0:00:02.021,0:00:05.315 Este de aquí atrás foi[br]o meu cáncer cerebral. 0:00:07.125,0:00:08.845 É bonito, non si? 0:00:08.869,0:00:11.312 (Risas) 0:00:11.336,0:00:13.798 Aquí a palabra clave é "foi". 0:00:13.822,0:00:15.457 Ufff! 0:00:15.481,0:00:20.523 (Aplausos) 0:00:20.547,0:00:24.385 Ter cáncer cerebral foi, [br]como podedes imaxinar, 0:00:24.399,0:00:26.191 unha noticia moi impactante para min. 0:00:26.615,0:00:28.984 Non sabía nada sobre o cáncer. 0:00:30.059,0:00:33.299 Nas culturas occidentais,[br]cando tes cáncer, 0:00:33.399,0:00:34.264 [Desaparecer] 0:00:34.334,0:00:36.102 é, dalgún xeito, coma se desapareceras. 0:00:36.509,0:00:43.123 A vida, a dun ser humano complexo,[br]é substituída por datos médicos: 0:00:43.147,0:00:49.234 as túas radiografías, os exames médicos,[br]os resultados de laboratorio, 0:00:49.258,0:00:50.258 a lista de medicinas... 0:00:50.698,0:00:51.470 [TODO] 0:00:51.680,0:00:53.734 E todo o mundo cambia tamén. 0:00:54.439,0:00:56.795 De súpeto convérteste nunha[br]enfermidade con patas. 0:00:57.384,0:01:01.488 Os médicos comezan a falar[br]un idioma que ti non entendes. 0:01:01.983,0:01:07.313 Empezan a sinalar co dedo 0:01:07.337,0:01:11.484 o teu corpo e as túas radiografías. 0:01:12.187,0:01:15.210 A xente comeza a cambiar tamén 0:01:15.234,0:01:19.076 porque empezan a tratar[br]coa enfermidade 0:01:19.100,0:01:21.435 en vez de coa persoa. 0:01:21.459,0:01:23.620 Preguntan: "Que che dixo o médico?" 0:01:23.644,0:01:24.976 incluso antes de dicir "Ola". 0:01:26.636,0:01:27.866 [PREGUNTAS] 0:01:27.976,0:01:29.899 Mentres tanto, 0:01:29.923,0:01:35.089 déixante con preguntas[br]para as que ninguén ten resposta. 0:01:35.113,0:01:37.864 Preguntas do tipo "Son quen de...?" 0:01:37.888,0:01:39.883 Son quen de traballar con cáncer? 0:01:40.507,0:01:44.914 Son quen de estudar? De facer o amor?[br]De ser creativo? 0:01:45.864,0:01:49.318 Pregúntaste: "Que fixen eu[br]para merecer isto?" 0:01:49.342,0:01:53.476 Pregúntaste: "Podo cambiar algo[br]no meu estilo de vida?" 0:01:53.500,0:01:56.174 Pregúntaste: "Hai algo que poida facer? 0:01:56.198,0:01:57.643 Hai algunha outra opción?" 0:01:58.023,0:01:59.713 [Hai algo que poida facer?] 0:02:00.333,0:02:05.744 E, claro está, os médicos son os[br]tipos bos en todos estes casos, 0:02:05.988,0:02:11.910 porque son moi profesionais[br]e comprometidos con curarte. 0:02:11.934,0:02:17.168 Pero tamén están moi acostumados [br]a tratar con pacientes, 0:02:17.192,0:02:23.704 polo que eu diría que ás veces perden a[br]perspectiva de que para ti é unha tortura 0:02:24.148,0:02:29.079 e de que te convertes, literalmente,[br]nun paciente. 0:02:29.103,0:02:31.514 "Paciente" significa "o que espera". 