1 00:00:00,876 --> 00:00:03,811 Hoxe imos compartir moitos segredos, vostedes e mais eu, 2 00:00:03,835 --> 00:00:06,291 e no entanto, espero que poidamos disipar 3 00:00:06,315 --> 00:00:08,915 parte da vergoña que moitos sentimos acerca do sexo. 4 00:00:10,915 --> 00:00:14,395 Cantas de aquí recibiron algunha vez piropos dun estraño? 5 00:00:16,075 --> 00:00:17,635 Moitas mulleres. 6 00:00:18,521 --> 00:00:21,178 No meu caso, a vez que mellor lembro 7 00:00:21,202 --> 00:00:24,562 foi cando ese estraño resultou ser alumno meu. 8 00:00:25,595 --> 00:00:28,531 Veu xunta min despois da clase esa noite 9 00:00:28,555 --> 00:00:31,411 e as súas palabras confirmáronme o que xa sabía: 10 00:00:31,435 --> 00:00:33,211 "Síntoo moito, profesora. 11 00:00:33,235 --> 00:00:37,131 Se chego a saber que era vostede, nunca lle diría esas cousas." 12 00:00:37,155 --> 00:00:39,451 (Risas) 13 00:00:39,475 --> 00:00:43,555 Para el, xamais fun unha persoa ata que me convertín na súa profesora. 14 00:00:44,515 --> 00:00:47,091 Este concepto, chamado obxectualización, 15 00:00:47,115 --> 00:00:49,171 é a base do sexismo, 16 00:00:49,195 --> 00:00:52,715 e vémolo reforzado en cada aspecto das nosas vidas. 17 00:00:55,635 --> 00:00:57,851 Vémolo no goberno 18 00:00:57,875 --> 00:01:01,291 que se nega a castigar aos homes 19 00:01:01,315 --> 00:01:03,051 por violaren mulleres. 20 00:01:03,075 --> 00:01:05,371 Vémolo nos anuncios. 21 00:01:05,395 --> 00:01:07,403 Cantos de vostedes viron un anuncio 22 00:01:07,427 --> 00:01:12,795 que emprega un peito de muller para vender un produto que nada ten que ver? 23 00:01:14,515 --> 00:01:18,291 Ou películas e películas e películas 24 00:01:18,315 --> 00:01:21,195 que retratan mulleres que só se interesan polo amor? 25 00:01:22,195 --> 00:01:25,811 Estes exemplos quizais semellen intranscendentes e inofensivos, 26 00:01:25,835 --> 00:01:27,091 pero son perniciosos, 27 00:01:27,115 --> 00:01:31,395 contribuíndo lentamente a unha cultura que evita ver as mulleres como persoas. 28 00:01:31,955 --> 00:01:36,145 Vémolo na escola que manda para a casa a unha nena de 10 anos 29 00:01:36,169 --> 00:01:39,811 porque a súa roupa distraía aos rapaces que intentaban aprender, 30 00:01:39,835 --> 00:01:45,011 ou no goberno que rexeita castigar a homes por violar mulleres 31 00:01:45,035 --> 00:01:46,611 unha e outra vez, 32 00:01:46,635 --> 00:01:48,091 ou na muller asasinada 33 00:01:48,115 --> 00:01:52,195 por pedirlle a un home que deixara de pegarse a ela nunha pista de baile. 34 00:01:55,515 --> 00:02:00,275 Os medios xogan un papel relevante para perpetuar a obxectualización feminina 35 00:02:01,395 --> 00:02:04,211 Pensemos na clásica comedia romántica. 36 00:02:04,235 --> 00:02:08,131 Estas películas adoitan presentarnos dous tipos de muller, 37 00:02:08,155 --> 00:02:10,891 dous tipos desexables, en calquera caso. 38 00:02:10,915 --> 00:02:13,331 A primeira é a bomba sexy. 39 00:02:13,355 --> 00:02:17,011 Unha muller incriblemente fermosa e cun corpo perfecto. 