1 00:00:00,916 --> 00:00:03,170 Cando me estaba preparando para esta charla, 2 00:00:03,170 --> 00:00:05,146 fun buscar un par de citas 3 00:00:05,146 --> 00:00:06,991 para compartir convosco. 4 00:00:06,991 --> 00:00:09,162 Boas noticias: atopei tres 5 00:00:09,162 --> 00:00:10,994 que me gustaron moito. 6 00:00:10,994 --> 00:00:14,472 A primeira, de Samuel Johnson, quen dixo, 7 00:00:14,472 --> 00:00:16,712 “Cando tomes unha decisión na túa vida 8 00:00:16,712 --> 00:00:18,678 non esquezas vivir” 9 00:00:20,068 --> 00:00:22,890 Despois Esquilo, que nos lembraba que 10 00:00:23,000 --> 00:00:24,775 “A felicidade é unha elección 11 00:00:24,775 --> 00:00:26,815 que require esforzo”. 12 00:00:27,955 --> 00:00:30,480 A terceira é unha de Groucho Marx: 13 00:00:31,890 --> 00:00:33,920 “Non escollería pertencer 14 00:00:33,920 --> 00:00:39,252 a un club que me admitise como membro”. 15 00:00:39,252 --> 00:00:41,318 E agora, malas novas: 16 00:00:41,318 --> 00:00:43,429 non souben cal destas citas 17 00:00:43,429 --> 00:00:46,178 elixir para ensinárvolas. 18 00:00:46,178 --> 00:00:49,403 A ansiedade doce da elección 19 00:00:49,403 --> 00:00:53,446 Nos tempos actuais de capitalismo postindustrial, 20 00:00:53,446 --> 00:00:57,109 A elección, xunto coa liberdade individual 21 00:00:57,109 --> 00:00:59,970 e a idea de persoa feita a si mesma 22 00:00:59,970 --> 00:01:03,500 elevouse ata un ideal. 23 00:01:03,500 --> 00:01:07,387 Agora, xunto con iso, tamén cremos 24 00:01:07,387 --> 00:01:10,155 no progreso indefinido. 25 00:01:10,155 --> 00:01:12,911 Pero o lado escuro desta ideoloxía 26 00:01:12,911 --> 00:01:16,443 foi o aumento da ansiedade, 27 00:01:16,443 --> 00:01:18,513 da culpa, 28 00:01:18,513 --> 00:01:22,217 de sentirnos inadecuados, 29 00:01:22,217 --> 00:01:26,954 do sentimento de estar fracasando nas nosas eleccións. 30 00:01:26,954 --> 00:01:30,950 Tristemente, esta ideoloxía da escolla individual 31 00:01:30,950 --> 00:01:36,400 evitou que pensásemos sobre cambios sociais. 32 00:01:36,400 --> 00:01:39,319 Parece ser que esta ideoloxía foi en realidade 33 00:01:39,319 --> 00:01:42,001 moi eficaz calmándonos 34 00:01:42,001 --> 00:01:44,797 como pensadores políticos e sociais. 35 00:01:44,797 --> 00:01:47,113 En vez de facer críticas sociais 36 00:01:47,113 --> 00:01:50,869 dedicámonos cada vez máis a autocriticarnos, 37 00:01:50,869 --> 00:01:55,122 ás veces ata o punto da nosa propia destrución. 38 00:01:55,122 --> 00:01:57,867 Como é posible que esa ideoloxía da elección 39 00:01:57,867 --> 00:01:59,450 sexa aínda tan poderosa, 40 00:01:59,450 --> 00:02:02,546 incluso entre a xente que non 41 00:02:02,546 --> 00:02:04,655 ten tanto entre o que elixir? 42 00:02:04,655 --> 00:02:08,229 Como é posible que ata a xente que é pobre 43 00:02:08,229 --> 00:02:12,620 aínda se identifica coa idea de elección, 44 00:02:12,620 --> 00:02:14,689 o tipo de idea racional de escoller 45 00:02:14,689 --> 00:02:17,322 que aceptamos? 