0:02:31.538,0:02:32.931 (Risas) 0:02:32.955,0:02:37.144 As cousas están cambiando [br]pero o típico 0:02:37.168,0:02:42.817 é que eviten implicarse de ningún xeito[br]en coñecer a túa situación, 0:02:42.841,0:02:46.964 en facer partícipes á túa familia e amigos 0:02:46.988,0:02:50.728 ou en ensinarche algún xeito[br]de modificar o teu estilo de vida 0:02:50.752,0:02:53.142 para minimizar os riscos[br]do que estás a pasar. 0:02:54.083,0:02:57.947 Pero con todo, veste obrigado a agardar 0:02:57.971,0:03:01.305 nas mans dunha serie de [br]estraños moi profesionais. 0:03:02.305,0:03:04.595 [AGARDAR] 0:03:04.815,0:03:06.890 Mentres estaba no hospital, 0:03:06.914,0:03:10.132 pedín que me imprimiran a [br]radiografía do meu cáncer 0:03:10.152,0:03:11.611 e falei con el. 0:03:13.120,0:03:15.318 Foi moi difícil conseguilo, 0:03:15.342,0:03:18.520 porque non é moi habitual pedir[br]unha foto do teu propio cáncer. 0:03:20.294,0:03:22.059 Falei con el e díxenlle: 0:03:22.083,0:03:25.371 "Moi ben, cáncer,[br]ti non me representas. 0:03:26.635,0:03:27.833 Eu son máis que isto. 0:03:28.647,0:03:34.612 A cura, sexa cal sexa, terá que[br]enfrontarse a todo o meu ser." 0:03:35.086,0:03:40.570 Así que ao día seguinte marchei do[br]hospital malia a recomendación médica. 0:03:41.024,0:03:45.492 Estaba decidido a cambiar[br]a miña relación co cáncer 0:03:45.616,0:03:48.460 e estaba decidido a aprender[br]máis sobre el 0:03:48.484,0:03:52.053 antes de facer algo tan drástico[br]como unha cirurxía. 0:03:54.037,0:04:00.357 Son artista, uso varios tipos de [br]tecnoloxías de código aberto 0:04:00.951,0:04:03.370 e información aberta no meu traballo. 0:04:03.494,0:04:09.391 Polo que a miña grande aposta foi[br]divulgar todo, divulgar a información, 0:04:09.605,0:04:15.072 e facelo de tal forma que calquera[br]puidese acceder a ela. 0:04:16.269,0:04:20.041 Así, creei un sitio web[br]chamado "La Cura", 0:04:20.245,0:04:23.164 onde publiquei os meus [br]datos médicos na rede. 0:04:23.398,0:04:25.271 En realidade tiven que piratealos 0:04:25.295,0:04:29.451 pero dese tema podemos[br]falar noutra charla. 0:04:29.475,0:04:30.798 (Risas) 0:04:30.822,0:04:33.379 Elixín esta palabra, "La Cura", 0:04:33.403,0:04:35.738 porque en italiano significa "curación" 0:04:35.762,0:04:38.490 e porque en moitas culturas diferentes, 0:04:38.514,0:04:42.621 a palabra "curación" pode [br]ter moitos significados. 0:04:43.066,0:04:44.725 Na nosa cultura occidental 0:04:44.749,0:04:48.968 significa erradicar ou facer[br]retroceder á enfermidade, 0:04:49.242,0:04:50.746 pero noutras culturas distintas 0:04:50.770,0:04:53.776 como por exemplo as de Asia, 0:04:54.350,0:04:58.462 do Mediterráneo, dos países latinos[br]ou de África, 0:04:58.486,0:05:00.329 pode representar moitas [br]outras cousas. 0:05:00.628,0:05:05.991 Por suposto que me interesaba[br]a opinión dos médicos 0:05:06.015,0:05:08.060 e do resto de profesionais da saúde, 0:05:08.264,0:05:13.865 pero tamén me interesaba a curación[br]proposta polo artista, polo poeta, 0:05:14.259,0:05:16.412 polo deseñador, 0:05:16.436,0:05:20.016 ou, por que non, polos músicos. 