40 00:02:17,035 --> 00:02:19,651 O noso protagonista non ten problema para identificala, 41 00:02:19,675 --> 00:02:22,035 e menos aínda para ter relacións sexuais con ela. 42 00:02:22,725 --> 00:02:24,611 A segunda muller é a nosa protagonista, 43 00:02:24,635 --> 00:02:28,491 a muller fermosa pero tímida da que se namora o protagonista masculino 44 00:02:28,515 --> 00:02:30,651 aínda que ao principio nin se decataba dela, 45 00:02:30,675 --> 00:02:33,275 ou non lle gustaba nadiña. 46 00:02:33,835 --> 00:02:35,851 A primeira é a rameira. 47 00:02:35,875 --> 00:02:37,891 Serve para ser consumida e esquecida. 48 00:02:37,915 --> 00:02:39,195 Está sempre dispoñible. 49 00:02:39,795 --> 00:02:43,451 A segunda é desexable mais humilde, 50 00:02:43,475 --> 00:02:46,931 e, polo tanto, digna dos futuros bebés do noso protagonista. 51 00:02:46,955 --> 00:02:48,155 Material de matrimonio. 52 00:02:48,755 --> 00:02:51,691 Dinnos que as mulleres teñen dous roles, 53 00:02:51,715 --> 00:02:55,955 mais dificilmente poden existir os dous nunha soa muller. 54 00:02:56,555 --> 00:03:00,211 Nas contadas ocasións en que lle conto a alguén que acabo de coñecer 55 00:03:00,235 --> 00:03:01,971 que estudo sobre sexo, 56 00:03:01,995 --> 00:03:04,371 se non corta a conversa nese mesmo intre, 57 00:03:04,395 --> 00:03:06,395 normalmente está bastante interesado. 58 00:03:07,315 --> 00:03:09,091 "Oh. Cóntame máis." 59 00:03:09,115 --> 00:03:10,315 E fágoo. 60 00:03:12,195 --> 00:03:14,811 "Estou moi interesada en estudar o comportamento sexual 61 00:03:14,835 --> 00:03:16,701 de parellas embarazadas e en posparto." 62 00:03:16,745 --> 00:03:20,171 Neste punto recibo unha resposta distinta. 63 00:03:20,195 --> 00:03:22,171 (Risas) 64 00:03:22,195 --> 00:03:23,995 "Oh. Vaia. 65 00:03:24,675 --> 00:03:26,875 As embarazadas practican sexo? 66 00:03:28,075 --> 00:03:32,011 Non pensaches en estudar sobre o desexo sexual 67 00:03:32,035 --> 00:03:33,371 ou os orgasmos? 68 00:03:33,395 --> 00:03:36,395 Iso sería interesante, e sexy." 69 00:03:37,835 --> 00:03:40,651 Dicídeme. Cales son as primeiras palabras que se vos ocorren 70 00:03:40,675 --> 00:03:42,475 ao pensardes nunha muller embarazada? 71 00:03:43,275 --> 00:03:46,691 Fíxenlle esta pregunta nunha enquisa a máis de 500 adultos, 72 00:03:46,715 --> 00:03:50,291 e a maioría responderon "barriga" ou "redonda" 73 00:03:50,315 --> 00:03:52,355 e "adorable." 74 00:03:53,035 --> 00:03:54,651 Isto non me sorprendeu moito. 75 00:03:54,675 --> 00:03:56,365 Que máis catalogamos como adorable? 76 00:03:57,835 --> 00:04:00,331 Bebés. Cachorriños. Gatiños. 77 00:04:00,355 --> 00:04:02,011 Anciáns, non si? 78 00:04:02,035 --> 00:04:03,755 (Risas) 79 00:04:05,050 --> 00:04:07,707 Cando catalogamos un adulto como adorable, pola contra, 80 00:04:07,731 --> 00:04:10,211 quitámoslle gran parte da súa intelixencia, 81 00:04:10,235 --> 00:04:11,435 da súa complexidade. 82 00:04:12,195 --> 00:04:14,675 Reducímolo a características infantís. 83 00:04:15,385 --> 00:04:17,211 Tamén lles pedín a homes heterosexuais 84 00:04:17,235 --> 00:04:20,371 que imaxinasen que a muller coa que estaban era unha embarazada, 85 00:04:20,395 --> 00:04:23,171 e logo pedinlles a mulleres que se imaxinasen embarazadas, 86 00:04:23,195 --> 00:04:25,811 e despois me dixeran as primeiras palabras que pensaron 87 00:04:25,835 --> 00:04:27,875 ao imaxinárense practicando sexo. 88 00:04:28,955 --> 00:04:31,035 A maioría das respostas foron negativas. 