1 00:00:01,600 --> 00:00:05,416 Gustaríame contarlles a cousa máis embarazosa 2 00:00:05,440 --> 00:00:07,840 que me pasou nestes anos traballando 3 00:00:07,840 --> 00:00:10,540 como médico de coidados paliativos. 4 00:00:10,840 --> 00:00:12,576 Isto aconteceu hai un par de anos. 5 00:00:12,600 --> 00:00:16,536 Pedíronme que consultara a unha muller que tería sobre uns 70 anos. 6 00:00:16,560 --> 00:00:20,126 Unha profesora de inglés retirada que tiña cancro de páncreas. 7 00:00:20,480 --> 00:00:25,000 Pedíronme que a consultara porque tiña dores, náuseas, vómitos... 8 00:00:25,920 --> 00:00:28,576 Cando fun vela falamos sobre eses síntomas 9 00:00:28,600 --> 00:00:30,496 e durante a consulta 10 00:00:30,520 --> 00:00:33,730 preguntoume se pensaba que a marihuana medicinal 11 00:00:33,730 --> 00:00:35,380 lle podería axudar. 12 00:00:36,460 --> 00:00:38,656 Intentei lembrar todo 13 00:00:38,680 --> 00:00:42,016 o que aprendera na universidade sobre marihuana medicinal. 14 00:00:42,040 --> 00:00:45,750 Non me levou moito xa que non aprendera nada en absoluto. 15 00:00:46,760 --> 00:00:49,616 Polo tanto, díxenlle todo o que sabía: 16 00:00:49,640 --> 00:00:52,796 que a marihuana medicinal non tiña ningún beneficio. 17 00:00:53,120 --> 00:00:57,476 Ela sorriu, asentiu e colleu o bolso que tiña ao lado da cama 18 00:00:57,800 --> 00:01:01,446 e sacou unha morea de ensaios aleatorizados controlados 19 00:01:01,840 --> 00:01:04,495 que mostraban que a marihuana medicinal é beneficiosa 20 00:01:04,519 --> 00:01:08,486 para síntomas como as náuseas, a dor ou a ansiedade. 21 00:01:08,800 --> 00:01:11,596 Ela pasoume eses artigos e dixo: 22 00:01:11,720 --> 00:01:16,000 "Quizais debería ler isto antes de dar unha opinión... 23 00:01:16,880 --> 00:01:18,096 doutor". 24 00:01:18,120 --> 00:01:19,336 (Risos) 25 00:01:19,360 --> 00:01:21,106 E fíxeno. 26 00:01:21,240 --> 00:01:24,736 Esa noite lin os artigos e atopei moitos máis. 27 00:01:24,760 --> 00:01:26,706 Cando volvín vela á mañá seguinte 28 00:01:26,920 --> 00:01:30,656 tiven que admitir que parecía que si que había probas 29 00:01:30,680 --> 00:01:33,666 de que a marihuana pode ofrecer beneficios médicos 30 00:01:34,040 --> 00:01:37,696 e suxerín que se ela estaba realmente interesada 31 00:01:37,720 --> 00:01:39,240 debería probala. 32 00:01:39,800 --> 00:01:41,000 Saben o que dixo? 33 00:01:42,160 --> 00:01:45,600 Esta profesora de inglés retirada de 73 anos? 34 00:01:46,200 --> 00:01:48,616 Dixo: "Xa a probei hai seis meses. 35 00:01:48,640 --> 00:01:50,176 Foi xenial. 36 00:01:50,200 --> 00:01:52,676 Estouna consumindo dende aquela. 37 00:01:52,920 --> 00:01:55,176 É o mellor remedio que descubrín. 38 00:01:55,200 --> 00:01:58,200 Non sei como me levou 73 anos descubrila. 39 00:01:58,200 --> 00:01:59,360 É xenial". 40 00:01:59,360 --> 00:02:00,360 (Risos) 41 00:02:00,360 --> 00:02:02,536 Nese momento decateime 42 00:02:02,560 --> 00:02:05,816 de que precisaba aprender algo sobre a marihuana medicinal 43 00:02:05,840 --> 00:02:08,696 porque a formación que me deran na facultade 44 00:02:08,720 --> 00:02:11,160 non tiña nada que ver coa realidade. 