WEBVTT 00:00:02.021 --> 00:00:05.315 Este de aquí atrás foi o meu cáncer cerebral. 00:00:07.125 --> 00:00:08.845 É bonito, non si? 00:00:08.869 --> 00:00:11.312 (Risas) 00:00:11.336 --> 00:00:13.798 Aquí a palabra clave é "foi". 00:00:13.822 --> 00:00:15.457 Ufff! 00:00:15.481 --> 00:00:20.523 (Aplausos) 00:00:20.547 --> 00:00:24.385 Ter cáncer cerebral foi, como podedes imaxinar, 00:00:24.399 --> 00:00:26.191 unha noticia moi impactante para min. 00:00:26.615 --> 00:00:28.984 Non sabía nada sobre o cáncer. 00:00:30.059 --> 00:00:33.299 Nas culturas occidentais, cando tes cáncer, 00:00:33.399 --> 00:00:34.264 [Desaparecer] 00:00:34.334 --> 00:00:36.102 é, dalgún xeito, coma se desapareceras. 00:00:36.509 --> 00:00:43.123 A vida, a dun ser humano complexo, é substituída por datos médicos: 00:00:43.147 --> 00:00:49.234 as túas radiografías, os exames médicos, os resultados de laboratorio, 00:00:49.258 --> 00:00:50.258 a lista de medicinas... 00:00:50.698 --> 00:00:51.470 [TODO] 00:00:51.680 --> 00:00:53.734 E todo o mundo cambia tamén. 00:00:54.439 --> 00:00:56.795 De súpeto convérteste nunha enfermidade con patas. 00:00:57.384 --> 00:01:01.488 Os médicos comezan a falar un idioma que ti non entendes. 00:01:01.983 --> 00:01:07.313 Empezan a sinalar co dedo 00:01:07.337 --> 00:01:11.484 o teu corpo e as túas radiografías. 00:01:12.187 --> 00:01:15.210 A xente comeza a cambiar tamén 00:01:15.234 --> 00:01:19.076 porque empezan a tratar coa enfermidade 00:01:19.100 --> 00:01:21.435 en vez de coa persoa. 00:01:21.459 --> 00:01:23.620 Preguntan: "Que che dixo o médico?" 00:01:23.644 --> 00:01:24.976 incluso antes de dicir "Ola". 00:01:26.636 --> 00:01:27.866 [PREGUNTAS] 00:01:27.976 --> 00:01:29.899 Mentres tanto, 00:01:29.923 --> 00:01:35.089 déixante con preguntas para as que ninguén ten resposta. 00:01:35.113 --> 00:01:37.864 Preguntas do tipo "Son quen de...?" 00:01:37.888 --> 00:01:39.883 Son quen de traballar con cáncer? 00:01:40.507 --> 00:01:44.914 Son quen de estudar? De facer o amor? De ser creativo? 00:01:45.864 --> 00:01:49.318 Pregúntaste: "Que fixen eu para merecer isto?" 00:01:49.342 --> 00:01:53.476 Pregúntaste: "Podo cambiar algo no meu estilo de vida?" 00:01:53.500 --> 00:01:56.174 Pregúntaste: "Hai algo que poida facer? 00:01:56.198 --> 00:01:57.643 Hai algunha outra opción?" 00:01:58.023 --> 00:01:59.713 [Hai algo que poida facer?] 00:02:00.333 --> 00:02:05.744 E, claro está, os médicos son os tipos bos en todos estes casos, 00:02:05.988 --> 00:02:11.910 porque son moi profesionais e comprometidos con curarte. 00:02:11.934 --> 00:02:17.168 Pero tamén están moi acostumados a tratar con pacientes, 00:02:17.192 --> 00:02:23.704 polo que eu diría que ás veces perden a perspectiva de que para ti é unha tortura 00:02:24.148 --> 00:02:29.079 e de que te convertes, literalmente, nun paciente. 00:02:29.103 --> 00:02:31.514 "Paciente" significa "o que espera". 