1 00:00:00,760 --> 00:00:02,376 Ó principio deste ano 2 00:00:02,400 --> 00:00:05,938 dixéronme que ía facer unha charla TED 3 00:00:06,240 --> 00:00:08,106 Emocioneime e despois veu o pánico 4 00:00:08,247 --> 00:00:10,534 volvínme emocionar e despois o pánico outra vez 5 00:00:10,536 --> 00:00:12,816 e entre a emoción e o pánico 6 00:00:12,840 --> 00:00:15,136 empezou a miña busca, 7 00:00:15,160 --> 00:00:19,308 que consistiu primeiro en ver en Google como facer unha boa charla TED 8 00:00:19,640 --> 00:00:20,856 (Risas) 9 00:00:20,880 --> 00:00:22,536 E no medio diso, 10 00:00:22,560 --> 00:00:25,256 busquei en Google Chimamanda Ngozi Adichie. 11 00:00:25,280 --> 00:00:26,896 Cantos coñecedes quen é? 12 00:00:27,540 --> 00:00:29,216 (Aclamacións) 13 00:00:29,720 --> 00:00:31,929 Busqueina porque sempre o fago 14 00:00:31,930 --> 00:00:33,181 porque son unha admiradora 15 00:00:33,360 --> 00:00:36,976 pero tamén porque sempre ten cousas importantes e interesantes que dicir. 16 00:00:37,000 --> 00:00:40,456 E a combinación desas buscas 17 00:00:40,480 --> 00:00:43,096 levábame constantemente á súa charla 18 00:00:43,120 --> 00:00:46,296 sobre os perigos dunha única historia, 19 00:00:47,180 --> 00:00:49,696 sobre o que pasa cando temos unha única visión 20 00:00:49,720 --> 00:00:52,216 a través da cal entendermos certos grupos de xente, 21 00:00:52,240 --> 00:00:54,200 e é a charla perfecta. 22 00:00:55,720 --> 00:00:59,809 É a charla que eu daría se fose famosa antes. 23 00:01:00,080 --> 00:01:01,639 (Risas) 24 00:01:02,280 --> 00:01:05,270 E sabedes que ela é africana e eu son africana, 25 00:01:05,680 --> 00:01:07,626 que ela é feminista e eu son feminista. 26 00:01:07,626 --> 00:01:09,816 que ela conta historias e eu conto historias, 27 00:01:09,840 --> 00:01:11,656 así que sentín que é a miña charla. 28 00:01:12,280 --> 00:01:14,036 (Risas) 29 00:01:14,440 --> 00:01:17,736 Decidín, ademais, que ía aprender a programar, 30 00:01:17,760 --> 00:01:19,776 e despois ía hackear internet 31 00:01:19,800 --> 00:01:23,536 e eliminaría todas as copias existentes desa charla, 32 00:01:23,560 --> 00:01:24,976 memorizaríaa, 33 00:01:25,000 --> 00:01:28,256 e despois viría aquí e diríaa como se fose o meu discurso. 34 00:01:28,280 --> 00:01:31,456 O plan ía moi ben agás polo de aprender a programar 35 00:01:31,480 --> 00:01:35,376 e logo, varios meses despois, unha mañá 36 00:01:35,400 --> 00:01:36,976 levanteime 37 00:01:37,000 --> 00:01:42,456 coas noticias de que a muller de certo candidato presidencial 38 00:01:42,480 --> 00:01:45,456 fixo un discurso que 39 00:01:45,480 --> 00:01:47,416 (Risas) 40 00:01:47,440 --> 00:01:50,000 (Aplausos) 41 00:01:52,960 --> 00:01:57,576 que soou parecido a un que deu outra das miñas favoritas: 42 00:01:57,600 --> 00:01:58,816 Michelle Obama 43 00:01:58,840 --> 00:02:00,678 (Aclamacións) 44 00:02:00,960 --> 00:02:04,976 Daquela decidín que debía escribir a miña propia charla TED 45 00:02:05,000 --> 00:02:07,496 e é o que vou facer. 