1 00:00:00,000 --> 00:00:03,000 Hai 50 anos, cando comecei a explorar o océano, 2 00:00:03,000 --> 00:00:09,000 ninguén - nin Jacques Perrin, nin Jacques Cousteau ou Rachel Carson -- 3 00:00:09,000 --> 00:00:12,000 imaxinaba que poderíamos prexudicar os océanos 4 00:00:12,000 --> 00:00:15,000 debido ao que poñemos ou sacamos deles. 5 00:00:15,000 --> 00:00:18,000 Naquel tempo, parecía ser o mar do Edén, 6 00:00:18,000 --> 00:00:24,000 mais hoxe sabemos, que estamos ante o paraíso perdido. 7 00:00:24,000 --> 00:00:27,000 Eu quero compartir 8 00:00:27,000 --> 00:00:30,000 a visión persoal dos cambios nos mares que nos afectan a todos 9 00:00:30,000 --> 00:00:34,000 e lembrar a importancia do que perdemos en 50 anos 10 00:00:34,000 --> 00:00:37,000 --na verdade, collémolo, comémolo-- 11 00:00:37,000 --> 00:00:40,000 máis do 90% dos peixes grandes que existían 12 00:00:40,000 --> 00:00:44,000 por qué nos debe importar que desaparecera a metade dos arrecifes de coral 13 00:00:44,000 --> 00:00:50,000 por qué a misteriosa falta de osíxeno en grandes áreas do Pacífico 14 00:00:50,000 --> 00:00:53,000 debe preocupar non só ás criaturas que están a morrer, 15 00:00:53,000 --> 00:00:56,000 senón que debería preocuparnos a nós tamén. 16 00:00:56,000 --> 00:00:58,000 Tamén vos incumbe. 17 00:00:58,000 --> 00:01:03,000 Dáme medo a idea do "Neno do Futuro" de Ray Anderson, 18 00:01:03,000 --> 00:01:07,000 preguntando por que non fixemos nada para salvar 19 00:01:07,000 --> 00:01:12,000 as quenllas, o atún vermello, as luras, o coral e o océano vivo 20 00:01:12,000 --> 00:01:14,000 mentres aínda había tempo. 21 00:01:14,000 --> 00:01:17,000 Ben, agora é o momento. 22 00:01:17,000 --> 00:01:20,000 Espero a vosa axuda 23 00:01:20,000 --> 00:01:23,000 para explorar e protexer o océano salvaxe 24 00:01:23,000 --> 00:01:26,000 de xeito que poida recuperar a súa saúde, 25 00:01:26,000 --> 00:01:30,000 e a esperanza para a humanidade. 26 00:01:30,000 --> 00:01:33,000 Saúde para o océano significa saúde para nós. 27 00:01:33,000 --> 00:01:40,000 Espero que o desexo de Jill Tarter de involucrar aos Terrícolas 28 00:01:40,000 --> 00:01:42,000 na procura de vida intelixente no universo 29 00:01:42,000 --> 00:01:45,000 inclúa golfiños, baleas e outras criaturas do mar. 30 00:01:45,000 --> 00:01:48,000 Espero, Jill, que algún día 31 00:01:48,000 --> 00:01:55,000 atopemos evidencias de vida intelixente nos seres humanos deste planeta. 32 00:01:55,000 --> 00:01:57,000 (Gargalladas) 33 00:01:57,000 --> 00:02:00,000 Dixen iso? Coido que fun eu. 34 00:02:02,000 --> 00:02:05,000 Para min, como científica, 35 00:02:05,000 --> 00:02:08,000 Todo comezou en 1953 36 00:02:08,000 --> 00:02:11,000 co meu primeiro mergullo. 37 00:02:11,000 --> 00:02:14,000 Foi cando vin por primeira vez peixes nadando 38 00:02:14,000 --> 00:02:17,000 e non nadaban en limón e manteiga. 39 00:02:17,000 --> 00:02:20,000 Amo o mergullo de noite. 