WEBVTT 00:00:01.600 --> 00:00:05.416 Gustaríame contarlles a cousa máis embarazosa 00:00:05.440 --> 00:00:07.840 que me pasou nestes anos traballando 00:00:07.840 --> 00:00:10.540 como médico de coidados paliativos. 00:00:10.840 --> 00:00:12.576 Isto aconteceu hai un par de anos. 00:00:12.600 --> 00:00:16.536 Pedíronme que consultara a unha muller que tería sobre uns 70 anos. 00:00:16.560 --> 00:00:20.126 Unha profesora de inglés retirada que tiña cancro de páncreas. 00:00:20.480 --> 00:00:25.000 Pedíronme que a consultara porque tiña dores, náuseas, vómitos... 00:00:25.920 --> 00:00:28.576 Cando fun vela falamos sobre eses síntomas 00:00:28.600 --> 00:00:30.496 e durante a consulta 00:00:30.520 --> 00:00:33.730 preguntoume se pensaba que a marihuana medicinal 00:00:33.730 --> 00:00:35.380 lle podería axudar. 00:00:36.460 --> 00:00:38.656 Intentei lembrar todo 00:00:38.680 --> 00:00:42.016 o que aprendera na universidade sobre marihuana medicinal. 00:00:42.040 --> 00:00:45.750 Non me levou moito xa que non aprendera nada en absoluto. 00:00:46.760 --> 00:00:49.616 Polo tanto, díxenlle todo o que sabía: 00:00:49.640 --> 00:00:52.796 que a marihuana medicinal non tiña ningún beneficio. 00:00:53.120 --> 00:00:57.476 Ela sorriu, asentiu e colleu o bolso que tiña ao lado da cama 00:00:57.800 --> 00:01:01.446 e sacou unha morea de ensaios aleatorizados controlados 00:01:01.840 --> 00:01:04.495 que mostraban que a marihuana medicinal é beneficiosa 00:01:04.519 --> 00:01:08.486 para síntomas como as náuseas, a dor ou a ansiedade. 00:01:08.800 --> 00:01:11.596 Ela pasoume eses artigos e dixo: 00:01:11.720 --> 00:01:16.000 "Quizais debería ler isto antes de dar unha opinión... 00:01:16.880 --> 00:01:18.096 doutor". 00:01:18.120 --> 00:01:19.336 (Risos) 00:01:19.360 --> 00:01:21.106 E fíxeno. 00:01:21.240 --> 00:01:24.736 Esa noite lin os artigos e atopei moitos máis. 00:01:24.760 --> 00:01:26.706 Cando volvín vela á mañá seguinte 00:01:26.920 --> 00:01:30.656 tiven que admitir que parecía que si que había probas 00:01:30.680 --> 00:01:33.666 de que a marihuana pode ofrecer beneficios médicos 00:01:34.040 --> 00:01:37.696 e suxerín que se ela estaba realmente interesada 00:01:37.720 --> 00:01:39.240 debería probala. 00:01:39.800 --> 00:01:41.000 Saben o que dixo? 00:01:42.160 --> 00:01:45.600 Esta profesora de inglés retirada de 73 anos? 00:01:46.200 --> 00:01:48.616 Dixo: "Xa a probei hai seis meses. 00:01:48.640 --> 00:01:50.176 Foi xenial. 00:01:50.200 --> 00:01:52.676 Estouna consumindo dende aquela. 00:01:52.920 --> 00:01:55.176 É o mellor remedio que descubrín. 00:01:55.200 --> 00:01:58.200 Non sei como me levou 73 anos descubrila. 00:01:58.200 --> 00:01:59.360 É xenial". 00:01:59.360 --> 00:02:00.360 (Risos) 00:02:00.360 --> 00:02:02.536 Nese momento decateime 00:02:02.560 --> 00:02:05.816 de que precisaba aprender algo sobre a marihuana medicinal 00:02:05.840 --> 00:02:08.696 porque a formación que me deran na facultade 00:02:08.720 --> 00:02:11.160 non tiña nada que ver coa realidade. 00:02:11.960 --> 00:02:15.456 Entón comecei a ler máis artigos e a falar con investigadores. 00:02:15.480 --> 00:02:16.896 Comecei a falar con doutores 00:02:16.920 --> 00:02:19.520 e o máis importante: comecei a ouvir aos pacientes. 00:02:20.360 --> 00:02:23.136 Acabei escribindo un libro sobre esas conversas. 