1 00:00:01,343 --> 00:00:04,233 De cativo encantábame xogar aos agochos. 2 00:00:04,783 --> 00:00:05,795 Moito. 3 00:00:06,183 --> 00:00:10,224 Unha vez subín a unha árbore para ter un grande escondedoiro, 4 00:00:11,042 --> 00:00:13,042 pero caín e rompín un brazo. 5 00:00:13,325 --> 00:00:17,398 E así comecei primaria cunha grande escaiola no torso. 6 00:00:18,008 --> 00:00:22,034 Quitáronma seis semanas despois, pero non podía estirar o cóbado, 7 00:00:22,143 --> 00:00:25,196 así que tiven que facer fisioterapia para flexionalo e estiralo, 8 00:00:25,376 --> 00:00:28,271 cen veces ao día, sete días á semana. 9 00:00:28,911 --> 00:00:31,727 Case non fixen nada. Era aburrido, doía... 10 00:00:32,063 --> 00:00:35,505 En consecuencia botei seis semanas máis para recuperarme. 11 00:00:37,104 --> 00:00:39,778 Anos despois, miña nai padeceu de ombro conxelado, 12 00:00:39,778 --> 00:00:42,824 que produce dor e rixidez nesa zona. 13 00:00:44,044 --> 00:00:47,155 A persoa da que, durante media vida, crin que tiña superpoderes, 14 00:00:47,655 --> 00:00:50,763 de súpeto precisaba axuda para se vestir ou cortar a comida. 15 00:00:51,474 --> 00:00:54,283 Cada semana ía a sesións de fisioterapia pero, coma min, 16 00:00:54,283 --> 00:00:56,137 apenas seguía o tratamento na casa 17 00:00:56,187 --> 00:00:59,228 tardou máis de cinco meses en comezar a mellorar. 18 00:00:59,848 --> 00:01:02,503 Tanto miña nai coma min precisabamos fisioterapia, 19 00:01:02,503 --> 00:01:05,266 un proceso no que realizas exercicios repetitivos 20 00:01:05,266 --> 00:01:09,122 para recuperar o movemento perdido tras un accidente ou lesión. 21 00:01:09,874 --> 00:01:12,161 Ao comezo, o fisioterapeuta traballa co paciente 22 00:01:12,161 --> 00:01:15,053 pero despois é cousa do paciente facer os exercicios na casa. 23 00:01:15,134 --> 00:01:18,923 Pero aos pacientes resúltanlles aburridos, frustrantes, confusos 24 00:01:18,923 --> 00:01:21,491 e longos ata obteren resultados. 25 00:01:21,844 --> 00:01:26,438 É unha mágoa ver que o abandono pode chegar ao 70%. 26 00:01:26,837 --> 00:01:29,932 Isto indica que a maioría non fai os exercicios 27 00:01:30,236 --> 00:01:33,332 e, polo tanto, tarda moito máis en recuperarse. 28 00:01:34,361 --> 00:01:37,167 Os fisioterapeutas coinciden en que determinados exercicios 29 00:01:37,167 --> 00:01:38,957 reducen o tempo de recuperación, 30 00:01:38,957 --> 00:01:41,333 pero os pacientes non están motivados para facelos. 31 00:01:43,003 --> 00:01:45,008 Así que tres amigos e mais eu, 32 00:01:45,008 --> 00:01:46,765 todos nós frikis informáticos, 33 00:01:46,898 --> 00:01:48,627 preguntámonos 34 00:01:48,787 --> 00:01:52,635 se non sería interesante que os pacientes puidesen recuperarse xogando. 35 00:01:53,585 --> 00:01:56,381 Comezamos a crear MIRA, unha plataforma de software para PC 36 00:01:56,381 --> 00:01:59,339 que usa Kinect, unha cámara que capta o movemento, 37 00:01:59,339 --> 00:02:02,922 para mudar os exercicios tradicionais en videoxogos. 