40 00:02:20,000 --> 00:02:23,000 Ves un monte de peixes que non se ven en pleno día. 41 00:02:23,000 --> 00:02:27,000 Mergullar noite e día foi moi fácil para min en 1970, 42 00:02:27,000 --> 00:02:32,000 cando liderei uns acuanautas durante semanas de vida submarina 43 00:02:32,000 --> 00:02:39,000 ao tempo que os astronautas deixaban as súas pegadas na lúa. 44 00:02:39,000 --> 00:02:43,000 Puiden deixar as miñas pegadas no fondo do océano en 1979 45 00:02:43,000 --> 00:02:46,000 mentres usaba ese somerxíbel persoal chamado Jim. 46 00:02:46,000 --> 00:02:50,000 Foi a seis millas da costa e 380 metros de fondo. 47 00:02:50,000 --> 00:02:53,000 É un dos meus traxes de baño favoritos. 48 00:02:55,000 --> 00:02:59,000 Desde entón, eu usei uns 30 tipos de submarinos, 49 00:02:59,000 --> 00:03:02,000 empecei tres empresas e a fundación sen ánimo de lucro Deep Search 50 00:03:02,000 --> 00:03:05,000 para proxectar e construír sistemas 51 00:03:05,000 --> 00:03:07,000 de acceso ao mar profundo. 52 00:03:07,000 --> 00:03:10,000 Liderei unha expedición de cinco anos do National Geographic, 53 00:03:10,000 --> 00:03:13,000 as expedicións Mares Sostibles, 54 00:03:13,000 --> 00:03:15,000 usando estes pequenos submarinos. 55 00:03:15,000 --> 00:03:18,000 Tan sinxelos de conducir que ata un científico pode facelo. 56 00:03:18,000 --> 00:03:20,000 Eu son a proba diso. 57 00:03:20,000 --> 00:03:22,000 Astronautas e acuanautas igualmente 58 00:03:22,000 --> 00:03:27,000 aprecian a importancia do aire, os alimentos, a auga, a temperatura, 59 00:03:27,000 --> 00:03:31,000 todas as cousas necesarias para se manter vivo no espazo ou no fondo do mar. 60 00:03:31,000 --> 00:03:34,000 Oín ao astronauta Joe Allen explicar 61 00:03:34,000 --> 00:03:37,000 como tivo que aprender todo o que puido sobre o seu sistema de apoio vital 62 00:03:37,000 --> 00:03:40,000 entón fixo todo o que puido 63 00:03:40,000 --> 00:03:43,000 para coidar do seu sistema de apoio vital. 64 00:03:43,000 --> 00:03:48,000 Entón sinalou isto e dixo: "Sistema de apoio vital". 65 00:03:48,000 --> 00:03:51,000 Necesitamos aprender todo o que poidamos sobre el 66 00:03:51,000 --> 00:03:54,000 e facer todo o que poidamos para coidalo. 67 00:03:54,000 --> 00:03:58,000 O poeta Auden dixo, "Miles de persoas viviron sen amor. 68 00:03:58,000 --> 00:04:01,000 Ningunha sen auga." 69 00:04:01,000 --> 00:04:04,000 O noventa e sete por cento da auga da Terra é océano. 70 00:04:04,000 --> 00:04:07,000 Se non hai azul, non hai verde. 71 00:04:07,000 --> 00:04:09,000 Se pensas que o océano non é importante, 72 00:04:09,000 --> 00:04:12,000 imaxina a Terra sen el. 73 00:04:12,000 --> 00:04:14,000 Marte vénme á cabeza. 74 00:04:14,000 --> 00:04:16,000 Se non hai océano, non hai sistema de apoio vital. 75 00:04:16,000 --> 00:04:19,000 Fai pouco dei unha charla no Banco Mundial 76 00:04:19,000 --> 00:04:22,000 mostrei esta foto incrible da Terra 77 00:04:22,000 --> 00:04:25,000 e lles dixen: "Aí está! O Banco Mundial!" 78 00:04:25,000 --> 00:04:29,000 É onde están todos os activos! 79 00:04:31,000 --> 00:04:34,000 E nós temos collimos 80 00:04:34,000 --> 00:04:37,000 moito máis rápido do que os sistemas naturais poden reabastecelos. 81 00:04:37,000 --> 00:04:40,000 Tim Worth di que a economía é subsidiaria e pertence ao medio ambiente. 