despois estarán aínda máis convencidos
    de que non poden ter éxito.
  • 9:04 - 9:06
    Como ven, este é o motivo
    polo que moita xente
  • 9:06 - 9:09
    rende por debaixo do seu potencial real.
  • 9:09 - 9:12
    Porque nalgún punto do camiño,
    ás veces un único fracaso
  • 9:12 - 9:17
    os convenceu de que
    non poderían triunfar, e crérono.
  • 9:17 - 9:22
    Unha vez que nos convencemos de algo,
    é moi difícil mudar a maneira de pensar.
  • 9:22 - 9:26
    Eu aprendín esta lección á forza
    cando era adolescente, co meu irmán.
  • 9:26 - 9:29
    Estabamos conducindo con amigos
    por unha escura estrada de noite,
  • 9:29 - 9:31
    cando un coche de policía nos parou.
  • 9:31 - 9:35
    Houbera un roubo pola zona
    e estaban buscando sospeitosos.
  • 9:35 - 9:39
    O axente achegouse ao coche
    e alumeou coa lanterna ao condutor,
  • 9:39 - 9:42
    logo ao meu irmán, no asento do copiloto
    e despois a min.
  • 9:42 - 9:45
    Os seus ollos abríronse moito e dixo:
  • 9:45 - 9:47
    "Onde vin eu esa cara antes?".
  • 9:47 - 9:50
    (Risas)
  • 9:50 - 9:53
    E eu dixen: "No asento de adiante".
  • 9:53 - 9:56
    (Risas)
  • 9:56 - 10:00
    Pero iso non lle tiña sentido ningún,
    así que pensou que eu estaba drogado.
  • 10:00 - 10:02
    (Risas)
  • 10:02 - 10:06
    E sacoume do vehículo, rexistroume
    e levoume dereito ao coche patrulla,
  • 10:06 - 10:10
    e só cando comprobou
    que non tiña antecedentes,
  • 10:10 - 10:14
    puiden ensinarlle que tiña un xemelgo
    no asento de adiante.
  • 10:14 - 10:18
    Pero aínda cando estabamos marchando
    podía verse pola expresión da súa cara
  • 10:18 - 10:22
    que estaba convencido de que
    me estaba a zafar de algo.
  • 10:22 - 10:23
    (Risas)
  • 10:23 - 10:27
    A nosa mente é difícil de cambiar
    unha vez que estamos convencidos.
  • 10:27 - 10:32
    Pode ser moi normal sentirse desmoralizado
    e derrotado despois de fracasar.
  • 10:32 - 10:36
    Pero non poden deixarse autoconvencer
    de que non poden ter éxito.
  • 10:36 - 10:39
    Teñen que combater os sentimentos
    de imposibilidade.
  • 10:39 - 10:42
    Teñen que recuperar
    o control da situación.
  • 10:42 - 10:46
    E romper esta especie de círculo negativo
    antes de que comece.
  • 10:46 - 10:48
    [Deter a hemorraxia emocional]
  • 10:48 - 10:54
    As nosas mentes e pensamentos non son
    os amigos confiables que criamos que eran.
  • 10:54 - 10:59
    Máis ben son coma un amigo inestable
    que pode ser moi comprensivo nun momento,
  • 10:59 - 11:02
    e totalmente antipático no seguinte.
  • 11:02 - 11:06
    Unha vez traballei cunha muller
    que despois de vinte anos de matrimonio
  • 11:06 - 11:08
    e un divorcio extremadamente desagradable,
  • 11:08 - 11:10
    estaba por fin preparada
    para a súa primeira cita.
  • 11:10 - 11:15
    Coñecera a un tipo por internet,
    e el parecía agradable e exitoso,
  • 11:15 - 11:18
    e o máis importante, parecía
    que ela lle gustaba de verdade.
  • 11:18 - 11:21
    Por iso, estaba moi emocionada,
    mercou un vestido novo
  • 11:21 - 11:25
    e quedaron nun exclusivo bar de Nova York
    para tomar algo.
  • 11:26 - 11:29
    Ao cabo de dez minutos de cita,
    o home ergueuse e dixo:
  • 11:29 - 11:30
    "Non estou interesado"
  • 11:30 - 11:32
    E marchou.
  • 11:34 - 11:35
    [REXEITAMENTO]
  • 11:35 - 11:37
    O rexeitamento é extremadamente doloroso.
  • 11:37 - 11:40
    A muller estaba tan doída
    que non puido nin moverse.
  • 11:40 - 11:42
    Todo que deu feito foi chamar a un amigo.