46 00:02:17,322 --> 00:02:21,340 Agora, a ideoloxía de poder elixir é moi exitosa 47 00:02:21,340 --> 00:02:25,320 en canto a abrirnos un espazo para pensar 48 00:02:25,320 --> 00:02:28,987 sobre un futuro imaxinario. 49 00:02:28,987 --> 00:02:31,000 Deixádeme poñervos un exemplo. 50 00:02:31,000 --> 00:02:32,913 A miña amiga Manya, 51 00:02:32,913 --> 00:02:35,962 cando era estudante da Universidade de California, 52 00:02:35,962 --> 00:02:37,660 estaba gañando cartos 53 00:02:37,660 --> 00:02:40,720 traballando para un vendedor de coches. 54 00:02:40,720 --> 00:02:44,231 Cando Manya se atopaba co típico cliente, 55 00:02:44,231 --> 00:02:45,389 falaba con el 56 00:02:45,389 --> 00:02:47,233 sobre o seu estilo de vida, 57 00:02:47,233 --> 00:02:49,956 cantos cartos quería gastar, 58 00:02:49,956 --> 00:02:51,700 cantos fillos ten, 59 00:02:51,700 --> 00:02:53,973 para que precisa o coche? 60 00:02:53,973 --> 00:02:56,660 Habitualmente chegaban a unha boa conclusión 61 00:02:56,660 --> 00:02:59,214 de cal sería o coche perfecto 62 00:02:59,214 --> 00:03:02,702 Antes de que o cliente de Manya marchase para casa 63 00:03:02,702 --> 00:03:05,140 e lle dese voltas a isto, 64 00:03:05,140 --> 00:03:06,960 ela dicíalle: 65 00:03:06,960 --> 00:03:10,745 “O coche que vas comprar é perfecto, 66 00:03:10,745 --> 00:03:12,770 pero nuns anos, 67 00:03:12,770 --> 00:03:15,403 cando os teus fillos estean xa fóra da casa, 68 00:03:15,403 --> 00:03:18,370 cando teñas algo máis de cartos, 69 00:03:18,370 --> 00:03:21,399 esoutro coche será ideal. 70 00:03:21,399 --> 00:03:24,936 Pero o que estás comprando está ben” 71 00:03:24,936 --> 00:03:27,293 Deste xeito, a maior parte da clientela de Manya 72 00:03:27,293 --> 00:03:28,913 que volveu ao día seguinte 73 00:03:28,913 --> 00:03:31,738 comprou o outro coche, 74 00:03:31,738 --> 00:03:33,795 o coche que non precisaban, 75 00:03:33,795 --> 00:03:36,833 o coche que custaba demasiados cartos. 76 00:03:36,833 --> 00:03:39,769 Manya tivo tanto éxito vendendo coches 77 00:03:39,769 --> 00:03:42,671 que axiña pasou a vender avións. 78 00:03:42,671 --> 00:03:47,265 (Risas) 79 00:03:48,555 --> 00:03:51,350 E saber tanto da psicoloxía da xente 80 00:03:51,350 --> 00:03:54,117 prepararouna moi ben para o seu traballo actual: 81 00:03:54,117 --> 00:03:56,755 psicanalista. 82 00:03:56,755 --> 00:04:01,278 E por que eran os clientes de Manya tan irracionais? 83 00:04:01,278 --> 00:04:03,775 O éxito de Manya debíase a que era capaz 84 00:04:03,775 --> 00:04:06,700 de xerar nas súas cabezas a imaxe 85 00:04:06,700 --> 00:04:10,280 dun futuro idealizado, 86 00:04:10,280 --> 00:04:12,190 unha imaxe deles mesmos 87 00:04:12,190 --> 00:04:16,420 cando son moito máis exitosos, libres, 88 00:04:16,420 --> 00:04:18,668 E para eles, escoller esoutro coche 89 00:04:18,668 --> 00:04:21,728 era como achegarse a ese ideal 90 00:04:21,728 --> 00:04:26,578 no que Manya xa os vía. 91 00:04:26,578 --> 00:04:30,981 Poucas veces facemos eleccións completamente racionais. 