46 00:02:07,520 --> 00:02:09,240 Estou aquí para falar 47 00:02:09,240 --> 00:02:12,050 das miñas reflexións sobre contar historias. 48 00:02:12,640 --> 00:02:16,616 Por suposto, quero falar sobre o poder das historias 49 00:02:16,640 --> 00:02:19,576 pero tamén quero falar sobre as súas limitacións, 50 00:02:19,600 --> 00:02:23,640 en particular para os que estades interesados na xustiza social. 51 00:02:24,680 --> 00:02:27,176 Dende que Adichie deu aquel discurso hai sete anos 52 00:02:27,200 --> 00:02:29,456 houbo un boom no de contar historias, 53 00:02:29,480 --> 00:02:32,216 As historias están en todas partes, 54 00:02:32,240 --> 00:02:36,176 e se houbese algún perigo en contar un conto xa vello, 55 00:02:36,200 --> 00:02:40,536 penso máis ben que hai moito que celebrar sobre a propagación 56 00:02:40,560 --> 00:02:43,336 de tantas historias e voces. 57 00:02:43,360 --> 00:02:46,160 As historias son o antídoto para os prexuízos,. 58 00:02:46,960 --> 00:02:52,016 De feito se es clase media e tes conexión a internet 59 00:02:52,040 --> 00:02:55,176 podes descargar historias cun só click 60 00:02:55,200 --> 00:02:56,756 ou arrastrando sobre a pantalla. 61 00:02:56,756 --> 00:02:58,416 Podes escoitar un podcast 62 00:02:58,440 --> 00:03:02,336 sobre o que é crecer coma un dalit en Kolkata. 63 00:03:02,360 --> 00:03:04,856 Podes escoitar un indíxena en Australia 64 00:03:04,880 --> 00:03:08,976 que fala sobre os intentos e triunfos para criar os seus fillos con dignidade 65 00:03:09,000 --> 00:03:10,336 e con orgullo. 66 00:03:10,360 --> 00:03:12,336 As historias fannos enamorarnos. 67 00:03:12,360 --> 00:03:15,536 Curan feridas e únennos coma unha ponte. 68 00:03:15,560 --> 00:03:18,146 As historias poden incluso axudarnos a falar 69 00:03:18,146 --> 00:03:21,276 sobre a morte de persoas que non importan nas nosas sociedades, 70 00:03:21,276 --> 00:03:22,806 porque fan que nos interesemos. 71 00:03:22,860 --> 00:03:24,060 Non si? 72 00:03:24,800 --> 00:03:26,056 Non estou segura, 73 00:03:26,080 --> 00:03:29,160 e eu traballo nun sitio chamado Centre for Stories 74 00:03:29,840 --> 00:03:34,256 E o meu traballo é axudar a contar historias 75 00:03:34,280 --> 00:03:37,816 que cuestionen o discurso establecido sobre o que significa ser negro 76 00:03:37,840 --> 00:03:40,896 ou musulmán ou refuxiado ou calquera outra categoría 77 00:03:40,920 --> 00:03:43,936 das que falamos deseguido. 78 00:03:43,960 --> 00:03:45,246 Pero acabei neste traballo 79 00:03:45,246 --> 00:03:48,696 despois dun longo percorrido como activista social, 80 00:03:48,720 --> 00:03:50,856 polo que estou moi interesada nos xeitos 81 00:03:50,880 --> 00:03:53,576 en que a xente fala sobre historias non ficticias 82 00:03:53,600 --> 00:03:55,936 como se fose máis ca un espectáculo, 83 00:03:55,960 --> 00:03:58,920 como se fose un catalizador para a acción social. 84 00:03:59,560 --> 00:04:02,216 Non é raro escoitarlle á xente 85 00:04:02,240 --> 00:04:05,240 dicir que as historias fan do mundo un lugar mellor. 