WEBVTT 00:00:00.876 --> 00:00:03.811 Hoxe imos compartir moitos segredos, vostedes e mais eu, 00:00:03.835 --> 00:00:06.291 e no entanto, espero que poidamos disipar 00:00:06.315 --> 00:00:08.915 parte da vergoña que moitos sentimos acerca do sexo. NOTE Paragraph 00:00:10.915 --> 00:00:14.395 Cantas de aquí recibiron algunha vez piropos dun estraño? 00:00:16.075 --> 00:00:17.635 Moitas mulleres. 00:00:18.521 --> 00:00:21.178 No meu caso, a vez que mellor lembro 00:00:21.202 --> 00:00:24.562 foi cando ese estraño resultou ser alumno meu. 00:00:25.595 --> 00:00:28.531 Veu xunta min despois da clase esa noite 00:00:28.555 --> 00:00:31.411 e as súas palabras confirmáronme o que xa sabía: NOTE Paragraph 00:00:31.435 --> 00:00:33.211 "Síntoo moito, profesora. 00:00:33.235 --> 00:00:37.131 Se chego a saber que era vostede, nunca lle diría esas cousas." NOTE Paragraph 00:00:37.155 --> 00:00:39.451 (Risas) NOTE Paragraph 00:00:39.475 --> 00:00:43.555 Para el, xamais fun unha persoa ata que me convertín na súa profesora. 00:00:44.515 --> 00:00:47.091 Este concepto, chamado obxectualización, 00:00:47.115 --> 00:00:49.171 é a base do sexismo, 00:00:49.195 --> 00:00:52.715 e vémolo reforzado en cada aspecto das nosas vidas. 00:00:55.635 --> 00:00:57.851 Vémolo no goberno 00:00:57.875 --> 00:01:01.291 que se nega a castigar aos homes 00:01:01.315 --> 00:01:03.051 por violaren mulleres. 00:01:03.075 --> 00:01:05.371 Vémolo nos anuncios. 00:01:05.395 --> 00:01:07.403 Cantos de vostedes viron un anuncio 00:01:07.427 --> 00:01:12.795 que emprega un peito de muller para vender un produto que nada ten que ver? 00:01:14.515 --> 00:01:18.291 Ou películas e películas e películas 00:01:18.315 --> 00:01:21.195 que retratan mulleres que só se interesan polo amor? 00:01:22.195 --> 00:01:25.811 Estes exemplos quizais semellen intranscendentes e inofensivos, 00:01:25.835 --> 00:01:27.091 pero son perniciosos, 00:01:27.115 --> 00:01:31.395 contribuíndo lentamente a unha cultura que evita ver as mulleres como persoas. 00:01:31.955 --> 00:01:36.145 Vémolo na escola que manda para a casa a unha nena de 10 anos 00:01:36.169 --> 00:01:39.811 porque a súa roupa distraía aos rapaces que intentaban aprender, 00:01:39.835 --> 00:01:45.011 ou no goberno que rexeita castigar a homes por violar mulleres 00:01:45.035 --> 00:01:46.611 unha e outra vez, 00:01:46.635 --> 00:01:48.091 ou na muller asasinada 00:01:48.115 --> 00:01:52.195 por pedirlle a un home que deixara de pegarse a ela nunha pista de baile. NOTE Paragraph 00:01:55.515 --> 00:02:00.275 Os medios xogan un papel relevante para perpetuar a obxectualización feminina 00:02:01.395 --> 00:02:04.211 Pensemos na clásica comedia romántica. 00:02:04.235 --> 00:02:08.131 Estas películas adoitan presentarnos dous tipos de muller, 00:02:08.155 --> 00:02:10.891 dous tipos desexables, en calquera caso. 00:02:10.915 --> 00:02:13.331 A primeira é a bomba sexy. 00:02:13.355 --> 00:02:17.011 Unha muller incriblemente fermosa e cun corpo perfecto. 