1 00:00:02,021 --> 00:00:05,315 Este de aquí atrás foi o meu cáncer cerebral. 2 00:00:07,125 --> 00:00:08,845 É bonito, non si? 3 00:00:08,869 --> 00:00:11,312 (Risas) 4 00:00:11,336 --> 00:00:13,798 Aquí a palabra clave é "foi". 5 00:00:13,822 --> 00:00:15,457 Ufff! 6 00:00:15,481 --> 00:00:20,523 (Aplausos) 7 00:00:20,547 --> 00:00:24,385 Ter cáncer cerebral foi, como podedes imaxinar, 8 00:00:24,399 --> 00:00:26,191 unha noticia moi impactante para min. 9 00:00:26,615 --> 00:00:28,984 Non sabía nada sobre o cáncer. 10 00:00:30,059 --> 00:00:33,299 Nas culturas occidentais, cando tes cáncer, 11 00:00:33,399 --> 00:00:34,264 [Desaparecer] 12 00:00:34,334 --> 00:00:36,102 é, dalgún xeito, coma se desapareceras. 13 00:00:36,509 --> 00:00:43,123 A vida, a dun ser humano complexo, é substituída por datos médicos: 14 00:00:43,147 --> 00:00:49,234 as túas radiografías, os exames médicos, os resultados de laboratorio, 15 00:00:49,258 --> 00:00:50,258 a lista de medicinas... 16 00:00:50,698 --> 00:00:51,470 [TODO] 17 00:00:51,680 --> 00:00:53,734 E todo o mundo cambia tamén. 18 00:00:54,439 --> 00:00:56,795 De súpeto convérteste nunha enfermidade con patas. 19 00:00:57,384 --> 00:01:01,488 Os médicos comezan a falar un idioma que ti non entendes. 20 00:01:01,983 --> 00:01:07,313 Empezan a sinalar co dedo 21 00:01:07,337 --> 00:01:11,484 o teu corpo e as túas radiografías. 22 00:01:12,187 --> 00:01:15,210 A xente comeza a cambiar tamén 23 00:01:15,234 --> 00:01:19,076 porque empezan a tratar coa enfermidade 24 00:01:19,100 --> 00:01:21,435 en vez de coa persoa. 25 00:01:21,459 --> 00:01:23,620 Preguntan: "Que che dixo o médico?" 26 00:01:23,644 --> 00:01:24,976 incluso antes de dicir "Ola". 27 00:01:26,636 --> 00:01:27,866 [PREGUNTAS] 28 00:01:27,976 --> 00:01:29,899 Mentres tanto, 29 00:01:29,923 --> 00:01:35,089 déixante con preguntas para as que ninguén ten resposta. 30 00:01:35,113 --> 00:01:37,864 Preguntas do tipo "Son quen de...?" 31 00:01:37,888 --> 00:01:39,883 Son quen de traballar con cáncer? 32 00:01:40,507 --> 00:01:44,914 Son quen de estudar? De facer o amor? De ser creativo? 33 00:01:45,864 --> 00:01:49,318 Pregúntaste: "Que fixen eu para merecer isto?" 34 00:01:49,342 --> 00:01:53,476 Pregúntaste: "Podo cambiar algo no meu estilo de vida?" 35 00:01:53,500 --> 00:01:56,174 Pregúntaste: "Hai algo que poida facer? 36 00:01:56,198 --> 00:01:57,643 Hai algunha outra opción?" 37 00:01:58,023 --> 00:01:59,713 [Hai algo que poida facer?] 38 00:02:00,333 --> 00:02:05,744 E, claro está, os médicos son os tipos bos en todos estes casos, 39 00:02:05,988 --> 00:02:11,910 porque son moi profesionais e comprometidos con curarte. 40 00:02:11,934 --> 00:02:17,168 Pero tamén están moi acostumados a tratar con pacientes, 41 00:02:17,192 --> 00:02:23,704 polo que eu diría que ás veces perden a perspectiva de que para ti é unha tortura 42 00:02:24,148 --> 00:02:29,079 e de que te convertes, literalmente, nun paciente. 43 00:02:29,103 --> 00:02:31,514 "Paciente" significa "o que espera". 