89 00:04:32,242 --> 00:04:33,669 "Noxento." 90 00:04:33,693 --> 00:04:35,066 "Difícil." 91 00:04:35,090 --> 00:04:37,531 "Nada sexy." "Raro." 92 00:04:37,555 --> 00:04:38,755 "Incómodo." 93 00:04:39,235 --> 00:04:40,491 "Como?" 94 00:04:40,515 --> 00:04:42,515 (Risas) 95 00:04:43,315 --> 00:04:46,411 "Non paga a pena a molestia." "Non paga a pena o risco." 96 00:04:46,435 --> 00:04:48,435 Isto último marcoume especialmente. 97 00:04:49,715 --> 00:04:54,451 Quizais pensemos que porque separamos as embarazadas e as nais da sexualidade, 98 00:04:54,475 --> 00:04:59,491 eliminamos as limitacións da obxectualización sexual. 99 00:04:59,515 --> 00:05:01,555 Elas sofren menos sexismo. De acordo? 100 00:05:02,235 --> 00:05:03,811 Non exactamente. 101 00:05:03,835 --> 00:05:06,955 O que sucede no seu lugar é outro tipo de obxectualización. 102 00:05:07,755 --> 00:05:10,011 Nos meus intentos de explicarlle isto a outros, 103 00:05:10,035 --> 00:05:13,811 unha conversa levounos á Venus de Willendorf, 104 00:05:13,835 --> 00:05:16,745 unha figuriña do Paleolítico considerada polos investigadores 105 00:05:16,745 --> 00:05:18,675 a deusa do amor e da beleza, 106 00:05:18,675 --> 00:05:20,115 de aí o de Venus. 107 00:05:20,515 --> 00:05:22,651 Pero esta teoría revisouse máis tarde, 108 00:05:22,675 --> 00:05:26,371 cando os investigadores notaron a obvia fixación do escultor 109 00:05:26,395 --> 00:05:29,811 nos atributos sexuais da figuriña: 110 00:05:29,835 --> 00:05:33,091 grandes peitos, considerados ideais para aleitar; 111 00:05:33,115 --> 00:05:35,731 Unha barriga redonda e posiblemente embarazada; 112 00:05:35,755 --> 00:05:39,235 os restos de tintura vermella, aludindo á menstruación ou ao parto. 113 00:05:40,555 --> 00:05:44,090 Tamén supuxeron que se fixera para ser collida ou depositala deitada 114 00:05:44,114 --> 00:05:48,491 xa que os seus pequenos pés non lle permitirían aguantarse de pé. 115 00:05:48,515 --> 00:05:49,995 Tampouco tiña face. 116 00:05:50,795 --> 00:05:54,891 Por esta razón, supúxose que era a representación da fertilidade 117 00:05:54,915 --> 00:05:57,771 e non o retrato dunha persoa. 118 00:05:57,795 --> 00:05:59,075 Era un obxecto. 119 00:05:59,675 --> 00:06:01,491 Na historia da súa interpretación, 120 00:06:01,515 --> 00:06:04,651 pasou de ser un obxecto de beleza e amor ideais 121 00:06:04,675 --> 00:06:06,515 a ser un obxecto de reprodución. 122 00:06:07,355 --> 00:06:09,811 Penso que esta transición fala máis 123 00:06:09,835 --> 00:06:13,611 dos investigadores que interpretaron o seu propósito 124 00:06:13,635 --> 00:06:17,635 ca do propio propósito da figuriña. 125 00:06:18,355 --> 00:06:20,451 Cando unha muller queda embarazada, 126 00:06:20,475 --> 00:06:24,211 abandona o ámbito do desexo sexual masculino 127 00:06:24,235 --> 00:06:28,811 e introdúcese no seu papel reprodutivo e de crianza. 128 00:06:28,835 --> 00:06:31,451 E ao facelo, tamén se converte 129 00:06:31,475 --> 00:06:33,251 en propiedade da comunidade, 130 00:06:33,275 --> 00:06:37,755 considerada moi importante só polo feito de estar embarazada. Si? 131 00:06:38,315 --> 00:06:40,811 Chameille a isto o efecto Willendorf, 132 00:06:40,835 --> 00:06:44,515 e unha vez máis vémolo reforzado en moitos aspectos da vida da muller. 