0:00:01.424,0:00:04.582 Era unha tarde de outono de 2005. 0:00:05.325,0:00:09.144 Traballaba de asesora científica na ACLU,[br]a Unión polas Liberdades Civís. 0:00:09.388,0:00:11.935 Encantábame o meu traballo, 0:00:12.019,0:00:13.655 pero precisamente ese día 0:00:13.679,0:00:16.248 sentíame un chisco desanimada. 0:00:17.265,0:00:21.369 Así que me acheguei ata o despacho[br]do meu compañeiro Chris Hansen. 0:00:22.367,0:00:26.021 Chris levaba máis de 30 anos[br]traballando na ACLU, 0:00:26.045,0:00:29.120 polo que coñecía ben[br]o funcionamento das institucións. 0:00:29.640,0:00:32.613 Díxenlle a Chris[br]que me sentía un chisco trabada. 0:00:33.512,0:00:35.694 Eu estaba investigando[br]unha serie de cuestións 0:00:35.718,0:00:41.019 sobre o cruzamento de ciencia[br]e liberdades civís: moi interesante. 0:00:41.043,0:00:44.953 Pero quería que a ACLU abordase[br]estes problemas máis de cara, 0:00:44.977,0:00:47.222 dun xeito que puidese[br]supor unha diferenza. 0:00:49.603,0:00:51.703 Chris foi directo ó gran e preguntoume: 0:00:51.727,0:00:55.187 "De todas esas cuestións,[br]cales son as cinco que máis te inquietan?" 0:00:55.524,0:00:58.180 "Pois está a da discriminación xenética, 0:00:58.204,0:01:00.629 as tecnoloxías reprodutivas, 0:01:00.653,0:01:02.794 os biobancos e... 0:01:02.818,0:01:04.660 vaites, tamén hai unha xenial, 0:01:04.684,0:01:07.333 o emprego das IMRf[br]como detector de mentiras e... 0:01:07.357,0:01:09.478 claro, o tema das patentes xenéticas". 0:01:09.502,0:01:11.131 "Patentes xenéticas?" 0:01:11.967,0:01:14.049 "Si, iso é, patentes de xenes humanos". 0:01:14.073,0:01:15.579 "Non!" 0:01:15.603,0:01:18.064 "Estasme dicindo que[br]o goberno estadounidense 0:01:18.088,0:01:21.012 expide patentes de partes do corpo humano? 0:01:21.543,0:01:23.226 Non pode ser". 0:01:23.861,0:01:27.320 Volvín para o meu despacho[br]e envieille a Chris tres artigos. 0:01:27.954,0:01:31.281 E 20 minutos despois,[br]chegou el botando centellas. 0:01:31.305,0:01:34.921 "Raios! Tiñas razón![br]A quen hai que demandar?" 0:01:35.330,0:01:36.839 (Risos) 0:01:37.713,0:01:40.087 E é que Chris é un grande avogado, 0:01:40.111,0:01:43.020 pero non sabía case nada[br]sobre lexislación de patentes 0:01:43.044,0:01:45.480 e absolutamente nada sobre xenética. 0:01:45.504,0:01:48.382 Eu sabia algo sobre xenética,[br]pero non era avogada, 0:01:48.406,0:01:50.067 moito menos avogada de patentes. 0:01:50.091,0:01:53.557 Quedaba claro que había moito que aprender[br]antes de demandar a ninguén. 0:01:54.036,0:01:56.894 Primeiro, tiñamos que saber[br]exactamente qué se patentaba 0:01:56.918,0:01:58.599 cando alguén patentaba un xene. 0:01:59.679,0:02:03.501 As patentes xenéticas adoitan[br]incluír ducias de reivindicacións, 0:02:03.525,0:02:08.301 pero as máis discutidas de todas[br]son as chamadas "ADN illado" 0:02:08.699,0:02:13.140 ou sexa, un anaco de ADN[br]que se extraeu dunha célula. 0:02:14.073,0:02:15.372 Os defensores disto din: 0:02:15.396,0:02:18.570 "Non patentamos os xenes do voso corpo, 0:02:18.594,0:02:20.529 patentamos os xenes illados". 