45 00:02:11,960 --> 00:02:15,456 Entón comecei a ler máis artigos e a falar con investigadores. 46 00:02:15,480 --> 00:02:16,896 Comecei a falar con doutores 47 00:02:16,920 --> 00:02:19,520 e o máis importante: comecei a ouvir aos pacientes. 48 00:02:20,360 --> 00:02:23,136 Acabei escribindo un libro sobre esas conversas. 49 00:02:23,160 --> 00:02:26,176 E ese libro centrábase sobre todo en tres sorpresas. 50 00:02:26,280 --> 00:02:28,046 Sorpresas para min, polo menos. 51 00:02:28,280 --> 00:02:29,816 Sobre unha xa falei. 52 00:02:29,840 --> 00:02:32,976 Que realmente hai algúns beneficios na marihuana medicinal. 53 00:02:33,000 --> 00:02:36,536 Pode que eses beneficios non sexan tan grandes nin sorprendentes 54 00:02:36,760 --> 00:02:39,696 como a maioría dos defensores da marihuana medicinal 55 00:02:39,720 --> 00:02:40,936 nos farían crer. 56 00:02:40,960 --> 00:02:42,240 Pero son reais. 57 00:02:42,920 --> 00:02:44,336 Sorpresa número dúas: 58 00:02:44,336 --> 00:02:46,992 a marihuana medicinal ten algúns riscos. 59 00:02:47,080 --> 00:02:50,096 Pode que eses riscos non sexan tan grandes nin aterradores 60 00:02:50,120 --> 00:02:53,366 como a maioría dos opositores da marihuana medicinal nos farían crer. 61 00:02:53,570 --> 00:02:55,970 Non obstante, son riscos reais. 62 00:02:56,440 --> 00:02:58,896 Pero foi a terceira sorpresa a máis... 63 00:02:58,920 --> 00:03:00,116 sorprendente. 64 00:03:00,400 --> 00:03:03,416 Moitos dos pacientes cos que falei 65 00:03:03,440 --> 00:03:06,136 recorreran á marihuana medicinal en busca de axuda. 66 00:03:06,160 --> 00:03:09,040 Non recorreran a ela polos seus beneficios 67 00:03:09,040 --> 00:03:11,206 ou o equilibrio entre riscos e beneficios 68 00:03:11,206 --> 00:03:13,626 ou porque pensaran que era unha droga marabillosa. 69 00:03:13,660 --> 00:03:16,856 Senón porque lles daba control sobre a súa enfermidade. 70 00:03:17,320 --> 00:03:19,496 Permítelles xestionar a súa saúde 71 00:03:19,520 --> 00:03:25,156 de forma produtiva, eficiente e cómoda para eles. 72 00:03:25,960 --> 00:03:28,160 Para amosárllelo falareilles doutra paciente. 73 00:03:28,190 --> 00:03:31,376 Robin tiña sobre 40 anos cando a coñecín. 74 00:03:31,400 --> 00:03:34,426 Pero semellaba que tiña máis de 60. 75 00:03:34,800 --> 00:03:38,056 Sufrira de artrite reumatoide durante os últimos 20 anos. 76 00:03:38,080 --> 00:03:40,496 Tiña as mans tortas pola artrite. 77 00:03:40,520 --> 00:03:42,256 A columna vertebral encurvada. 78 00:03:42,280 --> 00:03:44,506 Dependía da cadeira de rodas para desprazarse. 79 00:03:44,920 --> 00:03:46,536 Víase débil e fráxil. 80 00:03:46,560 --> 00:03:48,696 E supoño que fisicamente o era. 81 00:03:48,840 --> 00:03:51,656 Mais emocionalmente, cognitivamente e psicoloxicamente 82 00:03:51,840 --> 00:03:55,390 era unha das persoas máis fortes que xamais coñecín. 