0:00:01.600,0:00:05.416 Gustaríame contarlles[br]a cousa máis embarazosa 0:00:05.440,0:00:07.840 que me pasou nestes anos traballando 0:00:07.840,0:00:10.540 como médico de coidados paliativos. 0:00:10.840,0:00:12.576 Isto aconteceu hai un par de anos. 0:00:12.600,0:00:16.536 Pedíronme que consultara a unha muller[br]que tería sobre uns 70 anos. 0:00:16.560,0:00:20.126 Unha profesora de inglés retirada[br]que tiña cancro de páncreas. 0:00:20.480,0:00:25.000 Pedíronme que a consultara[br]porque tiña dores, náuseas, vómitos... 0:00:25.920,0:00:28.576 Cando fun vela falamos sobre eses síntomas 0:00:28.600,0:00:30.496 e durante a consulta 0:00:30.520,0:00:33.730 preguntoume se pensaba[br]que a marihuana medicinal 0:00:33.730,0:00:35.380 lle podería axudar. 0:00:36.460,0:00:38.656 Intentei lembrar todo 0:00:38.680,0:00:42.016 o que aprendera na universidade[br]sobre marihuana medicinal. 0:00:42.040,0:00:45.750 Non me levou moito[br]xa que non aprendera nada en absoluto. 0:00:46.760,0:00:49.616 Polo tanto, díxenlle todo o que sabía: 0:00:49.640,0:00:52.796 que a marihuana medicinal[br]non tiña ningún beneficio. 0:00:53.120,0:00:57.476 Ela sorriu, asentiu e colleu o bolso[br]que tiña ao lado da cama 0:00:57.800,0:01:01.446 e sacou unha morea[br]de ensaios aleatorizados controlados 0:01:01.840,0:01:04.495 que mostraban[br]que a marihuana medicinal é beneficiosa 0:01:04.519,0:01:08.486 para síntomas como as náuseas,[br]a dor ou a ansiedade. 0:01:08.800,0:01:11.596 Ela pasoume eses artigos e dixo: 0:01:11.720,0:01:16.000 "Quizais debería ler isto[br]antes de dar unha opinión... 0:01:16.880,0:01:18.096 doutor". 0:01:18.120,0:01:19.336 (Risos) 0:01:19.360,0:01:21.106 E fíxeno. 0:01:21.240,0:01:24.736 Esa noite lin os artigos[br]e atopei moitos máis. 0:01:24.760,0:01:26.706 Cando volvín vela á mañá seguinte 0:01:26.920,0:01:30.656 tiven que admitir que parecía[br]que si que había probas 0:01:30.680,0:01:33.666 de que a marihuana[br]pode ofrecer beneficios médicos 0:01:34.040,0:01:37.696 e suxerín que se ela[br]estaba realmente interesada 0:01:37.720,0:01:39.240 debería probala. 0:01:39.800,0:01:41.000 Saben o que dixo? 0:01:42.160,0:01:45.600 Esta profesora de inglés[br]retirada de 73 anos? 0:01:46.200,0:01:48.616 Dixo: "Xa a probei hai seis meses. 0:01:48.640,0:01:50.176 Foi xenial. 0:01:50.200,0:01:52.676 Estouna consumindo dende aquela. 0:01:52.920,0:01:55.176 É o mellor remedio que descubrín. 0:01:55.200,0:01:58.200 Non sei como me levou 73 anos descubrila. 0:01:58.200,0:01:59.360 É xenial". 0:01:59.360,0:02:00.360 (Risos) 0:02:00.360,0:02:02.536 Nese momento decateime 0:02:02.560,0:02:05.816 de que precisaba aprender algo[br]sobre a marihuana medicinal 0:02:05.840,0:02:08.696 porque a formación[br]que me deran na facultade 0:02:08.720,0:02:11.160 non tiña nada que ver coa realidade. 0:02:11.960,0:02:15.456 Entón comecei a ler máis artigos[br]e a falar con investigadores. 0:02:15.480,0:02:16.896 Comecei a falar con doutores 0:02:16.920,0:02:19.520 e o máis importante:[br]comecei a ouvir aos pacientes. 0:02:20.360,0:02:23.136 Acabei escribindo un libro[br]sobre esas conversas. 