Probablemente recordan esta imaxe
da chanceler Angela Merkel
facéndose unha autofoto cun refuxiado.
Esta imaxe e outras semellantes
levantaron ampolas no parlamento alemán
e en moitos parlamentos europeos,
poñendo en xaque á Unión Europea.
Desde o principio non houbo consenso
entre a población alemá
ante tal avalancha de refuxiados
procedentes de Oriente, camiño de Europa.
A cultura de benvida que fomentaba
Angela Merkel desde un principio
non foi sempre valorada por todos.
Desde un principio
había xente que a apoiou
e outras persoas que non.
As persoas que non a apoian actualmente
cada vez son máis,
cada vez hai máis detractores,
e isto vaille pasar factura
a Angela Merkel, obviamente.
Non quero entrar en detalles
sobre o futuro político de Angela Merkel,
pero si que me gustaría mencionar
que ela, para min,
é unha das persoas políticas
na actualidade
que ten unha autoridade moral
pese aos seus erros
da que carece
a maioría dos políticos actuais.
Esta é unha gráfica que mostra
o número de refuxiados
que entraron en Alemaña
durante o ano pasado.
O primeiro grupo é de Siria,
seguido polo grupo que veu de Iraq
e o grupo que veu de Afganistán.
Segundo un informe de UNICEF
publicado hai escasamente dúas semanas,
a metade das persoas que foxen da guerra
son menores de idade.
O discurso en contra dos refuxiados
é bastante coñecido:
"Vannos islamizar", "estamos
deixando entrar a terroristas",
"estamos perdendo a identidade".
E é verdade que tamén hai persoas
que están moi a favor
ou empatizan coas persoas
que foxen da guerra,
pero tamén podo constatar
que entre esas persoas
hai unha especie de escudarse
ante os erros dos políticos
para non actuar,
para non participar en iniciativas
que poidan, se non resolver,
polo menos paliar
estes dramas persoais tan graves.
No discurso oficioso e no discurso oficial
destácase como algo chave
para a integración dos refuxiados
a aprendizaxe do alemán.
Eu son de Barcelona, eu son lingüista.
Desde fai catro anos
vivo en Colonia, en Alemaña,
e para min tamén é un factor chave
a aprendizaxe da lingua
para poderse integrar,
pero non só para os refuxiados
é un factor chave
senón para tódolos inmigrantes en xeral.
Investigo diferentes aspectos da lingua
en entornos multilingües
desde hai varios anos,
e para min a lingua non é un produto final
que se poida chegar a dominar.
Para min a lingua é un proceso
que vai cambiando ao longo da vida,
ao longo das experiencias persoais
que imos tendo.
E, obviamente, a lingua
é un poderoso instrumento
de integración, de inclusión,
pero tamén
un poderoso instrumento
de exclusión social.
Se, por exemplo, tes
unha pobre competencia lingüística
ou tes un acento estranxeiro,
un dialecto determinado dunha rexión,
ou, ao mellor, tes
algún tipo de discapacidade
que che afecta á produción da lingua oral,
como, por exemplo, a tartamudez,
estes son exemplos que inflúen
en como as persoas
vanche aceptar ou vanche marxinar
nunha sociedade.
A utilización da lingua e da identidade
non é algo estático,
é algo que vai cambiando.
Non é coma as pegadas dactilares,
que é o que te acompaña toda a vida.
A identidade é algo
que se crea ou se forxa
en función dos valores e as crenzas
que che dan a túa familia, os teus amigos.
Tamén vai en función
do que ti realmente queres ser,
e o que ti queres realmente ser
vai en función da túa motivación,
do sentimento de pertenza
que tes con outros grupos
cos que te sintes afín ou identificado
e tamén en función
das interaccións con grupos
que son totalmente diferentes a ti.
Nos centros de refuxiados na Alemaña
ofrécense clases de alemán gratuitas
e un podería pensar, é natural pensar,
que estas persoas deberían estar contentas
de poder recibir estes cursos de alemán
e tamén que deberían estar agradecidas.
Pero é realmente significativa
a ausencia de rapazas adolescentes
nestes grupos de alemán,
nestas actividades.