83 00:03:56,240 --> 00:03:57,736 Cando sentei ao seu lado 84 00:03:57,760 --> 00:04:00,416 nun dispensario de marihuana medicinal en California 85 00:04:00,440 --> 00:04:03,856 para preguntarlle por que recorrera á marihuana medicinal, 86 00:04:03,880 --> 00:04:06,566 que fixera por ela e como lle axudara, 87 00:04:06,880 --> 00:04:08,616 comezou contándome cousas 88 00:04:08,640 --> 00:04:10,726 que xa lles escoitara a moitos pacientes. 89 00:04:10,726 --> 00:04:12,656 Axudoulle coa ansiedade. 90 00:04:12,680 --> 00:04:14,056 Axudoulle coa dor. 91 00:04:14,080 --> 00:04:16,029 Cando a dor mingua dorme mellor. 92 00:04:16,029 --> 00:04:17,339 Todo iso xa o escoitara. 93 00:04:17,339 --> 00:04:19,646 Pero logo dixo algo que nunca escoitara antes: 94 00:04:20,320 --> 00:04:24,096 que lle dera control sobre a súa vida 95 00:04:24,120 --> 00:04:25,566 e sobre a súa saúde. 96 00:04:25,840 --> 00:04:27,936 Podía consumila cando quixera, 97 00:04:27,960 --> 00:04:29,296 como quixera, 98 00:04:29,400 --> 00:04:31,816 a dose e frecuencia que lle viña mellor. 99 00:04:31,840 --> 00:04:34,946 E se non lle ía ben podía facer algúns cambios. 100 00:04:35,240 --> 00:04:36,656 Ela podía decidir. 101 00:04:36,680 --> 00:04:38,376 O máis importante era 102 00:04:38,400 --> 00:04:40,656 que non precisaba o permiso de ninguén 103 00:04:41,080 --> 00:04:43,696 nin unha cita médica, nin unha receita 104 00:04:43,720 --> 00:04:45,256 nin un pedido do farmacéutico. 105 00:04:45,280 --> 00:04:47,176 Era ela a que decidía. 106 00:04:47,200 --> 00:04:49,000 Era ela quen tiña o control. 107 00:04:49,800 --> 00:04:52,720 E se iso parece pouco para alguén con unha doenza crónica 108 00:04:52,720 --> 00:04:54,470 non o é en absoluto. 109 00:04:55,150 --> 00:04:57,456 Cando nos enfrontamos a unha doenza crónica 110 00:04:57,480 --> 00:05:00,876 sexa artrite reumatoide, lupus, cancro, 111 00:05:00,940 --> 00:05:03,766 diabetes ou cirrose 112 00:05:04,320 --> 00:05:05,756 perdémo-lo control. 113 00:05:06,160 --> 00:05:08,640 E decátense de que digo "cando", non "se". 114 00:05:08,640 --> 00:05:10,750 Porque nalgún momento das nosas vidas 115 00:05:10,780 --> 00:05:12,583 sufriremos unha doenza crónica seria 116 00:05:12,583 --> 00:05:14,916 que nos fará perder o control. 117 00:05:15,116 --> 00:05:17,110 Veremos como as nosas funcións diminúen. 118 00:05:17,110 --> 00:05:19,500 Algúns verán como a cognición diminúe. 119 00:05:19,500 --> 00:05:22,056 Non poderemos coidarnos a nós mesmos. 120 00:05:22,080 --> 00:05:24,336 Facer as cousas que queiramos. 121 00:05:24,360 --> 00:05:26,146 Os nosos corpos traizoarannos 122 00:05:26,480 --> 00:05:28,896 e nese proceso, perderémo-lo control. 123 00:05:29,080 --> 00:05:30,706 E iso mete medo. 124 00:05:31,000 --> 00:05:33,136 Non so mete medo, senón que é temible. 125 00:05:33,160 --> 00:05:34,436 É aterrador. 126 00:05:34,760 --> 00:05:37,416 Cando falo cos meus pacientes de coidados paliativos, 127 00:05:37,440 --> 00:05:41,136 moitos dos cales se enfrontan a doenzas que acabaran coas súas vidas, 128 00:05:41,360 --> 00:05:43,416 teñen moito que temer: 129 00:05:43,440 --> 00:05:46,830 dores, náuseas, vómitos, estrinximento, canseira, 130 00:05:46,830 --> 00:05:48,376 a súa inminente mortalidade. 