0:02:23.160,0:02:26.176 E ese libro centrábase sobre todo[br]en tres sorpresas. 0:02:26.280,0:02:28.046 Sorpresas para min, polo menos. 0:02:28.280,0:02:29.816 Sobre unha xa falei. 0:02:29.840,0:02:32.976 Que realmente hai algúns beneficios[br]na marihuana medicinal. 0:02:33.000,0:02:36.536 Pode que eses beneficios non sexan[br]tan grandes nin sorprendentes 0:02:36.760,0:02:39.696 como a maioría [br]dos defensores da marihuana medicinal 0:02:39.720,0:02:40.936 nos farían crer. 0:02:40.960,0:02:42.240 Pero son reais. 0:02:42.920,0:02:44.336 Sorpresa número dúas: 0:02:44.336,0:02:46.992 a marihuana medicinal ten algúns riscos. 0:02:47.080,0:02:50.096 Pode que eses riscos non sexan[br]tan grandes nin aterradores 0:02:50.120,0:02:53.366 como a maioría dos opositores[br]da marihuana medicinal nos farían crer. 0:02:53.570,0:02:55.970 Non obstante, son riscos reais. 0:02:56.440,0:02:58.896 Pero foi a terceira sorpresa a máis... 0:02:58.920,0:03:00.116 sorprendente. 0:03:00.400,0:03:03.416 Moitos dos pacientes cos que falei 0:03:03.440,0:03:06.136 recorreran á marihuana medicinal[br]en busca de axuda. 0:03:06.160,0:03:09.040 Non recorreran a ela polos seus beneficios 0:03:09.040,0:03:11.206 ou o equilibrio entre riscos e beneficios 0:03:11.206,0:03:13.626 ou porque pensaran [br]que era unha droga marabillosa. 0:03:13.660,0:03:16.856 Senón porque lles daba[br]control sobre a súa enfermidade. 0:03:17.320,0:03:19.496 Permítelles xestionar a súa saúde 0:03:19.520,0:03:25.156 de forma produtiva, eficiente[br]e cómoda para eles. 0:03:25.960,0:03:28.160 Para amosárllelo[br]falareilles doutra paciente. 0:03:28.190,0:03:31.376 Robin tiña sobre 40 anos cando a coñecín. 0:03:31.400,0:03:34.426 Pero semellaba que tiña máis de 60. 0:03:34.800,0:03:38.056 Sufrira de artrite reumatoide[br]durante os últimos 20 anos. 0:03:38.080,0:03:40.496 Tiña as mans tortas pola artrite. 0:03:40.520,0:03:42.256 A columna vertebral encurvada. 0:03:42.280,0:03:44.506 Dependía da cadeira de rodas[br]para desprazarse. 0:03:44.920,0:03:46.536 Víase débil e fráxil. 0:03:46.560,0:03:48.696 E supoño que fisicamente o era. 0:03:48.840,0:03:51.656 Mais emocionalmente,[br]cognitivamente e psicoloxicamente 0:03:51.840,0:03:55.390 era unha das persoas máis fortes[br]que xamais coñecín. 0:03:56.240,0:03:57.736 Cando sentei ao seu lado 0:03:57.760,0:04:00.416 nun dispensario[br]de marihuana medicinal en California 0:04:00.440,0:04:03.856 para preguntarlle[br]por que recorrera á marihuana medicinal, 0:04:03.880,0:04:06.566 que fixera por ela e como lle axudara, 0:04:06.880,0:04:08.616 comezou contándome cousas 0:04:08.640,0:04:10.726 que xa lles escoitara a moitos pacientes. 0:04:10.726,0:04:12.656 Axudoulle coa ansiedade. 0:04:12.680,0:04:14.056 Axudoulle coa dor. 0:04:14.080,0:04:16.029 Cando a dor mingua dorme mellor. 0:04:16.029,0:04:17.339 Todo iso xa o escoitara. 0:04:17.339,0:04:19.646 Pero logo dixo algo[br]que nunca escoitara antes: 0:04:20.320,0:04:24.096 que lle dera control sobre a súa vida 0:04:24.120,0:04:25.566 e sobre a súa saúde. 0:04:25.840,0:04:27.936 Podía consumila cando quixera, 0:04:27.960,0:04:29.296 como quixera, 0:04:29.400,0:04:31.816 a dose e frecuencia que lle viña mellor. 