Return to Video

Como se inventou o sándwich | Momentos visionarios 5 - Jessica Oreck

  • 0:07 - 0:12
    [Nun momento visionario...]
  • 0:13 - 0:15
    É 1762.
  • 0:15 - 0:18
    John Montagu é o 4º conde de Sandwich,
  • 0:18 - 0:21
    un pequeno señorío
    ao sueste de Inglaterra.
  • 0:23 - 0:25
    A pesar das súas dotes administrativas,
  • 0:25 - 0:27
    Montagu é un político corrupto,
  • 0:27 - 0:29
    un marido adúltero
  • 0:29 - 0:32
    e un xogador compulsivo e dexenerado.
  • 0:35 - 0:39
    Cando estaba no medio
    dos seus mellores xogos
  • 0:40 - 0:43
    adoitaba insistir en que lle servisen
    a comida na mesa de xogo.
  • 0:45 - 0:48
    Nun momento visionario
    inspirado polas súas viaxes
  • 0:48 - 0:51
    o conde pediu que lle trouxesen
    o embutido con queixo
  • 0:51 - 0:53
    amontoado entre dúas rebandas de pan
  • 0:54 - 0:58
    para poder comer cunha soa man
    mentres coa outra seguía xogando.
  • 1:00 - 1:05
    Nunha célebre ocasión, Montagu
    pasou un día e unha noite xogando.
  • 1:06 - 1:10
    Nestas infames 24 horas
    á mesa de xogo
  • 1:10 - 1:15
    a este privilexio de man do Conde
    alcumárono como o "sándwich".
  • 1:17 - 1:18
    Segundo unha estimación,
  • 1:18 - 1:24
    hoxe en día os estadounidenses consomen
    máis de 300 millóns de sándwichs diarios.
Title:
Como se inventou o sándwich | Momentos visionarios 5 - Jessica Oreck
Description:

Para ver toda a lección: http://ed.ted.com/lessons/how-the-sandwich-was-invented-moments-of-vision-5-jessica-oreck

Calcúlase que na actualidade o 50% dos estadounidenses comen polo menos un sándwich diario. E mentres que hoxe en día se nos fai imposible imaxinar un mundo sen eles, os sándwichs só levan entre nós dende o 1762. No quinto capítulo da nosa serie "Momentos visionarios", Jessica Oreck comparte a sórdida historia da orixe do sándwich.

Lección e animación de Jessica Oreck.

more » « less
Video Language:
English
Team:
closed TED
Project:
TED-Ed
Duration:
01:49

Galician subtitles

Revisions