86 00:04:06,770 --> 00:04:10,176 Porén, preocúpame cada vez máis que ata as historias máis conmovedoras, 87 00:04:10,200 --> 00:04:14,136 particularmente as da xente que parece non importarlle a ninguén, 88 00:04:14,160 --> 00:04:17,576 poiden ás veces entorpecer a xustiza social. 89 00:04:17,600 --> 00:04:21,416 Non é porque os contadores queiran facer dano; 90 00:04:21,440 --> 00:04:22,696 máis ben o contrario. 91 00:04:22,720 --> 00:04:26,960 Os contadores teñen tan boa intención coma min e sospeito que tamén coma vós. 92 00:04:27,600 --> 00:04:30,656 E o público dos contadores de historias 93 00:04:30,680 --> 00:04:33,920 son normalmente xente con moita compaixón e empatía. 94 00:04:34,360 --> 00:04:39,176 Aínda que as boas intencións poden ter consecuencias non intencionadas 95 00:04:39,200 --> 00:04:43,240 quero dicir que as historias non son tan máxicas como pode parecer. 96 00:04:43,680 --> 00:04:46,576 Teño tres, porque deben ser sempre tres, 97 00:04:46,600 --> 00:04:48,816 tres razóns polas que creo 98 00:04:48,840 --> 00:04:53,520 que as historias non fan necesariamente do mundo un lugar mellor. 99 00:04:54,320 --> 00:04:58,376 En primeiro lugar as historias poden crear unha ilusión de solidariedade. 100 00:04:58,400 --> 00:05:00,936 Non hai nada coma ese bo sentimento que consegues 101 00:05:00,960 --> 00:05:03,096 ao escoitar unha historia fantástica 102 00:05:03,120 --> 00:05:06,496 onde sentes que subiches ao alto dunha montaña, non si? 103 00:05:06,520 --> 00:05:09,360 Ou que te fixeches amigo dun preso condenado a morte. 104 00:05:09,840 --> 00:05:11,256 Pero non o fixeches. 105 00:05:11,280 --> 00:05:13,096 Ti non fixeches nada. 106 00:05:13,120 --> 00:05:14,896 Escoitar é un paso importante 107 00:05:14,920 --> 00:05:17,880 pero insuficiente para á acción social. 108 00:05:19,120 --> 00:05:21,976 En segundo lugar, ás veces penso que tiramos 109 00:05:22,000 --> 00:05:24,936 cara a personaxes e protagonistas 110 00:05:24,960 --> 00:05:28,416 que son agradables e humanos. 111 00:05:28,440 --> 00:05:30,336 E isto ten sentido, non si? 112 00:05:30,360 --> 00:05:33,416 Porque se che gusta alguén impórtache esta persoa. 113 00:05:33,440 --> 00:05:34,840 Pero o contrario tamén pasa. 114 00:05:35,400 --> 00:05:37,176 Se non che gusta alguén 115 00:05:37,200 --> 00:05:39,136 entón esa persoa non che importa 116 00:05:39,160 --> 00:05:41,016 e se non che importa 117 00:05:41,040 --> 00:05:44,936 non ves que teñas a obriga moral 118 00:05:44,960 --> 00:05:48,200 de pensar nas circunstancias que marcaron a súa vida. 119 00:05:49,000 --> 00:05:52,296 Aprendín esta lección cando tiña 14 anos. 120 00:05:52,320 --> 00:05:55,096 Aprendín que non che ten que gustar alguén 121 00:05:55,120 --> 00:05:56,626 para recoñecer a súa sabedoría, 122 00:05:56,626 --> 00:05:58,616 e que tampouco che ten que gustar alguén 123 00:05:58,640 --> 00:06:00,080 para estar da súa parte. 