Return to Video

A historia esquecida do autismo

  • 0:01 - 0:03
    Despois do Nadal do ano pasado
  • 0:03 - 0:07
    132 rapaces contraeron
    o sarampelo en California
  • 0:07 - 0:09
    por ir a Disneylandia
  • 0:09 - 0:12
    ou por exporse a alguén que estivera alí.
  • 0:12 - 0:15
    Logo, o virus pasou a Canadá,
  • 0:15 - 0:19
    e infectou máis de cen nenos no Quebec.
  • 0:19 - 0:22
    Un dos aspectos tráxicos deste brote
  • 0:22 - 0:27
    é que o sarampelo, que pode ser mortal
    para un rapaz inmunodeprimido,
  • 0:27 - 0:31
    é unha das enfermidades
    máis fáciles de previr do mundo.
  • 0:31 - 0:33
    Existe unha vacina eficaz
  • 0:33 - 0:37
    que leva dispoñible máis de medio século,
  • 0:37 - 0:40
    pero moitos dos nenos
    implicados no brote de Disneylandia
  • 0:40 - 0:42
    non foran vacinados
  • 0:42 - 0:44
    porque os seus pais tiñan medo
  • 0:44 - 0:47
    de algo presuntamente peor:
  • 0:47 - 0:49
    autismo.
  • 0:49 - 0:53
    Pero, acaso ese artigo,
    o que desatara a polémica
  • 0:53 - 0:55
    sobre as vacinas e o autismo,
  • 0:55 - 0:57
    non fora xa desacreditado, retirado
  • 0:57 - 0:59
    e tachado de fraude deliberado
  • 0:59 - 1:01
    polo British Medical Journal?
  • 1:01 - 1:03
    Non saben todos os científicos expertos
  • 1:03 - 1:07
    que a teoría de que as vacinas
    provocan autismo é unha parvada?
  • 1:08 - 1:09
    Creo que a maioría de vós sabédelo,
  • 1:09 - 1:12
    pero hai millóns de pais no mundo
  • 1:12 - 1:17
    que seguen a pensar que as vacinas
    expoñen os seus fillos ao autismo.
  • 1:17 - 1:18
    Por que?
  • 1:19 - 1:20
    Por isto.
  • 1:20 - 1:25
    Este é un gráfico que mostra o aumento
    da prevalencia do autismo co tempo.
  • 1:25 - 1:27
    Durante case todo o século vinte
  • 1:27 - 1:31
    o autismo era considerado
    unha enfermidade extremadamente rara.
  • 1:31 - 1:34
    Os poucos psicólogos e pediatras
    que escoitaran falar dela
  • 1:34 - 1:37
    pensaban que en toda a súa carreira
  • 1:37 - 1:39
    non verían nin un só caso.
  • 1:40 - 1:44
    Durante décadas, calculouse
    unha prevalencia estable do autismo
  • 1:44 - 1:47
    de tres ou catro nenos por cada dez mil.
  • 1:47 - 1:49
    Pero máis tarde, nos anos noventa,
  • 1:49 - 1:51
    as cifras disparáronse.
  • 1:52 - 1:55
    Organizacións recadadoras de fondos
    como Autism Speaks
  • 1:55 - 1:58
    falan a cotío da epidemia do autismo
  • 1:58 - 2:01
    como se te puidese contaxiar
    un neno en Disneylandia.
  • 2:01 - 2:03
    Pero entón, que está pasando?
  • 2:03 - 2:06
    Se non son as vacinas, que é?
  • 2:07 - 2:10
    Se preguntas en Atlanta,
    no Centro de Control de Enfermidades,
  • 2:10 - 2:11
    que é o que está a pasar,
  • 2:12 - 2:16
    adoitan empregar frases como:
    "criterios de diagnóstico máis amplos"
  • 2:16 - 2:18
    e "unha mellor detección"
  • 2:18 - 2:21
    para explicar este aumento dos casos.
  • 2:21 - 2:23
    Pero este tipo de linguaxe
  • 2:23 - 2:26
    non consegue acougar unha nai nova
  • 2:26 - 2:30
    que intenta establecer contacto visual
    co seu fillo de dous anos.
  • 2:30 - 2:33
    Se era preciso ampliar
    os criterios de diagnóstico,
  • 2:33 - 2:36
    por que eran tan reducidos antes?
  • 2:37 - 2:39
    Por que era tan difícil
    atopar casos de autismo
  • 2:39 - 2:41
    antes dos anos noventa?
  • 2:41 - 2:47
    Hai cinco anos, decidín buscar
    respostas para estas preguntas.
