Hoxe imos compartir moitos segredos,
vostedes e mais eu,
e no entanto, espero que poidamos disipar
parte da vergoña que moitos
sentimos acerca do sexo.
Cantas de aquí recibiron algunha vez
piropos dun estraño?
Moitas mulleres.
No meu caso, a vez que mellor lembro
foi cando ese estraño resultou ser
alumno meu.
Veu xunta min despois da clase esa noite
e as súas palabras confirmáronme
o que xa sabía:
"Síntoo moito, profesora.
Se chego a saber que era vostede,
nunca lle diría esas cousas."
(Risas)
Para el, xamais fun unha persoa
ata que me convertín na súa profesora.
Este concepto, chamado obxectualización,
é a base do sexismo,
e vémolo reforzado
en cada aspecto das nosas vidas.
Vémolo no goberno
que se nega a castigar aos homes
por violaren mulleres.
Vémolo nos anuncios.
Cantos de vostedes viron un anuncio
que emprega un peito de muller para vender
un produto que nada ten que ver?
Ou películas e películas e películas
que retratan mulleres
que só se interesan polo amor?
Estes exemplos quizais semellen
intranscendentes e inofensivos,
pero son perniciosos,
contribuíndo lentamente a unha cultura
que evita ver as mulleres como persoas.
Vémolo na escola que manda para a casa
a unha nena de 10 anos
porque a súa roupa distraía aos rapaces
que intentaban aprender,
ou no goberno que rexeita castigar a homes
por violar mulleres
unha e outra vez,
ou na muller asasinada
por pedirlle a un home que deixara
de pegarse a ela nunha pista de baile.
Os medios xogan un papel relevante
para perpetuar a obxectualización feminina
Pensemos na clásica comedia romántica.
Estas películas adoitan presentarnos
dous tipos de muller,
dous tipos desexables, en calquera caso.
A primeira é a bomba sexy.
Unha muller incriblemente fermosa
e cun corpo perfecto.
O noso protagonista non ten problema
para identificala,
e menos aínda para ter
relacións sexuais con ela.
A segunda muller é a nosa protagonista,
a muller fermosa pero tímida da que se
namora o protagonista masculino
aínda que ao principio
nin se decataba dela,
ou non lle gustaba nadiña.
A primeira é a rameira.
Serve para ser consumida e esquecida.
Está sempre dispoñible.
A segunda é desexable mais humilde,
e, polo tanto, digna dos futuros bebés
do noso protagonista.
Material de matrimonio.
Dinnos que as mulleres teñen dous roles,
mais dificilmente poden existir
os dous nunha soa muller.
Nas contadas ocasións en que lle conto
a alguén que acabo de coñecer
que estudo sobre sexo,
se non corta a conversa nese mesmo
intre,
normalmente está bastante interesado.
"Oh. Cóntame máis."
E fágoo.
"Estou moi interesada en estudar
o comportamento sexual
de parellas embarazadas
e en posparto."
Neste punto recibo unha resposta
distinta.
(Risas)
"Oh. Vaia.
As embarazadas practican sexo?
Non pensaches en estudar sobre
o desexo sexual
ou os orgasmos?
Iso sería interesante, e sexy."
Dicídeme. Cales son as primeiras palabras
que se vos ocorren
ao pensardes nunha muller embarazada?
Fíxenlle esta pregunta nunha enquisa
a máis de 500 adultos,
e a maioría responderon
"barriga" ou "redonda"
e "adorable."
Isto non me sorprendeu moito.
Que máis catalogamos como adorable?
Bebés. Cachorriños. Gatiños.
Anciáns, non si?
(Risas)
Cando catalogamos un adulto
como adorable, pola contra,
quitámoslle gran parte
da súa intelixencia,
da súa complexidade.
Reducímolo a características infantís.
Tamén lles pedín a homes heterosexuais
que imaxinasen que a muller coa que
estaban era unha embarazada,
e logo pedinlles a mulleres
que se imaxinasen embarazadas,
e despois me dixeran as primeiras
palabras que pensaron
ao imaxinárense practicando sexo.