00:02:23.160 --> 00:02:26.176 E ese libro centrábase sobre todo en tres sorpresas. 00:02:26.280 --> 00:02:28.046 Sorpresas para min, polo menos. 00:02:28.280 --> 00:02:29.816 Sobre unha xa falei. 00:02:29.840 --> 00:02:32.976 Que realmente hai algúns beneficios na marihuana medicinal. 00:02:33.000 --> 00:02:36.536 Pode que eses beneficios non sexan tan grandes nin sorprendentes 00:02:36.760 --> 00:02:39.696 como a maioría dos defensores da marihuana medicinal 00:02:39.720 --> 00:02:40.936 nos farían crer. 00:02:40.960 --> 00:02:42.240 Pero son reais. 00:02:42.920 --> 00:02:44.336 Sorpresa número dúas: 00:02:44.336 --> 00:02:46.992 a marihuana medicinal ten algúns riscos. 00:02:47.080 --> 00:02:50.096 Pode que eses riscos non sexan tan grandes nin aterradores 00:02:50.120 --> 00:02:53.366 como a maioría dos opositores da marihuana medicinal nos farían crer. 00:02:53.570 --> 00:02:55.970 Non obstante, son riscos reais. 00:02:56.440 --> 00:02:58.896 Pero foi a terceira sorpresa a máis... 00:02:58.920 --> 00:03:00.116 sorprendente. 00:03:00.400 --> 00:03:03.416 Moitos dos pacientes cos que falei 00:03:03.440 --> 00:03:06.136 recorreran á marihuana medicinal en busca de axuda. 00:03:06.160 --> 00:03:09.040 Non recorreran a ela polos seus beneficios 00:03:09.040 --> 00:03:11.206 ou o equilibrio entre riscos e beneficios 00:03:11.206 --> 00:03:13.626 ou porque pensaran que era unha droga marabillosa. 00:03:13.660 --> 00:03:16.856 Senón porque lles daba control sobre a súa enfermidade. 00:03:17.320 --> 00:03:19.496 Permítelles xestionar a súa saúde 00:03:19.520 --> 00:03:25.156 de forma produtiva, eficiente e cómoda para eles. 00:03:25.960 --> 00:03:28.160 Para amosárllelo falareilles doutra paciente. 00:03:28.190 --> 00:03:31.376 Robin tiña sobre 40 anos cando a coñecín. 00:03:31.400 --> 00:03:34.426 Pero semellaba que tiña máis de 60. 00:03:34.800 --> 00:03:38.056 Sufrira de artrite reumatoide durante os últimos 20 anos. 00:03:38.080 --> 00:03:40.496 Tiña as mans tortas pola artrite. 00:03:40.520 --> 00:03:42.256 A columna vertebral encurvada. 00:03:42.280 --> 00:03:44.506 Dependía da cadeira de rodas para desprazarse. 00:03:44.920 --> 00:03:46.536 Víase débil e fráxil. 00:03:46.560 --> 00:03:48.696 E supoño que fisicamente o era. 00:03:48.840 --> 00:03:51.656 Mais emocionalmente, cognitivamente e psicoloxicamente 00:03:51.840 --> 00:03:55.390 era unha das persoas máis fortes que xamais coñecín. 00:03:56.240 --> 00:03:57.736 Cando sentei ao seu lado 00:03:57.760 --> 00:04:00.416 nun dispensario de marihuana medicinal en California 00:04:00.440 --> 00:04:03.856 para preguntarlle por que recorrera á marihuana medicinal, 00:04:03.880 --> 00:04:06.566 que fixera por ela e como lle axudara, 00:04:06.880 --> 00:04:08.616 comezou contándome cousas 00:04:08.640 --> 00:04:10.726 que xa lles escoitara a moitos pacientes. 00:04:10.726 --> 00:04:12.656 Axudoulle coa ansiedade. 00:04:12.680 --> 00:04:14.056 Axudoulle coa dor. 00:04:14.080 --> 00:04:16.029 Cando a dor mingua dorme mellor. 00:04:16.029 --> 00:04:17.339 Todo iso xa o escoitara. 00:04:17.339 --> 00:04:19.646 Pero logo dixo algo que nunca escoitara antes: 00:04:20.320 --> 00:04:24.096 que lle dera control sobre a súa vida 00:04:24.120 --> 00:04:25.566 e sobre a súa saúde. 00:04:25.840 --> 00:04:27.936 Podía consumila cando quixera, 00:04:27.960 --> 00:04:29.296 como quixera, 00:04:29.400 --> 00:04:31.816 a dose e frecuencia que lle viña mellor. 