0:04:31.840,0:04:34.946 E se non lle ía ben[br]podía facer algúns cambios. 0:04:35.240,0:04:36.656 Ela podía decidir. 0:04:36.680,0:04:38.376 O máis importante era 0:04:38.400,0:04:40.656 que non precisaba o permiso de ninguén 0:04:41.080,0:04:43.696 nin unha cita médica, nin unha receita 0:04:43.720,0:04:45.256 nin un pedido do farmacéutico. 0:04:45.280,0:04:47.176 Era ela a que decidía. 0:04:47.200,0:04:49.000 Era ela quen tiña o control. 0:04:49.800,0:04:52.720 E se iso parece pouco[br]para alguén con unha doenza crónica 0:04:52.720,0:04:54.470 non o é en absoluto. 0:04:55.150,0:04:57.456 Cando nos enfrontamos[br]a unha doenza crónica 0:04:57.480,0:05:00.876 sexa artrite reumatoide, lupus, cancro, 0:05:00.940,0:05:03.766 diabetes ou cirrose 0:05:04.320,0:05:05.756 perdémo-lo control. 0:05:06.160,0:05:08.640 E decátense de que digo "cando", non "se". 0:05:08.640,0:05:10.750 Porque nalgún momento das nosas vidas 0:05:10.780,0:05:12.583 sufriremos unha doenza crónica seria 0:05:12.583,0:05:14.916 que nos fará perder o control. 0:05:15.116,0:05:17.110 Veremos como as nosas funcións diminúen. 0:05:17.110,0:05:19.500 Algúns verán como a cognición diminúe. 0:05:19.500,0:05:22.056 Non poderemos coidarnos a nós mesmos. 0:05:22.080,0:05:24.336 Facer as cousas que queiramos. 0:05:24.360,0:05:26.146 Os nosos corpos traizoarannos 0:05:26.480,0:05:28.896 e nese proceso, perderémo-lo control. 0:05:29.080,0:05:30.706 E iso mete medo. 0:05:31.000,0:05:33.136 Non so mete medo, senón que é temible. 0:05:33.160,0:05:34.436 É aterrador. 0:05:34.760,0:05:37.416 Cando falo cos meus pacientes[br]de coidados paliativos, 0:05:37.440,0:05:41.136 moitos dos cales se enfrontan a doenzas[br]que acabaran coas súas vidas, 0:05:41.360,0:05:43.416 teñen moito que temer: 0:05:43.440,0:05:46.830 dores, náuseas, vómitos,[br]estrinximento, canseira, 0:05:46.830,0:05:48.376 a súa inminente mortalidade. 0:05:48.400,0:05:50.976 Pero o que os aterra máis que nada 0:05:51.000,0:05:53.176 é a posibilidade de que nalgún momento, 0:05:53.200,0:05:55.376 ben sexa mañá ou dentro dun mes, 0:05:55.400,0:05:58.536 van perder o control sobre a súa saúde, 0:05:58.560,0:06:00.176 a súa vida, 0:06:00.200,0:06:01.576 a súa atención sanitaria, 0:06:01.600,0:06:04.096 e volveranse dependentes doutra persoa, 0:06:04.120,0:06:06.000 e iso é aterrador. 0:06:06.720,0:06:10.256 Por iso non é sorprendente[br]que pacientes como Robin, 0:06:10.280,0:06:11.956 da que lles acabo de falar, 0:06:12.170,0:06:13.736 e a quen coñecín nesa clínica, 0:06:13.760,0:06:15.296 recorrera á marihuana medicinal 0:06:15.320,0:06:18.356 para tentar recuperar un pouco de control. 0:06:18.800,0:06:20.056 Pero como o fan? 0:06:20.080,0:06:22.736 Como estes dispensarios[br]de marihuana medicinal 0:06:22.760,0:06:24.736 como aquel en que coñecín a Robin, 0:06:24.760,0:06:28.070 lles devolven aos pacientes coma ela 0:06:28.190,0:06:31.060 o tipo de control que precisan? 0:06:31.250,0:06:32.776 E como o fan 0:06:32.800,0:06:36.856 dunha forma na que hospitais[br]e clínicas convencionais 0:06:36.880,0:06:39.006 polo menos para Robin, non foron capaces? 