92 00:04:30,981 --> 00:04:34,559 As eleccións están influenciadas polo noso subconsciente, 93 00:04:34,559 --> 00:04:36,398 pola nosa comunidade. 94 00:04:36,398 --> 00:04:38,328 Acaso non decidimos a miúdo 95 00:04:38,328 --> 00:04:40,482 pensando no que van dicir os demais 96 00:04:40,482 --> 00:04:43,466 sobre a nosa elección? 97 00:04:43,466 --> 00:04:44,671 Tamén estamos escollendo 98 00:04:44,671 --> 00:04:47,040 fixándonos no que o resto escolle. 99 00:04:47,040 --> 00:04:51,845 Ademais pensamos en cal é a elección socialmente aceptada. 100 00:04:51,845 --> 00:04:54,916 Por isto, nós en realidade 101 00:04:54,916 --> 00:04:56,805 incluso despois de ter escollido, 102 00:04:56,805 --> 00:04:58,560 por exemplo comprar un coche, 103 00:04:58,560 --> 00:05:01,710 lemos sen parar recensións sobre coches, 104 00:05:01,710 --> 00:05:04,070 como se aínda quixéramos convencernos 105 00:05:04,070 --> 00:05:06,671 de que tomamos a mellor decisión. 106 00:05:06,671 --> 00:05:09,870 As eleccións crean ansiedade. 107 00:05:09,870 --> 00:05:12,951 Están unidas co risco, coa perda. 108 00:05:12,951 --> 00:05:15,306 Son moi imprevisibles. 109 00:05:15,306 --> 00:05:17,415 Por culpa disto, 110 00:05:17,415 --> 00:05:19,918 a xente ten máis e máis problemas 111 00:05:19,918 --> 00:05:23,376 por non escoller nada. 112 00:05:23,376 --> 00:05:27,207 Non hai moito, estaba na recepción dunha voda, 113 00:05:27,207 --> 00:05:29,511 e coñecín a unha fermosa rapaza que 114 00:05:29,511 --> 00:05:34,137 inmediatamente comezou a falar da ansiedade que lle producía elixir. 115 00:05:34,137 --> 00:05:36,108 Díxome: “preciso un mes 116 00:05:36,108 --> 00:05:39,154 para decidir que poñerme” 117 00:05:39,154 --> 00:05:41,675 E engadiu: “Durante semanas estiven buscando 118 00:05:41,675 --> 00:05:44,936 en que hotel quedarme esta noite. 119 00:05:44,936 --> 00:05:49,434 E agora teño que elixir un doador de esperma”. 120 00:05:49,434 --> 00:05:52,201 (Risas) 121 00:05:52,201 --> 00:05:55,700 Mireina con asombro. 122 00:05:55,700 --> 00:05:58,737 Un doador de esperma? Cal é a présa? 123 00:05:58,737 --> 00:06:02,911 Díxome: “cumpro 40 a finais de ano, 124 00:06:02,911 --> 00:06:07,736 e ata agora escollín moi mal os homes da miña vida.” 125 00:06:07,736 --> 00:06:12,142 As eleccións, ao supoñer risco, 126 00:06:12,142 --> 00:06:14,419 provocan ansiedade. 127 00:06:14,419 --> 00:06:17,276 Xa o famoso 128 00:06:17,276 --> 00:06:19,869 filósofo danés Soren Kierkegaard 129 00:06:19,869 --> 00:06:22,583 sinalou que a ansiedade 130 00:06:22,583 --> 00:06:25,848 está conectada coa posibilidade da posibilidade. 131 00:06:25,848 --> 00:06:30,281 Hoxe pensamos que podemos previr os riscos. 132 00:06:30,281 --> 00:06:33,362 Temos interminables análises de mercado, 133 00:06:33,362 --> 00:06:35,871 proxeccións de futuras ganancias. 134 00:06:35,871 --> 00:06:38,571 Incluso co mercado, que se move arredor do azar, 135 00:06:38,571 --> 00:06:42,711 da aleatoriedade, pensamos que podemos predicir racionalmente 136 00:06:42,711 --> 00:06:44,434 cara a onde vai. A casualidade 137 00:06:44,434 --> 00:06:49,281 estase realmente convertendo en algo traumático. 