00:02:17.035 --> 00:02:19.651 O noso protagonista non ten problema para identificala, 00:02:19.675 --> 00:02:22.035 e menos aínda para ter relacións sexuais con ela. 00:02:22.725 --> 00:02:24.611 A segunda muller é a nosa protagonista, 00:02:24.635 --> 00:02:28.491 a muller fermosa pero tímida da que se namora o protagonista masculino 00:02:28.515 --> 00:02:30.651 aínda que ao principio nin se decataba dela, 00:02:30.675 --> 00:02:33.275 ou non lle gustaba nadiña. 00:02:33.835 --> 00:02:35.851 A primeira é a rameira. 00:02:35.875 --> 00:02:37.891 Serve para ser consumida e esquecida. 00:02:37.915 --> 00:02:39.195 Está sempre dispoñible. 00:02:39.795 --> 00:02:43.451 A segunda é desexable mais humilde, 00:02:43.475 --> 00:02:46.931 e, polo tanto, digna dos futuros bebés do noso protagonista. 00:02:46.955 --> 00:02:48.155 Material de matrimonio. 00:02:48.755 --> 00:02:51.691 Dinnos que as mulleres teñen dous roles, 00:02:51.715 --> 00:02:55.955 mais dificilmente poden existir os dous nunha soa muller. NOTE Paragraph 00:02:56.555 --> 00:03:00.211 Nas contadas ocasións en que lle conto a alguén que acabo de coñecer 00:03:00.235 --> 00:03:01.971 que estudo sobre sexo, 00:03:01.995 --> 00:03:04.371 se non corta a conversa nese mesmo intre, 00:03:04.395 --> 00:03:06.395 normalmente está bastante interesado. NOTE Paragraph 00:03:07.315 --> 00:03:09.091 "Oh. Cóntame máis." NOTE Paragraph 00:03:09.115 --> 00:03:10.315 E fágoo. NOTE Paragraph 00:03:12.195 --> 00:03:14.811 "Estou moi interesada en estudar o comportamento sexual 00:03:14.835 --> 00:03:16.701 de parellas embarazadas e en posparto." 00:03:16.745 --> 00:03:20.171 Neste punto recibo unha resposta distinta. NOTE Paragraph 00:03:20.195 --> 00:03:22.171 (Risas) NOTE Paragraph 00:03:22.195 --> 00:03:23.995 "Oh. Vaia. 00:03:24.675 --> 00:03:26.875 As embarazadas practican sexo? 00:03:28.075 --> 00:03:32.011 Non pensaches en estudar sobre o desexo sexual 00:03:32.035 --> 00:03:33.371 ou os orgasmos? 00:03:33.395 --> 00:03:36.395 Iso sería interesante, e sexy." NOTE Paragraph 00:03:37.835 --> 00:03:40.651 Dicídeme. Cales son as primeiras palabras que se vos ocorren 00:03:40.675 --> 00:03:42.475 ao pensardes nunha muller embarazada? 00:03:43.275 --> 00:03:46.691 Fíxenlle esta pregunta nunha enquisa a máis de 500 adultos, 00:03:46.715 --> 00:03:50.291 e a maioría responderon "barriga" ou "redonda" 00:03:50.315 --> 00:03:52.355 e "adorable." 00:03:53.035 --> 00:03:54.651 Isto non me sorprendeu moito. 00:03:54.675 --> 00:03:56.365 Que máis catalogamos como adorable? 00:03:57.835 --> 00:04:00.331 Bebés. Cachorriños. Gatiños. 00:04:00.355 --> 00:04:02.011 Anciáns, non si? NOTE Paragraph 00:04:02.035 --> 00:04:03.755 (Risas) NOTE Paragraph 00:04:05.050 --> 00:04:07.707 Cando catalogamos un adulto como adorable, pola contra, 00:04:07.731 --> 00:04:10.211 quitámoslle gran parte da súa intelixencia, 00:04:10.235 --> 00:04:11.435 da súa complexidade. 00:04:12.195 --> 00:04:14.675 Reducímolo a características infantís. 00:04:15.385 --> 00:04:17.211 Tamén lles pedín a homes heterosexuais 00:04:17.235 --> 00:04:20.371 que imaxinasen que a muller coa que estaban era unha embarazada, 00:04:20.395 --> 00:04:23.171 e logo pedinlles a mulleres que se imaxinasen embarazadas, 00:04:23.195 --> 00:04:25.811 e despois me dixeran as primeiras palabras que pensaron 00:04:25.835 --> 00:04:27.875 ao imaxinárense practicando sexo. 00:04:28.955 --> 00:04:31.035 A maioría das respostas foron negativas. 