A mediados da década de 1990,
o CDC (centro oficial para o control de
enfermidades) e Kaiser Permanente
descubriron un tipo de exposición
que aumentaba gravemente o risco
de sete das dez causas principais
de morte nos Estados Unidos.
En doses altas, afecta ao
desenvolvemento cerebral,
ao sistema inmunitario,
ao sistema endócrino,
e ata ao xeito no que o noso ADN
é lido e replicado.
Os que están expostos a doses moi altas
teńen tres veces máis risco de ter
doenzas cardíacas e cáncer de pulmón
e a súa esperanza de vida
é 20 anos menor.
Malia así, os nosos médicos non están
preparados para detectala nin tratala.
A exposición da que estou a falar non é
a un praguicida, nin a un produto químico.
É ao trauma infantil.
Xa, de que trauma estou a falar?
Non me refiro a suspender un exame
ou perder un partido de baloncesto.
Refírome a ameazas
tan graves e penetrantes
que literalmente se meten baixo a nosa pel
e cambian a nosa fisioloxía:
cousas como o abuso ou o abandono,
ou crecer cun pai ou unha nai que
sofre unha enfermidade mental
ou drogodependencia.
Durante moito tempo,
eu vía estas cousas como
me ensinaron a velas:
ou ben como un problema social
--remitir aos servizos sociais--
ou como un problema de saúde mental
--remitir aos servizos de saúde mental.
Pero logo aconteceu algo que me fixo
reformular todo o meu enfoque.
Cando rematei a mińa residencia,
quería ir a un sitio onde
realmente me precisaran,
un sitio no que marcar a diferenza.
Así que fun a traballar para o
California Pacific Medical Center,
un dos mellores hospitais privados
do norte de California,
e xuntos abrimos unha clínica
en Bayview-Hunters Point,
un dos barrios máis pobres
e desfavorecidos de San Francisco.
Ata aquel entón,
había unha única pediatra
para todo Bayview
que atendía a máis de 10 000 nenos.
Así que abrimos a clínica e ofrecemos
atención sanitaria de alta calidade
sen mirar a capacidade para pagar.
Era impresionante. Centrámonos
nas típicas desigualdades sanitarias:
acceso á atención sanitaria,
taxas de inmunización,
taxas de hospitalización por asma,
e tivemos moi bos resultados.
Sentiámonos moi orgullosos.
Mais comecei a notar unha tendencia
un tanto preocupante.
Chegábanme moitos
nenos con TDAH,
trastorno por déficit
de atención con hiperactividade,
pero en canto lles
facía un exame clínico
descubría que, á maioría deles,
non os podía diagnosticar con TDAH.
A maioría dos nenos que trataba
sufriran un trauma tan grave
que sentía que había algo máis.
Dalgún xeito estaba pasando
por alto algún detalle importante.
Antes de facer a mińa residencia,
fixen un máster en saúde pública
e unha das cousas que alí
che ensinan é que se es doutor
e ves 100 nenos beber do mesmo pozo
e 98 deles contraen diarrea
podes prescribir dose tras dose
tras dose de antibióticos
ou podes ir alí e preguntarte:
Arre demo, pero que hai neste pozo?
Así que lin todo o que atopei
sobre como a exposición á adversidade
afecta os cerebros e os corpos
en desenvolvemento dos nenos.
Entón, un día, un compańeiro
entrou no meu despacho
e dixo: Dra. Burke, viches isto?
Na súa man había unha copia dun estudo
chamado "Estudo sobre experiencias
adversas na infancia"
Aquel día cambiou a mińa práctica clínica
e, en última instancia, a mińa carreira.
O Estudo sobre experiencias
adversas na infancia
é algo que todos deberiamos cońecer.
Foi elaborado polo Dr. Vince Felitti
de Kaiser e o Dr. Bob Anda do CDC.
Xuntos, preguntáronlles a 17 500 adultos
sobre o seu historial de exposición a
"experiencias infantís adversas" ou EIA.
Estas inclúen o maltrato físico
e psicolóxico e o abuso sexual,
abandono físico ou emocional,
enfermidade mental dos pais,
drogodependencia ou encarceramento,
separación ou divorcio dos pais
ou violencia doméstica.
Por cada "si", recibías un punto
na túa puntuación EIA.
Logo, correlacionaron estas puntuacións
cos problemas de saúde.
O que atoparon foi sorprendente.
Dúas cousas:
A primeira, as EIA
son incriblemente comúns.
