0:00:00.000,0:00:03.000 Hai 50 anos, cando comecei a explorar o océano, 0:00:03.000,0:00:09.000 ninguén - nin Jacques Perrin, nin Jacques Cousteau ou Rachel Carson -- 0:00:09.000,0:00:12.000 imaxinaba que poderíamos prexudicar os océanos 0:00:12.000,0:00:15.000 debido ao que poñemos ou sacamos deles. 0:00:15.000,0:00:18.000 Naquel tempo, parecía ser o mar do Edén, 0:00:18.000,0:00:24.000 mais hoxe sabemos, que estamos ante o paraíso perdido. 0:00:24.000,0:00:27.000 Eu quero compartir 0:00:27.000,0:00:30.000 a visión persoal dos cambios nos mares que nos afectan a todos 0:00:30.000,0:00:34.000 e lembrar a importancia do que perdemos en 50 anos 0:00:34.000,0:00:37.000 --na verdade, collémolo, comémolo-- 0:00:37.000,0:00:40.000 máis do 90% dos peixes grandes que existían 0:00:40.000,0:00:44.000 por qué nos debe importar que desaparecera a metade dos arrecifes de coral 0:00:44.000,0:00:50.000 por qué a misteriosa falta de osíxeno en grandes áreas do Pacífico 0:00:50.000,0:00:53.000 debe preocupar non só ás criaturas que están a morrer, 0:00:53.000,0:00:56.000 senón que debería preocuparnos a nós tamén. 0:00:56.000,0:00:58.000 Tamén vos incumbe. 0:00:58.000,0:01:03.000 Dáme medo a idea do "Neno do Futuro" de Ray Anderson, 0:01:03.000,0:01:07.000 preguntando por que non fixemos nada para salvar 0:01:07.000,0:01:12.000 as quenllas, o atún vermello, as luras, o coral e o océano vivo 0:01:12.000,0:01:14.000 mentres aínda había tempo. 0:01:14.000,0:01:17.000 Ben, agora é o momento. 0:01:17.000,0:01:20.000 Espero a vosa axuda 0:01:20.000,0:01:23.000 para explorar e protexer o océano salvaxe 0:01:23.000,0:01:26.000 de xeito que poida recuperar a súa saúde, 0:01:26.000,0:01:30.000 e a esperanza para a humanidade. 0:01:30.000,0:01:33.000 Saúde para o océano significa saúde para nós. 0:01:33.000,0:01:40.000 Espero que o desexo de Jill Tarter de involucrar aos Terrícolas 0:01:40.000,0:01:42.000 na procura de vida intelixente no universo 0:01:42.000,0:01:45.000 inclúa golfiños, baleas e outras criaturas do mar. 0:01:45.000,0:01:48.000 Espero, Jill, que algún día 0:01:48.000,0:01:55.000 atopemos evidencias de vida intelixente nos seres humanos deste planeta. 0:01:55.000,0:01:57.000 (Gargalladas) 0:01:57.000,0:02:00.000 Dixen iso? Coido que fun eu. 0:02:02.000,0:02:05.000 Para min, como científica, 0:02:05.000,0:02:08.000 Todo comezou en 1953 0:02:08.000,0:02:11.000 co meu primeiro mergullo. 0:02:11.000,0:02:14.000 Foi cando vin por primeira vez peixes nadando 0:02:14.000,0:02:17.000 e non nadaban en limón e manteiga. 0:02:17.000,0:02:20.000 Amo o mergullo de noite. 0:02:20.000,0:02:23.000 Ves un monte de peixes que non se ven en pleno día. 0:02:23.000,0:02:27.000 Mergullar noite e día foi moi fácil para min en 1970, 0:02:27.000,0:02:32.000 cando liderei uns acuanautas durante semanas de vida submarina 0:02:32.000,0:02:39.000 ao tempo que os astronautas deixaban as súas pegadas na lúa. 0:02:39.000,0:02:43.000 Puiden deixar as miñas pegadas no fondo do océano en 1979 0:02:43.000,0:02:46.000 mentres usaba ese somerxíbel persoal chamado Jim. 0:02:46.000,0:02:50.000 Foi a seis millas da costa e 380 metros de fondo. 