00:04:32.242 --> 00:04:33.669 "Noxento." 00:04:33.693 --> 00:04:35.066 "Difícil." 00:04:35.090 --> 00:04:37.531 "Nada sexy." "Raro." 00:04:37.555 --> 00:04:38.755 "Incómodo." 00:04:39.235 --> 00:04:40.491 "Como?" NOTE Paragraph 00:04:40.515 --> 00:04:42.515 (Risas) NOTE Paragraph 00:04:43.315 --> 00:04:46.411 "Non paga a pena a molestia." "Non paga a pena o risco." NOTE Paragraph 00:04:46.435 --> 00:04:48.435 Isto último marcoume especialmente. 00:04:49.715 --> 00:04:54.451 Quizais pensemos que porque separamos as embarazadas e as nais da sexualidade, 00:04:54.475 --> 00:04:59.491 eliminamos as limitacións da obxectualización sexual. 00:04:59.515 --> 00:05:01.555 Elas sofren menos sexismo. De acordo? 00:05:02.235 --> 00:05:03.811 Non exactamente. 00:05:03.835 --> 00:05:06.955 O que sucede no seu lugar é outro tipo de obxectualización. 00:05:07.755 --> 00:05:10.011 Nos meus intentos de explicarlle isto a outros, 00:05:10.035 --> 00:05:13.811 unha conversa levounos á Venus de Willendorf, 00:05:13.835 --> 00:05:16.745 unha figuriña do Paleolítico considerada polos investigadores 00:05:16.745 --> 00:05:18.675 a deusa do amor e da beleza, 00:05:18.675 --> 00:05:20.115 de aí o de Venus. 00:05:20.515 --> 00:05:22.651 Pero esta teoría revisouse máis tarde, 00:05:22.675 --> 00:05:26.371 cando os investigadores notaron a obvia fixación do escultor 00:05:26.395 --> 00:05:29.811 nos atributos sexuais da figuriña: 00:05:29.835 --> 00:05:33.091 grandes peitos, considerados ideais para aleitar; 00:05:33.115 --> 00:05:35.731 Unha barriga redonda e posiblemente embarazada; 00:05:35.755 --> 00:05:39.235 os restos de tintura vermella, aludindo á menstruación ou ao parto. 00:05:40.555 --> 00:05:44.090 Tamén supuxeron que se fixera para ser collida ou depositala deitada 00:05:44.114 --> 00:05:48.491 xa que os seus pequenos pés non lle permitirían aguantarse de pé. 00:05:48.515 --> 00:05:49.995 Tampouco tiña face. 00:05:50.795 --> 00:05:54.891 Por esta razón, supúxose que era a representación da fertilidade 00:05:54.915 --> 00:05:57.771 e non o retrato dunha persoa. 00:05:57.795 --> 00:05:59.075 Era un obxecto. 00:05:59.675 --> 00:06:01.491 Na historia da súa interpretación, 00:06:01.515 --> 00:06:04.651 pasou de ser un obxecto de beleza e amor ideais 00:06:04.675 --> 00:06:06.515 a ser un obxecto de reprodución. NOTE Paragraph 00:06:07.355 --> 00:06:09.811 Penso que esta transición fala máis 00:06:09.835 --> 00:06:13.611 dos investigadores que interpretaron o seu propósito 00:06:13.635 --> 00:06:17.635 ca do propio propósito da figuriña. 00:06:18.355 --> 00:06:20.451 Cando unha muller queda embarazada, 00:06:20.475 --> 00:06:24.211 abandona o ámbito do desexo sexual masculino 00:06:24.235 --> 00:06:28.811 e introdúcese no seu papel reprodutivo e de crianza. 00:06:28.835 --> 00:06:31.451 E ao facelo, tamén se converte 00:06:31.475 --> 00:06:33.251 en propiedade da comunidade, 00:06:33.275 --> 00:06:37.755 considerada moi importante só polo feito de estar embarazada. Si? 00:06:38.315 --> 00:06:40.811 Chameille a isto o efecto Willendorf, 00:06:40.835 --> 00:06:44.515 e unha vez máis vémolo reforzado en moitos aspectos da vida da muller. NOTE Paragraph 00:06:45.218 --> 00:06:47.731 Algunha persoa aquí estivo visiblemente embarazada? NOTE Paragraph 00:06:47.755 --> 00:06:48.971 (Risas) NOTE Paragraph 00:06:48.995 --> 00:06:50.251 Xa. Moitas de vós, certo? 