138 00:06:49,281 --> 00:06:52,171 O ano pasado, o meu amigo Bernard Hartcourt, 139 00:06:52,171 --> 00:06:56,446 organizou un evento na Universidade de Chicago, 140 00:06:56,446 --> 00:06:59,843 un congreso sobre a idea do azar. 141 00:06:59,843 --> 00:07:01,929 El e mais eu compartiamos panel, 142 00:07:01,929 --> 00:07:04,446 e xusto antes de ler as nosas comunicacións 143 00:07:04,446 --> 00:07:06,796 -ningún sabía nada sobre a charla do outro- 144 00:07:06,796 --> 00:07:09,304 decidimos tomar a probabilidade en serio. 145 00:07:09,304 --> 00:07:11,140 Así que informamos ao público 146 00:07:11,140 --> 00:07:13,489 de que o que ían escoitar 147 00:07:13,489 --> 00:07:15,502 ía ser unha comunicación ao azar, 148 00:07:15,502 --> 00:07:17,674 unha mestura de dous documentos 149 00:07:17,674 --> 00:07:21,545 sen saber que estaba escribindo o outro. 150 00:07:21,545 --> 00:07:25,725 Demos a conferencia deste xeito. 151 00:07:25,725 --> 00:07:27,946 Bernard leu o seu primeiro parágrafo, 152 00:07:27,946 --> 00:07:30,070 eu lin o meu primeiro, 153 00:07:30,070 --> 00:07:32,277 Bernard leu o seu segundo, 154 00:07:32,277 --> 00:07:33,762 eu lin o segundo meu 155 00:07:33,762 --> 00:07:37,384 e así ata rematar a comunicación. 156 00:07:37,384 --> 00:07:39,263 Sorprenderavos 157 00:07:39,263 --> 00:07:41,445 que a maior parte da audiencia 158 00:07:41,445 --> 00:07:44,188 non creu que o que acaban de escoitar 159 00:07:44,188 --> 00:07:47,473 eran textos aleatorios. 160 00:07:47,473 --> 00:07:49,419 Non podían crer que 161 00:07:49,419 --> 00:07:51,939 falando dende a posición de autoridade 162 00:07:51,939 --> 00:07:53,817 como dous profesores que eramos, 163 00:07:53,817 --> 00:07:56,888 fóramos tomar a casualidade en serio. 164 00:07:56,888 --> 00:07:59,475 Pensaron que tiñamos preparados os documentos xuntos 165 00:07:59,475 --> 00:08:02,953 e que só estabamos finxindo. 166 00:08:02,953 --> 00:08:07,120 Vivimos en tempos de moita información, 167 00:08:07,120 --> 00:08:08,711 macrodatos, 168 00:08:08,711 --> 00:08:11,715 un montón de coñecemento sobre o interior dos nosos corpos. 169 00:08:11,715 --> 00:08:13,458 Decodificamos o noso xenoma. 170 00:08:13,458 --> 00:08:16,569 Sabemos máis ca nunca sobre o cerebro. 171 00:08:16,569 --> 00:08:19,205 Pero sorprendentemente, cada vez máis 172 00:08:19,205 --> 00:08:23,640 facemos caso omiso deste coñecemento. 173 00:08:23,640 --> 00:08:28,633 A ignorancia e a negación van en aumento. 174 00:08:28,633 --> 00:08:31,851 Con respecto á crise económica actual, 175 00:08:31,851 --> 00:08:34,505 Pensamos que imos espertar de novo 176 00:08:34,505 --> 00:08:36,721 e todo vai estar coma antes, 177 00:08:36,721 --> 00:08:39,984 e que non é necesario ningún cambio político ou social. 