O 67% da poboación tińa
polo menos unha EIA.
E o 12.6%, 1 de cada 8,
tińa catro ou máis.
A segunda cousa que descubriron
foi que había unha relación
dose-resposta entre as EIA e a saúde.
Canto máis alta a puntuación EIA,
peor a túa saúde.
Para unha persoa cunha
puntuación de 4 ou máis,
o risco relativo de ter unha
doenza pulmonar obstrutiva crónica
era 2.5 veces maior que o de alguén
cunha puntuación EIA de cero.
Tamén era 2.5 veces maior para hepatite.
Para depresión era 4.5 veces maior.
Para suicidio xa era 12 veces maior.
Unha persoa cunha puntuación de 7 ou máis
ten 3 veces máis probabilidades
de padecer cáncer de pulmón
e 3.5 veces máis risco
de cardiopatía isquémica,
a causa principal de morte
nos Estados Unidos.
Ben, por suposto que
isto ten sentido!
Algúns viron estes datos e dixeron
"Se tes unha infancia difícil,
es máis propenso a fumar, beber
e facer todas esas cousas
que arruinarán a túa saúde.
Isto non é ciencia.
Tan so é mal comportamento."
Pero resulta que é precisamente aí
onde intervén a ciencia.
Agora entendemos máis que nunca
como a exposición temperá á adversidade
afecta o cerebro e o corpo
en desenvolvemento dos nenos.
Afecta a áreas como o núcleo accumbens,
centro de pracer e recompensa do cerebro,
involucrado na drogodependencia.
Inhibe o cortéx prefrontal
necesario para o control dos impulsos
así como para a función executiva,
unha área crucial para a aprendizaxe.
E, en resonancias magnéticas,
vense cambios significativos na amígdala,
o centro de resposta ao medo do cerebro.
Así que hai razóns neurolóxicas reais
que explican por que a xente exposta
a altas doses de adversidade
é máis propensa a adoptar
comportamentos de alto risco.
E é importante sabelo.
Pero resulta que incluso se non adoptas
ningún comportamento de alto risco,
segues a ter máis probabilidades de
ter enfermidades cardíacas ou cáncer.
O motivo ten que ver co eixe
hipotalámico-hipofisario-adrenal,
o sistema corporal e cerebral
de resposta ao estrés
encargado de gobernar
a nosa resposta de loita ou fuxida.
Como funciona?
Ben, imaxina que estás camińando
polo bosque e ves un oso.
Inmediatamente, o hipotálamo
envía un sinal á glándula pituitaria
que envía outro sinal
á glándula suprarrenal que di:
Liberade hormonas do estrés!
Adrenalina! Cortisol!
O teu corazón comeza a latexar con forza,
as túas pupilas dilátanse,
as túas vías respiratorias ábrense
e ti estás listo para loitar
contra ese oso ou para escapar del.
E iso é estupendo! Se estás
no bosque e hai un oso.
(Risas)
Pero o problema é qué ocorre cando
o oso vén á casa tódalas noites
e este sistema se activa
unha vez tras doutra,
deixando de ser adaptable
ou capaz de salvar unha vida,
para ser pouco adaptable
ou prexudicial para a saúde.
Os nenos son especialmente sensibles
a esta activación repetitiva polo estrés,
porque os seus cerebros e corpos
aínda se están desenvolvendo.
As doses altas de adversidade non afectan
só á estrutura e ás funcións do cerebro,
senón tamén ao sistema inmunolóxico,
ao sistema endócrino,
e incluso ao xeito no que se le
e transcribe o noso ADN.
A min, esta información fíxome
tirar pola borda todo o que aprendera
porque cando entendemos
o mecanismo dunha enfermidade,
cando sabemos non só que vías
están danadas senón tamén como,
o noso traballo como médicos
é empregar a ciencia para
previlo e tratalo.
Iso é o que facemos.
Así que en San Francisco, creamos
o Centro para o Benestar da Mocidade
para previr, diagnosticar e curar
o impacto das EIA e do estrés tóxico.
Comezamos só con revisións rutineiras
de tódolos nosos nenos
durante as súas visitas habituais,
porque sei que se a mińa paciente
ten unha puntuación EIA de 4,
ten 2.5 veces máis probabilidades
de padecer hepatite ou DPOC,
é 4.5 veces máis propensa a ter depresión
e ten 12 veces máis probabilidades
de intentar suicidarse
que o meu paciente con EIA cero.
Iso seino cando está no meu consultorio.
