1 00:00:00,023 --> 00:00:03,464 [Esta charla contén linguaxe gráfica e descricións de violencia sexual. 2 00:00:03,488 --> 00:00:04,869 Recoméndase a discreción do espectador] 3 00:00:04,893 --> 00:00:07,849 Tom Stranger: en 1996, cando tiña 18 años, 4 00:00:07,873 --> 00:00:11,480 tiven a oportunidade de ouro de entrar nun programa de intercambio internacional. 5 00:00:12,071 --> 00:00:15,792 Ironicamente, son un australiano que prefire climas fríos e xélidos, 6 00:00:15,816 --> 00:00:20,675 así que estaba emocionado e ao mesmo tempo triste cando tomei un avión a Islandia, 7 00:00:20,699 --> 00:00:23,922 xusto despois de me despedir dos meus pais e irmáns. 8 00:00:24,853 --> 00:00:27,908 Fun benvido na casa dunha marabillosa familia islandesa 9 00:00:27,932 --> 00:00:29,333 que me levou de excursión 10 00:00:29,357 --> 00:00:32,448 e me axudou a comprender a melódica lingua islandesa. 11 00:00:33,213 --> 00:00:36,201 Tiven que afacerme un pouco ao período inicial de morriña. 12 00:00:36,225 --> 00:00:38,223 Facía snowboard despois da escola, 13 00:00:38,247 --> 00:00:39,610 e dormía moito. 14 00:00:40,480 --> 00:00:44,418 Dúas horas de química nunha lingua que aínda non entendes completamente 15 00:00:44,442 --> 00:00:46,224 pode ser un bo sedante. 16 00:00:46,248 --> 00:00:47,398 (Risas) 17 00:00:48,636 --> 00:00:51,160 O profesor recomendoume facer a proba para a obra de teatro da escola, 18 00:00:51,184 --> 00:00:53,514 para que así fose un pouco máis activo socialmente. 19 00:00:54,094 --> 00:00:56,595 Resultou que finalmente non formei parte da obra, 20 00:00:56,619 --> 00:00:58,526 mais a través dela coñecín a Thordis. 21 00:00:59,451 --> 00:01:01,514 Compartimos un fermoso romance adolescente, 22 00:01:01,538 --> 00:01:04,032 e quedabamos á hora da comida só para collernos das mans 23 00:01:04,056 --> 00:01:06,202 e camiñar polo vello centro de Reykjavík. 24 00:01:06,655 --> 00:01:09,917 Eu coñecín a súa encantadora familia, e ela coñeceu os meus amigos. 25 00:01:10,675 --> 00:01:13,449 Levabamos saíndo por algo máis dun mes 26 00:01:13,473 --> 00:01:15,720 cando se celebrou o baile de Nadal. 27 00:01:18,052 --> 00:01:21,336 Thordis Elva: tiña 16 e estaba namorada por primeira vez. 28 00:01:21,797 --> 00:01:23,594 Ir xuntos ao baile de Nadal 29 00:01:23,618 --> 00:01:26,415 era a confirmación pública da nosa relación, 30 00:01:26,439 --> 00:01:29,406 e sentinme coma a moza con máis sorte do mundo. 31 00:01:29,430 --> 00:01:32,007 Non era xa unha nena, senón unha muller. 32 00:01:32,730 --> 00:01:34,643 Emocionada na miña nova e descuberta madurez, 33 00:01:34,667 --> 00:01:39,027 pensei que sería natural probar ron por primeira vez aquela noite. 34 00:01:39,496 --> 00:01:41,558 Foi unha mala idea. 35 00:01:41,582 --> 00:01:43,070 Púxenme moi mal, 36 00:01:43,094 --> 00:01:44,914 vagando entre a consciencia e a inconsciencia 37 00:01:44,938 --> 00:01:48,063 entre espasmos e convulsións, vomitando. 