A maioría das respostas foron negativas.
"Noxento."
"Difícil."
"Nada sexy." "Raro."
"Incómodo."
"Como?"
(Risas)
"Non paga a pena a molestia."
"Non paga a pena o risco."
Isto último marcoume especialmente.
Quizais pensemos que porque separamos
as embarazadas e as nais da sexualidade,
eliminamos as limitacións
da obxectualización sexual.
Elas sofren menos sexismo. De acordo?
Non exactamente.
O que sucede no seu lugar
é outro tipo de obxectualización.
Nos meus intentos
de explicarlle isto a outros,
unha conversa levounos á Venus de
Willendorf,
unha figuriña do Paleolítico
considerada polos investigadores
a deusa do amor e da beleza,
de aí o de Venus.
Pero esta teoría revisouse máis tarde,
cando os investigadores notaron
a obvia fixación do escultor
nos atributos sexuais da figuriña:
grandes peitos,
considerados ideais para aleitar;
Unha barriga redonda
e posiblemente embarazada;
os restos de tintura vermella,
aludindo á menstruación ou ao parto.
Tamén supuxeron que se fixera para
ser collida ou depositala deitada
xa que os seus pequenos pés
non lle permitirían aguantarse de pé.
Tampouco tiña face.
Por esta razón, supúxose que era
a representación da fertilidade
e non o retrato dunha persoa.
Era un obxecto.
Na historia da súa interpretación,
pasou de ser un obxecto
de beleza e amor ideais
a ser un obxecto de reprodución.
Penso que esta transición fala máis
dos investigadores que interpretaron
o seu propósito
ca do propio propósito da
figuriña.
Cando unha muller queda embarazada,
abandona o ámbito
do desexo sexual masculino
e introdúcese no seu papel
reprodutivo e de crianza.
E ao facelo, tamén se converte
en propiedade da comunidade,
considerada moi importante
só polo feito de estar embarazada. Si?
Chameille a isto o efecto Willendorf,
e unha vez máis vémolo reforzado
en moitos aspectos da vida da muller.
Algunha persoa aquí
estivo visiblemente embarazada?
(Risas)
Xa. Moitas de vós, certo?
E cantas tivestes algunha vez un estraño
tocándovos a barriga durante o embarazo,
incluso sen pedirvos permiso
primeiro?
Ou cantas veces alguén
que non era o voso médico,
o profesional médico que vos atende,
vos dixo o que podedes comer ou non?
Ou vos fixo preguntas privadas
sobre o voso plan de plan de parto?
E logo vos dixo por que
esas decisións están todas mal?
Xa, eu tamén.
Negouse un camareiro a traervos
un vaso de viño?
Esta quizais vos dea que pensar, seino,
mais escoitade.
Este é un gran segredo.
Beber con moderación durante o embarazo
é, en realidade, seguro.
Moitas de nós non o sabemos
porque os médicos non queren
confiarlles este segredo ás embarazadas,
(Risas)
especialmente se teñen un menor nivel
educativo ou son mulleres de cor.
O que isto quere dicir é
que o efecto Willendorf é, ademais,
clasista e racista.
Está presente cando o goberno
lles lembra ás mulleres
con cada nova lei antielección
que o contido dos seus úteros
non é seu,
ou cando o xinecólogo lles di,
"Aínda que é seguro
practicar sexo no embarazo,
un nunca sabe.
Mellor previr ca curar, non si?"
Négaselle a súa privacidade básica e
a súa autonomía corporal
co argumento de "se unha boa nai."
Non confiamos nela para tomar
as súas propias decisións.
É curriña, Lembrades?
Cando lles dicimos ás mulleres
que o pracer sexual, perdoade.
Ao dicirlles ás mulleres que o risco
do sexo durante o embarazo non paga a pena
o que lles dicimos é
que o seu pracer sexual non importa.
E, xa que logo, que elas non importan,
a pesar de que as necesidades do seu feto
non están en conflito coas súas propias.
Así que os profesionais médicos,
como o Colexio Americano de Xinecología
e Obstetricia (ACOG)
teñen a oportunidade de educar sobre
a seguridade do sexo durante o embarazo.