44 00:02:31,538 --> 00:02:32,931 (Risas) 45 00:02:32,955 --> 00:02:37,144 As cousas están cambiando pero o típico 46 00:02:37,168 --> 00:02:42,817 é que eviten implicarse de ningún xeito en coñecer a túa situación, 47 00:02:42,841 --> 00:02:46,964 en facer partícipes á túa familia e amigos 48 00:02:46,988 --> 00:02:50,728 ou en ensinarche algún xeito de modificar o teu estilo de vida 49 00:02:50,752 --> 00:02:53,142 para minimizar os riscos do que estás a pasar. 50 00:02:54,083 --> 00:02:57,947 Pero con todo, veste obrigado a agardar 51 00:02:57,971 --> 00:03:01,305 nas mans dunha serie de estraños moi profesionais. 52 00:03:02,305 --> 00:03:04,595 [AGARDAR] 53 00:03:04,815 --> 00:03:06,890 Mentres estaba no hospital, 54 00:03:06,914 --> 00:03:10,132 pedín que me imprimiran a radiografía do meu cáncer 55 00:03:10,152 --> 00:03:11,611 e falei con el. 56 00:03:13,120 --> 00:03:15,318 Foi moi difícil conseguilo, 57 00:03:15,342 --> 00:03:18,520 porque non é moi habitual pedir unha foto do teu propio cáncer. 58 00:03:20,294 --> 00:03:22,059 Falei con el e díxenlle: 59 00:03:22,083 --> 00:03:25,371 "Moi ben, cáncer, ti non me representas. 60 00:03:26,635 --> 00:03:27,833 Eu son máis que isto. 61 00:03:28,647 --> 00:03:34,612 A cura, sexa cal sexa, terá que enfrontarse a todo o meu ser." 62 00:03:35,086 --> 00:03:40,570 Así que ao día seguinte marchei do hospital malia a recomendación médica. 63 00:03:41,024 --> 00:03:45,492 Estaba decidido a cambiar a miña relación co cáncer 64 00:03:45,616 --> 00:03:48,460 e estaba decidido a aprender máis sobre el 65 00:03:48,484 --> 00:03:52,053 antes de facer algo tan drástico como unha cirurxía. 66 00:03:54,037 --> 00:04:00,357 Son artista, uso varios tipos de tecnoloxías de código aberto 67 00:04:00,951 --> 00:04:03,370 e información aberta no meu traballo. 68 00:04:03,494 --> 00:04:09,391 Polo que a miña grande aposta foi divulgar todo, divulgar a información, 69 00:04:09,605 --> 00:04:15,072 e facelo de tal forma que calquera puidese acceder a ela. 70 00:04:16,269 --> 00:04:20,041 Así, creei un sitio web chamado "La Cura", 71 00:04:20,245 --> 00:04:23,164 onde publiquei os meus datos médicos na rede. 72 00:04:23,398 --> 00:04:25,271 En realidade tiven que piratealos 73 00:04:25,295 --> 00:04:29,451 pero dese tema podemos falar noutra charla. 74 00:04:29,475 --> 00:04:30,798 (Risas) 75 00:04:30,822 --> 00:04:33,379 Elixín esta palabra, "La Cura", 76 00:04:33,403 --> 00:04:35,738 porque en italiano significa "curación" 77 00:04:35,762 --> 00:04:38,490 e porque en moitas culturas diferentes, 78 00:04:38,514 --> 00:04:42,621 a palabra "curación" pode ter moitos significados. 79 00:04:43,066 --> 00:04:44,725 Na nosa cultura occidental 80 00:04:44,749 --> 00:04:48,968 significa erradicar ou facer retroceder á enfermidade, 81 00:04:49,242 --> 00:04:50,746 pero noutras culturas distintas 82 00:04:50,770 --> 00:04:53,776 como por exemplo as de Asia, 83 00:04:54,350 --> 00:04:58,462 do Mediterráneo, dos países latinos ou de África, 84 00:04:58,486 --> 00:05:00,329 pode representar moitas outras cousas. 85 00:05:00,628 --> 00:05:05,991 Por suposto que me interesaba a opinión dos médicos 86 00:05:06,015 --> 00:05:08,060 e do resto de profesionais da saúde, 87 00:05:08,264 --> 00:05:13,865 pero tamén me interesaba a curación proposta polo artista, polo poeta, 88 00:05:14,259 --> 00:05:16,412 polo deseñador, 89 00:05:16,436 --> 00:05:20,016 ou, por que non, polos músicos. 