  • 2:47 - 2:49
    Descubrín que o que acontece
  • 2:49 - 2:53
    ten menos que ver
    cos lentos e cautos avances científicos
  • 2:53 - 2:56
    ca co poder de sedución
    dunha boa narración.
  • 2:57 - 2:59
    Durante a maior parte do século vinte,
  • 2:59 - 3:01
    os médicos contaron un relato
  • 3:01 - 3:05
    sobre o autismo,
    que era e como se descubrira,
  • 3:05 - 3:08
    pero resultou ser un relato errado,
  • 3:08 - 3:09
    e as súas consecuencias
  • 3:09 - 3:13
    teñen un impacto devastador
    na saúde pública mundial.
  • 3:13 - 3:17
    Había un segundo relato, máis acertado,
  • 3:17 - 3:19
    que estaba perdido e esquecido
  • 3:19 - 3:22
    nun recuncho escuro da bibliografía médica.
  • 3:22 - 3:26
    Este segundo relato explica
    como chegamos ata aquí
  • 3:26 - 3:28
    e cara a onde temos que ir agora.
  • 3:29 - 3:34
    O primeiro relato comeza cun psiquiatra
    infantil do Hospital Johns Hopkins,
  • 3:34 - 3:36
    chamado Leo Kanner.
  • 3:36 - 3:39
    En 1943, Kanner publicou un artigo
  • 3:39 - 3:44
    no que describía once pacientes novos
    que parecían habitar mundos privados,
  • 3:44 - 3:46
    e ignoraban a xente ao seu redor,
  • 3:46 - 3:48
    mesmo a seus pais.
  • 3:48 - 3:51
    Podían entreterse sós durante horas
  • 3:51 - 3:53
    batendo as mans diante da cara,
  • 3:53 - 3:55
    pero logo espantábanse por pequeneces,
  • 3:55 - 3:59
    como que lles movesen do sitio
    o seu xoguete favorito
  • 3:59 - 4:01
    sen llelo dicir antes.
  • 4:01 - 4:04
    Baseándose nos pacientes
    que lle chegaban á súa consulta,
  • 4:04 - 4:07
    Kanner supuxo que o autismo
    era moi pouco frecuente.
  • 4:07 - 4:12
    Nos anos cincuenta,
    xa como experto mundial na materia,
  • 4:12 - 4:17
    declarou que non vira nin 150 casos
    verdadeiros da "súa" síndrome,
  • 4:17 - 4:21
    aínda que atendera pacientes derivados
    mesmo dende Suráfrica.
  • 4:21 - 4:24
    Isto non é tan sorprendente,
  • 4:24 - 4:27
    dado que os criterios de Kanner
    para o diagnóstico do autismo
  • 4:27 - 4:29
    eran extremadamente selectivos.
  • 4:29 - 4:35
    Por exemplo, non recomendaba diagnosticar
    de autismo a nenos con convulsións,
  • 4:35 - 4:38
    pero agora sabemos que a epilepsia
    é moi común no autismo.
  • 4:38 - 4:41
    Unha vez presumiu de descartar
    nove de cada dez nenos
  • 4:41 - 4:45
    que chegaban á súa consulta
    declarados autistas por outros médicos,
  • 4:45 - 4:48
    sen diagnosticarlles autismo.
  • 4:49 - 4:50
    Kanner era un tipo listo,
  • 4:50 - 4:53
    pero algunhas das súas teorías
    non eran certas.
  • 4:53 - 4:57
    Clasificou o autismo
    como unha forma de psicose infantil
  • 4:57 - 5:01
    causada por pais fríos e pouco agarimosos.
  • 5:01 - 5:03
    Estes nenos, segundo el dicía,
  • 5:03 - 5:07
    foran coidadosamente mantidos
    nun frigorífico que non desconxelaba.
  • 5:07 - 5:09
    Porén, ó mesmo tempo,
  • 5:09 - 5:12
    Kanner decatouse de que algúns dos seus pacientes
  • 5:12 - 5:16
    tiñan habilidades especiais
    concentradas en áreas concretas,
  • 5:16 - 5:19
    como música, matemáticas e a memoria.
  • 5:19 - 5:21
    Un dos rapaces da súa clínica
  • 5:21 - 5:25
    sabía distinguir 18 sinfonías
    antes de facer dous anos.
  • 5:26 - 5:28
    Cando a súa nai puña
    un dos seus discos favoritos,
  • 5:28 - 5:32
    o neno anunciaba correctamente:
    "Beethoven!"
  • 5:32 - 5:35
    Pero Kanner vía con malos ollos
    estas habilidades,
  • 5:35 - 5:38
    e dicía que os nenos
    só repetían mecanicamente
  • 5:38 - 5:41
    o que lles oían dicir
    aos seus pedantes pais,
  • 5:41 - 5:43
    desesperados por gañar a súa aprobación.