0:02:21.148,0:02:22.349 E é verdade, 0:02:22.373,0:02:29.106 mais o problema radica en que[br]é preciso illar os xenes para utilizalos. 0:02:30.510,0:02:34.915 E as patentes non cobren[br]un xene illado en particular, 0:02:34.939,0:02:37.826 senón todas as posibles[br]versións dese xene. 0:02:38.183,0:02:39.520 E que significa isto? 0:02:39.981,0:02:43.043 Pois que non lle podes pasar[br]os teus xenes a un médico 0:02:43.067,0:02:45.363 e pedirlle que os examine, 0:02:45.387,0:02:47.487 para ver se conteñen mutacións, 0:02:47.511,0:02:49.587 sen o permiso do titular da patente. 0:02:50.363,0:02:54.556 Tamén implica que o titular da patente[br]ten o dereito de impedir 0:02:54.580,0:02:58.062 que ese xene se empregue[br]en investigacións ou ensaios clínicos. 0:02:58.871,0:03:00.569 Permitir que estes titulares, 0:03:00.593,0:03:01.877 a miúdo empresas privadas, 0:03:01.901,0:03:06.387 fechen partes do xenoma humano[br]estaba a prexudicar ós pacientes. 0:03:06.958,0:03:08.110 Temos o caso de Abigail, 0:03:08.134,0:03:10.527 una pequena de 10 anos[br]con síndrome do QT longo, 0:03:10.551,0:03:13.975 unha doenza cardíaca que, se non se trata, 0:03:13.999,0:03:15.777 pode provocar a morte súbita. 0:03:16.911,0:03:20.833 A empresa que patentou[br]os dous xenes asociados a esta doenza 0:03:20.857,0:03:23.339 creara unha proba[br]para diagnosticar a síndrome. 0:03:23.363,0:03:26.187 Pero entón entrou en bancarrota[br]e nunca chegaron a ofrecela. 0:03:27.030,0:03:28.988 Outro laboratorio tentou ofrecer a proba, 0:03:29.012,0:03:32.000 pero a empresa que posuía as patentes[br]ameazou con demandalos 0:03:32.024,0:03:33.206 por infrinxir a patente. 0:03:33.244,0:03:34.403 O resultado: 0:03:34.413,0:03:37.275 dous anos sen poder facer a proba. 0:03:38.291,0:03:39.441 Durante ese tempo, 0:03:39.465,0:03:42.715 Abigail morreu de QT longo[br]sen diagnosticar. 0:03:43.776,0:03:47.013 As patentes xenéticas eran un problema[br]que prexudicaba ós pacientes. 0:03:47.467,0:03:49.873 Habería algunha forma de facerlles fronte? 0:03:50.266,0:03:51.998 Pois resulta que o Tribunal Supremo 0:03:52.022,0:03:55.136 deixou claro nunha longa lista[br]de casos anteriores, 0:03:55.160,0:03:57.946 que existen unha serie de cousas[br]que non son patentábeis. 0:03:58.925,0:04:01.299 Non se poden patentar[br]produtos da natureza: 0:04:02.148,0:04:06.357 o aire, a auga, os minerais,[br]os elementos da táboa periódica. 0:04:07.170,0:04:09.282 Nin tampouco as leis da natureza: 0:04:10.193,0:04:12.472 a lei da gravidade, E = mc2. 0:04:12.909,0:04:17.714 Son cousas moi fundamentais[br]e deben de estar ó alcance de todos, 0:04:17.738,0:04:19.601 ninguén pode posuílas en exclusividade. 0:04:20.348,0:04:22.495 Na nosa opinión o ADN, 0:04:22.519,0:04:25.035 a estrutura da vida máis fundamental, 0:04:25.059,0:04:27.715 que codifica a produción[br]de todas as nosas proteínas, 0:04:27.739,0:04:30.965 é tanto un produto da natureza[br]coma unha lei da natureza, 0:04:30.989,0:04:33.691 independentemente[br]de que se atope nos nosos corpos 0:04:33.715,0:04:35.753 ou no fondo dunha probeta. 