Póñanse en situación:
estas rapazas levan moita carga,
moitos trastornos postraumáticos,
debido a un éxodo a unha terra
que ninguén lles prometera.
Viron como asasinaban
aos seus seres queridos,
viron como incendiaban
ou bombardeaban as súas casas,
outras desgraciadamente tamén foron
testigos ou víctimas de violacións
na súa particular trasfega
desde Afganistán, Iraq e Irán
camiño a Europa
ou camiño en este caso de Alemaña.
Se Vdes. se poñen na súa pel,
terían ganas de facer clases de alemán
ou de calquera outra cousa?
Para máis inri,
as familias destas rapazas,
os pais, os irmáns ou outros familiares,
impídenlles que participen
nestas actividades
porque pensan que, ao mellor,
vanlles danar aínda máis.
E a pregunta é:
Que facer para que estas rapazas
comecen a participar
nesta nova sociedade
e se poidan integrar?
Esta é a pregunta
que nos fixemos catro amigos:
co xersei vermello, Sandra,
despois estou eu, Lina e Peter.
Os catro, por razóns diferentes,
temos moito que ver coa adolescencia.
Peter e eu por ter fillas de quince anos
e Sandra e Lina por traballar tamén
con este grupo, a adolescencia.
Nós pensamos: e se facemos un proxecto
onde non só sexa atractivo
para as rapazas refuxiadas,
senón tamén atractivo
para as rapazas alemás?
Poderiamos conseguir unilas?
Poderiamos crear un espazo
para que elas interactuaran
e quizais con iso poder contribuir
a transformar a súa identidade?
Así naceu a iniciativa de "HalloFoto!".
É un proxecto intercultural para
rapazas adolescentes entre 13 e 17 anos.
Os obxectivos deste proxecto
eran: desenvolver,
bueno, primeiro crear
estes espazos de interacción
para poder con iso desenvolver
as competencias comunicativas
e as competencias creativas das rapazas.
Nós pensabamos:
se desenvolvemos ámbalas cousas,
seguro que imos crear
a posibilidade de que desenvolvan
tamén competencias interculturais.
Evidentemente, para desenvolver
as competencias comunicativas
había que pasar
pola aprendizaxe do alemán,
non quedaba outra,
e utilizamos un método novedoso:
os taboleiros de comunicación aumentativa.
Os taboleiros de comunicación aumentativa
son axudas para as persoas
que non son verbais,
é dicir, persoas que non teñen
linguaxe oral.
Esta condición pódese dar
desde o nacemento, por exemplo,
no caso de nenos con trastornos
do espectro autista severos,
ou, por exemplo, en nenos
con parálise cerebral.
Tamén esta condición pódese dar
cando xa es adulto
porque tes un ictus ou un accidente
ou porque sofres
unha enfermidade neurodexenerativa,
como o párkinson.
Estes taboleiros
que utilizamos para o proxecto
compóñense de pictogramas
e do vocabulario núcleo.
O vocabulario núcleo son as palabras
que se repiten máis na lingua espontánea
e isto sucede non só no alemán,
senón tamén no castelán, no catalán,
no éuscaro, no inglés, etc.
A verdade é que as nenas
aceptaron moi ben estes instrumentos
e os datos recollidos no proxecto
demostran que si,
que o valoran positivamente.
De todas maneiras, para elas
isto non é o determinante
para aprender alemán, para ter soños,
para estar motivadas,
para querer realmente participar
nesta nova sociedade.
Para elas, o realmente significativo
son os encontros que formamos,
que organizamos en "HalloFoto!",
no noso proxecto.
Son encontros interculturais
porque estabamos a fomentar
a interacción cara a cara
de grupos con marcos de referencia
totalmente diferentes.
Isto, por exemplo, é a imaxe
dun dos encontros.
Nós organizamos
estes encontros interculturais por temas
e os temas decidíronos elas.
Este é o tema "Maquillaxe e perruquería".
Noutro dos encontros fomos
a un centro de aventuras
onde había tirolinas,
xogos de equilibrios, túneles.
