WEBVTT 00:00:06.674 --> 00:00:08.524 A maioría da xente tomará pílulas, 00:00:08.524 --> 00:00:09.834 poñeranlle unha inxección 00:00:09.895 --> 00:00:13.031 ou tomará algún tipo de fármaco ao longo das súa vidas, 00:00:13.151 --> 00:00:17.840 pero a maioría non sabemos como estas substancias actúan realmente. 00:00:18.179 --> 00:00:21.816 Como impactan os compostos na forma en que fisicamente sentimos, 00:00:21.816 --> 00:00:22.726 pensamos, 00:00:22.726 --> 00:00:24.468 ou incluso nos comportamos? 00:00:24.844 --> 00:00:28.665 Na maioría dos casos, isto depende de como o fármaco altera a comunicación 00:00:28.665 --> 00:00:31.226 entre as células no cerebro. 00:00:31.226 --> 00:00:33.787 Hai diversas formas en que iso pode pasar. 00:00:33.787 --> 00:00:35.716 Mais antes de que chegue ao cerebro, 00:00:35.716 --> 00:00:38.394 calquera fármaco debe chegar antes á corrente sanguínea 00:00:38.394 --> 00:00:41.727 nunha viaxe que pode levar a calquera sitio de segundos a horas, 00:00:41.737 --> 00:00:44.327 dependendo de factores como a forma de administralo. 00:00:44.327 --> 00:00:47.367 O método máis lento é tomar o fármaco por vía oral 00:00:47.367 --> 00:00:50.097 porque debe ser absorbido polo noso sistema dixestivo 00:00:50.097 --> 00:00:52.189 antes de facer efecto. 00:00:52.189 --> 00:00:55.398 Inhalar un fármaco fai que chegue ao fluxo sanguíneo máis rápido. 00:00:55.398 --> 00:00:58.888 E inxectalo por vía intravenosa é a forma máis rápida 00:00:58.888 --> 00:01:02.007 porque bombea as substancias químicas directamente no sangue. 00:01:02.007 --> 00:01:06.788 Unha vez aí, o fármaco acada rapidamente as portas do seu destino, o cerebro. 00:01:06.788 --> 00:01:10.606 A entrada a este órgano está vixiada pola barreira hematoencefálica, 00:01:10.606 --> 00:01:12.858 que separa o sangue do sistema nervioso 00:01:12.858 --> 00:01:15.940 para manter fóra substancias potencialmente perigosas. 00:01:15.940 --> 00:01:19.148 Todos os fármacos deben ter unha composición química específica 00:01:19.148 --> 00:01:23.568 que lles dá a chave para abrir a barreira e atravesala. 00:01:23.568 --> 00:01:27.428 Xa dentro, os fármacos interfiren o funcionamento normal do cerebro 00:01:27.428 --> 00:01:30.608 dirixíndose á rede de neuronas e sinapses. 00:01:30.608 --> 00:01:35.498 As neuronas son células cerebrais que teñen un núcleo, dendritas e un axón. 00:01:35.498 --> 00:01:39.540 As sinapses son estruturas situadas ao longo das dendritas ou do axón 00:01:39.540 --> 00:01:43.433 que permiten o intercambio de sinais electroquímicas entre as neuronas. 00:01:43.582 --> 00:01:47.500 Eses sinais toman a forma de substancias químicas chamadas neurotransmisores. 00:01:47.719 --> 00:01:51.439 Cada neurotransmisor xoga un rol diferente e regula o noso comportamento, 00:01:51.499 --> 00:01:52.950 emocións e coñecemento. 00:01:53.020 --> 00:01:55.520 Pero todos traballan dunha ou dúas formas: 00:01:55.630 --> 00:01:58.070 Poden inhibir a neurona receptora 00:01:58.070 --> 00:01:59.531 limitando a súa actividade, 00:01:59.601 --> 00:02:00.691 ou ben poden excitala, 00:02:00.721 --> 00:02:04.710 creando un novo sinal electroquímico que se estende ao longo da rede. 00:02:04.710 --> 00:02:08.119 Calquera neutrotransmisor restante degrádase normalmente 00:02:08.119 --> 00:02:10.480 ou reabsórbese na neurona transmisora. 00:02:11.320 --> 00:02:13.910 A efectividade do fármaco xorde da súa habilidade 00:02:13.970 --> 00:02:16.081 para manipular estas transmisións sinápticas 00:02:16.081 --> 00:02:18.591 en diferentes fases do proceso. 00:02:18.591 --> 00:02:21.508 Isto produce un aumento ou unha diminución 00:02:21.531 --> 00:02:24.361 na cantidade de neurotransmisores que se estenden. 