38 00:01:48,087 --> 00:01:51,051 Os gardas de seguridade quixeron pedirme unha ambulancia, 39 00:01:51,075 --> 00:01:54,064 mais Tom actuou como o meu cabaleiro de brillante armadura, 40 00:01:54,088 --> 00:01:56,123 e díxolles que me levaría el a casa. 41 00:01:56,782 --> 00:01:58,483 Foi coma un conto, 42 00:01:58,507 --> 00:02:00,283 os seus fortes brazos rodeándome, 43 00:02:00,307 --> 00:02:02,598 deitándome na seguridade da miña cama. 44 00:02:03,602 --> 00:02:08,129 Porén a gratitude que lle profesaba rapidamente tornouse en horror 45 00:02:08,153 --> 00:02:12,611 cando procedeu a quitarme a roupa e poñerse sobre min. 46 00:02:13,457 --> 00:02:14,793 De súpeto sentín a cabeza despexada, 47 00:02:14,817 --> 00:02:17,944 mais o meu corpo estaba aínda moi débil para opoñerse, 48 00:02:17,968 --> 00:02:20,302 e a dor era insoportable. 49 00:02:20,765 --> 00:02:22,848 Pensei que ía rachar en dúas. 50 00:02:23,804 --> 00:02:25,379 Para me manter lúcida, 51 00:02:25,403 --> 00:02:28,677 contei en silencio os segundos no meu espertador. 52 00:02:29,622 --> 00:02:31,357 E desde esa noite, 53 00:02:31,381 --> 00:02:37,155 souben que hai 7,200 segundos en dúas horas. 54 00:02:39,140 --> 00:02:42,378 A pesar de coxear durante días e chorar por semanas, 55 00:02:42,402 --> 00:02:46,808 este incidente non encaixaba na idea de violación que eu observara na televisión. 56 00:02:47,361 --> 00:02:49,382 Tom non era un lunático armado; 57 00:02:49,406 --> 00:02:51,169 era o meu noivo. 58 00:02:51,193 --> 00:02:53,802 E non ocorrera nunha sórdida canella, 59 00:02:53,826 --> 00:02:55,887 sucedeu na miña propia cama. 60 00:02:56,733 --> 00:02:58,542 Para cando puiden recoñecer que fora violada 61 00:03:00,376 --> 00:03:02,367 el xa completara o programa de intercambio 62 00:03:02,391 --> 00:03:03,946 e regresara a Australia. 63 00:03:04,532 --> 00:03:08,175 Así que me dixen que non tiña sentido abordar o sucedido. 64 00:03:08,199 --> 00:03:09,384 E ademais, 65 00:03:09,408 --> 00:03:12,003 tivo que ser pola miña culpa, de algún xeito. 66 00:03:12,685 --> 00:03:14,990 Crecín nun mundo no que se lles ensina ás nenas 67 00:03:15,014 --> 00:03:17,176 que son violadas por un motivo. 68 00:03:17,784 --> 00:03:20,349 A súa saia era moi curta, 69 00:03:20,373 --> 00:03:22,867 sorría moito, 70 00:03:22,891 --> 00:03:25,309 o seu alento cheiraba a alcohol. 71 00:03:26,017 --> 00:03:28,783 E eu era culpable de todas aquelas cousas, 72 00:03:28,807 --> 00:03:30,857 de xeito que era eu quen debía sentir vergoña. 73 00:03:31,675 --> 00:03:33,099 Tardei anos en comprender 74 00:03:33,123 --> 00:03:37,034 que só unha cousa puido ter evitado que fose violada aquela noite, 75 00:03:37,058 --> 00:03:39,200 e non foi a miña saia, 76 00:03:39,224 --> 00:03:41,174 nin o meu sorriso, 77 00:03:41,198 --> 00:03:43,394 non foi a miña infantil confianza. 78 00:03:43,832 --> 00:03:47,566 O único que puido evitar que fose violada aquela noite 79 00:03:47,590 --> 00:03:49,640 foi o home que me violou -- 80 00:03:49,664 --> 00:03:51,677 se se detivese. 81 00:03:52,729 --> 00:03:54,840 TS: teño poucos recordos do día seguinte: 82 00:03:55,716 --> 00:03:58,030 os efectos secundarios do alcohol, 83 00:03:58,054 --> 00:04:00,843 un certo baleiro que tratei de sufocar. 84 00:04:01,631 --> 00:04:02,845 Nada máis. 85 00:04:03,745 --> 00:04:06,036 Porén non me presentei na porta de Thordis. 86 00:04:07,409 --> 00:04:09,215 É importante agora establecer 87 00:04:09,239 --> 00:04:11,739 que eu non vira as miñas accións como o que realmente eran. 88 00:04:12,658 --> 00:04:15,706 A palabra "violación" non apareceu na miña mente como debería, 89 00:04:16,639 --> 00:04:19,934 e non estaba a me crucificar polos recordos da noite anterior. 