  • 11:42 - 11:44
    E velaquí o que este lle dixo:
  • 11:44 - 11:50
    "Ben, que esperabas? Tes moita cadeira,
    non tes nada interesante do que falar,
  • 11:50 - 11:55
    por que ía un home atractivo e de éxito
    coma ese saír cunha perdedora coma ti?
  • 11:57 - 12:00
    Impresionante, non si,
    que un amigo poida ser tan cruel?
  • 12:00 - 12:05
    Mais seríao moito menos se vos digo
    que non foi o amigo quen tal dixo.
  • 12:06 - 12:09
    Foi o que a muller se dixo a si mesma.
  • 12:09 - 12:13
    E isto é algo que todos facemos,
    especialmente despois dun rexeitamento.
  • 12:13 - 12:17
    Todos nós comezamos a pensar
    sobre todos os nosos fallos e defectos,
  • 12:17 - 12:20
    o que desexariamos ser e o que non,
    insultámonos a nós mesmos.
  • 12:20 - 12:23
    Talvez non con tanta dureza,
    pero todos o facemos.
  • 12:23 - 12:28
    E é curioso que o fagamos,
    porque a nosa autoestima xa está danada.
  • 12:28 - 12:31
    Por que iamos querer collela
    e danala aínda máis?
  • 12:31 - 12:34
    Non empeorariamos á mantenta
    unha ferida física.
  • 12:34 - 12:36
    Non vos cortades nun brazo e dicides:
  • 12:36 - 12:40
    "Ah, xa sei! Vou coller un coitelo
    e ver canto máis profundo o podo facer".
  • 12:40 - 12:44
    Pero facémolo seguido coas feridas
    psicolóxicas.
  • 12:44 - 12:47
    Por que? Por unha hixiene emocional pobre.
  • 12:47 - 12:51
    Porque non priorizamos
    a nosa saúde psicolóxica.
  • 12:51 - 12:54
    Sabemos por ducias de estudos
    que cando a autoestima está baixa,
  • 12:54 - 12:58
    es máis vulnerable
    ao estrés e á ansiedade,
  • 12:58 - 13:03
    que fracasos e rexeitamentos feren máis
    e leva máis tempo recuperarse deles.
  • 13:03 - 13:07
    Así que cando te rexeitan,
    o primeiro que deberías facer
  • 13:07 - 13:12
    é recuperar a túa autoestima,
    non unirte ao Club da Loita e mallar nela.
  • 13:13 - 13:16
    Cando sofres dor emocional,
    trátate coa mesma compaixón
  • 13:16 - 13:21
    que esperarías por parte
    dun verdadeiro bo amigo.
  • 13:21 - 13:23
    [Protexe a túa autoestima]
  • 13:23 - 13:28
    Temos que coller os nosos malsáns hábitos
    psicolóxicos e trocalos.
  • 13:28 - 13:32
    Un dos máis prexudiciais e comúns
    chámase «ruminación».
  • 13:32 - 13:35
    Rumiar quere dicir remoer.
  • 13:35 - 13:39
    É cando o xefe che berra, ou o profesor
    te fai sentir estúpido na clase,
  • 13:39 - 13:44
    ou tes unha gran rifa cun amigo,
    e non podes deixar de reproducir
  • 13:44 - 13:48
    a escena na cabeza durante días,
    ás veces semanas, sen parar.
  • 13:48 - 13:54
    Rumiar sobre sucesos angustiosos así
    pode facilmente converterse nun hábito,
  • 13:54 - 13:55
    e é un moi custoso.
  • 13:55 - 14:00
    Porque cando estás tanto tempo centrado
    en pensamentos tristes e negativos,
  • 14:00 - 14:04
    realmente estaste a poñer
    en risco significativo de desenvolver
  • 14:04 - 14:08
    depresión clínica, alcoholismo,
    desordes alimentarias
  • 14:08 - 14:10
    e incluso doenzas cardiovasculares.
  • 14:11 - 14:16
    O problema é que a ansia de rumiar pode
    sentirse con moita forza e intensidade,
  • 14:16 - 14:19
    polo que é un hábito difícil de abandonar.
  • 14:19 - 14:24
    Eu seino ben, porque hai algo máis dun ano
    eu mesmo desenvolvín este vezo.
  • 14:24 - 14:31
    Mirade, ao meu irmán diagnosticáronlle
    un linfoma non-Hodking en estadio tres.
  • 14:31 - 14:33
    O seu cáncer foi extremadamente agresivo.
  • 14:33 - 14:37
    Tivo tumores visibles por todo o corpo.
  • 14:37 - 14:42
    E tivo que comezar un duro tratamento
    de quimioterapia.