178 00:08:39,984 --> 00:08:42,234 En canto á crise ecolóxica, 179 00:08:42,234 --> 00:08:45,350 pensamos que agora non fai falla facer nada, 180 00:08:45,350 --> 00:08:48,252 ou que outros teñen que actuar antes ca nós. 181 00:08:48,252 --> 00:08:51,548 Ou incluso cando xa se produce unha crise ecolóxica, 182 00:08:51,548 --> 00:08:53,877 coma a catástrofe de Fukushima, 183 00:08:53,877 --> 00:08:56,701 a miúdo atopamos que a xente que vive nesa contorna, 184 00:08:56,701 --> 00:08:58,523 coa graos de información semellantes, 185 00:08:58,523 --> 00:09:02,210 a metade deles preocúpanse pola radiación 186 00:09:02,210 --> 00:09:05,531 e a outra metade ignóraa. 187 00:09:05,531 --> 00:09:08,343 Os psicanalistas saben moi ben 188 00:09:08,343 --> 00:09:10,818 que as persoas, sorprendentemente, non teñen 189 00:09:10,818 --> 00:09:12,607 paixón polo coñecemento, 190 00:09:12,607 --> 00:09:15,689 senón pola ignorancia. 191 00:09:15,689 --> 00:09:17,174 E que significa isto? 192 00:09:17,174 --> 00:09:18,990 Poñamos que nos estamos enfrontando 193 00:09:18,990 --> 00:09:21,783 a unha enfermidade que pon en perigo a nosa vida. 194 00:09:21,783 --> 00:09:24,989 Moita xente non quere sabelo. 195 00:09:24,989 --> 00:09:28,387 Prefiren negar a enfermidade, 196 00:09:28,387 --> 00:09:31,661 polo que non é prudente informalos 197 00:09:31,661 --> 00:09:33,370 se non preguntan. 198 00:09:33,370 --> 00:09:35,800 Sorprendentemente, os estudos mostran que ás veces 199 00:09:35,800 --> 00:09:37,644 a xente que nega a súa enfermidade 200 00:09:37,644 --> 00:09:41,560 vive máis cós que escollen de forma razoada 201 00:09:41,560 --> 00:09:43,999 o mellor tratamento. 202 00:09:43,999 --> 00:09:46,120 Esta ignorancia, con todo, 203 00:09:46,120 --> 00:09:50,849 non axuda moito no nivel social. 204 00:09:50,849 --> 00:09:54,179 Cando ignoramos cara a onde nos diriximos, 205 00:09:54,179 --> 00:09:58,364 pódese causar moito dano social. 206 00:09:58,364 --> 00:10:00,445 Ademais de enfrontarnos á ignorancia, 207 00:10:00,445 --> 00:10:02,683 hoxe en día tamén nos enfrontamos 208 00:10:02,683 --> 00:10:05,844 a unha especie de evidencia. 209 00:10:05,844 --> 00:10:07,971 Foi un filósofo francés, 210 00:10:07,971 --> 00:10:10,080 Louis Althusser quen sinalou 211 00:10:10,080 --> 00:10:12,643 que a ideoloxía funciona dun modo 212 00:10:12,643 --> 00:10:16,509 que crea un veo de evidencia. 213 00:10:16,509 --> 00:10:20,244 Antes de facer calquera crítica social, 214 00:10:20,244 --> 00:10:24,631 é necesario que levantemos ese veo 215 00:10:24,631 --> 00:10:27,960 e pensemos detidamente un pouco distinto. 216 00:10:27,960 --> 00:10:29,997 Se volvemos a esta ideoloxía 217 00:10:29,997 --> 00:10:32,528 da elección individual, racional, 218 00:10:32,528 --> 00:10:34,856 que a miúdo aceptamos, 219 00:10:34,856 --> 00:10:36,836 cómpre precisamente aquí 220 00:10:36,836 --> 00:10:39,165 levantar esa evidencia 221 00:10:39,165 --> 00:10:42,296 e pensar un pouco dunha forma distinta. 222 00:10:42,296 --> 00:10:45,260 Considero que moitas veces a cuestión é 223 00:10:45,260 --> 00:10:49,863 por que seguimos a aceptar a idea do home feito a si mesmo 224 00:10:49,863 --> 00:10:53,395 na que se baseou o capitalismo dende os seus comezos? 