0:06:39.240,0:06:41.056 Cal é o seu segredo? 0:06:41.080,0:06:43.066 Decidín achalo. 0:06:43.760,0:06:47.896 Fun a unha clínica con mala fama[br]en Venice Beach, California 0:06:47.920,0:06:49.416 e conseguín unha recomendación 0:06:49.416,0:06:52.480 que me permitiría[br]ser un paciente de marihuana medicinal. 0:06:52.660,0:06:54.500 Conseguín unha carta de recomendación 0:06:54.500,0:06:56.840 que me permitiría comprar[br]marihuana medicinal. 0:06:56.840,0:06:58.656 Conseguina de forma ilegal 0:06:58.680,0:07:00.736 porque non son residente en California. 0:07:00.760,0:07:01.976 Debería mencionalo. 0:07:02.000,0:07:03.736 Tamén debo facer constar 0:07:03.760,0:07:06.736 que nunca a usei para facer unha compra. 0:07:07.320,0:07:10.016 E a todos os axentes da DEA[br]que andan por aí... 0:07:10.040,0:07:10.980 (Risos) 0:07:10.980,0:07:12.490 adoro o traballo que fan. 0:07:12.490,0:07:13.906 Sigan así. 0:07:13.950,0:07:15.136 (Risos) 0:07:15.160,0:07:17.319 Aínda que non me permitira[br]facer unha compra 0:07:18.440,0:07:22.296 esa carta era valiosísima[br]porque me permitía ser un paciente. 0:07:22.320,0:07:26.306 Permitíame pórme na pel[br]de pacientes coma Robin 0:07:26.560,0:07:29.136 cando van a un dispensario[br]de marihuana medicinal. 0:07:29.600,0:07:31.016 E o que experimentei, 0:07:31.040,0:07:33.256 o que eles experimentan cada día, 0:07:33.280,0:07:36.226 centos de miles de persoas coma Robin 0:07:36.760,0:07:38.636 foi asombroso. 0:07:39.000,0:07:40.256 Entrei na clínica 0:07:40.280,0:07:43.936 e dende o momento en que entrei[br]en moitas desas clínicas e dispensarios 0:07:43.960,0:07:46.536 sentín que ese dispensario, esa clínica 0:07:46.560,0:07:48.200 estaba aí para min. 0:07:48.880,0:07:51.776 Ao comezo había preguntas sobre quen era, 0:07:51.800,0:07:53.656 cal era o meu traballo, 0:07:53.680,0:07:55.290 con que fins buscaba 0:07:55.290,0:07:57.760 receitas de marihuana medicinal, 0:07:57.760,0:08:00.146 ou produtos, 0:08:00.410,0:08:02.976 cales eran os meus obxectivos,[br]as miñas preferencias, 0:08:03.000,0:08:04.516 cales eran as miñas esperanzas, 0:08:04.516,0:08:06.936 como pensaba ou esperaba[br]que me ía axudar, 0:08:06.960,0:08:08.576 que temía... 0:08:08.600,0:08:10.176 Este é o tipo de preguntas 0:08:10.200,0:08:12.656 que pacientes coma Robin[br]reciben todo o tempo. 0:08:12.680,0:08:15.616 Este é o tipo de preguntas[br]que me fan confiar en que 0:08:15.640,0:08:19.296 a persoa coa que estou falando[br]pensa nos meus mellores intereses 0:08:19.320,0:08:21.000 e quere coñecerme. 0:08:22.200,0:08:24.306 A segunda cousa[br]que aprendín nestas clínicas 0:08:24.920,0:08:27.096 é a dispoñibilidade da educación. 0:08:27.120,0:08:29.936 Educación das persoas[br]ao outro lado do mostrador. 0:08:29.960,0:08:32.996 Pero tamén das persoas na sala de espera. 0:08:33.200,0:08:36.736 Coñecín persoas que estaban encantadas,[br]cando eu sentaba á súa beira, 0:08:36.760,0:08:38.015 xente coma Robin, 0:08:38.039,0:08:41.816 de contarme quen eran[br]e por que consumían marihuana medicinal, 0:08:41.840,0:08:44.056 en que lles axudaba e como, 0:08:44.080,0:08:46.016 e de darme consellos e suxestións. 