82 00:04:40,000 --> 00:04:42,000 Con cada pinga de auga que bebes, 83 00:04:42,000 --> 00:04:44,000 Cada respiro que tomas, 84 00:04:44,000 --> 00:04:47,000 estás ligado ao mar. 85 00:04:47,000 --> 00:04:49,000 Non importa en que lugar da Terra vivas. 86 00:04:49,000 --> 00:04:52,000 A maior parte do osíxeno na atmosfera é xerado polo mar. 87 00:04:52,000 --> 00:04:55,000 Co tempo, a maior parte do carbono orgánico do planeta 88 00:04:55,000 --> 00:04:58,000 foi absorbido e gardado alí, 89 00:04:58,000 --> 00:05:00,000 principalmente por microbios. 90 00:05:00,000 --> 00:05:02,000 O océano dirixe o clima e o tempo, 91 00:05:02,000 --> 00:05:04,000 estabiliza a temperatura, da forma á química da Terra. 92 00:05:04,000 --> 00:05:06,000 A auga do mar forma as nubes 93 00:05:06,000 --> 00:05:09,000 que retornan á terra e ós mares 94 00:05:09,000 --> 00:05:11,000 como choiva, saraiba e neve, 95 00:05:11,000 --> 00:05:15,000 e fornece fogar para preto do 97 por cento da vida no mundo, 96 00:05:15,000 --> 00:05:17,000 tal vez no universo. 97 00:05:17,000 --> 00:05:19,000 Sen auga non hai vida. 98 00:05:19,000 --> 00:05:21,000 Sen azul, non hai verde. 99 00:05:21,000 --> 00:05:24,000 No entanto, os seres humanos temos esa idea, 100 00:05:24,000 --> 00:05:27,000 de que a Terra - toda ela: os océanos, os ceos - 101 00:05:27,000 --> 00:05:30,000 son tan amplos e resistentes 102 00:05:30,000 --> 00:05:32,000 que non importa o que lle fagamos. 103 00:05:32,000 --> 00:05:35,000 Isto pode ter sido verdade hai 10.000 anos, 104 00:05:35,000 --> 00:05:38,000 e quizais ata 1.000 anos atrás 105 00:05:38,000 --> 00:05:40,000 pero nos últimos 100, especialmente nos últimos 50 anos, 106 00:05:40,000 --> 00:05:42,000 consumimos os bens, 107 00:05:42,000 --> 00:05:45,000 o aire, a auga, o entorno 108 00:05:45,000 --> 00:05:48,000 que fan a nosa vida posible. 109 00:05:48,000 --> 00:05:51,000 As novas tecnoloxías estannos axudando a entender 110 00:05:51,000 --> 00:05:54,000 a natureza da natureza, 111 00:05:54,000 --> 00:05:56,000 a natureza do que está a suceder. 112 00:05:56,000 --> 00:05:59,000 Mostrándonos a nosa pegada na Terra. 113 00:05:59,000 --> 00:06:02,000 Quero dicir, primeiro temos que saber que temos un problema. 114 00:06:02,000 --> 00:06:05,000 E, felizmente, nos nosos tempos, 115 00:06:05,000 --> 00:06:08,000 temos aprendido máis sobre os problemas que en toda a historia. 116 00:06:08,000 --> 00:06:11,000 E co saber vén o coidado. 117 00:06:11,000 --> 00:06:13,000 E con coidado, hai esperanza 118 00:06:13,000 --> 00:06:16,000 de que poidamos atopar un lugar permanente para nós 119 00:06:16,000 --> 00:06:19,000 nos sistemas naturais que nos sosteñen. 120 00:06:19,000 --> 00:06:22,000 Pero primeiro temos que saber. 121 00:06:22,000 --> 00:06:25,000 Hai tres anos coñecín a John Hanke, 122 00:06:25,000 --> 00:06:27,000 Que é o xefe do Google Earth, 123 00:06:27,000 --> 00:06:30,000 e conteille canto me gustaba ter o mundo nas miñas mans 124 00:06:30,000 --> 00:06:32,000 e exploralo de xeito directo. 125 00:06:32,000 --> 00:06:35,000 Mais pregunteille: "Cando é que vas acabalo? 