0:04:36.523,0:04:37.978 Para informarnos mellor, 0:04:38.002,0:04:41.910 viaxamos por todo o país[br]para falar con distintos expertos: 0:04:42.588,0:04:46.301 científicos, profesionais médicos,[br]avogados, avogados de patentes. 0:04:46.753,0:04:50.663 A maioría dixéronnos que tiñamos razón[br]desde un punto de vista político, 0:04:50.687,0:04:53.472 e, cando menos en teoría,[br]desde un punto de vista legal. 0:04:54.313,0:04:55.468 Todos eles pensaban 0:04:55.492,0:04:58.062 que as posibilidades[br]de saír coa nosa neste tema 0:04:58.086,0:04:59.953 eran tantas coma cero. 0:05:01.628,0:05:02.991 Pero por que? 0:05:03.015,0:05:06.102 Resulta que a oficina de patentes[br]leva emitindo estas patentes 0:05:06.126,0:05:07.827 máis de 20 anos. 0:05:08.686,0:05:11.566 Literalmente, había milleiros[br]de patentes de xenes humanos. 0:05:12.843,0:05:15.784 O tribunal de patentes estaba[br]moi atrincheirado no statu quo, 0:05:16.581,0:05:20.204 a industria da biotecnoloxía medrara[br]arredor desta práctica, 0:05:20.228,0:05:23.347 e a lexislación para prohibir[br]as patentes xenéticas presentárase 0:05:23.371,0:05:24.769 ano tras ano ó Congreso, 0:05:24.793,0:05:26.584 sen saír xamais adiante. 0:05:27.401,0:05:28.615 En resumo: 0:05:29.027,0:05:32.112 os tribunais non ían estar dispostos[br]a anular estas patentes. 0:05:32.916,0:05:37.511 Mais, nin a Chris nin a min[br]nos poñen medo os retos, 0:05:37.535,0:05:40.679 e que nos dixeran, "ter razón non abonda", 0:05:40.703,0:05:43.233 dábanos máis folgos para seguir loitando. 0:05:44.311,0:05:46.246 Así que comezamos a fixar a nosa causa. 0:05:47.494,0:05:50.984 Os xuízos por patentes adoitan ser:[br]Empresa A demanda a Empresa B 0:05:51.008,0:05:54.191 por algún tema técnico, escuro e confuso. 0:05:54.822,0:05:57.187 A nós non nos interesaban[br]aquel tipo de causas, 0:05:57.211,0:05:59.600 pensamos que a nosa causa[br]abranguía moito máis. 0:05:59.624,0:06:02.112 Tratábase da liberdade científica,[br]o progreso médico 0:06:02.136,0:06:03.595 e os dereitos dos pacientes. 0:06:03.619,0:06:06.722 Así que decidimos abrir unha causa 0:06:06.746,0:06:09.264 que non sería coma[br]as típicas que hai por patentes, 0:06:09.645,0:06:11.657 senón unha causa[br]a prol dos dereitos civís. 0:06:12.756,0:06:15.598 Propuxémonos identificar[br]un titular de patentes xenéticas 0:06:15.622,0:06:18.407 que estivese a defender[br]tenazmente as súas patentes 0:06:18.431,0:06:21.725 para despois organizarmos[br]unha coalición de demandantes e expertos 0:06:21.749,0:06:23.639 que lles contasen ós tribunais 0:06:23.663,0:06:28.052 como estas patentes actuaban[br]en detrimento de pacientes e innovación. 0:06:29.404,0:06:32.526 Achamos que o candidato ideal[br]para demandar era Myriad Genetics, 0:06:32.550,0:06:35.405 unha empresa con sede[br]en Salt Lake City, Utah. 0:06:36.718,0:06:38.968 Myriad posuía as patentes de dous xenes, 0:06:38.992,0:06:42.313 os xenes BRCA1 e o BRCA2. 