133 00:06:45,218 --> 00:06:47,731 Algunha persoa aquí estivo visiblemente embarazada? 134 00:06:47,755 --> 00:06:48,971 (Risas) 135 00:06:48,995 --> 00:06:50,251 Xa. Moitas de vós, certo? 136 00:06:50,275 --> 00:06:54,411 E cantas tivestes algunha vez un estraño tocándovos a barriga durante o embarazo, 137 00:06:54,435 --> 00:06:57,771 incluso sen pedirvos permiso primeiro? 138 00:06:57,795 --> 00:07:00,531 Ou cantas veces alguén que non era o voso médico, 139 00:07:00,555 --> 00:07:04,171 o profesional médico que vos atende, vos dixo o que podedes comer ou non? 140 00:07:04,195 --> 00:07:07,425 Ou vos fixo preguntas privadas sobre o voso plan de plan de parto? 141 00:07:08,075 --> 00:07:10,875 E logo vos dixo por que esas decisións están todas mal? 142 00:07:11,555 --> 00:07:12,771 Xa, eu tamén. 143 00:07:12,795 --> 00:07:17,051 Negouse un camareiro a traervos un vaso de viño? 144 00:07:17,075 --> 00:07:19,811 Esta quizais vos dea que pensar, seino, mais escoitade. 145 00:07:19,835 --> 00:07:21,931 Este é un gran segredo. 146 00:07:21,955 --> 00:07:25,875 Beber con moderación durante o embarazo é, en realidade, seguro. 147 00:07:26,515 --> 00:07:28,051 Moitas de nós non o sabemos 148 00:07:28,075 --> 00:07:31,811 porque os médicos non queren confiarlles este segredo ás embarazadas, 149 00:07:31,835 --> 00:07:33,595 (Risas) 150 00:07:37,355 --> 00:07:41,611 especialmente se teñen un menor nivel educativo ou son mulleres de cor. 151 00:07:41,635 --> 00:07:43,371 O que isto quere dicir é 152 00:07:43,395 --> 00:07:47,611 que o efecto Willendorf é, ademais, clasista e racista. 153 00:07:47,635 --> 00:07:53,531 Está presente cando o goberno lles lembra ás mulleres 154 00:07:53,555 --> 00:07:56,211 con cada nova lei antielección 155 00:07:56,235 --> 00:07:59,091 que o contido dos seus úteros non é seu, 156 00:07:59,115 --> 00:08:01,171 ou cando o xinecólogo lles di, 157 00:08:01,195 --> 00:08:03,491 "Aínda que é seguro practicar sexo no embarazo, 158 00:08:03,515 --> 00:08:04,851 un nunca sabe. 159 00:08:04,875 --> 00:08:06,515 Mellor previr ca curar, non si?" 160 00:08:07,395 --> 00:08:11,651 Négaselle a súa privacidade básica e a súa autonomía corporal 161 00:08:11,675 --> 00:08:13,675 co argumento de "se unha boa nai." 162 00:08:14,155 --> 00:08:16,795 Non confiamos nela para tomar as súas propias decisións. 163 00:08:17,115 --> 00:08:18,715 É curriña, Lembrades? 164 00:08:21,795 --> 00:08:24,091 Cando lles dicimos ás mulleres 165 00:08:24,115 --> 00:08:27,051 que o pracer sexual, perdoade. 166 00:08:27,075 --> 00:08:31,891 Ao dicirlles ás mulleres que o risco do sexo durante o embarazo non paga a pena 167 00:08:31,915 --> 00:08:36,171 o que lles dicimos é que o seu pracer sexual non importa. 168 00:08:36,195 --> 00:08:39,491 E, xa que logo, que elas non importan, 169 00:08:39,515 --> 00:08:44,235 a pesar de que as necesidades do seu feto non están en conflito coas súas propias. 170 00:08:45,195 --> 00:08:47,451 Así que os profesionais médicos, 171 00:08:47,475 --> 00:08:50,451 como o Colexio Americano de Xinecología e Obstetricia (ACOG) 172 00:08:50,475 --> 00:08:55,371 teñen a oportunidade de educar sobre a seguridade do sexo durante o embarazo. 