90 00:04:21,524 --> 00:04:23,898 Non era tanto un rexeitamento consciente, 91 00:04:23,922 --> 00:04:27,281 senón máis coma que calquera recoñecemento da realidade estaba prohibido. 92 00:04:28,365 --> 00:04:32,479 A miña definición das miñas accións desmentía calquera aceptación 93 00:04:32,503 --> 00:04:34,780 do inmenso trauma que lle causei a Thordis. 94 00:04:36,454 --> 00:04:37,857 Sendo sincero, 95 00:04:37,881 --> 00:04:41,975 repudiei por enteiro a acción nos días posteriores 96 00:04:42,758 --> 00:04:44,278 e cando estaba a cometela. 97 00:04:45,443 --> 00:04:49,952 Rexeitei a realidade ao convencerme de que era sexo, non unha violación. 98 00:04:50,788 --> 00:04:54,654 E esta é unha mentira da cal sinto unha enorme culpa. 99 00:04:56,174 --> 00:04:58,421 Rompín con Thordis un par de días despois, 100 00:04:58,445 --> 00:05:00,089 e logo vina unhas cantas veces 101 00:05:00,113 --> 00:05:02,171 durante o resto do meu ano en Islandia, 102 00:05:02,195 --> 00:05:05,088 sentindo cada unha desas veces unha intensa punzada de aflición. 103 00:05:06,314 --> 00:05:10,276 No fondo, sabía que fixera algo inmensamente mal. 104 00:05:11,326 --> 00:05:14,349 Mais sen planealo, afoguei eses recordos, 105 00:05:14,373 --> 00:05:16,154 e logo ateilles unha pedra. 106 00:05:18,215 --> 00:05:19,961 O que lle seguiu foi un período de nove anos 107 00:05:19,985 --> 00:05:23,123 mellor chamado como "Negación e Fuxida". 108 00:05:24,010 --> 00:05:28,489 Cando tiven a oportunidade de identificar o verdadeiro dano que causara, 109 00:05:28,513 --> 00:05:30,756 non fun quen de soportar o suficiente como para facelo. 110 00:05:32,102 --> 00:05:34,159 Xa fora por distracción, 111 00:05:34,183 --> 00:05:35,659 uso de substancias, 112 00:05:35,683 --> 00:05:37,301 búsqueda de emocións fortes 113 00:05:37,325 --> 00:05:40,674 ou o escrupuloso control da miña voz interior, 114 00:05:40,698 --> 00:05:42,967 rexeitei ficar parado e en silencio. 115 00:05:44,927 --> 00:05:46,387 E con este ruído, 116 00:05:46,411 --> 00:05:49,380 Tamén recorrín a outras facetas da miña vida 117 00:05:49,404 --> 00:05:51,575 para así construír unha imaxe de quen era. 118 00:05:52,636 --> 00:05:53,866 Era un surfista, 119 00:05:53,890 --> 00:05:55,607 un estudante de ciencias sociais, 120 00:05:55,631 --> 00:05:57,717 un bo amigo, 121 00:05:57,741 --> 00:05:59,999 un fillo e irmán querido, 122 00:06:00,023 --> 00:06:01,575 un guía de actividades ao aire libre, 123 00:06:01,599 --> 00:06:03,162 e, finalmente, un traballador xuvenil. 124 00:06:04,119 --> 00:06:08,121 Aferreime á idea de que eu non era unha mala persoa. 125 00:06:09,460 --> 00:06:11,540 Non pensei que levara isto no sangue. 126 00:06:12,129 --> 00:06:14,199 Pensei que eu era distinto. 127 00:06:14,608 --> 00:06:16,168 Na educación que recibín, 128 00:06:16,192 --> 00:06:18,538 a miña gran familia e modelos a seguir, 129 00:06:19,586 --> 00:06:21,521 a xente próxima a min, eran sinceros e amables 130 00:06:21,545 --> 00:06:23,440 no respecto que mostraban cara ás mulleres. 131 00:06:24,717 --> 00:06:29,543 Levoume tempo sosterlle a mirada a este oscuro recuncho meu, 132 00:06:29,567 --> 00:06:31,201 e facerlle preguntas. 133 00:06:34,231 --> 00:06:36,206 TE: Nove anos despois do baile de Nadal, 134 00:06:36,230 --> 00:06:37,711 eu tiña 25 anos, 135 00:06:37,735 --> 00:06:40,302 e dirixíame directa cara a un colapso nervioso. 