0:02:50.000,0:02:53.000 É un dos meus traxes de baño favoritos. 0:02:55.000,0:02:59.000 Desde entón, eu usei uns 30 tipos de submarinos, 0:02:59.000,0:03:02.000 empecei tres empresas e a fundación sen ánimo de lucro Deep Search 0:03:02.000,0:03:05.000 para proxectar e construír sistemas 0:03:05.000,0:03:07.000 de acceso ao mar profundo. 0:03:07.000,0:03:10.000 Liderei unha expedición de cinco anos do National Geographic, 0:03:10.000,0:03:13.000 as expedicións Mares Sostibles, 0:03:13.000,0:03:15.000 usando estes pequenos submarinos. 0:03:15.000,0:03:18.000 Tan sinxelos de conducir que ata un científico pode facelo. 0:03:18.000,0:03:20.000 Eu son a proba diso. 0:03:20.000,0:03:22.000 Astronautas e acuanautas igualmente 0:03:22.000,0:03:27.000 aprecian a importancia do aire, os alimentos, a auga, a temperatura, 0:03:27.000,0:03:31.000 todas as cousas necesarias para se manter vivo no espazo ou no fondo do mar. 0:03:31.000,0:03:34.000 Oín ao astronauta Joe Allen explicar 0:03:34.000,0:03:37.000 como tivo que aprender todo o que puido sobre o seu sistema de apoio vital 0:03:37.000,0:03:40.000 entón fixo todo o que puido 0:03:40.000,0:03:43.000 para coidar do seu sistema de apoio vital. 0:03:43.000,0:03:48.000 Entón sinalou isto e dixo: "Sistema de apoio vital". 0:03:48.000,0:03:51.000 Necesitamos aprender todo o que poidamos sobre el 0:03:51.000,0:03:54.000 e facer todo o que poidamos para coidalo. 0:03:54.000,0:03:58.000 O poeta Auden dixo, "Miles de persoas viviron sen amor. 0:03:58.000,0:04:01.000 Ningunha sen auga." 0:04:01.000,0:04:04.000 O noventa e sete por cento da auga da Terra é océano. 0:04:04.000,0:04:07.000 Se non hai azul, non hai verde. 0:04:07.000,0:04:09.000 Se pensas que o océano non é importante, 0:04:09.000,0:04:12.000 imaxina a Terra sen el. 0:04:12.000,0:04:14.000 Marte vénme á cabeza. 0:04:14.000,0:04:16.000 Se non hai océano, non hai sistema de apoio vital. 0:04:16.000,0:04:19.000 Fai pouco dei unha charla no Banco Mundial 0:04:19.000,0:04:22.000 mostrei esta foto incrible da Terra 0:04:22.000,0:04:25.000 e lles dixen: "Aí está! O Banco Mundial!" 0:04:25.000,0:04:29.000 É onde están todos os activos! 0:04:31.000,0:04:34.000 E nós temos collimos 0:04:34.000,0:04:37.000 moito máis rápido do que os sistemas naturais poden reabastecelos. 0:04:37.000,0:04:40.000 Tim Worth di que a economía é subsidiaria e pertence ao medio ambiente. 0:04:40.000,0:04:42.000 Con cada pinga de auga que bebes, 0:04:42.000,0:04:44.000 Cada respiro que tomas, 0:04:44.000,0:04:47.000 estás ligado ao mar. 0:04:47.000,0:04:49.000 Non importa en que lugar da Terra vivas. 0:04:49.000,0:04:52.000 A maior parte do osíxeno na atmosfera é xerado polo mar. 0:04:52.000,0:04:55.000 Co tempo, a maior parte do carbono orgánico do planeta 0:04:55.000,0:04:58.000 foi absorbido e gardado alí, 0:04:58.000,0:05:00.000 principalmente por microbios. 0:05:00.000,0:05:02.000 O océano dirixe o clima e o tempo, 0:05:02.000,0:05:04.000 estabiliza a temperatura, da forma á química da Terra. 0:05:04.000,0:05:06.000 A auga do mar forma as nubes 0:05:06.000,0:05:09.000 que retornan á terra e ós mares 0:05:09.000,0:05:11.000 como choiva, saraiba e neve, 0:05:11.000,0:05:15.000 e fornece fogar para preto do 97 por cento da vida no mundo, 0:05:15.000,0:05:17.000 tal vez no universo. 