Que hai xente? Son Guillaume
Traballo de deseñador web, en Little Workshop (Obradoiriño)
Son un dos desenvolvedores de BrowserQuest
un xogo multixogador masivo en 2D feito en HTML5
velaquí está
Parécese a un xogo de acción RPG no que podes xogar con
ducias de xente nunha soa páxina web
O obxectivo é facer unha demostración de como usa-los WebSockets
para crear aplicacións e xogos interactivos.
En BrowserQuest podes comezar coma un campesiño.
Canto máis exploras o mundo ó teu arredor
máis obxectos e obxectivos acadas.
Podes escoller xogar ti só
ou facer equipo con outros xogadores para cazar xuntos
Podes ver cada fiestra de obxectivo cando queiras
pulsando na icona do trofeo para mira-lo teu progreso na aventura.
O motor de rede do xogo é fornecido por websockets
unha nova tecnoloxía que permite comunicación en tempo real entre o navegador
e o servidor.
Así é como podes ver outros xogadores correndo e loitando ó teu redor.
Por suposto BrowserQuest inclúe un amplo número de tecnoloxías web,
non só websockets
O cliente do xogo está escrito en JavaScript e usa
HTML5 Canvas para o motor de renderizado
O teu personaxe queda almacenado no teu aparello
mentres o audio HTML5 manexa o son e a música
Outra cousa interesante de BrowserQuest é que xa que todo pasa
nunha páxina web, podes usalo en moitas plataformas.
Se tes un navegador co websocket activado, o xogo
debería andar no teu computador de escritorio. A versión experimental debería andar
en iPhone e iPad así como en teléfonos Android con Firefox.
Poidemos facer isto coa combinación da mellora de renderizaxe
e das CSS media queries para adapta-la experiencia ó dispositivo.
Así que podes intentar a xogar non só no computador senón
no navegador do teu móbil ou no teu tablet.
Grazas por ve-lo vídeo, e espero vervos polo xogo!