0:00:06.674,0:00:08.524 A maioría da xente tomará pílulas, 0:00:08.524,0:00:09.834 poñeranlle unha inxección 0:00:09.895,0:00:13.031 ou tomará algún tipo de fármaco[br]ao longo das súa vidas, 0:00:13.151,0:00:17.840 pero a maioría non sabemos[br]como estas substancias actúan realmente. 0:00:18.179,0:00:21.816 Como impactan os compostos na forma[br]en que fisicamente sentimos, 0:00:21.816,0:00:22.726 pensamos, 0:00:22.726,0:00:24.468 ou incluso nos comportamos? 0:00:24.844,0:00:28.665 Na maioría dos casos, isto depende[br]de como o fármaco altera a comunicación 0:00:28.665,0:00:31.226 entre as células no cerebro. 0:00:31.226,0:00:33.787 Hai diversas formas en que iso pode pasar. 0:00:33.787,0:00:35.716 Mais antes de que chegue ao cerebro, 0:00:35.716,0:00:38.394 calquera fármaco debe chegar antes[br]á corrente sanguínea 0:00:38.394,0:00:41.727 nunha viaxe que pode levar[br]a calquera sitio de segundos a horas, 0:00:41.737,0:00:44.327 dependendo de factores[br]como a forma de administralo. 0:00:44.327,0:00:47.367 O método máis lento é[br]tomar o fármaco por vía oral 0:00:47.367,0:00:50.097 porque debe ser absorbido[br]polo noso sistema dixestivo 0:00:50.097,0:00:52.189 antes de facer efecto. 0:00:52.189,0:00:55.398 Inhalar un fármaco fai que chegue[br]ao fluxo sanguíneo máis rápido. 0:00:55.398,0:00:58.888 E inxectalo por vía intravenosa[br]é a forma máis rápida 0:00:58.888,0:01:02.007 porque bombea as substancias químicas[br]directamente no sangue. 0:01:02.007,0:01:06.788 Unha vez aí, o fármaco acada rapidamente[br]as portas do seu destino, o cerebro. 0:01:06.788,0:01:10.606 A entrada a este órgano está vixiada[br]pola barreira hematoencefálica, 0:01:10.606,0:01:12.858 que separa o sangue do sistema nervioso 0:01:12.858,0:01:15.940 para manter fóra[br]substancias potencialmente perigosas. 0:01:15.940,0:01:19.148 Todos os fármacos deben ter[br]unha composición química específica 0:01:19.148,0:01:23.568 que lles dá a chave [br]para abrir a barreira e atravesala. 0:01:23.568,0:01:27.428 Xa dentro, os fármacos interfiren[br]o funcionamento normal do cerebro 0:01:27.428,0:01:30.608 dirixíndose á rede de neuronas e sinapses. 0:01:30.608,0:01:35.498 As neuronas son células cerebrais[br]que teñen un núcleo, dendritas e un axón. 0:01:35.498,0:01:39.540 As sinapses son estruturas situadas[br]ao longo das dendritas ou do axón 0:01:39.540,0:01:43.433 que permiten o intercambio de sinais[br]electroquímicas entre as neuronas. 0:01:43.582,0:01:47.500 Eses sinais toman a forma de substancias[br]químicas chamadas neurotransmisores. 0:01:47.719,0:01:51.439 Cada neurotransmisor xoga un rol diferente[br]e regula o noso comportamento, 0:01:51.499,0:01:52.950 emocións e coñecemento. 0:01:53.020,0:01:55.520 Pero todos traballan dunha ou dúas formas: 0:01:55.630,0:01:58.070 Poden inhibir a neurona receptora 0:01:58.070,0:01:59.531 limitando a súa actividade, 0:01:59.601,0:02:00.691 ou ben poden excitala, 0:02:00.721,0:02:04.710 creando un novo sinal electroquímico[br]que se estende ao longo da rede. 0:02:04.710,0:02:08.119 Calquera neutrotransmisor restante[br]degrádase normalmente 0:02:08.119,0:02:10.480 ou reabsórbese na neurona transmisora. 0:02:11.320,0:02:13.910 A efectividade do fármaco[br]xorde da súa habilidade 0:02:13.970,0:02:16.081 para manipular[br]estas transmisións sinápticas 0:02:16.081,0:02:18.591 en diferentes fases do proceso. 0:02:18.591,0:02:21.508 Isto produce un aumento ou unha diminución 0:02:21.531,0:02:24.361 na cantidade de neurotransmisores[br]que se estenden. 