124 00:06:00,800 --> 00:06:02,600 Roubáronme a bici 125 00:06:03,520 --> 00:06:04,976 mentras estaba montando nela 126 00:06:05,000 --> 00:06:06,136 (Risas) 127 00:06:06,160 --> 00:06:09,736 o que pode pasar se montas moi amodo como facía eu. 128 00:06:09,760 --> 00:06:11,256 (Risas) 129 00:06:11,280 --> 00:06:14,256 Nunha ocasión estaba atallando a través dun campo 130 00:06:14,280 --> 00:06:16,576 no barrio de Nairobi onde me criei, 131 00:06:16,600 --> 00:06:19,056 e é un camiño con moitas fochancas, 132 00:06:19,080 --> 00:06:20,896 así que se vas na bici 133 00:06:20,920 --> 00:06:23,176 non queres parecer, xa sabes... 134 00:06:23,200 --> 00:06:24,600 (Risas) 135 00:06:26,160 --> 00:06:30,776 Así que pedaleaba moi lentamente 136 00:06:30,800 --> 00:06:33,376 e de repente estou no chan. 137 00:06:33,400 --> 00:06:35,576 Estou no chan e miro para arriba 138 00:06:35,600 --> 00:06:38,376 e vexo a este neno pedaleando 139 00:06:38,400 --> 00:06:39,896 na miña bici 140 00:06:39,920 --> 00:06:43,176 un neno duns 11 ou 12 anos, e eu no chan 141 00:06:43,200 --> 00:06:46,056 chorando porque aforrara moitos cartos para aquela bici, 142 00:06:46,080 --> 00:06:48,656 e mentres choraba erguinme e comecei a berrar 143 00:06:48,680 --> 00:06:52,936 O instinto fíxome berrar "Mwizi, mwizi!" 144 00:06:52,960 --> 00:06:54,600 que significa "ladrón" en suahili. 145 00:06:55,560 --> 00:07:00,576 De repente todo o mundo sae das carpinterías 146 00:07:00,600 --> 00:07:02,016 e comeza a perseguilo. 147 00:07:02,040 --> 00:07:04,296 É África, a xustiza popular en acción. 148 00:07:04,320 --> 00:07:05,776 De acordo? 149 00:07:05,800 --> 00:07:08,576 Viro a esquina, e capturárono, 150 00:07:08,600 --> 00:07:10,056 cazárono. 151 00:07:10,080 --> 00:07:12,136 Detiveron o sospeitoso, 152 00:07:12,160 --> 00:07:15,736 e fixéronlle devolverme a bici. 153 00:07:15,760 --> 00:07:17,376 e tamén desculparse. 154 00:07:17,400 --> 00:07:20,976 Como xa dixen, típica xustiza africana, non sí? 155 00:07:21,000 --> 00:07:22,496 E fixéronlle pedirme perdón. 156 00:07:22,520 --> 00:07:24,856 e estabamos a ollar un para o outro, 157 00:07:24,880 --> 00:07:27,816 e el mírame e di perdón, 158 00:07:27,840 --> 00:07:31,336 pero mírame con carraxe descontrolada. 159 00:07:31,360 --> 00:07:34,400 Está moi moi furioso. 160 00:07:35,440 --> 00:07:38,496 Esta era a primeira vez que me enfrontaba con alguén 161 00:07:38,520 --> 00:07:41,136 a que non lle gusto simplemente polo que represento. 162 00:07:41,160 --> 00:07:43,216 Él mírame como se fose dicir 163 00:07:43,240 --> 00:07:47,120 "Ti, coa túa pel brillante e a túa bici, estás enfadada comigo?" 164 00:07:49,240 --> 00:07:52,496 Foi unha dura lección que eu non lle gustase, 165 00:07:52,520 --> 00:07:54,576 pero sabedes que? El tiña razón. 166 00:07:54,600 --> 00:07:58,096 Eu era unha nena de clase media vivindo nun país pobre. 167 00:07:58,120 --> 00:08:01,360 Eu tiña unha bici e el apenas tiña comida. 