0:06:43.150,0:06:45.884 As mulleres[br]con certas mutacións nestes xenes 0:06:45.908,0:06:48.534 teñen máis probabilidades 0:06:48.558,0:06:50.503 de padecer cancro de peito e de ovario. 0:06:51.774,0:06:53.714 Myriad empregara as patentes para manter 0:06:53.738,0:06:57.947 un monopolio total sobre[br]as probas de BCRA nos Estados Unidos. 0:06:58.544,0:07:02.732 Fixo que varios laboratorios[br]deixasen de ofrecer probas de BCRA. 0:07:02.756,0:07:04.915 Cobraban moitos cartos polo seu exame: 0:07:04.939,0:07:06.622 máis de 3.000 dólares. 0:07:07.089,0:07:09.424 Deixaran de compartir[br]os seus datos clínicos 0:07:09.448,0:07:11.735 coa comunidade científica internacional. 0:07:12.522,0:07:14.425 E, se callar o peor de todo, 0:07:14.449,0:07:16.885 durante un período de varios anos, 0:07:16.909,0:07:20.622 Myriad negouse a actualizar o seu exame[br]para que incluíse mutacións adicionais 0:07:20.646,0:07:24.267 que foran identificadas por un equipo[br]de investigadores en Francia. 0:07:24.974,0:07:27.482 Estimouse que durante ese período, 0:07:27.506,0:07:28.879 durante varios anos, 0:07:28.903,0:07:32.655 ata un 12% das mulleres[br]ás que lles fixeran a proba 0:07:32.679,0:07:35.081 recibiran una resposta errada: 0:07:36.377,0:07:40.146 un resultado negativo[br]que debería de ser positivo. 0:07:41.485,0:07:43.226 Esta é Kathleen Maxian. 0:07:44.172,0:07:47.429 A irmá de Kathleen, Eileen, [br]desenvolveu cancro con 40 anos 0:07:47.453,0:07:49.293 e fixo os exames con Myriad. 0:07:50.032,0:07:51.758 O exame deu negativo. 0:07:51.782,0:07:53.308 A familia acougou. 0:07:53.332,0:07:57.120 O máis probable era que ese cancro[br]non estivese presente na familia, 0:07:57.144,0:08:00.299 polo que os outros membros da familia[br]non precisaban facer o exame. 0:08:00.843,0:08:02.073 Mais dous anos despois, 0:08:02.097,0:08:06.157 a Kathleen diagnosticáronlle[br]un cancro de ovario en estado avanzado. 0:08:06.927,0:08:10.799 Resultou que a irmá de Kathleen[br]encontrábase entre ese 12% 0:08:10.823,0:08:13.692 de persoas que recibiron[br]un resultado negativo falso. 0:08:14.347,0:08:17.436 Se Eileen recibise o resultado correcto, 0:08:17.460,0:08:19.833 Kathleen faría o exame, 0:08:19.857,0:08:22.770 e evitaría o seu cancro de ovario. 0:08:24.358,0:08:26.272 Unha vez que nos decidimos[br]por Myriad, 0:08:26.292,0:08:29.991 tivemos que formar unha coalición[br]de demandantes e expertos 0:08:30.015,0:08:32.102 que puidesen aclarar estes problemas. 0:08:32.126,0:08:34.698 Acabamos xuntando[br]20 demandantes moi comprometidos: 0:08:35.325,0:08:36.863 conselleiros xenéticos, 0:08:36.886,0:08:40.246 xenetistas que recibiran[br]cartas ameazantes, 0:08:40.905,0:08:42.754 organizacións de defensa, 0:08:43.532,0:08:46.597 catro organizacións científicas[br]que en conxunto representaban 0:08:46.621,0:08:50.151 a máis de 150.000 científicos[br]e profesionais médicos, 0:08:50.755,0:08:54.052 e mulleres individuais que ou ben[br]non podían pagar o exame de Myriad, 0:08:54.076,0:08:57.080 ou ben querían una segunda opinión[br]que non lles podían dar, 0:08:57.104,0:08:58.848 por mor das patentes. 