Return to Video

What is the Higgs boson?

  • 0:00 - 0:04
    Que é o Higgs?
  • 0:04 - 0:07
    Desde 1964 vimos tendo a idea,
  • 0:08 - 0:11
    proposta por Englert, Brout e Higgs,
  • 0:12 - 0:15
    de que o espazo baleiro é coma un medio
  • 0:16 - 0:20
    e que as partículas viaxan a través deste medio
  • 0:20 - 0:22
    algunhas interaxen con el,
  • 0:22 - 0:24
    e outras non interaxen con el.
  • 0:24 - 0:27
    As que interaxen con este medio,
  • 0:27 - 0:29
    van gañando masa,
  • 0:29 - 0:31
    e as que pasan sen interaxir,
  • 0:32 - 0:34
    son partículas sen masa.
  • 0:34 - 0:36
    Deixe que lle propoña unha analoxía:
  • 0:36 - 0:40
    imaxine un campo infinito de neve
  • 0:40 - 0:43
    estendéndose ao longo de todo o espazo,
  • 0:43 - 0:47
    plano, monótono, indo en todas direccións,
  • 0:47 - 0:50
    quizais no medio da Siberia.
  • 0:50 - 0:52
    Agora imaxine que está a tentar cruzar
  • 0:52 - 0:54
    este campo de neve.
  • 0:54 - 0:56
    Poida que sexa un esquiador,
  • 0:56 - 0:59
    e cruza rozando a superficie,
  • 0:59 - 1:00
    así é como unha partícula
  • 1:00 - 1:02
    que non interaxe co campo de Higgs
  • 1:02 - 1:06
    non afunde dentro da neve, vai moi rápido.
  • 1:06 - 1:10
    É coma unha partícula sen masa viaxando à velocidade da luz.
  • 1:11 - 1:13
    Pero quizais vostede só teña botas de neve,
  • 1:13 - 1:17
    neste caso, afundaría na neve do campo de Higgs,
  • 1:17 - 1:21
    ten menos velocidade có esquiador,
  • 1:21 - 1:23
    menos cá velocidade da luz.
  • 1:23 - 1:26
    Así é coma unha partícula con masa, porque vostede está
  • 1:26 - 1:29
    en conexión, interaxindo, con ese campo de neve de Higgs.
  • 1:30 - 1:33
    Finalmente, se vostede só ten postas unhas botas,
  • 1:33 - 1:36
    afúndese moito na neve,
  • 1:36 - 1:38
    vai moi, moi lentamente,
  • 1:38 - 1:40
    do xeito que iría unha partícula cunha grande masa.
  • 1:41 - 1:45
    Así pois, pense neste campo de Higgs
  • 1:45 - 1:47
    coma un campo de neve universal.
  • 1:48 - 1:52
    Agora, onde é que entra o bosón de Higgs en todo isto?
  • 1:52 - 1:55
    Todos sabemos como está formada a neve, verdade?
  • 1:55 - 1:57
    Está formada por copos de neve.
  • 2:13 - 2:17
    O bosón de Higgs ten esta tarefa, dar masa
  • 2:17 - 2:19
    a todas as outras partículas elementais.
  • 2:22 - 2:25
    Sen mirar as ecuacións básicas
  • 2:25 - 2:30
    do Modelo Estándar, como as escritas na miña camisola,
  • 2:30 - 2:33
    son moi simétricas, a forma na que
  • 2:33 - 2:36
    aparecen todas as diferentes partículas é a mesma.
  • 2:36 - 2:39
    Cando menos as dúas primeiras liñas non hai nada
  • 2:39 - 2:43
    que diferencie as partículas que teñen diferente masa, por exemplo.
  • 2:44 - 2:46
    Mais esta simetría debe romperse,
  • 2:47 - 2:49
    os electróns son máis livianos que os muóns,
  • 2:49 - 2:51
    o cuarq cima é moito máis pesado
  • 2:51 - 2:54
    que os quarks que forman os núcleos ordinarios.
  • 2:54 - 2:58
    Entón, as dúas primeiras liñas, as simétricas,
  • 2:58 - 2:59
    non poden ser coma todas,
  • 2:59 - 3:02
    ten que haber algo que discrimine,
  • 3:03 - 3:05
    que distinga entre os diferentes tipos de partículas.
  • 3:06 - 3:08
    E esa é a tarefa do Bosón de Higgs,
  • 3:08 - 3:11
    esta é a tarefa das dúas liñas de abaixo.
  • 3:11 - 3:15
    Dependendo de cán diferentes sexan os tipos de quark
  • 3:16 - 3:18
    ou o electrón e o muón,
  • 3:18 - 3:23
    dependendo de como se conectan a ese Campo de Higgs, a ese Bosón de Higgs,
  • 3:23 - 3:25
    é que cremos que adquiren diferentes masas.
  • 3:25 - 3:28
    A simetría entre estas partículas rompeu.
Title:
What is the Higgs boson?
Description:

John Ellis, físico teórico, responde á pregunta "Que é o bosón de Higgs?" na preparación da conferencia de prensa que segue o seminario sobre os resultados do LHC 2012 na busca do bosón de Higgs, prevista para o 4 de xullo do 2012 no CERN. Para máis detalles:
http://cern.ch/press/PressReleases/Releases2012/PR16.12E.html

[vídeo tamén dispoñible en https://cdsweb.cern.ch/record/1458922]

more » « less
Video Language:
English
Team:
Volunteer
Duration:
03:30
killmelorry edited Galician subtitles for What is the Higgs boson?
Iolanda ogando added a translation

Galician subtitles

Incomplete

Revisions Compare revisions