0:05:17.000,0:05:19.000 Sen auga non hai vida. 0:05:19.000,0:05:21.000 Sen azul, non hai verde. 0:05:21.000,0:05:24.000 No entanto, os seres humanos temos esa idea, 0:05:24.000,0:05:27.000 de que a Terra - toda ela: os océanos, os ceos - 0:05:27.000,0:05:30.000 son tan amplos e resistentes 0:05:30.000,0:05:32.000 que non importa o que lle fagamos. 0:05:32.000,0:05:35.000 Isto pode ter sido verdade hai 10.000 anos, 0:05:35.000,0:05:38.000 e quizais ata 1.000 anos atrás 0:05:38.000,0:05:40.000 pero nos últimos 100, especialmente nos últimos 50 anos, 0:05:40.000,0:05:42.000 consumimos os bens, 0:05:42.000,0:05:45.000 o aire, a auga, o entorno 0:05:45.000,0:05:48.000 que fan a nosa vida posible. 0:05:48.000,0:05:51.000 As novas tecnoloxías estannos axudando a entender 0:05:51.000,0:05:54.000 a natureza da natureza, 0:05:54.000,0:05:56.000 a natureza do que está a suceder. 0:05:56.000,0:05:59.000 Mostrándonos a nosa pegada na Terra. 0:05:59.000,0:06:02.000 Quero dicir, primeiro temos que saber que temos un problema. 0:06:02.000,0:06:05.000 E, felizmente, nos nosos tempos, 0:06:05.000,0:06:08.000 temos aprendido máis sobre os problemas que en toda a historia. 0:06:08.000,0:06:11.000 E co saber vén o coidado. 0:06:11.000,0:06:13.000 E con coidado, hai esperanza 0:06:13.000,0:06:16.000 de que poidamos atopar un lugar permanente para nós 0:06:16.000,0:06:19.000 nos sistemas naturais que nos sosteñen. 0:06:19.000,0:06:22.000 Pero primeiro temos que saber. 0:06:22.000,0:06:25.000 Hai tres anos coñecín a John Hanke, 0:06:25.000,0:06:27.000 Que é o xefe do Google Earth, 0:06:27.000,0:06:30.000 e conteille canto me gustaba ter o mundo nas miñas mans 0:06:30.000,0:06:32.000 e exploralo de xeito directo. 0:06:32.000,0:06:35.000 Mais pregunteille: "Cando é que vas acabalo? 0:06:35.000,0:06:38.000 Fixeches un gran traballo coa terra, o solo. 0:06:38.000,0:06:41.000 Que pasa coa auga? 0:06:41.000,0:06:45.000 Desde entón, tiven o grande pracer de traballar cos Googleiros, 0:06:45.000,0:06:48.000 con DOER Marine, National Geographic, 0:06:48.000,0:06:53.000 con ducias de institucións e cos mellores científicos do mundo enteiro, 0:06:53.000,0:06:56.000 aos que poderiamos recorrer, 0:06:56.000,0:06:59.000 para ubicar o océano en Google Earth. 0:06:59.000,0:07:01.000 E foi esta semana, o luns pasado, 0:07:01.000,0:07:04.000 cando se completou Google Earth. 0:07:04.000,0:07:07.000 Consideren o seguinte: comezando aquí no Centro de Convencións, 0:07:07.000,0:07:09.000 podemos atopar o acuario próximo, 0:07:09.000,0:07:11.000 podemos ollar onde estamos sentados, 0:07:11.000,0:07:14.000 e logo podemos ir pola costa ao gran acuario, o océano, 0:07:14.000,0:07:17.000 aos catro santuarios mariños nacionais de California 0:07:17.000,0:07:20.000 e a nova rede de reservas mariñas estatais 0:07:20.000,0:07:24.000 que están empezando a protexer e a recuperar algúns dos bens. 0:07:24.000,0:07:27.000 Podemos viaxar a Hawai 0:07:27.000,0:07:30.000 e ver as verdadeiras illas Hawaianas ... 