00:04:31.840 --> 00:04:34.946 E se non lle ía ben podía facer algúns cambios. 00:04:35.240 --> 00:04:36.656 Ela podía decidir. 00:04:36.680 --> 00:04:38.376 O máis importante era 00:04:38.400 --> 00:04:40.656 que non precisaba o permiso de ninguén 00:04:41.080 --> 00:04:43.696 nin unha cita médica, nin unha receita 00:04:43.720 --> 00:04:45.256 nin un pedido do farmacéutico. 00:04:45.280 --> 00:04:47.176 Era ela a que decidía. 00:04:47.200 --> 00:04:49.000 Era ela quen tiña o control. 00:04:49.800 --> 00:04:52.720 E se iso parece pouco para alguén con unha doenza crónica 00:04:52.720 --> 00:04:54.470 non o é en absoluto. 00:04:55.150 --> 00:04:57.456 Cando nos enfrontamos a unha doenza crónica 00:04:57.480 --> 00:05:00.876 sexa artrite reumatoide, lupus, cancro, 00:05:00.940 --> 00:05:03.766 diabetes ou cirrose 00:05:04.320 --> 00:05:05.756 perdémo-lo control. 00:05:06.160 --> 00:05:08.640 E decátense de que digo "cando", non "se". 00:05:08.640 --> 00:05:10.750 Porque nalgún momento das nosas vidas 00:05:10.780 --> 00:05:12.583 sufriremos unha doenza crónica seria 00:05:12.583 --> 00:05:14.916 que nos fará perder o control. 00:05:15.116 --> 00:05:17.110 Veremos como as nosas funcións diminúen. 00:05:17.110 --> 00:05:19.500 Algúns verán como a cognición diminúe. 00:05:19.500 --> 00:05:22.056 Non poderemos coidarnos a nós mesmos. 00:05:22.080 --> 00:05:24.336 Facer as cousas que queiramos. 00:05:24.360 --> 00:05:26.146 Os nosos corpos traizoarannos 00:05:26.480 --> 00:05:28.896 e nese proceso, perderémo-lo control. 00:05:29.080 --> 00:05:30.706 E iso mete medo. 00:05:31.000 --> 00:05:33.136 Non so mete medo, senón que é temible. 00:05:33.160 --> 00:05:34.436 É aterrador. 00:05:34.760 --> 00:05:37.416 Cando falo cos meus pacientes de coidados paliativos, 00:05:37.440 --> 00:05:41.136 moitos dos cales se enfrontan a doenzas que acabaran coas súas vidas, 00:05:41.360 --> 00:05:43.416 teñen moito que temer: 00:05:43.440 --> 00:05:46.830 dores, náuseas, vómitos, estrinximento, canseira, 00:05:46.830 --> 00:05:48.376 a súa inminente mortalidade. 00:05:48.400 --> 00:05:50.976 Pero o que os aterra máis que nada 00:05:51.000 --> 00:05:53.176 é a posibilidade de que nalgún momento, 00:05:53.200 --> 00:05:55.376 ben sexa mañá ou dentro dun mes, 00:05:55.400 --> 00:05:58.536 van perder o control sobre a súa saúde, 00:05:58.560 --> 00:06:00.176 a súa vida, 00:06:00.200 --> 00:06:01.576 a súa atención sanitaria, 00:06:01.600 --> 00:06:04.096 e volveranse dependentes doutra persoa, 00:06:04.120 --> 00:06:06.000 e iso é aterrador. 00:06:06.720 --> 00:06:10.256 Por iso non é sorprendente que pacientes como Robin, 00:06:10.280 --> 00:06:11.956 da que lles acabo de falar, 00:06:12.170 --> 00:06:13.736 e a quen coñecín nesa clínica, 00:06:13.760 --> 00:06:15.296 recorrera á marihuana medicinal 00:06:15.320 --> 00:06:18.356 para tentar recuperar un pouco de control. 00:06:18.800 --> 00:06:20.056 Pero como o fan? 00:06:20.080 --> 00:06:22.736 Como estes dispensarios de marihuana medicinal 00:06:22.760 --> 00:06:24.736 como aquel en que coñecín a Robin, 00:06:24.760 --> 00:06:28.070 lles devolven aos pacientes coma ela 00:06:28.190 --> 00:06:31.060 o tipo de control que precisan? 