173 00:08:55,395 --> 00:08:56,795 E que din os expertos? 174 00:08:57,755 --> 00:09:00,251 O ACOG non ten ningunha declaración oficial 175 00:09:00,275 --> 00:09:03,435 sobre a seguridade do sexo durante o embarazo. 176 00:09:04,078 --> 00:09:07,091 A guía da Clínica Mayo é, en liñas xerais, positiva, 177 00:09:07,115 --> 00:09:09,611 pero presenta unha advertencia: 178 00:09:09,635 --> 00:09:12,806 "Aínda que a maioría das mulleres pode practicar sexo sen problemas 179 00:09:12,806 --> 00:09:14,931 no embarazo, ás veces é mellor ser cauto." 180 00:09:14,955 --> 00:09:18,051 Algunhas mulleres non queren practicar sexo durante o embarazo, 181 00:09:18,075 --> 00:09:19,331 e iso está perfecto. 182 00:09:19,355 --> 00:09:21,971 Outras queren practicar sexo durante o embarazo, 183 00:09:21,995 --> 00:09:23,411 e iso tamén está perfecto. 184 00:09:23,435 --> 00:09:26,141 O que cómpre parar é o feito de que a sociedade lles diga 185 00:09:26,161 --> 00:09:28,435 o que poden facer e que non co seu corpo. 186 00:09:29,475 --> 00:09:31,595 (Aplausos) 187 00:09:36,035 --> 00:09:40,691 As embarazadas non son recipientes de reprodución sen cara nin identidade, 188 00:09:40,715 --> 00:09:42,835 que non poden manterse en pé por si soas. 189 00:09:44,115 --> 00:09:46,531 Mais a verdade é, o verdadeiro segredo é, 190 00:09:46,555 --> 00:09:50,811 que lles dicimos a todas as mulleres que o seu pracer sexual non importa. 191 00:09:50,835 --> 00:09:54,051 Ata rexeitamos admitir que as mulleres que practican sexo con outras 192 00:09:54,075 --> 00:09:56,395 ou as que non queren ter fillos existen. 193 00:09:56,835 --> 00:09:58,531 "Oh, só é unha etapa... 194 00:09:58,555 --> 00:10:00,875 só necesita que apareza o home adecuado." 195 00:10:02,155 --> 00:10:04,491 Cada vez que unha muller practica sexo 196 00:10:04,515 --> 00:10:06,491 simplemente porque se sente ben, 197 00:10:06,515 --> 00:10:08,251 é algo revolucionario. 198 00:10:08,275 --> 00:10:10,451 Ela é revolucionaria. 199 00:10:10,475 --> 00:10:13,051 Vai en contra da sociedade que insiste 200 00:10:13,075 --> 00:10:15,291 en que só existe para o pracer masculino 201 00:10:15,315 --> 00:10:16,635 ou para a reprodución. 202 00:10:18,435 --> 00:10:22,411 A muller que prioriza as súas necesidades sexuais pon medo, 203 00:10:22,435 --> 00:10:27,571 porque a muller que prioriza as súas necesidades sexuais priorízase a si mesma. 204 00:10:27,595 --> 00:10:31,371 (Aplauso) 205 00:10:31,395 --> 00:10:35,811 É unha muller pedindo ser tratada coma unha igual. 206 00:10:35,835 --> 00:10:37,371 É unha muller que insiste 207 00:10:37,395 --> 00:10:40,731 para que lle fagas sitio na mesa de poder, 208 00:10:40,755 --> 00:10:42,651 e iso é o máis aterrador de todo 209 00:10:42,675 --> 00:10:45,491 porque non podemos facer un sitio para ela 210 00:10:45,515 --> 00:10:49,035 sen que algúns de nós teñamos que ceder o noso espazo extra. 211 00:10:50,835 --> 00:10:53,035 (Aplausos) 212 00:10:56,475 --> 00:10:58,295 Teño un último segredo para vostedes. 213 00:10:58,955 --> 00:11:00,811 Son nai de dous mozos 214 00:11:00,835 --> 00:11:02,835 e serviríanos a súa axuda. 