0:09:00.315,0:09:03.755 Un dos principais retos[br]que afrontamos cando preparamos este caso 0:09:03.779,0:09:06.645 foi pensar a forma[br]na que explicar a ciencia. 0:09:07.079,0:09:10.910 Para argumentar que o que fixera[br]Myriad non era un invento, 0:09:10.934,0:09:14.211 e que os xenes illados BRCA[br]eran produtos da natureza, 0:09:15.124,0:09:17.837 tivemos que explicar un par[br]de conceptos básicos, do tipo: 0:09:17.861,0:09:20.005 Que é un xene? Que é o ADN? 0:09:20.029,0:09:23.745 Como se illa o ADN,[br]e por que iso non é un invento? 0:09:25.168,0:09:29.030 Pasamos horas e horas[br]cos nosos demandantes e expertos, 0:09:29.054,0:09:31.990 tentando dar coa forma[br]de explicar estes conceptos 0:09:32.014,0:09:33.557 de forma sinxela mais certeira. 0:09:34.306,0:09:37.638 E ao final acabamos por botar man[br]das metáforas, 0:09:37.662,0:09:38.818 coma a do ouro. 0:09:39.789,0:09:42.073 Así que illar ADN 0:09:42.097,0:09:44.597 é coma extraer ouro dunha montaña. 0:09:45.105,0:09:47.121 ou do leito dun río. 0:09:47.145,0:09:50.819 Pódese patentar o proceso[br]para extraer ouro, 0:09:50.843,0:09:52.924 pero non podes patentar o propio ouro. 0:09:53.929,0:09:56.672 Tanto ten canto traballo se requira 0:09:56.696,0:09:58.556 para extraer o ouro da montaña; 0:09:59.127,0:10:01.408 non se pode patentar, segue sendo ouro. 0:10:01.432,0:10:03.188 E o ouro, unha vez extraído, 0:10:03.212,0:10:05.300 pódese empregar en todo tipo de cousas 0:10:05.324,0:10:08.060 nas que non se podía empregar[br]cando estaba na montaña; 0:10:08.084,0:10:10.266 con el pódense facer xoias, por exemplo. 0:10:10.290,0:10:13.025 Pero non se pode patentar o ouro,[br]porque segue sendo ouro. 0:10:13.364,0:10:17.218 No 2009 xa estabamos listos[br]para presentar o caso. 0:10:18.286,0:10:21.781 Presentámolo perante o Tribunal Federal[br]do distrito sur de Nova York, 0:10:22.355,0:10:25.721 e o caso foille asignado, ao chou,[br]ao xuíz Robert Sweet. 0:10:26.599,0:10:29.799 En marzo de 2010, o xuíz Sweet[br]emitiu o seu veredicto: 0:10:30.569,0:10:32.427 152 páxinas. 0:10:32.834,0:10:35.086 Unha vitoria total para nós. 0:10:35.964,0:10:37.395 Cando lemos a súa opinión, 0:10:37.419,0:10:42.134 impresionounos a elocuencia[br]coa que describiu a ciencia no caso. 0:10:42.504,0:10:45.275 Quero dicir, o noso informe...[br]era bastante bo, 0:10:45.299,0:10:46.866 pero non tan bo. 0:10:47.778,0:10:51.155 Como puido desenvolver[br]un coñecemento tan profundo do tema 0:10:51.179,0:10:52.339 en tan pouco tempo? 0:10:52.363,0:10:55.971 Non podiamos imaxinar[br]como fora posíbel algo así. 0:10:55.995,0:10:57.259 Así que resultou 0:10:57.283,0:11:00.593 que o asistente co que traballaba[br]o xuíz Sweet daquela, 0:11:00.617,0:11:02.097 non só era avogado... 0:11:02.121,0:11:03.835 era científico. 0:11:03.859,0:11:05.457 E non só era científico... 0:11:05.481,0:11:08.627 tiña un doutoramento[br]en bioloxía molecular. 