00:02:31.538 --> 00:02:32.931 (Risas) 00:02:32.955 --> 00:02:37.144 As cousas están cambiando pero o típico 00:02:37.168 --> 00:02:42.817 é que eviten implicarse de ningún xeito en coñecer a túa situación, 00:02:42.841 --> 00:02:46.964 en facer partícipes á túa familia e amigos 00:02:46.988 --> 00:02:50.728 ou en ensinarche algún xeito de modificar o teu estilo de vida 00:02:50.752 --> 00:02:53.142 para minimizar os riscos do que estás a pasar. 00:02:54.083 --> 00:02:57.947 Pero con todo, veste obrigado a agardar 00:02:57.971 --> 00:03:01.305 nas mans dunha serie de estraños moi profesionais. 00:03:02.305 --> 00:03:04.595 [AGARDAR] 00:03:04.815 --> 00:03:06.890 Mentres estaba no hospital, 00:03:06.914 --> 00:03:10.132 pedín que me imprimiran a radiografía do meu cáncer 00:03:10.152 --> 00:03:11.611 e falei con el. 00:03:13.120 --> 00:03:15.318 Foi moi difícil conseguilo, 00:03:15.342 --> 00:03:18.520 porque non é moi habitual pedir unha foto do teu propio cáncer. 00:03:20.294 --> 00:03:22.059 Falei con el e díxenlle: 00:03:22.083 --> 00:03:25.371 "Moi ben, cáncer, ti non me representas. 00:03:26.635 --> 00:03:27.833 Eu son máis que isto. 00:03:28.647 --> 00:03:34.612 A cura, sexa cal sexa, terá que enfrontarse a todo o meu ser." 00:03:35.086 --> 00:03:40.570 Así que ao día seguinte marchei do hospital malia a recomendación médica. 00:03:41.024 --> 00:03:45.492 Estaba decidido a cambiar a miña relación co cáncer 00:03:45.616 --> 00:03:48.460 e estaba decidido a aprender máis sobre el 00:03:48.484 --> 00:03:52.053 antes de facer algo tan drástico como unha cirurxía. 00:03:54.037 --> 00:04:00.357 Son artista, uso varios tipos de tecnoloxías de código aberto 00:04:00.951 --> 00:04:03.370 e información aberta no meu traballo. 00:04:03.494 --> 00:04:09.391 Polo que a miña grande aposta foi divulgar todo, divulgar a información, 00:04:09.605 --> 00:04:15.072 e facelo de tal forma que calquera puidese acceder a ela. 00:04:16.269 --> 00:04:20.041 Así, creei un sitio web chamado "La Cura", 00:04:20.245 --> 00:04:23.164 onde publiquei os meus datos médicos na rede. 00:04:23.398 --> 00:04:25.271 En realidade tiven que piratealos 00:04:25.295 --> 00:04:29.451 pero dese tema podemos falar noutra charla. 00:04:29.475 --> 00:04:30.798 (Risas) 00:04:30.822 --> 00:04:33.379 Elixín esta palabra, "La Cura", 00:04:33.403 --> 00:04:35.738 porque en italiano significa "curación" 00:04:35.762 --> 00:04:38.490 e porque en moitas culturas diferentes, 00:04:38.514 --> 00:04:42.621 a palabra "curación" pode ter moitos significados. 00:04:43.066 --> 00:04:44.725 Na nosa cultura occidental 00:04:44.749 --> 00:04:48.968 significa erradicar ou facer retroceder á enfermidade, 00:04:49.242 --> 00:04:50.746 pero noutras culturas distintas 00:04:50.770 --> 00:04:53.776 como por exemplo as de Asia, 00:04:54.350 --> 00:04:58.462 do Mediterráneo, dos países latinos ou de África, 00:04:58.486 --> 00:05:00.329 pode representar moitas outras cousas. 00:05:00.628 --> 00:05:05.991 Por suposto que me interesaba a opinión dos médicos 00:05:06.015 --> 00:05:08.060 e do resto de profesionais da saúde, 00:05:08.264 --> 00:05:13.865 pero tamén me interesaba a curación proposta polo artista, polo poeta, 00:05:14.259 --> 00:05:16.412 polo deseñador, 00:05:16.436 --> 00:05:20.016 ou, por que non, polos músicos. 