131 00:05:48,400 --> 00:05:50,976 Pero o que os aterra máis que nada 132 00:05:51,000 --> 00:05:53,176 é a posibilidade de que nalgún momento, 133 00:05:53,200 --> 00:05:55,376 ben sexa mañá ou dentro dun mes, 134 00:05:55,400 --> 00:05:58,536 van perder o control sobre a súa saúde, 135 00:05:58,560 --> 00:06:00,176 a súa vida, 136 00:06:00,200 --> 00:06:01,576 a súa atención sanitaria, 137 00:06:01,600 --> 00:06:04,096 e volveranse dependentes doutra persoa, 138 00:06:04,120 --> 00:06:06,000 e iso é aterrador. 139 00:06:06,720 --> 00:06:10,256 Por iso non é sorprendente que pacientes como Robin, 140 00:06:10,280 --> 00:06:11,956 da que lles acabo de falar, 141 00:06:12,170 --> 00:06:13,736 e a quen coñecín nesa clínica, 142 00:06:13,760 --> 00:06:15,296 recorrera á marihuana medicinal 143 00:06:15,320 --> 00:06:18,356 para tentar recuperar un pouco de control. 144 00:06:18,800 --> 00:06:20,056 Pero como o fan? 145 00:06:20,080 --> 00:06:22,736 Como estes dispensarios de marihuana medicinal 146 00:06:22,760 --> 00:06:24,736 como aquel en que coñecín a Robin, 147 00:06:24,760 --> 00:06:28,070 lles devolven aos pacientes coma ela 148 00:06:28,190 --> 00:06:31,060 o tipo de control que precisan? 149 00:06:31,250 --> 00:06:32,776 E como o fan 150 00:06:32,800 --> 00:06:36,856 dunha forma na que hospitais e clínicas convencionais 151 00:06:36,880 --> 00:06:39,006 polo menos para Robin, non foron capaces? 152 00:06:39,240 --> 00:06:41,056 Cal é o seu segredo? 153 00:06:41,080 --> 00:06:43,066 Decidín achalo. 154 00:06:43,760 --> 00:06:47,896 Fun a unha clínica con mala fama en Venice Beach, California 155 00:06:47,920 --> 00:06:49,416 e conseguín unha recomendación 156 00:06:49,416 --> 00:06:52,480 que me permitiría ser un paciente de marihuana medicinal. 157 00:06:52,660 --> 00:06:54,500 Conseguín unha carta de recomendación 158 00:06:54,500 --> 00:06:56,840 que me permitiría comprar marihuana medicinal. 159 00:06:56,840 --> 00:06:58,656 Conseguina de forma ilegal 160 00:06:58,680 --> 00:07:00,736 porque non son residente en California. 161 00:07:00,760 --> 00:07:01,976 Debería mencionalo. 162 00:07:02,000 --> 00:07:03,736 Tamén debo facer constar 163 00:07:03,760 --> 00:07:06,736 que nunca a usei para facer unha compra. 164 00:07:07,320 --> 00:07:10,016 E a todos os axentes da DEA que andan por aí... 165 00:07:10,040 --> 00:07:10,980 (Risos) 166 00:07:10,980 --> 00:07:12,490 adoro o traballo que fan. 167 00:07:12,490 --> 00:07:13,906 Sigan así. 168 00:07:13,950 --> 00:07:15,136 (Risos) 169 00:07:15,160 --> 00:07:17,319 Aínda que non me permitira facer unha compra 170 00:07:18,440 --> 00:07:22,296 esa carta era valiosísima porque me permitía ser un paciente. 171 00:07:22,320 --> 00:07:26,306 Permitíame pórme na pel de pacientes coma Robin 172 00:07:26,560 --> 00:07:29,136 cando van a un dispensario de marihuana medicinal. 173 00:07:29,600 --> 00:07:31,016 E o que experimentei, 174 00:07:31,040 --> 00:07:33,256 o que eles experimentan cada día, 175 00:07:33,280 --> 00:07:36,226 centos de miles de persoas coma Robin 176 00:07:36,760 --> 00:07:38,636 foi asombroso. 