  • 5:43 - 5:49
    Así, o autismo era para as familias
    fonte de vergonza e estigma,
  • 5:49 - 5:51
    e dúas xeracións de rapaces autistas
  • 5:51 - 5:54
    foron enviados a psiquiátricos polo seu ben,
  • 5:55 - 5:58
    e volvéronse invisibles para o mundo.
  • 5:58 - 6:02
    É estraño que non fora ata os anos setenta
  • 6:02 - 6:07
    cando se tratou de contrastar a teoría
    de que o autismo era pouco común.
  • 6:07 - 6:11
    Lorna Wing era
    unha psicóloga cognitiva en Londres
  • 6:11 - 6:15
    que pensaba que a teoría de Kanner
    dos pais frigorífico
  • 6:15 - 6:17
    era, tal como me dixo, "unha estupidez".
  • 6:18 - 6:21
    Lorna e o seu marido John
    eran persoas cálidas e afectuosas,
  • 6:21 - 6:25
    e tiveran unha filla autista profunda
    que se chamaba Susie.
  • 6:25 - 6:30
    Lorna e John sabían o difícil que era
    criar unha nena coma Susie,
  • 6:30 - 6:32
    sen servizos de apoio,
  • 6:32 - 6:33
    educación especial
  • 6:33 - 6:37
    e tódolos demais recursos ós que non podes
    acceder sen un diagnóstico.
  • 6:38 - 6:40
    Para xustificar ante a Seguridade Social
  • 6:40 - 6:45
    que se precisaban máis recursos
    para os nenos autistas e as súas familias,
  • 6:46 - 6:48
    Lorna e a súa colega Judith Gould
  • 6:48 - 6:52
    decidiron facer algo
    que xa debía levar 30 anos feito.
  • 6:52 - 6:57
    Fixeron un estudo da prevalencia
    do autismo na poboación xeral.
  • 6:57 - 7:01
    Patearon as rúas de Camberwell,
    un barrio nas aforas de Londres,
  • 7:01 - 7:04
    para buscar nenos autistas na veciñanza.
  • 7:05 - 7:10
    Descubriron que o modelo de Kanner
    era demasiado limitado
  • 7:10 - 7:14
    para a realidade dun autismo
    que é moito máis diverso e variado.
  • 7:15 - 7:17
    Algúns nenos non sabían dicir palabra,
  • 7:17 - 7:21
    mentres que outros falaban sen parar
    fascinados pola astrofísica,
  • 7:22 - 7:25
    os dinosauros ou a xenealoxía da realeza.
  • 7:25 - 7:30
    Noutras palabras, estes rapaces
    non podían clasificarse en compartimentos estancos,
  • 7:30 - 7:32
    como explicou Judith,
  • 7:32 - 7:34
    e elas viran moitos destes rapaces,
  • 7:34 - 7:37
    moitos máis dos que Kanner predixera
    co seu ríxido modelo.
  • 7:38 - 7:41
    Ao principio, non sabían darlles sentido
    aos datos que conseguiran.
  • 7:41 - 7:44
    Como ninguén lles prestara atención
    antes a estes rapaces?
  • 7:44 - 7:47
    Pero entón Lorna atopou
    unha referencia a un artigo
  • 7:47 - 7:50
    publicado en alemán no 1944,
  • 7:50 - 7:53
    un ano despois do de Kanner,
  • 7:53 - 7:55
    e logo esquecido,
  • 7:55 - 7:57
    soterrado coas cinzas dun tempo terrible
  • 7:57 - 8:00
    que ninguén quería recordar.
  • 8:00 - 8:03
    Kanner sabía dese artigo rival,
  • 8:03 - 8:07
    pero tivo moito coidado
    de non mencionalo no seu traballo.
  • 8:07 - 8:10
    Nunca se traducira ó inglés,
  • 8:10 - 8:13
    pero, por sorte,
    o marido de Lorna sabía alemán,
  • 8:13 - 8:15
    e traduciuno para ela.
  • 8:16 - 8:20
    Este traballo ofrecía
    unha historia alternativa do autismo.
  • 8:20 - 8:22
    O autor era un home chamado Hans Asperger,
  • 8:22 - 8:26
    quen dirixía unha clínica con internado
  • 8:26 - 8:28
    en Viena nos anos 30.
  • 8:28 - 8:32
    As ideas de Asperger sobre a educación
    de nenos con diferenzas de aprendizaxe
  • 8:32 - 8:35
    eran progresistas mesmo para hoxe en día.