Para os pacientes que dan positivo,
contamos cun equipo multidisciplinario
que traballa para reducir
as doses de adversidade
e tratar os síntomas
coas mellores técnicas,
incluíndo visitas a domicilio,
coordinación da atención,
atención psiquiátrica, nutrición,
intervencións holísticas
e, se é necesario, medicación.
Pero tamén educamos aos pais sobre
o impacto das EIA e o estrés tóxico
do mesmo xeito que o fariamos
para falar de tapar os enchufes
ou sobre o envelenamento por chumbo,
e adaptamos o coidado
dos nosos asmáticos e diabéticos
para recońecer que quizais necesitan
un tratamento máis agresivo
dados os cambios nos seus
sistemas endócrinos e inmunolóxicos.
Outra cousa que sucede cando
entendemos esta ciencia
é que o queremos gritar aos catro ventos
porque isto non é un problema que
afecte tan só aos nenos de Bayview.
Eu pensaba que no momento en que
todos souberan sobre isto
habería rastrexos rutineiros,
equipos multidisplinarios de tratamento
e habería unha carreira cara a protocolos
máis eficaces de tratamento clínico.
Xa. Pois non pasou.
E foi unha gran lección para min.
O que pensara que ía ser
a mellor práctica clínica
hoxe entendo que é un movemento.
En palabras do Dr. Robert Block,
ex presidente da Academia
de Pediatría de EEUU:
"As EIA son a maior e a principal
ameaza non resolta da saúde pública
á cal se enfronta hoxe
en día a nosa nación."
E, para moita xente, esa é
unha perspectiva aterradora.
A escala e o alcance do problema
parecen tan grandes
que resulta desconsolador
pensar como podemos abordalo.
Pero para min, en realidade,
é aí onde radica a esperanza,
porque, se temos o marco axeitado,
se admitimos que isto
é unha crise da saúde pública,
entón podemos empezar a usar
as ferramentas axeitadas
para xerar solucións.
Dende o tabaco ata o envelenamento
por chumbo, pasando polo VIH,
os EEUU teńen, en realidade,
unha traxectoria bastante sólida
á hora de abordar os
problemas de saúde pública.
Pero repetir eses éxitos
coas EIA e o estrés tóxico
requirirá determinación e compromiso,
e cando miro a reacción da
nosa nación ata agora pregúntome:
Por que non tomamos
isto máis en serio?
Ao comezo pensei que non lle damos
importancia porque non nos afecta a nós,
que era un problema
dos deses barrios.
O cal é estrańo
porque os datos non mostran iso.
O estudo orixinal de EIA
realizouse cunha poboación
onde o 70% eran caucásicos
e o 70% tińa educación superior.
E canto máis falaba coa xente,
máis me daba conta de que,
talvez, entendera todo ao revés.
Se eu preguntara cantas persoas
nesta sala foron criadas
nunha familia onde alguén tińa
unha enfermidade mental,
aposto a que algún levantaría a man.
E se preguntara cantos tiveron
un pai que bebía de máis
ou que cría que debía castigarte
sempre que fixeras algo mal
apostaría que uns cantos máis
levantarían a man.
Incluso nesta sala, este problema
aféctanos a moitos de nós
e comezo a crer que non lle damos
importancia porque si que nos afecta.
Tal vez é máis fácil ver o
problema noutros sitios,
porque non queremos velo.
Antes preferiríamos estar enfermos.
Afortunadamente, os avances científicos e,
francamente, a realidade económica
fan que esa opción sexa
menos viable cada día.
A ciencia é clara:
as adversidades da infancia afectan
drasticamente a saúde de toda a vida.
Hoxe en día, estamos comezando
a entender como deter a progresión
de adversidade temperá
a enfermidade e morte prematura,
e, en 30 anos, o neno cunha
alta puntuación de EIA
cuxos síntomas no comportamento
pasan desapercibidos,
cuxo control da asma
non está correlacionado
e que acaba desenvolvendo hipertensión,
algunha enfermidade cardíaca
ou cáncer a unha idade temperá
será tan pouco usual como alguén cunha
taxa de mortalidade para o VIH de 6 meses.
A xente ao ver estes casos dirá:
Arre demo, pero que pasou?
Isto é tratable. Pódese superar.
O máis importante que necesitamos hoxe
é o valor para enfrontar este problema
e admitir que existe e nos afecta a todos.
Creo que nós mesmos somos o movemento.
Grazas.
(Aplausos)