177 00:07:39,000 --> 00:07:40,256 Entrei na clínica 178 00:07:40,280 --> 00:07:43,936 e dende o momento en que entrei en moitas desas clínicas e dispensarios 179 00:07:43,960 --> 00:07:46,536 sentín que ese dispensario, esa clínica 180 00:07:46,560 --> 00:07:48,200 estaba aí para min. 181 00:07:48,880 --> 00:07:51,776 Ao comezo había preguntas sobre quen era, 182 00:07:51,800 --> 00:07:53,656 cal era o meu traballo, 183 00:07:53,680 --> 00:07:55,290 con que fins buscaba 184 00:07:55,290 --> 00:07:57,760 receitas de marihuana medicinal, 185 00:07:57,760 --> 00:08:00,146 ou produtos, 186 00:08:00,410 --> 00:08:02,976 cales eran os meus obxectivos, as miñas preferencias, 187 00:08:03,000 --> 00:08:04,516 cales eran as miñas esperanzas, 188 00:08:04,516 --> 00:08:06,936 como pensaba ou esperaba que me ía axudar, 189 00:08:06,960 --> 00:08:08,576 que temía... 190 00:08:08,600 --> 00:08:10,176 Este é o tipo de preguntas 191 00:08:10,200 --> 00:08:12,656 que pacientes coma Robin reciben todo o tempo. 192 00:08:12,680 --> 00:08:15,616 Este é o tipo de preguntas que me fan confiar en que 193 00:08:15,640 --> 00:08:19,296 a persoa coa que estou falando pensa nos meus mellores intereses 194 00:08:19,320 --> 00:08:21,000 e quere coñecerme. 195 00:08:22,200 --> 00:08:24,306 A segunda cousa que aprendín nestas clínicas 196 00:08:24,920 --> 00:08:27,096 é a dispoñibilidade da educación. 197 00:08:27,120 --> 00:08:29,936 Educación das persoas ao outro lado do mostrador. 198 00:08:29,960 --> 00:08:32,996 Pero tamén das persoas na sala de espera. 199 00:08:33,200 --> 00:08:36,736 Coñecín persoas que estaban encantadas, cando eu sentaba á súa beira, 200 00:08:36,760 --> 00:08:38,015 xente coma Robin, 201 00:08:38,039 --> 00:08:41,816 de contarme quen eran e por que consumían marihuana medicinal, 202 00:08:41,840 --> 00:08:44,056 en que lles axudaba e como, 203 00:08:44,080 --> 00:08:46,016 e de darme consellos e suxestións. 204 00:08:46,040 --> 00:08:49,020 Esas salas de espera son coma unha colmea 205 00:08:49,020 --> 00:08:51,730 de interacción, consello e apoio. 206 00:08:52,610 --> 00:08:54,896 E o terceiro, a xente de detrás do mostrador. 207 00:08:54,920 --> 00:08:58,296 Estaba asombrado por como esa xente estaba disposta 208 00:08:58,320 --> 00:09:02,856 a estar unha hora ou máis explicando os matices 209 00:09:02,880 --> 00:09:04,936 entre distintas cepas, 210 00:09:04,960 --> 00:09:06,656 entre fumala e vaporizala, 211 00:09:06,680 --> 00:09:08,416 entre comestibles e tinturas. 212 00:09:08,440 --> 00:09:12,200 E recorden, todo isto sen eu ter intención de facer compra ningunha. 213 00:09:13,240 --> 00:09:17,056 Pensen na última vez que foron a un hospital ou clínica 214 00:09:17,080 --> 00:09:21,950 e alguén estivo unha hora explicándolles ese tipo de cousas. 215 00:09:22,680 --> 00:09:24,740 O feito de que pacientes coma Robin 216 00:09:24,790 --> 00:09:27,710 vaian a estas clínicas e dispensarios 217 00:09:27,710 --> 00:09:30,686 e reciban este tipo de atención personalizada 218 00:09:30,880 --> 00:09:32,616 e educación e servizo 219 00:09:32,760 --> 00:09:36,016 debería ser unha chamada de atención para o sistema sanitario. 