168 00:08:01,760 --> 00:08:04,696 Ás veces as mensaxes que non queremos escoitar, 169 00:08:04,720 --> 00:08:07,216 as que fan que queiramos que nos trague a terra, 170 00:08:07,240 --> 00:08:09,816 son as que máis necesitamos oír. 171 00:08:09,840 --> 00:08:13,016 Por cada contador de historias encantador que che rouba o corazón, 172 00:08:13,040 --> 00:08:17,416 hai centos que ven as súas voces distorsionadas, 173 00:08:17,440 --> 00:08:22,120 que non chegan ao escenario vestidos en lindas roupaxes coma esta. 174 00:08:22,640 --> 00:08:26,936 Hai millóns de historias coma a do neno que me roubou a bici 175 00:08:26,960 --> 00:08:28,616 e non podemos ignoralas 176 00:08:28,640 --> 00:08:31,776 só porque non nos gusten os protagonistas 177 00:08:31,800 --> 00:08:34,736 ou porque non sexa a clase de neno que levariamos para a casa 178 00:08:34,760 --> 00:08:35,960 desde o orfanato. 179 00:08:36,600 --> 00:08:38,456 A terceira razón pola que penso 180 00:08:38,480 --> 00:08:42,096 que as historias non fan do mundo un lugar mellor 181 00:08:42,120 --> 00:08:45,576 é que moi a miúdo estamos tan inmersos na narración persoal 182 00:08:45,600 --> 00:08:48,440 que esquecemos o que hai ao redor. 183 00:08:48,880 --> 00:08:50,776 Así que aplaudimos 184 00:08:50,800 --> 00:08:53,456 cando nos contan os seus sentimentos de vergoña, 185 00:08:53,480 --> 00:08:56,640 pero non relacionamos iso coa opresión. 186 00:08:57,080 --> 00:09:00,736 Asentimos con razón cando alguén nos di que se sente pequeno 187 00:09:00,760 --> 00:09:02,800 pero non o ligamos coa discriminación. 188 00:09:03,600 --> 00:09:06,416 As mellores historias, especialmente para a xustiza social 189 00:09:06,440 --> 00:09:08,256 son as que fan as dúas cousas: 190 00:09:08,280 --> 00:09:13,040 son persoais, pero permítennos explorar e entender o político. 191 00:09:13,720 --> 00:09:15,936 Pero non pasa só coas historias que nos gustan 192 00:09:15,960 --> 00:09:17,856 fronte ás que eliximos ignorar. 193 00:09:17,880 --> 00:09:21,816 Cada vez máis vivimos nunha sociedade na que hai maiores forzas en xogo, 194 00:09:21,840 --> 00:09:26,200 onde para moita xente, as historias están comezando a substituír as noticias. 195 00:09:26,640 --> 00:09:27,856 Non? 196 00:09:27,880 --> 00:09:31,256 Vivimos nunca época na que vemos a decadencia dos feitos, 197 00:09:31,280 --> 00:09:33,496 cando as emocións dominan 198 00:09:33,520 --> 00:09:36,616 e a análise é un pouco aburrida, non si? 199 00:09:36,640 --> 00:09:40,840 Onde valoramos o que sentimos máis que aquilo que sabemos. 200 00:09:42,040 --> 00:09:46,336 Unha declaración do Pew Center sobre modas en America 201 00:09:46,360 --> 00:09:52,136 indica que só o 10% dos adultos de menos de 30 anos 202 00:09:52,160 --> 00:09:55,536 confía nos medios de comunicación. 203 00:09:55,560 --> 00:09:57,210 É un dato significativo. 204 00:09:57,700 --> 00:09:59,680 Significa que os contadores de historias 205 00:09:59,680 --> 00:10:01,856 están gañando confianza ó mesmo tempo 206 00:10:01,880 --> 00:10:05,200 que os medios perden a confianza do público. 207 00:10:06,040 --> 00:10:08,616 Non é unha boa cousa, 208 00:10:08,640 --> 00:10:10,416 porque as historias son importantes 209 00:10:10,440 --> 00:10:12,656 e axúdannos a ter diferentes percepcións, 210 00:10:12,680 --> 00:10:14,376 pero aos medios necesitámolos. 