38 00:02:03,702 --> 00:02:07,654 A fisioterapeuta xa marcou o horario para a miña terapia. 39 00:02:08,163 --> 00:02:09,715 Vexamos como é. 40 00:02:13,607 --> 00:02:16,746 No primeiro xogo voas cunha abella de arriba a abaixo 41 00:02:16,746 --> 00:02:19,147 para recoller o pole e pousalo na colmea 42 00:02:19,147 --> 00:02:20,857 mentres esquivas outros bechos. 43 00:02:21,588 --> 00:02:24,701 Controlo a abella ao estirar e dobrar o cóbado, 44 00:02:24,964 --> 00:02:28,738 igual que cando tiña sete anos e me quitaron a escaiola. 45 00:02:29,865 --> 00:02:32,929 Antes de deseñar o xogo falamos coa comunidade de fisioterapeutas 46 00:02:32,929 --> 00:02:35,611 para entender qué movementos precisan facer os pacientes. 47 00:02:35,856 --> 00:02:37,527 Logo deseñamos un videoxogo 48 00:02:37,527 --> 00:02:40,888 para ofrecerlles aos pacientes metas motivadoras e sinxelas que seguir. 49 00:02:41,312 --> 00:02:43,239 O software pode personalizarse 50 00:02:43,239 --> 00:02:46,376 e os fisioterapeutas tamén poden crear os seus propios exercicios. 51 00:02:47,192 --> 00:02:49,183 Con este software, a miña fisioterapeuta 52 00:02:49,183 --> 00:02:51,341 gravouse facendo unha abdución do ombro, 53 00:02:51,341 --> 00:02:53,434 un dos movementos que miña nai tiña que facer 54 00:02:53,434 --> 00:02:55,210 cando padecía de ombro conxelado. 55 00:02:55,531 --> 00:02:58,819 Podo seguir o exemplo da fisioterapeuta no lado esquerdo da pantalla, 56 00:02:58,819 --> 00:03:02,121 mentres que no dereito véxome facendo o movemento recomendado. 57 00:03:02,351 --> 00:03:04,554 Estou máis involucrado e síntome máis seguro 58 00:03:04,554 --> 00:03:06,798 porque fago os exercicios coa miña terapeuta 59 00:03:07,015 --> 00:03:10,371 e fago o que ela considera mellor para min. 60 00:03:10,740 --> 00:03:13,795 Basicamente, a aplicación ofrécelles aos fisioterapeutas 61 00:03:13,795 --> 00:03:16,713 a posibilidade de crearen o exercicio que crean máis axeitado. 62 00:03:18,133 --> 00:03:21,388 Este é un xogo de poxas para previr caídas 63 00:03:21,494 --> 00:03:24,448 deseñado para fortalecer os músculos e mellorar o equilibrio. 64 00:03:24,569 --> 00:03:27,310 Aquí, teño que facer movementos de sentarse e erguerse 65 00:03:27,354 --> 00:03:28,569 e, cando me ergo, 66 00:03:29,422 --> 00:03:31,208 poxo polos artigos que quero mercar. 67 00:03:31,767 --> 00:03:33,003 (Risas) 68 00:03:33,880 --> 00:03:36,363 De aquí a dous días, miña avoa fará 82 anos 69 00:03:36,565 --> 00:03:39,290 e hai un 50% de posibilidades de que os maiores de 80 anos 70 00:03:39,290 --> 00:03:40,920 caian polo menos unha vez ao ano, 71 00:03:40,991 --> 00:03:43,884 o que pode provocar rotura de cadeira ou algo aínda peor. 72 00:03:44,259 --> 00:03:48,066 O baixo ton muscular e os problemas de equilibrio son as causas principais 73 00:03:48,415 --> 00:03:51,202 polo que frear estes problemas con exercicios específicos 74 00:03:51,526 --> 00:03:54,133 axudará a que xente maior como miña avoa 75 00:03:54,196 --> 00:03:56,782 estea protexida e sexa independente por máis tempo. 