0:05:20.889,0:05:23.765 Interesábame a curación social, 0:05:23.789,0:05:26.463 interesábame a curación psicolóxica, 0:05:26.487,0:05:28.977 interesábame a curación espiritual, 0:05:29.001,0:05:32.035 interesábame a curación emocional, 0:05:32.059,0:05:34.857 interesábame todo tipo de curación. 0:05:36.920,0:05:39.362 E funcionou. 0:05:40.616,0:05:43.685 O sitio "La Cura" deu a volta ao mundo. 0:05:43.969,0:05:48.370 Recibín moita atención mediática[br]de Italia e do estranxeiro 0:05:48.694,0:05:54.416 e máis de 500.000 persoas contactaron[br]comigo en moi pouco tempo 0:05:54.440,0:05:56.354 a través de correos, redes sociais... 0:05:56.378,0:05:59.549 A maioría eran consellos de como[br]curar o meu cáncer, 0:05:59.573,0:06:02.980 pero moitos máis eran sobre como[br]curarme a min mesmo 0:06:03.004,0:06:04.929 como persoa. 0:06:06.283,0:06:10.341 Por exemplo, creáronse miles de vídeos, 0:06:10.365,0:06:14.295 imaxes, fotos e representacións artísticas 0:06:14.319,0:06:16.008 para La Cura. 0:06:16.756,0:06:20.030 Temos aquí o exemplo de Francesca Fini[br]e a súa actuación. 0:06:21.141,0:06:24.918 Ou o que fixo o artista Patrick Lichty: 0:06:25.522,0:06:29.706 Elaborou unha escultura en 3D do meu tumor 0:06:30.100,0:06:32.797 e púxoa á venta en Thingiverse. 0:06:32.821,0:06:35.020 Agora vós tamén podedes ter o meu cáncer! 0:06:35.044,0:06:37.557 (Risas) 0:06:37.581,0:06:40.974 Se o pensades é algo xenial, 0:06:40.998,0:06:42.782 podemos compartir o mesmo cáncer. 0:06:44.234,0:06:46.609 E isto era o que estaba a ocorrer: 0:06:46.633,0:06:49.994 científicos, expertos en [br]medicina tradicional, 0:06:50.018,0:06:51.681 diversos investigadores, médicos... 0:06:51.705,0:06:54.177 Todos estaban conectados comigo[br]para aconsellarme. 0:06:54.401,0:06:56.296 Tendo toda esta información e apoio, 0:06:56.320,0:07:01.985 fun quen de reunir a un [br]equipo de neurocirurxiáns, 0:07:02.009,0:07:04.971 médicos tradicionais, 0:07:04.995,0:07:11.120 oncólogos e varios centos de voluntarios 0:07:11.144,0:07:14.349 cos que puiden falar sobre 0:07:14.373,0:07:19.662 a información que ía recibindo,[br]o que é moi importante. 0:07:19.796,0:07:25.171 Xuntos, conseguimos formular [br]unha estratexia da miña propia curación 0:07:26.165,0:07:29.792 en distintos idiomas e conforme[br]a distintas culturas. 0:07:29.816,0:07:32.981 Así, a estratexia actual abrangue[br]o mundo enteiro 0:07:33.005,0:07:35.603 e miles de anos de historia humana, 0:07:35.627,0:07:37.686 cousa que atopo bastante impresionante. 0:07:37.710,0:07:39.370 [Cirurxía] 0:07:39.490,0:07:44.419 Por sorte, nas resonancias seguintes viuse[br]pouco ou ningún crecemento do cáncer. 0:07:45.005,0:07:48.402 Polo que puiden tomar[br]o meu tempo para elixir. 