215 00:11:03,315 --> 00:11:08,011 Aínda que os meus fillos me escoitan dicir con frecuencia 216 00:11:08,035 --> 00:11:11,571 que é importante que os homes recoñezan as mulleres como iguais 217 00:11:11,595 --> 00:11:14,131 e teñen en seu pai a un modelo, 218 00:11:14,155 --> 00:11:18,275 precisamos que o que sucede no mundo reforce o que pasa na nosa casa. 219 00:11:18,595 --> 00:11:21,891 Isto non é un problema de homes ou de mulleres. 220 00:11:21,915 --> 00:11:23,491 Isto é problema de todos, 221 00:11:23,515 --> 00:11:27,915 e todos temos un papel no desmantelamento dos sistema de desigualdade. 222 00:11:28,515 --> 00:11:31,131 Para comezar, debemos deixar de dicirlles ás mulleres 223 00:11:31,155 --> 00:11:33,571 o que poden facer cos seus corpos e o que non. 224 00:11:33,595 --> 00:11:36,635 (Aplausos) 225 00:11:38,235 --> 00:11:42,131 Isto inclúe non tratar as embarazadas como unha propiedade comunal. 226 00:11:42,155 --> 00:11:45,851 Se non a coñecen, non lle pregunten se lle poden tocar a barriga. 227 00:11:45,875 --> 00:11:47,571 Non o farían con ninguén máis. 228 00:11:47,595 --> 00:11:49,731 Non lle digan o que pode comer ou non. 229 00:11:49,755 --> 00:11:52,921 Non lle pregunten por detalles privados das súas decisións médicas. 230 00:11:52,945 --> 00:11:54,691 E isto inclúe entender 231 00:11:54,715 --> 00:11:57,291 que, incluso se vostede está en contra do aborto, 232 00:11:57,315 --> 00:11:59,995 pode seguir loitando polo dereito das mulleres a decidir. 233 00:12:00,515 --> 00:12:04,275 Cando se trata da igualdade das mulleres, as dúas non poden entrar en conflito. 234 00:12:04,995 --> 00:12:07,251 Se practica sexo con mulleres, 235 00:12:07,275 --> 00:12:08,771 priorice o seu pracer. 236 00:12:08,795 --> 00:12:11,195 E se non sabe como, pregunte. 237 00:12:12,075 --> 00:12:13,571 Se ten fillos ou fillas -- 238 00:12:13,595 --> 00:12:15,531 (Risas) 239 00:12:15,555 --> 00:12:19,331 fale con eles de sexo tan axiña como sexa posible, 240 00:12:19,355 --> 00:12:23,731 porque os nenos xa non buscan s-e-x-o no dicionario. 241 00:12:23,755 --> 00:12:25,395 Búscano en internet. 242 00:12:26,355 --> 00:12:29,035 E cando teñan esas conversas, 243 00:12:29,795 --> 00:12:31,731 non se centren só na reprodución. 244 00:12:31,755 --> 00:12:33,981 As persoas practican sexo por múltiples razóns, 245 00:12:33,981 --> 00:12:35,651 algunhas porque queren un bebé, 246 00:12:35,661 --> 00:12:38,151 pero a maioría porque se sente ben. 247 00:12:38,195 --> 00:12:39,395 Admítano. 248 00:12:40,795 --> 00:12:43,371 E independentemente de se teñen fillos ou non, 249 00:12:43,395 --> 00:12:47,651 apoien unha educación sexual integral que non avergoñe aos nosos adolescentes 250 00:12:47,675 --> 00:12:50,355 (Aplausos) 251 00:12:56,155 --> 00:12:58,731 Nada positivo se saca de avergoñar a un adolescente 252 00:12:58,755 --> 00:13:01,355 polos seus desexos e comportamentos sexuais, 253 00:13:02,155 --> 00:13:05,795 máis que tests positivos de embarazo e de enfermidades de transmisión sexual 254 00:13:06,635 --> 00:13:09,691 Cada día, dásenos a oportunidade 255 00:13:09,715 --> 00:13:12,435 de racharmos cos patróns de desigualdade. 256 00:13:12,995 --> 00:13:16,475 E penso que todos podemos estar de acordo en que paga a pena facelo. 257 00:13:17,235 --> 00:13:18,451 Grazas. 258 00:13:18,475 --> 00:13:25,431 (Aplausos)