  • 8:35 - 8:40
    As mañás na súa clínica
    comezaban con exercicios con música,
  • 8:40 - 8:43
    e os rapaces representaban
    obras de teatro os domingos pola tarde.
  • 8:44 - 8:46
    En lugar de culpar os pais
    de causar o autismo,
  • 8:46 - 8:51
    Asperger catalogouno como
    unha discapacidade polixénica permanente
  • 8:51 - 8:55
    que precisaba dun aloxamento
    e apoio compasivos
  • 8:55 - 8:58
    en tódalas etapas da vida.
  • 8:58 - 9:01
    En lugar de tratar os nenos
    na súa clínica como pacientes,
  • 9:01 - 9:04
    Asperger chamáballes
    os seus pequenos profesores,
  • 9:04 - 9:08
    e serviuse da súa axuda
    para desenvolver métodos de educación
  • 9:08 - 9:10
    que foran específicos para eles.
  • 9:11 - 9:16
    O máis importante era que Asperger
    vía o autismo como un contínuum variado
  • 9:16 - 9:21
    que comprende unha incrible gama
    de talentos e discapacidades.
  • 9:21 - 9:25
    El cría que o autismo
    e os trazos autistas son habituais
  • 9:25 - 9:27
    e que sempre o foran,
  • 9:27 - 9:32
    xa que temos mostras deste contínuum
    en arquetipos comúns da cultura popular,
  • 9:32 - 9:35
    como o científico torpe na vida social,
  • 9:35 - 9:37
    ou o profesor distraído.
  • 9:37 - 9:39
    Asperger foi máis alá ata dicir
  • 9:39 - 9:43
    que parece que para ter éxito
    nas ciencias e nas artes,
  • 9:43 - 9:45
    unha pinga de autismo é esencial.
  • 9:46 - 9:51
    Lorna e Judith déronse conta de que Kanner
    errara ao dicir que o autismo era raro,
  • 9:51 - 9:54
    igual ca cando dixera
    que o causaban os pais.
  • 9:54 - 9:56
    Durante os anos seguintes,
  • 9:56 - 9:59
    traballaron discretamente coa
    Asociación Americana de Psiquiatría
  • 9:59 - 10:02
    para ampliar os criterios de diagnóstico
  • 10:02 - 10:06
    e reflectir a diversidade
    do que chamaron "espectro autista".
  • 10:06 - 10:09
    A finais dos 80 e principios dos 90,
  • 10:09 - 10:11
    os seus cambios produciron efectos,
  • 10:11 - 10:13
    mudando o modelo limitado de Kanner
  • 10:13 - 10:16
    polo amplo e inclusivo modelo de Asperger.
  • 10:17 - 10:19
    Estes cambios non sucedían no baleiro.
  • 10:19 - 10:23
    Casualmente, mentres Lorna e Judith
    traballaban entre bastidores
  • 10:23 - 10:25
    para modificar os criterios,
  • 10:25 - 10:30
    o mundo vía un adulto autista
    por primeira vez.
  • 10:30 - 10:33
    Antes da estrea de "Rain Man" en 1988,
  • 10:33 - 10:38
    só un círculo moi limitado de expertos
    sabía en que consistía o autismo,
  • 10:38 - 10:43
    pero logo de que a inesquecible actuación
    de Dustin Hoffman como Raymond Babbitt
  • 10:43 - 10:46
    acadara para "Rain Man"
    catro Óscars da Academia,
  • 10:46 - 10:49
    pediatras, psicólogos,
  • 10:49 - 10:53
    profesores e pais de todo o mundo
    coñeceron o autismo.
  • 10:54 - 10:56
    De casualidade, tamén coincidiu
  • 10:56 - 11:01
    coa aparición dos primeiros test sinxelos
    para o diagnóstico do autismo.
  • 11:02 - 11:07
    Xa non había que estar relacionado
    con ese minúsculo grupo de expertos
  • 11:07 - 11:09
    para que avaliaran o teu fillo.
  • 11:09 - 11:11
    A combinación de "Rain Man"
  • 11:11 - 11:15
    cos cambios nos criterios
    e a aparición destes tests
  • 11:15 - 11:18
    creou unha reacción en cadea,
  • 11:18 - 11:21
    a tormenta perfecta
    da concienciación sobre o autismo.
  • 11:21 - 11:24
    O número de diagnósticos
    comezou a dispararse,
  • 11:24 - 11:30
    xusto como Lorna e Judith predixeran,
    ou esperaban que sucedese,
  • 11:30 - 11:32
    e posibilitou que autistas e familias
  • 11:32 - 11:35
    recibiran o apoio
    e os servizos que merecían.