O tema non era crear medo,
senón superar o medo.
De forma conxunta íbanse axudando
e non era cuestión de quen tiña
máis medo ou menos medo,
que grupo era o que tiña
máis medo ou menos,
era simplemente cada unha
na súa expresión.
Xa o ven nas caras,
non poden definir quen é a que ten medo.
O caso é que este,
xunto con outros encontros,
este é o encontro
que fixemos sobre cociña,
elas ven significado.
E é esa construción de significado
o que xera unha sensación de mestizaxe,
unha sensación de crear vínculos,
uns desenvolvementos interculturais
que van máis alá das etiquetas.
As etiquetas o único que fan é
xerar estereotipos e xerar prexuizos
que non dan conta da riqueza tan grande
que somos cada un de nós,
ou que temos cada un de nós.
Ademais das competencias comunicativas,
tamén quixemos desenvolver
as competencias creativas.
A creatividade é a expresión
afectiva e cognitiva de cada individuo.
E se nós activamos esa expresión
de forma conxunta,
primeiro, desenvólvese un espazo para
xerar cousas, primeiramente impensables,
que son mestizaxes de expresións
onde xa se pode comezar a ver
como se está a forxar
unha competencia intercultural.
Para iso se fixeron
estes talleres de fotografía,
para xerar esta creatividade.
Os talleres de fotografía
fixéronos Peter e Sandra,
que son os fotógrafos do grupo.
E estas son as fotos
que as rapazas se fixeron
ao longo do proxecto.
Ás veces posaron e ás veces
foron fotógrafas, elas o decidiron.
E cando unha ve estas fotos, pensa:
onde está o "elas"?,
onde está o "nós"?
As fronteiras están coma moi diluidas.
Como nos definimos?
As fotos parecéronnos tan preciosas
que pensamos que deberiamos
facer unha exposición,
pero non unha exposición ao uso,
non queriamos facer unha exposición
nun museo ou nunha galería de arte.
Queriamos trasladar as nosas fotos,
a nosa exposición, a un espazo urbán
e tiñamos unha visión.
Esta é a recreación por ordenador
da nosa visión:
queriamos que as nosas rapazas
estiveran nun tranvía,
o tranvía do desexo.
O noso desexo era ter unha plataforma,
unha plataforma que fose
unha declaración política
contra o sexismo e contra a xenofobia.
Presentámosllo
aos transportes públicos de Colonia
e entusiasmáronse bastante co proxecto.
E a principios de xullo, do pasado xullo,
presentouse o tranvía
coas fotos das rapazas.
(Aplausos)
O proxecto tivo moitísimo máis éxito
do que nos imaxinábamos.
De feito, a prensa destacounos
coma proxecto exemplar
para contrarrestar as tendenzas xenófobas
que tristemente cada vez son máis,
non só en Alemaña, senón en toda Europa.
Asimesmo, foron moitas as persoas
que nos preguntaron
se podían replicar o proxecto,
se eles podían facer
o seu especial "HalloFoto!".
E por esta razón pensamos:
vamos a licencialo,
para que todo o mundo poida utilizalo.
Por iso o proxecto está
en Creative Commons,
e desde este escenario,
desde TEDxValladolid,
invítolles a todos
os que queiran participar
e pór en marcha o seu propio proxecto,
que o fagan.
(Aplausos)
E non é o que nós ensinamos,
as catro persoas do equipo,
senón o que nos ensinaron as rapazas.
Todas as participantes do grupo
mostráronnos
formas de comunicarse
e formas de interactuar.
Primeiro, que rompen estereotipos.
Segundo, que crean pontes.
Que xeraron tamén
unhas identidades transformadas,
poderosas e interculturais.
E estas identidades interculturais
non se basan no consenso,
pero si no respeto mutuo,
nese respeto mutuo
de empatizar coa outra,
de poñerse na pel da outra,
para así ter ese sentimento de pertenza.
E ese sentimento de pertenza
é o que estiven sentindo ante Vdes.
mentres lles estaba a contar todo isto,
e por isto estoulles moi agradecida.
(Aplausos)