136 00:06:41,098 --> 00:06:44,722 A miña autoestima estaba soterrada baixo unha capa de silencio 137 00:06:44,746 --> 00:06:48,038 que me illaba de todo aquilo que me importaba, 138 00:06:48,062 --> 00:06:50,967 e eu estaba consumida por unha ira e un odio que non me pertencían 139 00:06:50,991 --> 00:06:52,755 e que pagaba conmigo mesma. 140 00:06:53,635 --> 00:06:56,245 Un día, saín pola porta entre bágoas 141 00:06:56,269 --> 00:06:58,212 tras unha discusión cunha persoa querida, 142 00:06:58,236 --> 00:06:59,935 e entrei nunha cafetería, 143 00:06:59,959 --> 00:07:02,041 onde lle pedín un bolígrafo a unha camareira. 144 00:07:02,648 --> 00:07:04,494 Sempre levaba unha libreta comigo, 145 00:07:04,518 --> 00:07:08,251 alegando que era para anotar ideas en momentos de inspiración, 146 00:07:08,275 --> 00:07:12,505 mais a verdade era que eu necesitaba estar en constante movemento, 147 00:07:12,529 --> 00:07:14,416 porque en momentos de calma, 148 00:07:14,440 --> 00:07:17,085 atopábame de novo contando eses segundos. 149 00:07:18,071 --> 00:07:23,080 Porén, aquel día contemplei abraiada como as palabras fluían do meu 150 00:07:23,104 --> 00:07:26,165 bolígrafo formando a carta máis importante que xamais escribira, 151 00:07:26,189 --> 00:07:27,723 dirixida a Tom. 152 00:07:28,295 --> 00:07:31,835 Xunto cunha narración da violencia á que me someteu, 153 00:07:31,859 --> 00:07:35,042 as palabras, "Quero atopar perdón" 154 00:07:35,066 --> 00:07:36,550 miráronme, 155 00:07:36,574 --> 00:07:38,989 sorprendendo a ninguén máis que a min mesma. 156 00:07:39,580 --> 00:07:44,266 Agora ben, no fondo, eu dérame conta de que este era a miña forma de saír do 157 00:07:44,290 --> 00:07:48,327 sufrimento, porque independentemente de se el merecía ou non o meu perdón, 158 00:07:48,351 --> 00:07:50,837 eu merecía paz. 159 00:07:51,347 --> 00:07:54,347 A miña era de vergoña rematara. 160 00:07:56,172 --> 00:07:57,671 Antes de enviar a carta, 161 00:07:57,695 --> 00:08:00,442 prepareime para todo tipo de respostas negativas, 162 00:08:00,466 --> 00:08:04,213 ou para o que consideraba máis esperable: ningunha resposta en absoluto. 163 00:08:05,216 --> 00:08:07,963 O único resultado para o que non me preparei 164 00:08:07,987 --> 00:08:10,216 foi o que obtiven entón -- 165 00:08:10,240 --> 00:08:15,151 unha confesión escrita de Tom, cargada de sincero arrepentemento. 166 00:08:15,618 --> 00:08:19,705 E resultou que el tamén estivera aprisionado polo silencio. 167 00:08:20,354 --> 00:08:24,404 E isto marcou o inicio dunha correspondencia de oito anos 168 00:08:24,428 --> 00:08:26,852 que Deus sabe nunca foi sinxela, 169 00:08:26,876 --> 00:08:29,044 mais si honesta. 170 00:08:29,717 --> 00:08:33,304 Eu libereime das cargas que inxustamente levaba ás costas, 171 00:08:33,328 --> 00:08:36,736 e el, en resposta, fíxose cargo do que fixera con sinceridade. 172 00:08:37,415 --> 00:08:39,687 Os nosos intercambios escritos convertéronse nunha plataforma 173 00:08:39,711 --> 00:08:42,428 na que analizar as consecuencias daquela noite, 174 00:08:42,452 --> 00:08:44,647 e foron de todo, desde incriblemente dolorosos 175 00:08:44,671 --> 00:08:47,225 ata curar por medio das palabras. 176 00:08:47,613 --> 00:08:51,549 E, con todo, para min non supuxo un punto e final. 