00:06:31.250 --> 00:06:32.776 E como o fan 00:06:32.800 --> 00:06:36.856 dunha forma na que hospitais e clínicas convencionais 00:06:36.880 --> 00:06:39.006 polo menos para Robin, non foron capaces? 00:06:39.240 --> 00:06:41.056 Cal é o seu segredo? 00:06:41.080 --> 00:06:43.066 Decidín achalo. 00:06:43.760 --> 00:06:47.896 Fun a unha clínica con mala fama en Venice Beach, California 00:06:47.920 --> 00:06:49.416 e conseguín unha recomendación 00:06:49.416 --> 00:06:52.480 que me permitiría ser un paciente de marihuana medicinal. 00:06:52.660 --> 00:06:54.500 Conseguín unha carta de recomendación 00:06:54.500 --> 00:06:56.840 que me permitiría comprar marihuana medicinal. 00:06:56.840 --> 00:06:58.656 Conseguina de forma ilegal 00:06:58.680 --> 00:07:00.736 porque non son residente en California. 00:07:00.760 --> 00:07:01.976 Debería mencionalo. 00:07:02.000 --> 00:07:03.736 Tamén debo facer constar 00:07:03.760 --> 00:07:06.736 que nunca a usei para facer unha compra. 00:07:07.320 --> 00:07:10.016 E a todos os axentes da DEA que andan por aí... 00:07:10.040 --> 00:07:10.980 (Risos) 00:07:10.980 --> 00:07:12.490 adoro o traballo que fan. 00:07:12.490 --> 00:07:13.906 Sigan así. 00:07:13.950 --> 00:07:15.136 (Risos) 00:07:15.160 --> 00:07:17.319 Aínda que non me permitira facer unha compra 00:07:18.440 --> 00:07:22.296 esa carta era valiosísima porque me permitía ser un paciente. 00:07:22.320 --> 00:07:26.306 Permitíame pórme na pel de pacientes coma Robin 00:07:26.560 --> 00:07:29.136 cando van a un dispensario de marihuana medicinal. 00:07:29.600 --> 00:07:31.016 E o que experimentei, 00:07:31.040 --> 00:07:33.256 o que eles experimentan cada día, 00:07:33.280 --> 00:07:36.226 centos de miles de persoas coma Robin 00:07:36.760 --> 00:07:38.636 foi asombroso. 00:07:39.000 --> 00:07:40.256 Entrei na clínica 00:07:40.280 --> 00:07:43.936 e dende o momento en que entrei en moitas desas clínicas e dispensarios 00:07:43.960 --> 00:07:46.536 sentín que ese dispensario, esa clínica 00:07:46.560 --> 00:07:48.200 estaba aí para min. 00:07:48.880 --> 00:07:51.776 Ao comezo había preguntas sobre quen era, 00:07:51.800 --> 00:07:53.656 cal era o meu traballo, 00:07:53.680 --> 00:07:55.290 con que fins buscaba 00:07:55.290 --> 00:07:57.760 receitas de marihuana medicinal, 00:07:57.760 --> 00:08:00.146 ou produtos, 00:08:00.410 --> 00:08:02.976 cales eran os meus obxectivos, as miñas preferencias, 00:08:03.000 --> 00:08:04.516 cales eran as miñas esperanzas, 00:08:04.516 --> 00:08:06.936 como pensaba ou esperaba que me ía axudar, 00:08:06.960 --> 00:08:08.576 que temía... 00:08:08.600 --> 00:08:10.176 Este é o tipo de preguntas 00:08:10.200 --> 00:08:12.656 que pacientes coma Robin reciben todo o tempo. 00:08:12.680 --> 00:08:15.616 Este é o tipo de preguntas que me fan confiar en que 00:08:15.640 --> 00:08:19.296 a persoa coa que estou falando pensa nos meus mellores intereses 00:08:19.320 --> 00:08:21.000 e quere coñecerme. 00:08:22.200 --> 00:08:24.306 A segunda cousa que aprendín nestas clínicas 00:08:24.920 --> 00:08:27.096 é a dispoñibilidade da educación. 00:08:27.120 --> 00:08:29.936 Educación das persoas ao outro lado do mostrador. 00:08:29.960 --> 00:08:32.996 Pero tamén das persoas na sala de espera. 00:08:33.200 --> 00:08:36.736 Coñecín persoas que estaban encantadas, cando eu sentaba á súa beira, 00:08:36.760 --> 00:08:38.015 xente coma Robin, 00:08:38.039 --> 00:08:41.816 de contarme quen eran e por que consumían marihuana medicinal, 00:08:41.840 --> 00:08:44.056 en que lles axudaba e como, 00:08:44.080 --> 00:08:46.016 e de darme consellos e suxestións. 