E que din os expertos?
O ACOG non ten
ningunha declaración oficial
sobre a seguridade do sexo durante o
embarazo.
A guía da Clínica Mayo é,
en liñas xerais, positiva,
pero presenta unha advertencia:
"Aínda que a maioría das mulleres
pode practicar sexo sen problemas
no embarazo, ás veces é mellor ser cauto."
Algunhas mulleres non queren
practicar sexo durante o embarazo,
e iso está perfecto.
Outras queren practicar sexo
durante o embarazo,
e iso tamén está perfecto.
O que cómpre parar é o feito
de que a sociedade lles diga
o que poden facer e que non co seu corpo.
(Aplausos)
As embarazadas non son recipientes
de reprodución sen cara nin identidade,
que non poden manterse en pé por si soas.
Mais a verdade é, o verdadeiro segredo é,
que lles dicimos a todas as mulleres
que o seu pracer sexual non importa.
Ata rexeitamos admitir que as mulleres
que practican sexo con outras
ou as que non queren ter
fillos existen.
"Oh, só é unha etapa...
só necesita que apareza o home adecuado."
Cada vez que unha muller practica sexo
simplemente porque se sente ben,
é algo revolucionario.
Ela é revolucionaria.
Vai en contra da sociedade que insiste
en que só existe para o pracer masculino
ou para a reprodución.
A muller que prioriza
as súas necesidades sexuais pon medo,
porque a muller que prioriza as súas
necesidades sexuais priorízase a si mesma.
(Aplauso)
É unha muller pedindo
ser tratada coma unha igual.
É unha muller que insiste
para que lle fagas sitio na mesa de poder,
e iso é o máis aterrador de todo
porque non podemos facer un sitio para ela
sen que algúns de nós teñamos que ceder
o noso espazo extra.
(Aplausos)
Teño un último segredo para vostedes.
Son nai de dous mozos
e serviríanos a súa axuda.
Aínda que os meus fillos me escoitan
dicir con frecuencia
que é importante que os homes
recoñezan as mulleres como iguais
e teñen en seu pai a un modelo,
precisamos que o que sucede no mundo
reforce o que pasa na nosa casa.
Isto non é un problema de homes
ou de mulleres.
Isto é problema de todos,
e todos temos un papel no desmantelamento
dos sistema de desigualdade.
Para comezar, debemos deixar
de dicirlles ás mulleres
o que poden facer cos seus corpos
e o que non.
(Aplausos)
Isto inclúe non tratar as embarazadas
como unha propiedade comunal.
Se non a coñecen, non lle pregunten
se lle poden tocar a barriga.
Non o farían con ninguén máis.
Non lle digan o que pode comer ou non.
Non lle pregunten por detalles privados
das súas decisións médicas.
E isto inclúe entender
que, incluso se vostede está
en contra do aborto,
pode seguir loitando
polo dereito das mulleres a decidir.
Cando se trata da igualdade das mulleres,
as dúas non poden entrar en conflito.
Se practica sexo con mulleres,
priorice o seu pracer.
E se non sabe como, pregunte.
Se ten fillos ou fillas --
(Risas)
fale con eles de sexo tan
axiña como sexa posible,
porque os nenos xa non buscan s-e-x-o
no dicionario.
Búscano en internet.
E cando teñan esas conversas,
non se centren só na reprodución.
As persoas practican sexo
por múltiples razóns,
algunhas porque queren un bebé,
pero a maioría porque se sente ben.
Admítano.
E independentemente
de se teñen fillos ou non,
apoien unha educación sexual integral
que non avergoñe aos nosos adolescentes
(Aplausos)
Nada positivo se saca
de avergoñar a un adolescente
polos seus desexos
e comportamentos sexuais,
máis que tests positivos de embarazo
e de enfermidades de transmisión sexual
Cada día, dásenos a oportunidade
de racharmos cos patróns de desigualdade.
E penso que todos podemos estar de acordo
en que paga a pena facelo.
Grazas.
(Aplausos)