177 00:08:52,358 --> 00:08:55,840 Quizais porque o formato email non o sentía suficientemente íntimo, 178 00:08:55,864 --> 00:08:57,775 quizais porque é sinxelo ser valente 179 00:08:57,799 --> 00:09:01,907 cando estas agochado tras unha pantalla de ordenador na otra punta do planeta. 180 00:09:01,931 --> 00:09:03,717 Mais comezáramos un diálogo 181 00:09:03,741 --> 00:09:07,507 que sentín que era necesario explorar ata o fondo. 182 00:09:08,072 --> 00:09:10,137 Así que, despois de oito anos de correspondencia, 183 00:09:10,161 --> 00:09:13,867 e case 16 anos despois daquela terrible noite, 184 00:09:13,891 --> 00:09:17,722 armeime de valor e propuxen unha loucura: 185 00:09:17,746 --> 00:09:19,406 que nos coñecésemos en persoa 186 00:09:19,430 --> 00:09:22,261 e afrontásemos o noso pasado dunha vez por todas. 187 00:09:25,171 --> 00:09:28,364 TS: Islandia e Australia están xeograficamente así. 188 00:09:29,250 --> 00:09:31,497 No medio das dúas está Sudáfrica. 189 00:09:32,046 --> 00:09:34,951 Escollimos a cidade de Cape Town, 190 00:09:34,975 --> 00:09:37,019 e alí estivemos durante unha semana. 191 00:09:38,426 --> 00:09:41,896 A propia cidade resultou ser un poderoso ambiente 192 00:09:41,920 --> 00:09:44,804 para a reconciliación e o perdón. 193 00:09:45,847 --> 00:09:48,486 En ningún outro lugar a curación e o achegamento púxose 194 00:09:48,510 --> 00:09:50,144 máis a proba que en Sudáfrica. 195 00:09:51,036 --> 00:09:54,903 Como nación, Sudáfrica tratou de asentarse na verdade do seu pasado 196 00:09:54,927 --> 00:09:57,330 e de escoitar os detalles da súa historia. 197 00:09:58,819 --> 00:10:02,568 Saber isto só fixo máis intenso o efecto que Cape Town tivera sobre nós. 198 00:10:04,006 --> 00:10:05,468 Durante toda esa semana, 199 00:10:05,492 --> 00:10:08,382 contamos ao outro literalmente a historia das nosas vidas, 200 00:10:08,406 --> 00:10:09,996 de inicio a fin. 201 00:10:11,305 --> 00:10:13,805 E isto trataba sobre a análise da nosa propia historia. 202 00:10:15,568 --> 00:10:18,401 Seguimos unha estricta política de honestidade, 203 00:10:18,425 --> 00:10:21,350 O que trouxo consigo unha certa exposición, 204 00:10:21,374 --> 00:10:23,280 e unha aberta vulnerabilidade. 205 00:10:24,312 --> 00:10:26,439 Houbo confesións viscerais, 206 00:10:26,463 --> 00:10:29,287 e momentos nos que foi posible comprender 207 00:10:29,311 --> 00:10:31,119 a experiencia da outra persoa. 208 00:10:32,258 --> 00:10:37,152 Os sísmicos efectos da violencia sexual faláronse e sentíronse, 209 00:10:37,176 --> 00:10:38,506 cara a cara. 210 00:10:39,979 --> 00:10:41,482 Noutras ocasións, sen embargo, 211 00:10:41,506 --> 00:10:44,140 atopamos unha gran claridade, 212 00:10:45,164 --> 00:10:49,564 e incluso algunha risa totalmente inesperada mais liberadora. 213 00:10:51,250 --> 00:10:52,780 Cando chegou o momento, 214 00:10:52,804 --> 00:10:56,432 fixemos o mellor para escoitar ao outro con atención. 215 00:10:57,404 --> 00:11:03,245 E as nosas realidades individuais transmitíronse tan honestamente 216 00:11:03,269 --> 00:11:05,645 que non fixeron máis que aliviar. 217 00:11:08,508 --> 00:11:12,553 TE: A ansia de vinganza é un sentimento moi humano -- 218 00:11:12,577 --> 00:11:14,215 instintivo, incluso. 