220 00:09:36,200 --> 00:09:39,176 Xente coma Robin está rexeitando a medicina convencional, 221 00:09:39,200 --> 00:09:41,536 e acudindo a dispensarios de marihuana medicinal 222 00:09:41,560 --> 00:09:45,320 porque estes ofrécenlles o que precisan. 223 00:09:46,440 --> 00:09:49,016 Se é unha chamada de atención para o sistema sanitario, 224 00:09:49,040 --> 00:09:52,816 é unha chamada que moitos dos meus compañeiros non escoitan 225 00:09:52,840 --> 00:09:54,560 ou non queren escoitar. 226 00:09:55,150 --> 00:09:58,016 Cando falo cos meus compañeiros, en particular con doutores, 227 00:09:58,016 --> 00:09:59,946 sobre marihuana medicinal din: 228 00:09:59,946 --> 00:10:01,920 "Precisamos máis probas. 229 00:10:01,920 --> 00:10:04,090 Precisamos máis estudos sobre os beneficios 230 00:10:04,090 --> 00:10:05,890 e máis probas sobre os riscos". 231 00:10:06,600 --> 00:10:08,270 E saben que? Teñen razón. 232 00:10:08,270 --> 00:10:09,450 Toda a razón. 233 00:10:09,450 --> 00:10:11,260 Si que precisamos moitas máis probas 234 00:10:11,260 --> 00:10:13,710 sobre os beneficios da marihuana medicinal. 235 00:10:13,960 --> 00:10:19,336 Tamén debemos pedirlle ao goberno federal que modifique as restricións da marihuana 236 00:10:19,360 --> 00:10:22,920 para facer posible ese estudo. 237 00:10:23,760 --> 00:10:27,270 Tamén precisamos máis estudos sobre os riscos da marihuana medicinal. 238 00:10:27,270 --> 00:10:28,966 Os riscos da marihuana medicinal... 239 00:10:28,966 --> 00:10:31,216 Sabemos moito sobre os do uso recreativo 240 00:10:31,240 --> 00:10:34,136 pero non sabemos nada sobre os da marihuana medicinal. 241 00:10:34,160 --> 00:10:36,546 Por iso precisamos investigar, 242 00:10:36,760 --> 00:10:39,096 pero dicir que precisamos investigar 243 00:10:39,120 --> 00:10:42,176 e non dicir que precisamos facer cambios agora 244 00:10:42,200 --> 00:10:44,136 non ten sentido ningún. 245 00:10:44,160 --> 00:10:46,710 Xente coma Robin non busca marihuana medicinal 246 00:10:46,710 --> 00:10:48,676 porque a consideren unha droga marabillosa 247 00:10:48,676 --> 00:10:51,116 ou porque pensen que non ten ningún risco. 248 00:10:51,400 --> 00:10:53,900 Búscana porque o contorno 249 00:10:53,900 --> 00:10:56,996 no que se vende, administra ou usa 250 00:10:57,320 --> 00:11:00,476 dálles o control que precisan sobre as súas vidas. 251 00:11:00,880 --> 00:11:03,920 E esa é unha chamada de atención á que lle temos que facer caso. 252 00:11:05,040 --> 00:11:08,776 O bo é que hai leccións que hoxe podemos aprender 253 00:11:08,800 --> 00:11:11,486 dos dispensarios de marihuana medicinal. 254 00:11:11,800 --> 00:11:14,066 E son leccións que deberiamos aprender. 255 00:11:14,086 --> 00:11:16,696 Estes son normalmente pequenos negocios familiares 256 00:11:16,720 --> 00:11:18,940 xestionados por xente sen formación médica. 