00:08:46.040 --> 00:08:49.020 Esas salas de espera son coma unha colmea 00:08:49.020 --> 00:08:51.730 de interacción, consello e apoio. 00:08:52.610 --> 00:08:54.896 E o terceiro, a xente de detrás do mostrador. 00:08:54.920 --> 00:08:58.296 Estaba asombrado por como esa xente estaba disposta 00:08:58.320 --> 00:09:02.856 a estar unha hora ou máis explicando os matices 00:09:02.880 --> 00:09:04.936 entre distintas cepas, 00:09:04.960 --> 00:09:06.656 entre fumala e vaporizala, 00:09:06.680 --> 00:09:08.416 entre comestibles e tinturas. 00:09:08.440 --> 00:09:12.200 E recorden, todo isto sen eu ter intención de facer compra ningunha. 00:09:13.240 --> 00:09:17.056 Pensen na última vez que foron a un hospital ou clínica 00:09:17.080 --> 00:09:21.950 e alguén estivo unha hora explicándolles ese tipo de cousas. 00:09:22.680 --> 00:09:24.740 O feito de que pacientes coma Robin 00:09:24.790 --> 00:09:27.710 vaian a estas clínicas e dispensarios 00:09:27.710 --> 00:09:30.686 e reciban este tipo de atención personalizada 00:09:30.880 --> 00:09:32.616 e educación e servizo 00:09:32.760 --> 00:09:36.016 debería ser unha chamada de atención para o sistema sanitario. 00:09:36.200 --> 00:09:39.176 Xente coma Robin está rexeitando a medicina convencional, 00:09:39.200 --> 00:09:41.536 e acudindo a dispensarios de marihuana medicinal 00:09:41.560 --> 00:09:45.320 porque estes ofrécenlles o que precisan. 00:09:46.440 --> 00:09:49.016 Se é unha chamada de atención para o sistema sanitario, 00:09:49.040 --> 00:09:52.816 é unha chamada que moitos dos meus compañeiros non escoitan 00:09:52.840 --> 00:09:54.560 ou non queren escoitar. 00:09:55.150 --> 00:09:58.016 Cando falo cos meus compañeiros, en particular con doutores, 00:09:58.016 --> 00:09:59.946 sobre marihuana medicinal din: 00:09:59.946 --> 00:10:01.920 "Precisamos máis probas. 00:10:01.920 --> 00:10:04.090 Precisamos máis estudos sobre os beneficios 00:10:04.090 --> 00:10:05.890 e máis probas sobre os riscos". 00:10:06.600 --> 00:10:08.270 E saben que? Teñen razón. 00:10:08.270 --> 00:10:09.450 Toda a razón. 00:10:09.450 --> 00:10:11.260 Si que precisamos moitas máis probas 00:10:11.260 --> 00:10:13.710 sobre os beneficios da marihuana medicinal. 00:10:13.960 --> 00:10:19.336 Tamén debemos pedirlle ao goberno federal que modifique as restricións da marihuana 00:10:19.360 --> 00:10:22.920 para facer posible ese estudo. 00:10:23.760 --> 00:10:27.270 Tamén precisamos máis estudos sobre os riscos da marihuana medicinal. 00:10:27.270 --> 00:10:28.966 Os riscos da marihuana medicinal... 00:10:28.966 --> 00:10:31.216 Sabemos moito sobre os do uso recreativo 00:10:31.240 --> 00:10:34.136 pero non sabemos nada sobre os da marihuana medicinal. 00:10:34.160 --> 00:10:36.546 Por iso precisamos investigar, 00:10:36.760 --> 00:10:39.096 pero dicir que precisamos investigar 00:10:39.120 --> 00:10:42.176 e non dicir que precisamos facer cambios agora 00:10:42.200 --> 00:10:44.136 non ten sentido ningún. 00:10:44.160 --> 00:10:46.710 Xente coma Robin non busca marihuana medicinal 00:10:46.710 --> 00:10:48.676 porque a consideren unha droga marabillosa 00:10:48.676 --> 00:10:51.116 ou porque pensen que non ten ningún risco. 