0:11:08.651,0:11:10.402 (Risos) 0:11:10.426,0:11:13.001 Vaia golpe de sorte! 0:11:14.058,0:11:15.358 Entón Myriad apelou 0:11:15.382,0:11:17.877 perante o Tribunal de Apelación[br]do Circuíto Federal. 0:11:18.496,0:11:20.512 E aquí as cousas puxéronse interesantes. 0:11:21.465,0:11:24.525 Primeiro, nun momento vital deste caso, 0:11:25.187,0:11:27.818 o goberno dos Estados Unidos[br]mudou de lado. 0:11:28.739,0:11:32.488 No tribunal do distrito, o goberno[br]emitiu un informe a prol de Myriad. 0:11:32.512,0:11:37.640 Pero en oposición directa[br]á súa propia oficina de patentes, 0:11:37.664,0:11:40.372 o goberno presentou[br]un informe no que dicía 0:11:40.396,0:11:44.084 que reconsiderara este tema[br]á luz da decisión do tribunal do distrito, 0:11:44.108,0:11:47.294 e concluía que o ADN illado[br]non era susceptíbel de ser patentado. 0:11:47.818,0:11:49.629 Isto foi moi importante, 0:11:49.653,0:11:51.215 e totalmente inesperado. 0:11:52.773,0:11:54.853 O Tribunal de Apelación[br]do Circuíto Federal 0:11:54.877,0:11:56.560 leva todos os casos de patentes, 0:11:56.584,0:11:59.742 e é coñecida a súa reputación[br]moi, moi a prol das patentes. 0:12:00.305,0:12:02.731 Así que mesmo con este[br]acontecemento notorio, 0:12:02.755,0:12:04.434 contabamos con perder. 0:12:04.458,0:12:05.805 E así foi. 0:12:06.389,0:12:07.541 Máis ou menos. 0:12:08.357,0:12:10.944 A decisión foi de 2 contra 1. 0:12:11.743,0:12:14.239 Mais os dous xuíces que[br]votaron contra nós, 0:12:14.263,0:12:16.504 fixérono por motivos totalmente distintos. 0:12:17.275,0:12:19.101 O primeiro, o xuíz Lourie, 0:12:19.125,0:12:22.140 creou a súa propia [br]e nova teoría biolóxica, 0:12:22.164,0:12:23.332 totalmente errada. 0:12:23.356,0:12:24.141 (Risos) 0:12:24.141,0:12:26.729 Decidiu que Myriad creara[br]unha nova substancia química, 0:12:26.729,0:12:28.498 o que non tiña sentido ningún. 0:12:28.522,0:12:31.308 Myriad xamais argumentou iso,[br]polo que non tiña sentido. 0:12:31.632,0:12:33.609 O outro xuíz, a xuíza Moore, 0:12:33.633,0:12:37.511 dixo que concordaba con nós en canto[br]a ser o ADN illado un produto da natureza. 0:12:37.987,0:12:41.320 Pero que "Non quero zarapallar[br]a industria da biotecnoloxía". 0:12:42.248,0:12:44.820 O terceiro, o xuíz Bryson, 0:12:45.233,0:12:46.449 deunos a razón. 0:12:47.690,0:12:50.341 Daquela interpuxemos recurso[br]perante o Tribunal Supremo. 0:12:50.375,0:12:53.008 E cando interpós un recurso[br]perante o Tribunal Supremo 0:12:53.032,0:12:56.424 tes que presentar unha pregunta[br]que queiras que che responda o Tribunal. 0:12:56.534,0:13:00.261 Polo xeral, estas preguntas[br]collen a forma dun parágrafo superlongo, 0:13:00.285,0:13:03.308 a miúdo unha páxina [br]con moreas de cláusulas, 0:13:03.332,0:13:05.789 "onde tal" e "polo tanto". 0:13:06.294,0:13:10.201 Nós fixemos a que se callar foi a pregunta[br]máis curta que xamais recibiron. 0:13:11.312,0:13:12.525 Cinco palabras: 0:13:14.220,0:13:16.271 Son patentábeis os xenes humanos? 