0:07:30.000,0:07:33.000 Non só o pouco que se ve na superficie, 0:07:33.000,0:07:36.000 tamén o que está debaixo. 0:07:36.000,0:07:39.000 Para ver -- un momento, podémonos mergullar! -- 0:07:39.000,0:07:41.000 aqui mesmo -- 0:07:42.000,0:07:45.000 baixo o océano, ver o que as baleas ven. 0:07:45.000,0:07:50.000 Podemos explorar a outra parte das illas hawaianas. 0:07:50.000,0:07:54.000 De feito podemos nadar polo mundo en Google Earth 0:07:54.000,0:07:58.000 e visitar as baleas xibardo. 0:07:58.000,0:08:03.000 Esas xigantes amables que tiven o pracer de encontrar cara a cara 0:08:03.000,0:08:06.000 moitas veces debaixo da auga. 0:08:06.000,0:08:09.000 Non hai nada como que unha balea che examine persoalmente. 0:08:09.000,0:08:13.000 Podemos voar ao lugar máis profundo: 0:08:13.000,0:08:16.000 sete millas ao fondo, á Fosa das Marianas, 0:08:16.000,0:08:18.000 onde só estiveron dúas persoas. 0:08:18.000,0:08:21.000 Imaxinen iso. Son só sete millas, 0:08:21.000,0:08:24.000 mais só dúas persoas foron alá, hai 49 anos. 0:08:24.000,0:08:27.000 As viaxes só de ida son fáciles. 0:08:27.000,0:08:30.000 Precisamos novos submarinos de mergullo profundo. 0:08:30.000,0:08:33.000 Que tal algúns X Premios para a exploración oceánica? 0:08:33.000,0:08:37.000 Necesitamos ver fosas fondas, montañas submarinas, 0:08:37.000,0:08:40.000 e comprender a vida no mar. 0:08:40.000,0:08:43.000 Agora podemos ir para o Ártico. 0:08:43.000,0:08:47.000 Só dez anos atrás eu estaba sobre o xeo no Polo Norte. 0:08:47.000,0:08:52.000 Un océano Ártico libre de xeo pode ocorrer neste século. 0:08:52.000,0:08:56.000 Malas noticias para os osos polares. 0:08:56.000,0:08:59.000 Malas noticias para nós tamén. 0:08:59.000,0:09:02.000 O exceso de CO2 non só está causando o quecemento global, 0:09:02.000,0:09:05.000 tamén está cambiando a química do océano, 0:09:05.000,0:09:08.000 o mar tórnase máis ácido. 0:09:08.000,0:09:11.000 Malas noticias para os arrecifes de coral, o marisco, e o plancto produtor de osíxeno. 0:09:11.000,0:09:14.000 Tamén son malas noticias para nós. 0:09:14.000,0:09:17.000 Estamos poñendo centenares de millóns de toneladas 0:09:17.000,0:09:19.000 de plástico e lixo no mar. 0:09:19.000,0:09:22.000 Millóns de toneladas de redes de pesca perdidas, 0:09:22.000,0:09:25.000 aparellos que seguen a matar. 0:09:25.000,0:09:29.000 Estamos obstruíndo o océano, envenenado o sistema circulatorio do planeta, 0:09:29.000,0:09:32.000 estamos sustraendo centos de millóns de toneladas de seres, 0:09:32.000,0:09:35.000 baseados todos eles no carbono. 0:09:37.000,0:09:42.000 De xeito brutal, matamos quenllas só para facer sopa de aleta, 0:09:42.000,0:09:45.000 minando as cadeas alimenticias que lle dan forma á química do planeta 0:09:45.000,0:09:48.000 e que impulsa os ciclos do carbono, do nitróxeno, 0:09:48.000,0:09:51.000 o ciclo de osíxeno, o ciclo da auga, 0:09:51.000,0:09:54.000 o noso sistema de apoio vital. 0:09:54.000,0:09:58.000 Aínda matamos o atún vermello, que está en perigo, 0:09:58.000,0:10:01.000 e moito máis valioso vivo que morto. 0:10:02.000,0:10:07.000 Todas estas partes forman o noso sistema de apoio vital. 