211 00:10:14,506 --> 00:10:17,056 Tras moitos anos como activista social 212 00:10:17,080 --> 00:10:23,176 sei moi ben que necesitamos crer nos datos dos medios institucionais 213 00:10:23,200 --> 00:10:27,216 combinados coas poderosas voces dos contadores. 214 00:10:27,240 --> 00:10:30,760 Iso é o que move cara a adiante a xustiza social. 215 00:10:31,840 --> 00:10:34,560 Na análise final 216 00:10:36,480 --> 00:10:38,296 é a xustiza 217 00:10:38,320 --> 00:10:40,056 a que fai do mundo un lugar mellor 218 00:10:40,080 --> 00:10:42,040 e non as historias. 219 00:10:43,080 --> 00:10:46,136 E se é xustiza o que buscamos, 220 00:10:46,160 --> 00:10:49,576 penso que non debemos centrarnos nos medios ou nos contadores. 221 00:10:49,600 --> 00:10:52,296 Temos que centrarnos no público, 222 00:10:52,320 --> 00:10:55,416 en calquera que algunha vez acendese a radio 223 00:10:55,440 --> 00:10:57,256 ou escoitase un podcast, 224 00:10:57,280 --> 00:10:59,376 e eses somos todos nós. 225 00:10:59,400 --> 00:11:01,536 Como conclusión, unhas ideas 226 00:11:01,560 --> 00:11:05,440 sobre o que o público pode facer para converter o mundo nun lugar mellor. 227 00:11:06,000 --> 00:11:09,936 Primeira, o mundo podería ser un lugar mellor, penso, 228 00:11:09,960 --> 00:11:13,536 se o público fose máis curioso e máis escéptico 229 00:11:13,560 --> 00:11:16,176 e fixese máis preguntas sobre o contexto social 230 00:11:16,200 --> 00:11:19,280 que provocou esas historias que tanto lles gustan. 231 00:11:20,200 --> 00:11:22,456 Segunda, o mundo podería ser un lugar mellor 232 00:11:22,480 --> 00:11:26,160 se o público recoñecese que as historias son un traballo intelectual. 233 00:11:27,640 --> 00:11:30,576 E penso que sería importante que o público 234 00:11:30,600 --> 00:11:35,936 pedise mais botóns nos seus webs favoritos, 235 00:11:35,960 --> 00:11:38,656 que dixesen, por exemplo: 236 00:11:38,680 --> 00:11:40,296 "Se che gustou esta historia, 237 00:11:40,320 --> 00:11:44,376 preme aquí para apoiares a causa na que cre este contador". 238 00:11:44,400 --> 00:11:49,560 Ou "preme aquí para contribuír á seguinte gran idea deste contador". 239 00:11:50,480 --> 00:11:53,056 Ás veces estamos enganchados ás plataformas 240 00:11:53,080 --> 00:11:55,536 pero non necesariamente aos contadores. 241 00:11:55,560 --> 00:12:00,656 E por último, creo que o público pode converter o mundo nun lugar mellor 242 00:12:00,680 --> 00:12:02,760 apagando os seus teléfonos, 243 00:12:03,560 --> 00:12:05,576 separándose das súas pantallas 244 00:12:05,600 --> 00:12:10,080 e saíndo ao mundo real fóra da súa zona de confort. 245 00:12:10,840 --> 00:12:12,856 Alice Walker dixo 246 00:12:12,880 --> 00:12:16,656 "Mira con atención o presente que estás a construír, 247 00:12:16,680 --> 00:12:19,840 debería ser coma o futuro que estás a soñar" 248 00:12:20,640 --> 00:12:23,096 Os contadores de historias pódennos axudar a soñar 249 00:12:23,096 --> 00:12:26,680 pero depende de todos nós ter un plan para a xustiza 250 00:12:27,480 --> 00:12:28,696 Moitas grazas 251 00:12:28,720 --> 00:12:33,070 (Aplausos)