126 00:06:35,000 --> 00:06:38,000 Fixeches un gran traballo coa terra, o solo. 127 00:06:38,000 --> 00:06:41,000 Que pasa coa auga? 128 00:06:41,000 --> 00:06:45,000 Desde entón, tiven o grande pracer de traballar cos Googleiros, 129 00:06:45,000 --> 00:06:48,000 con DOER Marine, National Geographic, 130 00:06:48,000 --> 00:06:53,000 con ducias de institucións e cos mellores científicos do mundo enteiro, 131 00:06:53,000 --> 00:06:56,000 aos que poderiamos recorrer, 132 00:06:56,000 --> 00:06:59,000 para ubicar o océano en Google Earth. 133 00:06:59,000 --> 00:07:01,000 E foi esta semana, o luns pasado, 134 00:07:01,000 --> 00:07:04,000 cando se completou Google Earth. 135 00:07:04,000 --> 00:07:07,000 Consideren o seguinte: comezando aquí no Centro de Convencións, 136 00:07:07,000 --> 00:07:09,000 podemos atopar o acuario próximo, 137 00:07:09,000 --> 00:07:11,000 podemos ollar onde estamos sentados, 138 00:07:11,000 --> 00:07:14,000 e logo podemos ir pola costa ao gran acuario, o océano, 139 00:07:14,000 --> 00:07:17,000 aos catro santuarios mariños nacionais de California 140 00:07:17,000 --> 00:07:20,000 e a nova rede de reservas mariñas estatais 141 00:07:20,000 --> 00:07:24,000 que están empezando a protexer e a recuperar algúns dos bens. 142 00:07:24,000 --> 00:07:27,000 Podemos viaxar a Hawai 143 00:07:27,000 --> 00:07:30,000 e ver as verdadeiras illas Hawaianas ... 144 00:07:30,000 --> 00:07:33,000 Non só o pouco que se ve na superficie, 145 00:07:33,000 --> 00:07:36,000 tamén o que está debaixo. 146 00:07:36,000 --> 00:07:39,000 Para ver -- un momento, podémonos mergullar! -- 147 00:07:39,000 --> 00:07:41,000 aqui mesmo -- 148 00:07:42,000 --> 00:07:45,000 baixo o océano, ver o que as baleas ven. 149 00:07:45,000 --> 00:07:50,000 Podemos explorar a outra parte das illas hawaianas. 150 00:07:50,000 --> 00:07:54,000 De feito podemos nadar polo mundo en Google Earth 151 00:07:54,000 --> 00:07:58,000 e visitar as baleas xibardo. 152 00:07:58,000 --> 00:08:03,000 Esas xigantes amables que tiven o pracer de encontrar cara a cara 153 00:08:03,000 --> 00:08:06,000 moitas veces debaixo da auga. 154 00:08:06,000 --> 00:08:09,000 Non hai nada como que unha balea che examine persoalmente. 155 00:08:09,000 --> 00:08:13,000 Podemos voar ao lugar máis profundo: 156 00:08:13,000 --> 00:08:16,000 sete millas ao fondo, á Fosa das Marianas, 157 00:08:16,000 --> 00:08:18,000 onde só estiveron dúas persoas. 158 00:08:18,000 --> 00:08:21,000 Imaxinen iso. Son só sete millas, 159 00:08:21,000 --> 00:08:24,000 mais só dúas persoas foron alá, hai 49 anos. 160 00:08:24,000 --> 00:08:27,000 As viaxes só de ida son fáciles. 161 00:08:27,000 --> 00:08:30,000 Precisamos novos submarinos de mergullo profundo. 162 00:08:30,000 --> 00:08:33,000 Que tal algúns X Premios para a exploración oceánica? 163 00:08:33,000 --> 00:08:37,000 Necesitamos ver fosas fondas, montañas submarinas, 164 00:08:37,000 --> 00:08:40,000 e comprender a vida no mar. 165 00:08:40,000 --> 00:08:43,000 Agora podemos ir para o Ártico. 166 00:08:43,000 --> 00:08:47,000 Só dez anos atrás eu estaba sobre o xeo no Polo Norte. 167 00:08:47,000 --> 00:08:52,000 Un océano Ártico libre de xeo pode ocorrer neste século. 168 00:08:52,000 --> 00:08:56,000 Malas noticias para os osos polares. 