257 00:11:18,940 --> 00:11:21,776 E aínda que é vergoñento pensar 258 00:11:21,800 --> 00:11:25,856 que moitas destas clínicas e dispensarios están ofrecendo servizos e apoio 259 00:11:25,880 --> 00:11:28,256 e cubrindo as necesidades dos pacientes 260 00:11:28,280 --> 00:11:32,026 dun xeito que os millonarios sistemas sanitarios non fan 261 00:11:32,320 --> 00:11:34,016 --debería darnos vergoña--, 262 00:11:34,040 --> 00:11:35,936 tamén podemos aprender diso. 263 00:11:35,960 --> 00:11:38,096 E hai polo menos tres leccións 264 00:11:38,120 --> 00:11:40,580 que podemos aprender deses pequenos dispensarios. 265 00:11:40,840 --> 00:11:44,496 Unha: precisamos atopar formas de darlles máis control aos pacientes 266 00:11:44,520 --> 00:11:46,536 en cousas pequenas pero importantes. 267 00:11:46,560 --> 00:11:48,616 Como conversar con profesionais médicos, 268 00:11:48,640 --> 00:11:50,816 cando conversar con eles, 269 00:11:50,840 --> 00:11:54,276 como usar os medicamentos de forma que funcionen para eles. 270 00:11:54,420 --> 00:11:55,500 No meu caso 271 00:11:55,500 --> 00:11:58,286 volvinme moito máis creativo e flexible 272 00:11:58,300 --> 00:12:00,260 apoiando aos meus pacientes para que usen 273 00:12:00,260 --> 00:12:01,756 os medicamentos de forma segura 274 00:12:01,756 --> 00:12:03,106 para xestionar os síntomas 275 00:12:03,106 --> 00:12:04,536 pondo énfase na seguridade. 276 00:12:04,560 --> 00:12:08,930 Moitos dos medicamentos que prescribo son opioides ou benzodiacepinas 277 00:12:08,930 --> 00:12:11,686 que poden ser perigosos se se consomen en exceso. 278 00:12:11,840 --> 00:12:13,056 Mais esta é a cuestión. 279 00:12:13,080 --> 00:12:15,136 Poden ser perigosos se se usan en exceso, 280 00:12:15,160 --> 00:12:18,056 pero poden ser ineficaces se non se usan de xeito consistente 281 00:12:18,080 --> 00:12:20,636 co que os pacientes queren e precisan. 282 00:12:20,760 --> 00:12:23,716 Polo que esa flexibilidade, se se ofrece de forma segura 283 00:12:24,000 --> 00:12:26,886 pode ser moi valiosa para os pacientes e as súas familias. 284 00:12:27,120 --> 00:12:27,976 Esa é a número un. 285 00:12:28,360 --> 00:12:30,036 Número dous: educación. 286 00:12:30,400 --> 00:12:31,616 Grandes oportunidades 287 00:12:31,640 --> 00:12:35,096 para aprender algúns trucos deses dispensarios de marihuana 288 00:12:35,120 --> 00:12:36,496 para ofrecer máis formación 289 00:12:36,520 --> 00:12:39,256 que pode non requirirlle a un médico moito máis tempo, 290 00:12:39,280 --> 00:12:40,766 ou ningún, 291 00:12:41,040 --> 00:12:45,416 senón oportunidades para aprender sobre que medicamentos usan 292 00:12:45,440 --> 00:12:46,656 e por que, 293 00:12:46,680 --> 00:12:48,570 prognoses, traxectoria da doenza, 294 00:12:48,570 --> 00:12:49,710 e o máis importante, 295 00:12:49,710 --> 00:12:52,396 oportunidades para os pacientes de aprender uns doutros. 296 00:12:52,760 --> 00:12:54,696 Como podemos imitar o que pasa 297 00:12:54,720 --> 00:12:58,136 nas salas de espera desas clínicas ou dispensarios médicos? 298 00:12:58,160 --> 00:13:01,490 Como os pacientes aprenden uns doutros, como a xente comparte. 299 00:13:02,480 --> 00:13:03,856 E por último, 300 00:13:03,880 --> 00:13:07,706 pór aos pacientes primeiro, igual que fan os dispensarios. 