00:06:50.275 --> 00:06:54.411 E cantas tivestes algunha vez un estraño tocándovos a barriga durante o embarazo, 00:06:54.435 --> 00:06:57.771 incluso sen pedirvos permiso primeiro? 00:06:57.795 --> 00:07:00.531 Ou cantas veces alguén que non era o voso médico, 00:07:00.555 --> 00:07:04.171 o profesional médico que vos atende, vos dixo o que podedes comer ou non? 00:07:04.195 --> 00:07:07.425 Ou vos fixo preguntas privadas sobre o voso plan de plan de parto? 00:07:08.075 --> 00:07:10.875 E logo vos dixo por que esas decisións están todas mal? 00:07:11.555 --> 00:07:12.771 Xa, eu tamén. 00:07:12.795 --> 00:07:17.051 Negouse un camareiro a traervos un vaso de viño? 00:07:17.075 --> 00:07:19.811 Esta quizais vos dea que pensar, seino, mais escoitade. 00:07:19.835 --> 00:07:21.931 Este é un gran segredo. 00:07:21.955 --> 00:07:25.875 Beber con moderación durante o embarazo é, en realidade, seguro. 00:07:26.515 --> 00:07:28.051 Moitas de nós non o sabemos 00:07:28.075 --> 00:07:31.811 porque os médicos non queren confiarlles este segredo ás embarazadas, NOTE Paragraph 00:07:31.835 --> 00:07:33.595 (Risas) NOTE Paragraph 00:07:37.355 --> 00:07:41.611 especialmente se teñen un menor nivel educativo ou son mulleres de cor. NOTE Paragraph 00:07:41.635 --> 00:07:43.371 O que isto quere dicir é 00:07:43.395 --> 00:07:47.611 que o efecto Willendorf é, ademais, clasista e racista. 00:07:47.635 --> 00:07:53.531 Está presente cando o goberno lles lembra ás mulleres 00:07:53.555 --> 00:07:56.211 con cada nova lei antielección 00:07:56.235 --> 00:07:59.091 que o contido dos seus úteros non é seu, 00:07:59.115 --> 00:08:01.171 ou cando o xinecólogo lles di, 00:08:01.195 --> 00:08:03.491 "Aínda que é seguro practicar sexo no embarazo, 00:08:03.515 --> 00:08:04.851 un nunca sabe. 00:08:04.875 --> 00:08:06.515 Mellor previr ca curar, non si?" 00:08:07.395 --> 00:08:11.651 Négaselle a súa privacidade básica e a súa autonomía corporal 00:08:11.675 --> 00:08:13.675 co argumento de "se unha boa nai." 00:08:14.155 --> 00:08:16.795 Non confiamos nela para tomar as súas propias decisións. 00:08:17.115 --> 00:08:18.715 É curriña, Lembrades? 00:08:21.795 --> 00:08:24.091 Cando lles dicimos ás mulleres 00:08:24.115 --> 00:08:27.051 que o pracer sexual, perdoade. NOTE Paragraph 00:08:27.075 --> 00:08:31.891 Ao dicirlles ás mulleres que o risco do sexo durante o embarazo non paga a pena 00:08:31.915 --> 00:08:36.171 o que lles dicimos é que o seu pracer sexual non importa. 00:08:36.195 --> 00:08:39.491 E, xa que logo, que elas non importan, 00:08:39.515 --> 00:08:44.235 a pesar de que as necesidades do seu feto non están en conflito coas súas propias. NOTE Paragraph 00:08:45.195 --> 00:08:47.451 Así que os profesionais médicos, 00:08:47.475 --> 00:08:50.451 como o Colexio Americano de Xinecología e Obstetricia (ACOG) 00:08:50.475 --> 00:08:55.371 teñen a oportunidade de educar sobre a seguridade do sexo durante o embarazo. 00:08:55.395 --> 00:08:56.795 E que din os expertos? 