169 00:08:56,000 --> 00:08:59,000 Malas noticias para nós tamén. 170 00:08:59,000 --> 00:09:02,000 O exceso de CO2 non só está causando o quecemento global, 171 00:09:02,000 --> 00:09:05,000 tamén está cambiando a química do océano, 172 00:09:05,000 --> 00:09:08,000 o mar tórnase máis ácido. 173 00:09:08,000 --> 00:09:11,000 Malas noticias para os arrecifes de coral, o marisco, e o plancto produtor de osíxeno. 174 00:09:11,000 --> 00:09:14,000 Tamén son malas noticias para nós. 175 00:09:14,000 --> 00:09:17,000 Estamos poñendo centenares de millóns de toneladas 176 00:09:17,000 --> 00:09:19,000 de plástico e lixo no mar. 177 00:09:19,000 --> 00:09:22,000 Millóns de toneladas de redes de pesca perdidas, 178 00:09:22,000 --> 00:09:25,000 aparellos que seguen a matar. 179 00:09:25,000 --> 00:09:29,000 Estamos obstruíndo o océano, envenenado o sistema circulatorio do planeta, 180 00:09:29,000 --> 00:09:32,000 estamos sustraendo centos de millóns de toneladas de seres, 181 00:09:32,000 --> 00:09:35,000 baseados todos eles no carbono. 182 00:09:37,000 --> 00:09:42,000 De xeito brutal, matamos quenllas só para facer sopa de aleta, 183 00:09:42,000 --> 00:09:45,000 minando as cadeas alimenticias que lle dan forma á química do planeta 184 00:09:45,000 --> 00:09:48,000 e que impulsa os ciclos do carbono, do nitróxeno, 185 00:09:48,000 --> 00:09:51,000 o ciclo de osíxeno, o ciclo da auga, 186 00:09:51,000 --> 00:09:54,000 o noso sistema de apoio vital. 187 00:09:54,000 --> 00:09:58,000 Aínda matamos o atún vermello, que está en perigo, 188 00:09:58,000 --> 00:10:01,000 e moito máis valioso vivo que morto. 189 00:10:02,000 --> 00:10:07,000 Todas estas partes forman o noso sistema de apoio vital. 190 00:10:07,000 --> 00:10:13,000 Matamos con longas liñas de palangre, con anzois cada poucos metros 191 00:10:13,000 --> 00:10:15,000 que poden medir 90 km ou máis. 192 00:10:15,000 --> 00:10:19,000 Os arrastreiros industriais están raspando o chan do mar 193 00:10:19,000 --> 00:10:22,000 como escavadoras, levando todo no seu camiño. 194 00:10:22,000 --> 00:10:25,000 Empregando Google Earth podes ver os arrastreiros, 195 00:10:25,000 --> 00:10:29,000 na China, no Mar do Norte, no Golfo de México, 196 00:10:29,000 --> 00:10:33,000 facendo tremer os alicerces do noso sistema de apoio vital, 197 00:10:33,000 --> 00:10:35,000 deixando un rastro de morte ao seu paso. 198 00:10:35,000 --> 00:10:38,000 A próxima vez que cees sushi, ou sashimi, 199 00:10:38,000 --> 00:10:40,000 ou filete de peixe espada, ou cóctel de gambas, 200 00:10:40,000 --> 00:10:43,000 calquera vida mariña que che guste comer, 201 00:10:43,000 --> 00:10:46,000 pensa no custo real. 202 00:10:46,000 --> 00:10:48,000 Por cada quilo que vai ó mercado, 203 00:10:48,000 --> 00:10:52,000 10 quilos máis, ata 100 quilos, 204 00:10:52,000 --> 00:10:56,000 poden ser devoltas mortas ao mar. 205 00:10:56,000 --> 00:10:59,000 Esta é a consecuencia de non saber 206 00:10:59,000 --> 00:11:02,000 que hai límites para o que podemos sacar do mar. 207 00:11:02,000 --> 00:11:06,000 Este gráfico amosa o declive da vida no océano 208 00:11:06,000 --> 00:11:09,000 do 1900 ata o 2000. 