0:08:46.040,0:08:49.020 Esas salas de espera son coma unha colmea 0:08:49.020,0:08:51.730 de interacción, consello e apoio. 0:08:52.610,0:08:54.896 E o terceiro,[br]a xente de detrás do mostrador. 0:08:54.920,0:08:58.296 Estaba asombrado[br]por como esa xente estaba disposta 0:08:58.320,0:09:02.856 a estar unha hora ou máis[br]explicando os matices 0:09:02.880,0:09:04.936 entre distintas cepas, 0:09:04.960,0:09:06.656 entre fumala e vaporizala, 0:09:06.680,0:09:08.416 entre comestibles e tinturas. 0:09:08.440,0:09:12.200 E recorden, todo isto sen eu ter intención[br]de facer compra ningunha. 0:09:13.240,0:09:17.056 Pensen na última vez[br]que foron a un hospital ou clínica 0:09:17.080,0:09:21.950 e alguén estivo unha hora[br]explicándolles ese tipo de cousas. 0:09:22.680,0:09:24.740 O feito de que pacientes coma Robin 0:09:24.790,0:09:27.710 vaian a estas clínicas e dispensarios 0:09:27.710,0:09:30.686 e reciban este tipo[br]de atención personalizada 0:09:30.880,0:09:32.616 e educación e servizo 0:09:32.760,0:09:36.016 debería ser unha chamada de atención[br]para o sistema sanitario. 0:09:36.200,0:09:39.176 Xente coma Robin está rexeitando[br]a medicina convencional, 0:09:39.200,0:09:41.536 e acudindo a dispensarios[br]de marihuana medicinal 0:09:41.560,0:09:45.320 porque estes ofrécenlles o que precisan. 0:09:46.440,0:09:49.016 Se é unha chamada de atención[br]para o sistema sanitario, 0:09:49.040,0:09:52.816 é unha chamada que moitos[br]dos meus compañeiros non escoitan 0:09:52.840,0:09:54.560 ou non queren escoitar. 0:09:55.150,0:09:58.016 Cando falo cos meus compañeiros,[br]en particular con doutores, 0:09:58.016,0:09:59.946 sobre marihuana medicinal din: 0:09:59.946,0:10:01.920 "Precisamos máis probas. 0:10:01.920,0:10:04.090 Precisamos máis estudos[br]sobre os beneficios 0:10:04.090,0:10:05.890 e máis probas sobre os riscos". 0:10:06.600,0:10:08.270 E saben que? Teñen razón. 0:10:08.270,0:10:09.450 Toda a razón. 0:10:09.450,0:10:11.260 Si que precisamos moitas máis probas 0:10:11.260,0:10:13.710 sobre os beneficios[br]da marihuana medicinal. 0:10:13.960,0:10:19.336 Tamén debemos pedirlle ao goberno federal[br]que modifique as restricións da marihuana 0:10:19.360,0:10:22.920 para facer posible ese estudo. 0:10:23.760,0:10:27.270 Tamén precisamos máis estudos[br]sobre os riscos da marihuana medicinal. 0:10:27.270,0:10:28.966 Os riscos da marihuana medicinal... 0:10:28.966,0:10:31.216 Sabemos moito sobre os do uso recreativo 0:10:31.240,0:10:34.136 pero non sabemos nada[br]sobre os da marihuana medicinal. 0:10:34.160,0:10:36.546 Por iso precisamos investigar, 0:10:36.760,0:10:39.096 pero dicir que precisamos investigar 0:10:39.120,0:10:42.176 e non dicir que precisamos[br]facer cambios agora 0:10:42.200,0:10:44.136 non ten sentido ningún. 0:10:44.160,0:10:46.710 Xente coma Robin[br]non busca marihuana medicinal 0:10:46.710,0:10:48.676 porque a consideren[br]unha droga marabillosa 0:10:48.676,0:10:51.116 ou porque pensen que non ten ningún risco. 