0:07:48.426,0:07:52.067 Elixín o médico co que quería traballar, 0:07:52.091,0:07:54.465 elixín o hospital no que quería estar, 0:07:54.489,0:07:58.476 e todo mentres miles de [br]persoas me apoiaban 0:07:58.500,0:08:01.727 sen sentir pena por min. 0:08:01.751,0:08:07.405 Todo o mundo sentía [br]que podía ser de utilidade 0:08:07.429,0:08:09.241 axudándome a recuperarme, 0:08:09.265,0:08:12.630 e esta foi a parte máis importante[br]de La Cura. 0:08:14.081,0:08:15.533 Cales foron os resultados? 0:08:16.122,0:08:18.455 Estou ben, como podedes ver, moi ben. 0:08:18.479,0:08:22.491 (Aplausos) 0:08:23.795,0:08:26.203 Recibín excelentes noticias 0:08:26.227,0:08:27.833 despois da cirurxía: 0:08:27.857,0:08:33.352 teño --vaia, tiña-- un glioma[br]de moi baixo grao, 0:08:33.376,0:08:37.188 que é un tipo de cáncer "bo" [br]que non crece moito. 0:08:37.822,0:08:41.160 Cambiei totalmente a miña vida[br]e o meu estilo de vida. 0:08:42.240,0:08:47.085 Todo o que fixen foi deseñado[br]para manterme implicado. 0:08:47.305,0:08:48.135 [IMPLICADO] 0:08:48.215,0:08:51.301 Xusto ata minutos antes da cirurxía, 0:08:52.195,0:08:54.162 que foi moi intensa, 0:08:54.186,0:08:58.107 tiña unha rede de eléctrodos[br]conectados ao meu cerebro 0:08:58.131,0:08:59.267 neste lado, 0:09:00.021,0:09:05.254 para poder construír un mapa funcional[br]do que o cerebro controla. 0:09:05.278,0:09:08.952 E xusto antes da operación, 0:09:08.976,0:09:15.183 puidemos analizar este mapa 0:09:15.777,0:09:20.660 co médico para entender [br]os riscos que ía correr 0:09:20.684,0:09:24.288 e se había algún que me gustaría evitar. 0:09:24.312,0:09:26.018 Obviamente, habíaos. 0:09:26.242,0:09:27.085 [Abrirse] 0:09:27.529,0:09:32.556 Esta apertura foi a verdadeira[br]clave de La Cura. 0:09:32.980,0:09:37.775 Milleiros de persoas compartiron[br]as súas historias, as súas experiencias. 0:09:37.799,0:09:42.403 Os médicos chegaron a falar con xente[br]á que habitualmente non consultarían 0:09:42.427,0:09:46.856 cando se trata de cáncer. 0:09:47.370,0:09:52.019 Creeime a min mesmo, estou[br]nun estado continuo de tradución 0:09:52.043,0:09:54.339 entre moitas linguaxes diferentes, 0:09:54.363,0:09:58.236 onde a ciencia se atopa coa emoción 0:09:58.260,0:10:02.897 e a investigación convencional [br]coa tradicional. 0:10:02.921,0:10:04.239 [SOCIEDADE] 0:10:04.263,0:10:09.610 O punto clave de La Cura 0:10:09.635,0:10:16.635 foi sentirme parte dunha sociedade[br]verdadeiramente comprometida e conectada, 0:10:16.660,0:10:22.780 cuxo benestar global depende[br]do de cada un dos seus individuos. 0:10:24.253,0:10:28.813 Esta actuación mundial é a miña[br]curación de código aberto para o cáncer. 0:10:28.963,0:10:30.413 [CURACIÓN DE CÓDIGO ABERTO] 0:10:30.543,0:10:31.705 E tal e como o sinto eu, 0:10:31.705,0:10:34.145 é unha curación para min,[br]pero tamén para todos nós. 0:10:34.279,0:10:35.232 Grazas. 0:10:35.256,0:10:37.931 (Aplausos)