A maioría da xente tomará pílulas,
poñeranlle unha inxección
ou tomará algún tipo de fármaco
ao longo das súa vidas,
pero a maioría non sabemos
como estas substancias actúan realmente.
Como impactan os compostos na forma
en que fisicamente sentimos,
pensamos,
ou incluso nos comportamos?
Na maioría dos casos, isto depende
de como o fármaco altera a comunicación
entre as células no cerebro.
Hai diversas formas en que iso pode pasar.
Mais antes de que chegue ao cerebro,
calquera fármaco debe chegar antes
á corrente sanguínea
nunha viaxe que pode levar
a calquera sitio de segundos a horas,
dependendo de factores
como a forma de administralo.
O método máis lento é
tomar o fármaco por vía oral
porque debe ser absorbido
polo noso sistema dixestivo
antes de facer efecto.
Inhalar un fármaco fai que chegue
ao fluxo sanguíneo máis rápido.
E inxectalo por vía intravenosa
é a forma máis rápida
porque bombea as substancias químicas
directamente no sangue.
Unha vez aí, o fármaco acada rapidamente
as portas do seu destino, o cerebro.
A entrada a este órgano está vixiada
pola barreira hematoencefálica,
que separa o sangue do sistema nervioso
para manter fóra
substancias potencialmente perigosas.
Todos os fármacos deben ter
unha composición química específica
que lles dá a chave
para abrir a barreira e atravesala.
Xa dentro, os fármacos interfiren
o funcionamento normal do cerebro
dirixíndose á rede de neuronas e sinapses.
As neuronas son células cerebrais
que teñen un núcleo, dendritas e un axón.
As sinapses son estruturas situadas
ao longo das dendritas ou do axón
que permiten o intercambio de sinais
electroquímicas entre as neuronas.
Eses sinais toman a forma de substancias
químicas chamadas neurotransmisores.
Cada neurotransmisor xoga un rol diferente
e regula o noso comportamento,
emocións e coñecemento.
Pero todos traballan dunha ou dúas formas:
Poden inhibir a neurona receptora
limitando a súa actividade,
ou ben poden excitala,
creando un novo sinal electroquímico
que se estende ao longo da rede.
Calquera neutrotransmisor restante
degrádase normalmente
ou reabsórbese na neurona transmisora.
A efectividade do fármaco
xorde da súa habilidade
para manipular
estas transmisións sinápticas
en diferentes fases do proceso.
Isto produce un aumento ou unha diminución
na cantidade de neurotransmisores
que se estenden.
Por exemplo, antidepresivos comúns,
como os ISRS,
paran a recaptación da serotonina,
un neurotransmisor que axusta
os nosos estados de ánimo.
Isto acaba por introducir
máis cantidade dela na rede neuronal.
Mentres, os calmantes, como a morfina,
aumentan o nivel
de serotonina e noradrenalina,
que regulan a enerxía,
a excitación,
o estado de alerta e o pracer.
Eses mesmos neurotransmisores
tamén afectan aos receptores de endorfina,
reducindo a percepción da dor.
Os sedantes funcionan
aumentando a produción de GABA
para inhibir actividade neuronal
ao pór a persoa
nun estado relaxado ou sedado.
E que hai de fármacos ilegais ou ilícitos?
Estes teñen un forte impacto no cerebro
que aínda estamos intentado comprender.
A metanfetamina, unha anfetamina,
induce a liberación duradeira de dopamina,
un neurotransmisor conectado
á idea da recompensa e do pracer.
Tamén activa
os receptores de noradrenalina,
que aumenta o ritmo cardíaco,
dilata as pupilas,
e activa una resposta
de enfrentamento ou fuxida do corpo.
A cocaína bloquea a recaptacion
de dopamina e serotonina,
e introduce máis dentro da rede neuronal
onde estimulan a enerxía,
crean sentimentos de euforia
e conteñen o apetito.
As drogas alucinóxenas teñen
algúns dos efectos máis enigmáticos.
Substancias como o LSD,
a mescalina
e o DMT
bloquean a liberación de serotonina,
que regula o estado de ánimo
e a impulsividade.
Tamén teñen impacto
nos circuítos neuronais
involucrados na percepción, na aprendizaxe
e na regulación da conduta.
Isto pode explicar por que estes fármacos
teñen un impacto tan grande.
Incluso se algúns destes efectos
soan fascinantes,
hai razóns polas que estes fármacos
están controlados e son a miúdo ilegais.
Os fármacos teñen o poder
de alterar a química do cerebro
e o seu uso repetido pode reconfigurar
permanentemente a rede neuronal
que mantén a nosa capacidade
para pensar, tomar decisións,
aprender
e lembrar cousas.
Hai aínda moito que non sabemos
sobre os fármacos e os seus efectos,
tanto bos como malos.
Pero os que coñecemos
son os que estudamos de cerca
e convertemos en fármacos efectivos.
A medida que crece o noso coñecemento
sobre os fármacos e o cerebro,
tamén aumentarán as posibilidades
de tratar moitos dos problemas médicos
que desconcertan aos investigadores.