  • 14:42 - 14:46
    E eu non podía deixar de pensar
    sobre se se estaba a ir.
  • 14:46 - 14:50
    Non podía deixar de pensar
    canto estaba sufrindo,
  • 14:50 - 14:54
    aínda que non se queixaba,
    nin unha soa vez.
  • 14:54 - 14:57
    El tiña unha actitude
    enormemente positiva.
  • 14:57 - 15:00
    A súa saúde psicolóxica era sorprendente.
  • 15:00 - 15:05
    Eu estaba fisicamente san,
    pero psicoloxicamente era un desastre.
  • 15:05 - 15:07
    Pero sabía que facer.
  • 15:07 - 15:10
    Hai estudos que din que
    unha distracción de dous minutos
  • 15:10 - 15:14
    abonda para romper a necesidade
    de rumiar nese momento.
  • 15:14 - 15:18
    Así, cada vez que tiña un pensamento
    preocupante, triste ou negativo,
  • 15:18 - 15:20
    forzábame a me concentrar
    en calquera outra cousa
  • 15:20 - 15:22
    ata que a ansia pasara.
  • 15:22 - 15:26
    E nunha semana,
    a miña perspectiva enteira cambiara
  • 15:26 - 15:29
    e tornárase máis positiva
    e máis esperanzada.
  • 15:30 - 15:31
    [Combater pensamentos negativos]
  • 15:31 - 15:36
    Nove semanas despois de comezar a quimio,
    ao meu irmán fixéronlle un TAC,
  • 15:36 - 15:39
    e eu estaba con el
    cando lle deron os resultados.
  • 15:39 - 15:42
    Todos os tumores desapareceran.
  • 15:42 - 15:47
    Aínda lle quedaban tres sesións máis,
    pero sabiamos que se recuperaría.
  • 15:47 - 15:51
    Esta foto tirouse hai dúas semanas.
  • 15:54 - 15:56
    Actuando cando estás só,
  • 15:57 - 16:00
    mudando a resposta ao fracaso,
  • 16:00 - 16:02
    conservando a autoestima,
  • 16:03 - 16:05
    combatendo os pensamentos negativos,
  • 16:05 - 16:08
    non só curarán as feridas psicolóxicas,
  • 16:08 - 16:12
    tamén forxarán a resiliencia emocional,
    desenvolveranse.
  • 16:12 - 16:19
    Hai cen anos, a xente comezou a practicar
    hixiene persoal, e a esperanza de vida
  • 16:19 - 16:24
    aumentou por riba dun 50 por cento
    en só unhas décadas.
  • 16:24 - 16:28
    Coido que a nosa calidade de vida
    aumentaría de xeito igual de drástico
  • 16:28 - 16:31
    se todos comezásemos a practicar
    hixiene emocional.
  • 16:32 - 16:35
    Poden imaxinar como sería
    o mundo se todos estivésemos
  • 16:35 - 16:36
    máis sans psicoloxicamente?
  • 16:37 - 16:40
    Se houbese menos soidade e depresión?
  • 16:40 - 16:43
    Se a xente soubera como superar o fracaso?
  • 16:43 - 16:47
    Se se sentisen mellor consigo mesmos
    e máis fortes?
  • 16:47 - 16:49
    Se estivesen máis felices e realizados?
  • 16:50 - 16:53
    Eu podo, porque este
    é o mundo en que quero vivir,
  • 16:54 - 16:58
    e é o mundo en que o meu irmán
    quere vivir tamén.
  • 16:58 - 17:03
    E se comezades a ser conscientes
    e a mudar uns poucos hábitos sinxelos,
  • 17:03 - 17:07
    este é o mundo en que todos podemos vivir.
  • 17:07 - 17:08
    Moitas grazas.
  • 17:09 - 17:11
    (Aplausos)
Title:
Por que todos necesitamos practicar primeiros auxilios emocionais
Speaker:
Guy Winch
Description:

Imos ao médico cando nos temos catarro ou unha dor persistente. Entón, por que non consultamos a un profesional da saúde cando sentimos dor emocional: culpabilidade, abatemento, soidade? Moitos de nós lidamos con problemas psicolóxicos comúns sós, di Guy Winch. Pero non temos que facelo. Nesta charla fai unha convincente argumentación para practicar hixiene emocional, atender as nosas emocións, os nosos pensamentos, coa mesma dilixencia coa que atendemos os nosos corpos.

more » « less
Video Language:
English
Team:
closed TED
Project:
TEDTalks
Duration:
17:24

Galician subtitles

Revisions