209 00:11:09,000 --> 00:11:12,000 As maiores concentracións están en vermello. 210 00:11:12,000 --> 00:11:14,000 Durante a miña vida, imaxinade, 211 00:11:14,000 --> 00:11:18,000 mataron o 90 por cento dos peixes grandes. 212 00:11:18,000 --> 00:11:20,000 Para a maioría das tartarugas, tiburóns, atúns e baleas 213 00:11:20,000 --> 00:11:24,000 os números están caendo. 214 00:11:24,000 --> 00:11:26,000 Mais hai unha boa nova. 215 00:11:26,000 --> 00:11:28,000 O 10 por cento dos peixes grandes seguen aí. 216 00:11:28,000 --> 00:11:30,000 Hai aínda algunhas baleas azuis. 217 00:11:30,000 --> 00:11:33,000 Hai aínda algo de krill na Antártida. 218 00:11:33,000 --> 00:11:35,000 Hai algunhas ostras na baía de Chesapeake. 219 00:11:35,000 --> 00:11:38,000 A metade dos arrecifes de coral aínda están en moi boa forma, 220 00:11:38,000 --> 00:11:41,000 unha cinta de xoias en torno do planeta. 221 00:11:41,000 --> 00:11:44,000 Aínda hai tempo, pero non moito, 222 00:11:44,000 --> 00:11:46,000 para cambiar as cousas. 223 00:11:46,000 --> 00:11:48,000 Pero se o asunto segue como ata agora, 224 00:11:48,000 --> 00:11:51,000 en 50 anos pode non haber arrecifes de coral, 225 00:11:51,000 --> 00:11:55,000 e non haber máis pesca comercial, porque o peixe desapareceu. 226 00:11:55,000 --> 00:11:59,000 Imaxinade o océano sen peixes. 227 00:11:59,000 --> 00:12:03,000 Imaxinade o que supón para o noso sistema de soporte vital. 228 00:12:03,000 --> 00:12:06,000 Os sistemas naturais da terra están en apuros tamén, 229 00:12:06,000 --> 00:12:08,000 mais os problemas son máis evidentes, 230 00:12:08,000 --> 00:12:14,000 e hai que tomar medidas de protección das árbores, cuncas hidrográficas e a vida salvaxe. 231 00:12:14,000 --> 00:12:18,000 E en 1872, co Parque Nacional de Yellowstone, 232 00:12:18,000 --> 00:12:21,000 comezaron a establecerse un sistema de parques que hai quen di 233 00:12:21,000 --> 00:12:26,000 que foi a mellor idea que nunca tiveron nos Estados Unidos. 234 00:12:26,000 --> 00:12:30,000 Cerca do 12 por cento da terra está agora protexida no mundo, 235 00:12:30,000 --> 00:12:34,000 salvagardando a biodiversidade, fornecendo un sumidoiro de carbono, 236 00:12:34,000 --> 00:12:36,000 xerando osíxeno, protexendo as cuncas hidrográficas. 237 00:12:36,000 --> 00:12:41,000 E, en 1972, comezouse a establecer unha contrapartida no mar, 238 00:12:41,000 --> 00:12:43,000 os Santuarios Marinos Nacionais. 239 00:12:43,000 --> 00:12:45,000 Esta é outra gran idea. 240 00:12:45,000 --> 00:12:47,000 A boa noticia é 241 00:12:47,000 --> 00:12:51,000 que hai agora máis de 4.000 lugares no mar, ao redor do mundo, 242 00:12:51,000 --> 00:12:53,000 que teñen algún tipo de protección. 243 00:12:53,000 --> 00:12:55,000 E podedes atopalos no Google Earth. 244 00:12:55,000 --> 00:12:57,000 A mala noticia é 245 00:12:57,000 --> 00:12:59,000 que hai que buscar moito para atopalos. 246 00:12:59,000 --> 00:13:01,000 Nos últimos tres anos, por exemplo, 247 00:13:01,000 --> 00:13:07,000 os EE.UU. protexeron 340.000 millas cadradas de océano como monumentos nacionais. 