219 00:11:14,829 --> 00:11:16,840 E o único que quixen durante anos 220 00:11:16,864 --> 00:11:20,833 foi ferir a Tom tan profundamente coma el fixera comigo. 221 00:11:21,658 --> 00:11:24,711 Se non tivese atopado un camiño para saír do odio e a ira, 222 00:11:24,735 --> 00:11:26,900 non estou segura de se estaría aquí hoxe. 223 00:11:28,058 --> 00:11:31,985 O que non quere dicir que non tivese as miñas dúbidas. 224 00:11:32,689 --> 00:11:36,350 Cando o avión chegou a aquela pista de aterraxe en Cape Town, 225 00:11:36,374 --> 00:11:37,977 lembro que pensei, 226 00:11:38,001 --> 00:11:42,207 "Por que non conseguín simplemente un psicólogo e unha botella de vodka, 227 00:11:42,231 --> 00:11:44,447 como faría unha persoa normal?" 228 00:11:44,471 --> 00:11:47,391 (Risas) 229 00:11:47,415 --> 00:11:50,620 Ás veces, a nosa procura de entendemento en Cape Town 230 00:11:50,644 --> 00:11:52,811 parecía misión imposible, 231 00:11:52,835 --> 00:11:54,934 e o único que quería era desistir 232 00:11:54,958 --> 00:11:57,174 e voltar á casa co meu querido marido, Vidir, 233 00:11:57,198 --> 00:11:58,409 e o noso fillo. 234 00:11:59,994 --> 00:12:02,357 Mais a pesar das nosas dificultades, 235 00:12:02,381 --> 00:12:07,009 esta viaxe resultou nun sentimento 236 00:12:07,033 --> 00:12:10,166 de triunfo da luz sobre a oscuridade, 237 00:12:10,812 --> 00:12:15,124 de que algo construtivo se podía levantar a partir das ruínas. 238 00:12:16,572 --> 00:12:17,897 Lín nalgures que un debe tratar de ser 239 00:12:17,921 --> 00:12:21,782 a persoa que necesitaba cando era xove. 240 00:12:21,806 --> 00:12:23,390 E cando era unha adolescente, 241 00:12:23,414 --> 00:12:27,262 necesitaría ter sabido que a culpa non era miña, 242 00:12:27,286 --> 00:12:29,800 que hai esperanza tras unha violación, 243 00:12:29,824 --> 00:12:31,419 que incluso podes atopar felicidade, 244 00:12:31,443 --> 00:12:33,333 como a que comparto hoxe co meu home. 245 00:12:33,861 --> 00:12:38,216 E por iso, desde a miña chegada de Cape Town comecei a escribir sen parar, 246 00:12:38,240 --> 00:12:40,964 resultando isto nun libro escrito conxuntamente con Tom, 247 00:12:40,988 --> 00:12:44,173 que esperamos poida ser de axuda para persoas de cada un dos extremos 248 00:12:44,197 --> 00:12:46,501 da escala perpetrador-supervivente. 249 00:12:47,180 --> 00:12:48,634 Se nada máis, 250 00:12:48,658 --> 00:12:52,793 é unha historia que necesitaríamos ter escoitado de novos. 251 00:12:54,726 --> 00:12:56,547 Dada a natureza da nosa historia, 252 00:12:56,571 --> 00:12:59,347 sei cales son as palabras que inevitablemente a acompañan -- 253 00:12:59,933 --> 00:13:02,489 vítima, violador -- 254 00:13:02,513 --> 00:13:04,768 e as etiquetas son un xeito de organizar conceptos, 255 00:13:04,792 --> 00:13:09,174 mais tamén poden resultar nunha deshumanización. 256 00:13:09,838 --> 00:13:11,938 Unha vez que alguén é considerado vítima, 257 00:13:11,962 --> 00:13:17,195 é moito máis sinxelo catalogalo como alguén ferido, 258 00:13:17,219 --> 00:13:18,725 aldraxado, 259 00:13:18,749 --> 00:13:20,024 inferior a. 260 00:13:20,643 --> 00:13:23,363 E do mesmo xeito, unha vez que alguén é catalogado como violador, 261 00:13:23,387 --> 00:13:25,933 é moito máis sinxelo chamalo monstro -- 262 00:13:26,576 --> 00:13:27,875 inhumano. 