225 00:10:53,395 --> 00:10:55,880 Por que pensamos que somos ata tal punto donos 226 00:10:55,880 --> 00:10:58,705 das nosas vidas que podemos racionalmente 227 00:10:58,705 --> 00:11:01,157 tomar as mellores decisións, 228 00:11:01,157 --> 00:11:04,386 sen aceptar perdas nin riscos? 229 00:11:04,386 --> 00:11:07,671 Para min, é moi chocante ver as veces a xente moi pobre, 230 00:11:07,671 --> 00:11:10,015 por exemplo, que non apoia a idea 231 00:11:10,015 --> 00:11:13,633 de que aos ricos cómpre cobrarlles máis impostos. 232 00:11:13,633 --> 00:11:15,681 A miúdo aquí aínda se identifican 233 00:11:15,681 --> 00:11:18,279 cunha especie de mentalidade de lotería. 234 00:11:18,279 --> 00:11:21,562 Vale, ao mellor non pensan que o van conseguir eles no futuro, 235 00:11:21,562 --> 00:11:22,964 pero se cadra pensan: 236 00:11:22,964 --> 00:11:26,153 o meu fillo podería converterse no próximo BIll Gates. 237 00:11:26,153 --> 00:11:29,370 E quen quere que o seu propio fillo pague máis impostos? 238 00:11:29,370 --> 00:11:33,200 Ou, outra pregunta para min tamén é, 239 00:11:33,200 --> 00:11:35,580 por que os que non teñen seguro de saúde 240 00:11:35,580 --> 00:11:38,561 non defenden a sanidade pública? 241 00:11:38,561 --> 00:11:40,090 Ás veces non o fan, 242 00:11:40,090 --> 00:11:42,914 outra vez identificándose coa idea de escoller, 243 00:11:42,914 --> 00:11:45,472 pero eles non teñen nada entre o que escoller. 244 00:11:45,472 --> 00:11:49,922 Unha frase célebre de Margaret Thatcher di 245 00:11:49,922 --> 00:11:52,554 que non hai sociedade. 246 00:11:52,554 --> 00:11:56,334 A sociedade non existe, só os individuos 247 00:11:56,334 --> 00:11:58,130 e as súas familias. 248 00:11:58,130 --> 00:12:03,263 Tristemente, esta ideoloxía aínda funciona moi ben, 249 00:12:03,263 --> 00:12:05,547 e é a razón pola que os pobres poden 250 00:12:05,547 --> 00:12:07,470 sentir vergoña da súa pobreza. 251 00:12:07,470 --> 00:12:09,732 Sentímonos culpables continuamente de 252 00:12:09,732 --> 00:12:11,976 non estarmos a adoptar as eleccións adecuadas, 253 00:12:11,976 --> 00:12:14,142 e por iso non triunfamos. 254 00:12:14,142 --> 00:12:17,674 Preocúpanos non ser abondo bos. 255 00:12:17,674 --> 00:12:19,597 Por iso traballamos moi duro, 256 00:12:19,597 --> 00:12:21,138 moitas horas no traballo 257 00:12:21,138 --> 00:12:25,576 e o mesmo número de horas refacéndonos a nos mesmos. 258 00:12:25,576 --> 00:12:27,989 Cando estamos ansiosos polas nosas eleccións, 259 00:12:27,989 --> 00:12:32,421 ás veces renunciamos ao noso poder de elección. 260 00:12:32,421 --> 00:12:34,217 Identificámonos co gurú 261 00:12:34,217 --> 00:12:35,496 que nos di que facer, 262 00:12:35,496 --> 00:12:38,140 co terapeuta de autoaxuda, 263 00:12:38,140 --> 00:12:40,919 ou seguimos a un líder totalitario 264 00:12:40,919 --> 00:12:43,706 que semella non ter dúbidas á hora de elixir, 265 00:12:43,706 --> 00:12:45,790 que parece saber. 