301 00:13:07,960 --> 00:13:12,776 Facer que os pacientes sintan de verdade que o que eles queren, 302 00:13:12,800 --> 00:13:14,056 o que precisan 303 00:13:14,080 --> 00:13:16,926 é a razón pola que estamos aquí como profesionais médicos. 304 00:13:17,640 --> 00:13:21,750 Preguntarlles sobre as súas esperanzas, temores, metas e preferencias. 305 00:13:21,750 --> 00:13:23,586 Como provedor de coidados paliativos 306 00:13:23,586 --> 00:13:26,880 pregúntolles a todos os meus pacientes que esperan e que temen. 307 00:13:27,560 --> 00:13:28,750 Pero esta é a cuestión: 308 00:13:28,750 --> 00:13:32,336 Eles non deberían ter que esperar ata sufriren unha doenza crónica, 309 00:13:32,360 --> 00:13:34,176 a miúdo ao final das súas vidas. 310 00:13:34,200 --> 00:13:38,196 Non deberían ter que esperar a ver un doutor coma min 311 00:13:38,520 --> 00:13:40,256 antes de que alguén lles pregunte: 312 00:13:40,280 --> 00:13:42,646 "Cales son as súas esperanzas? E os seus temores?" 313 00:13:42,840 --> 00:13:46,240 Debería ir implícito na forma na que se ofrece o servizo sanitario. 314 00:13:47,720 --> 00:13:49,176 Podemos facelo. 315 00:13:49,200 --> 00:13:50,416 De verdade que si. 316 00:13:50,440 --> 00:13:53,816 Os dispensarios e clínicas de marihuana de todo o país 317 00:13:53,840 --> 00:13:55,376 están logrando resolvelo. 318 00:13:55,640 --> 00:13:56,850 Están logrando resolvelo 319 00:13:56,856 --> 00:14:00,130 mentres os sistemas sanitarios máis grandes e convencionais 320 00:14:00,130 --> 00:14:02,250 se están quedando anos atrás. 321 00:14:02,250 --> 00:14:03,810 Pero podemos aprender deles 322 00:14:03,810 --> 00:14:05,400 e temos que facelo. 323 00:14:05,400 --> 00:14:07,526 Só temos que tragar o orgullo 324 00:14:07,760 --> 00:14:09,350 e deixar de pensar por un minuto 325 00:14:09,350 --> 00:14:11,936 que como temos moitas letras detrás do noso nome, 326 00:14:11,960 --> 00:14:13,216 somos expertos, 327 00:14:13,240 --> 00:14:16,156 ou somos directores médicos dun gran sistema sanitario 328 00:14:16,400 --> 00:14:20,136 xa o sabemos todo sobre como cubrir as necesidades dos pacientes. 329 00:14:20,600 --> 00:14:22,016 Debemos tragar o orgullo. 330 00:14:22,040 --> 00:14:25,096 Temos que visitar algúns dispensarios de marihuana medicinal. 331 00:14:25,100 --> 00:14:27,096 Temos que comprender o que fan. 332 00:14:27,280 --> 00:14:29,846 Temos que descubrir por que moitos pacientes coma Robin 333 00:14:29,846 --> 00:14:31,896 abandonan as clínicas convencionais 334 00:14:31,920 --> 00:14:35,056 e acoden aos dispensarios de marihuana medicinal. 335 00:14:35,320 --> 00:14:37,416 Temos que descubrir cales son os seus trucos 336 00:14:37,440 --> 00:14:38,696 e as súas ferramentas 337 00:14:38,720 --> 00:14:40,526 e precisamos aprender deles. 338 00:14:40,880 --> 00:14:41,876 Se o facemos, 339 00:14:42,160 --> 00:14:44,946 e penso que podemos, e por suposto penso que debemos, 340 00:14:45,120 --> 00:14:48,520 podemos garantir que todos os pacientes terán unha mellor experiencia. 341 00:14:49,040 --> 00:14:50,256 Grazas. 342 00:14:50,280 --> 00:14:53,110 (Aplausos)