263 00:13:28,614 --> 00:13:31,645 Mais como seremos capaces de entender que é o que produce a violencia 264 00:13:31,669 --> 00:13:33,250 nas sociedades humanas 265 00:13:33,274 --> 00:13:37,753 se nos negamos recoñecer a humanidade de quen a infrinxen? 266 00:13:38,534 --> 00:13:39,698 E como -- 267 00:13:39,722 --> 00:13:41,901 (Aplausos) 268 00:13:41,925 --> 00:13:47,293 E como podemos axudar ás vítimas se facemos que se sintan inferirores? 269 00:13:48,072 --> 00:13:51,499 Como podemos falar de solucións a unha das maiores ameazas 270 00:13:51,523 --> 00:13:54,797 contra as vidas de mulleres e nenos no mundo, 271 00:13:54,821 --> 00:13:58,644 se mesmo as palabras que empregamos son parte do problema? 272 00:14:01,786 --> 00:14:04,278 TS: Polo que aprendín, 273 00:14:04,302 --> 00:14:08,875 as miñas accións daquela noite de 1996 foron egocéntricas 274 00:14:10,028 --> 00:14:12,151 Sentinme merecedor do corpo de Thordis. 275 00:14:13,743 --> 00:14:16,608 Tiven unha gran cantidade de influencias sociais positivas 276 00:14:16,632 --> 00:14:19,173 e exemplos de comportamento igualitario arredor meu. 277 00:14:19,830 --> 00:14:21,027 Mais naquela ocasión, 278 00:14:21,051 --> 00:14:23,155 elexín facer uso das negativas. 279 00:14:23,716 --> 00:14:26,612 Aquelas polas que vemos as mulleres coma menos valoradas, 280 00:14:27,687 --> 00:14:32,098 e aos homes como os que teñen dereito sobre os seus corpos. 281 00:14:33,781 --> 00:14:36,790 Sen embargo, as influencias das que falo son externas a min. 282 00:14:37,582 --> 00:14:40,363 E naquela habitación era eu quen estaba a tomar decisións, 283 00:14:40,387 --> 00:14:41,615 ninguén máis. 284 00:14:42,969 --> 00:14:44,754 Cando posuímos algo 285 00:14:44,778 --> 00:14:47,396 e realmente aceptamos a nosa culpabilidade, 286 00:14:48,259 --> 00:14:50,582 penso que pode suceder algo soprendente. 287 00:14:51,249 --> 00:14:53,556 É o que eu chamo paradoxo de propiedade. 288 00:14:54,989 --> 00:14:57,781 Pensaba que cedería baixo o peso da responsabilidade. 289 00:14:58,377 --> 00:15:01,260 Pensaba que o meu certificado de humanidade se quemaría. 290 00:15:02,476 --> 00:15:06,222 No seu lugar, ofrecéuseme o me facer cargo do que fixera, 291 00:15:07,148 --> 00:15:10,408 e deime conta de que aquilo non formaba parte de todo o que eu era. 292 00:15:11,460 --> 00:15:12,821 Dito doutro xeito, 293 00:15:12,845 --> 00:15:17,361 algo que fixeches non ten por que definir completamente quen es. 294 00:15:18,659 --> 00:15:20,317 O ruído da miña cabeza calmouse. 295 00:15:20,951 --> 00:15:24,979 A indulxente autocompaixón estaba famenta de osíxeno, 296 00:15:25,003 --> 00:15:29,476 e foi subsituída polo aire limpo da aceptación -- 297 00:15:30,658 --> 00:15:34,942 a aceptación de que ferín a esta marabillosa persoa ó meu carón; 298 00:15:34,966 --> 00:15:40,565 a aceptación de que pertenzo a un gran e alarmantemente grupo de homes 299 00:15:40,589 --> 00:15:43,271 que exerceron violencia sexual contra as súas parellas. 300 00:15:44,931 --> 00:15:47,340 Non subestimedes o poder das palabras. 301 00:15:48,372 --> 00:15:53,013 Dicirlle a Thordis que a violei cambiou o acordo que tiña conmigo mesmo, 302 00:15:53,037 --> 00:15:54,297 así coma o que tiña con ela. 303 00:15:55,517 --> 00:15:56,989 E máis importante, 304 00:15:57,013 --> 00:16:00,089 a culpa transferida de Thordis a min. 305 00:16:01,331 --> 00:16:02,482 Moi a miúdo, 306 00:16:02,506 --> 00:16:07,090 a responsabilidade atribúeselles ás superviventes femininas de violencia 307 00:16:07,114 --> 00:16:09,625 sexual, e non aos homes que a perpetran. 