0:10:07.000,0:10:13.000 Matamos con longas liñas de palangre, con anzois cada poucos metros 0:10:13.000,0:10:15.000 que poden medir 90 km ou máis. 0:10:15.000,0:10:19.000 Os arrastreiros industriais están raspando o chan do mar 0:10:19.000,0:10:22.000 como escavadoras, levando todo no seu camiño. 0:10:22.000,0:10:25.000 Empregando Google Earth podes ver os arrastreiros, 0:10:25.000,0:10:29.000 na China, no Mar do Norte, no Golfo de México, 0:10:29.000,0:10:33.000 facendo tremer os alicerces do noso sistema de apoio vital, 0:10:33.000,0:10:35.000 deixando un rastro de morte ao seu paso. 0:10:35.000,0:10:38.000 A próxima vez que cees sushi, ou sashimi, 0:10:38.000,0:10:40.000 ou filete de peixe espada, ou cóctel de gambas, 0:10:40.000,0:10:43.000 calquera vida mariña que che guste comer, 0:10:43.000,0:10:46.000 pensa no custo real. 0:10:46.000,0:10:48.000 Por cada quilo que vai ó mercado, 0:10:48.000,0:10:52.000 10 quilos máis, ata 100 quilos, 0:10:52.000,0:10:56.000 poden ser devoltas mortas ao mar. 0:10:56.000,0:10:59.000 Esta é a consecuencia de non saber 0:10:59.000,0:11:02.000 que hai límites para o que podemos sacar do mar. 0:11:02.000,0:11:06.000 Este gráfico amosa o declive da vida no océano 0:11:06.000,0:11:09.000 do 1900 ata o 2000. 0:11:09.000,0:11:12.000 As maiores concentracións están en vermello. 0:11:12.000,0:11:14.000 Durante a miña vida, imaxinade, 0:11:14.000,0:11:18.000 mataron o 90 por cento dos peixes grandes. 0:11:18.000,0:11:20.000 Para a maioría das tartarugas, tiburóns, atúns e baleas 0:11:20.000,0:11:24.000 os números están caendo. 0:11:24.000,0:11:26.000 Mais hai unha boa nova. 0:11:26.000,0:11:28.000 O 10 por cento dos peixes grandes seguen aí. 0:11:28.000,0:11:30.000 Hai aínda algunhas baleas azuis. 0:11:30.000,0:11:33.000 Hai aínda algo de krill na Antártida. 0:11:33.000,0:11:35.000 Hai algunhas ostras na baía de Chesapeake. 0:11:35.000,0:11:38.000 A metade dos arrecifes de coral aínda están en moi boa forma, 0:11:38.000,0:11:41.000 unha cinta de xoias en torno do planeta. 0:11:41.000,0:11:44.000 Aínda hai tempo, pero non moito, 0:11:44.000,0:11:46.000 para cambiar as cousas. 0:11:46.000,0:11:48.000 Pero se o asunto segue como ata agora, 0:11:48.000,0:11:51.000 en 50 anos pode non haber arrecifes de coral, 0:11:51.000,0:11:55.000 e non haber máis pesca comercial, porque o peixe desapareceu. 0:11:55.000,0:11:59.000 Imaxinade o océano sen peixes. 0:11:59.000,0:12:03.000 Imaxinade o que supón para o noso sistema de soporte vital. 0:12:03.000,0:12:06.000 Os sistemas naturais da terra están en apuros tamén, 0:12:06.000,0:12:08.000 mais os problemas son máis evidentes, 0:12:08.000,0:12:14.000 e hai que tomar medidas de protección das árbores, cuncas hidrográficas e a vida salvaxe. 0:12:14.000,0:12:18.000 E en 1872, co Parque Nacional de Yellowstone, 0:12:18.000,0:12:21.000 comezaron a establecerse un sistema de parques que hai quen di 0:12:21.000,0:12:26.000 que foi a mellor idea que nunca tiveron nos Estados Unidos. 0:12:26.000,0:12:30.000 Cerca do 12 por cento da terra está agora protexida no mundo, 0:12:30.000,0:12:34.000 salvagardando a biodiversidade, fornecendo un sumidoiro de carbono, 0:12:34.000,0:12:36.000 xerando osíxeno, protexendo as cuncas hidrográficas. 