0:10:51.400,0:10:53.900 Búscana porque o contorno 0:10:53.900,0:10:56.996 no que se vende, administra ou usa 0:10:57.320,0:11:00.476 dálles o control que precisan[br]sobre as súas vidas. 0:11:00.880,0:11:03.920 E esa é unha chamada de atención[br]á que lle temos que facer caso. 0:11:05.040,0:11:08.776 O bo é que hai leccións[br]que hoxe podemos aprender 0:11:08.800,0:11:11.486 dos dispensarios de marihuana medicinal. 0:11:11.800,0:11:14.066 E son leccións que deberiamos aprender. 0:11:14.086,0:11:16.696 Estes son normalmente[br]pequenos negocios familiares 0:11:16.720,0:11:18.940 xestionados por xente[br]sen formación médica. 0:11:18.940,0:11:21.776 E aínda que é vergoñento pensar 0:11:21.800,0:11:25.856 que moitas destas clínicas e dispensarios[br]están ofrecendo servizos e apoio 0:11:25.880,0:11:28.256 e cubrindo as necesidades dos pacientes 0:11:28.280,0:11:32.026 dun xeito que os millonarios[br]sistemas sanitarios non fan 0:11:32.320,0:11:34.016 --debería darnos vergoña--, 0:11:34.040,0:11:35.936 tamén podemos aprender diso. 0:11:35.960,0:11:38.096 E hai polo menos tres leccións 0:11:38.120,0:11:40.580 que podemos aprender[br]deses pequenos dispensarios. 0:11:40.840,0:11:44.496 Unha: precisamos atopar formas[br]de darlles máis control aos pacientes 0:11:44.520,0:11:46.536 en cousas pequenas pero importantes. 0:11:46.560,0:11:48.616 Como conversar con profesionais médicos, 0:11:48.640,0:11:50.816 cando conversar con eles, 0:11:50.840,0:11:54.276 como usar os medicamentos[br]de forma que funcionen para eles. 0:11:54.420,0:11:55.500 No meu caso 0:11:55.500,0:11:58.286 volvinme moito máis creativo e flexible 0:11:58.300,0:12:00.260 apoiando aos meus pacientes para que usen 0:12:00.260,0:12:01.756 os medicamentos de forma segura 0:12:01.756,0:12:03.106 para xestionar os síntomas 0:12:03.106,0:12:04.536 pondo énfase na seguridade. 0:12:04.560,0:12:08.930 Moitos dos medicamentos que prescribo[br]son opioides ou benzodiacepinas 0:12:08.930,0:12:11.686 que poden ser perigosos[br]se se consomen en exceso. 0:12:11.840,0:12:13.056 Mais esta é a cuestión. 0:12:13.080,0:12:15.136 Poden ser perigosos se se usan en exceso, 0:12:15.160,0:12:18.056 pero poden ser ineficaces[br]se non se usan de xeito consistente 0:12:18.080,0:12:20.636 co que os pacientes queren e precisan. 0:12:20.760,0:12:23.716 Polo que esa flexibilidade,[br]se se ofrece de forma segura 0:12:24.000,0:12:26.886 pode ser moi valiosa[br]para os pacientes e as súas familias. 0:12:27.120,0:12:27.976 Esa é a número un. 0:12:28.360,0:12:30.036 Número dous: educación. 0:12:30.400,0:12:31.616 Grandes oportunidades 0:12:31.640,0:12:35.096 para aprender algúns trucos[br]deses dispensarios de marihuana 0:12:35.120,0:12:36.496 para ofrecer máis formación 0:12:36.520,0:12:39.256 que pode non requirirlle [br]a un médico moito máis tempo, 0:12:39.280,0:12:40.766 ou ningún, 0:12:41.040,0:12:45.416 senón oportunidades para aprender[br]sobre que medicamentos usan 0:12:45.440,0:12:46.656 e por que, 0:12:46.680,0:12:48.570 prognoses, traxectoria da doenza, 0:12:48.570,0:12:49.710 e o máis importante, 0:12:49.710,0:12:52.396 oportunidades para os pacientes[br]de aprender uns doutros. 