90 00:05:20,889 --> 00:05:23,765 Interesábame a curación social, 91 00:05:23,789 --> 00:05:26,463 interesábame a curación psicolóxica, 92 00:05:26,487 --> 00:05:28,977 interesábame a curación espiritual, 93 00:05:29,001 --> 00:05:32,035 interesábame a curación emocional, 94 00:05:32,059 --> 00:05:34,857 interesábame todo tipo de curación. 95 00:05:36,920 --> 00:05:39,362 E funcionou. 96 00:05:40,616 --> 00:05:43,685 O sitio "La Cura" deu a volta ao mundo. 97 00:05:43,969 --> 00:05:48,370 Recibín moita atención mediática de Italia e do estranxeiro 98 00:05:48,694 --> 00:05:54,416 e máis de 500.000 persoas contactaron comigo en moi pouco tempo 99 00:05:54,440 --> 00:05:56,354 a través de correos, redes sociais... 100 00:05:56,378 --> 00:05:59,549 A maioría eran consellos de como curar o meu cáncer, 101 00:05:59,573 --> 00:06:02,980 pero moitos máis eran sobre como curarme a min mesmo 102 00:06:03,004 --> 00:06:04,929 como persoa. 103 00:06:06,283 --> 00:06:10,341 Por exemplo, creáronse miles de vídeos, 104 00:06:10,365 --> 00:06:14,295 imaxes, fotos e representacións artísticas 105 00:06:14,319 --> 00:06:16,008 para La Cura. 106 00:06:16,756 --> 00:06:20,030 Temos aquí o exemplo de Francesca Fini e a súa actuación. 107 00:06:21,141 --> 00:06:24,918 Ou o que fixo o artista Patrick Lichty: 108 00:06:25,522 --> 00:06:29,706 Elaborou unha escultura en 3D do meu tumor 109 00:06:30,100 --> 00:06:32,797 e púxoa á venta en Thingiverse. 110 00:06:32,821 --> 00:06:35,020 Agora vós tamén podedes ter o meu cáncer! 111 00:06:35,044 --> 00:06:37,557 (Risas) 112 00:06:37,581 --> 00:06:40,974 Se o pensades é algo xenial, 113 00:06:40,998 --> 00:06:42,782 podemos compartir o mesmo cáncer. 114 00:06:44,234 --> 00:06:46,609 E isto era o que estaba a ocorrer: 115 00:06:46,633 --> 00:06:49,994 científicos, expertos en medicina tradicional, 116 00:06:50,018 --> 00:06:51,681 diversos investigadores, médicos... 117 00:06:51,705 --> 00:06:54,177 Todos estaban conectados comigo para aconsellarme. 118 00:06:54,401 --> 00:06:56,296 Tendo toda esta información e apoio, 119 00:06:56,320 --> 00:07:01,985 fun quen de reunir a un equipo de neurocirurxiáns, 120 00:07:02,009 --> 00:07:04,971 médicos tradicionais, 121 00:07:04,995 --> 00:07:11,120 oncólogos e varios centos de voluntarios 122 00:07:11,144 --> 00:07:14,349 cos que puiden falar sobre 123 00:07:14,373 --> 00:07:19,662 a información que ía recibindo, o que é moi importante. 124 00:07:19,796 --> 00:07:25,171 Xuntos, conseguimos formular unha estratexia da miña propia curación 125 00:07:26,165 --> 00:07:29,792 en distintos idiomas e conforme a distintas culturas. 126 00:07:29,816 --> 00:07:32,981 Así, a estratexia actual abrangue o mundo enteiro 127 00:07:33,005 --> 00:07:35,603 e miles de anos de historia humana, 128 00:07:35,627 --> 00:07:37,686 cousa que atopo bastante impresionante. 129 00:07:37,710 --> 00:07:39,370 [Cirurxía] 130 00:07:39,490 --> 00:07:44,419 Por sorte, nas resonancias seguintes viuse pouco ou ningún crecemento do cáncer. 131 00:07:45,005 --> 00:07:48,402 Polo que puiden tomar o meu tempo para elixir. 