0:12:36.000,0:12:41.000 E, en 1972, comezouse a establecer unha contrapartida no mar, 0:12:41.000,0:12:43.000 os Santuarios Marinos Nacionais. 0:12:43.000,0:12:45.000 Esta é outra gran idea. 0:12:45.000,0:12:47.000 A boa noticia é 0:12:47.000,0:12:51.000 que hai agora máis de 4.000 lugares no mar, ao redor do mundo, 0:12:51.000,0:12:53.000 que teñen algún tipo de protección. 0:12:53.000,0:12:55.000 E podedes atopalos no Google Earth. 0:12:55.000,0:12:57.000 A mala noticia é 0:12:57.000,0:12:59.000 que hai que buscar moito para atopalos. 0:12:59.000,0:13:01.000 Nos últimos tres anos, por exemplo, 0:13:01.000,0:13:07.000 os EE.UU. protexeron 340.000 millas cadradas de océano como monumentos nacionais. 0:13:07.000,0:13:10.000 Pero é só un aumento do 0,6 do un por cento 0:13:10.000,0:13:15.000 ao 0,8 do un por cento do océano protexido, a nivel mundial. 0:13:15.000,0:13:18.000 As areas protexidas rexenéranse, 0:13:18.000,0:13:20.000 pero leva moito tempo 0:13:20.000,0:13:24.000 peixes de roca de 50 anos ou peixes sapo, tiburóns ou corvinas, 0:13:24.000,0:13:26.000 ou un peixe reloxo alaranxado de 200 anos. 0:13:26.000,0:13:29.000 Nós non consumimos vacas e galiñas de 200 anos. 0:13:30.000,0:13:33.000 As áreas protexidas fornecen a esperanza 0:13:33.000,0:13:36.000 de que as criaturas do soño de Ed Wilson 0:13:36.000,0:13:40.000 dunha enciclopedia da vida ou un censo da vida mariña, 0:13:40.000,0:13:44.000 non van vivir só nunha lista, 0:13:44.000,0:13:48.000 unha foto, ou un parágrafo. 0:13:48.000,0:13:51.000 Coa axuda de científicos de todo o mundo, revisamos o 99 por cento dos océanos 0:13:51.000,0:13:55.000 que están abertos á pesca, minería, perforación, vertedoiro de lixo, e o que queirades, 0:13:55.000,0:13:57.000 para buscar puntos de esperanza, 0:13:57.000,0:14:01.000 e atopar o xeito de darlles e darnos un futuro seguro. 0:14:01.000,0:14:03.000 Áreas como o Ártico - 0:14:03.000,0:14:06.000 onde temos agora a oportunidade de facelo ben. 0:14:06.000,0:14:09.000 Ou a Antártida, onde o continente está protexido, 0:14:09.000,0:14:15.000 mais o océano está a ser despoxado do seu krill, baleas e peixes. 0:14:15.000,0:14:20.000 No Mar dos Sargazos, un bosque flotante de 3 millóns de millas cadradas 0:14:20.000,0:14:23.000 está sendo apañado para alimentar vacas. 0:14:23.000,0:14:27.000 O 97 por cento da terra nas illas Galápagos está protexido, 0:14:27.000,0:14:31.000 mais o mar adxacente está sendo devastado pola pesca. 0:14:31.000,0:14:33.000 Tamén é verdade na Arxentina, 0:14:33.000,0:14:36.000 na plataforma da Patagonia, agora en serios apuros. 0:14:36.000,0:14:41.000 En alta mar, onde van as baleas, atúns e golfiños -- 0:14:41.000,0:14:44.000 temos o maior e menos protexido ecosistema da Terra, 0:14:44.000,0:14:47.000 cheo de criaturas luminosas, 0:14:47.000,0:14:50.000 que viven en augas escuras a dúas millas de profundidade. 0:14:50.000,0:14:53.000 Brillan, escintilan, refulxen 0:14:53.000,0:14:56.000 coa súa propia luz vital. 