00:05:20.889 --> 00:05:23.765 Interesábame a curación social, 00:05:23.789 --> 00:05:26.463 interesábame a curación psicolóxica, 00:05:26.487 --> 00:05:28.977 interesábame a curación espiritual, 00:05:29.001 --> 00:05:32.035 interesábame a curación emocional, 00:05:32.059 --> 00:05:34.857 interesábame todo tipo de curación. 00:05:36.920 --> 00:05:39.362 E funcionou. 00:05:40.616 --> 00:05:43.685 O sitio "La Cura" deu a volta ao mundo. 00:05:43.969 --> 00:05:48.370 Recibín moita atención mediática de Italia e do estranxeiro 00:05:48.694 --> 00:05:54.416 e máis de 500.000 persoas contactaron comigo en moi pouco tempo 00:05:54.440 --> 00:05:56.354 a través de correos, redes sociais... 00:05:56.378 --> 00:05:59.549 A maioría eran consellos de como curar o meu cáncer, 00:05:59.573 --> 00:06:02.980 pero moitos máis eran sobre como curarme a min mesmo 00:06:03.004 --> 00:06:04.929 como persoa. 00:06:06.283 --> 00:06:10.341 Por exemplo, creáronse miles de vídeos, 00:06:10.365 --> 00:06:14.295 imaxes, fotos e representacións artísticas 00:06:14.319 --> 00:06:16.008 para La Cura. 00:06:16.756 --> 00:06:20.030 Temos aquí o exemplo de Francesca Fini e a súa actuación. 00:06:21.141 --> 00:06:24.918 Ou o que fixo o artista Patrick Lichty: 00:06:25.522 --> 00:06:29.706 Elaborou unha escultura en 3D do meu tumor 00:06:30.100 --> 00:06:32.797 e púxoa á venta en Thingiverse. 00:06:32.821 --> 00:06:35.020 Agora vós tamén podedes ter o meu cáncer! 00:06:35.044 --> 00:06:37.557 (Risas) 00:06:37.581 --> 00:06:40.974 Se o pensades é algo xenial, 00:06:40.998 --> 00:06:42.782 podemos compartir o mesmo cáncer. 00:06:44.234 --> 00:06:46.609 E isto era o que estaba a ocorrer: 00:06:46.633 --> 00:06:49.994 científicos, expertos en medicina tradicional, 00:06:50.018 --> 00:06:51.681 diversos investigadores, médicos... 00:06:51.705 --> 00:06:54.177 Todos estaban conectados comigo para aconsellarme. 00:06:54.401 --> 00:06:56.296 Tendo toda esta información e apoio, 00:06:56.320 --> 00:07:01.985 fun quen de reunir a un equipo de neurocirurxiáns, 00:07:02.009 --> 00:07:04.971 médicos tradicionais, 00:07:04.995 --> 00:07:11.120 oncólogos e varios centos de voluntarios 00:07:11.144 --> 00:07:14.349 cos que puiden falar sobre 00:07:14.373 --> 00:07:19.662 a información que ía recibindo, o que é moi importante. 00:07:19.796 --> 00:07:25.171 Xuntos, conseguimos formular unha estratexia da miña propia curación 00:07:26.165 --> 00:07:29.792 en distintos idiomas e conforme a distintas culturas. 00:07:29.816 --> 00:07:32.981 Así, a estratexia actual abrangue o mundo enteiro 00:07:33.005 --> 00:07:35.603 e miles de anos de historia humana, 00:07:35.627 --> 00:07:37.686 cousa que atopo bastante impresionante. 00:07:37.710 --> 00:07:39.370 [Cirurxía] 00:07:39.490 --> 00:07:44.419 Por sorte, nas resonancias seguintes viuse pouco ou ningún crecemento do cáncer. 00:07:45.005 --> 00:07:48.402 Polo que puiden tomar o meu tempo para elixir. 