00:10:51.400 --> 00:10:53.900 Búscana porque o contorno 00:10:53.900 --> 00:10:56.996 no que se vende, administra ou usa 00:10:57.320 --> 00:11:00.476 dálles o control que precisan sobre as súas vidas. 00:11:00.880 --> 00:11:03.920 E esa é unha chamada de atención á que lle temos que facer caso. 00:11:05.040 --> 00:11:08.776 O bo é que hai leccións que hoxe podemos aprender 00:11:08.800 --> 00:11:11.486 dos dispensarios de marihuana medicinal. 00:11:11.800 --> 00:11:14.066 E son leccións que deberiamos aprender. 00:11:14.086 --> 00:11:16.696 Estes son normalmente pequenos negocios familiares 00:11:16.720 --> 00:11:18.940 xestionados por xente sen formación médica. 00:11:18.940 --> 00:11:21.776 E aínda que é vergoñento pensar 00:11:21.800 --> 00:11:25.856 que moitas destas clínicas e dispensarios están ofrecendo servizos e apoio 00:11:25.880 --> 00:11:28.256 e cubrindo as necesidades dos pacientes 00:11:28.280 --> 00:11:32.026 dun xeito que os millonarios sistemas sanitarios non fan 00:11:32.320 --> 00:11:34.016 --debería darnos vergoña--, 00:11:34.040 --> 00:11:35.936 tamén podemos aprender diso. 00:11:35.960 --> 00:11:38.096 E hai polo menos tres leccións 00:11:38.120 --> 00:11:40.580 que podemos aprender deses pequenos dispensarios. 00:11:40.840 --> 00:11:44.496 Unha: precisamos atopar formas de darlles máis control aos pacientes 00:11:44.520 --> 00:11:46.536 en cousas pequenas pero importantes. 00:11:46.560 --> 00:11:48.616 Como conversar con profesionais médicos, 00:11:48.640 --> 00:11:50.816 cando conversar con eles, 00:11:50.840 --> 00:11:54.276 como usar os medicamentos de forma que funcionen para eles. 00:11:54.420 --> 00:11:55.500 No meu caso 00:11:55.500 --> 00:11:58.286 volvinme moito máis creativo e flexible 00:11:58.300 --> 00:12:00.260 apoiando aos meus pacientes para que usen 00:12:00.260 --> 00:12:01.756 os medicamentos de forma segura 00:12:01.756 --> 00:12:03.106 para xestionar os síntomas 00:12:03.106 --> 00:12:04.536 pondo énfase na seguridade. 00:12:04.560 --> 00:12:08.930 Moitos dos medicamentos que prescribo son opioides ou benzodiacepinas 00:12:08.930 --> 00:12:11.686 que poden ser perigosos se se consomen en exceso. 00:12:11.840 --> 00:12:13.056 Mais esta é a cuestión. 00:12:13.080 --> 00:12:15.136 Poden ser perigosos se se usan en exceso, 00:12:15.160 --> 00:12:18.056 pero poden ser ineficaces se non se usan de xeito consistente 00:12:18.080 --> 00:12:20.636 co que os pacientes queren e precisan. 00:12:20.760 --> 00:12:23.716 Polo que esa flexibilidade, se se ofrece de forma segura 00:12:24.000 --> 00:12:26.886 pode ser moi valiosa para os pacientes e as súas familias. 00:12:27.120 --> 00:12:27.976 Esa é a número un. 00:12:28.360 --> 00:12:30.036 Número dous: educación. 00:12:30.400 --> 00:12:31.616 Grandes oportunidades 00:12:31.640 --> 00:12:35.096 para aprender algúns trucos deses dispensarios de marihuana 00:12:35.120 --> 00:12:36.496 para ofrecer máis formación 00:12:36.520 --> 00:12:39.256 que pode non requirirlle a un médico moito máis tempo, 00:12:39.280 --> 00:12:40.766 ou ningún, 00:12:41.040 --> 00:12:45.416 senón oportunidades para aprender sobre que medicamentos usan 00:12:45.440 --> 00:12:46.656 e por que, 00:12:46.680 --> 00:12:48.570 prognoses, traxectoria da doenza, 00:12:48.570 --> 00:12:49.710 e o máis importante, 00:12:49.710 --> 00:12:52.396 oportunidades para os pacientes de aprender uns doutros. 