00:08:57.755 --> 00:09:00.251 O ACOG non ten ningunha declaración oficial 00:09:00.275 --> 00:09:03.435 sobre a seguridade do sexo durante o embarazo. 00:09:04.078 --> 00:09:07.091 A guía da Clínica Mayo é, en liñas xerais, positiva, 00:09:07.115 --> 00:09:09.611 pero presenta unha advertencia: 00:09:09.635 --> 00:09:12.806 "Aínda que a maioría das mulleres pode practicar sexo sen problemas 00:09:12.806 --> 00:09:14.931 no embarazo, ás veces é mellor ser cauto." NOTE Paragraph 00:09:14.955 --> 00:09:18.051 Algunhas mulleres non queren practicar sexo durante o embarazo, 00:09:18.075 --> 00:09:19.331 e iso está perfecto. 00:09:19.355 --> 00:09:21.971 Outras queren practicar sexo durante o embarazo, 00:09:21.995 --> 00:09:23.411 e iso tamén está perfecto. 00:09:23.435 --> 00:09:26.141 O que cómpre parar é o feito de que a sociedade lles diga 00:09:26.161 --> 00:09:28.435 o que poden facer e que non co seu corpo. NOTE Paragraph 00:09:29.475 --> 00:09:31.595 (Aplausos) NOTE Paragraph 00:09:36.035 --> 00:09:40.691 As embarazadas non son recipientes de reprodución sen cara nin identidade, 00:09:40.715 --> 00:09:42.835 que non poden manterse en pé por si soas. 00:09:44.115 --> 00:09:46.531 Mais a verdade é, o verdadeiro segredo é, 00:09:46.555 --> 00:09:50.811 que lles dicimos a todas as mulleres que o seu pracer sexual non importa. 00:09:50.835 --> 00:09:54.051 Ata rexeitamos admitir que as mulleres que practican sexo con outras 00:09:54.075 --> 00:09:56.395 ou as que non queren ter fillos existen. NOTE Paragraph 00:09:56.835 --> 00:09:58.531 "Oh, só é unha etapa... NOTE Paragraph 00:09:58.555 --> 00:10:00.875 só necesita que apareza o home adecuado." NOTE Paragraph 00:10:02.155 --> 00:10:04.491 Cada vez que unha muller practica sexo 00:10:04.515 --> 00:10:06.491 simplemente porque se sente ben, 00:10:06.515 --> 00:10:08.251 é algo revolucionario. 00:10:08.275 --> 00:10:10.451 Ela é revolucionaria. 00:10:10.475 --> 00:10:13.051 Vai en contra da sociedade que insiste 00:10:13.075 --> 00:10:15.291 en que só existe para o pracer masculino 00:10:15.315 --> 00:10:16.635 ou para a reprodución. 00:10:18.435 --> 00:10:22.411 A muller que prioriza as súas necesidades sexuais pon medo, 00:10:22.435 --> 00:10:27.571 porque a muller que prioriza as súas necesidades sexuais priorízase a si mesma. NOTE Paragraph 00:10:27.595 --> 00:10:31.371 (Aplauso) NOTE Paragraph 00:10:31.395 --> 00:10:35.811 É unha muller pedindo ser tratada coma unha igual. 00:10:35.835 --> 00:10:37.371 É unha muller que insiste 00:10:37.395 --> 00:10:40.731 para que lle fagas sitio na mesa de poder, 00:10:40.755 --> 00:10:42.651 e iso é o máis aterrador de todo 00:10:42.675 --> 00:10:45.491 porque non podemos facer un sitio para ela 00:10:45.515 --> 00:10:49.035 sen que algúns de nós teñamos que ceder o noso espazo extra. NOTE Paragraph 00:10:50.835 --> 00:10:53.035 (Aplausos) NOTE Paragraph 00:10:56.475 --> 00:10:58.295 Teño un último segredo para vostedes. 00:10:58.955 --> 00:11:00.811 Son nai de dous mozos 00:11:00.835 --> 00:11:02.835 e serviríanos a súa axuda. 