132 00:07:48,426 --> 00:07:52,067 Elixín o médico co que quería traballar, 133 00:07:52,091 --> 00:07:54,465 elixín o hospital no que quería estar, 134 00:07:54,489 --> 00:07:58,476 e todo mentres miles de persoas me apoiaban 135 00:07:58,500 --> 00:08:01,727 sen sentir pena por min. 136 00:08:01,751 --> 00:08:07,405 Todo o mundo sentía que podía ser de utilidade 137 00:08:07,429 --> 00:08:09,241 axudándome a recuperarme, 138 00:08:09,265 --> 00:08:12,630 e esta foi a parte máis importante de La Cura. 139 00:08:14,081 --> 00:08:15,533 Cales foron os resultados? 140 00:08:16,122 --> 00:08:18,455 Estou ben, como podedes ver, moi ben. 141 00:08:18,479 --> 00:08:22,491 (Aplausos) 142 00:08:23,795 --> 00:08:26,203 Recibín excelentes noticias 143 00:08:26,227 --> 00:08:27,833 despois da cirurxía: 144 00:08:27,857 --> 00:08:33,352 teño --vaia, tiña-- un glioma de moi baixo grao, 145 00:08:33,376 --> 00:08:37,188 que é un tipo de cáncer "bo" que non crece moito. 146 00:08:37,822 --> 00:08:41,160 Cambiei totalmente a miña vida e o meu estilo de vida. 147 00:08:42,240 --> 00:08:47,085 Todo o que fixen foi deseñado para manterme implicado. 148 00:08:47,305 --> 00:08:48,135 [IMPLICADO] 149 00:08:48,215 --> 00:08:51,301 Xusto ata minutos antes da cirurxía, 150 00:08:52,195 --> 00:08:54,162 que foi moi intensa, 151 00:08:54,186 --> 00:08:58,107 tiña unha rede de eléctrodos conectados ao meu cerebro 152 00:08:58,131 --> 00:08:59,267 neste lado, 153 00:09:00,021 --> 00:09:05,254 para poder construír un mapa funcional do que o cerebro controla. 154 00:09:05,278 --> 00:09:08,952 E xusto antes da operación, 155 00:09:08,976 --> 00:09:15,183 puidemos analizar este mapa 156 00:09:15,777 --> 00:09:20,660 co médico para entender os riscos que ía correr 157 00:09:20,684 --> 00:09:24,288 e se había algún que me gustaría evitar. 158 00:09:24,312 --> 00:09:26,018 Obviamente, habíaos. 159 00:09:26,242 --> 00:09:27,085 [Abrirse] 160 00:09:27,529 --> 00:09:32,556 Esta apertura foi a verdadeira clave de La Cura. 161 00:09:32,980 --> 00:09:37,775 Milleiros de persoas compartiron as súas historias, as súas experiencias. 162 00:09:37,799 --> 00:09:42,403 Os médicos chegaron a falar con xente á que habitualmente non consultarían 163 00:09:42,427 --> 00:09:46,856 cando se trata de cáncer. 164 00:09:47,370 --> 00:09:52,019 Creeime a min mesmo, estou nun estado continuo de tradución 165 00:09:52,043 --> 00:09:54,339 entre moitas linguaxes diferentes, 166 00:09:54,363 --> 00:09:58,236 onde a ciencia se atopa coa emoción 167 00:09:58,260 --> 00:10:02,897 e a investigación convencional coa tradicional. 168 00:10:02,921 --> 00:10:04,239 [SOCIEDADE] 169 00:10:04,263 --> 00:10:09,610 O punto clave de La Cura 170 00:10:09,635 --> 00:10:16,635 foi sentirme parte dunha sociedade verdadeiramente comprometida e conectada, 171 00:10:16,660 --> 00:10:22,780 cuxo benestar global depende do de cada un dos seus individuos. 172 00:10:24,253 --> 00:10:28,813 Esta actuación mundial é a miña curación de código aberto para o cáncer. 173 00:10:28,963 --> 00:10:30,413 [CURACIÓN DE CÓDIGO ABERTO] 174 00:10:30,543 --> 00:10:31,705 E tal e como o sinto eu, 175 00:10:31,705 --> 00:10:34,145 é unha curación para min, pero tamén para todos nós. 176 00:10:34,279 --> 00:10:35,232 Grazas. 177 00:10:35,256 --> 00:10:37,931 (Aplausos)