00:12:52.760 --> 00:12:54.696 Como podemos imitar o que pasa 00:12:54.720 --> 00:12:58.136 nas salas de espera desas clínicas ou dispensarios médicos? 00:12:58.160 --> 00:13:01.490 Como os pacientes aprenden uns doutros, como a xente comparte. 00:13:02.480 --> 00:13:03.856 E por último, 00:13:03.880 --> 00:13:07.706 pór aos pacientes primeiro, igual que fan os dispensarios. 00:13:07.960 --> 00:13:12.776 Facer que os pacientes sintan de verdade que o que eles queren, 00:13:12.800 --> 00:13:14.056 o que precisan 00:13:14.080 --> 00:13:16.926 é a razón pola que estamos aquí como profesionais médicos. 00:13:17.640 --> 00:13:21.750 Preguntarlles sobre as súas esperanzas, temores, metas e preferencias. 00:13:21.750 --> 00:13:23.586 Como provedor de coidados paliativos 00:13:23.586 --> 00:13:26.880 pregúntolles a todos os meus pacientes que esperan e que temen. 00:13:27.560 --> 00:13:28.750 Pero esta é a cuestión: 00:13:28.750 --> 00:13:32.336 Eles non deberían ter que esperar ata sufriren unha doenza crónica, 00:13:32.360 --> 00:13:34.176 a miúdo ao final das súas vidas. 00:13:34.200 --> 00:13:38.196 Non deberían ter que esperar a ver un doutor coma min 00:13:38.520 --> 00:13:40.256 antes de que alguén lles pregunte: 00:13:40.280 --> 00:13:42.646 "Cales son as súas esperanzas? E os seus temores?" 00:13:42.840 --> 00:13:46.240 Debería ir implícito na forma na que se ofrece o servizo sanitario. 00:13:47.720 --> 00:13:49.176 Podemos facelo. 00:13:49.200 --> 00:13:50.416 De verdade que si. 00:13:50.440 --> 00:13:53.816 Os dispensarios e clínicas de marihuana de todo o país 00:13:53.840 --> 00:13:55.376 están logrando resolvelo. 00:13:55.640 --> 00:13:56.850 Están logrando resolvelo 00:13:56.856 --> 00:14:00.130 mentres os sistemas sanitarios máis grandes e convencionais 00:14:00.130 --> 00:14:02.250 se están quedando anos atrás. 00:14:02.250 --> 00:14:03.810 Pero podemos aprender deles 00:14:03.810 --> 00:14:05.400 e temos que facelo. 00:14:05.400 --> 00:14:07.526 Só temos que tragar o orgullo 00:14:07.760 --> 00:14:09.350 e deixar de pensar por un minuto 00:14:09.350 --> 00:14:11.936 que como temos moitas letras detrás do noso nome, 00:14:11.960 --> 00:14:13.216 somos expertos, 00:14:13.240 --> 00:14:16.156 ou somos directores médicos dun gran sistema sanitario 00:14:16.400 --> 00:14:20.136 xa o sabemos todo sobre como cubrir as necesidades dos pacientes. 00:14:20.600 --> 00:14:22.016 Debemos tragar o orgullo. 00:14:22.040 --> 00:14:25.096 Temos que visitar algúns dispensarios de marihuana medicinal. 00:14:25.100 --> 00:14:27.096 Temos que comprender o que fan. 00:14:27.280 --> 00:14:29.846 Temos que descubrir por que moitos pacientes coma Robin 00:14:29.846 --> 00:14:31.896 abandonan as clínicas convencionais 00:14:31.920 --> 00:14:35.056 e acoden aos dispensarios de marihuana medicinal. 00:14:35.320 --> 00:14:37.416 Temos que descubrir cales son os seus trucos 00:14:37.440 --> 00:14:38.696 e as súas ferramentas 00:14:38.720 --> 00:14:40.526 e precisamos aprender deles. 00:14:40.880 --> 00:14:41.876 Se o facemos, 00:14:42.160 --> 00:14:44.946 e penso que podemos, e por suposto penso que debemos, 00:14:45.120 --> 00:14:48.520 podemos garantir que todos os pacientes terán unha mellor experiencia. 00:14:49.040 --> 00:14:50.256 Grazas. 00:14:50.280 --> 00:14:53.110 (Aplausos)