248 00:13:07,000 --> 00:13:10,000 Pero é só un aumento do 0,6 do un por cento 249 00:13:10,000 --> 00:13:15,000 ao 0,8 do un por cento do océano protexido, a nivel mundial. 250 00:13:15,000 --> 00:13:18,000 As areas protexidas rexenéranse, 251 00:13:18,000 --> 00:13:20,000 pero leva moito tempo 252 00:13:20,000 --> 00:13:24,000 peixes de roca de 50 anos ou peixes sapo, tiburóns ou corvinas, 253 00:13:24,000 --> 00:13:26,000 ou un peixe reloxo alaranxado de 200 anos. 254 00:13:26,000 --> 00:13:29,000 Nós non consumimos vacas e galiñas de 200 anos. 255 00:13:30,000 --> 00:13:33,000 As áreas protexidas fornecen a esperanza 256 00:13:33,000 --> 00:13:36,000 de que as criaturas do soño de Ed Wilson 257 00:13:36,000 --> 00:13:40,000 dunha enciclopedia da vida ou un censo da vida mariña, 258 00:13:40,000 --> 00:13:44,000 non van vivir só nunha lista, 259 00:13:44,000 --> 00:13:48,000 unha foto, ou un parágrafo. 260 00:13:48,000 --> 00:13:51,000 Coa axuda de científicos de todo o mundo, revisamos o 99 por cento dos océanos 261 00:13:51,000 --> 00:13:55,000 que están abertos á pesca, minería, perforación, vertedoiro de lixo, e o que queirades, 262 00:13:55,000 --> 00:13:57,000 para buscar puntos de esperanza, 263 00:13:57,000 --> 00:14:01,000 e atopar o xeito de darlles e darnos un futuro seguro. 264 00:14:01,000 --> 00:14:03,000 Áreas como o Ártico - 265 00:14:03,000 --> 00:14:06,000 onde temos agora a oportunidade de facelo ben. 266 00:14:06,000 --> 00:14:09,000 Ou a Antártida, onde o continente está protexido, 267 00:14:09,000 --> 00:14:15,000 mais o océano está a ser despoxado do seu krill, baleas e peixes. 268 00:14:15,000 --> 00:14:20,000 No Mar dos Sargazos, un bosque flotante de 3 millóns de millas cadradas 269 00:14:20,000 --> 00:14:23,000 está sendo apañado para alimentar vacas. 270 00:14:23,000 --> 00:14:27,000 O 97 por cento da terra nas illas Galápagos está protexido, 271 00:14:27,000 --> 00:14:31,000 mais o mar adxacente está sendo devastado pola pesca. 272 00:14:31,000 --> 00:14:33,000 Tamén é verdade na Arxentina, 273 00:14:33,000 --> 00:14:36,000 na plataforma da Patagonia, agora en serios apuros. 274 00:14:36,000 --> 00:14:41,000 En alta mar, onde van as baleas, atúns e golfiños -- 275 00:14:41,000 --> 00:14:44,000 temos o maior e menos protexido ecosistema da Terra, 276 00:14:44,000 --> 00:14:47,000 cheo de criaturas luminosas, 277 00:14:47,000 --> 00:14:50,000 que viven en augas escuras a dúas millas de profundidade. 278 00:14:50,000 --> 00:14:53,000 Brillan, escintilan, refulxen 279 00:14:53,000 --> 00:14:56,000 coa súa propia luz vital. 280 00:14:56,000 --> 00:14:59,000 Hai aínda lugares no mar, conservados coma cando eu era unha nena. 281 00:14:59,000 --> 00:15:03,000 Os próximos 10 anos poden ser os máis importantes, 282 00:15:03,000 --> 00:15:07,000 e os próximos 10.000 anos a mellor oportunidade qua a nosa especie terá 283 00:15:07,000 --> 00:15:13,000 para protexer o que queda dos sistemas naturais que nos dan vida. 284 00:15:13,000 --> 00:15:16,000 Para xestionar o cambio climático, precisamos novas formas de xeración de enerxía. 285 00:15:16,000 --> 00:15:22,000 Precisamos de novas formas, maneiras mellores de tratar coa pobreza, as guerras e as enfermidades. 