00:11:03.315 --> 00:11:08.011 Aínda que os meus fillos me escoitan dicir con frecuencia 00:11:08.035 --> 00:11:11.571 que é importante que os homes recoñezan as mulleres como iguais 00:11:11.595 --> 00:11:14.131 e teñen en seu pai a un modelo, 00:11:14.155 --> 00:11:18.275 precisamos que o que sucede no mundo reforce o que pasa na nosa casa. 00:11:18.595 --> 00:11:21.891 Isto non é un problema de homes ou de mulleres. 00:11:21.915 --> 00:11:23.491 Isto é problema de todos, 00:11:23.515 --> 00:11:27.915 e todos temos un papel no desmantelamento dos sistema de desigualdade. 00:11:28.515 --> 00:11:31.131 Para comezar, debemos deixar de dicirlles ás mulleres 00:11:31.155 --> 00:11:33.571 o que poden facer cos seus corpos e o que non. NOTE Paragraph 00:11:33.595 --> 00:11:36.635 (Aplausos) NOTE Paragraph 00:11:38.235 --> 00:11:42.131 Isto inclúe non tratar as embarazadas como unha propiedade comunal. 00:11:42.155 --> 00:11:45.851 Se non a coñecen, non lle pregunten se lle poden tocar a barriga. 00:11:45.875 --> 00:11:47.571 Non o farían con ninguén máis. 00:11:47.595 --> 00:11:49.731 Non lle digan o que pode comer ou non. 00:11:49.755 --> 00:11:52.921 Non lle pregunten por detalles privados das súas decisións médicas. 00:11:52.945 --> 00:11:54.691 E isto inclúe entender 00:11:54.715 --> 00:11:57.291 que, incluso se vostede está en contra do aborto, 00:11:57.315 --> 00:11:59.995 pode seguir loitando polo dereito das mulleres a decidir. 00:12:00.515 --> 00:12:04.275 Cando se trata da igualdade das mulleres, as dúas non poden entrar en conflito. 00:12:04.995 --> 00:12:07.251 Se practica sexo con mulleres, 00:12:07.275 --> 00:12:08.771 priorice o seu pracer. 00:12:08.795 --> 00:12:11.195 E se non sabe como, pregunte. 00:12:12.075 --> 00:12:13.571 Se ten fillos ou fillas -- NOTE Paragraph 00:12:13.595 --> 00:12:15.531 (Risas) NOTE Paragraph 00:12:15.555 --> 00:12:19.331 fale con eles de sexo tan axiña como sexa posible, 00:12:19.355 --> 00:12:23.731 porque os nenos xa non buscan s-e-x-o no dicionario. 00:12:23.755 --> 00:12:25.395 Búscano en internet. 00:12:26.355 --> 00:12:29.035 E cando teñan esas conversas, 00:12:29.795 --> 00:12:31.731 non se centren só na reprodución. 00:12:31.755 --> 00:12:33.981 As persoas practican sexo por múltiples razóns, 00:12:33.981 --> 00:12:35.651 algunhas porque queren un bebé, 00:12:35.661 --> 00:12:38.151 pero a maioría porque se sente ben. 00:12:38.195 --> 00:12:39.395 Admítano. NOTE Paragraph 00:12:40.795 --> 00:12:43.371 E independentemente de se teñen fillos ou non, 00:12:43.395 --> 00:12:47.651 apoien unha educación sexual integral que non avergoñe aos nosos adolescentes NOTE Paragraph 00:12:47.675 --> 00:12:50.355 (Aplausos) NOTE Paragraph 00:12:56.155 --> 00:12:58.731 Nada positivo se saca de avergoñar a un adolescente 00:12:58.755 --> 00:13:01.355 polos seus desexos e comportamentos sexuais, NOTE Paragraph 00:13:02.155 --> 00:13:05.795 máis que tests positivos de embarazo e de enfermidades de transmisión sexual NOTE Paragraph 00:13:06.635 --> 00:13:09.691 Cada día, dásenos a oportunidade 00:13:09.715 --> 00:13:12.435 de racharmos cos patróns de desigualdade. 00:13:12.995 --> 00:13:16.475 E penso que todos podemos estar de acordo en que paga a pena facelo. NOTE Paragraph 00:13:17.235 --> 00:13:18.451 Grazas. NOTE Paragraph 00:13:18.475 --> 00:13:25.431 (Aplausos)