266 00:12:45,790 --> 00:12:48,566 A miúdo a xente pregúntame, 267 00:12:48,566 --> 00:12:50,940 “Que aprendiches cando estudaches elección? 268 00:12:50,940 --> 00:12:54,111 Aprendín unha mensaxe moi importante. 269 00:12:54,111 --> 00:12:56,598 Ao pensar nas miñas opcións, 270 00:12:56,598 --> 00:13:01,558 deixei de tomar demasiado en serio, como algo persoal, as decisións. 271 00:13:01,558 --> 00:13:04,180 Primeiro, decateime de que moitas eleccións que fago 272 00:13:04,180 --> 00:13:05,639 non son racionais. 273 00:13:05,639 --> 00:13:07,543 Están ligadas ao meu subconsciente, 274 00:13:07,543 --> 00:13:09,737 ao que creo que os demais escollen, 275 00:13:09,737 --> 00:13:13,393 ou a que opción é a que promove a sociedade. 276 00:13:13,393 --> 00:13:15,690 Tamén defendo a idea 277 00:13:15,690 --> 00:13:17,330 de que deberiamos ir máis alá 278 00:13:17,330 --> 00:13:19,254 de pensar en eleccións individuais, 279 00:13:19,254 --> 00:13:22,910 de que é importante volver pensar nas eleccións sociais, 280 00:13:22,910 --> 00:13:26,611 porque esta ideoloxía das eleccións individuais amansounos. 281 00:13:26,611 --> 00:13:29,749 En realidade evitou que pensásemos no cambio social. 282 00:13:29,749 --> 00:13:33,480 Pasamos moito tempo elixindo cousas para nós mesmos 283 00:13:33,480 --> 00:13:35,250 e apenas reflexionamos 284 00:13:35,250 --> 00:13:37,476 sobre as decisións comunais que podemos tomar. 285 00:13:37,476 --> 00:13:39,176 Non debemos esquecer que elixir 286 00:13:39,176 --> 00:13:41,860 está sempre conectado co cambio. 287 00:13:41,860 --> 00:13:43,676 Podemos facer cambios individuais, 288 00:13:43,676 --> 00:13:45,861 pero podemos facer cambios sociais. 289 00:13:45,861 --> 00:13:49,627 Podemos escoller ter máis lobos. 290 00:13:49,627 --> 00:13:52,394 Podemos elixir cambiar o noso medio ambiente 291 00:13:52,394 --> 00:13:54,824 para ter máis abellas. 292 00:13:54,824 --> 00:13:59,110 Podemos escoller ter axencias de cualificación diferentes 293 00:13:59,110 --> 00:14:01,573 Podemos escoller controlar as corporacións 294 00:14:01,573 --> 00:14:05,437 en vez de permitir elas nos controlen a nós. 295 00:14:05,437 --> 00:14:08,852 Temos a oportunidade de facer cambios. 296 00:14:08,852 --> 00:14:12,130 Comecei cunha cita de Samuel Johnson, 297 00:14:12,130 --> 00:14:14,859 que dixo que cando tomamos unha decisión na nosa vida, 298 00:14:14,859 --> 00:14:17,446 non deberíamos esquecer vivir. 299 00:14:17,446 --> 00:14:19,673 Finalmente, como vedes, 300 00:14:19,673 --> 00:14:21,180 tiven a oportunidade 301 00:14:21,180 --> 00:14:22,697 de escoller entre as tres citas 302 00:14:22,747 --> 00:14:26,491 coas que quixen comezar a miña charla. 303 00:14:26,491 --> 00:14:28,390 Tiven elección, 304 00:14:28,390 --> 00:14:30,698 igual que como nacións, como persoas, 305 00:14:30,698 --> 00:14:32,970 tamén temos opcións para repensar 306 00:14:32,970 --> 00:14:36,282 en que tipo de sociedade queremos vivir no futuro. 307 00:14:36,282 --> 00:14:38,333 Moitas grazas. 308 00:14:38,333 --> 00:14:42,563 (Aplausos)