00:07:48.426 --> 00:07:52.067 Elixín o médico co que quería traballar, 00:07:52.091 --> 00:07:54.465 elixín o hospital no que quería estar, 00:07:54.489 --> 00:07:58.476 e todo mentres miles de persoas me apoiaban 00:07:58.500 --> 00:08:01.727 sen sentir pena por min. 00:08:01.751 --> 00:08:07.405 Todo o mundo sentía que podía ser de utilidade 00:08:07.429 --> 00:08:09.241 axudándome a recuperarme, 00:08:09.265 --> 00:08:12.630 e esta foi a parte máis importante de La Cura. 00:08:14.081 --> 00:08:15.533 Cales foron os resultados? 00:08:16.122 --> 00:08:18.455 Estou ben, como podedes ver, moi ben. 00:08:18.479 --> 00:08:22.491 (Aplausos) 00:08:23.795 --> 00:08:26.203 Recibín excelentes noticias 00:08:26.227 --> 00:08:27.833 despois da cirurxía: 00:08:27.857 --> 00:08:33.352 teño --vaia, tiña-- un glioma de moi baixo grao, 00:08:33.376 --> 00:08:37.188 que é un tipo de cáncer "bo" que non crece moito. 00:08:37.822 --> 00:08:41.160 Cambiei totalmente a miña vida e o meu estilo de vida. 00:08:42.240 --> 00:08:47.085 Todo o que fixen foi deseñado para manterme implicado. 00:08:47.305 --> 00:08:48.135 [IMPLICADO] 00:08:48.215 --> 00:08:51.301 Xusto ata minutos antes da cirurxía, 00:08:52.195 --> 00:08:54.162 que foi moi intensa, 00:08:54.186 --> 00:08:58.107 tiña unha rede de eléctrodos conectados ao meu cerebro 00:08:58.131 --> 00:08:59.267 neste lado, 00:09:00.021 --> 00:09:05.254 para poder construír un mapa funcional do que o cerebro controla. 00:09:05.278 --> 00:09:08.952 E xusto antes da operación, 00:09:08.976 --> 00:09:15.183 puidemos analizar este mapa 00:09:15.777 --> 00:09:20.660 co médico para entender os riscos que ía correr 00:09:20.684 --> 00:09:24.288 e se había algún que me gustaría evitar. 00:09:24.312 --> 00:09:26.018 Obviamente, habíaos. 00:09:26.242 --> 00:09:27.085 [Abrirse] 00:09:27.529 --> 00:09:32.556 Esta apertura foi a verdadeira clave de La Cura. 00:09:32.980 --> 00:09:37.775 Milleiros de persoas compartiron as súas historias, as súas experiencias. 00:09:37.799 --> 00:09:42.403 Os médicos chegaron a falar con xente á que habitualmente non consultarían 00:09:42.427 --> 00:09:46.856 cando se trata de cáncer. 00:09:47.370 --> 00:09:52.019 Creeime a min mesmo, estou nun estado continuo de tradución 00:09:52.043 --> 00:09:54.339 entre moitas linguaxes diferentes, 00:09:54.363 --> 00:09:58.236 onde a ciencia se atopa coa emoción 00:09:58.260 --> 00:10:02.897 e a investigación convencional coa tradicional. 00:10:02.921 --> 00:10:04.239 [SOCIEDADE] 00:10:04.263 --> 00:10:09.610 O punto clave de La Cura 00:10:09.635 --> 00:10:16.635 foi sentirme parte dunha sociedade verdadeiramente comprometida e conectada, 00:10:16.660 --> 00:10:22.780 cuxo benestar global depende do de cada un dos seus individuos. 00:10:24.253 --> 00:10:28.813 Esta actuación mundial é a miña curación de código aberto para o cáncer. 00:10:28.963 --> 00:10:30.413 [CURACIÓN DE CÓDIGO ABERTO] 00:10:30.543 --> 00:10:31.705 E tal e como o sinto eu, 00:10:31.705 --> 00:10:34.145 é unha curación para min, pero tamén para todos nós. 00:10:34.279 --> 00:10:35.232 Grazas. 00:10:35.256 --> 00:10:37.931 (Aplausos)