0:02:24.791,0:02:27.942 Por exemplo, antidepresivos comúns,[br]como os ISRS, 0:02:27.942,0:02:30.672 paran a recaptación da serotonina, 0:02:30.672,0:02:34.321 un neurotransmisor que axusta[br]os nosos estados de ánimo. 0:02:34.321,0:02:37.704 Isto acaba por introducir [br]máis cantidade dela na rede neuronal. 0:02:37.934,0:02:40.404 Mentres, os calmantes, como a morfina, 0:02:40.404,0:02:43.192 aumentan o nivel[br]de serotonina e noradrenalina, 0:02:43.192,0:02:44.574 que regulan a enerxía, 0:02:44.574,0:02:45.532 a excitación, 0:02:45.532,0:02:47.501 o estado de alerta e o pracer. 0:02:47.760,0:02:51.640 Eses mesmos neurotransmisores[br]tamén afectan aos receptores de endorfina, 0:02:51.640,0:02:53.852 reducindo a percepción da dor. 0:02:53.902,0:02:57.762 Os sedantes funcionan[br]aumentando a produción de GABA 0:02:57.762,0:02:59.492 para inhibir actividade neuronal 0:02:59.492,0:03:03.222 ao pór a persoa[br]nun estado relaxado ou sedado. 0:03:03.732,0:03:06.213 E que hai de fármacos ilegais ou ilícitos? 0:03:06.213,0:03:10.473 Estes teñen un forte impacto no cerebro[br]que aínda estamos intentado comprender. 0:03:11.023,0:03:12.684 A metanfetamina, unha anfetamina, 0:03:12.684,0:03:15.954 induce a liberación duradeira de dopamina, 0:03:15.954,0:03:20.013 un neurotransmisor conectado[br]á idea da recompensa e do pracer. 0:03:20.763,0:03:23.695 Tamén activa[br]os receptores de noradrenalina, 0:03:23.695,0:03:26.093 que aumenta o ritmo cardíaco,[br]dilata as pupilas, 0:03:26.145,0:03:29.238 e activa una resposta[br]de enfrentamento ou fuxida do corpo. 0:03:29.238,0:03:32.802 A cocaína bloquea a recaptacion[br]de dopamina e serotonina, 0:03:32.802,0:03:34.764 e introduce máis dentro da rede neuronal 0:03:34.764,0:03:36.253 onde estimulan a enerxía, 0:03:36.253,0:03:38.062 crean sentimentos de euforia 0:03:38.062,0:03:39.715 e conteñen o apetito. 0:03:39.715,0:03:43.944 As drogas alucinóxenas teñen[br]algúns dos efectos máis enigmáticos. 0:03:43.944,0:03:45.569 Substancias como o LSD, 0:03:45.569,0:03:46.479 a mescalina 0:03:46.509,0:03:47.538 e o DMT 0:03:47.538,0:03:49.777 bloquean a liberación de serotonina, 0:03:49.777,0:03:52.215 que regula o estado de ánimo[br]e a impulsividade. 0:03:52.565,0:03:55.205 Tamén teñen impacto[br]nos circuítos neuronais 0:03:55.235,0:03:59.056 involucrados na percepción, na aprendizaxe[br]e na regulación da conduta. 0:03:59.056,0:04:03.535 Isto pode explicar por que estes fármacos[br]teñen un impacto tan grande. 0:04:03.535,0:04:06.488 Incluso se algúns destes efectos[br]soan fascinantes, 0:04:06.488,0:04:10.524 hai razóns polas que estes fármacos[br]están controlados e son a miúdo ilegais. 0:04:10.524,0:04:13.388 Os fármacos teñen o poder[br]de alterar a química do cerebro 0:04:13.418,0:04:16.978 e o seu uso repetido pode reconfigurar[br]permanentemente a rede neuronal 0:04:16.978,0:04:18.435 que mantén a nosa capacidade 0:04:18.495,0:04:20.087 para pensar, tomar decisións, 0:04:20.087,0:04:20.845 aprender 0:04:20.845,0:04:22.300 e lembrar cousas. 0:04:22.300,0:04:25.927 Hai aínda moito que non sabemos[br]sobre os fármacos e os seus efectos, 0:04:25.927,0:04:27.556 tanto bos como malos. 0:04:27.556,0:04:31.531 Pero os que coñecemos[br]son os que estudamos de cerca 0:04:31.531,0:04:33.858 e convertemos en fármacos efectivos. 0:04:34.008,0:04:37.238 A medida que crece o noso coñecemento[br]sobre os fármacos e o cerebro, 0:04:37.238,0:04:39.268 tamén aumentarán as posibilidades 0:04:39.348,0:04:43.198 de tratar moitos dos problemas médicos[br]que desconcertan aos investigadores.