286 00:15:22,000 --> 00:15:26,000 Precisamos moitas cousas para manter e conservar o mundo como un lugar mellor. 287 00:15:26,000 --> 00:15:29,000 Mais nada diso importa 288 00:15:29,000 --> 00:15:32,000 se non somos quen de protexer o océano. 289 00:15:32,000 --> 00:15:36,000 O noso destino e o dos océanos son un. 290 00:15:36,000 --> 00:15:40,000 Necesitamos facer para o océano o que Al Gore fixo para os ceos. 291 00:15:40,000 --> 00:15:43,000 Un plan de acción global 292 00:15:43,000 --> 00:15:45,000 cunha Unión de Conservación Mundial, a IUCN, 293 00:15:45,000 --> 00:15:47,000 que está en marcha para protexer a biodiversidade, 294 00:15:47,000 --> 00:15:51,000 para mitigar e recuperar dos impactos do cambio climático. 295 00:15:51,000 --> 00:15:55,000 en alta mar e nas zonas costeiras, 296 00:15:55,000 --> 00:15:59,000 onde podamos identificar lugares críticos, 297 00:15:59,000 --> 00:16:03,000 son necesarias novas tecnoloxías para localizar nun mapa, fotografíar e explorar 298 00:16:03,000 --> 00:16:07,000 o 95 por cento dos océanos que aínda non vimos. 299 00:16:07,000 --> 00:16:10,000 O obxectivo é protexer a biodiversidade, 300 00:16:10,000 --> 00:16:12,000 asegurar a estabilidade e resistencia. 301 00:16:12,000 --> 00:16:14,000 Necesitamos submarinos de gran profundidade, 302 00:16:14,000 --> 00:16:17,000 novas tecnoloxías para explorar o océano. 303 00:16:17,000 --> 00:16:20,000 Necesitamos, quizais, unha expedición - 304 00:16:20,000 --> 00:16:22,000 un TED no mar - 305 00:16:22,000 --> 00:16:24,000 que podería axudar a descubrir os seguintes pasos. 306 00:16:25,000 --> 00:16:28,000 E así, supoño que queren saber cal é o meu desexo. 307 00:16:29,000 --> 00:16:34,000 Gustaríame que utilizásedes todos os medios á vosa disposición - 308 00:16:34,000 --> 00:16:37,000 películas, expedicións, a Rede, novos submarinos - 309 00:16:37,000 --> 00:16:40,000 unha campaña que inflame o apoio do público 310 00:16:40,000 --> 00:16:43,000 para unha rede global de áreas mariñas protexidas, 311 00:16:43,000 --> 00:16:47,000 pontos de esperanza que abonden para salvar e restaurar o océano, 312 00:16:47,000 --> 00:16:50,000 o corazón azul do planeta. 313 00:16:50,000 --> 00:16:52,000 Canto? 314 00:16:52,000 --> 00:16:55,000 Algúns din que o 10 por cento, algúns din que 30 por cento. 315 00:16:55,000 --> 00:16:59,000 Vós decidides canto queredes protexer o voso corazón. 316 00:17:00,000 --> 00:17:02,000 Sexa o que for, 317 00:17:02,000 --> 00:17:05,000 unha fracción dun un por cento non chega. 318 00:17:06,000 --> 00:17:08,000 O meu desexo é un desexo grande, 319 00:17:08,000 --> 00:17:12,000 mais se podemos facer isto, podemos realmente cambiar o mundo, 320 00:17:12,000 --> 00:17:15,000 e axudar a garantir a supervivencia 321 00:17:15,000 --> 00:17:21,000 da que realmente é a miña especie favorita, 322 00:17:21,000 --> 00:17:23,000 que somos nós. 323 00:17:23,000 --> 00:17:25,000 Para os nenos de hoxe, 324 00:17:25,000 --> 00:17:27,000 para os nenos de mañá, 325 00:17:27,000 --> 00:17:31,000 como nunca, agora é a hora. 326 00:17:32,000 --> 00:17:33,000 Grazas. 327 00:17:33,000 --> 00:17:48,000 (Aplausos)