0:13:16.922,0:13:19.746 Cando Chris me preguntou[br]o que pensaba desas palabras, 0:13:19.770,0:13:21.144 díxenlle "Pois non o sei. 0:13:21.168,0:13:24.335 Penso que terías que dicir,[br]'é o ADN illlado patentábel?" 0:13:24.968,0:13:26.137 "Non. 0:13:26.487,0:13:31.108 Quero que os xuíces teñan[br]a mesma reacción que tiven eu 0:13:31.132,0:13:34.219 o día que me falaches[br]deste tema hai sete anos". 0:13:34.896,0:13:37.053 E claro, que ía dicir eu? 0:13:37.981,0:13:40.864 O Tribunal Supremo só oe[br]ao redor dun un por cento 0:13:40.888,0:13:42.554 dos casos que recibe, 0:13:42.578,0:13:44.169 e aceptou oír o noso. 0:13:45.772,0:13:49.899 Chega o día das alegacións orais[br]e foi moi, moi emocionante... 0:13:49.923,0:13:51.358 con moita xente fóra, 0:13:51.382,0:13:54.146 xente que levaba agardando[br]desde as 2:30 da madrugada 0:13:54.170,0:13:55.904 para tentar entrar no xulgado. 0:13:55.928,0:13:57.989 Dúas organizacións[br]contra o cancro de peito, 0:13:58.013,0:13:59.591 Breast Cancer Action e FORCE, 0:13:59.615,0:14:02.316 organizaran unha manifestación[br]á entrada do xulgado. 0:14:03.232,0:14:06.102 Chris e eu agardabamos xuntos no corredor, 0:14:06.776,0:14:09.790 momentos antes de que el[br]entrase a defender 0:14:09.814,0:14:12.130 o caso máis importante da súa carreira. 0:14:12.765,0:14:15.144 Eu estaba moito máis nerviosa ca el. 0:14:16.096,0:14:20.856 Pero todo aquel pánico[br]esvaeceuse cando entrei na sala 0:14:20.880,0:14:23.693 e vin ao meu redor[br]unha morea de rostros coñecidos: 0:14:24.059,0:14:25.824 mulleres que coñecía 0:14:25.848,0:14:28.289 e que partillaran[br]as súas historias persoais, 0:14:29.210,0:14:32.836 os xenetistas que sacrificaran moitísimo[br]tempo das súas atarefadas carreiras 0:14:32.860,0:14:34.685 para dedicarllo a esta loita, 0:14:35.122,0:14:37.371 representantes dun diverso espectro 0:14:37.395,0:14:39.822 de organizacións médicas, [br]de defensa dos pacientes, 0:14:39.852,0:14:41.712 medioambientais e relixiosas, 0:14:41.736,0:14:45.268 que presentaran observacións ao tribunal. 0:14:46.609,0:14:49.634 Na sala tamén estaban tres líderes[br]do Proxecto Xenoma Humano, 0:14:49.658,0:14:52.330 incluído o co-descubridor do ADN, 0:14:52.354,0:14:53.644 James Watson, 0:14:53.668,0:14:55.814 quen lle presentara[br]un informe ao tribunal, 0:14:55.838,0:14:59.349 no que dicía que [br]patentar xenes era unha "tolería". 0:14:59.373,0:15:01.221 (Risos) 0:15:01.245,0:15:04.882 A diversidade das comunidades[br]representadas na sala 0:15:04.906,0:15:08.347 e as contribucións que cada unha achegou[br]para facer realidade este día 0:15:08.371,0:15:10.668 dicía moito do que tiñamos en xogo. 0:15:11.386,0:15:13.599 A alegación era cativadora. 0:15:14.205,0:15:15.868 Chris alegou de forma brillante. 0:15:15.892,0:15:17.137 Pero para min, 0:15:17.161,0:15:20.925 o máis apaixonante foi ver ós xuíces[br]do Tribunal Supremo tentando entender 0:15:20.949,0:15:22.518 o ADN illado, 0:15:22.542,0:15:25.768 mediante unha serie de analoxías vistosas[br]e diálogos enérxicos, 0:15:25.792,0:15:29.132 de forma moi semellante[br]a como fixera o noso equipo legal 0:15:29.156,0:15:30.846 durante os últimos sete anos. 0:15:31.666,0:15:34.322 A xuíza Kagan asociou o illamento do ADN 0:15:34.346,0:15:37.122 con extraer unha planta medicinal[br]do Amazonas. 