308 00:16:10,736 --> 00:16:11,886 Moi frecuentemente, 309 00:16:11,910 --> 00:16:16,992 a negación e a fuxida deixan a ambas partes moi lonxe da verdade. 310 00:16:18,984 --> 00:16:21,764 Sen dúbida agora hai unha conversa pública, 311 00:16:22,371 --> 00:16:24,550 e como moita xente, 312 00:16:24,574 --> 00:16:27,164 estamos animados de que haxa menos reparos 313 00:16:27,188 --> 00:16:29,908 con respecto a esta difícil mais importante discusión. 314 00:16:31,028 --> 00:16:34,666 Eu sinto a verdadeira responsabilidade de sumar as nosas voces a isto. 315 00:16:38,072 --> 00:16:42,731 TE: O que fixemos non foi unha fórmula que estamos a prescribir para os demais. 316 00:16:43,182 --> 00:16:48,715 Ninguén ten o dereito de dicirlles aos demais como manexar a súa máis 317 00:16:48,739 --> 00:16:50,484 fonda dor ou o seu maior erro. 318 00:16:51,336 --> 00:16:53,687 Romper o silencio nunca é sinxelo, 319 00:16:53,711 --> 00:16:55,925 e dependendo de onde esteas no mundo, 320 00:16:55,949 --> 00:16:59,161 pode incluso ser mortal falar sobre a violación. 321 00:17:00,088 --> 00:17:04,154 Son consciente de que incluso o evento máis traumático da miña vida 322 00:17:04,178 --> 00:17:06,937 segue sendo un testemuño do meu privilexio, 323 00:17:06,961 --> 00:17:10,191 porque podo falar sobre isto sen ser excluída, 324 00:17:10,215 --> 00:17:11,563 ou incluso asasinada. 325 00:17:12,293 --> 00:17:15,222 Porén co privilexio de ter unha voz 326 00:17:15,246 --> 00:17:18,104 vén a responsabilidade de empregala. 327 00:17:18,733 --> 00:17:23,263 É o mínimo que lles debo ás miñas compañeiras superviventes que non poden. 328 00:17:24,841 --> 00:17:27,907 A historia que acabamos de transmitir é única, 329 00:17:27,931 --> 00:17:32,597 e non obstante é moi común xa que a violencia sexual é unha pandemia mundial. 330 00:17:32,621 --> 00:17:35,026 Aínda que non ten por que ser así. 331 00:17:35,741 --> 00:17:38,757 Unha das cousas que atopei útil no meu propio camiño á curación 332 00:17:38,781 --> 00:17:41,429 foi educarme sobre a violencia sexual. 333 00:17:41,453 --> 00:17:43,867 Como resultado, estiven lendo, escribindo 334 00:17:43,891 --> 00:17:46,544 e falando sobre este tema por máis dunha década, 335 00:17:46,568 --> 00:17:49,120 indo a conferencias en todo o mundo. 336 00:17:49,144 --> 00:17:51,123 E na miña experiencia, 337 00:17:51,147 --> 00:17:55,778 os participantes destas conferencias son case exclusivamente mulleres. 338 00:17:57,013 --> 00:18:03,629 Mais é o momento de deixar de tratar a violencia sexual como un tema de mulleres. 339 00:18:03,653 --> 00:18:09,100 (Aplausos) 340 00:18:17,069 --> 00:18:21,113 A maioría da violencia sexual hacia mulleres e homes 341 00:18:21,137 --> 00:18:23,020 é levada a cabo por homes. 342 00:18:23,044 --> 00:18:27,452 Non obstante, as súas voces están sumamente subrepresentadas nesta discusión. 343 00:18:28,842 --> 00:18:32,743 Mais é necesario que todos esteamos aquí. 344 00:18:33,744 --> 00:18:37,629 Imaxinade todo o sufrimento que poderiamos aliviar 345 00:18:37,653 --> 00:18:41,587 se nos atrevésemos a enfrontar isto xuntos. 346 00:18:42,880 --> 00:18:44,038 Grazas. 347 00:18:44,062 --> 00:18:48,329 (Aplausos)