0:12:52.760,0:12:54.696 Como podemos imitar o que pasa 0:12:54.720,0:12:58.136 nas salas de espera[br]desas clínicas ou dispensarios médicos? 0:12:58.160,0:13:01.490 Como os pacientes aprenden uns doutros,[br]como a xente comparte. 0:13:02.480,0:13:03.856 E por último, 0:13:03.880,0:13:07.706 pór aos pacientes primeiro,[br]igual que fan os dispensarios. 0:13:07.960,0:13:12.776 Facer que os pacientes sintan de verdade[br]que o que eles queren, 0:13:12.800,0:13:14.056 o que precisan 0:13:14.080,0:13:16.926 é a razón pola que estamos aquí[br]como profesionais médicos. 0:13:17.640,0:13:21.750 Preguntarlles sobre as súas esperanzas,[br]temores, metas e preferencias. 0:13:21.750,0:13:23.586 Como provedor de coidados paliativos 0:13:23.586,0:13:26.880 pregúntolles a todos os meus pacientes[br]que esperan e que temen. 0:13:27.560,0:13:28.750 Pero esta é a cuestión: 0:13:28.750,0:13:32.336 Eles non deberían ter que esperar[br]ata sufriren unha doenza crónica, 0:13:32.360,0:13:34.176 a miúdo ao final das súas vidas. 0:13:34.200,0:13:38.196 Non deberían ter que esperar[br]a ver un doutor coma min 0:13:38.520,0:13:40.256 antes de que alguén lles pregunte: 0:13:40.280,0:13:42.646 "Cales son as súas esperanzas?[br]E os seus temores?" 0:13:42.840,0:13:46.240 Debería ir implícito na forma[br]na que se ofrece o servizo sanitario. 0:13:47.720,0:13:49.176 Podemos facelo. 0:13:49.200,0:13:50.416 De verdade que si. 0:13:50.440,0:13:53.816 Os dispensarios e clínicas de marihuana[br]de todo o país 0:13:53.840,0:13:55.376 están logrando resolvelo. 0:13:55.640,0:13:56.850 Están logrando resolvelo 0:13:56.856,0:14:00.130 mentres os sistemas sanitarios[br]máis grandes e convencionais 0:14:00.130,0:14:02.250 se están quedando anos atrás. 0:14:02.250,0:14:03.810 Pero podemos aprender deles 0:14:03.810,0:14:05.400 e temos que facelo. 0:14:05.400,0:14:07.526 Só temos que tragar o orgullo 0:14:07.760,0:14:09.350 e deixar de pensar por un minuto 0:14:09.350,0:14:11.936 que como temos[br]moitas letras detrás do noso nome, 0:14:11.960,0:14:13.216 somos expertos, 0:14:13.240,0:14:16.156 ou somos directores médicos[br]dun gran sistema sanitario 0:14:16.400,0:14:20.136 xa o sabemos todo sobre como cubrir[br]as necesidades dos pacientes. 0:14:20.600,0:14:22.016 Debemos tragar o orgullo. 0:14:22.040,0:14:25.096 Temos que visitar algúns dispensarios[br]de marihuana medicinal. 0:14:25.100,0:14:27.096 Temos que comprender o que fan. 0:14:27.280,0:14:29.846 Temos que descubrir[br]por que moitos pacientes coma Robin 0:14:29.846,0:14:31.896 abandonan as clínicas convencionais 0:14:31.920,0:14:35.056 e acoden aos dispensarios[br]de marihuana medicinal. 0:14:35.320,0:14:37.416 Temos que descubrir[br]cales son os seus trucos 0:14:37.440,0:14:38.696 e as súas ferramentas 0:14:38.720,0:14:40.526 e precisamos aprender deles. 0:14:40.880,0:14:41.876 Se o facemos, 0:14:42.160,0:14:44.946 e penso que podemos,[br]e por suposto penso que debemos, 0:14:45.120,0:14:48.520 podemos garantir que todos os pacientes[br]terán unha mellor experiencia. 0:14:49.040,0:14:50.256 Grazas. 0:14:50.280,0:14:53.110 (Aplausos)