0:15:38.516,0:15:42.526 O xuíz Roberts asociouno con facer[br]un bate de béisbol a partir dunha árbore. 0:15:43.995,0:15:46.477 E no que sen dúbida foi[br]o meu momento favorito, 0:15:46.501,0:15:51.770 a xuíza Sotomayor determinou[br]que o ADN illado "era natureza á espera". 0:15:51.794,0:15:52.894 (Risos) 0:15:53.318,0:15:56.193 Cando saímos aquel día do xulgado[br]sentiámonos moi confiados, 0:15:56.217,0:15:59.223 pero xamais podería anticipar o resultado: 0:16:00.574,0:16:02.081 nove a cero. 0:16:03.025,0:16:06.747 "Un segmento natural de ADN[br]é un produto da natureza 0:16:06.771,0:16:09.818 e non é susceptible de ser patentado[br]tan só porque fora illado. 0:16:10.394,0:16:11.741 E o que é máis, 0:16:11.765,0:16:14.310 Myriad non creou nada." 0:16:16.160,0:16:18.156 Vinte e catro horas após a decisión, 0:16:18.180,0:16:19.572 cinco laboratorios anunciaron 0:16:19.596,0:16:22.610 que comezarían a ofrecer o exame[br]para os xenes BRCA. 0:16:23.149,0:16:26.632 Algúns deles prometeron ofrecer os exames[br]máis baratos ca Myriad. 0:16:27.142,0:16:30.062 Algúns prometeron ofrecer[br]un exame máis exhaustivo 0:16:30.086,0:16:31.769 có que ofrecía Myriad. 0:16:32.490,0:16:35.328 Pero a decisión do tribunal[br]ía alén de Myriad. 0:16:35.352,0:16:39.748 Rematou cunha práctica de 25 anos [br]que permitía patentar xenes humanos 0:16:39.772,0:16:40.979 nos Estados Unidos. 0:16:41.383,0:16:46.076 Eliminou atrancos que sufría a innovación[br]e a investigación biomédica. 0:16:46.484,0:16:51.385 E axudou a que pacientes coma Abigail,[br]Kathleen e Eileen 0:16:51.409,0:16:53.565 tivesen acceso aos exames que precisaban. 0:16:54.991,0:16:58.206 Poucas semanas despois de que o tribunal[br]emitise a súa decisión, 0:16:58.230,0:17:00.490 recibín un pequeno paquete[br]na caixa do correo. 0:17:01.246,0:17:02.853 Era de Bob Cook-Deegan, 0:17:02.877,0:17:05.146 un profesor da Universidade de Duke 0:17:05.170,0:17:08.394 e unha das primeiras persoas[br]que eu e Chris fomos visitar 0:17:08.417,0:17:11.287 cando comezamos a barallar a idea[br]de presentar ou non o caso. 0:17:12.032,0:17:14.842 Abrino e encontreime[br]cun pequeno boneco de peluche. 0:17:16.344,0:17:19.303 (Risos) 0:17:21.568,0:17:23.896 Arriscámonos moito con este caso. 0:17:24.722,0:17:27.232 Parte do que nos deu a coraxe[br]de afrontar eses riscos 0:17:27.256,0:17:29.694 foi saber[br]que estabamos a facer o correcto. 0:17:30.079,0:17:33.809 O proceso durou case oito anos[br]desde o principio ata a fin, 0:17:33.833,0:17:36.054 con moitos xiros e imprevistos[br]polo camiño. 0:17:36.578,0:17:38.269 Claro que a sorte axudou, 0:17:38.888,0:17:41.700 pero foron as comunidades que unimos, 0:17:41.724,0:17:43.815 e as alianzas que creamos, 0:17:43.839,0:17:45.259 as que nos deron ás. 0:17:45.802,0:17:46.958 Grazas. 0:17:46.982,0:17:52.496 (Aplausos)