0:14:56.000,0:14:59.000 Hai aínda lugares no mar, conservados coma cando eu era unha nena. 0:14:59.000,0:15:03.000 Os próximos 10 anos poden ser os máis importantes, 0:15:03.000,0:15:07.000 e os próximos 10.000 anos a mellor oportunidade qua a nosa especie terá 0:15:07.000,0:15:13.000 para protexer o que queda dos sistemas naturais que nos dan vida. 0:15:13.000,0:15:16.000 Para xestionar o cambio climático, precisamos novas formas de xeración de enerxía. 0:15:16.000,0:15:22.000 Precisamos de novas formas, maneiras mellores de tratar coa pobreza, as guerras e as enfermidades. 0:15:22.000,0:15:26.000 Precisamos moitas cousas para manter e conservar o mundo como un lugar mellor. 0:15:26.000,0:15:29.000 Mais nada diso importa 0:15:29.000,0:15:32.000 se non somos quen de protexer o océano. 0:15:32.000,0:15:36.000 O noso destino e o dos océanos son un. 0:15:36.000,0:15:40.000 Necesitamos facer para o océano o que Al Gore fixo para os ceos. 0:15:40.000,0:15:43.000 Un plan de acción global 0:15:43.000,0:15:45.000 cunha Unión de Conservación Mundial, a IUCN, 0:15:45.000,0:15:47.000 que está en marcha para protexer a biodiversidade, 0:15:47.000,0:15:51.000 para mitigar e recuperar dos impactos do cambio climático. 0:15:51.000,0:15:55.000 en alta mar e nas zonas costeiras, 0:15:55.000,0:15:59.000 onde podamos identificar lugares críticos, 0:15:59.000,0:16:03.000 son necesarias novas tecnoloxías para localizar nun mapa, fotografíar e explorar 0:16:03.000,0:16:07.000 o 95 por cento dos océanos que aínda non vimos. 0:16:07.000,0:16:10.000 O obxectivo é protexer a biodiversidade, 0:16:10.000,0:16:12.000 asegurar a estabilidade e resistencia. 0:16:12.000,0:16:14.000 Necesitamos submarinos de gran profundidade, 0:16:14.000,0:16:17.000 novas tecnoloxías para explorar o océano. 0:16:17.000,0:16:20.000 Necesitamos, quizais, unha expedición - 0:16:20.000,0:16:22.000 un TED no mar - 0:16:22.000,0:16:24.000 que podería axudar a descubrir os seguintes pasos. 0:16:25.000,0:16:28.000 E así, supoño que queren saber cal é o meu desexo. 0:16:29.000,0:16:34.000 Gustaríame que utilizásedes todos os medios á vosa disposición - 0:16:34.000,0:16:37.000 películas, expedicións, a Rede, novos submarinos - 0:16:37.000,0:16:40.000 unha campaña que inflame o apoio do público 0:16:40.000,0:16:43.000 para unha rede global de áreas mariñas protexidas, 0:16:43.000,0:16:47.000 pontos de esperanza que abonden para salvar e restaurar o océano, 0:16:47.000,0:16:50.000 o corazón azul do planeta. 0:16:50.000,0:16:52.000 Canto? 0:16:52.000,0:16:55.000 Algúns din que o 10 por cento, algúns din que 30 por cento. 0:16:55.000,0:16:59.000 Vós decidides canto queredes protexer o voso corazón. 0:17:00.000,0:17:02.000 Sexa o que for, 0:17:02.000,0:17:05.000 unha fracción dun un por cento non chega. 0:17:06.000,0:17:08.000 O meu desexo é un desexo grande, 0:17:08.000,0:17:12.000 mais se podemos facer isto, podemos realmente cambiar o mundo, 0:17:12.000,0:17:15.000 e axudar a garantir a supervivencia 0:17:15.000,0:17:21.000 da que realmente é a miña especie favorita, 0:17:21.000,0:17:23.000 que somos nós. 0:17:23.000,0:17:25.000 Para os nenos de hoxe, 0:17:25.000,0:17:27.000 para os nenos de mañá, 0:17:27.000,0:17:31.000 como nunca, agora é a hora. 0:17:32.000,0:17:33.000 Grazas. 0:17:33.000,0:17:48.000 (Aplausos)