00:02:24.791 --> 00:02:27.942 Por exemplo, antidepresivos comúns, como os ISRS, 00:02:27.942 --> 00:02:30.672 paran a recaptación da serotonina, 00:02:30.672 --> 00:02:34.321 un neurotransmisor que axusta os nosos estados de ánimo. 00:02:34.321 --> 00:02:37.704 Isto acaba por introducir máis cantidade dela na rede neuronal. 00:02:37.934 --> 00:02:40.404 Mentres, os calmantes, como a morfina, 00:02:40.404 --> 00:02:43.192 aumentan o nivel de serotonina e noradrenalina, 00:02:43.192 --> 00:02:44.574 que regulan a enerxía, 00:02:44.574 --> 00:02:45.532 a excitación, 00:02:45.532 --> 00:02:47.501 o estado de alerta e o pracer. 00:02:47.760 --> 00:02:51.640 Eses mesmos neurotransmisores tamén afectan aos receptores de endorfina, 00:02:51.640 --> 00:02:53.852 reducindo a percepción da dor. 00:02:53.902 --> 00:02:57.762 Os sedantes funcionan aumentando a produción de GABA 00:02:57.762 --> 00:02:59.492 para inhibir actividade neuronal 00:02:59.492 --> 00:03:03.222 ao pór a persoa nun estado relaxado ou sedado. 00:03:03.732 --> 00:03:06.213 E que hai de fármacos ilegais ou ilícitos? 00:03:06.213 --> 00:03:10.473 Estes teñen un forte impacto no cerebro que aínda estamos intentado comprender. 00:03:11.023 --> 00:03:12.684 A metanfetamina, unha anfetamina, 00:03:12.684 --> 00:03:15.954 induce a liberación duradeira de dopamina, 00:03:15.954 --> 00:03:20.013 un neurotransmisor conectado á idea da recompensa e do pracer. 00:03:20.763 --> 00:03:23.695 Tamén activa os receptores de noradrenalina, 00:03:23.695 --> 00:03:26.093 que aumenta o ritmo cardíaco, dilata as pupilas, 00:03:26.145 --> 00:03:29.238 e activa una resposta de enfrentamento ou fuxida do corpo. 00:03:29.238 --> 00:03:32.802 A cocaína bloquea a recaptacion de dopamina e serotonina, 00:03:32.802 --> 00:03:34.764 e introduce máis dentro da rede neuronal 00:03:34.764 --> 00:03:36.253 onde estimulan a enerxía, 00:03:36.253 --> 00:03:38.062 crean sentimentos de euforia 00:03:38.062 --> 00:03:39.715 e conteñen o apetito. 00:03:39.715 --> 00:03:43.944 As drogas alucinóxenas teñen algúns dos efectos máis enigmáticos. 00:03:43.944 --> 00:03:45.569 Substancias como o LSD, 00:03:45.569 --> 00:03:46.479 a mescalina 00:03:46.509 --> 00:03:47.538 e o DMT 00:03:47.538 --> 00:03:49.777 bloquean a liberación de serotonina, 00:03:49.777 --> 00:03:52.215 que regula o estado de ánimo e a impulsividade. 00:03:52.565 --> 00:03:55.205 Tamén teñen impacto nos circuítos neuronais 00:03:55.235 --> 00:03:59.056 involucrados na percepción, na aprendizaxe e na regulación da conduta. 00:03:59.056 --> 00:04:03.535 Isto pode explicar por que estes fármacos teñen un impacto tan grande. 00:04:03.535 --> 00:04:06.488 Incluso se algúns destes efectos soan fascinantes, 00:04:06.488 --> 00:04:10.524 hai razóns polas que estes fármacos están controlados e son a miúdo ilegais. 00:04:10.524 --> 00:04:13.388 Os fármacos teñen o poder de alterar a química do cerebro 00:04:13.418 --> 00:04:16.978 e o seu uso repetido pode reconfigurar permanentemente a rede neuronal 00:04:16.978 --> 00:04:18.435 que mantén a nosa capacidade 00:04:18.495 --> 00:04:20.087 para pensar, tomar decisións, 00:04:20.087 --> 00:04:20.845 aprender 00:04:20.845 --> 00:04:22.300 e lembrar cousas. 00:04:22.300 --> 00:04:25.927 Hai aínda moito que non sabemos sobre os fármacos e os seus efectos, 00:04:25.927 --> 00:04:27.556 tanto bos como malos. 00:04:27.556 --> 00:04:31.531 Pero os que coñecemos son os que estudamos de cerca 00:04:31.531 --> 00:04:33.858 e convertemos en fármacos efectivos. 00:04:34.008 --> 00:04:37.238 A medida que crece o noso coñecemento sobre os fármacos e o cerebro, 00:04:37.238 --> 00:04:39.268 tamén aumentarán as posibilidades 00:04:39.348 --> 00:04:43.198 de tratar moitos dos problemas médicos que desconcertan aos investigadores.