76 00:03:57,279 --> 00:03:59,514 Cando o meu horario remata, MIRA amosa un resumo 77 00:03:59,514 --> 00:04:01,643 do meu progreso durante a sesión. 78 00:04:04,043 --> 00:04:06,010 Acabo de mostrarvos tres xogos diferentes 79 00:04:06,010 --> 00:04:07,637 para nenos, adultos e anciáns. 80 00:04:07,853 --> 00:04:10,686 Poden empregarse con pacientes ortopédicos ou neurolóxicos, 81 00:04:10,686 --> 00:04:13,720 e axiña teremos opcións para nenos con autismo, 82 00:04:13,720 --> 00:04:15,884 doenzas mentais ou patoloxías da fala. 83 00:04:16,661 --> 00:04:18,999 A miña fisioterapeuta pode volver ao meu perfil 84 00:04:18,999 --> 00:04:21,346 e ver os datos recollidos nas miñas sesións. 85 00:04:21,990 --> 00:04:24,517 Pode ver canto me movín, cantos puntos conseguín, 86 00:04:24,660 --> 00:04:26,610 a velocidade das miñas articulacións 87 00:04:26,610 --> 00:04:27,622 e moitas cousas máis. 88 00:04:27,841 --> 00:04:31,118 Pode empregar todo isto para adaptar o meu tratamento. 89 00:04:31,881 --> 00:04:33,947 Alégrame dicir que esta versión se emprega 90 00:04:33,947 --> 00:04:36,932 en máis de dez clínicas de Europa e dos EE. UU. 91 00:04:37,124 --> 00:04:39,011 e que traballamos na versión doméstica. 92 00:04:39,197 --> 00:04:43,470 Queremos que os fisioterapeutas poidan prescribir este tratamento dixital 93 00:04:43,670 --> 00:04:47,014 e axudarlles aos pacientes a recuperarse nas súas casas. 94 00:04:48,030 --> 00:04:51,316 Se miña nai ou eu tivésemos algo así cando precisamos fisioterapia, 95 00:04:51,473 --> 00:04:54,166 seguiriamos o tratamento 96 00:04:54,519 --> 00:04:57,008 e se cadra, recuperabámonos antes. 97 00:04:57,069 --> 00:04:58,069 (Risas) 98 00:04:58,239 --> 00:04:59,321 Grazas. 99 00:04:59,651 --> 00:05:02,031 (Aplausos) 100 00:05:03,401 --> 00:05:05,607 Tom Rielly: Cosmin, que hardware é este 101 00:05:05,607 --> 00:05:07,318 que están retirando? 102 00:05:07,470 --> 00:05:09,440 De que está feito e canto custa? 103 00:05:09,960 --> 00:05:12,789 Cosmin Mihaiu: Microsoft Surface Pro 3 para a demo 104 00:05:12,789 --> 00:05:16,524 pero só precisas un ordenador e un Kinect, que custa 120 dólares. 105 00:05:17,044 --> 00:05:19,781 TR: Ben, e o Kinect é o que se emprega para xogar coa Xbox 106 00:05:19,781 --> 00:05:21,122 cos xogos en 3D, non si? 107 00:05:21,122 --> 00:05:23,627 CM: Exacto, pero non precisas a Xbox, só unha cámara. 108 00:05:23,627 --> 00:05:25,925 TR: Entón custa menos de 1000 dólares? 109 00:05:25,925 --> 00:05:28,563 CM: Así é, podes telo por 400. 110 00:05:29,058 --> 00:05:32,274 TR: E agora, estás cos ensaios clínicos. CM: Si. 111 00:05:32,474 --> 00:05:35,193 TR: E despois esperas deseñar a versión doméstica 112 00:05:35,193 --> 00:05:37,282 para practicar a distancia e que na clínica 113 00:05:37,282 --> 00:05:39,522 vexan o progreso e outras cousas. 114 00:05:39,522 --> 00:05:40,419 CM: Xusto. 115 00:05:40,419 --> 00:05:42,353 TR: Xenial. Moitas grazas. CM: Grazas. 116 00:05:42,873 --> 00:05:43,944 (Aplausos)