  • 11:36 - 11:38
    Entón apareceu Andrew Wakefield
  • 11:38 - 11:42
    e culpou as vacinas
    do pico nos diagnósticos.
  • 11:42 - 11:44
    Una historia simple,
  • 11:44 - 11:47
    poderosa, sedutora e crible
  • 11:47 - 11:49
    tan errada como a teoría de Kanner
  • 11:49 - 11:51
    do autismo pouco común.
  • 11:51 - 11:54
    Se os cálculos son correctos
  • 11:54 - 11:59
    e un de cada 68 nenos en Estados Unidos
    están dentro do espectro autista,
  • 11:59 - 12:03
    as persoas autistas constitúen
    unha das principais minorías do mundo.
  • 12:03 - 12:07
    Nos últimos anos,
    estableceron unha comunidade en Internet
  • 12:07 - 12:11
    para rexeitar a idea de que son
    un crebacabezas que será resolto
  • 12:11 - 12:13
    polo próximo avance médico,
  • 12:13 - 12:15
    e acuñaron o termo "neurodiversidade"
  • 12:15 - 12:19
    para celebrar a pluralidade
    cognitiva do ser humano.
  • 12:19 - 12:22
    Un xeito de entender a neurodiversidade
  • 12:22 - 12:25
    é pensar en termos
    de sistemas operativos humanos.
  • 12:25 - 12:30
    Que un ordenador non funcione con Windows
    non significa que estea estragado.
  • 12:30 - 12:34
    Segundo o estándar autista,
    un cerebro humano normal
  • 12:34 - 12:36
    distráese con facilidade,
  • 12:36 - 12:38
    é obsesivamente social
  • 12:38 - 12:41
    e sofre dun déficit
    de atención aos detalles.
  • 12:41 - 12:44
    Está claro que resulta difícil
    para as persoas autistas
  • 12:44 - 12:46
    vivir nun mundo
    que non se deseñou para eles.
  • 12:46 - 12:50
    Agora, 70 anos máis tarde,
    aínda imos por detrás de Asperger,
  • 12:50 - 12:54
    que cría que a "cura" para a maioría
    das discapacidades do autismo
  • 12:54 - 12:58
    eran os profesores comprensivos,
  • 12:58 - 13:00
    os xefes con capacidade de adaptación,
  • 13:00 - 13:01
    as comunidades que prestan apoio
  • 13:01 - 13:04
    e os pais que cren
    no potencial dos seus fillos.
  • 13:05 - 13:08
    Unha muller autista, Zosia Zaks dixo:
  • 13:08 - 13:13
    "Todas as mans son necesarias
    para endereitar o barco da humanidade."
  • 13:13 - 13:16
    Mentres navegamos
    cara a un futuro incerto,
  • 13:16 - 13:20
    necesitamos tódalas formas
    de intelixencia humana do planeta
  • 13:20 - 13:25
    traballando xuntas para encarar
    os desafíos da nosa sociedade.
  • 13:25 - 13:28
    Non podemos desaproveitar ningún cerebro.
  • 13:28 - 13:29
    Grazas.
  • 13:29 - 13:32
    (Aplausos)
Title:
A historia esquecida do autismo
Speaker:
Steve Silberman
Description:

Hai varias décadas, poucos pediatras escoitaran falar do autismo. En 1975, calculábase que 1 de cada 5000 nenos era autista. Hoxe, 1 de cada 68 está dentro do espectro autista. Que causou este aumento repentino? Steve Silberman sinala unha "tormenta perfecta da concienciación sobre o autismo": un par de doutoras que ofrecen unha visión máis comprensiva, un momento inesperado na cultura popular e un novo test clínico. Pero para comprendelo de verdade, temos que nos remontar ata o doutor austríaco Hans Asperger, quen en 1944 publicou un artigo pioneiro. Ao quedar soterrado no tempo, o autismo permaneceu como o grande incomprendido. (Esta charla forma parte dunha das sesións TED2015 organizadas pola Pop-Up Magazine: popupmagazine.com ou @popupmag en Twitter.)

more » « less
Video Language:
English
Team:
closed TED
Project:
TEDTalks
Duration:
13:48
TED Translators admin approved Galician subtitles for The forgotten history of autism
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela accepted Galician subtitles for The forgotten history of autism
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for The forgotten history of autism
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for The forgotten history of autism
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for The forgotten history of autism
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for The forgotten history of autism
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for The forgotten history of autism
Silvia González edited Galician subtitles for The forgotten history of autism
Show all

Galician subtitles

Revisions

  • Revision 14 Edited
    Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela